Revista Cosme López - 2018-2019

sechu.cerezuela

Nº 10 - xuño 2019

CII GGUURR

CIGURRIA

I AA

Conferencias

Revista do IES Cosme López Rodríguez

ACTIVIDADES

NA BIBLIOTECA

2018 - 2019

SAÍDAS DIDÁCTICAS

SAÍDAS CULTURAIS

POLA PENÍNSULA

CORRELINGUA

CONFERENCIAS

SANTIAGO JAUREGUÍZAR

AMPARO RODICIO

POETAS DE VALDEORRAS

CONCURSOS E CAMPIONATOS

1

CABAZAS, POSTAIS,

MARCAPÁXINAS, XADREZ,

SOBREMESAS DE ENTROIDO


Presentación

CI GGUURR RR I AA

Presentación

Este ano a revista do IES Cosme López Rodríguez da

Rúa publícase só en formato dixital como medida de aforro

medioambiental. Saberás que o papel faise a partir dunha

substancia chamada celulosa que provén das plantas,

particularmente árbores. Se reducimos o consumo de

papel, estaremos a contribuír á rexeneración da masa

forestal dos nosos bosques.

Con todo, acabamos de chegar ao mes de xuño e, polo

tanto, unha nova edición da revista CIGURRRRI

IAA sae á luz.

Coma sempre, quixemos que fose un recompilatorio do

acontecido ao longo deste ano académico 2018/2019.

Cheo de experiencias enriquecedoras que nos axudaron a

aprender, compartindo actividades, lugares e descubrimentos.

Durante estes nove meses, convivimos xuntos 5

mañás á semana e unha tarde; é moito tempo para deixalo

nas mans do olvido. Lembremos o máis sinalado!

Xa queda menos para rematar o curso e comezar otra

etapa da túa vida. Vacacións? Traballo? Outros estudos?

Sexa o que sexa, estamos seguros de que a túa estancia

no instituto deuche a preparación que precisas para acadar

o futuro que desexas.

O equipo redactor

2


CI GGUURR RR I AA

Sumario

SUMARIO

CONFERENCIAS

4 Encontro literario con Santiago Jaureguízar.

5 Charla con Amparo Rodicio – “Dano Cerebral

Adquirido”.

6 XI Encontro de poetas de Valdeorras.

9 Charla con Santiago Ferrer – A romanización en

Valdeorras.

BIBLIOTECA

10 Club de lectura.

11 Recuncho de poesía.

13 Mostra de Teatro.

14 Voluntariado.

15 XX Congreso Estatal de Voluntariado.

16 II Campionato de xadrez.

16 Espazo maker.

ESCOLMA DE ACTIVIDADES

18 Celebrando o Samaín.

18 Microrrelatos de terror.

20 Festival de inverno e nadal.

22 Día Escolar pola Paz.

23 Namorad@s da Lingua.

24 Semana de Rosalía.

26 Festa do Entroido.

29 Desplastificando o Aguillón

30 Festival das Letras Galegas.

31 Rap “Antón Fraguas”.

32 Na procura do noso pasado romano – Documental.

34 Premios.

SAÍDAS DIDÁCTICAS

37 Visita á Adega Joaquín Rebolledo

(A Rúa).

38 Catro días en Lisboa.

38 Saída didáctica a Lugo.

40 Intercambio co IES Faro das Lúas.

41 Saída a Astorga.

43 Saída cultural a Guimarães.

43 De viaxe por Madrid.

44 As cancións do Correlingua.

50 Percorrido por Negueira de Muñiz

e San Antolín de Ibias.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

52 Momentos de lecer.

PASATEMPOS

9 Números romanos.

12 Quen escribiu?

17 Naves espaciais.

22 Cubos e cadrados.

36 A pechadura.

54 Sudoku samurai.

54 As 7 diferenzas.

55 Labirinto tubular.

3


Conferencias

CI GGUURR RR I AA

ENCONTROS LITERARIOS CON JAUREGUIZAR

O autor falou da súa obra co alumnado do Centro

O 26 de marzo deste ano Jaureguizar, un dos

autores máis premiados pola súa literatura, falou da

súa obra co alumnado de 1º e 2º ESO para falar da

obra A Cova das Vacas Mortas (Premio Fundación

Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2006) e por outra,

o alumnado de 3º ESO para conversar arredor de

Placebo.

O encontro literario complementouse coa visita

de Jaureguizar á biblioteca do IES Cosme López

onde asinou varios exemplares das obras lidas polo

alumnado.

Así mesmo, arredor do libro A cova das vacas

mortas organizouse unha excursión a Negueira de

Muñiz onde se viron os lugares que aparecen na

novela, que se completou cunha visita ao Museo da

Natureza en San Antolín de Ibias (Asturias).

4


CI GGUURR RR I AA

Conferencias

CHARLA CON AMPARO RODICIO

Dano cerebral adquirido

Este curso contamos no noso

centro coa neuropsicóloga Amparo

Rodicio Quiroga, antiga alumna do

noso IES, que nos veu falar do libro

de Francisco Castro Iridium, e do

extraordinario traballo que fan desde

Alento Asociación de Dano Cerebral

Adquirido de Vigo.

A conferencia foi dirixida ao

alumnado de 4ª de ESO e de 1ª de

bacharelato, previa lectura do libro,

que aborda cuestións como a

discapacidade, a igualdade ou a

discriminación a través da historia da

súa protagonista, Iris, unha moza con

dano cerebral adquirido a causa dun

accidente de tráfico. Para facer este libro o autor recompilou toda a información necesaria sobre a realidade de

persoas con esta lesión no cerebro, como Iris, así como sobre as súas secuelas, visibles e invisibles, e o

desenvolvemento da súa vida cotiá, na Asociación Alento.

O obxectivo da charla é concienciarnos a todas e a todos do

que significa ter Dano Cerebral Adquirido, do que senten, do

que viven as persoas afectadas e, sobre todo, do desexo de

seren tratadas na igualdade. Sentimento que compartimos todas

as persoas.

5


Conferencias

CI GGUURR RR I AA

XI ENCONTRO DE POETAS DE VALDEORRAS

“Ninguén deixa o fogar se o fogar non o bota”

O alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato, así como o profesor de bioloxía Sechu Cerezuela

participaron este curso no XI Encontro de Poetas que organiza a escritora Rosa García Machado, coa

colaboración do concello da Rúa e da adega Melillas, e que este ano tivo lugar o sábado, 16 de marzo, na adega

Melillas. O tema dos poemas é a migración e o lema “Ninguén deixa o fogar se o fogar non o bota”. Os alumnos

que recitaron o día do encontro foron Martín e Víctor de 4º de ESO e Luis, Roberto P. e Joaquín de 1º de

bacharelato. Os nosos parabéns para todos eles e, como non, para Sechu. A velada, o lugar escollido e a contorna

foron moi agradables.

Beleza no meu lugar

de orixe, era precioso

Por que te fuches?

Quería deixar de ver chorar

a miña familia

Quería darlles un motivo

para sorrir e ser feliz

Un futuro tan belo…

como o noso lugar

de orixe

Era tan belo?

Era,

pero converteuse

O MEU FOGAR

María Belén Soria Aruquipa

4º ESO

nun inferno.

Unha chama que non

deixaba de medrar

Por que choras?

De ledicia

logrei chegar

De tristeza

O meu lugar

de orixe xa

non é fermoso

De dor

Sangue nas miñas

roupas tras chegar aquí.

OUTRA OCUPACIÓN

Galiza, o meu fogar

anos e anos esforzándome

para ó final ter que marchar

do meu lar.

Conto con ter que buscar

traballo noutro lugar

anque a morriña

farame regresar.

Somos marionetas,

emigración e inmigración…

non nos queda

outra opción…

Patricia Nogueira Morgado

4º ESO

6


CI GGUURR RR I AA

Conferencias

OH, EMIGRACIÓN

Oh, emigración!

