Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova o 6 de xaneiro de 1912 e falecido en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores.[1] Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989. Relación de obras - Cartafol de Poesía, Celanova, 1936 - Al aire de tu vuelo. Poemas, 1941 - Baladas, cantigas e donaires. Ediciones Céltiga, Pontevedra, 1947 - Musa Alemá. Colección Benito Soto, Pontevedra, 1951. - Curros Enriques. Biografía. Moret, A Coruña, 1954 (1ª edición). - O soño sulagado. Col. Alba, Vigo 1955; Eds. Xerais, Vigo, 1991. - Voz y voto. (Col. Papel de Estraza. Montevideo). Vigo, 1955. - Longa noite de pedra. (1962). Col. El Bardo, Barcelona, 1967; Akal, Madrid, 1978; Eds. Xerais, Vigo, 1990. - Viaxe ao país dos ananos (1968). Akal, Madrid, 1979; Akal bolsillo 53, Madrid, 1981; Edicións Xerais de Galicia, Col. Biblioteca das Letras Galegas, 1998. - Cantigas de Escarnio e maldecir. Ed. Nos. Caracas, 1968. Publicado baixo o pseudónimo de Arístides Silveira. - Terra de ningures. Ed. Xistral. Col. Val de Lemos. Monforte, 1969. - Paco Pixiñas. Historia dun lesleigado contada por il mesmo. Ed. do Castro. Sada, A coruña, 1970. - Antipoemas. Col. Alamo. Salamanca, 1972. - Autoescolha poética. Ed. Rasso actual. Porto. 1972. - A fronteira infinda. Castrelos. Vigo, 1972. - Cimeterio privado. Edicións Roi Xordo. Xenevra, 1973. - Onde o mundo se chama Celanova. Editora Nacional. Madrid, 1975; Eds. Xerais, Vigo, 1991. - A taberna do Galo. Ed. Castrelos. Col. O moucho. Vigo, 1978 5
6 TÍTULOS ■ Consultar novas ofertas en www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/