20.06.2014 Views

o_18qr1o0bh59t1ua0vkb34bs7ka.pdf

Revista escolar

Revista escolar

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

• Infantil

3 anos

4 anos

5 anos

• Primaria

1º Primaria

2º Primaria

3º Primaria

5º Primaria

6º Primaria

Relixión Infantil e Primaria

• Secundaria

Artigo OMA

Cartel obradoiro iniciativas emprendedoras

Menu du jour

Departamento de inglés

Saída a Celanova

Visita alumnos 4º ESO ao IES Val do Tea

Comic excursión a Barcelona

• Biblioteca

Visita Breogán Riveiro

Acción Poética

• Equipo de Dinamización da Lingua Galega

O curso do Moito Eu

• Celebracións

Samaín

Magosto

Nadal

Entroido

Deporte escolar

• Pasatempos

“A AVENTURA DE APRENDER”

EDUCAR É O MESMO QUE POÑERLLE UN MOTOR A

UNHA BARCA.

HAI QUE MEDIR, PESAR, EQUILIBRAR…

E POÑER TODO EN MARCHA.

PERO PARA ISO UN TEN QUE LEVAR NA ALMA, UN

POUCO DE MARIÑEIRO, UN POUCO DE PIRATA, UN

POUCO DE POETA E QUILO E MEDIO DE PACIENCIA .

PERO É MARABILLOSO SOÑAR, MENTRAS UN

TRABALLA, QUE ESA BARCA (ESE NENO) CHEGARÁ

MOI LONXE NAVEGANDO POLAS AUGAS.

SOÑAR QUE ESA BARCA LEVARÁ A NOSA CARGA DE

PALABRAS CARA A PORTOS DISTANTES, CARA A

ILLAS LONXANAS.

GABRIEL CELAYA

EDUCACIÓN

INFANTIL

Un ano máis as nosas

aulas de 3 anos

enchéronse de nenos e

nenas con moita

curiosidade, expectativas

e cuns pouquiños de

nervios.

EDUCACIÓN

INFANTIL

Durante o primeiro trimestre fomos coñecéndonos e

adaptándonos a novos contextos, amiguiños, persoas do

cole... e para que o proceso fose máis divertido empregamos

a arte para familiarizarnos coas normas que ían xurdindo;

aprendemos a escoitar, axudarnos, non gritar, recoller... a

través de Van Gogh, Picasso, Munch, Millet...

facendo o puzzle

“Duas mulleres lendo” de

Pablo Picasso

recreando o cadro

“O grito” de Munch

EDUCACIÓN

INFANTIL

No terceiro trimestre estamos xogando a ser “Granxeiros” e nestes momentos estamos traballando

obras nas que aparecen animais como o “O Guernica” de Picasso:

Buscando os animais que

aparecen no Guernica

Colocando as pezas do

cadro para montar o mural

entre todos

EDUCACIÓN

INFANTILComo dí Picasso: en tódolos nenos e nenas hai un artista, o difícil e seguir séndoo cando crecemos.

Dende infantil queremos estar en contacto con diversidade de obras e empregar a expresión artística

como ferramenta para comunicar os nosos desexos, pensamentos e compresión do mundo e non

esquecer nunca o artista que levamos dentro.

EDUCACIÓN

INFANTIL

Aprendendo con Moli.

Alumn@s de 4 anos.

Alá polo mes de

setembro,

chegaban ó CPI de

Mondariz os que

foron os pequenos

do colexio. Como

cada comezo viñan

con dúbidas e

nervios, pero con

moitas ganas de

atoparse cos seus

amigos.

Co paso do curso nos fixemos

máis amigos, aprendemos

moitas cousas novas,

realizamos manualidades

xeniais, viaxamos en busca

de aventuras, celebramos os

cumpreanos e sobretodo

pasámolo increible todos

xuntos en compañia da

nosa mascota, MOLI.

EDUCACIÓN

INFANTIL

Durante o curso celebramos con

satisfacción cada festa que acontecia no

centro. Aqui vos deixamos boa conta

delas.

1. Magosto e os xogos populares.

EDUCACIÓN

INFANTIL

Collendo forzas coas castañas

asadas!

2. O Samaín e as momias de

Mondariz

EDUCACIÓN

INFANTIL

Coas ordes do meco si que o

pasamos xenial.

Tocaba volver disfrazarnos, esta

vez de amorodo polas rúas do pobo.

EDUCACIÓN

INFANTIL

Nas festas só unha cousa enchíanos

de inquietude : as actuacións

diante de tanta xente.

Con cada ensaio, a confianza en nos

subia cada día un pouquiño máis.

EDUCACIÓN

INFANTIL

Moitas foron as ocasións nas que

tivemos que poñernos mans a obra

e tirar de imaxinación.

EDUCACIÓN

INFANTIL

Pero non só traballamos nós, as nosas

familias tamén tiveron que achegar o

seu granito de area.

EDUCACIÓN

INFANTIL

As aventuras de Moli.

EDUCACIÓN

INFANTIL

Continuará

EDUCACIÓN

INFANTIL

Continuará

Grazas por tantas

aventuras!

EDUCACIÓN

INFANTIL

As excursións foron o máis esperado.

Que ilusión nos facía saber que o

autobús agardaba por nós.

Indiana bill, teatro en Pontearéas e

Mondariz, teatro de titeres no cole e a

máis esperada, o Kirico.

EDUCACIÓN

INFANTIL

Kiriko, estamos ansiosos de vos visitar

porque sabemos que vai ser XENIAL

EDUCACIÓN

INFANTIL

E pouco a pouco o curso foi pasando e con el

un aniño máis que celebramos con tartas ou con

pasteis ou con chuches... O que nunca faltaba foi

a diversión e as ganas de pasalo ben.

EDUCACIÓN

INFANTIL

EDUCACIÓN

INFANTIL

EDUCACIÓN

INFANTIL

Parabéns a

tod@s e bo verán.

INFANTIL 5 ANOS A

INFANTIL 5 ANOS

Ou iso pensamos...