Que me botan da miña nación.

Teño pena

no meu gran corazón.

Isto ocorre

xeración a xeración.

Oh, emigración!

Todos marchan coa súa canción.

Só queda unha nena na súa habitación

nesta Galicia que queda sen poboación.

Ai, Galicia,

que che ocorre?

Baleira de xente,

chea de dor.

Ceos grises, vougos de luz

prados verdes, cargados de cor.

Ai, Galicia,

que che ocorre?

Negra e apagada

coma unha mesta flor.

Tarde ou cedo volverán

para ollar o teu solpor.

Eros Álvarez, Cristina Calvo, Antía González, Claudia

Fernández.

1º de Bacharelato

TERRA DE EMIGRANTES

Terra de emigrantes

e de grandes fames.

Terra de pobreza

e de moita escaseza.

Tivemos que marchar

para atopar outras saídas,

tristes,

a duras penas.

Terra de emigrantes

nunha situación de desastre.

Unha época marcou a terra,

unha época marcou o pobo,

para sempre…

Deixaron a familia sen saber que ía pasar,

ficaron sós ao outro lado do mar.

Pasou esa mala etapa.

Pasou?

Seguimos emigrando.

Que será o que está pasando

que Galiza anda chornado?

Miriam Carballo, Lorena Estévez, Laura Fernández,

Marta Sanz.

1º de Bacharelato

Chegando a un mundo novo,

deixando o outro atrás.

Buscando un emprego,

pois necesito traballar.

Pensando na miña familia,

rompo a chorar.

VOLVER

Quero volver,

mais non podo regresar.

Lembrando os meus amigos, que felicidade!

Espero volver a casa para facelo de novo realidade.

Matín Jiménez Diéguez

4º ESO

7


Conferencias

CI GGUURR RR I AA

RESISTIR

Aquí non te podes quedar

Outra terra na que vivir

Tes que marchar

Tes que resistir

Outro sitio no que traballar

para intentar sobrevivir.

Un novo fogar

tes que conseguir.

Sei que este lugar estrañarás

todos o botaremos de menos.

Era o sitio onde adoitabamos soñar

desde que eramos moi nenos.

Soportar prexuízos é o mal,

é o que hoxe nos fará marchar,

pero, miña vida, volverei

onde tantos momentos felices eu pasei.

Alexia Fernández Pérez e Paula Moreira Rodríguez

4º ESO

FUXIRON

Bos Aires, Arxentina.

Os galegos alí

fixeron de América

unha nova forma de vida.

Galegos emigrantes

atoparon unha cultura pouco semellante

Marcharon por obriga

en busca dunha boa vida.

Fuxiron da fame,

tamén da pobreza,

fuxiron da Galiza

en busca de riqueza.

Fuxiron por medo,

ían agochados.

Marcharon moi cedo

a nobreza tíñaos aterrados.

De Galiza expulsados

porque semellamos estar atrasados.

Non é certo, non.

Deixáronnos baleiros…

Luís López, Inés Martínez, Robereto Porto, Joaquín

Prieto, Joel Romero

1º de Bacharelato

A súa rexión enfermou de pena

sen menciña dourada que tomar.

Esa amada terra que os condena

a non poder chamala "meu fogar".

NON CHEGABA

Nos xornais aparecen en escena

cando, asustados, veñen de ultramar.

Noticias coa mesma cantilena

que vacuas falan doutro centenar.

Foxen do aire que lexisla e envelena.

Buscan outro de lingua similar.

Entran neste que os observa e almacena

como gando que vén sen domar.

Non chegaba con seren pobres e orfos,

Non chegaba con velos emigrar.

Tamén lles din feos, sucios e amorfos.

Tamén escoitan "Ide a outro lugar!".

Son persoas que amosan a melena

e que teñen alento pulmonar.

Disque levaban unha vida plena,

que deixaron xunto a outro familiar.

Non chegaba con botalos do niño.

Non chegaba con saír a voar.

Tamén deben estrañar no camiño

a quen non puido cruzar o limiar.

Sechu Cerezuela

Profesor do IES Cosme López Rodríguez

8


CI GGUURR RR I AA

Conferencias

CHARLA CON SANTIAGO FERRER SIERRA

Arqueólogo e gran coñecedor da romanización en Valdeorras

21 de xaneiro. Conferencia de

Santiago Ferrer Sierra, arqueólogo

especialista na romanización de Galicia,

sobre distintos aspectos da romanización

na comarca de Valdeorras, con especial

atención aos restos romanos da Via

Nova, que atravesa as nosas terras.

Participa o alumnado de Cultura

audiovisual e escénica, Cultura clásica e os

distintos niveis de latín do noso instituto

e tamén o alumnado de latín do IES

Lauro Olmo do Barco, que nos visitan ese día no marco da elaboración dun proxecto audiovisual conxunto.

NÚMEROS ROMANOS. Sitúa os debuxos no lugar correspondente e terás unha figura romana.

9


CI GGUURR RR I AA

Biblioteca

BIBLIOTECA

A biblioteca é un lugar de traballo para toda a comunidade educativa, un espazo para obter todo tipo de

información, pero tamén para o lecer. A biblioteca escolar é o recurso fundamental para o proxecto lector do

centro, eixo vertebrador das actividades de fomento da lectura.

CLUB DE LECTURA

Este é o terceiro ano do noso club de lectura

chamado “Os Cigurrios”. Esta actividade pretende a

potenciación da competencia lingüística en lingua

galega. O club organizouse en tres grupos.

10


CI GGUURR RR I AA

Biblioteca

RECUNCHO DE POESÍA

Esta actividade é unha

invitación a asolagar as aulas de

poesía. E iso é o que

pretendemos co “Recuncho

poético”. Buscamos dar a

coñecer a excelente e variada

creación poética galega, castelá,

inglesa, francesa, chinesa e tamén

en caló destinada a todas as

idades. O alumnado seleccionou

poemas de diferentes épocas e

en distintas linguas, posteriormente

recitounos e, ao final,

entregounos escritos a man.

Esta mostra consistiu na representación de fragmentos en castelán e en galego extraídos de obras clásicas da

literatura universal. Entre as obras representadas temos a Farsa de Bululú de Manuel María, Romero y Julieta de

Shakespeare, Las troyanas de Eurípedes ou Neonatos de Paco M

11


Biblioteca

CI GGUURR RR I AA

Recuncho de poesía.

QUEN ESCRIBIU?

Cuentan de un sabio, que un día

tan pobre y mísero estaba,

que sólo se sustentaba

de unas hierbas que cogía.

“¿Habrá otro”, entre sí decía,

“más pobre y triste que yo?”

Y cuando el rostro volvió,

12

halló la respuesta, viendo

que otro sabio iba cogiendo

las hierbas que él arrojó.

Autor: . . . . . . . . . . . . ?


CI GGUURR RR I AA

Biblioteca

MOSTRA DE TEATRO NA BIBLIOTECA

Representación de fragmentos en castelán e en galego extraídos de obras clásicas da literatura universal. Entre

as obras representadas temos a Farsa de Bululú de Manuel María, Romero y Julieta de Shakespeare, Las troyanas

de Eurípedes ou Neonatos de Paco Mir.

13


Biblioteca

CI GGUURR RR I AA

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Os alumnos e as alumnas do noso IES adquiriron un

papel relevante no día a día da biblioteca. Son os voluntarios

organizadores de campionatos, uso da impresora 3D,

realización e editado de fotografías,… así como a realización,

gravación e montaxe de vídeos.

Ademais, o alumnado do noso centro participou por

terceiro ano consecutivo no programa de “Voluntariado na

biblioteca escolar”. Un total de setenta e seis alumnos/as de

todos os cursos de ESO e Bacharelato participaron nesta

actividade. Entre as actividades realizadas por este

voluntariado podemos citar a confección de corpóreos, de

murais, tamén traballos coa Impresora 3D ou a gravación dun

vídeo da Biblioteca.

