06.04.2013 Views

A piragua - Centro Dramático Galego

A piragua - Centro Dramático Galego

A piragua - Centro Dramático Galego

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

5. CONCLUSIÓNS

Finalmente só resta dicir que Cándido Pazó

en A piragua utiliza amplamente os recursos

expresivos escénicos, usa o teatro dentro

do teatro, confunde expresamente o

tempo e o espazo, entrega planos diversos

e ata contraditorios dunha mesma realidade,

distancia o actor do personaxe, rompe

a cuarta parede, emprega o espazo como

escenografía, dinamita a estrutura dramática

“ortodoxa”, non conclúe argumentalmente

a acción e, sobre todo, supera os

esquemas maniqueos dun conflito do que

tanto se leva falado xa, como é a violencia

de xénero, logrando unha peza que continúa

na liña á que nos ten acostumados:

a da indagación da autenticidade do ser

humano, esa íntima visión ante o espello,

ese espir as máscaras para concentrarse no

que un é por dentro e que se confesa con

verdade pero tamén con traxedia.

Estamos, pois, ante unha obra de experimentación

e madureza, renovación e mestría.

Sen dúbida A piragua resume a dramaturxia

dun grande autor, director e actor e

constitúe un momento clave na historia do

teatro galego contemporáneo, tanto polo

contido, esa responsabilidade do individuo

ante a súa realidade social, cunha elevada

exixencia ética, como pola multiplicidade de

recursos formais abertos a unha polifonía de

lecturas e interpretacións.

28

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!