REVISTA 2019-CURTA

jurafelo

Xuño de 2019

DIFUSIÓN GRATUITA

ORBALLO

XORNAL DO CEE A BARCIA

Todos somos diferentes

Todos somos especiais

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA


EDITORIAL

Saúdo

Presentamos un novo número da revista escolar ORBALLO do

C. E. E. A Barcia. Queremos presentar aquí un resumo de todo

o acontecido ao longo do curso escolar no noso querido colexio:

as festas, as celebracións, o día a día nas aulas, as visitas, as

saídas didácticas, os intercambios, as representacións teatrais,

algúns consellos tamén, ...

Esta revista é máis que nunca o resultado da colaboración de

todos os compoñentes da comunidade educativa, coa súa

aportación de ideas diferentes para a súa edición, participando

coa súa presencia nas imaxes e incluso tamén por primeira vez

na maquetación e deseño xeral da revista.

O CEE A Barcia continúa adoptando últimas novas tecnoloxías

e recursos adaptados ás características do noso alumnado.

Continuamos renovándonos continuamente tanto dende o punto

de vista da formación do profesorado, como na mellora e a

optimación do espazo e dos recursos didácticos e asistenciais.

Os profesores do colexio queremos proporcionar ao noso

alumnado actividades e tarefas motivadoras, novos materiais,

novos libros e metas renovadas. Traballamos a igualdade de

xénero, a solidaridade, o coidado do medio ambiente, a boa

convivencia e o respecto entre todos os membros da

comunidade educativa.

Xa estamos á porta dunhas novas vacacións para o alumnado,

para o profesorado e demáis compoñentes da comunidade

educativa.

Por último dedicar á toda comunidade educativa do

C.E.E. A Barcia unhas felices vacacións e que o verán e o

merecido descanso anual nos serva a todos para voltar en

setembro coas pilas recargadas.

Agradecemos que adiquedes unha parte do voso valioso

tempo a observar a revista escolar. O noso maior desexo e

complacervos.

CEE A Barcia

1


TÁBOA DE CONTIDOS

12 DÍA DOS ANIMAIS

13 TERAPIA CANINA

14 AULA 3 E 5

16 AULA 7

17 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

18

ACTUACIÓN DO CONSERVATORIO DE

MÚSICA DE SANTIAGO

19 LINGUA GALEGA

21 AULA 9

22 AULA 10

23 O MAGOSTO

25 O SAMAÍN

27 DÍA DA PAZ

03

29 AULA 11 E 12

AULA 1

05 AULA 2

06 ENTROIDO

08 AULA 4

09

10

COIDAMOS OS NOSOS ESPAZOS

UN RINCÓN ECOLÓXICO

11 CONTACONTOS CON LUZ NEGRA

31

33

35

38

40

42

UN ANO DE MOBILIDADE

ALIMENTACIÓN SEGURA

UN ANO DE EXPERIENCIAS

MARABILLOSAS

COIDAMOS O NOSO PATIO

AULA DE ESTIMULACIÓN

MULTISENSORIAL

NOS DESPEDIMOS DE TRES ALUMNOS

2


Xogar e imaxinar

Durante este ano a aula 1, composta

polos alumnos Adrián e Irene,

dedicámonos a xogar e imaxinar. Ao

comezo do curso vivimos nun castelo

encantado con pantasmas e monstros.

Voamos en vasoira á beira da lúa chea

e inventamos apócemas máxicas

secretas.

O máis importante é que o pasamos xenial e o

mellor de todo é que fomos os gañadores do

concurso do noso reino.

En Nadal pasamos a mañá moi nervosos esperando a

chegada dos Reis Magos e Papá Noel. Mentres tanto

escoitamos panxoliñas, puxemos contos de Nadal e fixemos

postais para as nosas familias e amigos/as.

A media mañá, alguén petou

fortemente na porta da aula.