14


CI GGUURR RR I AA

Biblioteca

XX CONGRESO ESTATAL DE VOLUNTARIADO

A Consellería de Política Social invitou os voluntarios e voluntarias da biblioteca a participar no XX Congreso

Estatal de Voluntariado que se celebrou ós días 28 e 29 de novembro de 2018 en EXPOURENSE. O lema

escollido “Enlázate ao Voluntariado” é unha invitación á unión progresiva da acción voluntaria como elemento

dinamizador e de transformación social. Un total de 18 voluntarios/as de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC acudiron a

dito encontro.

Entre outras actividades asistiron á conferencia de Anxo Pérez, quen contou un pouco da súa vida e deu

consellos para acadar o que se propoñan na vida. Tamén puideron facer un percorrido polos postos que

mostraban o traballo de voluntariado que realizan diferentes asociacións ou ongs. Na parte lúdica puideron

aprender a usar o skate elétrico, pintar un mural con graffitis, ou un curso acelerado de hip-hop, entre outras

cousas.

15


Biblioteca

CI GGUURR RR I AA

II CAMPIONATO DE XADREZ

Novamente, o campionato de xadrez da biblioteca foi un completo éxito, demóstrao tanto o número de

alumnos/as participantes, concretamente 25, coma o o público asistente. Os voluntarios encargáronse da

organización e elaboración dos premios outorgados.

ESPAZO MAKER

Reforzamos a idea da

biblioteca como centro

creativo de aprendizaxes.

Contamos cun “Espazo

maker” coa impresora 3D,

un obradoiro de creación

de corpóreos e murais. O alumnado adicou parte do seu

tempo para contribuír á elaboración destes materiais,

desenvolvendo, sen límites, toda a súa creatividade.

16


CI GGUURR RR I AA

Biblioteca

Espazo maker

O espazo maker está localizado no primeiro andar. A el poden acceder todos os alumnos e alumnas que

queiran participar na creación destes materiais. Nas seguintes fotografías poden verse en acción, pintando letras

xigantes para o día das letras galegas e programando a impresora 3D para a elaboración dos chaveiros que se

obsequiaron a todos os participantes no campianato de xadrez.

NAVES ESPACIAIS. Moitas destas naves espaciais

son parecidas pero só dúas son idénticas. Podes

atopalas?

17


Escolma de actividades

CI GGUURR RR I AA

CELEBRANDO O SAMAÍN

Dpto. de lingua Galega e EDLG

Un novo ciclo agrícola que se perfila

mediante unha estación escura... Acorde coas

nosas tradicións e o ciclo festivo anual, o IES

Cosme López celebrou o Samaín 2018, unha

festa que recrea as nosas orixes. Tamén coñecido

como día de Todos os Santos, esta data pon fin

ao verán e comezo a un novo ciclo agrícola, que

se perfila mediante unha estación escura, onde

nese camiño de paso os espíritos dos mortos van

deambular entre os vivos.

Na entrada do centro puido observarse un escenario de fondo negro onde xunto a imaxes desacougantes

se unían mostras de cabazas talladas creadas polos participantes, todo sobre unha arrepiante tea de araña. Desta

volta, o EDLG convocou dous concursos: o concurso de tallado de cabazas, nunha categoría, destinado a

alumnado do 1º e 2º ciclo da ESO e FP Básica 1 e 2, co fin de premiar a orixinalidade e estilo nesta técnica e o

concurso de microrrelatos de terror, en catro categorías, no que podía participar o alumnado do 1º e 2º ciclo da

ESO, FP Básica 1 e 2, e Bacharelato, co propósito de que amosaran as súas calidades como narradores e lograsen

transmitir esa atmosfera propia de terror e arrepío que caracteriza esta festividade.

MICRORRELATOS DE TERROR

MICRORRELATOS PREMIADOS NO SAMAÍN 2018

Xava, a aldea pantasma

Era un día claro e soleado, en Xava ía todo perfectamente, todos os veciños estaban traballando e felices.

Ata que chegou unha noite fría no verán de 1850. Desde esa noite nada volveu ser igual. A xente desde esa noite

empezou a desaparecer e as súas casas con eles: unha noite fría, tres, cada mes; noutra, unha, noutro mes; e así

continuamente.

Un día de 1944, Juan Miguel Álvarez Fantasma levantouse ás 04.30 h da madrugada porque oía ruídos. Cando se

dispuxo a saír pola porta viu un portal máis grande ca o Titanic, e... del saían fantasmas de cor branca transparente.

Juan Miguel viu que eses fantasmas levaban a xente e as casas. Entrou na súa casa e escondeuse debaixo da

cama, pero un fantasma foino buscar, facendo buuuuuu, buuuuuu e non o encontrou. El, morto de medo, traumatizouse,

e non volveu falar ata que un día se atreveu a falar comigo para contarme a historia.

Cristian Raúl Arias Mújica – 1º ESO-B

(1º premio – 1º Ciclo de ESO)

18


CI GGUURR RR I AA

Escolma de actividades

O motorista fantasma

Ás tres da madrugada dun 31 de outubro, na casa dos

meus avós na vila do Bolo, oín un ruído dunha porta

abríndose. Fun mirar e a porta da entrada estaba aberta.

Con medo seguín un rastro de cinza que conducía á cociña.

Antes de entrar na cociña vin un resplandor, como dunha

candea.

Entrei e había unha persoa de costas, deu a volta e

resultou ser un esqueleto coa cabeza prendida de lume.

Saín correndo ao meu cuarto. O esqueleto de lume saíu da

casa. Asomeime á ventá e vin que montou nunha moto e

marchou deixando un rastro de lume ao paso que ía

marchando. Desde aquel día todas as persoas da vila

pregúntanse como se fixeron esas queimadas no camiño.

Roberto Álvarez Fernández – 1º ESO-B

(2º premio – 1º Ciclo de ESO)

A historia das irmás desaparecidas

Unha noite de lúa chea, nas Guindeiras, dúas irmás

chamadas Lucía e Andrea ían camiñando soas pola

estrada, e viron unha sombra ao lonxe. Era unha sombra

moi estraña, e como elas eran moi curiosas achegáronse

a ver que era.

De repente, unha luz iluminou todo o lugar e as irmás

desapareceron.

Hoxe en día, dise que cando pasas por aquel lugar, as

noites de Lúa chea, escóitanse os seus gritos. Esta

historia contouma a miña bisavoa unha noite de Lúa chea.

Andrea Rodríguez González - 1º ESO-B

(3º premio – 1º Ciclo de ESO)

Miña nai

De súpeto, abrín os ollos. Era noite pecha, o vento batía nas contras, seguía a chover, só o tic-tac do reloxo do salón

rompía o silencio. Din voltas e voltas na cama, pero fun incapaz de volver durmir.

Levanteime por un vaso de leite quente coa intención de relaxarme un pouco.

Mentres baixaba as escaleiras puiden ver que a luz da cociña estaba acesa e oíase o golpe dun coitelo na madeira,

sorprendinme, era moi cedo para que alguén estivese esperto. Abrín a porta, alí estaba a miña nai.

–Mamá, que fas? –Preguntei

–O xantar, miña filla –Dixo de costas para min.

–Tan cedo?

–Si, ti vai durmir –Dixo sen xirarse.

Non lle din importancia, collín o meu leite e volvín á cama.

Espertei, eran as dez e media, a miña nai seguía na cociña.

–Bos días!

–Aínda segues aquí? –Preguntei.

–Como aínda? Levanteime ás nove da mañá.

–Se estabas de madrugada facendo a comida –Afirmei.

–Eu? Non me levantei en toda a noite miña filla!

