31.10.2012 Views

IES PERDOURO

IES PERDOURO

IES PERDOURO

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

198Z

1983

émbrome daqueles tempos, lonxanos, moi lonxanos, xa hai vinte

anos e os recordos e lembranzas van se almacenando entre unha

morea de anécdotas máis.

Os recordos son escasos,

enterrados.

só uns poucos que flotan por enriba daqueles xa

Eu estudiaba ciclo de administrativo. Na clase eramos, aproximadamente,

vintetrés alumnos, entre que cales só había cinco rapaces; o resto, todo rapazas.

Tiñamos profesores que impoñían moito respecto e carecían de paciencia,

como a profesora de matemáticas; outros, que aínda que con algo de paciencia,

salientaban polo seu forte carácter, a profesora de prácticas de oficina e cálculo

mercantil era unha delas, pero ... como ten que haber de todo, tamén tiñamos

algún/a que era excelente, doce, agarimosa ... e cargada de paciencia, creo recordar

que era a profesora de contabilidade.

Había os tres pavillóns como hoxe hai, pero careciamos de biblioteca e no

pavillón de abaixo, onde eu estaba, había un pequeno bar.

Á parte do ciclo de administrativo, tamén había os ciclos de metal e electrónica,

e tamén estaba SUPo

Entre clase e clase tiñamos cinco minutos, tempo que os profesores empregaban

para ir á clase correspondente, debido a que nos non nos desprazabamos.

Despois, a media mañá, tiñamos un pequeno recreo.

Acórdome dunha anécdota que nos ocurreu un día cando, como de costume,

iamos para a clase e nos impediron entrar ó instituto, estaba pechado e non se nos

permitía o paso; non me lembro moi ben por que, quizais unha folga ou un acto de

reivindicación por algunha causa.

Tamén lembro que cando había exames, as notas eran publicadas nun taboleiro

de anuncios que había no corredor ...

Estes son uns dos poucos recordos que gardo daqueles tempos, debido a

que só estudiei un ano de administrativo e despois incorporeime ó mundo laboral.

DOLORES BASANTA

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!