Chegara o momento, alí

estaban os Reis Magos e

Papá Noel cun saco cheo de

sorpresas. Repartiron un

agasallo para cada un e

festexámolo todos xuntos.

3

7


Xogar e imaxinar

Outra gran alegría foi a visita durante todo o ano dun novo amigo, Bosco. Un can ao que

puidemos coñecer moi ben e que nos ensinou moitísimas cousas. Xogamos con el, paseámolo,

acariciámolo e pasamos grandes momentos xuntos.

Tamén tivemos tempo para crear as nosas propias obras de

arte e colgalas na mellor galería do mundo.

Pero sobre todo encantounos

saír de excursión fóra da

escola e pasalo xenial co

resto dos nosos compañeiros

e compañeiras. Fomos ao

teatro, á discoteca, fixemos

festa de disfraces e

conducimos cars. Está claro

que este ano pasámolo en

grande.

4

7


A maiores, tivemos que comezar

case que da nada

Neste presente curso 2018-2019

comezamos a camiñar coa nosa nova

aula. Ao comezar o traballo, alá polo

mes de setembro, costounos un

pouquiño iniciar esta nova andaina.

Tivemos que adaptar espazos

materiais pero axina fomos quen de

crear un bó ambiente na aula. A

maiores, tivemos que comezar case

que da nada xa que, por uns motivos

ou por outros, era como si

acabásemos de chegar ao centro.

Co apoio das mestras e mestres, das coidadoras

e coidadores, das educadoras e educadores e do

resto do alumnado puidemos ir facendo o noso

traballo. Nas imaxes vese como traballamos na

aula: encaixamos pezas de crebacabezas,

pintamos, xogamos coa computadora e ata nos

quedou tempo para divertirnos coa canastra que

temos na parede.

Cara ao vindeiro curso, de seguro que imos seguir

traballando así de ben e como xa temos

experiencia, o resultados van ser moito mellores.

5

7


Celebramos esta festa no colexio como tódolos anos. Facemos festa rachada con moita diversión,

moita alegría e risas. Pintámonos en talleres de maquillaxe nos que colaboramos todos: os alumnos e

os profesores. Tamén nos disfrazamos para ver si así alquén non nos recoñece.

6


7

7


Neste curso a aula 4 pasouno xenial cociñando no apartamento do cole.

Aprendemos unha chea de cousas: como ulen certos alimentos, como saben

sós e acompañados, batemos, mesturamos, tamizamos, enfornamos, comemos

e sobre todo desfrutamos.

Fixemos moitas receitas, e levámolas á casa para q as nosas familias poidesen

saborear os saborosos doces q fixemos: biscoitos, galletas de diferentes

sabores e cores, ata un brownie fixemos! Esperamos repetir o vindeiro curso,

para seguir aprendendo unha chea de cousas e... para seguir pasándoo tan

ben!!

8

7


Te m o s va r i a s z o n a s d o n d e c u l t i va m o s p l a n t a s

hortícolas. Temos un invernadoiro con leitugas,

pementos de padrón e amorodos. O invernadoiro é a

nosa parcela máis productiva, xa que obtemos verduras

para as ensaladas e amorodos para os postres. Pero

este ano como novidade temos unhas xardineiras na

zona da terraza norte, nas cales cultivamos unha

variedade maior de hortícolas: espinacas, acelgas,

porros, cebolas e outras plantas medicinais. A

produción comenzou un pouco tarde, pero vai de

maravilla.