Laura Fernández López – 1ºBACH-A

(premio de microrrelato – bacharelato)

19


Escolma de actividades

CI GGUURR RR I AA

FESTIVAL DE INVERNO E NADAL

Dptos. de lingua Galega, EDLG e Música, a alumnado de FP Básica

O 21 de decembro, o IES Cosme López Rodríguez quixo celebrar este ano o Festival de Inverno e Nadal

para render homenaxe a esta época do ano, de tempo frío, días escuros e noites longas, pero tamén de xuntanzas,

de tradicións e de celebracións. Por iso, o alumnado do noso centro, de ESO, de FP Básica e de Bacharelato, coa

axuda do seu profesorado, estivo a preparar diferentes actividades arredor da poesía, o relato, a tradición oral, as

paisaxes da contorna e, por suposto, a música. Ademais, houbo unha mención especial para a alumna Lorena

Estévez de 1º de Bacharelato polo premio acadado recentemente da man da Xunta de Galicia que pon en valor o

seu traballo e esforzo. E tampouco faltou a entrega de premios aos participantes gañadores nos diferentes

concursos convocados polo EDLG.

20


CI GGUURR RR I AA

Escolma de actividades

Festival de inverno e de Nadal.

21


Escolma de actividades

CI GGUURR RR I AA

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

(20 de xaneiro)

Tema da UNESCO para este ano: “O diálogo, a tolerancia e a paz”

Xornada no IES do Día Escolar pola Paz e a Non-

Violencia. Un ano máis toda a comunidade

educativa do noso IES celebra o Día Escolar

pola Paz e a Non-violencia, para recordar a

importancia de defender unha educación

permanente na e para a concordia, o diálogo, a

tolerancia, a solidariedade, o respecto aos

dereitos humanos, a non-violencia e a paz.

E para festexalo preparamos as

seguintes actividades que visualizamos o día 30

de xaneiro no salón de actos e no patio do instituto: recitado de poemas sobre a paz e a non violencia en galego,

portugués, castelán, francés e inglés; interpretación de diferentes temas musicais; mensaxes acordes co día;

decoración correspondente e solta de globos brancos con mensaxes. Dpto. Lingua Galega, EDLG, Relixión, Biblioteca e Música.

CUBOS E CADRADOS.

Que figura?

Indica cal das imaxes

da dereita se

corresponde coa vista

superior da figura

orixinal.

Orixinal

Cantos?

Cantos cubiños

faltan en cada

figura para

completar un

gran cubo de

5x5x5 cubiños?

Que selos?

Que selos de caucho do 1 ao 4

se utilizaron para formar as

figuras da 5 á 10? Pódense xirar

e usar máis dunha vez.

22


CI GGUURR RR I AA

Escolma de actividades

NAMORAD@S DA LINGUA

14 de febreiro – Dptos. de lingua Galega, EDLG e alumnado de FP Básica

Continuando co ciclo anual, hoxe toca celebrar o Día dos Namorados. A literatura galega tratou abondo a

temática do amor e así podemos atopar mostras de diversa tipoloxía de variados autores que lle renderon

homenaxe a esta manifestación ou estado de afecto intenso. Desde Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Celso

Emilio Ferreiro... ata autores/as máis recentes como Lois Pereiro ou Olga Novo, entre unha ampla nómina.

O alumnado do IES Cosme López (A Rúa) contribuíu a encher de amor este día e que mellor xeito de

facelo que a través da poesía e a lingua! Deste xeito, no 2º ciclo ESO elaboraron uns haikus (composicións moi

breves de inspiración xaponesa en 3 versos e 17 sílabas sen rima) baseadas no sentimento do amor. O alumnado

de FP Básica encargouse de preparar presentacións cunha selección de poesía de autores/as da literatura galega

que cantaron nos seus poemas a este sentimento.

23


Escolma de actividades

CI GGUURR RR I AA

SEMANA DE ROSALÍA

Dpto. de lingua Galega e EDLG

19-25 de febreiro de 2019. Con motivo da

conmemoración do nacemento de Rosalía o 24 de febreiro de

1837, o IES Cosme López levou a cabo unha semana de

homenaxe á escritora galega co título “Eu cantar, cantar,

cantei…”, onde o alumnado dos diferentes cursos recitou

poemas de Rosalía correspondentes ás obras Cantares Gallegos e

Follas Novas en varias linguas, galego, portugués, castelán, inglés e

francés. Feito que demostra a importancia que a figura e obra da

autora do Rexurdimento literario acadou no seu momento e

segue tendo no conxunto da cultura galega.

24

Airiños, airiños, aires

Airiños, airiños, aires,

airiños da miña terra,

airiños, airiños, aires,

airiños levaime a ela.

Sin ela vivir non podo,

non podo vivir contenta,

que a donde queira que vaia

cróbeme unha sombra espesa.

Cróbeme unha espesa nube

tal preñada de tormentas,

tal de soidás preñada

que a miña vida envenena.

Levaime, levaime, airiños,

como unha folliña seca,

que seca tamén me puxo

a callentura que queima.

¡Ay! si non me levás pronto,

airiños da miña terra,

si non me levás, airiños,

quisais xa non me conesan,

que a frebe que de min come

vaime consumindo lenta,

e no meu corazonciño

tamén traidora se ceiba.


CI GGUURR RR I AA

Escolma de actividades

Semana de Rosalía

25


Escolma de actividades

CI GGUURR RR I AA

FESTA DO ENTROIDO

Marzo de 2019 – EDLG e titores do centro

O Instituto co seu Entroido 2019. O IES

Cosme López (A Rúa) atópase situado no oriente

ourensán, zona neurálxica de varias mostras do

Entroido galego, onde se combinan a tradición, a

arte e a gastronomía. Para celebrar esta festividade o

alumnado do centro participou en varias actividades

coas que lle renderon homenaxe a un costume de

tanta relevancia no leste da provincia de Ourense e

coñecido en varios puntos como “Entrudio”.

en representación de cada un dos cursos académicos

do centro e a actuación do Folión do IES Cosme

López. O concurso de sobremesas gañouno Laura

Fernández de 1º de bacharelato polo seu delicioso

“leite frito”. No concurso de comparsas do Entroido

levaron premio os alumnos e alumnas de FP Básica:

Iria, Adrián Vila, Joana, Noa, Israel, Adrián Sousa,

Rafaela, Benjamín e Karima, pola súa interpretación

coa “Casa de papel”.

Así, participaron no concurso de sobremesas

de Entroido, o concurso de comparsas, que crearon

26


CI GGUURR RR I AA

Escolma de actividades

Ademais, o alumnado forma parte de folións representativos da zona, como poden ser o de Petín ou o de

Buxán (O Bolo), que percorren diferentes puntos da contorna nos principais días do Entroido e que enchen de

ritmo e de orixinalidade esta festa popular.

27


Escolma de actividades

CI GGUURR RR I AA

Semana de Rosalía

28


CI GGUURR RR I AA

Escolma de actividades

DESPLASTIFICANDO O AGUILLÓN

Actividade organizada pola asociación San Cristóbal de A Rúa

O 5 de xunio de 2019, día mundial do medio

ambiente, o IES Cosme López Rodríguez

participou nunha actividade organizada pola

asociación sociocultural San Cristóbal de A Rúa,

xunto con outros centros educativos da zona.

Comezamos organizando a saída en grupos

que foron baixando secuencialmente ata o cine

Avenida. Una vez alí, a profesora do noso centro

Mª Jesús Fernández Maseda explicou a todos os alumnos asistentes o impacto medioambiental que o plástico está

a ter desde que xurdíu hai máis dun século. A charla titulábase “Comemos e respiramos plástico”. Estaba

orientada a aprender que son os plásticos, que características os fan tan útiles para o ser humano, por que son

contaminantes, por que é tan difícil degradalos, que consecuencias ten o seu abandono no medio natural e por que

os animais os confunden con alimento, entre outros aspectos. Ademais, mostrounos imaxes e vídeos moi

rechamantes nos que podían verse tartarugas, peixes, aves e, incluso, animais invertebrados e microscópicos

afectados directamente pola súa inxesta ou atrapados por eles ata morrer.

