23.06.2021 Views

A Gamela

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.


EDITORIAL

Neste curso tan peculiar

no que xeles e mascarillas foron protagonistas

o CEIP Castrillón quere recordar

que somos valentes, fortes e artistas.

Volve "A Gamela", a nosa revista

para que a todas as actividades

lle poidades seguir a pista.

E como din os nosos sabios e sabias....

"Nunca choveu que non escampara".

Coidádevos que o curso que veña será mellor.

Agradecementos:

Portada: Xoel 3ºA

Contraportada: 5ºA

Mestras e mestres EI e EP, Música, Inglés , E.Física, Equipo de Biblioteca, Horta,

Complementarias, TICs e D.O

Equipo directivo e comunidade educativa.

Grazas de parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Castrillón.


Í N D I C E

04

TARTARUGAS E XIRASOLES

SAÍDA A LIMENS

08

10

PAXAROS , PLANTAS E

XOGOS

ACTIVIDADES

EXTRAESCOLARES

15

DEPURADORA E

SUPERCONTOS

14

CONCURSO PORTADAS

A GAMELA

16


18

COÑECENDO AOS

ANIMAIS E PAISAXES

A BIBLIO DE BULI

21

22QUE SE COCE NA HORTA?..

XOGANDO COAS MATES

E COAS MÁQUINASº

24

26DISFRUTANDO DE 4º

MIRA MIRA....QUINTO

28


30

CANTO DEPORTE

FIXEMOS

MY SUMMER HOLIDAYS

MY SUPERHERO

32

34

CANTANDO

A XELA

CASTRIXOGOS

35

36DESPEDIDA DOS

NENOS E NENAS DE 6º








EXPLORANDO A

NATUREZA

Para máis

información, pincha

na lavandeira.

Aproveitando a chegada da

primavera, os exploradores da aula de

5 anos A fomos de expedición pola

nosa contorna máis próxima, e

descubrimos que hai moito máis do

que parece.

PAXAROS

OU NON...


BECHOS DO MÁIS

VARIADO...

Sobre os que aprendemos moitas cousas.

E decidimos poñer un pouquiño da nosa parte para mellorar un dos

espazos do cole, onde hai plantas, flores e insectos que necesitamos coidar. Na

horta hai moita vida, e ás abellas e outros insectos necesitan da nosa axuda.

Investigamos sobre como podemos axudalos, materiais necesarios, que

era o máis adecuado e puxémonos mans á obra.

Queda inaugurado o noso pequeno HOTEL DE BECHOS, cunha suite

principal para as abellas solitarias e os abellóns aos que tanto lles gustan as

flores do ceboliño, e unha pequena estancia, non menos importante, para outros

pequenos bechiños que axudan a manter á raia as pragas. Aínda estamos en

obras, pero deixamos o noso pequeno gran de area para coidar destes grandes

polinizadores.


COUSAS QUE FIXEMOS NA AULA DE 5 ANOS B

NESTE CURSO 20-21

X

XOGAMOS

COAS LETRAS

XOGAMOS

TAMÉN CÓS

NÚMEROS

OGA


PERO TAMÉN

TIVEMOS TEMPO

PARA………


DÍA DA PAZ

ACTIVIDADES

COMPLEMENTARIAS

E EXTRAESCOLARES

Neste curso tan peculiar,

tivemos que adaptarnos á

nova situación facendo uso

do mundo audiovisual.

Velaquí unha recompilación

dos vídeos que fixemos!

NADAL

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO

Pincha nos vídeos se

queres velos de novo!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE

XÉNERO



CREA A TUA

DEPURADORA DE AUGA

O día 25 de Marzo o alumnado de

primeiro B, levou a cabo unha actividade

para a clase de ciencias. Na primeira parte

os rapaces realizaron por equipos a súa

propia depuradora de auga caseira. A

continuación plasmaron nunha ficha o

proxecto levado a cabo.

Para isto precisaron dos seguintes

materiais:

Ficha: Laia

Ficha: Leo

E tras xuntar todo o necesario puxémonos

mans a obra. Os pasos seguidos foron:

1º Cortamos a botella.

2º Furamos o tapón.