9

7


O gabinete de Logopedia 2 do profesor Javier conta cunha

terraza exterior, na cal hai un espazo habilitado como rincón

ecolóxico. Este rincón consta dun viveiro de enraizado de

plantas, unhas casiñas para paxaros feitas de madeira coloreada,

uns comedeiros que son diariamente visitados por varias especies

de paxaros (paporroibo, ferreiriño abelleiro, pega, merlo,

gorrión…), un baño con auga fresca e unha maceta cun castiñeiro

pequeno. O propósito do rincón ecolóxico é darlle ao gabinete de

logopedia unha función máis ampla, na que os alumnos abran o

seu espírito a novos retos como son: o disfrute e o coidado diario

da natureza, das plantas e os animais. Hai que dicir que os

obxectivos do rincón ecolóxico están totalmente conseguidos: os

nenos ven os paxaros achegarse a comer nos comedeiros e

coñecen os seus nomes. Tamén desfrutan coas rutinas diarias de

coidado das plantas, comedeiros e o baño dos paxaros.

Evidentemente ao mesmo tempo que o facemos falamos sobre elo,

sendo un tema de conversación máis. Un tema que ademáis está

de actualidade e é moderno.

10

7


Tivemos este ano no colexio unha sesión de teatro de monicreques realizada

a escuras e ilumnada coa luz negra. Desta maneira destacan enormemente

os personaxes dentro dun ambiente ás escuras, no cal adquiren predominio

absoluto e dirixen a atención do público inevitablemente ao que ocorre no

escenario, debido a ausencia de outros estímulos exteriores. Pensamos que

as actividades coa luz negra van a ter un largo percorrido no noso colexio no

futuro. Imos explorar con futuras actividades un medio pouco frecuentado

nos ámbitos escolares.

Pensamos que as actividades coa luz

negra van a ter un largo percorrido no

noso colexio

11

7


O 4 de outubro celebramos o día dos animais. Gustounos recordar a

todos este día colocando adornos e murais na entrada do noso centro

escolar. Moitos nenos teñen como mellor amigo unha mascota: unha

tartaruga, un can, un gato ou un canario. Este día é importante para

recordar que neste mundo estamos acompañados, que non estamos os

humanos sós. Polo tanto temos que ser conscientes de conservar os

hábitats naturais nos que os nosos queridos animais viven, para deixarlles

o espacio vital que necesitan nos seus ecosistemas. Recordamos tamén o

problema dos plásticos nos mares, que son unha crecente ameaza para

todos os seres vivos mariños.

Temos que ser conscientes de conservar

Os hábitats naturais nos que os nosos

queridos animais viven.

12

7


Terapia canina

13

7


Nos somos Barcianos, e tí?

E TI?

O curso escolar 18/19 remata e o alumnado do 3º nivel

quere facervos unha pregunta. Nos somos Barcianos, e ti?

A palabra “Barciano/a” foi definida como un adxectivo

para referirse a aquela persoa única e especial, que lle

gusta traballar en equipo, moi festeira, riseiro e con moita

pillería.

Unha persoa con iniciativa… que buscamos unha

palabra relacionada coa Paz que empeza por “z” e non

a atopamos? pois creámola, “ZOJIFA”. Que queremos

unha mascota con carisma? Pois tamén a creamos,

“OCEFULEA”. Que queremos traballar o ciclo da

auga? Pois inventamos e debuxamos un conto “As

aventuras das 5 gotiñas”.

persoa única e especial, que lle gusta

traballar en equipo, moi festeira, riseiro e

con moita pillería.

Unha persoa a que non lle importa expresar as

súas emocións e sentimentos… “Os medos da

Barcia”, “As palabras das emocións”, “A

fábrica de bicos”, “Eu teño a alguén no meu

corazón”, “A palabra máis bonita do mundo”…

14

7


Nos somos Barcianos, e tí?

Unha persoa que se quere facer oír “La Voz

de la Barcia” e o Blog “Cada día é especial”, e

a que lle gusta estar informado “Prensa-

Escola”.

Persoa que se quere facer oír

Unha persoa responsable co medio ambiente, que

lle gusta a reciclaxe, cultivar no “Invernadoiro” o

que come e que é un peón responsable seguindo as

regras da “Educación viaria”.