U

N

P

R

O

X

E

C

T

O

M

O

I

E

S

P

E

C

I

A

L

CONSTRUIMOS

DECORAMOS

APRENDEMOS

XOGAMOS

COLABORAMOS

EXPERIMENTAMOS

E NOS

DIVERTIMOS !!!

EDUCACIÓN

PRIMARIA

NESTE CURSO EN 1º PRIMARIA...

EDUCACIÓN

PRIMARIA

APRENDEMOS MOITO DIVERTÍNDONOS!!!

EDUCACIÓN

PRIMARIA

OS ARTISTAS DE 2º

EDUCACIÓN

PRIMARIA

EDUCACIÓN

PRIMARIA

EDUCACIÓN

PRIMARIA

EDUCACIÓN

PRIMARIA

EDUCACIÓN

PRIMARIA

EDUCACIÓN

PRIMARIA

ALFABETO DACTILOLÓGICO

NENOS E NENAS DE 3º A

EDUCACIÓN

PRIMARIA

EXCURSION AO GROVE TERCEIRO

DE PRIMARIA

Vaaaamonos ao Grove!!!!! Visitamos as batreas Dende o catamarán

mostrannos os mexillons, ostras e

vieiras …..

Xa dentro do catamarán vemos o

fondo do mar....

EDUCACIÓN

PRIMARIA

Disfutamos do día e das

vistas dende o catamarán

Exhibición de gaivotas...

Damoslle de comer as gaivotas...

Ç

Visitamos o acuario...

Xoana, o tiburón, fixose amiga dos nenos.

Rematamos a xornada

comendo preto de praia, xogando

e disfrutando da paisaxe.

EDUCACIÓN

PRIMARIA

Este ano @s alumn@s de 5º, traballamos moitísimo! Foi un curso

moi interesante, xa que aprendimos moitas cousas: capitais de países,

climas de España, os números decimais, normas de ortografía, palabras en

galego que non coñecíamos… E moitas cousas máis!

Fixemos proxectos divertidos, como ir a Mondariz Balneario para

aprender máis sobre as augas mineromedicinais.

Outra cousa que nos gustou moito, deste curso, foi o uso dos

ordenadores e da pizarra táctil. Nela facemos xogos, vemos vídeos para

aprender, experimentos...

O malo, deste ano, foi que algunhas veces tivemos pelexas; menos

mal, que despois o solucionábamos.

A este curso doulle un 10! Divertímonos, fixemos traballos moi

interesantes e sobre todo aprendimos moito.

Para coñecer máis sobre os nosos traballos visita o noso blog:

http://onosoblogdesexto.blogspot.com.es/

EDUCACIÓN

PRIMARIA

OS NOSOS TRABALLOS

http://onosoblogdesexto.blogspot.com.es/search/label/OS%20NOSOS%20TRABALLOS

No ano 2013-2014 os nenos e nenas de 5º fixemos moitos traballos:

sobre a auga, os seres vivos, o xornal, as letras

galegas , o clima , os inventos, as persoas

discapacitadas, a prehistoria, os países e

capitales de Europa, o día da mellor

traballadora... Ou traballamos a arte; estudando

a Munch, cos berros de 5ºA e/ou Mondrián.

Tamén fixemos contos, obras de teatro, as

tarxetas para os nosos pais...

Algún dos traballos que máis nos gustaron foron:

− O traballo da auga:fixemos experimentos con auga: o ovo que flota, a

electricidade cun globo, colorante con flores.... E aprendimos a

importancia que ten a auga para os seres vivos.

− Os seres vivos : neste traballo

utilizamos o microscopio, etc.

falamos tamén sobre as células,

− Xornal: nas aulas de 5ºA 5ºB fixemos un

xornal con moitas noticias.

− As Letras Galegas: fixemos cada grupo un

traballo sobre Xosé María Díaz Castro.

− Clima:Fixemos un traballo sobre o clima que hai en España e en

Galicia. Así como, a importancia de coidar o medio ambiente.

− A prehistoria : investigamos sobre os nosos antepasados.

− As capitais europeas : Cada un de nós

investigamos sobre Europa e a Unión Europea

e despois, fixemos un país con moita

información e curiosidades.

EDUCACIÓN

PRIMARIA

CELEBRACIÓNS E SAÍDAS

Unha das primeiras celebracións deste curso foi O Samaín !

As clases de 5º A e 5º B

quixémolo festexar como os

nosos antepasado celtas, así

que fomos ao Castro de Troña

para celebralo alí.

Fomos ata o castelo de

Vilasobroso en autobús e

desde alí camiñamos ata

chegar.

Ao chegar vimos todos os castros, merendamos

castrexos!

e xogamos como

No mes de outubro, tamén

aproveitamos para ir visitar os nosos

maiores ao centro de día.

Falamos con eles para que nos

contasen como era a escola cando

eran pequenos, a que xogaban…

Logo contámoslle uns contos que preparáramos en clase e unha

canción: “O pirimpimpín” pero cambiándolle a letra.

Pasámolo moi ben cos avós!!!

EDUCACIÓN

PRIMARIA

No 1º trimestre fumos de excursión ao Faro de Vigo!

O xoves 12 de

decembro os nenos de 5º e

6º fomos de excursión ao

Faro de Vigo. Alí

ensináronnos como se facían

os xornais, vimos como eran

as máquinas...

Foi unha saída

interesante, na que

aprendimos moitas cousas que non sabíamos.

No segundo trimestre, fomos de

concerto a Vigo e ao museo Quiñones

de León.

O día 11 de marzo, xunto cos nos@s

compañeir@ de 6º, fomos a Vigo para

desfrutar dunha actuación dun grupo de

percusión, chamado Odaiko.

Pero antes diso, chegamos ao museo Quiñones de León, en Castrelos

(Vigo). Alí visitamos o pazo onde vivían os marqueses e logo os xardíns.

Cando rematamos esta visita, chegamos ao Auditoria de

NovacaixaGalicia preparados para ver e escoitar ao grupo.

Foi moi divertido, porque facían música con calquera obxecto!

