(Galego) Coronavirus Non é nome dun príncipe (nim dunha princesa)

audaciacomunicacion

Coronavirus non é o nome dun príncipe (o dunha princesa) é un libro infantil que nos mete de cheo na cabeza dun neno ou dunha nena de uns sete anos. Coa súa linguaxe, cóntanos como vive estes días na casa e os síntomas que ten. Fala das súas novas rutinas, de novos retos con premio: lavarse as mans mentres canta a súa canción favorita. A través da súa imaxinación (e dos seus ollos) cóntanos que sente cando aplaude pola fiestra o u como se imaxina no seu castelo, tamén sen cole, a Coronavirus, ese novo ser que chegou á nosa vida e do que tanto falan os maiores.

Un conto de María Coco Hernando
Ilustración: Sara Ramírez
Coordinación e corrección: María R. Coco
Tradución: Silvia Barbeito

Corrección:

Ilustración:

Coronavirus

non é o nome dun príncipe

Un conto de

(nin dunha princesa)


Todos os dereitos reservados.

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación

pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa

autorización dos seus titulares, coa excepción prevista pola lei.

Título: Coronavirus non é o nome dun príncipe (nin dunha princesa)

Autora: María Coco Hernando www.mariacoco.es

Ilustración e deseño: Sara Ramírez Sáez www.shine.es

Corrección: María Rodríguez Coco www.mariacoco.org

Tradución: Silvia Barbeito

Tipografía Barrio: Sergio Jiménez e Pablo Cosgaya


A Manu e Tomi.

A Elisa e Julia.

Porque as veces non é sinxelo explicar estas cousas.

Porque os contos son a mellor fiestra á que asomarnos e viaxar.

Porque non todo sae como queremos.

Porque xuntos superaremos calquera cousa.

Porque cada día na casa é una oportunidade

máis para seguir aprendendo de vós.


2

Hoxe non hai cole.

Estas semanas son moi distintas.

Dende fai uns días, os maiores falan

de algo chamado coronavirus.


Cando os escoito, penso nun

príncipe ou nunha princesa.

Coronavirus é moi moi pequeniño.

O seu castelo está cheo de amigos.

Seguro que tampouco vai ó cole.

Poderemos velo cun microscopio?

3


4

Papá limpa nervioso a casa e mamá

non deixa de traballar co ordenador.

Fala cos médicos e ten cara de cansada.

Quizais estase a poñer mala.


Chamamos ós avós e lles pedimos

que non saian da casa.

Debe facer moito frío aínda que

na rúa loce o sol.

5


6

Penso en como será o coronavirus.

Será roqueiro ou terá traxes pomposos?

Á miña familia gústalle a música, así

que prefiro que sexa roqueiro.


Onde vivirá para moverse tan rápido?

Mamá din que pode que

nos coñezamos un día.

7


8


Pasamos os días na casa.

Xogamos moito con papá e mamá.

Facemos exercicio coa consola.

Pintamos e recortamos.

Rimos todo o tempo.

9


10

Nunca pasáramos

tanto tempo sen saír á rúa.

Co que me gusta!

Pero agora abrimos as fiestras

e falamos cos veciños de

enfronte. Eles tampouco saen.


Aplaudimos xuntos pola noite.

O facemos pola xente que

traballa para que esteamos mellor.

Todo é distinto.

11


12

Tamén lavámonos moito as

mans e nos duchamos sen presa,

limpamos a casa e axudamos a cociñar.

Facemos cousas distintas.


Hoxe empezoume a doer a gorxa

e teño un pouco de febre.

Non imos ir ó médico.

Papá e mamá din que Coronavirus

chegou, pero eu sigo sen velo.

Seica debe ser pequeno.

Vou buscalo coa lupa.

15


16

Cando esbirro, danme 2 puntos

se me tapo a boca co interior do cóbado.

Se me lavo as mans moito

e entre os dedos gaño 1 máis.

O premio é merendar chocolate!


17


Os avoiños tamén teñen tose.

Tampouco saen da casa e cada día

chaman ó médico por teléfono.

Nós facemos videoconferencias

e contámonos chistes.

18

É divertido!


19


20


Imos tardar en volver ó cole.

Polas mañás facemos os deberes

que nos din os profesores

e polas tardes xogamos.

Xa estamos máis afeitos.

Xa me sinto mellor.

21


Xa o atoparon!

Nas noticias din que unha

muller o veu co seu

microscopio, que sorte tivo!

Sabía que se podía!

Van facer unha vacina para

que todos nos poñamos bos

23


24


Fixen un debuxo de Coronavirus.

Preséntovolo.

Agora que nos coñecemos,

imos aprender a vivir xuntos.

25


Se todos facemos caso

e nos quedamos na casa,

moi pronto volveremos ó cole

con nosos amigos.

27


Temos o SUPERpoder

de protexernos

Lavarse as mans é divertido. Imos facer un reto!

Pensa na túa canción favorita e cántaa enteira mentres te

frotas ben as mans con xabón.

Non toques a boca, a nariz e os ollos.

Se o fas, terás un punto menos para a supermerenda!

Cando tusas ou esbirres tápate coa parte interna do

cóbado. Que outras cosas facías antes con el? Pensa en

tres. A que é difícil?

28


Se tes medo fala con papá e mamá.

Eles te entenderán e te explicarán que está a pasar.

É normal que sintas medo.

Todo o día na casa e podemos facer mil cousas!

É momento de axudar coa limpeza, aprender a atarnos os

cordóns, descubrir cal é a nosa pizza favorita...

Se che doe a cabeza ou a gorxa, avisa a mamá e papá.

Sempre vanche coidar.

E se te aburres, asómate ós contos. Colle un libro e le. Son o

portal a outros mundos.

Todo irá ben

29

More magazines by this user
Similar magazines