Trala concienciación, todo o alumnado dirixiuse acompañado polos profesores cara a esplanada do

Aguillón, na entrada do pavillón de deportes, donde a organización San Cristóbal repartíu as zonas de limpeza por

grupos e entregou guantes e bolsas de cartón para recoller os trozos de plástico abandonados décadas atrás.

Durante dúas horas, todos os participantes atoparon moita máis cantitade de plástico do que sospeitaban nun

principio. Lixo moi variado: envoltorios de chicle, zapatillas deportivas, restos de mangueiras, trozos de

poliestireno, bolsas plásticas esmagadas, botellas de refrescos, tapóns, encendedores, restos dunha bicicleta,

cadeiras de plástico, bolsas de patatillas... Ao rematar, os membros da organización calmaron a sede e a fame dos

29

limpadores do Aguillón con auga,

bocadillos e fruta que, merecidamente,

descansaban sentados nas

escaleiras do pavillón. Ata que

chegou a camioneta que necesitou

dúas viaxes para levarse todo o lixo

porque o volumen recollido era

considerable. Nese instante, deuse

por rematada a actividade e

comezamos o regreso ao centro.


Escolma de actividades

CI GGUURR RR I AA

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Dptos. de lingua Galega, EDLG, Música e E.F. e alumnado de FP Básica

Antón fraguas fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999). “Eu traballei

sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito

puxen sempre a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio”

O 17 de xuño de 2019 (11:20 h - 14:10 h), o

IES Cosme López sumouse ao recoñecemento do

autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas,

Antón Fraguas Fraguas (1905-1999), mestre,

etnógrafo, escritor, membro histórico das

Irmandades da Fala e do Partido Galeguista e

director do Museo do Pobo Galego. Para isto

levouse a cabo a celebración dun festivalo 17 de

xuño que agrupou diversas actividades arredor da súa

figura e a cultura galega en xeral.

O alumnado participou con varias actividades

nos diferentes cursos como unha presentación sobre

o traxe galego (1º ESO), o recitado de coplas

recollidas por Antón Fraguas para a elaboración do

Cancioneiro de Cotobade (2º ESO), recitado dunha

selección de poemas pertencentes a épocas diferentes

da literatura galega (3º ESO e 1º BAC) e o recitado

do poema “Letanía de Galicia” de Uxío Novoneyra

por parte do alumnado de 4º ESO.

Así mesmo, proxectáronse as páxinas webs

elaboradas polo alumnado de FP-Básica arredor da

figura de Antón Fraguas, os marcadores e unha

presentación elaborada polo Departamento de

Informática do centro sobre a figura e traxectoria do

autor homenaxeado.

Fraguas”. O festival acompañouse dunha sección

dalgunhas das saídas de interese do centro e da

entrega de premios ao alumnado no concurso de

sobremesas e comparsas de Entroido, premios da

biblioteca do torneo de xadrez, marcadores e

concurso de fotografía e por último, premios para o

alumnado pola súa colaboración en dinamización

lingüística co EDLG do centro.

A continuación levouse a cabo un obradoiro

de xogos populares organizado polo alumnado

voluntario de 3º ESO e 4º ESO, principalmente para

os cursos de 1º ESO e 2º ESO, no que se

desenvolveron xogos no interior do pavillón coma o

brilé, a buxaina e o pano e no exterior xogos como a

chave, a ferradura e a billarda.

O Festival puxo peche a este recoñecemento

do autor homenaxeado tan interesado na tradición

galega e a cultura en xeral coa proxección do tráiler

do documental Na procura do noso pasado romano

realizado polo alumnado de 2º de Bacharelato das

materias de Cultura audiovisual e escénica do IES

Cosme López (A Rúa) e de Latín II do IES Lauro

Olmo (O Barco de Valdeorras).

Todo isto complementado con diferentes

interpretacións musicais como “O son do ar”,

“Lela”, a canción popular de Petín e o rap “Antón

30


Escolma de actividades

CI GGUURR RR I AA

RAP SOBRE ANTÓN FRAGUAS

Antonio Fraguas naceu en 1905

provocando na súa nai un primeiro sorriso.

É dunha pequena aldea de Pontevedra

coñecida co nome de Insuela.

Castelao e Losada Diéguez foron os seus mentores

e estiveron aí cando cometeu errores.

Máis tarde parte rumbo a Santiago de Compostela

para comezar cos estudos de Filosofía e Letras.

Uns universitarios xa non querían o mesmo

e deciden crear o Seminario de Estudos Galegos

encargado do estudo da realidade galega

no campo de Humanidades e Ciencias da Natureza.

Faise membro do Seminario, en Xeografía e Etnografía

e vai dar conferencias por toda Galicia.

Colabora en campañas arqueolóxicas con Xaquín Lorenzo

para facer no Seminario un Museo.

En Radio Galicia comezou a revolución

foi dos primeiros en usar o galego neste medio de

comunicación.

Convértese en profesor de Xeografía

e únese ao movemento galeguista.

Co levantamento militar péchase o Seminario de Estudos

Galegos.

Antonio é destituído e suspendido de emprego.

De contrario ao Réxime foi acusado

e para sobrevivir montou unha academia de ensino

privado.

Tivo que volver a opositar

porque a súa cátedra non volveu recuperar.

El segue a traballar a favor de Galicia

porque sabe que está rodeada de inxustizas.

Foi elixido académico da Real Academia Galega.

Ocupou a cadeira que deixou Castelao coa súa perda,

cadeira que estivera libre ata o seu falecemento

e que Antonio ocupou con humildade dende o seu ingreso.

No Museo Municipal foi nomeado director.

Deixa de ser profesor e comeza unha etapa de

publicacións

no Museo do Pobo Galego, na Academia Galega das

Ciencias,

no Consello de Cultura Galega e na sociedade portuguesa.

Foi xeógrafo e tamén foi arqueólogo,

historiador da arte e biógrafo.

Foi historiador e estudou etnografía.

E polo seu labor foi nomeado Cronista Xeral de Galicia.

Polos seus alumnos foi moi querido.

Todo o que fixo sempre foi recoñecido.

Deu todo pola cultura galega.

Espero que unha persoa así, nunca se esqueza.

Bruno Joel de Sousa Pacheco

4º ESO

31


Escolma de actividades

CI GGUURR RR I AA

NA PROCURA DO NOSO PASADO ROMANO

Departamento de Latín

Proxecto didáctico “Na procura do noso pasado romano”. Trátase

dun proxecto conxunto entre dous institutos da comarca, o Cosme

López Rodríguez da Rúa e o Lauro Olmo do Barco. O noso alumnado

de Cultura audiovisual e escénica e o alumnado de Latín II, ambos

grupos de 2º de bacharelato, desenvolveron este traballo ao longo de

todo o curso académico, ocupándose de todas as tarefas conducentes á

realización dun documental sobre os restos romanos na nosa comarca,

cunha mención especial a un grupo de arqueólogos afeccionados

chamados Os Escarvadores, que descubriron a maior parte destes

restos nos anos 70.

O documental recolle datos de distintas fontes de información,

visitas a restos romanos da zona e explicacións in situ a cargo de

especialistas, entrevistas a persoas de diferentes ámbitos relacionadas co

tema, charlas ao alumnado a cargo de expertos en romanización e moitas horas de cotexamento de datos,

elaboración de guións, montaxe, edición, posprodución, promoción e todos aqueles aspectos precisos para a

culminación do traballo.

32


CI GGUURR RR I AA

Escolma de actividades

Na procura do noso pasado romano

O traballo foi coordinado polos profesores de latín dos dous institutos, Carmen Díaz Rifón do Cosme López

Rodríguez da Rúa e Julio Parada Yáñez do Lauro Olmo do Barco, e por José Ramón Crespo Cerezuela, profesor

de Bioloxía do Cosme López

Rodríguez, quen dirixiu e

supervisou os aspectos técnicos do

documental.