Gustounos moito!

Coñece máis actividades no noso blog:

http://onosoblogdesexto.blogspot.com.es/search/label/ACTIVIDADES%20COMPLEMENTARIAS

%20E%20EXTRAESCOLARES

EDUCACIÓN

PRIMARIA

MONDARIZ: ENTORNO PRIVILEXIADO

Vivimos nunha vila moi fermosa, cun gran encanto. Por iso, neste

curso nos propuxemos coñecela un pouquiño máis.

Camiñata por Mondariz Balneario

O 20 de marzo @s nen@s de quinto fumos a unha camiñata polas

beiras do río Tea.

Saimos do cole e fomos polo novo camiño que fixeron ata Mondariz

Balneario; pasando pola Ponte romana de Cernadela.

Despois dunha boa andaina, chegamos a Mondariz Balneario e fumos

ata a fonte de Troncoso.

Logo subimos ata o parque que está preto do Balneario para ir a

fonte de Gandara a beber un vaso de auga mineromedicinal e escoitar unha

conferencia sobre a auga.

Cando remataron todas estas

explicacións, fumos a visitar o palacio da

auga e volvimos o cole.

O que máis nos chamou a atención foi o

Palacio da Auga.

Visita a Queimadelos

O día 31 de marzo fomos andando ata Queimadelos .

Visitamos moitos sitios: primeiro fomos ó Carballo da Armada e as

mámoas, onde nos explicaron o que eran...

Despois visitamos a base dos

helicópteros, onde os bombeiros forestais,

nos explicaron como era o seu traballo... E

despois ata nos deixaron probar a mangueira

coa que apagan os lumes.

Aproveitamos as instalacións dos

forestais para comer e logo seguir camiñando

ata un lagar rupestre; é dicir, o lugar no que

se exprimían as mazás para facer sidra. Por último, chegamos os muiños e

volta para o cole. Foi un día xenial!

EDUCACIÓN

PRIMARIA

ASÍ TRABALLAMOS OS ARTISTAS DE 6º A

Este ano o alumnado de 6º A traballamos moito a arte. Coñecemos a grandes artistas coma

Guiseppe Arcimboldo, Pablo Ruiz Picasso, Henri Matisse, Joan Miró, Vicent Van Gogh... Entre outros!

Bótadelle unha ollada aos nosos traballos!

GUISEPPE ARCIMBOLDO

Naceu en Milán no ano 1527. Ao emperador Fernando I de Habsburgo gustoulle tanto a súa obra que o

contratou coma pintor na corte de Praga.

Nos seus cadros, Arcimboldo transforma flores, froitas,

verduras e hortalizas ou animais e os usa para facer retratos.

Ningún artista antes que el pintara retratos de homes e

mulleres en tanta harmonía coa natureza. Os seus cadros máis

famosos son as series: “As catro estacións e os catro

elementos”. Tras a súa morte en 1593, o pintor que en vida

foi tan famoso e admirado, caeu rapidamente no

esquecemento. No século XX, os pintores do movemento

surrealista o redescubriron. E gracias a eles o coñecemos

todos nós!

Agora unha mostra do noso traballo: tentamos

reproducir os cadros do Outono e o Inverno,

pertencentes á colección “As catro estacións” de

Arcimboldo. Que tal nos quedaron?

PABLO RUIZ PICASSO

Naceu en Málaga no 1881, pero viviu moitos anos en ,París (Francia). Aínda que é o representante do

Cubismo, a verdade é que ao longo da súa vida levou a cabo obras de moitos estilos. Comezou pintando

personaxes do mundo do circo e do teatro, que forman parte da súa etapa azul, despois decidiu cambiar

de color, na súa etapa rosa. Finalmente meteuse de cheo no estilo cubista. Admirou a outros pintores,

coma Velázquez ou Manet, polo que decidiu facer as súas propias versións. A verdade é que foi moi

creativo, así que ademais dos pinceis tamén traballou a cerámica, o collage, a escultura e o grabado.

Unha das obras máis

importantes e coñecidas de

Picasso, e o “Guernika”. Nesta

obra Picasso quixo representar

toda a dor que producen as

guerras, e tamén, a esperanza

“camuflada” nunha pomba que

pronto se convertería no

símbolo picassiano da paz. Esta

é a nosa versión do Guernika

EDUCACIÓN

PRIMARIA Ademais tamén nos atrevemos coa poesía! Inspirándonos nun poema de Ignacio Sanz, chamado

“Los ojos de Picasso”.

Los ojos de Picasso

dos luminarias vivas,

tan abombadas y extraordinarias

como las pilas. (Estela Alén)

Los ojos de Picasso,

brillan en el ocaso,

son como pintura

en una gran escultura.(Naim Codeseda)

Los ojos de Picasso,

un par de pinceladas

que sólo en su lienzo

dejan marca. (Aarón Amoedo)

Esos ojos son preciosos,

y nada se puede comparar,

por eso él pinta

a tan buen perfeccionar. (Lorena Álvarez)

Los ojos de Picasso,

son puertas, cerillas,

cajones, chirimollas,

linternas tranquilas. (David Couñago)

Los ojos de Picasso,

están llenos de colores

y brillan sin motivo

aunque no tienen amores (Goa Vázquez)

Con su simetría son,

diferentes con pasión,

un baile de colores

todo lleno de flores.

Dulces como un roscón,

¡Sin sentido en alguna ocasión! (María Troncoso)

Na mesma época que Picasso, viviu outro grande pintor: Henri Matisse. Entre Picasso e Matisse

houbo unha grande rivalidade, ao mesmo tempo que unha grande amizade. Aínda que eran moi

opostos admirábanse mutuamente.

