09.05.2015 Views

PROGRAMA ELECTORAL NOIA 2015

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

PROGRAMA ELECTORAL

NOIA 2015

TRABALLO E DIGNIDADE ....................................................... Páx 1

TRANSPARENCIA E DEMOCRACIA REAL ................................ Páx 1

BENESTAR E CONCILIACIÓN ................................................... Páx 2

TRANSPORTE PÚBLICO ........................................................... Páx 2

MEDIOAMBIENTE E PROTECCIÓN DOS ANIMAIS ................... Páx 3

CULTURA E DEPORTE .............................................................. Páx 4

TURISMO ................................................................................. Páx 5

RELACIÓNS VECIÑAIS ............................................................ Páx 5

TRABALLO E DIGNIDADE

1.- Potenciación da ría como principal fonte de riqueza para Noia:

1.a.- Recuperación dos bancos marisqueiros agora improdutivos.

1.b.- Pechar o ciclo produtivo do marisco, mellorando a súa comercialización.

1.c.- Construción dun porto interior.

2.- Creación do Centro Municipal de Emprego:

2.a.- Viveiro de empresas.

2.b.- Apoio técnico a emprendedores/-as.

2.c.- Formación e reciclaxe permanente para persoas desempregdas.

3.- Plan de Emprego Xuvenil: acceso a fondos europeos para favorecer o tránsito á

formación e emprego da mocidade.

TRANSPARENCIA E DEMOCRACIA REAL

4.- Publicación e control periódico dos gastos e ingresos do concello.

5.- Os principios de igualdade, mérito e capacidade rexerán calquera proceso

selectivo de acceso á administración local.

6.- Creación dunha rede de consultas á cidadanía mediante xuntanzas periódicas.

A páxina web do concello debe estar actualizada e ser plenamente accesíbel.

7.- Eliminación das asesorías e dos nomeamentos de cargos “a dedo”.

8.- Control da adxudicación e execución da obra pública.

PROGRAMA NOIA 2015/PÁX 1

BENESTAR E CONCILIACIÓN

9.- Recuperación da asistencia social como función propia do concello.

10.- Garantir que calquer persoa teña cubertas todas as súas necesidades

básicas. (vivenda, luz, auga, comida…)

11.- Creación dun parque infantil cuberto

13.- Construción do centro de día.

14.- Dinámicas de envellecemento activo.

15.- Ampliación e remodelación do centro de saúde.

16.- Promoción da igualdade de xénero e impulso de medidas de corresponsabilidade.

17.- Creación dunha escola infantil pública.

18.- Creación de comedores escolares e mellora nas infraestruturas dos centros

de ensino públicos.

19.- Posta en marcha da aula de madrugadoras/es

TRANSPORTE PÚBLICO

20.- Ampliación das liñas de autobuses parroquiais ata o centro de saúde.

21.- Conexións máis frecuentes con outras vilas da nosa contorna e abaratamento

do billete incluíndo Noia na área metropolitana de Santiago.

22.- Mellora do sistema do bono transporte do concello.

PROGRAMA NOIA 2015/PÁX 2

MEDIOAMBIENTE E PROTECCIÓN DOS ANIMAIS

23.- Saneamento integral do concello:

23.a.- Solicitude da segunda fase do saneamento separativo.

23b.- Posta en funcionamento, control e mantemento das estacións de

bombeo.

23.c.-Optimización da actual depuradora e de ser necesario, concepción

de unha nova.

24.- Mellora da recollida de lixo e mantemento da limpeza tanto no núcleo

urbano e nas parroquias.

25.- Ampliación de zonas verdes con árbores autóctonas.

26.- Recuperación e limpeza da ribeira noiesa.

27.- Buscar o uso de enerxías renovables en edificios públicos.

28.- Reciclaxe:

28.a.- Incremento do número de contedores con especial atención aos

colectores de aceite.

28.b.-.- Campañas de concienciación de reciclaxe.

29.- Creación dun carril para corredores e ciclistas que conecte, de xeito seguro,

a vila coa praia de Testal.

30.- Declaración de Noia como vila protectora de animais: non ás touradas e

creación dun censo de animais.

31.– Unha correcta potabilización da auga da traída.

PROGRAMA NOIA 2015/PÁX 3

CULTURA E DEPORTE

32.- Artellamento dunha proposta cultural estábel:

32.a.- Revitalización do Coliseo Noela como centro neurálxico de actividades

(audiovisual, música, teatro, pintura, …)

32.b.- Creación dun centro de interpretación da vila medieval, vinculado

coa ampliación do Museo das laudas.

32.c.- Recuperación do proxecto “Noia, vila do libro”, aprobado por unanimidade

no concello.

32.d- Dinamización do local de ensaio.

32.e- Fomento de obradoiros artísticos.

32.f– Apoio ao desenvolvemento do Museo do Mar de Noia

33. Mellora da Biblioteca:

33.a.- Creación dunha aula de estudo cun horario flexible en época de

exames.

33.b.- Rede de bibliotecas municipais : Conexión da biblioteca municipal

coas dos centros escolares.

33.c.- Dinamización da bibliteca pública: ciclos de cine, clubes de lectura

infantís, redes de contacontos, concertos acústicos…

34. Celebración de xornadas interxeneracionais de xogos tradicionais.

35.- Creación dun Consello municipal do deporte:

35.a.- Promoción do deporte base.

35.b.- Construción de novos recintos deportivos e pola conservación e

coidado dos xa existentes.

PROGRAMA NOIA 2015/PÁX 4

TURISMO

37.- Creación do Departamento de turismo, apostando por un labor dinamizador

que acabe xerando riqueza na propia vila.

38.- Recuperación das rutas sendeiristas xa creadas e creación de rutas novas

homologadas, promocionando Noia como porto de Compostela.

RELACIÓNS VECIÑAIS

39.- Dinamización dos locais sociais

40.- Mellora dos accesos nas parroquias, particularmente nas confluencias

coa estrada xeral.

41.- Bo uso e mantemento das áreas recreativas.

È A HORA, A MAREA ES TI!

www.mareadenoia.com

@MareaNoia

PROGRAMA NOIA 2016/PÁX 5

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!