O documental foi estreado no

Centro cultural avenida da Rúa, o

día 20 de xuño de 2019, con gran

afluencia de público, que amosou

interese por coñecer de novo,

nalgúns casos, ou lembrar noutros,

a importancia do pasado romano

da comarca de Valdeorras.

33


Escolma de actividades

CI GGUURR RR I AA

SAMAÍN

PREMIOS

Entregados no festival das Letras Galegas

CABAZAS

Alexia Celtia González – “Xa chega o Samaín”

1º ESO B

MICRORRELATOS DE TERROR

1º CICLO DE ESO

1º Premio - Cristian Raúl Arias Mújica (1º ESO-B)

Xava, a aldea pantasma

2º Premio - Roberto Álvarez Fernández (1º ESO-B)

O motorista fantasma

3º Premio - Andrea Rodríguez González (1º ESO-B)

A historia das irmás desaparecidas

BACHARELATO

1º Premio - Laura Fernández López (1º BAC-A)

Miña nai

34


CI GGUURR RR I AA

Escolma de actividades

OUTROS

POSTAL DE NADAL

Roberto Álvarez Fernández (1º ESO B)

É un desexo da comunidade do IES Cosme López Rodríguez

Os nenos camiñan

e xogan e brincan

na rúa calada

que cobren de risas.

E inventan trouleiros

palabras de neve

que borran as penas

que a terra non quere.

Cantigas e risas

veñen anunciar

que peta na port

a luz do Nadal.

Un nadal que amose

como vai a vida

un nadal que cure

con paz as feridas

Un Nadal que abrigue

un Nadal turrón

un Nadal que acougue

un Nadal canción.

IX CONCURSO EUROPEO DE MARCAPÁXINAS

Zaida Soria Puente

A alumna do 2º curso de FP Básica de Informática de

Oficina, Zaida Soria Puente acadou o 3º premio no IX

Concurso Europeo de Marcapáxinas, enmarcado no

proxecto eTwinning Letras Galegas 2019 impulsado

polo profesorado do Ciclo Formativo. Este proxecto

eTwinning organízase dende o Equipo de Dinamización

da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de

Compostela e nel participaron diferentes escolas

europeas de España, Portugal e Italia.

Entre outras actividades colaborativas entre os diferentes centros europeos, preténdese difundir a lingua e literatura

galegas prestando unha homenaxe á figura de Antonio Fraguas Fraguas, autor conmemorada nas Letras Galegas 2019.

35


Escolma de actividades

CI GGUURR RR I AA

PREMIOS DA BIBLIOTECA

II CAMPIONATO DE XADREZ

1º Premio - Brian Izquierdo Fernández (1º BACH)

CONCURSO DE MARCADORES

1º Premio - Belén Soria (4º ESO)

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

1º Premio - Alexia González (1º ESO B)

2º Premio - Luis López González (1º BACH)

2º Premio - Lucas Prada Fernández (4º ESO)

PREMIOS Á COLABORACIÓN COAS ACTIVIDADES DO CENTRO

Luis López González (1º BACH)

Eros Álvarez Dacosta (1º BACH)

A PECHADURA. Que pechadura se abre coa chave?

36


Saídas didácticas

CI GGUURR RR I AA

VISITA Á ADEGA JOAQUÍN REBOLLEDO

Dpto. de lingua Galega e EDLG

Dada a importancia da viticultura na comarca de Valdeorras demos comezo ás actividades do EDLG cunha

visita á adega ruesa Joaquín Rebolledo por parte do alumnado do 1º ciclo da ESO, onde nos explicaron o proceso

de elaboración do viño e as técnicas empregadas para este labor. Ás veces, o que temos máis próximo resulta o

gran descoñecido, polo que a visita resultou de moito interese ao comprobarmos de primeira man a elaboración in

situ dun dos viños denominación de orixe Valdeorras.

Esta actividade foi complementada cunha exposición fotográfica no centro onde o alumnado seleccionou

imaxes relacionadas coa vendima na comarca de Valdeorras, ben co labor propio da vendima ou os aparellos

empregados para este labor, dende

os máis tradicionais ata os máis

actuais. Ademais disto realizaron

unha escolma de fraseoloxía

variada relacionada co viño, de

moita importancia na cultura

galega. Os versos de Florencio

Delgado Gurriarán coa “Cantiga da

Vendima” puxeron peche á

actividade.

37


Saídas didácticas

CI GGUURR RR I AA

CATRO DÍAS EN LISBOA

1º bacharelato

Un grupo de 18 alumnos de 1º de Bacharelato

realizou unha viaxe cultural a Lisboa cunha guía que

o acompaña para coñecer os lugares máis

representativos de Lisboa e da súa costa.

Durante a actividade visitaron o Parque das

Naçoes e o Oceanario, e ademais fixeron un

percorrido pola costa de Lisboa, ata Sintra, onde

coñeceron o Palacio de Pena e o Palacio Nacional.

No itinerario figurou tamén facer unha visita

panorámica da cidade, antes de visitar o Mosteiro dos Jerónimos a Torre de Belén, a Catedral e o Castelo de San

Jorge, así como pasear polos seus lugares máis emblemáticos: o Mirador de Santa Lucía, a praza do Rossio, o

barrio de Chiado, a cafetería de Pessoa ou a praza do Comercio, entre outros. Xa de volta, parouse en Coimbra

para gozar da cidade e visitar a súa Universidade.

SAÍDA DIDÁCTICA A LUGO

1º ESO

O alumnado de 1º de ESO do IES Cosme López

Rodríguez participou o día 11 de abril en varias

actividades didácticas organizadas polos

Departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e

Historia e que se desenvolveron en Lugo.

A primeira foi no Museo Provincial, e consistía en

coñecer o museo dunha maneira moi interesante a

través do denominado “Roteiro literario polo

museo” deseñado polo Departamento de Didáctica

do MPLugo, sobre o propio museo e sobre o libro

Contos de fantasmas no museo. Durante o curso

académico o alumnado preparou en clases a lectura do libro proposto. A segunda foi na igrexa románica de Vilar

de Donas en Palas de Rei, onde se puido apreciar tanto o edificio como o interior da igrexa, na que destacan as

pinturas murais, grazas a don Jesús, señor que moi amablemente nos guiou pola súa historia. E, por último,

visitouse o castelo de Pambre, unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e

das poucas que quedaron en pé tras a revolta irmandiña.

38


CI GGUURR RR I AA

Saídas didácticas

Saída didáctica a Lugo

39


Saídas didácticas

CI GGUURR RR I AA

INTERCAMBIO CO IES FARO DAS LÚAS

Vilanova de Arousa – Dpto. Lingua Galega e EDLG

O alumnado de 3º de ESO e 4º de

ESO participou nunha saída a Padrón

e Santiago de Compostela o xoves 25

de abril, froito dun intercambio cos

mesmos grupos de alumnado do IES

Faro das Lúas (Vilanova de Arousa),

que puxo o peche á relación epistolar

mantida durante o curso. O punto de

encontro foi a Casa Museo de Rosalía

en Padrón onde o alumnado asistiu a

unha visita didáctica polas diferentes

salas co obxectivo de afondar na figura desta escritora emblemática da cultura galega e universal. Na planta baixa

deuse a coñecer a dimensión da escritora do Rexurdimento galego a través da súa vida e a súa relación co pobo

galego. Na primeira planta puido contemplarse a recreación ambiental dunha casa rural da época e no espazo

exterior un xardín da época onde se atopan exemplares interesantes como a camelia xapónica “Rosalía de Castro”

e outras de orixe portuguesa.

Seguidamente, o alumnado participou de xeito conxunto nunha visita guiada ao Xardín Botánico de

Padrón, composto por 300 especies e que garda moita relación con figuras destacadas das Terras de Iria como

Rosalía de Castro, o Santiago Apóstolo, Camilo José Cela ou o trobador Macías O Namorado destacando especies

arbóreas dedicadas a estas figuras. Fronte ao Edificio de Alfolí do Sal, que foi durante séculos monopolio da

distribución do sal en toda a ría de Arousa, o alumnado fixo un recitado colectivo de poemas de Rosalía.

