9 Escapadas - Lugo Terra

lugoterra.com

9 Escapadas - Lugo Terra

De Ribadeo a Viveiro

De Mondoñedo a Vilalba

De Guitiriz a Outeiro de Rei

Lugo

De Becerreá a Piornedo

de todo natural

O Caurel

A Ribeira Sacra

A Fonsagrada

O Camiño de Santiago

Gastronomía

9 escapadas

Unha xanela ao Cantábrico

Viaxe ao pasado

Arte e natureza

Unha de romanos

Unha historia de amor e alta montaña

de todo natural

Natureza máxica para sendeiristas

Enoturismo no paraíso

Universo da auga

O Camiño

Para comer Lugo


Ría do Eo. Ribadeo

Unha xanela ao Cantábrico

De Ribadeo

a Viveiro

Comezamos en Ribadeo, vila cun importante

pasado comercial ligado ao seu porto, e do que

dan conta edificios emblemáticos como o Pazo

de Ibáñez, actual casa do concello, e outros de arquitectura

indiana como a Torre dos Moreno, que nos falan

de tempos nos que nesta vila facíanse os grandes

negocios internacionais de importación-exportación:

era a época da Ilustración Galega. Un paseo polo casco

histórico de Ribadeo, debería rematar na Atalaia,

próxima ao castelo de San Damián, que defendía a ría;

alí podemos visitar o Cargadeiro e os restos da antiga

estación onde chegaban os trens co mineral de ferro

procedente dos fornos da Pontenova.

Saíndo pola N-642 en dirección Barreiros, despois de

tomar un desvío, atoparemos a famosa Praia das Catedrais,

espectacular polas formacións rochosas que

o mar foi labrando. Asegúrense, cando programen a

viaxe, de que a marea está baixa (consultar horario

de mareas no xornal ou en www.meteogalicia.es)

para poder percorrer a praia na súa totalidade.

Podemos continuar a viaxe pola estrada paralela á

costa para disfrutar da beleza das praias ata Barreiros,

e saír de novo á estrada N-642 que nos leva a Foz.

A só 4 km. desta vila mariñeira, cara ó interior, non deben

esquecerse de visitar a catedral de San Martiño, a

primeira construída en España e antiga sé da diocese

de Mondoñedo, que conserva singulares elementos

románicos e prerrománicos.

Collendo a estrada de novo cara a Burela, visitamos o Castro

de Fazouro, aínda no concello de Foz, singular xacemento

por estar literalmente colgado sobre o mar. Burela, importante

porto pesqueiro do Cantábrico, chama a nosa atención

pola numerosa flota boniteira. No Barco Museo, situado no

peirao, unha visita guiada amosa a dura vida e o traballo

dos mariñeiros

Moi preto de Burela, no concello de Cervo, está Sargadelos,

onde se elabora a famosa cerámica galega. Ibañez,

Marqués de Sargadelos, fundou o complexo no 1791, nun

principio siderúrxico, e posteriormente fábrica de cerámica.

Sargadelos ofrece visitas guiadas á planta de produción.

Recomendámoslle tamén un paseo polo conxunto histórico

da antiga siderurxia e o Museo de Sargadelos.

Marqués de Sargadelos Ribadeo

Centro histórico de Viveiro

No mesmo concello de Cervo, en dirección a Viveiro, en San

Cibrao, o Museo do Mar exhibe pezas, fotografías e maquetas.

Esta exposición testemuña o pasado de todo un pobo adicado

ao traballo da pesca e moi vencellado á caza da balea.

A ruta pode continuar pola estrada C-642, cara a Viveiro.

Esta fermosa cidade posúe un importante e ben conservado

casco histórico, no que destacan a porta de Carlos V, casa

dos Leóns, Praza Maior, ponte da Misericordia, fachadas

coas tradicionais galerías, así como a Igrexa conventual de

San Francisco, igrexa de Santa María do Campo e Convento

das Concepcionistas.

Pola C-642 continuamos a O Vicedo, entre as rías do Barqueiro

e a de Viveiro, con fermosas e tranquilas praias, limitando

coa provincia da Coruña.

Ribadeo

Praia das San Martiño Castro de

Catedrais de Mondoñedo Fazouro

Burela Sargadelos

Viveiro

Praia das Catedrais


Museo catedralicio. Mondoñedo

Viaxe ao pasado

De Mondoñedo

a Vilalba

O

primeiro punto de visita obrigada é Mondoñedo,

cidade monumental cun grande legado

histórico e cultural. Bastión do mariscal Pardo

de Cela, e berce de ilustres persoeiros como Alvaro

Cunqueiro, aquí atópase unha fermosa Catedral románica.

