16.03.2021 Views

XORNAL

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.



NOVAS 5ºA

Galicia

Medio ambiente

Medusa Xigante nas Rías Baixas

Medusa galega

O MARISQUIÑO SEGUIRÁ EN GALICIA,

PROBABLEMENTE EN VIGO


NOTICIAS DE ESPAÑA

A Rioxa, fóra de xogo??

O presidente de España anuncia que A Rioxa xa non

existirá como comunidade autónoma.

Onte, 9 de Marzo, no noso país,España, o noso presidente do Goberno Pedro Sánchez

anunciou que a comunidade autónoma a Rioxa pasará a ser unha provincia de Castilla e

León a partir do próximo mes de Abril .Decidiu

isto porque a antiga comunidade autónoma é a

máis pequena de todas as demais de España e

hai provincias que son máis grandes ca ela. Por

outro lado,a maioría dos habitantes da Rioxa

non están dacordo con esta decisión : “Isto é

inxusto!”,”O razonamento non ten

sentido”,”Porque a nós e non a Ceuta ou

Melilla,que son aínda máis pequenas??.Estas

son algunhas das queixas dos habitantes da Rioxa. Outros habitantes desta, simplemente

o aceptan, xa que cren que este cambio non lles afectará,outros están pensando en

mudarse fóra de España para non vivir en “un país con decisións inxustas”.Pedro

Sánchez falou e acordou esta determinación co rei Felipe VI,a quen lle pareceu ben a

decisión,pero un pouco precipitada,por iso se levará a cabo en abril (aproximadamente).

Un meteorito achégase a España

Este meteorito esta a piques de atravesar a atmosfera terrestre.

O meteorito Sharop estase achegando a unha gran velocidade a atmosfera terrestre seguido por fragmentos de

rochas que se foron despegando ao longo da súa viaxe e que ten previsto que impacte na superficie española,

entre Castilla Leon, Galicia e Asturias.

Dende o Instituto Superior de Sismoloxía, prégaselle á cidadanía que vivan nalgunha destas comunidades, se

muden provisionalmente a algunha comunidade próxima que non estea en risco pola caìda do meteorito ou que

vaian rapidamente a Portugal ou Francia para estar mais seguros.





ANDEL CULTURAL, aula de 4ºB

Un ano atrás, todo mudou por mor da pandemia. Unha primavera despois, miramos o futuro con optimismo a través de lecturas que nos animan a retomar a vida cultural, a

seguir formándonos: “ Un ano atrás, unha primavera despois, e sempre, a lectura!”. O 15 de marzo do 2020, o mundo da cultura, como o resto da sociedade, ficou

paralizado. Canceláronse concertos, obras de teatro, presentacións de libros. Pecháronse ao público exposicións, bibliotecas, librerías e museos. Aínda así, a lectura foi a

terceira actividade que mellor contribuíu, despois de ver a televisión e conversar con amigos e familia, a levar o confinamento.

¿Vendeuse máis en algún momento do 2020?

Houbo picos, como reflexan plataformas como Todos tus Libros ou Galiciale:

https://www.todostuslibros.com/ que permite consultar libros, no top de ventas e saber en qué librería de España podes conseguir o que estás buscando. A plataforma

pusose en marcha o 13 de novembre, día das librerías, e pasou de tener de 30.000 usuarios a 148.000 de hoxe. Lectores e libreiros, ou bibliotecarios, en contacto.

Cun 30 % de aforo, volveron abrir en febreiro as bibliotecas galegas, que mitigaron a carencia da dimensión máis social do libro, coa plataforma GaliciaLe

https://www.galiciale.gal/, e iniciativas como clubes de lectura.

«As mulleres son as que máis len e compran. A novela é o summum, a que vende, con calidade e deseño.

