You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
MIÑOCAS 2019

CEIP ILLAS CÍES

EDICIÓN Nº 15
EDUCACIÓN INFANTIL PROMOCIÓN 2016 – 2019

ROQUE KENAI MARTINA INDIRA VALERIA CLARA

NICO TIRSO MIKHAIL ROI PEDRO HUGO

BRAIS GABRIEL JUAN VALERIA JOEL LUCAS

MARISA LEO XOEL DAVÍ LUCAS ANA
“ ” 4

Queredes ver un pequeno resumo das nosas actividades? Mirade,mirade!!
AULA DE 3 ANOS

AO PRINCIPIO NON NOS COÑECIAMOS ENTRE NÓS NIN TAMPOUCO A

PROFE MÓNICA, PERO POUCO A POUCO FIXÉMONOS GRANDES

AMIGOS/AS.

APRENDIMOS OS NOSOS NOMES E DOS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS,

FIXEMOS MOITAS MANUALIADES, COCIÑAMOS, XOGAMOS COS

NÚMEROS, APRENDEMOS A RECORTAR ...
E SOBRE TODO, DIVERTIMONOS MOITO NAS FESTAS,

CELEBRACIÓNS E SAÍDAS DO COLE.
Un ano máis, chegamos coa nosa revista Miñocas nº 15, na que reflectimos unha pequena mostra das

actividades, saídas e proxectos levados a cabo no curso 2018/2019.

“Terra e mar: Proxecto de vida” converteuse no eixo vertebrador das nosas actividades, a través do cal,

navegamos polos nosos ríos e mares, percorremos os camiños coñecendo a fauna e a flora da nosa contorna e

mergullamos

nas diferentes profesións relacionadas co noso proxecto. Grazas ao coñecemento adquirido, o

alumnado fíxose consciente da necesidade de respectar e conservar o medio ambiente no que vivimos,

interactuando activamente con el.

Expresamos o noso agradecemento a toda a comunidade educativa polo seu esforzo e colaboración, posto

que sen todos/as eles/as, o barco non chegaría a bo porto.

Este non é un punto final, senón o inicio dunha nova etapa para o alumnado de 6º, ao cal desexamos moita

sorte nesta nova andaina que comezan con ilusión.

Comezan, tamén, unha nova etapa as mestras Ramona e Bea, que despois de moitos anos de dedicación e

esforzo, gozarán dunha merecida xubilación. E non podemos esquecernos do equipo directivo que, despois 6 anos

traballo e compromiso, finalizará o seu mandato co remate do curso.

Por último, e non menos importante, desexarvos un bo verán!

ÍNDICE

Editorial……………………………..………… 1

E.infantil………………………………………. 2

Gañadores do Vermiño…………………..….. 8

Biblioteca…………………………………..….. 14

Inglés……………………………..……………. 16

Entroido…………………………………..……. 17

Celebracións e Actividades………………..… 18

Música………………………….……………… 20

E.Primaria………………….………………….. 22

ANPA………………………………..…………. . 34

Antón Fraguas……………………..…………... 36
AS NOSAS CELEBRACIÓNS

Nadal

Entroido

O Magosto

Apomba da Paz

Samaín

Día da Paz
Our journey into the world of English!

This year we have embarked on a journey about the world that surrounds us. What

better way of learning about the world that surrounds us, than with games and songs.

This is just a small example of some of the games that we have played and that we

have learned from. An old favourite of mine, Simon Says, that we all enjoy playing.

Celebrating Halloween with a traditional

pumpkin.

Jeopardy, an American classic TV show.

What better way to finish the day, than

with a guessing game such as Headband!
BIBLIOTECA DOS

MIL MUNDOS
XII CERTAME LITERARIO “ O VERMIÑO”

GALICIA DAS CORES

Mª Fernanda di Fabio 6º curso de primaria

Terra de sacrificios

Terra dun gran legado,

Dedícoche este poema

Terra dos meus antepasados.