No seu interior, o valioso Museo Catedralicio

de Arte Sacro, un dos máis importantes de España e

un lugar realmente máxico para os amantes da arte

e do misterio que os transportará sen esforzo á Idade

Media. As rúas do casco histórico gardan interesantes

tesouros arquitectónicos, e a tradición artesanal e

oleira conserva o seu pulo no Barrio dos Muíños. Asemade,

non podemos deixar esta localidade sen probar

a famosa Torta de Mondoñedo.

De Mondoñedo, saímos pola N-634 en dirección a

Abadín, onde tomamos o desvío cara a Moncelos, e

desde alí á C-120 para visitar Meira, nun traxecto que

dura uns escasos 45 minutos, e que atravesa o corazón

da Terra Chá lucense. De Meira destacan o seu mosteiro

cisterciense e a Igrexa de Santa María. Se temos

tempo, podemos achegarnos ao Pedregal de Irimia,

en plena serra de Meira, para ver o nacemento do río

Miño.

Desde Meira partimos pola N-640 en dirección Lugo

onde, a poucos quilómetros, sitúanse o Museo e o

Castro de Viladonga, un dos mellores de Galicia, con

abondosa información da vida nos castros e onde os

pequenos terán a oportunidade de descubrir os segredos

dos castrexos.

Voltando á N-640, collemos o desvío cara á capitalidade

municipal de Castro de Rei, e de alí a Cospeito para visitar

a Lagoa, ecosistema natural pertencente á conca do río Támoga,

afluínte do Miño, cun habitat humido propicio para

a vida de numerosas aves migratorias. Este territorio está

incluído dentro da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

A 15 km. chegamos ao punto final do noso percorrido, Vilalba,

encrucillada de camiños, célebre polos seus produtos

gastronómicos como o capón ou o queixo de San Simón. A

historia vilalbesa estivo vencellada aos señores feudais de

Andrade; desta etapa queda a torre da homenaxe do seu

castelo, hoxe transformada en Parador de Turismo.

Vilalba conta tamén cun dos máis importantes museos arqueolóxicos

de Galicia.

Castro de Viladonga Meira

Mondoñedo Meira

Pedregal

Castro de

Lagoa de

de Irimia

Viladonga

Cospeito

Vilalba

Museu catedralicio. Mondoñedo


Arredores do balneario de Guitiriz

Arte e natureza

De Guitiriz

a Outeiro de Rei

As augas bicarbonatadas sulfuradas sódicas de

Guitiriz son estimulantes, desintoxicantes e

antinflamatorias. As abondosas árbores que

arrodean o Balneario ofrecen espazos moi axeitados

para o paseo, sen esquecer que tamén podemos practicar

o golf nas proximidades. Se deciden pasar aquí

unha fin de semana, recomendámoslle que non perda

a ocasión de facer as seguintes excursións:

Moi preto de Guitiriz (pola N-VI ou a autovía do Noroeste

en dirección Coruña), en Baamonde, está a Casa

Museo de Víctor Corral. Este afamado artista galego

recibiraos na súa casa, ofrecéndolles pasar un agradable

momento no xardín, poboado das súas esculturas,

e visitar o singular museo, no que o elemento máis

importante é o propio artista e o seu extenso bagaxe

de anécdotas.

Continuamos o camiño cara a Friol (N-VI ata Rábade

e despois a C-234), onde se atopa a Fortaleza de San

Paio de Narla que alberga un museo perfectamente

acondicionado con interesantísimas coleccións de

obxectos antigos, e no que se recrean espazos medievais

como a cociña, o salón principal, a galería exterior,

as cocheiras..., e todo perfectamente equipado

con mobles da época .

Para rematar o día, nada mellor que achegarse a

Outeiro de Rei (volta pola C-234 ata Friol e coller a

N-VI) para coñecer a olería de Bonxe e o Centro de

Interpretación Avifauna en Marcelle, que conta cunha

ampla colección de animais (especialmente de aves procedentes

dos cinco continentes).

Pero Outeiro de Rei aínda atesoura máis sorpresas e, se dispón

dunha fin de semana ou de máis días, merece a pena

que adique unha xornada enteira a este concello, no que

poderá achegarse ás Insuas do Miño, espazo incluído na

Reserva da Biosfera Terras de Miño.

A illa de maior tamaño é a Insua de San Roque. Esta illa

constitúe un área representativa dos humidais de A Terra

Chá e, xunto á Insua de Trabanca e á Insua de Santa Mariña

ou de Baixo, conforma as chamadas Insuas do Miño.

Citar tamén a Insua de Arriba ou de Seivane, na parroquia

de San Xoán de Parada, á que se accede doadamente a través

da ponte colgante situada na marxe dereita do río Miño.

Casa Museo de Víctor Corral

Ínsuas do Miño

Esta fermosa illa era prácticamente descoñecida, pois está

situada nunha zona na que o río Miño vai encaixado, e o

acceso á mesma era difícil.

