Caramomia - capítulo 4
A novela Caramomia arranca na rede Instagram coma unha nova iniciativa cultural que promove a institución provincial e que busca implicar a mocidade na lectura a través da publicación por entregas desta historia xuvenil de misterio
A novela Caramomia arranca na rede Instagram coma unha nova iniciativa cultural que promove a institución provincial e que busca implicar a mocidade na lectura a través da publicación por entregas desta historia xuvenil de misterio
You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
capitulo 4
MABEL
MABEL
Alguén que vise a aquela nena no seu cuarto
pensaría que era un becho raro, vestida
completamente de negro, sentada no seu
escritorio coa espalda ben dereita, as mans
postas sobre a mesa coas palmas cara arriba,
os ollos pechados tras as súas grosas gafas de
pasta e uns auriculares con esponxas laranxas
para as orellas. Mais o certo é que Mabel
só escoitaba con toda a atención da que era
capaz a gravación dun vello casette que a avoa
Matilde lle dera pouco antes do confinamento.
– 19 –
CARAMOMIA
Tampouco había moito máis que facer a
parte da súa afección a encher folios e folios
de debuxos torpes. Desde que o seu pai
morrera había séculos a nai de Mabel pasaba
o día traballando de todo o que pillaba, así
que estaba acostumada a ter todo o tempo
do mundo soa na casa para non facer nada
especialmente produtivo.
Cando a cinta rematou fixouse na tablet
iluminada, tiña unha chamada perdida de
Mafalda. Non lle apetecía demasiado falar,
pero sabía que a súa amiga non se conformaba
cun non por resposta e chamouna polo
Skype… Tu Ti Tu… Tu Ti Tu… mentres agardaba
a contestación entroulle unha mensaxe de
Roque pola aplicación de videochat que
empregaban para os traballos de clase.
—Ola Mabel –a imaxe de Mafalda apareceu
en pantalla–. Podes conectarte pola outra app?
Estamos todos.
– 20 –
CARAMOMIA
—Claro, acaba de mandarme unha mensaxe
Roque desde a que facemos os traballos do
cole.
—Desde a do cole? –contestou estrañada a
súa amiga–. Pero se estamos todos na do xogo
online!
Un cuarto de hora máis tarde, logo de varios
intentos e ter que descargar unha app distinta
que nunca probaran conseguiron reunirse os
catro.
—Por fin! –exclamou Brando–. A miña irmá
vaime matar se non lle devolvo o teléfono en
5 minutos.
—Vale pois vou rápido –dixo Mafalda
nerviosa–. Ollade a foto do xornal de hoxe!
– 21 –
CARAMOMIA
Na pantalla apareceu a nova do roubo dunha
antiga boneca no museo. A fotografía que a
ilustraba era da inauguración da expo sobre
Exipto que visitaran co colexio antes do
confinamento e, en segundo plano e rodeada
– 22 –
CARAMOMIA
cun lapis vermello, podíase ver claramentre a
Caramomia.
—Seguro que foi ela –dixo rapidamente
Roque–. Levo semanas dicíndovos que oculta
algo.
—Alaaaaa –berrou Brando interrompendo ao
seu amigo–. Si que é sospeitoso, non? Ou sexa,
sempre está facendo cousas raras! Hoxe na hora
do aplauso Roque pediume que ollase para a
súa fiestra, estaba tan quieta que parecía unha
estatua, entón pasou ese gato horrible ao que
da de comer e xirouse para miralo coma se
tivese un radar detectagatos!
—Sodes uns esaxerados –dixo Mabel
intentando poñer un pouco de cordura–. Só é
unha señora maior que se aburre.
—Pero é moi rara! –exclamou Roque–. Sempre
está mirando pola fiestra pendente se ven
– 23 –
CARAMOMIA
o gato ese para darlle de comer. E ti viches a
forma que ten de mirarnos? Mete medo!
—É culpable fixo! –dixo Brando–. Pero que
facemos? A miña irmá está a mirarme con cara
de malo de videoxogo!
—Eu hoxe botei unha sesta longa con Susana
despois de comer, podo quedar esperto toda
a noite se fai falta para vixiala –dixo Roque
decidido.
—Vale! Todos dacordo? –terzou Mafalda
poñendo unha cara moi seria.
Mabel asentiu, coma os demais, por non levar
a contraria, total non ía ser ela a que quedase
esperta. Enfadáballe un pouco a obsesión dos
seus amigos por Caramomia, era certo que
semellaba un pouco rara, pero… quen non o
era?
– 24 –