11.07.2015 Views

2VEXOnENO

2VEXOnENO

2VEXOnENO

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

BOPwww.dicoruna.esBOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑAD.L.: C-1-1958LUNES, 14 DE ABRIL DE 2014 | BOP NÚMERO 71Administración LocalMunicipalBetanzosBases para a cobertura con caracter temporal dunha praza de auxiliar administrativoANUNCIO:Por resolución da Alcaldía nº 355/2014 de 2 de Abril prestouse aprobación as seguintes:BASES DA CONVOCATORIA PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO CON CARÁCTER TEMPO-RAL NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE BETANZOSPrimeira.- Obxecto da convocatoria.Constitúe o obxecto da presente convocatoria establecer as bases que terán que rexer, no proceso selectivo, para a provisióndunha praza de Auxiliar Administrativo con carácter temporal, adscrita aos Servizos Sociais do Concello de Betanzosnos termos e condicións salientados nas Bases reguladoras do “Plan de financiamento dos servizos sociais comunitariosbásicos para o exercicio 2014 da Deputación Provincial de A Coruña”, publicadas no BOP do 14.11.2013, ao que estáadherido o Concello de Betanzos.Segunda.-Condicións laborais.O aspirante seleccionado será contratado por obra ou servizo, coa duración que prevexa o programa ou servizo que éobxecto de subvención e cuxo final se corresponde co 31.12.2014.As retribucións, asi como as condicios laborais axustaranse ao establecido no convenio colectivo deste Concello edemais lexislación de aplicación.As función do posto consisten na prestación do apoio administrativo ao equipo técnico de servizos sociais, en todos osprogramas que se levan a cabo: atención e información o usuario, redacción de escritos e manexo bases de datos, atencióntelefónica, arquivo e cantos outros traballos teñan que ver cos función administrativa, baixo as indicacións da coordinadorade servizos sociais do Concello.Terceira.- Procedemento de selección.Será o de concurso-oposición, mediante a valoración dos criterios que posteriormente se establecen, e a realizacióndas probas que así mesmo se indican.Cuarta.- Requisitos.a) Ter a nacionalidade española.b) Ser nacional doutros estados aos que se refire e nas condicións que establece o artigo 57 da Lei 7/2007 do 12 deabril, do Estatuto básico do empregado público.c) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter alcanzado a idade máxima de xubilación forzosa.d) Estar en posesión do título de Graduado en E.S.O. ou equivalente, Técnico de Grao Medio ou Superior na RamaAdministrativa.e) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeñodas correspondentes funcións.f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dosórganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial paraempregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercerfuncións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que tivese sido separado ou inhabilitado. Nocaso de ser nacional doutro Estado, non se atopar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sancióndisciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.Número de anuncio 2014/3925Página 1 / 6


BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑALunes, 14 de abril de 2014 • Número 71Quinta.- Publicidade.A convocatoria iniciando o proceso selectivo así como as presentes bases, serán obxecto de publicación en BoletínOficial da Provincia (BOP), na páxina web do concello www.betanzos.net e no taboleiro de anuncios deste Concello.Todas as demais resolucións que se produzan no expediente, serán publicitadas a través da páxina web do Concello eno taboleiro de anuncios deste. A aqueles solicitantes que así o manifesten na instancia, seranlles comunicadas por SMS,ao teléfono que indiquen.Sexta.- Presentación de instancias.No prazo de dez días naturais, a contar do seguinte do anuncio no B.O.P., os interesados en participar no procesoselectivo, dirixirán instancia a Alcaldía-Presidencia, de acordo ao modelo do ANEXO I destas bases.Tales instancias presentásense no rexistro do Concello ou a través de calquera dos sistemas previstos no art.º 38.4 daLei 30/92, de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.Xunto coa instancia acompañarase:- Fotocopia do D.N.I., do interesado- Documentos acreditativos ou fotocopias cotexadas, da seguinte documentación:• Relación dos méritos que se acrediten, por cada un dos apartados de que conste o concurso.• Documentación acreditativa dos méritos que se posúan. No concurso non se terán en conta os documentos quenon queden debidamente acreditados dentro do prazo de presentación de instancias. No caso de certificados a emitir polopropio Concello de Betanzos, ou de documentos obrantes no mesmo, bastara con unir xustificante da súa solicitude ouindicar a súa existencia na solicitude, para poder telos en conta.Sétima.- Admisión de candidatos.A lista provisional de persoas admitidos/as e excluidos/as con indicación, se é o caso, dos motivos de exclusiónaprobarase pola Alcaldía e publicarase no taboleiro de anuncios da Corporación e na paxina web do concello www.betanzos.net, concedéndose un prazo de dez dias hábiles a efectos de reclamacions.De non existir persoas aspirantes excluidas o Alcalde elevará a definitiva a listaxe provisional na mesma resolución deaprobación.Oitava.- Comisión de selección.Será nomeada polo Sr. Alcalde, conxuntamente coa resolución que eleve a definitiva a admisión de presentados.Estará composto por cinco membros: Presidente e catro vogais, dos que un actuará de Secretario e a sua composicióndarase a coñecer xunto coa relación definitiva de admitidos, podendo ser obxecto das correspondentes recusacións ouabstencións que legalmente procedan.Os membros do tribunal deberán posuir nivel de titulación académica ou especialización igual ou superior ás esixidaspara o acceso a praza convocada.O tribunal non se poderá constituir nin actuar sen a asistencia de polo menos tres dos seus membros, e resultando, entodo caso, imprescindible a asistencia de/a Presidente/a e do/a Secretario/aNovena.- Valoración.9.1 FASE DE CONCURSO.O resultado da súa valoración farase público con anterioridade á seguinte fase.Teranse en conta ao obxecto de valoración, as seguintes circunstancias ou méritosa) Por servizos prestados e ata un máximo de 5,00 puntos:1º. Servizos prestados na mesma categoría laboral nas Administracións Locais: 0,10 puntos por cada mes completoou fracción superior a quince días.2º. Servizos prestados na mesma categoría laboral noutras administracións públicas: 0,05 puntos por cada mes completoou fracción superior a quince días.3º. Servizos prestados na mesma categoría laboral en Centros, Entidades ou Empresas:0,02 puntos cada mes completoou fracción superior a quince días.Número de anuncio 2014/3925Página 2 / 6


BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑALunes, 14 de abril de 2014 • Número 71A antigüidade anterior xustificarase mediante certificación de servizos prestados realizada pola Administración ondeprestasen os servizos, ou fotocopia dilixenciada do contrato de traballo ou certificación orixinal da empresa xustificativa daexperiencia manifestada e informe orixinal de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.b) Por cursos relacionados coa actividade a desenvolver impartidos pola administración pública ou homologados, ataun máximo de 3,00 puntos:• De máis de 100 horas: 0,50 punto.• De máis de 70 a 100 horas: 0,40 puntos.• De máis de 40 a 70 horas: 0,30 puntos.• De 20 a 40 horas: 0,20 puntos.No suposto de que na acreditación dos cursos non figure o número de horas, non se puntuará o curso.Os cursos de formación acreditaranse mediante presentación da fotocopia dilixenciada da certificación, título ou diplomano que figure nome do título, contidos e duración ademais da entidade impartidora.c) Polo coñecemento acreditado do idioma galego, computándose unicamente o grao superior alegado, e concedéndosevalidez soamente ós cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería deEducación e Ordenación Universitaria:• Celga 1 : 0,50 puntos.• Celga 2 : 0,75 puntos.• Celga 3 : 1 punto.• Celga 4 : 1,50 puntos.• Celga 5 : 2,00 puntosA comisión de selección, realizada a baremación, publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello, arelación de aspirantes por orde de puntuación obtida, e indicando o lugar e hora de realización da fase de oposición.9.2 FASE DE OPOSICION.A oposición constará de unha proba de dous exercicios, eliminatorios cada un deles, de modo que non poderán pasaro seguinte os aspirantes que non alcanzaran a cualificación mínima esixida. Realizaranse de seguido.Os exercicios practicaránse en chamamento único, sendo suspendido quen non compareza, calquera que sexa a causa,salvo previsión normativa específica de rango superior.Primeiro exercicio (máximo 10 puntos)De carácter obrigatorio e eliminatorio para todos os aspirantes. Consistirá en contestar un cuestionario tipo test de 40preguntas con tres respostas alternativas, sendo só unha delas a correcta, nun tempo máximo de 25 minutos. As respostasfalladas ponderarán con coeficiente negativo de 0,10 puntos.O cuestionario será determinado polo órgano de selección, de entre o contido do programa especificado no anexo II deesta convocatoria.A proba cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non acaden 5 puntos como mínimo.Segundo exercicio. Coñecementos de informática. (máximo 10 puntos)De carácter obrigatorio e eliminatorio para todos os aspirantes. Consistirá na realización dunha proba práctica enprocesador de textos, “Open Office”, nun tempo máximo de quince minutos e segundo proposta do tribunal.A proba cualificarase polo Tribunal de 0 a 10 puntos, sendo necesaria acadar a puntuación mínima de 5 puntos paranon quedar eliminado.Décima.- Cualificación e puntuación final.A puntuación máxima da fase de concurso acadará un máximo de 10 puntos.A puntuación máxima da fase de oposición será de 20 puntos.Para determinar a puntuación total sumaranse os puntos obtidos na fase de concurso mais os da fase de oposiciónresultando asi a puntuación definitiva.Número de anuncio 2014/3925Página 3 / 6


BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑALunes, 14 de abril de 2014 • Número 71Décimo primeira.- Resultado da selección.O tribunal publicará no Taboleiro de Edictos da Corporación e na página web municipal www.betanzos.net, a relaciónde puntuacions otorgadas e elevará a Alcaldía proposta da persona candidata para a formalización do contrato, a favor doaspirante posuidor da puntuación mais alta.Décimo segunda. Presentación de documentación e formalización de contrato.No prazo de 2 días hábiles a contar desde a publicación do resultado da selección a persoa seleccionada deberáxustificar que reúne os requisitos esixidos na convocatoria presentando os documentos que acrediten que cumpre todos ecada un dos establecidos na claúsula 4ª das presentes bases.De no se presentar o interesado ou non aportar a documentación antes sinalada procederáse a cubrir a praza coseguinte candidato de maior puntuación.Cumpridos os requisitos sinalados, a Alcaldía procederá a formalizar o correspondente contrato coa persoaseleccionada.Décimo terceira.- Normas de aplicación.Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, naredacción recollida pola Lei 11/99, Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundidodas Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, Lei 5/97, de Administración local de Galicia, Lei 30/1984,do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública nos artigos que non foron derogados pola Lei 7/2007, do12 de abril,que aproba o Estatuto básico do empregado público, Decreto Lexislativo 1/2008 do 13 de marzo, polo que seaproba o texto refundido da lei da Función pública de Galicia, Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, sobre regras básicase programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dous funcionarios/as da Administración local,Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, do 20 de marzo de 1991,e Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal o servizo daAdministración do Estado.Todo iso sen prexuízo do carácter administrativo dos actos que integran o procedemento de selección e, polo tanto,fiscalización pola xurisdición contencioso-administrativa. O réxime xurídico dos contratos será o da lexislación laboral,correspondente ao Xulgado Social ou coñecemento das cuestións que se deriven do cumprimento dos mesmos, así comocantas normas de igual ou superior rango referidas á función pública se diten.Betanzos, 4 de Marzo de 2014O ALCALDE-PRESIDENTE,Asdo: José Ramón García VázquezNúmero de anuncio 2014/3925Página 4 / 6


BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑALunes, 14 de abril de 2014 • Número 71ANEXO I.- MODELO DE INSTANCIA.D. ……......…......................………………………………………………………..... con D.N.I. num. ..............................Con domicilio: en...................................................................................................................................................rúa.................................................................................................................... nº.................. piso......................D.P. ....................................... Tlfno.: ..........................................................Informado de á convocatoria que realiza o Concello de Betanzos, para unha praza de AUXILIAR ADMINISTRATIVO deServizos Sociais, de acordo ás bases publicadas no B.O.P. nº ..................... de data: .........………………., que declaracoñecer e aceptar,Tendo en conta que cumpre todos os requisitos esixidos na cláusula 4ª de tales bases, comprometéndose a achegaros documentos acreditativos destes no suposto de ser seleccionado,SOLICITA:Ser admitido ao proceso de selección convocado, para o que achega:Fotocopia do D.N.I.Documentos acreditativos ou fotocopias cotexadas, dos méritos que se aleguen ao obxecto da súa valoración noconcurso.Así mesmo autoriza a que lle sexan comunicadas as actuacións do expediente a través de SMS, ao numero de Telefonoarriba indicado.En.................................. , a ........, de................... , de 2014Asdo. ...................................................................................SR. ALCALDE-PRESIDENTE. CONCELLO DE BETANZOS.Número de anuncio 2014/3925Página 5 / 6


BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑALunes, 14 de abril de 2014 • Número 71ANEXO II – TEMARIO1.- A Constitución de 1978. Principios xerais e estrutura. Dereitos e deberes fundamentais e liberdades públicas. ACoroa. O Poder executivo. O Poder lexislativo.2.- A organización territorial do poder do Estado: Administración Xeral do Estado, Administración autónoma e Administraciónlocal.3.- As Comunidades Autónomas. Os Estatutos de Autonomía. O Estatuto de Autonomía de Galicia.4.- Réxime local español: Principios constitucionais. Entidades que integran a Administración local. A Provincia5.- O municipio: concepto. Elementos: territorio, poboación e organización.6.- Competencias do Concello.7.- O Alcalde. O Pleno. A Xunta de Goberno Local.8.- Potestades das Entidades locais. Especial referencia á potestade regulamentaria. Ordenanzas e regulamentoslocais: elaboración e aprobación.9.- O procedemento administrativo e as súas fases: iniciación, ordenación, instrución e terminación.10.- O Procedemento administrativo. Recursos.11.- A lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia12.- A lei 39/2006 do 14 de decembro de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación dedependencia2014/3925Número de anuncio 2014/3925Página 6 / 6

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!