Este dobre illamento favoreceu un bosque autóctono onde

especies como os carballos, o acivro e o freixo conviven en

harmonía

Museo da fortaleza de San Paio de Narla

Guitiriz

Casa Museo

Fortaleza de

Oleria de

de Víctor Corral San Paio de Narla Bonxe

Ínsuas do Miño

Outeiro de Rei


Vista nocturna de Lugo

Unha de romanos

Lugo

A

Muralla bimilenaria que arrodea todo o casco

histórico de Lugo capital, símbolo e identidade

de toda a cidade, pode ser un bo comezo para

visitar os lugares e vestixios do Imperio Romano en

Lucus Augusti. Podemos percorrela camiñando pola

parte superior.

Cun traxecto de 2.300 m., a muralla ofrece boas vistas

sobre a parte antiga pola parte interior, e da zona

máis moderna, pola parte exterior. Constitúe o recinto

defensivo da época mellor conservado do mundo e,

segundo a UNESCO, trátase dun exemplo único de

fortificación romana. Accedemos ao interior por unha

das dez portas que dan entrada á cidade: a Porta de

Santiago ou Porta do Postigo, que nos leva directamente

á Catedral, camiño do Museo provincial, onde

se exhibe a colección máis importante de Galicia de

torques castrexos, así como mosaicos romanos moi interesantes.

Na cidade de Lugo, cada vez que se escava

para construír algo novo, atópanse obxectos pertencentes

á Lucus romana. Por este motivo, existen varios

xacementos como o da rúa Dr. Castro nº 22, chamado

Casa dos Mosaicos, que amosa os restos, “in situ”, unha

“domus” do Imperio. Alí descubriremos que a calefacción

de chan radiante non é tan nova como parece.

No Centro Arqueolóxico de San Roque, nas inmediacións

da capela do mesmo nome, está emprazada

a necrópole dos suburbios da vella urbe. Saíndo do

centro e tomando a estrada N-VI en dirección Madrid,

ao pé do río, están as Termas romanas, incluídas na

actualidade dentro do recinto do Hotel Balneario. Tomar

un baño nas augas sulfurado-sódicas é un pracer que pode

acompañarse dun relaxante masaxe e, de paso, podemos

visitar as ruínas das termas, aínda que tamén podemos facelo

sen ser cliente do balneario.

Unha vez nas aforas da capital, é preciso achegarse a coñecer

unha das xoias da arte galaicorromana: Santa Eulalia

de Bóveda, a 14 km. de Lugo, saíndo pola estrada N-540 en

dirección Santiago, e tomando un desvío á dereita, 4 km.

despois de cruzar a ponte sobre o Miño. Santa Eulalia encerra

moitos misterios e incógnitas pois non está claro se

foi unha necrópole, un templo pagán de culto ás ninfas, ou

un balneario. O edificio foi posteriormente adaptado como

templo cristián, acollendo importantes pinturas murais datadas

no século IV, pero posúe moitos máis tesouros como

baixorrelevos na entrada ou o baptisterio central.

Termas de Lugo Sta. Eulalia de Bóveda

Muralla

Porta

de Santiago

Catedral

Museo

Provincial

Casa dos

Mosaicos

Centro Arqueol.

San Roque

Termas

Romanas

Sta. Eulalia

de Bóveda

Muralla de Lugo


Piornedo

Unha historia de amor e alta montaña

De Becerreá

a Piornedo

Encaixada entre vales e montañas, porta de entrada

á serra, comezamos a nosa andaina en Becerreá,

tomando primeiro a estrada LU-722 cara a Navia

de Suarna, e logo, ó chegar ó pobo de Liber, a LU-723

que baixa ás Pontes de Gatín. Aquí podemos facer unha

parada para ver a ponte románica sobre o río Navia do

que conta a lenda que en cada beira vivía un dos protagonistas

da seguinte historia :

Pediulle o home ao demo que construíra unha ponte

para poder ir ver á súa namorada, o demo concedeulle

o desexo pero, a cambio, díxolle que lle entregase o seu

primeiro fillo. Chegado o día, o home non tivo coraxe de

llo entregar e enganou ao demo entregándolle un gato

e a iso debe o nome esta ponte.

Continuamos pola estrada entre bosques de castiñeiros,

seguindo a canle do río Cancelada, e a uns 20 km.

atoparemos o Castelo de Doiras, de propiedade privada,

pero de entrada libre para o público. Este castelo é famoso

tamén por outra lenda: a da ”Muller cerva” : Aldara,

filla do nobre que vivía neste castelo, estaba a punto

de casar co fillo doutro nobre cando sen ningunha explicación

desapareceu. O seu irmán Egas acompañou

durante días e días ó namorado á procura da súa irmá,

sen poder atopala. Pasados os anos, Egas cazou unha

enorme cerva branca no bosque á que lle cortou unha

pata como trofeo. Ó chegar ó castelo descubriu que a

pata se convertera nunha fermosa man de muller que

portaba o anel e rubí que sempre levaba Aldara.