3º Colocamos a parte de enriba da botella

sobre a base desta.

4º Poñemos algodón.

5º Poñemos enriba area.

6º Poñemos enriba grava fina.

7º Poñemos enriba pedriñas e follas.

Unha vez rematado todos os pasos

xa podemos poñer a proba a nosa

depuradora caseira.

Para ver como funciona só temos

que verter auga sucia e esperar a que sexa

filtrada.

Aquí tedes o resultado na foto.


S U P E R C O N T O S

A o l o n g o d e s t e c u r s o , t r a b a l l a m o s e a p r e n d i m o s

m o i t a s c o u s a s n o v a s .

A g o r a , x a s a b e m o s l e r e e s c r i b i r m o i b e n . T a n

b e n , q u e n o s c o n v e r t e m o s e n g r a n d e s e s c r i t o r e s !

D e f e i t o , e s c r i b i m o s u n s c o n t o s e n f o r m a d e

c r e b a c a b e z a s t r a b a l l a n d o e c o l a b o r a n d o e n e q u i p o

c o s c o m p a ñ e i r o s .

A L U M N O S E A L U M N A S D E 1 º A

2 0 2 0 - 2 0 2 1


Aprendendo sobre os animais

2ºA

PLÁSTICA XOGOS SABER

AS NOSAS CREACIÓNS

VARIADOS E DIVERTIDOS

AVES E AS CRÍAS

PEIXEANDO

GLU


Aprendendo sobre os animais

2ºA

MARSUPIAL

O POLDRO


PAISAXES DIFERENTES

Coñecendo as paisaxes

No segundo trimestre na

aula de 2ºB traballamos

sobre os diferentes tipos

de paisaxes.

O alumnado aprendeu as

diferenzas entre elas e os

elementos propios de

cada unha, tanto naturais

como artificiais. E sobre

todo, a importancia de

coidalas e respectalas…

Para finalizar fixeron un

taller de maquetas de

diferentes paisaxes.

Sen dúbida, o máis

divertido, foi poder

desfrutar da paisaxe de

costa da nosa vila,

facendo unha saída a

praia de Rodeira.


Atrás deixamos este curso coa esperanza que no vindeiro poidamos volver á ansiada

normalidade.

Foi un curso atípico, no que as dinámicas habituais da biblioteca se viron moi afectadas.

Houbo que poñer moito celo en evitar posibles contaxios do tan nomeado Covid e iso influíu

en moitos factores esenciais como os horarios de atención e de asistencia de cada grupo á

BE. Tampouco tivemos préstamos nos recreos e as actividades relacionadas coa lectura

xurdiron máis ben nas aulas.

Pero non todo foi negativo, ollade:

Seguiron a chegar

novidades editoriais que

expuxemos dentro da

BE.

Eses libriños para pais e

nais que están no

corredor de dirección

para que non se aburran

esperando.

Contos de

produción propia

feitos e

interpretados por

eles/as.

Contos música e baile

para traballar nas clases

de música.

E tamén contos

brillantemente

ilustrados pol@s nos@s

peques.

Presentamos os

nosos libros favoritos

no día do libro.

Non podía faltar o traballo

sobre a nosa protagonista

das Letras Galegas no Blog,

no Facebook, nas aulas e ...

nos recreos musicais.

E os escornabots

que? Busca e

corrección de

información.

Mira que son

listos!

Libros

máis

lidos.

Buli na

portada desta

revista.

Recomendacións

para este verán...

moradabuli@gmail.com

https://moradabuli.blogspot.com

O blog e o

Facebook

de Buli.


Que se coce na horta ?

Neste cole... apostamos polos espazos novos ao aire .

Dispoñemos de mesas de madeira preto do invernadoiro. E tempo de respirar

de sentir .... lemos libros de natureza e regamos en calma.

Os repolos medran entre palabras, debuxos e historias.

Creamos un mercado

im

Matemáticas en primeira liña : pesamos e pagamos cos cartos as criaturas.


Do cole a casa e de casa ao prato.

Domingo de cocido en familia

tt

Receita da mestra Rocío

Notición ...........

A mestra e os nenos/as de primeiro de primaria levantan un

Toten con coles de bruselas .

