31.01.2018 Views

REVISTA 54

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

UNITOUR

19

Os asistentes á Feira Unitour, no momento de realizar a inscripción no hall do Mar de Vigo.

As miñas aprendizaxes cara a etapa universitaria

“A conferencia de Belén Charro serviume para comprender

a importancia de coñecerme a min mesma, de

saber cales son as miñas debilidades e os meus puntos

fortes, en qué podo axudar e en qué necesito ser axudada.

Asimesmo, grazas á doutora, aprendín a ser selectiva

á hora de elixir unha facultade ou unha carreira. Sei

así que, aspectos como o número de prácticas e posibilidades

de facer intercambios universitarios contribúen a

enriquecer os currículos e expedientes, preparándonos

mellor de cara ao futuro tanto a nivel persoal coma profesional.

Unitour, por outra banda, resultou ser para min un

lugar onde poder poñer en práctica o escoitado na xa

citada charla. Tendo claras as preguntas que debía facer

en referencia ás notas de corte, posibilidade de becas,

programas de inmersión lingüística… fun quen de moverme

entre os distintos estands das universidades recibindo

valiosos consellos e orientacións de cada un dos

seus representantes.

Cualifico de produtivas estas dúas actividades ofertadas

polo Colexio, ao tempo que invito a todos os meus compañeiros

a aproveitalas e a que se propoñan cumprir todas as

súas metas”.

Sara Núñez Lourenzana, alumna de 2º Bach.

Un momento da charla da profesora de Comillas no

salón de actos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!