Pasaches por moitos reinados

Por ditaduras e democracias

E aínda todo isto

Es fermosa e tes grazas

Para ver a túa beleza

Non é necesaria unha lupa

Coas rías que te regan

Es máis bonita que ningunha.

Os teus campos extensos

Que deron alimento a moitos

Onde sementaban o seu futuro

Nacendo novos froitos

Os humanos foron á Lúa

Teñen un gran intelecto

Pero non todos son sabios

Porque non te coidan como é correcto.

Aínda que non te coñecía

Xamais te faría dano

Galicia das cores

Non sabes canto te amo.
XII CERTAME LITERARIO “ O VERMIÑO”

Título: Nin azul, nin rosa

Autora: Sabela Castiñeiras

Primaria

Curso: 5º Educación

Non teño liberdades

que me vai pasar,

quero os meus dereitos

vounos reclamar.

Quero que as mulleres

poidamos marcar

carreiros e camiños

nos que camiñar.

As cores xa son libres

nin azuis nin rosas,

somos o que queremos.

Menos, temerosas.

Os homes e as mulleres

valemos por igual.

Valentes, loitadoras

non nos van frear.
XII CERTAME LITERARIO “ O VERMIÑO”

Título; TERRA E MAR

Autor Noelia Lago Montero

Curso: …4º.

TERRA E MAR

Cando estou no mar

vexo os peixiños nadar.

Móvense e móvense

sen parar.

Cando vou á montaña,

vexo á xente que se baña,

e cando saen da auga,

toda a xente baila.

Gústame estar no mar

porque se pode pescar,

e tamén na montaña

e así desfrutar.

Cos teus amigos

cantarás e bailarás

coa TERRA

e o MAR
SAÍDAS E ACTIVIDADES

Visitamos o museo do mar

Charla práctica de primeiros

auxilios

Contáronnos contos

Disfrutamos cos Bolechas

Visitáronnos autores

Charlas de igualdade

Día do libro
ANPA O CRUCEIRO

anpaocruceirovigo@gmail.com

Como cada ano, dende o ANPA organizamos festas, actividades extra-escolares e

excursións todos xuntos. Poñemos unha pequeña selección de fotos

Excursións: en outubro fixemos a nosa primeira andaina polos Montes de Zamáns;

disfrutamos dunha mañá de senderismo e tivemos ocasión de ver moitas setas! E en maio,

visitamos a Granxa O kiriko, onde puidemos ver e tocar cabras, burros, coellos, montar no

cabalo, etc.

Festa de Samaín: disfraces terroríficos e concurso de repostería!

Nadal: volvemos a ter a visita de Papá Noel, que recolleu as nosas

cartas e repartiu

caramelos.

Ademáis, entre

todos decoramos

a árbore de

Nadal
Festa de Carnaval: Este ano seguimos

a temática de Alicia e a Raíña de

Corazóns , os disfraces máis

imaxinativos tiveron premio.

Actividades:

Este ano tiñamos: fútbol, patinaxe, inglés, intelixencia emocional, wu-shu, ximnasia rítmica,

pre-deporte, baile e piscina. Algunhas destas actividades participaron en torneos e

exhibicións:

E o que queda por vir! : a tradicional excursión de fin de curso, na que voltaremos

ás Illas Cíes, a exhibición de actividades no cole, e a festa de Fin de Curso!
Todos xuntos na saída Educación Viaria

Este é o noso último ano no cole. Graduámonos!
Saída o Concello de

Vigo

Visita Porto de

Vigo

Camping Os Fieitas
As aventuras de 5º de Primaria

Aprendizaxe cooperativo

Experimentamos coa ciencia e plantamos na horta
Xogamos coas familias…

Clasificámonos para a final de Pontevedra con XOGADE

E SOMOS UN GRAN EQUIPO

Por último, agradecerlle ás familias a súa colaboración en tódalas actividades

programadas para este curso.
O alumnado de 4º

ESPECIAL GALEGO

Representamos a obra “O EMPERADOR TANGRAM CHULÍ”.

