10.05.2018 Views

Xente Con Oficio

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

As costumes van cambiando, as novas

tecnoloxías inundan o noso día a día,

relegando ó esquecemento oficios que

noutro tempo foron esenciais. Moitos

deles perderon o seu posto na sociedade

substituídos por unha máquina ou a

causa dun sistema económico que lles

fixo imposible competir en prezos cos

que gañar o sustento.

Xente con oficio é un programa

dedicado ós homes e mulleres galegos

que traballaron arreo nun oficio ata

chegar á mesma perfección. Chegaron a

el, na maioría dos casos, ensinados polos

seus pais ou avós que vían no bo facer

dun oficio a maneira máis sinxela de

levar un sustento as súas familias. Agora

son eles os que transmiten con ilusión o

seu coñecemento a mozos e mozas, que

cunha perspectiva laboral incerta, ven

nos oficios dos seus antepasados unha

profesión de futuro.

Canteiros de Poio, oleiros de Buño,

ferreiros de Riotorto, palilleiras de

Camariñas, fiandeiras de Zas, panadeiros

de Cea, arrieiros de Maside, campaneiros

de Caldas, telleiros de O Rosal,

guarnicioneros de Maceda, tecedoras de

Parada, albarderos de Melide, redeiras de

Cangas... oficios de sempre que, moitos

deles, seguen tendo o seu espazo nos

tempos actuais.

Algúns destes oficios son tan vellos

como a humanidade. Hainos que

pasaron longos anos escuros e que

estiveron a piques de desaparecer para

logo volver a florecer e outros que

tristemente desapareceron. Pero aínda

queda en Galicia moita xente con oficio,

protagonistas de moitas lendas que

conforman as nosas tradicións.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!