23.06.2021 Views

A Gamela

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O GRAN SALTO

Bo día a todos e todas que nos estades escoitando neste momento. Como todos os anos

chegamos a final de curso, pero este ano é moi especial para todos nós xa que hoxe

deixamos atrás non só unha etapa educativa se non tamén unha etapa da nosa vida

construída.

Quen non lembraría cando entramos en infantil agarrando as mans dos nosos pais con

toda a forza do mundo para que non se separaran de nós. Despois de moito

esforzometeronos na clase, estabamos alí con medo e sen saber que moitas das persoas

que estaban nesa sala ían formar parte da nosa longa vida, sobre todo, as nosas mestras

Sandra e Esther. Aos poucos e case sen darnos conta fomos collendo soltura grazas as

nosas profesoras. ( Que paciencia tiñan! ).Case sen decatarnos subÍamos as escaleiras que

só eran dos maiores para entrar na aulade primeiro de primaria, onde aprendimos a sumar,

restar, e moitas cousas máis pero nós sempre estabamos esperando a que soase o timbre

do recreo e poder ir xogar cos nosos compañeiros que en pouco tempo convertéronse en

amigos. Cando entramos na clase de primeiro na nova etapa de primaria, todo era raro xa

que atopamos un novo profesor, unhaclase nova, novos asentos etc. Moitas grazas por

todos os momentos que pasamos xuntos.Especialmente moitas grazas a Xose Carlos e a

Rosa neses grandes dous anos. Despois chegou o gran salto de segundo a terceiro, os

profesores cambiaron e os compañeiros tamén, a maneira de traballar transformouse para

ser máis exixente, comezamos a tocar a frauta e a dar francés, empezamos a entrenar nese

que é o método de estudo e a ser autónomos na aprendizaxe, coa axuda de Irene que segue

connosco e Moncho que se xubilou. Para despedirnos deste fixemoslle unha festa con

globos, confeti emúsica do seu grupo favorito. Foi un día moi especial para todos os que

estivemos presentes, estamos seguros de que nunca esqueceremos aquel fantástico día.

Logo chegou o último e gran cambio con Irene e con Arancha que son as profes coas que

seguimos estando agora. Nós aínda non sabiamos que nese curso íamos pasar algo máis

de tres meses encerrados nas nosas vivendas ... O Venres 13 de Marzo o Presidente do

goberno de España deu a orde de que a partir das 23:59 do día seguinte íamos pasar 15

días en cuarentena a causa dun virus mortal, pero eses 15 días íanse converter en máis de

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!