Unha persoa sen vergoña, a quen lle gusta cantar,

facer vídeos, saír nas fotos, disfrazarse, pintar a

cara, actuar…

Unha persoa que lle gusta ler (“apadriñamento

lector, “préstamo de libros”, Mochilas viaxeiras…).

Unha persoa a que lle gusta saír cos

amigos (“Discoteca”, “Martes”…).

Unha persoa cun bo dente! (“Filloas”,

“Orellas”, “Obradoiro de cociña”…).

Unha persoa moi fachendosa da súa orixe

e cultura (“Letras Galegas”, “Maio”, “Por

que Galicia é única?”, “Samaín”,

“Entroido”, “Nadal”… )e concienciada

coa sociedade (“8 de marzo”).

A QUE TI TAMÉN QUERES SER

BARCIANO?

15

7


Os máis festeiros do cole

Como podedes comprobar aos nenos e

nenas da aula 7 gústannos moito as

festas e as excursións. Se nos deixan

estamos todo o día de troula!!!!!!!!!.

Aínda que cando a profe manda traballar,

poñémonos mans á obra e sabemos facelo

moi, pero que moi ben.

Proba diso son algúns dos traballos que fixemos durante este curso

(murais, manualidades, rutinas coas axendas individuais, un

proxecto sobre o

mar e moitas cousas máis).

Dende aquí queremos facer unha mención especial a

Alejandra, que este ano márchase para outro cole.

Que teñas moita sorte compañeira!!!!. Botarémoste

de menos!!!!

16

7


Celebramos esta data con moito interese por coñecer as

mulleres pioneiras na nosa cultura galega. Cada titor

elexíu unha muller importante da nosa Historia de

Galicia. Nas aulas fixeron un bonito cartel. Logo

pegáronse estes carteis no escenario do salón de actos

e cada profesor explicóu a muller que el elexiu: a súa

importancia, os motivos da elección e a súa particular

historia. Foi un día divertido no que aprendemos moito.

17

7


O grupo musical do Conservatorio de música

de Santiago veu darnos un recital musical

interactivo. Pareceunos unha actividade

musical extraordinaria e estamos desexando

que nos volvan visitar para deleitarnos cunha

nova actuación. É unha actividade na que os

nenos e os maiores desfrutamos enormemente

actuando conxuntamente cos músicos. Con

moitos recursos manuais e visuais fixéronnos

participar a todos ao mesmo tempo que

desfrutábamos da súa música.

18

7


Día das Letras Galegas

Un ano máis chega o día 17 de maio adicado en Galicia ás Letras Galegas. Este ano adicouse a Antón

Fraguas, que foi un coñecido escritor, historiador, etnógrafo e antropólogo de ideoloxía galeguista.

No colexio fixemos dez carteis sobre a súa vida e obras e unha unidade didáctica para traballar nas

aulas. O día das Letras Galegas pegamos estes carteis no fondo do decorado do escenario e

explicamos a vida do autos. A continuación tivemos unha obra de teatro de monicreques con luz

negra. María leu o conto orixinal “Un haiku e un xoguete” e o profesor Javier ensinou os xoguetes

reciclados aos nenos. Era digno de ver as caras dos nenos vendo os xoguetes cun enorme sorriso e

os ollos brilantes cheos de increculidade e ledicia. Logo Marta cantou unha canción coa sua voz

privilexiada e rematamos co profesor de música Carlos que con un grupo de alumnos nos deleitou

cunha canción. Finalmente Carlos tocou varias composicións musicais típicas galegas coa gaita e

comenzamos a celebrar o maio.