HENRI MATISSE

Este artista francés, recoñecido polo seu fascinante uso da cor, naceu en Francia en 1869

e morreu en 1954. A este artista non lle importaba que as cousas se viran reais e quería

que simplemente as súas cores cantaran, sen prestar atención ás normas e as regras. Os

seus cadros causaron moito impacto e a xente dixo que pintaba coma “unha besta

salvaxe” (“fauves” en francés). A el gustoulle o nome e dende entón comezou o

movemento pictórico chamado “Fauvismo”. Matisse foi simplificando a súa arte, facendo

pinturas planas con figuras en primeiro plano e empregando diferentes texturas. Aos 70

anos caeu enfermo, e como non podía manterse en pé, Matisse decidiu recortar papeis

pintados de diferentes cores e texturas, combinando formas xeométricas con formas da

natureza. Esta técnica é coñecida coma collage.

E nós como somos moi atrevidos fixemos os nosos collages imitando a Matisse.

EDUCACIÓN

PRIMARIA

JOAN MIRÓ

Érase unha vez, en Barcelona, un mozo ao que lle encantaba pintar. O seu nome era

Joan Miró. Gustáballe tanto pintar e o facía tan ben, que pediu permiso ao seu pai

para ir a unha escola de noite; unha escola onde lle ensinaran a usar tódolos cores

(vermello, azul, amarelo, verde, negro, ...) e tódalas formas xeométricas (cadrados,

círculos, rectángulos...), e así os seus debuxos e esculturas

serían as máis bonitas. Miró pertenceu a un movemento

artístico coñecido como surrealismo, un movemento que

quería plasmar o mundo dos soños. Pasaron os anos e Miró

marchou a vivir a París. Alí coñeceu a outros famosos pintores

como André Masson, Max Jacob, e sobretodo... Pablo Picasso!

De feito foron tan amigos, que lle dedicou un cadro que se chamaba “Muller, Paxaro e

Estrela”.

Nós tamén quixemos facerlle unha homenaxe a estes dous grandes artistas, imitando

este cadro de Miró cubríndoo con plastilina.

E, entre artista e artista, polo entroido tamén fixemos taller de costura, corte e confección. Ese día

convertémonos nestes fermosos bichiños da horta! Tiñamos de todo: abellas, maruxiñas, formigas,

arañas, e ata caracois!

Estabamos tan guapos e guapas que gañamos o premio ao disfraz máis elaborado. E que nolo

“curramos” moito!!!

EDUCACIÓN

PRIMARIA

Este curso, entre as matemáticas, a ortografía, os pintores, a lectura e o coñecemento do

medio … aproveitamos tamén, algúns intres, para traballar a imaxinación e divertirnos facendo a

“Monstropedia”. Unha enciclopedia moi especial na que podemos atopar monstros de tódalas

clases e formas, con poderes sobrenaturais, pero ante todo ... moi galegos!

COIDADO!

ESTES MONSTROS ADICTOS Á EMPANADA E O

CALDO GALEGO ANDAN SOLTOS. ARRASAN CÓS

SUPERMERCADOS DE MONDARIZ, ASALTAN

BANCOS E INCLUSO VIVEN NOS INODOROS.

PARA MÁIS INFORMACIÓN

CONSULTEN O NOSO XORNAL

“O SAMANEWS”.

EDUCACIÓN

PRIMARIA

Xa está a rematar outro curso escolar, e nas clases de relixión traballlamos arreo para

facer moitas cousiñas. Para o Nadal, preparamos panxoliñas cos máis pequenos, e cos

máis grandes obras de teatro (podedes ver algunhas fotos no apartado de..... da

revista). Cos de sexto grabamos o seu primer film...

(pinchade no título e poderedes disfrutar as veces que queirades do arte escénico destes alumnos).

Estreada no festival de Nadal do centro e apta para tódolos públicos, a verdade é que tivo

unha gran audiencia.

O longo do curso fixemos xogos, traballamos valores, empregamos os ordenadores para o

noso traballo...Deu para moito!!

Desde a biblioteca lanzaron unha proposta para traballar todolos mestres e alumnos un

proxecto que leva por nome “DESCUBRIMOS MONDARIZ” gracias a eso coñecimos un

pouco máis o noso contorno e os alumnos de relixión coñecemos as nosas igresias, polo

que todos os nenos recolleron información das 12 igrexias da parroquia, capelas e

cruceiros. E como temos alumnos que veñen de Mondariz Balneario incluímola tamen.

O resultado foi un gran libro onde podemos ver a fachada principal de cada igrexa e o abrir

atopamos o altar maior xunto cos datos de interes da igrexa. Foi un traballo duro, pero

valeu a pena.

Xa para rematar case o curso e despoís do éxito do ano pasado, propuxen facer a:

onde tanto nenos de infantil coma de primaria traballaron moito, moito, moito...

EDUCACIÓN

PRIMARIA Esfollamos:

e clasificamos as flores por cores:

Marcamos con tiza:

e despoís con cocas:

EDUCACIÓN

PRIMARIA

E comezamos a darlle pinzeladas de cor:

E o resultado foi:

EDUCACIÓN

SECUNDARIA

EXCURSIÓN DA TITORÍA – 2º ESO

O pasado 28 de abril o alumnado de 2º ESO participamos nunha excursión dun día enteiro de

duración organizada dende a titoría.

Pola mañá fixemos un roteiro ambiental no CUVI organizado pola OMA (Oficina de Medio

Ambiente) da propia universidade. Dous alumnos doutorandos da facultade de Bioloxía e bolseiros

da propia OMA, Jacobo e Alberto, fixeron de guías ao longo dun percorrido medio no que nos

falaron da flora e da fauna máis común na contorna da Universidade de Vigo. Aprendimos aspectos

moi interesantes sobre os diferentes tipos de vexetación típicos de Galicia (lagoas, devesas, etc.)

ademais de coñecer máis de preto os labores de recuperación ambiental que leva a cabo a

universidade para tentar superar os problemas máis comúns (procesionaria dos

piñeiros,contaminación, etc.). Os profes Fátima, Miguel e Begoña non paraban de facer preguntas.

Despois de parar un anaco para comer o bocata da mañá e facer preguntas, retornamos ao autobús.

que nos trouxo de volta a Mondariz. Por fin deixou de poallar!

