24.12.2012 Views

prensa - SINSALaudio

prensa - SINSALaudio

prensa - SINSALaudio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

MGLON__a_coruña

mglon (one machine band)

Baixo este pseudónimo ocúltase Miguel Alonso, antropólogo, deseñador sonoro, dj,

cortometraxista e incansable axitador cultural nacido en Barcelona e afincado en A Coruña.

Partindo dunha base de pop tradicional e hip-hop, mglon chega á electrónica a través da

experimentación doméstica: todo é susceptible de ser convertido en música.

Comeza a traballar con instrumentos tradicionais para pasar ás secuencias e á programación. Un

bo día descubre as veleidades do eco e a física do son e enfráscase nunha sesuda retrospectiva

do espacio sonoro a través da historia. Mediante ferramentas teóricas e empíricas, confecciona

un sistema de interpretación basado na acústica, o azar e na presunta musicalidade da señal

electroacústica por sí mesma. Eterno martillo de técnicos, aspira a morrer inmolado nunha gran

retroalimentación sin fin. Este galego, xa se puede afirmar con rotundidade, leva ó extremo

unha estricta improvisación minimal de consecuencias sempre inesperadas. Os seus

instrumentos máis habituais son agora cables, micrófonos, altavoces e as enerxías que fluen

entre eles.

Entre outros proxectos, participa das formacións Subliminal Sound System, LaSintoteca e Eule,

amén de outras máis ou menos tradicionais como bandas de pop, rock, bossa-nova ou sesións

en diversos clubes da sua cidade.

o seu mail, cando lle propuxemos esta actuación…

“Non creo que necesite moito equipo. Probablemente utilice só a miña guitarra, un sonómetro,

un par de pedais, uns cables e un xogo de destornilladores. Non sei si levar o meu ampli e os

meus bafles pq é ó que estou acostumado. Xa veremos. Levo ensaiando este set uns cantos

anos (dende que empecei as clases co Nubla) e apetéceme presentalo en público”

Migel Alonso foi alumno de Manuel Delgado (o antropólogo mediático), Victor Nubla (o enfant

terrible da experimentación barcelonesa), Josep Martí (o etnomusicólogo especialista en paisaxe

sonora), Antonio Izquierdo (sociólogo especialista en inmigración) e actuaou en festivais como

LEM de barcelona ou o IFI de Pontevedra.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!