18.04.2013 Views

Vestio

Vestio

Vestio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

— A ocultación do horror.

— Todos cómplices.

— Templos ocultos.

— Os devotos comungan con Vestio a través das mans.

— A fraga como labirinto.

— O frío do bosque.

— Vestio, coma unha araña, espera tranquilo pola presa.

— Os sacerdotes oficiando, lombo contra lombo, vendo por todos os lados, coma Vestio.

— A laxa que cobre o pozo está para preservar a morada de Vestio non para mantelo confinado.

— Non só se sacrifican a Vestio os seus fillos, senón que se sacrifican eles mesmos… pero a xenerosidade

do deus fai que se rexeneren.

— Vivir entre inimigos, incluso durmir co inimigo.

— O odio da doutora por todos, algo nin razoable nin razoado.

• Debatamos acerca do fanatismo e os seus perigos.

DESPOIS DA LECTURA:

• Posteriormente, unha vez rematada a lectura, será o momento de facer unha revisión sobre o lido,

pensando acerca do texto, de cal era o tema principal, de cantas historias se nos contaron e cal

delas era a principal, dos personaxes que sustentan o relato e do papel do narrador, de explicitar

as sensacións e afectos que nos provocou, con que personaxe nos identificamos máis…, de resumir

o texto e mesmo realizar outro tipo de técnicas máis esquemáticas para comprendelo máis,

como poden ser as liñas argumentais, de situar a historia no tempo (de cando a cando) e no espazo,

de ver aquilo que nos proporcionou, do que aprendemos que non sabiamos, de crear en base

a el continuándoo, de comentar o que opinamos acerca del e dos valores que propón…

• Volvemos ler a carta da páxina once, tal vez agora se entenda mellor.

• Continuamos a historia.

• Cando rematamos unha novela ou unha película de misterio sempre temos ganas de comentar

aqueles detalles que non quedaron claros e poden dar lugar a diferentes interpretacións. Neste

caso tamén sucede, por iso é interesante que se falen aspectos como qué leva realmente a Douglas

a Viana, ata que punto está programada a entrega do diario á doutora, quen pode ser a Virxinia

á que Douglas dirixe unha carta…

• Debatamos en torno a todos os significados que pode ter o feito de que Douglas marque a Rosa

na man co seu ex libris, coma se fose un libro máis da súa biblioteca.

• Poñémolo en relación con outros libros coñecidos do mesmo autor ou doutros, formando esa especie

de rede na que participa cada un dos libros e que se estende polas lecturas ás que temos acceso.

• Desenvolvede esta idea: «O home é unha semente de divindade».

• Certamente, ademais destes aspectos que son comúns a calquera texto, han de terse en conta

aqueloutros que atinxen especificamente a este pola maneira na que está escrito, pola temática

que presenta, polos personaxes que nela aparecen, polos valores que se defenden, polos recursos

que utiliza…

• A documentación acerca do autor pode realizarse no apartado que leva ese título («O autor») no

libro, ampliarse na páxina web da editorial ou realizando unha busca en Internet, na Biblioteca

Virtual Galega ou na Galipedia. Da mesma maneira podemos buscar información acerca deste

libro e doutros de Xosé Miranda a través de Internet.

• Intercambiade opinións sobre a novela, comentade o que máis vos gusta e o que menos, aquilo

que vos chamou a atención, aquilo que vos gustou e poderiades recoller como cita, aquilo que

anotastes para ler en voz alta…

• Unha vez rematada a lectura pódese pensar a quen lla regalariamos e que dedicatoria realizariamos.

• Se este libro nos gustou, podemos situarnos dentro do xénero do misterio e o terror e continuar

lendo outros libros deste autor que se moven nesas coordenadas, algún de Agustín Fernández Paz

que tamén o traballa, ou outros clásicos como Edgar Allan Poe…

7

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!