Roteiro guiado polo CUVI – Itinerario ambiental polo campus de Vigo

Unha vez de volta no colexio, collemos a comida e fomos ao Val. Despois de xantar á beira do río

houbo algúns que botaron un partido de fútbol. O profe Miguel tamén xogou connosco pero houbo

que parar para retomar a actividade da tarde. O profe Juan deunos unhas indicacións básicas de

orientación e practicamos un pouco ao longo do camiño que vai dende o Val até Balneario.

Estabamos a pasalo moi ben cando ao chegar á fonte de Troncoso tivemos que dar volta para chegar

a tempo ao colexio. Ningúen marchou sen botar un groliño da fonte para retomar forzas, non

creades.

EDUCACIÓN

SECUNDARIA

Obradoiro de orientación

A nosa experiencia da saída foi positiva porque aprendemos cousas que non sabiamos sobre o medio

e puidemos reparar en aspectos descoñecidos dun espazo que nos é tan familiar como o río.

Ante todo foi un día diferente no que estivemos todos xuntos rompendo a rutina habitual típica das

clases. Finalmente marchamos cansos para casa despois de botar un día enteiro camiñando.

Foto de grupo na fonte de Troncoso

EDUCACIÓN

SECUNDARIA

Cartel diseñado polos alumnos de 4º ESO

do Obradoiro de iniciativas

emprendedoras

Para que reflexionemos un pouco...

EDUCACIÓN

SECUNDARIA

“MENU DU JOUR”

Une année de plus,

nos chers élèves de

1 ère ESO année se

sont réunis autour

d’une table afin de

célébrer la

gastronomie

française.

caramel, nougat,

gâteaux, etc.).

Un ano máis, os

nosos alumnos de 1º

ESO se xuntaron

para celebrar a

gastronomía

francesa.

Cette année, en plus de la France,

d’autres pays francophones ont été

dignement représentés.

Este ano, ademáis de Francia, outros

países de lingua francesa

foron representados.

Se Francia é coñecida por

os seus queixos, Suiza é o

do chocolate e tivemos a

sorte de degustar

chocolate chegado

directamente dos Alpes

suizos.

Si la France est le pays du fromage, la

Suisse est celui du chocolat et nous

avons eu l’occasion de déguster du

chocolat venu directement des Alpes

suisses.

Tivemos moita variedade

de platos. Puidemos

probar filloas (crêpes), cruasáns,

napolitanas, variedades de queixos, quiche,

e unha gran variedade de postres (flan,

turrón, tartas, etc).

Les plats étaient variés. Nous

avons eu des crêpes, des

croissants, des pains au

chocolat, plusieurs variétés de

fromage, de la quiche, et toutes

sortes de desserts (crème

MEIGALLOS

On the first day of November is Samhain. To

celebrate it, 1 st and 2 nd ESO students did a lot

of Halloween decorations for the English

classroom. They wore their costumes and

finally they had a Halloween party in class. It

was so scary!

SAMHAIN

O primeiro día de novembro é Samain. Para celebralo as/os alumnas/os de 1º e 2º ESO

realizaron numerosas decoracións de Samain para a clase de inglés. Disfrazáronse e

tiveron unha festa na clase. Que medo!

CPI DE MONDARIZ

2013-14

Scottish culture

Last October, 2 nd and 3 rd ESO students designed posters related to different aspects of

the Scottish culture such as literature, music, history, food, sports and traditions. The

posters were displayed along the walls of the ground floor and then all ESO students

had to answer a questionnaire with the information we had to look for in the posters.

We learned many things about Scotland and we had fun working in groups!

The students of 2 nd ESO also danced traditional Scottish dances in the English classroom. They had

great fun and even wore traditional clothes, as kilts! You can see those dances in the following links:

2º A Scottish Dance

2º B Scottish Dance

En outubro as/os estudantes de 2º e 3º ESO diseñaron carteis nos que relataban diferentes aspectos

da cultura, literatura, música, historia, comida, deporte e tradicións de Escocia. Os carteis

distribuíronse ao longo dos corredoiros da planta baixa e despois os distintos grupos da ESO tivemos

MEIGALLOS

que responder un cuestionario coa información que aparecía nos carteis. Aprendimos moito sobre

Escocia e divertímonos traballando en grupos.

Asemade, as/os estudantes de 2º ESO tamén bailaron danzas escocesas nas clases de inglés.

Divertíronse moito e, ademáis de bailar, levaron traxes tradicionais como as faldas escocesas.

Podedes ver estas danzas nos enlaces que se atopan máis arriba.

The talk with Emily and Julie

On the 30 th November Emily and Julie came to our school to talk about their experience learning

foreign languages and what they think of Galicia since they have been ISEP and Erasmus students at

Universidade de Vigo. They also talked about their countries, the USA and Belgium. The session

was very interesting, since we had the opportunity of having English speakers with different accents

and it helped us realize how important it is to learn foreign languages to communicate with other

people.

You can have a look to their presentations by clicking on the following links:

Emily's presentation

Julie's presentation

O 30 de novembro Emily and Julie viñeron dar unha charla ó noso centro sobre a súa experiencia

aprendendo linguas estranxeiras e a súa vision de Galicia tras pasar unha tempada como alumnas

ISEP e Erasmus da Universidade de Vigo. Tamén faláronnos dos seus países de orixe, EEUU e

Bélxica. A sesión resultou moi interesante pois tivemos a posibilidade de escoitar a falantes de inglés

con distintos acentos e axudounos a concienciarnos máis da importancia que ten aprender linguas

estranxeiras para podernos comunicar mellor con outra xente.

CPI DE MONDARIZ

2013-14

English games at the library

The people who wanted attended the workshop “ENGLISH GAMES” held at the school library as

part of the general programme “Tardes Creativas” at the end of January. Students played the

Hangperson, two different Dictionary Games, Boggle, Bingo, Apple Pass, Plane Game and Bang!

They had a great time playing together while learning more vocabulary, use of English and culture.