A orixe da fortaleza, cuxa torre da homenaxe érguese

impoñente ao pé das cumes máis altas da serra, é incerta.

As referencias máis antigas remóntanse ó século XV.

Saíndo de Doiras cara á esquerda, imos en dirección á Campa

da Braña, a só 12 km. Dende aquí, temos dúas alternativas:

Se continuamos subindo, chegamos ao Albergue dos Ancares

e á Aula de Natureza. Nesta instalación ofrecen información

útil da área e, desde aquí, parten numerosas rutas a pé pola

montaña, que conducen directamente aos puntos máis altos

da serra: a dos Tres Bispos, de dificultade media polos desniveis,

e con 6 km. de lonxitude; a do Vale de Brego e Cabanavella,

dificultade media e 10 km. de longo; a de Penarrubia, dificultade

media - alta con 12 km. de percorrido, e a de Campa

de Barreiro, de dificultade media e 10 km.

Todas elas discorren por áreas de grande riqueza natural con

numerosos bosques de acivros, bidueiros e carballos, piornos,

capudres e prados de montaña. Desde as cimas de Tres Bispos

e Penarrubia contemplamos claramente toda a serra de Ancares

coas gamas de cores e formas que ofrece a paisaxe.

Ponte Gatín

Castelo de Doiras

A variedade de fauna tamén é destacada co cervo, gato montés,

xineta, teixugo, garduña, pita do monte, así como multitude

de aves rapaces, entre outras especies.

A outra opción desde a Campa da Braña, é seguir cara a Piornedo

pola ruta das pallozas no concello de Cervantes; é unha

estrada sinuosa que nos deixa ver ao longo de prados e bosques

algunha que outra alvariza para protexer as colmeas dos

osos. Chegar ata aquí merece a pena, xa que non podemos

deixar de visitar o elemento construído máis característico

da montaña luguesa: as pallozas, construccións prerromanas

circulares, moi similares ás vivendas dos “castros”.

En Piornedo, moitas das pallozas particulares pódense visitar,

e ata contan cun Museo da Palloza. Entrar nunha delas

permite transportarse no tempo á vida das xentes da alta

montaña.

Asemade, aquí podemos mercar os productos típicos dos Ancares

coma o mel, ou os embutidos e derivados do porco.

Castelo de

Aula de

Becerreá Ponte Gatín

Tres Bispos

Doiras Natureza Ancares

Piornedo


Quiroga

Natureza máxica para sendeiristas

O Caurel

O

mellor punto de partida para visitar a Serra do

Caurel é Quiroga, coñecido xa en tempos romanos

pola súa riqueza aurífera, vestixios que

falan en Monte Furado e Mina da Toca. Aínda hoxe

extráese aceite de xeito artesanal en Bendilló e merece

a pena visitar os muíños – museo de aceite desta

localidade. O microclima de Quiroga permite tamén

o cultivo do viño, incluído hoxe dentro da Denominación

de Orixe da Ribeira Sacra.

En Quiroga tomamos a C-651 cara a Folgoso do Caurel,

no centro mesmo da serra. Dada a riqueza paisaxística

e a importante biodiversidade presente en toda

a área, recoméndase visitar a Devesa da Rogueira,

ecosistema único, onde carballos e faias conviven con

teixos e acivros nun hábitat con especies emblemáticas

como o oso pardo ou a pita do monte (urogallo).

Rutas de sendeirismo:

1ª ruta (dificultade baixa/ para principiantes ) : Debido

á dificultade da subida, podemos comezar a camiñar

dende o Alto do Couto, deixando alí previamente

o coche. Para chegar a este punto, temos que saír de

Seoane do Caurel, pasando polo camping e o castelo

de Carbedo ata chegar á cima. Dende a área recreativa

do alto do Couto, comezamos o descenso, que nos

levará polo lado dereito á lagoa de Lucenza, de orixe

glaciar, e polo esquerdo, ás Fontes do Cervo de augas

calcáreas e ferruxinosas.

2ª ruta (dificultade media – alta/ para camiñantes expertos):

Se optamos por saír andando dende Seoane, é interesante

visitar a Aula da Natureza de Moreda, xa que esta

ollada permitiranos apreciar mellor a riqueza botánica e de

fauna do entorno da Devesa, que en tan só 200 Ha. reúne

ecosistemas diversos con bosques de tipo mediterráneo de

aciñeiras, que alternan con fragas atlánticas de carballos e

faias, ata chegar á Fonte do Cervo. A dificultade da ruta ven

dada pola acusada pendente nun tramo corto, ó pasar dos

700m. de altura aos 1400, e son precisas cinco horas de camiño

para facer todo o percorrido.