:

Estamos de celebración no cole , 5 de xuño :Día do medio ambiente”

escribimos unha mensaxe nunha folla con palabras de amor e respeto ao

planeta azul, as colgamos na pola dunha árbore... .


TERCEIRO

Sacando o bo deste curso diferente

DESFRUTANDO DO

NOSO

Quen dixo que non podiamos saír de

excursión este curso? Non fai falla

facer unha viaxe moi longa para pasalo

xenial e aquí tedes a proba. Na praia de

Rodeira tivo lugar unha mañá

extraordinaria que quedará na nosa

memoria para sempre, mesmo houbo

quen se meteu no mar

XOGANDO COAS

MATES

Nesta familia somos xente moi

divertida. Un bo exemplo disto son as

nosas clases de matemáticas. Quen

dixo que dividir era aburrido?

Encántanos repartir caramelos e pezas

de Lego. Por non falar das nosas

Matescraft, queredes probar?

EXPERIMENTANDO

Que mellor forma de aprender ciencias?

Desde mesturas de todo tipo á

construción dunha máquina simple.

Tamén tivemos eleccións e formamos

un equipo de goberno, si, si, con

debates e votacións de verdade!


GÚSTANOS EMOCION-

ARTE

Este curso tan especial xogamos

a ser artistas. A verdade é que o

fixemos xenial! Coñecimos obras

de Maruja Mallo, Picasso, Munch,

Kandinsky...

Grazas a estes importantes

artistas, aprendemos algunhas

técnicas pictóricas como o

difuminado, o uso da cor,

xeometría...

LENDO NA NATUREZA

Desfrutamos lendo "El principito" de

Antoine de Saint-Exupéry.

Mergullámonos na súa lectura e

acompañamos ao noso tenro

protagonista pola súa viaxe. Que mellor

entorno que a natureza para deixarnos

levar!

SOMOS MÁQUINAS!

Encántanos poñernos mans á obra e

aprender facendo. Neste caso,

coñecendo un pouco máis as máquinas

e os seus mecanismos. Construimos un

pozo con material de refugallo. Tamén

creamos maquetas, murais...


Aproveitando que nos tocaba repasar

as plantas e os animais, os nenos e

nenas de 4º saímos ao campo de

arriba. Alí merendamos, xogamos,

debuxamos e observamos diferentes

flores, follas, insectos , bolboretas….

Disfrutamos moito.

FOI MOI DIVERTIDO!!!!

Neste curso traballamos a expresión

oral con distintas exposicións.

Tiñamos que buscar información

sobre receitas, experimentos, animais,

construcións da nosa cultura. Facer o

traballo para poder contarlle aos

compañeiros e compañeiras xa que

despois de explicar o noso tema en

clase farían preguntas sobre a

exposición.

Gustaríanos seguir facendo o vindeiro

curso!!!!

Para traballar as provincias xogamos cun

robot que se chamaba Escornabot. Con

esta actividade aprendimos moi rápido e

de maneira moi divertida.

Queremos volver a xogar co Escornabot!!!


Na hora de ler disfrutamos moito da

lectura do libro de “Las Brujas” escrito

por Roal Dhal e ilustrado por Quentin

Blake, que contaba a historia dun neno

que vivía coa súa avoa e lle contaba

todo sobre bruxas.

Ademais disfrutamos visitando a

biblioteca do colexio. Ao rematar un

libro realizábamos unha ficha

biliográfica resumindo o libro e

facendo os debuxos que tanto nos

gustan.

Na área de educación artística,

aprendimos moitas técnica. Ademais

traballamos copiando a Picasso, con

flora cando chegou a primavera e

transformamos a Kandisnky, fixemos a

nosa matriarca o día 8 de Marzo e coas

nosas animaladas traballamos noticias

de animais en perigo de extinción.

SOMOS UNS ARTISTAS!!!

Ademais de todas estas actividades, os nenos e nenas de 4º participamos nas

actividades que se realizaron no centro en

conmemoracións: Lectura dun libro o día do Libro.

Lectura dun poema de Darío a Diario de Xela Arias.

O rosco do entroido. Somos valentes....


Namentras o día das letras galegas

recitamos coma nunca o

fixéramos antes.