Relevante foi tamén a visita á Igrexa de Santiago de Padrón onde se atopa o “Pedrón”, ara romana que segundo a

tradición xacobea foi o punto de amarre da barca que transportou desde Palestina ata Iria

Flavia o corpo sen vida do Apóstolo Santiago.

Logo da despedida do alumnado do IES Faro das Lúas (Vilanova de Arousa) e xa en

Santiago de Compostela, o alumnado visitou o Museo do Pobo Galego onde realizaron por

grupos unha actividade dirixida a coñecer a figura de Antón Fraguas Fraguas, autor

homenaxeado nas Letras Galegas 2019 e primeiro director do Museo do Pobo Galego. A

actividade consistiu nun xogo de pistas encamiñadas a descubrir as diferentes salas do

Museo relacionadas coa figura do autor e o seu labor nos eidos da etnografía e da docencia;

xogo que levou tamén ao Panteón de Galegos Ilustres, onde repousan os corpos de figuras

ilustres da cultura galega como Rosalía, Castelao e Cabanillas, entre outros.

40


CI GGUURR RR I AA

Saídas didácticas

SAÍDA A ASTORGA

Dpto. de latín

tamén se incorporaron os alumnos e alumnas de Cultura clásica de 3º ESO.

Co fin de elaborar un documental

sobre a romanización na zona de

Valdeorras, o Departamento de latín

organizou tres saídas didácticas,

compartidas co alumnado dos

distintos niveis de latín do IES Lauro

Olmo do Barco de Valdeorras. Nas

dúas primeiras participou o alumnado

de Latín II e Cultura audiovisual e

escénica, de 2º de bacharelato, o de

Latín I de 1º de bacharelato e o de

Latín de 4º ESO. Na saída a Astorga,

Saída ao Barco para visitar dúas aras romanas ubicadas, unha na igrexa de Santurxo, un barrio de

Millarouso, e a outra no edificio do Concello do Barco, onde o alumnado asistiu a unha charla pronunciada por

Luis Enrique Rodríguez Arias, historiador e artista, que lles falou sobre a importancia da minería en época

romana. Pola tarde, Aurelio Blanco Trincado, o presidente do Instituto de estudos valdeorreses, explicoulles

distintos aspectos da romanización da comarca, na biblioteca do IES Lauro Olmo.

Ruta arqueolóxica pola Rúa e a súa contorna,

visitando os monumentos romanos destacados e charla do

arqueólogo Santiago Ferrer Sierra no salón de actos do noso

instituto.

Saída didáctica a Astorga, co fin de facer a Ruta romana

pola cidade e visitar o Museo arqueolóxico. 5 de febreiro. Astorga,

capital da nosa comarca en época romana, co fin de visitar o Museo

arqueolóxico da cidade facer unha “Ruta romana” polos distintos

xacementos arqueolóxicos da época espallados pola cidade. Na

actividade, compartida co Departamento de latín do IES Lauro

Olmo, participaron todo o alumnado das diferentes materias dos

departamentos de latín de ambos institutos, máis o alumnado de

Cultura audiovisual e escénica de 2º de bacharelato do noso centro.

41


Saídas didácticas

CI GGUURR RR I AA

Saída a Astorga

42


CI GGUURR RR I AA

Saídas didácticas

SAÍDA CULTURAL A GUIMARÃES

Portugal - Dpto. de lingua Galega e EDLG

O alumnado 3º ESO do IES Cosme López da

Rúa realizou unha saída cultural a Guimarães

(Portugal) organizada polo departamento de

Relixión. O itinerario incluía visitas á Casa de

Memória e a unha Oficina Criativa (Obradoiro)

de Olería.

Ademais percorreron, cunha visita

guiada, o centro histórico de Guimarães, e

descubriron “Como viviam os Duques no século

XV” no Paço dos Duques de Bragança ademais

de achegarse ata a Capela de San Miguel do Castelo e ao Castelo de Guimarães.

DE VIAXE POR MADRID

4º ESO

Cervantes e á universidade, entre outros lugares destacados.

O alumnado de 4º de ESO participou na saída

cultural a Madrid que, como todos os anos,

organiza o IES Cosme López Rodríguez. Os

integrantes do grupo visitaron as instalacións

do estadio Santiago Bernabeu e asistiron á

representación do musical Billy Elliot, no

teatro Alcalá. Tamén tiveron a oportunidade

de coñecer a historia, as lendas e a cultura da

localidade de Alcalá de Henares, a través da

visita guiada Cervantalia, unha actividade que

inclúe a visita ó corral de comedias, á praza de

O grupo pasou un día no parque de atraccións e coñeceu o Museo do Prado a través dunha actividade

educativa, ademais de percorrer as rúas e lugares máis importantes do centro da capital: Parque do Retiro, Cibeles,

Carrera de San Jerónimo, Congreso dos Diputados, Porta do Sol, rúa Mayor, Plaza Mayor, Ayuntamiento, Plaza

de España, Templo de Debod, Palacio de Oriente, Teatro Real, Catedral da Almudena, Jardines del Campo del

Moro…

43


Saídas didácticas

CI GGUURR RR I AA

AS CANCIÓNS DO CORRELINGUA

Monforte de Lemos, Gundivós e Penacoba

Coa colaboración do profesor de debuxo Juanjo

Baixo o lema “O galego é a fórmula”, o alumnado 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC, 2º

BAC e FP-Básica asistiu ao Correlingua en Monforte de Lemos coa pancarta preparada

no centro en representación do IES Cosme López Rodríguez (A Rúa). Durante a mañá e

xunto a outros centros de ensino percorreron as rúas de Monforte interpretando

versión de cancións coñecidas ata chegaren ao Parque dos Condes onde a actriz Isabel

Risco presidiu o acto de presentación do Correlingua 2019 e onde se leu o manifesto

deste ano.

Durante a tarde realizáronse

dúas visitas, onde se puideron

observar in situ dous dos oficios

tradicionais de Galicia, así como as

técnicas empregadas para o seu

desenvolvemento. Unha das visitas

á Olería de Gundivós (Sober, Lugo)

e a outra á Ferrería de Penacoba

(Bóveda, Lugo).

44


CI GGUURR RR I AA

Saídas didácticas

45


Saídas didácticas

CI GGUURR RR I AA

46


CI GGUURR RR I AA

Saídas didácticas

47


Saídas didácticas

CI GGUURR RR I AA

AS CANCIÓNS DO CORRELINGUA

Interpretadas en colaboración co alumnado do IES Daviña Rey de Monforte de Lemos.

COA MELODÍA DO GALO

PARTE INSTRUMENTAL

O galego se o falas, vive,

pervive, revive

O galego se o falas, vive

corre tras da lingua

úsaa, faite libre.

Por iso, estamos en Monforte

nun novo Correlingua

pra cantarmos polo galego

nunha homenaxe

moi ben merecida.

PARTE INSTRUMENTAL

E como somos de Monforte,

do Incio, Valdeorras,

e como somos do Saviñao

falamos galego

a tódalas horas.

E como somos de Monforte,

do Incio, Chantada,

e como somos de Quiroga

falamos galego

de moi boa gana.

PARTE INSTRUMENTAL

E como somos tan galegos,

galegos, galegos

E como somos tan galegos

estamos en Monforte

a cantar sen medo.

O galego se o falas, vive,

pervive, revive.

O galego se o falas, vive

esa é a fórmula,

píllaa e serás máis libre.

COA MELODÍA DO CANECO

Malia pareza mentira

o galego ten estirpe

debemos sempre falalo

por respecto a nosa orixe,

por respecto á nosa orixe,

por respecto á nosa orixe,

malia pareza mentira,

o galego ten estirpe.

