19.04.2013 Views

Discurso - Real Academia Galega

Discurso - Real Academia Galega

Discurso - Real Academia Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Discurso. Xosé Fernández Ferreiro

ir más alá das palabras. Para Hemingway, unha novela ten que dicir máis cousas

das que se len e puña como exemplo o iceberg. A novela ten que suxerirlle ó lector

cousas que non están escritas.

Tense dito moitas veces, e desde hai moito tempo, que a novela está en crise.

Máis aínda: que é un xénero esgotado, cando é unha das modalidades literarias que

máis se len. Xa que logo, iso da crise e do esgotamento da novela non deben ser máis

que vagas opinións de xentes que quizais non se paran seriamente a pensar do que

falan, admitindo que a novela, naturalmente, como a poesía, o teatro ou o ensaio,

pode ter mellores e peores momentos. O mundo sempre está en crise e cambia por

unhas ou outras razóns. Iso sucedeu -e sucede- decotío a través da historia, antes e

despois de que Spengler publicase en 1916 o seu famoso libro sobre a decadencia

de Occidente. Pero as crises son necesarias para que as mentes cavilen, cambien, e o

mundo evolucione. Canto non lles debe a humanidade ás guerras? Ortega aseguraba

que case todo.

Eu coido que a novela non morrerá nunca. Mentres haxa homes e mulleres,

mentres haxa vida, amor e odio, ricos pobres haberá novelas. Desde que o mundo

existe, o ser humano necesita que lle conten historias -coma o neno necesita que lle

conten contos para durmir- porque precisa vivir outras vidas, outras realidades. E

sempre as necesitará para perder o medo que supón vivir cada día e ter outros espazos

que o liberen e o protexan dun mundo xeralmente hostil. Nisto baseouse sempre

o éxito do cine.

Nos últimos anos produciuse un renacer da narrativa en Galicia, onde a lírica

se mantivo sempre en primeira fila e a niveis moi altos. A este renacer contribuíron

notablemente os premios literarios que aquí xurdiron nos anos oitenta, creando un

ambiente máis propicio para publicar, dándose así a coñecer moitos novos autores e

aparecendo de tal maneira algúns importantes títulos. As editoriais tamén se modernizaron,

o que así mesmo supuxo unha mellor promoción do libro en xeral. Claro

que tampouco podemos ignorar as dificultades do momento que vivimos. E non só

agora. Noutros tempos foi a censura. Polos anos sesenta apenas se publicaba entre

nós media ducia de títulos en galego ó ano. En 1912, segundo a Federación Galega

de Editores, foron máis de dous mil. Claro que seguen a baixar as vendas e as tiradas.

Eu négome a crer, xa que logo, que a novela estea en crise ou en decadencia,

incluso hoxe en que semella que todo se afunde pola crise económica. Na época franquista

houbo moitos atrancos por falta de liberdade, tanto para os libros como para

17

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!