15.06.2013 Views

Editorial Galaxia.

Editorial Galaxia.

Editorial Galaxia.

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Estas son as memorias de Sinbad, postas en lingua galega por Al-Faris Ibn laquim Al Galizí, é dicir, por

Álvaro fillo de Xaquín o Galego, ou sexa, Alvaro Cunqueiro. Nelas aparece o vello mariño recreado, alto,

rexo, con branca e mesta barba,"tocado co seu turbante de dril marrón, amosando a alma polos grandes

ollos mouros. A súa casa, no país de Bolanda, cun pequeno horto ó pe, está pendurada sobre o peirao.

Desde a fiestra adoita Sinbad contemplar o Golfo co seu anteollo de longa vista. Na pousada de Mansur,

onde fai tertulia polo serán, escoita ós viaxeiros que chegan de lonxanos países, e toma despois o sermón e

tira do seu maxín maravillosas historias.

Todas estas xentes que concurren á tertulia de Sinbad falan de cousas insólitas e fantásticas, como é usual

nas novelas de Álvaro Cunqueiro. Hai neste relato un mundo de seres curiosos, de costumes exóticos e

distantes, de xeografias estranas. Un mundo no que as saudades de Sinbad enchen páxinas inesquecibles.

Porque cada hora tráelle ó vello piloto unha novedade, en cada hora descubre un país.

A última ilusión do navegante consiste en pilotar a nao Venadita, que constrúe en Basora un señor do

Farfistán. Está triste, non obstante, porque non o chaman para se facer cargo da nao escollida. Cunqueiro

conta con emoción estes momentos, mentres un baril zume lírico embebe e fai flexible a prosa do relato.

Así empeza este libro. Anímate e le

otou as cascas de laranxa ao mar. Goteáballe o zugo polas mestas barbas.

Berroulle ao rapaz que estaba facendo uns estrobos na gamela.

-¡Sari! ¡Olla pra esas cascas que tiréi á auga! ¿Ves o

marelas que son? Pois asi son crarexando á ialba as

illas das Cotovías. Somentes falta a do medio, que ten

unha montaña verde.

-¡Non hai tales illas Sinbad! Dixo Adalí que ao sul non

había nada.

-¡Hai, hai! ¡Están as illas das Cotovías coma sete

laranxas!

Co remo arredóu Sinbad duas das cascas meirandes

pra faguer por entredelas o estreito de Miraquenvén,

e despoixas arrempuxou un pauciño por el, querendo

imitála nao do Soldán de Melinde cando toma ventos

por aquela porta, procurando as ondas do mar maior,

mais aló dos estreitos.

-¡Sari, escóitame, hom! ¡Pídocho de favor!

-¡Non hai Cotovías, Sinbad!

Sari volveuse pra Sinbad, sorrindo.

-¡Non hai nada! ¡Non hai nada!, berraba. O vello piloto que estaba sentado derriba dunha

pipotiña de mel de Chipre, amosaba as suas máns ao pequeño Sari, quén tendo

rematádolos estrobos choutaba, tan áxil coma mouro, de lancha en lancha, deica cair co

derradeiro pulo acarón de Sinbad. Axoenllouse dediante del e palmeouno nas sufraxes.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!