E zúmballe ó galego

e ó galego zumba,

e zúmballe ó galego,

ó galego zumba, zumba.

Por iso vimos aquí

pra tirar da nosa lingua

con moitos outros colexios

e institutos da provincia,

e institutos da provincia,

e institutos da provincia,

por iso veño a Monforte

pra tirar da nosa lingua.

E zúmballe ó galego

e ó galego zumba,

e zúmballe ó galego

ó galego zumba, zumba.

Tomade de nós exemplo

que non vos dea vergoña

que usar a propia lingua

sempre é motivo de honra,

sempre é motivo de honra,

sempre é motivo de honra,

que nos vos dea vergoña

por usar a lingua propia.

E zúmballe ó galego

e ó galego zumba,

e zúmballe ó galego

ó galego zumba, zumba.

PARTE INSTRUMENTAL

Letra composta pola profesora de lingua galega do IES Daviña Rey Raquel Aira González

48


CI GGUURR RR I AA

Saídas didácticas

A CAROLINA DO CORRELINGUA

COA MELODÍA DE QUEN TEÑA VIÑO

Hoxe é un día de festa

ímolo pasar xenial

e correndo o correlingua

en galego a disfrutar!

- Falaches en galego?

- Falei si señor

- Dime con que falaches?

- Falei co meu amor!

- Falei co meu amor!

- Falei co meu amor!

- Falaches en galego?

- Falei si señor!

Viñemos de todas partes

para a festa celebrar

Coas nosas linguas preparadas

en galego a formular!

- Falaches en galego?

- Falei si señora!

- Dime con que falaches?

- Falei coa directora!

PARTE INSTRUMENTAL

Fala galego.

Fala galego.

Fala galego

e libérate dos medos.

Se non o falas,

se non o falas,

se non o falas,

mellor quédate na casa.

PARTE INSTRUMENTAL

Porque é a lingua nai,

fálaa.

Porque é o noso sinal,

fálaa.

Porque vai dentro de nós,

veña fálaa xa,

non o penses máis.

- Falei coa directora!

- Falei coa directora!

- Falaches en galego?

- Falei si señora!

Cargadiñas as mochilas

para liala tremenda

ti tocando as túas cuchas

e eu tamén a pandeireta

- Falaches en galego?

- Falei abofé!

- Dime con que falaches?

- Falei con Don Xosé

- Falei con Don Xosé

- Falei con Don Xosé

- Falaches en galego?

- Falei abofé!

Letra composta pola profesora de lingua galega do IES Daviña Rey Raquel Aira González

49


Saídas didácticas

CI GGUURR RR I AA

NEGUEIRA DE MUÑIZ (LUGO) E

SAN ANTOLÍN DE IBIAS (ASTURIAS)

16 de maio de 2019 – Dptos. de lingua Galega e EDLG

A obra A Cova das Vacas Mortas (S. Jaureguizar) levounos a Terras de Negueira de Muñiz (Lugo) co

alumnado de 1º ESO e 2º ESO onde o acollemento por parte do alcalde do Concello de Negueira de Muñiz, o

técnico de cultura e mais un técnico de protección civil foi extraordinario. Con eles percorremos o camiño ata

chegarmos á área recreativa Virxe da Veiga onde nos explicaron a historia do concello, as consecuencias que tivo a

construción do encoro de Salime na década dos sesenta para as aldeas pertencentes ao concello de Negueira, onde

os núcleos de Foxo, Vilar, Vilauxín, Cancio e Ernes ían quedar illados do resto do municipio debido á falta dunha

ponte que os unise.

Con eles falamos amplamente da obra de Jaureguizar ambientada en Negueira de Muñiz e lida polo

alumnado, ao tempo que observamos ás beiras do encoro a aldea de Foxo, centro de importancia das comunas

nos anos setenta e lugar ao que chegaronxentes de diversa procedencia e das que Jaureguizarfai eco na súa obra.

Na actualidade, a pesar de non estar organizados como comuna continúan defendendo un estilo de vida libre.

En San Antolín de Ibias (Asturias), un dos concellos asturianos de fala galega, visitamos a Aula da

Natureza onde descubrimos aspectos da flora e a fauna do Parque Natural de Fuentes del Narcea, Degañas e Ibias

e mais o Centro de Interpretación da Palloza, construción tradicional con teitume vexetal, única nesta parte de

Asturias xunto coa zona dos Ancares, onde puidemos aprender cunha guía moitos aspectos da vida tradicional

deste fermoso recanto de Asturias.

50


CI GGUURR RR I AA

Saídas didácticas

51


CI GGUURR RR I AA

Departamento de orientación

VACACIÓNS EN FAMILIA, MOMENTOS DE LECER

Departamento de orientación

Co final de curso achégase o longo período

vacacional, un tempo de descanso, alegría e cambio

de actividade. Sempre que temos preto unhas

vacacións xorde a mesma dúbida entre as familias,

que facemos cos mozos/as?, como podemos

aproveitar para que sexa un tempo produtivo?, como

superamos o aburrimento no que podemos chegar a

caer? Dende o Departamento de Orientación

pensamos en propoñervos algunhas opcións de ocio.

O lecer é tempo para facer outras actividades

distintas ás habituais, desenvolver outros campos

distintos da persoa: a amizade, a cultura, as afeccións.

Polo tanto, unha idea que temos que ter clara é que

estar ocioso non é estar sen facer nada, senón

dedicarnos a outras actividades que nos gustan,

fánnolo pasar ben, e ademais fórmannos.

Os pais e as nais deben ser conscientes que son

o modelo e referente para seus fillos. Gran parte

das condutas que se incorporan no fogar son a través

da imitación que fan os fillos dos pais e das nais. De

aí que teñen que ir por diante no aproveitamento do

tempo libre, a que o dedican ou se se quedan sen

facer nada fronte ao televisor, se teñen algún hobby,

se saben abrir novos campos de interese entre os que

lles rodean. Pola imitación que dixemos das condutas

dos pais e das nais polos fillos, é frecuente que as

afeccións dos proxenitores sexan moi parecidas ás

dos fillos/as, aínda que temos que respectar os

propios intereses que teñen estes. O máis importante

é fomentar o sentido lúdico da vida aproveitando as

vacacións como vía de escape contra as frustracións

do día a día. Saír da rutina é unha alternativa para

expresar o mellor de cada quen e compartir

momentos de calidade coa familia.

Tempo libre: xogar, facer deporte, bañarse…

As piscinas, campamentos, contacto coa natureza, paseos en bici,

patinete... deberían estar presentes segundo as posibilidades de cada

un/unha.

Deberes

Pola mañá, descansando as

fins de semana e durante

alomenos unha quincena.

52


CI GGUURR RR I AA

Saídas didácticas

Outras aprendizaxes

Pode dedicarse máis tempo a perfeccionar algún

deporte, aprender idiomas, desenvolver algunha

tarefa do fogar como cociñar, escribir…

Lectura

É bo momento para interesarse pola lectura.

Pódense levar libros da biblioteca do iinstituto ou da

municipal.

Viaxes

Se existe a posibilidade de saír de vacacións fóra do

lugar de residencia, é un momento privilexiado. Facer

visitas culturais e coñecer a historia do lugar.

Videoxogos e televisión

Os videoxogos e a televisión non teñen por que

estar excluídos, incluso se lle pode dedicar máis

tempo sempre que non sexa a actividade exclusiva.

Convivencia

É o momento de pasar tempo xuntos, falar, xogar,

facer actividades cotiás coa familia, convivir con

outros parentes.

Rutinas

Sería recomendable ter certas rutinas no día a día,

como a hora de levantarse e deitarse aínda que se

sexa máis flexible e respectar as horas das comidas.

53


CI GGUURR RR I AA

Pasatempos

SUDOKU SAMURAI

AS 7 DIFERENZAS

54


CI GGUURR RR I AA

Saídas didácticas

LABIRINTO TUBULAR

55