Estudantes de distintos niveis da ESO participaron no taller “English games” que tivo lugar a finais

de xaneiro en dúas sesións na biblioteca do centro como parte do programa “Tardes creativas” que

organizou o centro. As/Os alumnas/os xogaron ao “Aforcado”, dous xogos de diccionario, Boggle,

Bingo, Pasa a mazá, o Xogo do Avión e Bang! Pasárono moi ben xogando xuntas/os, á vez que

aprendían novo vocabulario e aspectos culturais, así como melloraban no uso do inglés.

Rachel and her talk about Saint Patrick’s Day

In the second term, an Irish exchange student came to Mondariz for five weeks. Her name is

Rachel and she is sixteen years old. She lived with me and my family. It took us all some time to

adjust to having a new person in the house, but now I would call her a part of my family. She

participated in everything my sister and I did on a regular basis and it was great having another

person I could talk to around the house. She came to school and sat in our classes, and helped in

every situation that she could. She participated in all the classes in school and tried to make us

understand about her life and her culture as well. For example, she explained to us what Saint

Patrick’s Day is like in Ireland. Well, at first she didn’t want to talk to all of us because she said she

was really shy but in the end she managed to do that quite well and I could say that she did as well as

she could. (Ainoa Penavella, 4 th ESO)

MEIGALLOS

No segundo trimestre viu a Mondariz unha estudante irlandesa de intercambio

durante cinco semáns. Chámase Rachel e ten dezaseis anos. Viviu comigo e a miña

familia. Ao principio levounos un tempo adaptarnos ao feito de contar con alguén máis na

casa, pero agora diría que é parte da mina familia.

Participou en calquera tarefa que a miña irmá e máis eu tiñamos encomendada e foi

xenial contar con alguén novo ao que lle contar as nosas cousas. Veu con nos ás clases e

tratou que entendésemos cómo é a súa vida e cultura. Por exemplo, explicounos como se

celebra o día de San Patricio en Irlanda. En fin, ao principio non estaba moi convencida de

poder facelo, pois dicía que

era moi tímida e que lle ía custar. Porén, eu diría que o fixo o mellor que puido e que o

resultado da experiencia foi satisfactorio. (Ainoa Penavella, 4 th ESO)

Theatre play

The different departments of English, French and Spanish organised some plays in their respective

languages to make all the students improve their level of them. All the plays were really cool and

funny because all the actresses and actors were brilliant and they made us laugh.

The English play “On Air” was on the 30 th April. It was about a radio programme with some

unexpected events. Some students took part in it which made that the time flew for all of us. The

only thing we missed was that we couldn’t make questions to the actors at the end of the play.

Os departamentos de Inglés, Francés e Castelán organizaron unas obras de teatro nas súas

respectivas linguas co fin de que o alumnado mellorase o seu nivel de comprensión delas. Todas as

obras estiveron moi ben e foron divertidas pois as actrices e actores fixérono moi ben e rimos moito

con elas.

CPI DE MONDARIZ

2013-14

A obra de inglés “On Air” foi o 30 de abril. Trataba dun programa de radio no que acontecían

episodios un tanto inesperados. Algunhas alumnas e alumnos tomaron parte na obra, o que fixo que o

tempo pasásenos voando. O único que botamos en falta foi a posibilidade de facerlles preguntas á

actriz e ó actor, unha vez rematada a representación.

Cake Day

In the 2 nd and 3 rd terms, 1 st and 2 nd ESO students celebrated Cake Day in the different classes.

Students had to explain the recipes of the delicious cakes they had chosen and they also brought a

sample of that recipe. Some of them even recorded a video explaining the process. Mmmmmm!

Walnut sour cream cake

Sour cream cheesecake

Pancakes

Durante o 2º e o 3º trimestre as/os estudantes de 1º e 2º ESO celebraron o día do

pastel en diferentes clases. Explicaron a receita dos deliciosos pasteis que elixiran e

tamén levaron mostras que despois comeron xuntas/os. Varias/os delas/es grabaron un

video cuios enlaces tedes arriba explicando o proceso. Mmmmmmmmmm!

MEIGALLOS

Big challenge

On the thirteenth of May some of the English students took part in a

spectacular quiz where you can win a lot of presents although this

isn’t the best part of the experience. The most important aspect is to

know how your English level is and try to upgrade that level. We

don’t know our quiz marks yet.

Let’s go school! Maybe we’ll get great marks!!

CPI DE MONDARIZ

2013-14

O día 13 de maio, alumnas/os de inglés dos distintos niveis da ESO formaron

parte dun concurso no que se poden chegar a gañar varios agasallos. Porén,

esa non é a mellor parte desta experiencia. O mellor é que ti podes saber cal

é o teu nivel de inglés a través dun test con distintas preguntas de uso do

inglés e tamén culturáis e así melloralo. Aínda non sabemos os nosos

resultados. Ánimo! Quizáis poidamos acadar uns grandes resultados!

EDUCACIÓN

SECUNDARIA

Excursión a Celanova

O 3 de xuño, as alumnas e alumnos de terceiro e cuarto da ESO

fixemos unha visita a Celanova. Alí puidemos visitar o mosteiro de San

Salvador (máis coñecido como mosteiro de San Rosendo). Un guía

ensinounos os distintos espazos interiores, como a igrexa, onde se

atopa o coñecido órgano do século XVIII. Tamén vimos o patio interior,

a pequena capela de San Miguel e o instituto.

Ao longo da mañá fomos á Casa dos Poetas, a vivenda da infancia de

Curros Enríquez. A guía ensinounos o seu interior e ata as súas gafas!

Comemos por Celanova, e pola tarde visitamos a fermosa aldeíña de

Vilanova dos Infantes. Vimos a súa torre, a antiga muralla, as casiñas

restauradas, e o máis importante, a pequena Virxe de Cristal.

En xeral, a todos nos gustou esta actividade, pasámolo xenial!

Mª del Rocío Álvarez (4º ESO A)

EDUCACIÓN

SECUNDARIA

VISITA DOS ALUMN@S DE 4º ESO

AO IES VAL DO TEA

O 20 de maio o alumnado de 4º ESO visitou o IES Val do Tea.