LOS «TOP VENTAS» DEL 2020 EN GALICIA

1. «El enigma de la habitación 622» Joël Dicker. Alfaguara,2. «El infinito en un junco» Irene Vallejo. Siruela,3. «La madre de Frankenstein» Amudena Grandes. Tusquets,4. «Las tinieblas y el alba» ken Follet. Plaza &

Janés e 5. «Línea de fuego» Arturo Pérez-Reverte. Alfaguara.

OS TOP RECOMENDADOS EN NOVIDADES, PRIMAVERA 2021, DA NOSA BIBLIOTECA MORAIMA:

Xacobeo ano santo 2021

Visitade este enlace para coñecer as actividades: https://consejojacobeox21.es/

“Os camiños, como a auga, nunca son os mismos dúas veces. O Camiño de Santiago non é unha excepción e por iso queremos contribuir

a facer do ano Xacobeo 2021 algo distinto e inspirador. Queremos convertir o Xacobeo 2021 nun punto de encontro REAL de creatividade e

interacción.”

En Galicia, este ano Xacobeo, visitarannos moitos peregrinos, cheos de fe e promesas, e poderan vivir os Proxectos Culturais do

Xacobeo 2021,co obxectivo de apoiar o tecido cultural con actuacións, escénicas e musicais, en galego.

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Foi adicado a Xela Arias: «Só podo escribir desde muller, desde miope e desde galega»

Podedes repasar a súa figura neste enlace:

https://primaveradasletras.gal/xela-arias/#more-2772

En 2021 achegámonos a un X maiúsculo das nosas letras: o de Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), un cumio da poesía galega.

Saímos ao encontro dun océano de versos, dunha vida tan breve coma brillante e vizosa. Coñeceremos a Xela editora, a tradutora, e

tamén a muller comprometida coa nosa cultura, co pacifismo, co ecoloxismo ou co movemento feminista.

A Real Academia Galega inaugurou o martes 2 de marzo a Primavera das Letras dedicada a Xela Arias no CEIP Sárdoma-Moledo, o

colexio de Vigo onde estudou de nena a escritora e tradutora á que a institución lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. O

presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a académica Fina Casalderrey presentarán o proxecto dirixido ao alumnado de infantil e

primaria nun acto no que participará a familia da homenaxeada canda a comunidade educativa de Sárdoma-Moledo. A diversidade

lingüística é unha riqueza ameazada a nivel mundial. Por iso a UNESCO celebra dende 2000, cada 21 de febreiro, o Día da Lingua

Materna, unha conmemoración á que a Real Academia Galega se suma este ano compartindo “Xeliña fala galego". O relato, escrito polo

mestre e tradutor Valentín Arias en 1968, conta a experiencia como nena criada en galego da súa filla Xela Arias (1962-2003), a quen a

Academia lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.


MEDUSA VERDE

RELATOS 3ºB

A NENA DOS CABALOS

Erase unha vez, unha medusa verde que vivía nun grupo de

medusas rosas que se burlabanse dela.

Un dia decidiu unha cousa: marcharse ao fondo abisal, a pesar

de que hai moitos peixes tanto peligrosos e terroríficos como

raros e brillantes como a medusa verde.

Mentras buscaba o fondo abisal, preguntoulle aos outros

peixes e animais:

- Sabedes onde está o fondo abisal? Estouno buscando.

Os outros animais decíanlle que non sabían onde estaba. Unha

semana despois, a medusa encontrouno e cando se meteu,

decatouse que non era terrorífico, era máis ben bonito pois

todos os seres de alí brillaban con cores bonitas. Ata a

medusa comenzou a brillar un verde fermoso e moi vivo, como

as medusas de alí!

Por fin encontrou onde encaixaba perfectamente cos outros

seres vivos que habitaban alí e viviu miles de aventuras coas

outras medusas.

En canto as medusas rosas o souberon sentiron envidia da

outra medusa, e aprenderon que ser diferente non é malo e non

volveron a burlarse dos outros seres vivos nunca máis.