19

7


Día das Letras Galegas

20

7


José Poncelas

Baixo o feitizo da

ledicia

Alumnos/as da Aula 9

Feiticeiros creadores de pócimas

Na aula Nº 9 sempre tivemos presente que a creatividade e a imaxinación

son fundamentais para o día a día. Imaxinación para crear feitizos que

facilitan o éxito nas tarefas, para que as horas de pracer e lecer sexan

interminables e sobre todo para ser felices. Na aula forxáronse apócemas

para Halloween e para o entroido, feitizos para adquirir a lectura por

métodos analíticos que rompían as leis da alquimia, guisos de creatividade

para madurar o autocontrol, a comunicación, a cooperación, a

curiosidade, a confianza en si mesmo e, sobre todo a felicidade.

Adriá Pijuán

Elaborando unha

apócima

Lluc Roselló

21

7


Na Aula 10 Fomentamos a amizade e o traballo en equipo.

22


Como todos os anos celebramos o magosto. É unha festa na

que nos reunimos todos no patio escolar, asamos castañas e

logo comémolas entre todos. É unha festa de celebración do

cambio de estación, da chegada do frío e o cambio da paisaxe.

Fixemos recipientes artesanais nas aulas para cada un dos

alumnos, nos que teñen que recoller as castañas asadas para a

continuación comelas cómodamente. Tamén fixemos

obradoiros diversos con xogos, maquillaxe, obradoiro de

fotografía, etc.

23

7


24


25

7


26


Non hai nada mellor que celebrar a paz. Ë

algo tan normal, algo de todos os días. Qué

ben que o celebremos no colexio todos

xuntos. Falamos de aquilo que é bo para

facer un mundo mellor. Desta maneira

comprendemos a forma de ser un pouco

mellores no futuro.

27

7


28

7


Terapia canina

Así de ben traballamos os nenos das aulas 11 e 12 cós

nosos amigos Bosco, Pot e Venus, os cans da Asociación

Candamín que nos visitan os venres. Só temos que coller

os pulsadores, darlle con forza e pedir “ven”.

29

7


Traballo cós pulsadores

Tamén traballamos cos pulsadores nos proxectos e

actividades que van saindo nas nosas aulas: os saúdos que

facemos a primeira hora da mañá, o conto do señor Ramón e

a señora Ramona, o traballo das emocións…

30


A Aula 1 e 2 compartiron piscina e horario

para poder gozar ao máximo da instalación.

Este ano desde Educación Física procurouse a

maior dispoñibilidade motriz para o noso alumnado,

por iso variouse bastante a metodoloxía e os

espazos a usar coas nenas e nenos do centro.

Usamos bastante a piscina, xa que é un medio que

estimula moito as súas capacidades e xuntamos

aulas para poder exprimir ao máximo o tempo de

desfrute no medio acuático. Tamén prescindimos

do uso da aulas nas clases de abaixo, para poder

sacarlle o máximo partido ao ximnasio, e o material

que ofrece. Os maiores non pararon de bailar e

suar na ludoteca, co novo xogo de baile. En xeral

foron un éxito as novas situacións formuladas.

Estas nenas si que disfrutan na auga. Non

perdoan non asistir nin un só día. Felicidade

ao cadrado.

Durante o 2º trimestre a aula 3 disfrutou das

novas tecnoloxías na ludoteca do centro.

Xogando todas xuntas e

xuntos aprendemos máis e

mellor. Como nos gusta a

piscina de bolas!

31


A aula 7 tamén combinou as clases no ximnasio

e na piscina e vaia se as disfrutaron.

Este ano baixamos a aula 9 ao ximnasio e

menudo éxito de participación. Como

traballaron!

As nenas desta aula xa son veteranas no

ximnasio e móvense con moita soltura!

Este ano no ximnasio puidemos inventar xogos novos e experimentar fóra da

cadeira. Tamén realizamos xogos nas cadeiras, como circuítos, ou lanzamentos

na rampa, que divertido!

Un ano marabilloso que agardamos repetir ou mellorar nos vindeiros cursos.

Grazas a todas/os.