Alí foron recibidos pola orientadora do Centro.

O alumnado visitou as instalacións do mesmo e coñeceu a algúns

dos profes que lle impartirán clase o próximo curso.

EDUCACIÓN

SECUNDARIA

DE MONDARIZ A BARCELONA

Banda deseñada co gallo da viaxe de fin de curso que o alumnado de 4º ESO

fixo a Barcelona en abril, por Ana Alén de 4º ESO A.

EDUCACIÓN

SECUNDARIA

EDUCACIÓN

SECUNDARIA

BIBLIOTECA

VISITA DE BREOGÁN RIVEIRO

Debido ao éxito que tivo entre o alumnado de 1º ESO a lectura de Tonecho de

Rebordechao, desde o Departamento de Lingua Galega e Literatura xestionamos a

visita do autor do libro, Breogán Riveiro, e o luns 5 de maio contamos coa súa

presenza na Bliblioteca do noso centro.

Deste xeito, as rapazas e rapaces de 1º ESO tiveron a oportunidade de preguntarlle

curiosidades sobre a obra, así como outros aspectos da súa biografía, xa que en todo

momento o escritor galego se mostrou moi próximo e aproveitou para asinar e dedicar

exemplares do seu libro

BIBLIOTECA

ACCIÓN POÉTICA

Con razón do día mundial da poesía, os alumnos e

alumnas do obradoiro de biblioteca realizamos unha

intervención poética.

Esta consistiu en que cada alumno ou profesor

escolleu o seu poema favorito e pasouno a un papel

que posteriormente foi pegado por todo o centro.

A través desta actividade todas as persoas que pasaron

polo centro puideron coñecer novos poemas e

achegarse un pouco máis ó mundo da poesía.

Algúns dos elixidos son:

MON POÈME

Dans le ciel,

la lune.

Tranquille, solitaire.

Elle est seule.

Das la terre,

des personnes.

Amour, vie,

et liberté

María Álvarez 4o PDC.

BIBLIOTECA

Asomaba a sus ojos una lágrima

y a mi labio una frase de perdón.

Habló el orgullo y se enjugó su llanto

y la frase en mis labios expiró.

Bieito 4o PDC.

LELA

Dáme alento das túas palabras.

Dáme celme do teu corazón.

Dáme lume das túas miradas.

Dáme vida có teu doce amor.

Sara 3oA ESO.

BIBLIOTECA

Actividades de decoración

do centro

Neste ano os cursos de terceiro e cuarto da E.S.O. realizamos

actividades para decorar o noso centro. Entre elas destacamos as

seguintes:

Como primeira actividade fixemos unhas plantillas en forma de

frechas que indicaban o camiño cara a biblioteca. Para isto,

escollemos portadas de libros representativos da biblioteca de todos

os xéneros e idiomas que alí había. Fotocopiámolas e recortámolas

en forma de frecha e logo forrámolas con plástico autoadhesivo

deixando unha marxe. Para rematar pegámolas polos corredores do

colexio en dirección á biblioteca.

Como segunda actividade na época de outono fixemos unhas

plantillas dunhas follas en papel continuo, e recortamolas, despois

eleximos algunhas estrofas de poemas duns libros e copiámolas nas

follas, cando rematamos isto todo pegamolas na bitrina da entrada.

Como terceira actividade polo día de San Valentín fixemos uns

corazóns vermellos con papel continuo, nos que cada alumno puxo

unha frase ou versos de poemas de amor. Por último ao estar

rematados pendurámolos no corredor da entrada principal do

centro, para decoralo.

BIBLIOTECA

Traballos para conmemorar o centenario de “Platero y YO”

O pasado 21/2/2014 os alumnos de 3º e 4ºde obradoiro de biblioteca da ESO do CPI de Mondariz

participaron na conmemoración do centenario da obra de “Platero y Yo”.

Estiveron buscando información sobre esa obra para coñecer un pouco máis a historia desta.

A partir desa búsqueda de información elaboraron un traballo cos seguintes apartados.

→ Presentación da obra

→ Biografía de Juan Ramón Jimenez

→ Xénero

→ Contido

→ Personaxes

→ Estrutura

→ Tempo

→ Lugar e época dos acontecementos

→ Estilo da obra

→ Valoración da importancia da obra

→ Resumo do libro

Por último entregáronlle os traballos a profesora e expuxéronos no centro a vista dos alumnos e

profesores.

Artigo feito por:

-Iraia Alfaya Fernández,3oA

-Manuel Mera Amoedo,3oB

-Sergio Garrido Táboas,3oA

-Eva Vázquez Ferreiro,3oA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

O CURSO QUE FOMOS MOITOEU APOIANDO O GALEGO

Para o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CPI de Mondariz, este foi o

principal obxectivo ao longo do curso 2013-2014:

• Implicar o maior número de alumnado nas actividades do EDLG, para que as

actuacións tivesen unha maior visibilidade e incidencia entre toda a comunidade

educativa e se reforzase así a dimensión comunicativa e instrumental do galego,

ligando a súa utilización aos modos de vida máis actuais e aos usos lúdicos do idioma.

Unha das grandes dinámicas que desenvolvemos neste período

foi a campaña MOITOEU! Confeccionamos un monigote que tiña

un oco aberto na zona da faciana agardando pola cara de

calquera membro da comunidade escolar. Co obxectivo de

favorecer as actitudes positivas cara á lingua galega e de mostrar

o orgullo que temos dela, montamos e difundimos un vídeo coas

mensaxes de todos os membros do CPI de Mondariz que

participamos, referentes a como somos "moito eu" cando

usamos o galego para usos cotiáns, académicos,

familiares..., usos normais. Só nos levou uns

segundos gravar o que queriamos dicir e pasámolo

xenial. O resultado pódese ver na canle de Youtube

do EDLG de Mondariz, igual ca outras iniciativas, ás

que se accede dende o noso blog:

http://cpimondariz-normalizacion.blogspot.com.es/

CPI DE MONDARIZ CURSO 2013-2014

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

En novembro, e porque os momentos de ocio no colexio

pódense encher tamén de compañeirismo, de risas, de

tensión e... da chea de léxico que coñecemos en galego,

convocamos un concurso,

o CONTRASINAL, para que

o alumnado e o profesorado tomemos conciencia do

coñecemento que temos do léxico en lingua galega de uso

máis cotián e da importancia sociolingüística do seu uso.