Devesa da Rogueira

Quiroga

Val de Quiroga

Folgoso

do Caurel

Seoane

do Caurel

A Seara

3ª ruta (dificultade media - alta/ para camiñantes) : Entre

a aldea de A Seara e a lagoa glaciar de Lucenza esténdese

unha das rutas máis destacadas da serra. O traxecto conxuga

o atractivo da arquitectura tradicional, as paisaxes espectaculares

e algúns dos paraxes máis incribles da montaña

lucense. No ascenso, veremos fervenzas de enorme beleza

como a de o Fócaro e a de Navaregas. Unha vez acadada a

Lagoa, o camiño segue monte arriba ata os picos máis altos

do Caurel: Pía Paxaro e Formigueiros. Esta ruta ten un desnivel

duns 400 m., sendo o tempo requirido para a ida e a

volta, de dúas horas e media.

Lagoa de

Lucenza

Fervenzas do

Fócaro e Navaregas

Pía Paxaro Formigueiro

Alto do Couto Lagoa de Lucenza Fonte do Cervo

Aula Natureza Moreda Devesa da Rogueira Fonte do Cervo

Lagoa de Lucenza


Catamarán no rio Sil

Enoturismo no paraíso

Ribeira Sacra

A

Ribeira Sacra é dabondo coñecida polas súas

paisaxes espectaculares, en especial dos canóns

do Sil, unha zona onde as montañas encaixan

no río polo que se pode navegar en catamarán, constituíndo

unha das experiencias máis agradables da

visita a estas terras. Pero a Ribeira Sacra é moito máis

que paisaxe; hoxe en día, o viño desta denominación

de orixe goza dun amplo recoñecemento. As ladeiras

dos vales do Miño e do Sil posúen un microclima axeitado

para este cultivo, aínda que non é doado cultivar

en socalcos; o resultado é unha paisaxe sorprendente

que axuda a valorar na súa xusta medida o traballo dos

adegueiros desta zona. O Consello Regulador, xunto

cos adegueiros, están a facer unha gran labor para dar

a coñecer estes viños.

Quen queira practicar o chamado turismo enolóxico,

pode visitar as adegas para catar os caldos e incluso

nalgunhas degustar as xoias gastronómicas que ofrece

a zona.

O ideal para esta ruta é combinar patrimonio (en especial

o románico de Pantón) - natureza – viño e gastronomía.

As posibilidades son múltiples e recomendamos

ó viaxeiro que, antes de escoller a rota definitiva,

visite as oficinas de información turística de Monforte

de Lemos ou Sober, onde lle facilitarán toda a información

que precisa para chegar ós puntos de interese.

A Ribeira Sacra está surcada por un gran número de

pequenas estradas e camiños, non teña medo de perderse

neles, porque descubrirá paraxes inesquecibles.

A continuación suxerímoslle unha das moitas posibilidades:

Despois de visitar en Monforte a ben conservada Torre

da Homenaxe, xunto ó Parador de Turismo e ó impre-

sionante edificio dos Escolapios, saímos da cidade pola estrada

que nos leva a Sober, e a uns 4 km. entramos na parroquia

de Piñeira. Dende a praza do pobo, dirixímonos cara á

esquerda, tomando a estrada que nos leva a Gundivós, onde

poderemos asistir a unha demostración da elaboración artesanal

da cerámica negra, típica desa zona.

Voltamos a coller a mesma estrada en dirección a Sober; un

pouco antes de chegar a este lugar, atopamos un desvío á

esquerda que nos leva a Proendos onde paga a pena dar un

paseo xa que é un dos máis fermosos e mellor conservados

pobos da zona.

Saíndo do pobo cara á dereita, atopamos o cruzamento da

estrada Sober – Doade, o camiño da esquerda conduciranos

ós canóns do Sil e á zona de cultivo dos famosos viños de

Amandi. Pasados 4 km, comezamos a atopar, a ámbolos

dous lados da estrada algunhas das adegas acollidas á denominación

de orixe Ribeira Sacra, e 1 km., máis adiante, un

desvío cara á dereita condúcenos ó Miradoiro de Santiorxo.

Podemos dirixirnos despois a Vilachá e dende aquí seguir o

camiño ata Doade. Este é un bo sitio para visitar as adegas e

facer unha parada gastronómica. Moi preto deste pobo, atravesando

unha incrible paisaxe de viñedos descendendo cara

o río Sil, chegamos ó embarcadoiro de Doade, de onde saen

os catamaráns da Deputación de Lugo. Aquí atópase tamén

a ponte que une as provincias de Ourense e Lugo.

Adegas que se poden visitar:

Algueira (Francos; DoaDe; sober).

Regina Viarum (DoaDe; sober).

Casa Noguedo (santiorxo; sober).

Vía Romana (a ermiDa; belesar; chantaDa).