Olivia

O gato, o golfiño e a invasión das gaivotas

Había unha vez un gatiño bebé chamado Pei,estaba abandonado e

asustado, e ia escabullíndose de sombra en sombra.

Un día chegou a unha praia onde na area había un golfiño ferido.

Pei foi correndo a avisar ao seu amigo Alfred, que é un veterinario

que coñeceu fai uns días, Alfred axudou ao golfiño; o golfiño

invitou a Pei a dar un paseo polo mar e ainda que a Pei non lle

gustaba a auga aceptou. Ao pouco rato Pei acostumouse a estar na

auga e aprendeu a nadar.

Meses despois enteráronse de que as gaivotas estaban atacando a

praia: roubaban comida, maltrataban aos animais…

O seu xefe era Monopataca, que se chama así porque so lle gustan

as patacas fritidas. Dúas gaivotas que non estaban de acordo con

el, uníronse a Pei e ao golfiño. Eran Monopata, que é o fillo de

Monopataca pero non lle cae ben e Codigobranco, que se chama así

porque garda o código da base e é o máis branco.

Tempo despóis Monopataca rendiuse porque moitos deles foron ao

outro equipo, e prometeu ser bo; o golfiño e Pei celebrárono

facendo unha festa na praia e invitaron a todos os seus amigos.

Nael

Nunha granxa de Galiza habitaba unha familia formada pola avoa,

o avó e o pai e a nai de Carla, unha nena especial aínda que eles

non o sabían.

A nena tiña 10 anos e un talento especial: podía falar cos cabalos.

Ela o descubrira cando montara por primeira vez na egua marrón

que lle regalaran polo aniversario, Brisa.

Facía uns días que Brisa estaba preñada e o día do décimo

aniversario de Carla a egua deu a luz un potro.

-Como vai chamarse, Carla? -dixo a nai-. Que che parece

Azucre?

A nena quedou pensativa mentres o potro exploraba cada rincón

da corte. Iso deulle unha idea.

-Xa sei -dixo-, vai chamarse Explora!

Explora restregou a súa cabeza contra a camiseta de Carla para

dar a entender que lle gustaba ese nome.

Ao día seguinte Carla ergueuse moi cedo, sobre as seis e media

da mañá, para dar unha volta polos prados de alí cerca montada

en Brisa e ensinarlle a Explora a súa nova casa.

Pero cando estaba a piques de baixar a corte:

-Hiiii!

Carla alarmouse. Era Brisa!

Brisa era unha eugua tranquila e a nena nunca a oíra rinchar así.

Carla saiu correndo e cando chegou Brisa estaba alí, pero faltaba

Explora!

Carla chamouna por todas as partes:

-Explora, Explora!

Despois como non a atopaba foi buscar aos seus pais.

Cando pasou por diante da porta da súa habitación, o seu can,

Tim, correu tras ela.

-Mamá, papá -berraba-, Explora desapareceu!

-Que? -dixo a nai espertando sobresaltada.

-Baixei á corte -explicou a nena- porque oíra rinchar a Brisa

dunha forma moi estraña e Explora non estaba.

-Carla, teu pai e mais eu imos preguntar aos veciños dos redores

se viron a Explora e ti podes poñer cenorias pola granxa por se

aparece -dixo a nai-. Poden axudarte os avós. Deica logo!

Carla foi buscar aos seus avós, que lle dixeron que a axudarían.

Cando estaba collendo as cenorias oeu un rinchar moi parecido

ao de Brisa que proviña da granxa veciña e foi investigar.

Meteuse no graneiro e atopou a Explora escondido alí.

Cando atopou ao veciño da granxa el confesou que coma ela

sempre gañaba os concursos de cabalos, el raptara a Explora.

Despois pediulle perdón polo que fixera e Carla deulle un

consello para os concursos: darlles un premio cando remate cada

proba.

E Carla foi dar un paseo con Brisa e Explora.

Mar




Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!