E cando te despidas sabe compartilo

mundo cos demais. Contigo vai un

cacho do meu traballo,tal vez algún

pecado, o meu amor todo e por riba

ti,sexas cando sexas,GRANDE.



MY SUPERHERO

Este curso na clase de Inglés de 5º de Primaria traballamos inventando os

nosos propios superhéroes.

Aquí aparecen algúns traballos:


Dende a nosa área pretendemos

que as nosas mozas e mozos adquiran a

meirande variedade de experiencias posibles, para elo

participamos en diferentes proxectos coma os Contratos Programa, Dafis, Xogade…

Tentamos inculcar valores como os de igualdade, solidariedade, compañeirismo, respecto,

tolerancia, empatía…


Destacar que este ano por fin, puidemos desfrutar do rócodromo e grazas as subvencións

dos diferentes programas adquirir novos materiais.


“Busco o modo de te acompañar”.

O alumnado de 6º de Primarias rematou o curso cantando a “Xela Arias”.

Na clase de música prepararon a melodía cos instrumentos da aula e incluso unha

compañeira animouse a tocar o violoncello!

Foi moi interesante experimentar como é o proceso de gravación e edición de audio.

A letra da canción, composta por Susa Herrera, está feita con fragmentos de poemas de

Xela Arias.

Busco o modo de te acompañar sen estorbo, sen estorbo

Para que esteas ao meu carón feliz e creador de soños novos.

Eu tiña antes dúas mans para apaña-lo mundo

Hoxe son a deusa hindú que baila con mil brazos.

Busco o modo…

Percorramos todo o mar, os brazos afundidos

Ritmos xenerosos provocando os latexos.

Busco o modo…

Tobogáns de verde neve, nenos patinando

Os cabalos praza abaixo, bicos agardando.

Busco o modo…

Vexo fíos das arañas, os longos suspiros

Follas secas do outono no meu percorrido.

Pronto poderedes ver a montaxe de vídeo na páxina

web do centro!


IMOS DARLLE Á CABECIÑA E PRESTAR MOITA ATENCIÓN A VER SE ES

O PRIMEIRO/A EN ATOPAR A SOLUCIÓN.

NOTA: o link que hai debaixo deixa que fagades a sopa de letras de forma

interactiva.

https://learningapps.org/display?v=phhnj53f521

NESTE XOGO TODO ESTÁ DESORDEADO. A VER SI ERES CAPAZ

DAS PARELLAS ATOPAR

https://learningapps.org/watch?v=phk2hced221


ATENCIÓN!!!

ATENTOS NENAS/OS DE EDUACIÓN INFANTIL UNHA TARTARUGA DA

PROFE TEN FAME E NECESITA A VOSA AXUDA PARA ATOPAR A MAZÁ.

PODEDES IR AO ENLACE A FACELO ON LINE MOVENDO AS FRECHAS OU

CO VOSO DEDO SEGUIR O CAMIÑO.

https://www.juegosinfantilespum.com/laberintos-online/11-tortuga.php


O GRAN SALTO

Bo día a todos e todas que nos estades escoitando neste momento. Como todos os anos

chegamos a final de curso, pero este ano é moi especial para todos nós xa que hoxe

deixamos atrás non só unha etapa educativa se non tamén unha etapa da nosa vida

construída.

Quen non lembraría cando entramos en infantil agarrando as mans dos nosos pais con

toda a forza do mundo para que non se separaran de nós. Despois de moito

esforzometeronos na clase, estabamos alí con medo e sen saber que moitas das persoas

que estaban nesa sala ían formar parte da nosa longa vida, sobre todo, as nosas mestras

Sandra e Esther. Aos poucos e case sen darnos conta fomos collendo soltura grazas as

nosas profesoras. ( Que paciencia tiñan! ).Case sen decatarnos subÍamos as escaleiras que

só eran dos maiores para entrar na aulade primeiro de primaria, onde aprendimos a sumar,

restar, e moitas cousas máis pero nós sempre estabamos esperando a que soase o timbre

do recreo e poder ir xogar cos nosos compañeiros que en pouco tempo convertéronse en

amigos. Cando entramos na clase de primeiro na nova etapa de primaria, todo era raro xa

que atopamos un novo profesor, unhaclase nova, novos asentos etc. Moitas grazas por

todos os momentos que pasamos xuntos.Especialmente moitas grazas a Xose Carlos e a