Adegas Mirador de

Monforte Sober Gundivós Proendos

Ribeira Sacra Santiorxo

Doade

Colexio dos Escolapios. Monforte

Lareu (FonDo Da Vila; sabaDelle; chantaDa).

Val de Quiroga ( n-120 qm 489, quiroga).

San José (sta. mariña De eiré; Pantón).

Casa Moreiras (san martín De xiós; Pantón).

Adegas que se poden visitar con cita previa:

Rectoral de Amandi (amanDi; sober).

Abadía da Cova (aV. De buenos aires, escairón).

No pobo de Vilachá na Pobra do Brollón, consérvanse as

antigas adegas, formando un conxunto que merece a pena

visitar; no verán, hai servicio de bar.


Universo da auga

A Fonsagrada

Na parte norte dos Ancares, limitando cos territorios

de Asturias e León, sitúase Navia de

Suarna. Esta pequena localidade, bañada

polas augas do río Navia, do que toma o seu nome,

conta cun importante castelo medieval, o do Conde

de Altamira que, xunto cunha Ponte de arco apuntado

da mesma época, conforman unha singular estampa

no entorno da serra dos Ancares.

Non podemos marchar sen probar as troitas, pescadas

nalgún dos numerosos coutos do río Navia, ou a

Androlla, o embutido máis característico desta área

montañosa

Pola estrada comarcal que nos leva á Fonsagrada, a 15

km. de Navia, está Lamas de Moreira, aldea enxebre

que conserva boa parte da arquitectura tradicional

da montaña como palleiras, horreos e vivendas. Un

pouco antes, en Moreira, ao pé da estrada, observaremos

un dos máis de corenta castros que se espallan

por toda a comarca.

Na Fonsagrada, situada a uns 30 km. de Navia de

Suarna, para coñecer a fondo a área pola que nos imos

a mover, cómpre visitar o Museo Comarcal, que conta

con seccións adicadas á arqueoloxía e á etnografía

destas terras, cunha importante tradición artesanal,

especialmente no traballo da madeira, a cerámica de

barro e a guarnicionería, oficios que aínda hoxe perviven.

Porén, a elaboración de navallas e coitelos na

ferrería da Porteliña, de zocas de madeira e cestería

están a piques de desaparecer. Dentro do Museo, hai

unha interesante colección de escultura de autores contemporáneos,

entre outros Manolo Paz, Paco Pestana, Basallo,

Moldes ou Vilalpol, relacionada coa etnografía.

A historia deste concello está ligada ao Camiño primitivo de

Santiago. Nese momento, A Fonsagrada, xunto coa veciña

Negueira de Muñiz, formaba o territorio nomeado A Pobra

de Burón. O Camiño, do que quedan restos como os do

Hospital de peregrinos de Montouto, entra na Fonsagrada

desde Asturias polo Alto do Acebo, e sae por Paradavella

cara ao Cádavo (Baleira). Neste tramo, existe un albergue

de peregrinos, concretamente a 2 km., en Padrón.

Outra das peculiaridades da Fonsagrada está no seu patrimonio

natural, do que destacamos as numerosas Seimeiras

(cascadas ou fervenzas), como as de Queixoiro ou a de Vilagocende.

Para admirar esta riqueza paisaxística, recomendamos

percorrer algunha das numerosas rutas de sendeiris-

Navia de

Suarna

Lamas de

Moreira

mo que parten desde a vila como a Ruta da Ferrería, a dos

Pintores, a de Tresvilar ou a do Camiño de Santiago.

Asemade, tomando a estrada C-740 en dirección á Pontenova,

á altura de Vilardíaz, desviamos cara a Carballido,

que conserva tres teixos centenarios. Desde alí, no territorio

situado entre os concellos de A Fonsagrada e Ribeira de

Piquín, atopamos a Fraga de Carballido, incluída na rede

Natura e de grande interese medioambiental.

A Fonsagrada Seimeiras

Navia de Suarna

Seimeira de Queixoiro

Fraga de

Carballido


Claustro no mosteiro de Samos

O Camiño

O camiño de

Santiago en Lugo

O

Camiño Francés a Compostela entra en Galicia

polo Cebreiro, atravesando a provincia de Lugo

ata Palas de Rei. Calquera das etapas que a continuación

se detallan, son unha boa maneira de achegarse

ó camiño para aqueles que, por algunha razón,

non dispoñen de tempo para facelo enteiro.

1ª Etapa: Do Cebreiro a Sarria. Distancia. 47 km.

Na aldea do Cebreiro destaca o conxunto formado

polo santuario de Santa María a Real, o máis antigo do

Camiño, e o edificio do vello hospital de peregrinos.

Dende aquí, e por un itinerario aberto ás serras dos

Ancares e O Courel, chegamos á Hospital da Condesa e

á aldea do Padornelo, onde se instalou a Orde de San

Xoán de Xerusalén, co obxectivo de atender e defender

aos peregrinos.