32


A disfaxia ou dificultade para deglutir ou tragar (paso da comida da boca

ao estómago) é un problema moi frecuente nas persoas con parálise

cerebral e discapacidades afíns. Esta alteración provoca unha diminución

na capacidade de alimentarse e hidratarse de forma axeitada, podendo

aparecer desnutrición, deshidratación e falta de seguridade na deglución,

con perigo de que se produza paso de alimentos ás vías respiratorias

(atragantamentos) e neumonías por aspiración.

Para unha alimentación segura, debemos considerar tres elementos chave:

-Tipo de alimento: líquido, papilla, enteiro

• Fraccionar a alimentación, entregar porcións reducidas en tamaño.

• Adaptar a textura dos alimentos para facilitar a súa masticación.

• Que o alimento forme unha masa suave e homoxénea sen grumos e evitar

texturas onde se mesture o líquido co sólido.

• Encher a culler con alimento só ata a metade.

• Empregar líquidos espesos e espesar os líquidos claros (auga, caldo,

infusións...).

• Beber a miúdo en lugar de consumir grandes cantidades dunha vez.

- Utensilio de alimentación a usar:

• Culler metálica pequena, que non sexa máis grande que a lingua.

• Caso de presenza de mordida tónica débese utilizar unha culler de plástico

resistente.

• Culler adaptada naqueles que teñan as competencias físicas para utilizala.

. -Postura durante o proceso de alimentación:

• Cabeza, tronco e pelve aliñados.

• Tripla flexión de membros inferiores (sentado con cadeiras, xeonllos e nocellos

en 90°).

• Brazos apoiados sobre unha mesa ou unha bandexa con escotadura.

• Pés apoiados sobre unha superficie firme.

• Ton postural o máis normalizado posible.

• Axudar utilizando técnicas de control motor oral para favorecer o peche

bilabial.

33


O tempo que se destine á alimentación debe

durar entre 20 a 30 minutos de media,

procurándose ademáis un ambiente tranquilo

e grato.

Posición correcta para comer

Cabeza en extensión facilita a aspiración

Dar de comer, posición correcta

De abaixo hacia arriba e de frente

Control oral frontal

Control oral lateral

34


Este curso 2018-19 resultou moi produtivo para o noso alumnado en todos os ámbitos, tamén nas

actividades complementarias e extraescolares formuladas dende o equipo. A diferenza doutros

cursos, este ano diversificamos celebracións entre os diferentes equipos e o resultado non puido ser

máis produtivo, con gran coordinación entre todo o persoal do centro, e o mellor de todo ver a cara

de felicidade do noso alumnado, iso non ten prezo.

Comezamos o ano celebrando o magosto, despois o Samaín, onde papamos moitas castañas.

Tamén gozamos de diversos xogos populares

nos que o pasamos xenial!

Outro ano máis desfrutamos da visita ao

centro da Policía Local de Santiago, e este

ano puidemos facer un percorrido desde os

35

Coidadiño que agora sí que estamos

ben equipados!


A chegada do Nadal trouxo consigo un

fabuloso festival, cheo de momentos emotivos.

E como non da visita máis agardada no

centro: Os Reis Magos , Noel e o Apalpador!

O ano novo veu con mal tempo, pero non nos

impediu poder celebrar o día da PAZ, e o Día

da non Violencia, con mensaxes moi claros.

36


Outras das datas marcadas no calendario

para as nosas nenas e nenos é o Entroido.

Días de festa e bo comer que soubemos

aproveitar. Visita á discoteca, festa no

colexio,...

Contamos coa colaboración de diversos organismos,

empresas, entidades, que fixeron deste curso un ano moi

especial, con visitas, hinchables, actuacións,...

Pero non só o pasamos xenial nas saídas,

senón que tamén nos viñeron a visitar ao

centro e ofrecernos espectáculos que nos

deixaron abraiados.