No “MES DA CIENCIA EN GALEGO”

fixemos moitos experimentos:

Volcáns

Vimos a

Tensión da

superficie

dos líquidos

E moitos

máis!

Foi moi

divertido!
NA HORTA…

cavamos

medimos,

sementamos,

Na clase de 1º fomos contar da PAZ.

plantamos…

XOGUEMOS!

Seredes quen de atopar praias da zona de Vigo?

Nikol puxo 10 areais.

Xabela puxo 7 praias.
O 10 de maio

visitamos Salinae

VALORAMOS AS NOSAS SAÍDAS:

MUSEO DO MAR:

Lucas: Mereceu a pena, era moi bonito, había un barco grande. Encantoume.

Carla: Interesoume moito o dos peixes, o meu avó era pescador.

Kevin: Encantáronme os peixes no acuario. Había moitas raias e quenllas.

Catalina: Foi unha pasada. Foi a miña excursión favorita.

Noa: Foi a que máis me gustou. Gustáronme os peixes.

Daniel: Gustoume aprender das anémonas e do peixe paiaso. Tamén ver ovos de manta raia.

Romina: O que máis me gustou foi poder ver un montón de animais acuáticos.

Alexandra: O que máis me gustou foron os animais e que nos explican cousas deles.

O CASTRO:

Sabela: O que máis me interesou foi que unha familia vivía en tres castros porque me interesa o pasado. O

que máis me gustou foi ir despois ao parque do castro e merendar alí.

Daniela: Gústame a historia e aprendín máis historia. O que máis me gustou foi entrar nos castros.

Martín: Gustáronme as vistas, aprendín moitas cousas e foi moi divertido ver os castros por dentro, tiñan

moitas xerras.

Neo: Paseino moi ben. Encantoume o parque, había unha colchoneta, un mini castelo e unha cousa de

escalar.

María: Encantoume, aprendín moitas cousas sobre os castros, eran súper chulos e eran de verdade.

Irene: Aprendimos moitas cousas que non sabiamos e fomos merendar ao parque. Encantoume.

David: Non sei porque estiven enfermo.

Mónica: Encantoume porque vin cousas que sin os arqueólogos non podería ver esas casas.

SALINAE:

Pablo: Foi moi chulo porque tivemos que adiviñar un olor dunha salsa.

Leo: Aprendín que usaban fábricas e había cousas que nunca vira nin tocara.

Roxelio: Gustoume porque parecía que o sal era ouro, gustoume que a roupa a mollaban en pis e gustoume a

salsa que facían.

Xin Chen: Paseino ben, contaron cousas que non sabía, que os zapatos dos militares tiñan tacos debaixo e que

se podía pagar con sal.

Paulo: Estivo moi ben a visita a Salinae, aprendín que os romanos pagaban con sal.

Lelena: Aprendín cousas que non sabía sobre os romanos, por exemplo para que empregaban o sal.

Enea: O que máis me gustou foi saber que na época romana o sal era como un tesouro.

Adriana: Gustoume moito, vin diferentes zapatos romanos e pel de ovella que cheiraba fatal.

Brais: Gustoume moito.
3º Primaria AS NOSAS VISITAS

O día 29 de novembro

visitamos o Museo do Mar.

En marzo, o día 22, fomos ao Castro
Así comezamos o curso!

Para coñecernos mellor fixémolo

dunha maneira moi entretida !

Realizamos unha dinámica de grupo

chamada " A tea de araña".

Mirade cal foi o resultado !

No estudo dos bos hábitos

alimenticios , unha boa

proposta foi espertar o

gusto pola froita.

Coa axuda de tres nais e

un pai saíron pratos moi

deliciosos!