Logo de pasar o porto do Poio, comeza o descenso

cara a Fonfría e Triacastela.

Entre Triacastela e Sarria, o Mosteiro de Samos, un dos

máis antigos de Occidente, as súas orixes remóntanse

ao século VI. Nos seus arredores, sitúase a Capela do

Ciprés, así nomeada pola grande árbore que se ergue

ao seu carón e que supera os mil anos.

Xa en Sarria, desde a súa rúa Maior, pódese ver a única

torre conservada do castelo medieval da vila. Do

pasado medieval, subsisten a igrexa de San Salvador

e o convento da Madanela, antigo hospital de peregrinos.

2ª Etapa: De Sarria a Palas de Rei. Distancia: 48 km.

O Camiño entra no concello de Paradela e logo, descende

ata as ribeiras do río Miño. Para entrar na loca-

lidade de Portomarín, hai que cruzar a ponte do encoro de

Belesar. Malia que as mellores terras de viñedos desapareceron

coa construción desta obra, Portomarín segue a producir

un dos licores de augardente con máis sona de Galiza.

A través da aldea de Gonzar, o Camiño continúa cara a Castromaior,

Monterroso e Ligonde.

Inmediatamente despois, a ruta intérnase en terras do concello

de Palas de Rei, pasando preto do templo de Vilar de

Donas, antigo priorado da Orde de Santiago. Esta igrexa é

un dos exemplos máis singulares do románico galego vencellado

ao Camiño.

Regresando ao trazado da ruta xacobea, situámonos xa na

localidade de Palas de Rei, último punto do Camiño antes

de deixar o territorio lucense.

Información da Guía do Peregrino: www.xacobeo.es

Castelo de Pambre. Palas de Rei

Bono IACOBUS para aloxarse no camiño

O Bono Iacobus é un servizo turístico deseñado para o Camiño

de Santiago. Permite percorrer por etapas as distintas

vías históricas que conducen a Compostela, aloxándose

cada día nunha casa de turismo rural diferente. O prezo inclúe

o aloxamento, as ceas, os almorzos e os traslados en

coche desde os establecementos rurais ata o inicio e final de

cada etapa.Tamén é posible contratar como servizos opcionais

o picnic para o xantar do día, o traslado da equipaxe e o

aloxamento en Santiago de Compostela.

Tódalas casas de turismo rural que cooperan no Bono Iacobus

ofrecen nos seus aloxamentos unha acollida familiar e

unha gastronomía de calidade, e atópanse moi próximas

aos puntos de chegada de cada etapa. O Bono Iacobus pode

ser adquirido durante todo o ano, agás o mes de agosto e a

Semana Santa.

Para máis información, pode chamar ao 902 200 432 ou enviar

un correo electrónico a: cir.turgalicia@xunta.es

Cebreiro Sarria

Vilar de Palas de Rei

Padornelo Samos

Portomarín Gonzar Monterroso Ligonde Donas

Portomarín


Da Auga

A costa lucense prové ós restaurantes e mercados de excelentes

peixes e mariscos, entre os que destacan as lagostas

de Burela, as preferidas de Cunqueiro, do norte son tamén

as grandes pescadas “do pincho” e no verán os incribles

exemplares de atún branco. Non podemos esquecernos

dos outros peixes que, a miúdo, se poden atopar nas cartas

dos mellores restaurantes e, en moitas ocasións, tamén dos

máis modestos : rape, robaliza, sardiñas, cabracho, ou os

ourizos de San Cibrao e, como non, o polbo á feira, prato

característico do San Froilán. Se ten ocasión, non perda de

probar os salmóns do Eo ou as anguías do río Lor.

Da Terra

Non é casualidade que

a maioría das empresas galegas de producción

de carne ecolóxica estean nesta provincia. Lugo

é todo natural, e a carne lucense hai xa moitos anos que

traspasou fronteiras. Á hora de escoller, lémbrese de que

o mellor complemento para as saborosas patacas da Terra

Chá, é un bo chuletón ou solombo de boi que, nesta provincia,

podemos atopar sen dificultade en moitos restaurantes.

Pero se así non fose, non se desanime, un estupendo

acompañamento será tamén un xarrete ou unha costeleta

de tenreira. No tocante ás aves, sen dúbida destaca o capón

de Vilalba, aínda que os

polos “da casa”, as perdices,

as becadas ou pombas son

tamén moi apreciados. Non

podemos deixar este apartado

sen falar do porco. Coma

no resto de Galicia,

aquí tamén

se preparan

xenerosos cocidos e deliciosos lacóns

con grelos ou cos chamados “bertóns”

ou “xenos” (brotes novos da berza) sobre

todo no inverno. No outono, Lugo é un paraíso

cinexético e micolóxico no que non poden

faltar as fabas de Lourenzá.