37


PLANTAMOS CASTIÑEIROS NO

PATIO ESCOLAR

Este curso decidimos plantar varios castiñeiros no patio do recreo. Alí temos unha zona de terra con

céspede, na que xa había varias árbores. Foi unha idea do EDLG. Pareceunos a todos moi boa idea

por varios motivos: gústannos as árbores, axudamos a mellorar o medio ambiente, pasamos un bo

anaco. Por outra parte os alumnos aprenden a amar e coidar da natureza. Tamén queremos ter

castañas nos outonos no noso propio patio. Xa estamos pensando en ir a apañalas nos outonos

vindeiros, abrir os ourizos cos pés e asalas despois. Estes castiñeiros darannos unha deliciosa

sombra nos días quentes da primavera, algo que necesitamos moito.

38


39

Pintamos o valado do patio


Esta é a aula de estimulación multisensorial. Nela, coa axuda da mestra,

sinto o meu corpo e conecto coa realidade a través dos meus sentidos.

Dous anacos de vinte cinco minutos á semana é o que podo desfrutar

da experiencia, iso sí, é intensa e individual: teño toda a atención do

adulto ao meu carón, e iso gústame moitísimo.

Nesta aula escura aparecen, como por arte de maxia,

luces que se moven, que cambian de cor, que

recorren o meu corpo ou se activan cos sons… E, de

seguido, poño toda a miña atención no que acontece

para no perderme detalle nesta festa do sentidos.

Coma normalmente sento nunha cadeira de rodas, o

meu corpo necesita estirarse. Precisa dun cambio

postural que me permita estar aberto aos estimulos

que me regala este entorno. É por iso que, despois de

quitar os zapatos, a mestra colócame na cama de

auga, no colchón vibratorio ou no puff posicional.

40


Na cama de auga, as veces a mestra conta

historias de barcos e tempestades; outras,

simplemente escoitamos a música

abaneándonos ao ritmo da mesma. Así,

experimento distintos momentos e posicións do

corpo. Tamén sinto a calor da auga movéndose

debaixo do meu corpo e iso é moi relaxante.

Esta sala sempre está quentiña, podo oir e

sentir o aire quente do calefactor incensante,

envolvendo o ambiente. Tamén cheiro o seu

olor, e identifico ao instante o lugar onde me

atopo: arrecende a colonia de bebé.

Unha vez que me atopo cómodo/a e con toda a

miña atención activada, a mestra faime sentir todo

o meu corpo a través de masaxes, mobilizacións e

contactos suaves. É moi agradable e divertido o

sentido do tacto nas mans, nos pés, nos brazos,

nas pernas, no tronco. O meu corpo é marabilloso!

Nesta sala tampouco falta a música con sons agradables que exploramos a través de instrumentos:

piano, acordeón, frauta, maracas, tambor, axoúxeres,… Tamén a través da voz e audicións de

música clásica e relaxante. A música convértese nun modo máxico de comunicación e atención

compartida coa mestra. É dedir, conectámonos a través da música e eu expreso as miñas emocións

con ela.

41


Este ano deixan o colexio Alejandra, José e Rubén. Eles terminan unha etapa de estudos e dan paso

a un novo período das súas vidas.

Deixan o que xa coñecen. Deixan amigos de moitos anos, para percorrer un camiño descoñecido para

eles, e para coñecer novas xentes. Animávonos a tomar o futuro con confianza e con ilusión.

Animávonos a ter sempre unha actitude positiva. Esperamos ocupar sempre un lugar no voso

recordo, no voso corazón. Nós traballamos sempre pensando en aquilo que é mellor para vós.

O mellor da vida está no tempo compartido cos amigos, con todas as pequenas cousas. A vida non é

tan complicada.

Podedes estar seguros de que aquí tedes grandes amigos nos que podedes sempre confiar e que se

acordan de vós. Desexamos que todo o que aprendéstedes no centro escolar vos sexa útil no futuro.

Dámosvos unha forte aperta e vos desexámosvos sempre o mellor.

42

Similar magazines