Durante o estudo de

mamíferos e aves, recibimos a

visita dun pai que serviunos para

afianzar e ampliar os

coñecementos sobre

os animais.
NADAL

ENTROIDO

SAÍDA AO MUSEO DO MAR

COÑECEMENTO DA

FLORA E FAUNA DA CONTORNA

VISITA PROTECTORA DE ANIMAIS

VISITA AO MERCADO PROGRESO

PARA VER MOITO MÁIS SOBRE O QUE FIXEMOS AO LONDO DO CURSO PODEN VISITAR O NOSO BLOG DE

AULA( SEGUNDO—ILLAS CÍES ) https://segundoillascies.blogspot.com/
Os nenos e nenas de 1º durante este curso fixemos unha

morea de cousas:

Fomos ver aos Bolechas no concello…

Festexamos

o Nadal

decorando,

facendo

música e

ata

recibindo a

Papá Noel!
Festexamos o Entroido facendo o paiaso…ouch digo…

cun disfrace de peixe paiaso e peixe cirurxián !

Como ???!!!

Si muller si!

Nemos e Doris,

os de toda a

vida!

E como este ano a cousa

ía do mar, da terra e

da Ría de Vigo…

Fomos de excursión ao

Museo do Mar.

Saímos ao Mercado das

Travesas a ver peixiños.

Investigamos a flora e a fauna do

Parque da Bouza e do río Lagares.

Coñecemos o traballo

dunha protectora.

E aprendemos moitas cousas coa

axuda de profes e papás! Como o

papá de Lola, que fixo un traballo

xenial. GRAZAS.
Rap do Illas Cíes

Letra: alumnos do CEIP Illas Cíes

Música: Paco Nogueiras

Retrouso Infantil:

No Illas Cíes imos rapear

esta canción coa que ides a bricar.

Neste cole aprendemos sobre o mar.

Todos estamos dispostos a xogar.

1º de primaria:

No Illas Cíes poñemos os pes,

pero hai máis illas que non ves.

Dende Redondela vemos San Simón,

Estelas en Nigrán, fora Sálvora e Ons.

2º de primaria:

Para na mar salgada poder gozar,

os teus residuos ao lixo irán.

A mar salgada, a mar rizada,

é tan bonita, é tan amada.

4º de primaria:

Ao tomar o sol nas praias de Samil,

Bouzas, Alcabre, Patos e a Fonte,

crema tes que poner para non sufrir.

Preparado estás, a gorra ponte!

5º de primaria:

O mar de Vigo mola mogollón,

sempre que flota no meu corazón.

Vexo todo o mundo doutra cor,

porque a ría de Vigo é a mellor.

6º de primaria:

Vigo, Vigo. Coa túa ría fermosa

dende a Praia ata a túa costa.

Mar que acariñas as praias de Vigo,

non te vaias. Quédate comigo!

3º de primaria:

Ao marciño de Vigo, tan tranquiliño,

saen os mariñeiros pescar peixiño.

Barcos e redes saen faenas.

Peixe, peixiño, todos a xantar!
Educación musical

Pedimos o aguinaldo: Recuperamos unha das tradicións propias da

tempada de nadal, cantando panxoliñas galegas polas aulas e os arredores

do centro.

Festival de Nadal: Despois dun primeiro trimestre de duro traballo

chegou o festival de nadal, cargado de música.

Día da paz: We are the world foi a canción escollida para celebrar un día

de unidade.

Visita ó museo Liste: Neste ano acudimos a

unha exposición de instrumentos populares

galegos.

Festival das letras galegas: Unha das últimas

actuacións programadas foi o concerto das

letras galegas, onde todo o alumnado

participou con traballos relacionados coa

cultura galega. Entre eles figuran algúns

extraídos da obra de Antón Fraguas Fraguas.
ANTÓN FRAGUAS

Homenaxeado no día das letras

Galegas

Fixemos exposicións

sobre a súa obra

Debuxamos caricaturas sobre

Antón Fraguas

Fixemos muráis sobre a obra e a súa vida
Promoción 2019