07.09.2016 Views

PLAN DE LECTURA

P-00195201_9999973079

P-00195201_9999973079

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

6º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA

Tamén en ePub

Tamén en ePub

Esmeraldina,

a pequena defunta

Ledicia Costas

Colección: MERLÍN (11 ANOS EN DIANTE)

Ilustrador: Víctor Rivas

Código: 1343250

ISBN: 978-84-9914-999-8

224 páxinas | NOVIDADE | 2ª edición

O Hotel Fantastique está no medio do

Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena

Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os

trucos culinarios da man da súa avoa A

Tremenda, unha chef de sona mundial. A

vida avanza entre pucheiros ata que un

andazo de febre escarlatina acaba coa vida

da nena. A noticia da súa morte corre como

a pólvora entre os habitantes do alén, e

empezan a chegar ao hotel defuntos de

todas as procedencias, dispostos a instalarse.

Esmeraldina necesita aprender a ser unha

pantasma de verdade. Para iso contará coa

axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña

francesa que se converterá na mellor mestra

e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima

en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo.

O Libro de Receitas da Tremenda acompaña

esta historia de medo e humor macabro,

converténdoa no petisco perfecto para

degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a

cociñeira defunta.

TEMAS: AVENTURA, HUMOR, MORTE, COCIÑA.

Nena e o mar

Érica Esmorís

Colección: MERLÍN (11 ANOS EN DIANTE)

Ilustrador: Dani Padrón

Código: 1343248

ISBN: 978-84-9914-944-8

192 páxinas | 3ª edición

PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL, 2015

Porto Balea é unha vila mariñeira na que

todos os seus anciáns habitantes perderon

a esperanza. Só Otto, o último home novo

da vila, segue a saír ao mar a diario mentres

deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao

coidado dos habitantes da vila acantilada.

Mais un día Otto non regresa, tras naufragar

nos dominios da Illa das Sereas. Dende entón,

Nena loitará contra a desidia e cansazo dos

seus vellos habitantes e con toda a forza de

vontade, o empeño e a valentía que lle collen

no seu corpo miúdo, emprenderá nun bote

pequeno unha aventura temeraria e fantástica

para rescatar ao seu pai.

Nena e o mar é unha novela circular e coral,

unha aventura de esperanza e valentía,

onde todo, absolutamente todo, é posible;

mais onde tamén se poden saborear a ritmo

pausado todos os ingredientes da vida nunha

vila mariñeira e profundizar nas historias dos

seus vellos mariñeiros.

TEMAS: AVENTURA, RELACIÓNS.

5

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!