Viños

A D.O. Ribeira Sacra está orientada

fundamentalmente á producción de viños

tintos, aínda que tamén se elaboran brancos

moi interesantes. O Mencía, variedade

tinta, é a máis cultivada e da lugar a viños

que sobresaen polos seus aromas limpos

e elegantes, cor cereixa intensa e brillante,

e cun ribete púrpura. Entre os viños brancos, destacan os

elaborados coas variedades Godello, Albariño e Treixadura,

de grande frescura e ó mesmo tempo con gran plenitude na

boca. Afroitados e cun fino toque de acidez, destacan polo

lixeiro retrogusto e a delicada presencia no paladar.

De Tapeo

Para os oriúndos da provincia de Lugo, o tapeo é case que

unha relixión, e para os foráneos non hai nada máis sorprendente

que escoitar ós camareiros recitando a lista

inacabable de tapas, coas que poden acompañar o viño

e aínda por encima, de balde. Existen, noutros lugares de

Galicia, hostaleiros xenerosos como en Lugo, pero aquí, sen

ningún xénero de dúbida, destacan polo seu número e profesionalidade.

Calquera que non sexa da provincia, que teña

experimentado este pracer, pódello corroborar. A capital é

un bo lugar para este estupendo deporte, pero non só na

cidade poderá practicalo, tamén en calquera das vilas ou

incluso nos pequenos pobos da provincia.

Nas tapas “de pago” é onde a mestría dos hostaleiros chega

ó seu “clímax”. Cada día son mellores, máis orixinais e

innovadoras. Paga a pena adicar un día a esta maneira

tan lucense de entender a gastronomía.

Catro de queixo e dous de empanada!

Como proba da rica cabana gandeira, a provincia de

Lugo no que se refire a queixos, ten nada menos que catro

Denominacións de orixe: Arzúa-Ulloa, Tetilla, San Simón

e Cebreiro. Antes, durante ou despois das comidas,

en Lugo sería un pecado non probar algún deles. A

empanada é xa un símbolo de Galicia; pero se quere

probar algo diferente, pida unha de raxo

e outra de chourizo, a de bacallao tamén

ten moita sona.


9Nove

escapadas

na provincia

de Lugo

Lugo é ideal para viaxar en familia ou

con amigos, porque resulta moi fácil conciliar

os intereses de todos.

Nesta revista propoñémoslles 9 pequenas

escapadas pola provincia de Lugo,

a gran descoñecida para moitos galegos.

Son alternativas para o tempo de lecer que farán

as delicias de grandes e pequenos.

Non son as únicas rutas que se poden facer nesta

provincia chea de sorpresas, pero si son unha boa

forma de comezar a coñecernos.

Situación global

Coruña

Santiago

Vigo

Porto

Lisboa

Ferrol

Lugo

Ourense

Sevilla

Oviedo

León

Benavente

Madrid

Mapa da cidade de Lugo

PORTA DO

BISPO AGUIRRE

BISPO

PORTA

DE SANTIAGO

AGUIRRE

RONDA DA MURALLA

CATEDRAL

i

CLÉRIGOS

ALAMEDA

CONCELLO

PORTA DO

BISPO IZQUIERDO

SAN PEDRO

PORTA DE

SAN PEDRO

PORTA

MIÑA

MOUCHO

XOAN MONTES

MIÑO

ARMANYÁ

CONDE PALLARES

Burgos

Valladolid

SOIDADE

TENENTE TEIJEIRO

RAÍÑA

TINERÍA

PRAZA

SANTO

DOMINGO

PROGRESO

ÁNXEL FOLE

Bilbao

SAN MARCOS

Irún

VÍA ROMANA

RAMÓN Y CAJAL

CARRIL

FORNOS

MUSEO

PROVINCIAL

PORTA

DA ESTACIÓN

Valencia

QUIROGA

MONTEVIDEO

BOLAÑO RIBADENEIRA

Zaragoza

Lugo

BISPO ODOARIO

RONDA DA MURALLA PORTA DO

ANDURIÑAS

RONDA DA MURALLA

BALLESTEROS

SAN FERNANDO

RONDA DA MURALLA

NOVA

PORTA

FALSA

Barcelona

PORTA DA

RÚA NOVA

PORTA DE

SAN FERNANDO

Ferrol

Mapa provincial e localización das rotas

Betanzos

Arzúa

Lalín

Melide

Guitiriz

Monterroso

Ourense

Vilalba

Chantada

Rábade

Lugo

Monforte

Viveiro

Xove

Burela

Mondoñedo

Sarria

Quiroga

Pobra

de Trives

Foz

Ribadeo

A Fonsagrada

Becerreá

A Rúa

A Veiga

Villafranca

del Bierzo

Rubiá

O Barco

More magazines by this user
Similar magazines