05.06.2013 Views

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Abril-Xullo

Castros de Neixón, Boiro.

Típica cerámica de Buño, Malpica

de Bergantiños.

Toxosoutos, ao que podemos chegar facendo unha ruta

de camiñanda seguindo o curso do río San Xusto. En

Rois, visitaremos unha pequena xoia: a igrexa barroca

de San Vicente de Augas Santas, que acolle retablos

de 1738.

A mariñeira vila de Muros vai darnos conta do seu pasado

señorial simplemente camiñando polas rúas do

centro histórico, que teñen nomes tan curiosos como

«Saúde», «Esperanza», «Paciencia»…

Convidámosvos a dar un paseo e a ir descubrindo, devagar,

os seus tan suxestivos nomes que, a bo seguro,

non vos han deixar indiferentes.

Un bo punto para comezar o paseo é a tranquila praza

do Concello. Notaredes que as rúas e as prazas deste

percorrido están salpicadas polos restos da antiga muralla,

así como polas vivendas mariñeiras. Estas típicas

casas tiñan un ou dous pisos con balcóns, un baixo con

soportais, que, en ocasións, quedan por debaixo do

nivel das rúas. Hai anos era frecuente ver nestes locais

como os homes arranxaban os aparellos de pesca mentres

que as mulleres salgaban e lavaban o peixe.

Palilleiras da Asociación As

Nemanquiñas de Vimianzo.

Ecomuseo do Forno do Forte,

Malpica de Bergantiños.

A nosa seguinte visita lévanos ata o centro de interpretación

situado no muíño de mareas de Pozo do Cachón,

un mecanismo accionado pola forza das mareas construído

no primeiro cuarto do século XIX.

Seguindo a ruta pola costa e deixando atrás o centro da

vila, atopamos na parroquia de Louro, coñecida pola súa

tradición turística, as súas praias e polo impresionante

Monte Louro. Pero hai que seguir buscando a pegada

prehistórica da vila. O noso destino é o petróglifo da

Lousa das Rodas.

Descuberto en 1956, podería estar dedicado ao culto ao

sol. Consta dun grupo de dez figuras que representan

dous símbolos espirais, sete circulares e un cabalo solar.

Aproveitando o noso paso por Louro, debemos facer

outra parada no convento de San Francisco do Rial, que

nos agarda sobre un fermoso val ao pé do monte Oroso.

E se quedan forzas, podemos visitar o faro de Louro, situado

en punta Queixal, xusto ao pé dos 241 metros do

monte. Dun lado, a praia de San Francisco, de fronte, a

ría e, do outro lado, o solitario areal do Ancoradoiro e a

lagoa de Xarfas, declarada espazo de interese natural.

17

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!