En decembro, puxemos en marchar un concurso á minipostal de

Nadal co desexo máis esperanzador para a lingua galega.

Montamos unha árbore de Nadal seca de savia, mais cos nosos

mellores desexos para o galego en forma de minipostais,

posicionámonos a prol do fomento da lingua. O desexo gañador

foi incluído no noso tradicional marcapáxinas-calendario, de

grande utilidade ao longo do curso.

CPI DE MONDARIZ CURSO 2013-2014

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Enmarcado na iniciativa de TARDES CREATIVAS que

impulsou o Equipo de Biblioteca do CPI de Mondariz

neste curso, o noso equipo realizou en xaneiro un

OBRADOIRO DE CAMISETAS con lemas ou ditos en

galego, para presumir de lingua incluso na roupa que

vestimos acotío. Podedes ver como as fixemos no noso

blog.

As charlas arredor do tema da lingua, que tentamos que fosen amenas e de interese para o

noso alumnado, estiveron orientadas a distintos niveis. Foron estas:

• A toponimia mondaricense, por Alberte Reboreda, para 1º ESO.

• O galego na empresa: Caramuxo, por Xoán Quintáns, para 3º e 4º ESO.

• Mellora de actitudes cara ao galego, por Séchu Sende, para 3º ESO, o día da xornada de

convivencia co IES de Salvaterra.

• Retransmitimos deporte en galego, por

Xaime Escudeiro, da Radio Galega, e

Marta Souto, que presentou en

Mondariz a campaña “Gústame o

galego de primeira”, para 5º/6º de

Primaria e 1º/2º ESO.

• A música con letras galegas, por Pablo Carracedo, do grupo musical Nao, para a ESO.

Á parte desta selección de dinámicas, animamos a comunidade escolar a entrar no blog do

Equipo de Dinamización da Lingua Galega, para ver vídeos, imaxes e ter máis información

sobre as actividades que se impulsaron neste gran curso que remata:

o curso do MOITO EU! no CPI de Mondariz.

http://cpimondariz-normalizacion.blogspot.com.es/

CPI DE MONDARIZ CURSO 2013-2014

EDUCACIÓN

SECUNDARIA

EDUCACIÓN

SECUNDARIA

EDUCACIÓN

SECUNDARIA

CELEBRACIÓNS

INFANTIL

No noso estreno como

festivaleiros, houbo de todo:

baile, algún que outro choro, e

moitas risas.

Os nenos e nenas de 4 anos, xa mais

acostumados a esto dos festexos,

pasámolo pipa bailando sen parar.

Despois actuamos os rapaces e as

rapazas de 5 anos e vaia se se

notou que somos uns expertos,

deixamos a todos abraiados coa

nosa coreografía.

CELEBRACIÓNS

PRIMARIA

No festival de primaria tamén o pasamos moi ben !!!!

CELEBRACIÓNS

SECUNDARIA

E, por suposto, no festival de secundaria non íamos quedar atrás. Como vedes ata os profes se

animaron a actuar!!

Quedounos un festival ben xeitoso!!!

CELEBRACIÓNS

CELEBRACIÓNS

Neste curso festexamos o Entroido por todo o alto!

CUMPRIMOS COAS ORDES DO MECO!

E O VENRES TODOS NOS DISFRAZAMOS!!!

Eu son Meco!

OBEDECE AS MIÑAS

ORDES, SE BEN O

QUERES PASAR!!

ESTE ANO … A AGRICULTURA!

QUE GUAP@S!!!

Os peques de 3 anos de

xardineiros con pás, e

caldeiros.

Os de 4 anos de deliciosos

amorodos.

E os maiores de Infantil,

os nen@s de 5 anos,

espantando todos os

paxaros das colleitas: de

espantallos!!

CELEBRACIÓNS

1º CICLO: OS LABREGOS COS ANIMAIS DA GRANXA

3º: TRACTORES 4º: AGRICULTORES

5º A: PASTORES CO REBAÑO DE

OVELLAS, CAN E LOBO

5º B: ESPANTALLOS

6º A: BICHIÑOS DA HORTA 6º B: GRANXEIROS

CELEBRACIÓNS

E DESPOIS DO DESFILE POLAS RÚAS DE MONDARIZ…

DEGUSTACIÓN DE POSTRES!!!

CELEBRACIÓNS

En Mondariz somos uns

grans deportistas!!

Para demostralo @s alumnos

de sexto participaron, xunto

con outros coles da zona, en

diferentes competicións.

EDUCACIÓN

PRIMARIA

ATOPA AS DIFERENZAS!

Deseño 5º primaria!

EDUCACIÓN

PRIMARIA

Adiviñas

Moito correr, moito fregar

e a súas irmás traxes planchar

pero, ao final, xa verás,

no palacio,se casará

De vermello me cubro,

sen se papoula,

a miña avoa e o lobo

completan a historia.

Aberta sempre estou

para todos os nenos

cerrada e triste me quedo

os sábados e os domingos.

CHISTES

- ¿Que che pasa se che quito un oído?

+ Quédame outro.

- ¿E se che quito o outro?

+ Quédome cego.

- ¿E iso?

+ Porque se me caen as gafas.

A maestra pregúntalle a Jaimito:

-Se eu digo, fun rica, é tempo pasado, pero si

digo son fermosa, que é?

-Exceso de imaxinación, mestra.

-Papá, papá ...Que se sinte ao ter un fillo tan guapo?

-Non sei fillo, pregúntalle ao teu avó.

5º Primaria!

Agradecementos a toda a comunidade educativa do

CPI Mondariz pola súa colaboración na

elaboración desta revista.

O Departamento de Actividades Extraescolares.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!