Rosa neses grandes dous anos. Despois chegou o gran salto de segundo a terceiro, os

profesores cambiaron e os compañeiros tamén, a maneira de traballar transformouse para

ser máis exixente, comezamos a tocar a frauta e a dar francés, empezamos a entrenar nese

que é o método de estudo e a ser autónomos na aprendizaxe, coa axuda de Irene que segue

connosco e Moncho que se xubilou. Para despedirnos deste fixemoslle unha festa con

globos, confeti emúsica do seu grupo favorito. Foi un día moi especial para todos os que

estivemos presentes, estamos seguros de que nunca esqueceremos aquel fantástico día.

Logo chegou o último e gran cambio con Irene e con Arancha que son as profes coas que

seguimos estando agora. Nós aínda non sabiamos que nese curso íamos pasar algo máis

de tres meses encerrados nas nosas vivendas ... O Venres 13 de Marzo o Presidente do

goberno de España deu a orde de que a partir das 23:59 do día seguinte íamos pasar 15

días en cuarentena a causa dun virus mortal, pero eses 15 días íanse converter en máis de


tres meses. Ese pequeno virus causou una Pandemia Mundial ademais de moito medo ao

só pronunciar o seu nome (coronavírus ou Covid 19). Na corentena tivemos que madurar e

enfrontarnos sós ao traballo coa titorización das nosas mestras, fixemos pequenos grupos

de 4 ou 5 persoas, e algúns de nós rematamos tendo conflitos, que este non se conectou,

que aquel non fai nada, en fin; o de sempre. Conflitos que axudan a madurar e a entrenar

para a vida.

En sexto con sorte volvimos vernos as caras, por desgracia con mascarillas. O primeiro

día de clase foi inesquecible, xa que facía arredor de 6 meses que algúns ( a maioría ) non

nos viramos a cara. Neste curso fomos de visita ao instituto de Rodeira , para prepararnos

no que será empezar unha gran etapa das nosas vidas.

En fin estamos aquí contando o noso paso por este colexio e queremos daros as grazas

a todos os que estiveron ao noso lado nesta gran etapa, GRAZAS por estar sempre ahí,

cando estabamos mal e cando estabamos ben.

Grazas por apoiarnos, grazas por todo.

Antes de rematar non debemos esquecer mencionar a Paz, Jaime, Kat, Josué, Fernando,

Guille, a todos os que manteñen ao colexio en bo estado , a toda a directiva etc. Que tamén

nos axudaron moito, sobre todo, neste último ano.

Moitisimas grazas, sempre nos acordaremos de todos vós. E repetimos grazas grazas e

grazas.

.

Empecemos polos agradecementos a todas aquelas persoas que estiveron ao noso carón

nestes anos: as nosas familias por estar sempre axudando nos bos e nos malos momentos e

levantarnostodas as mañas; aos nosos compañeiros por todos os momentos felices que

regalaron e por último aos profesores por non renderse ao ensinarnos.

Lembramos moitas anécdotas, por exemplo: na clase de inglés dixemos patinetar en vez

de patinar e xa quedou no noso dicionario particular; cando non sabiamos a resposta a unha

pregunta diciamos pementos de padrón que uns pican e outros non; un día quenos deixaron

xogar co ordenador, uns compañeiros xogaron a un xogo de terror e unha compañeira empezou a

berrar do susto!. Ao final castigáronnos a todos. E por suposto non podía faltar o momento

cotilleo!... Contounos un paxariño que Guillermo na súa época era o terror das nenas.

Teriamos 100.000 historias que contar, pero non podemos contar todas.

Todo este tempo no noso cole tivo momentos difíciles, pero ninguén dixo que a vida fose fácil e

non queremos que o sexa porque senón non poderíamos demostrar o que valemos.

Aprendimos moitas cousas e todo isto con esforzo e ganas de aprender por que se queres podes!

Isto non é un adeus, isto é un ata logo.

Grazas.


Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!