18.04.2013 Views

25. ficha/a camp. da l.a

25. ficha/a camp. da l.a

25. ficha/a camp. da l.a

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A campá da lúa

Título: A campá da lúa

Autora: Helena Villar Janeiro

Ilustradora: Ánxeles Ferrer

Editorial: Xerais

Colección: Merlín

Nº páxinas: 48

ISBN: 84-8302-453-5

Idade: De 7 anos en diante

XERAIS

1

2

Helena Villar Janeiro

a autora

Helena Villar nace en Becerreá nos anos

corenta. Profesora e coordinadora

docente de lingua galega durante un

tempo. É membro fundador do PEN

Club de Galicia. Estrease no mundo

literario co libro de poemas Alalás e,

máis tarde, na narrativa, obtendo

importantes premios literarios.

A partir do nacemento dos seus fillos

dedica gran parte da súa produción ao

mundo infantil, entre os que citamos:

Contos de nós e da xente, O libro de

María, O día que choveu de noite,

Viaxe á Illa redonda, Vermiño, A cidade

de Aldara, Ero e o capitán Creonte,

Patapau, A canción do Rei, O avó de

Pipa, Don Merlo con chaqueta, Contos do paxaro azul, A voda do papá…

Ánxeles Ferrer

Ánxeles Rodríguez Ferrer nace en

Valdeorras a finais dos cincuenta. Cursa

estudios de Ciencias da Información,

pero dedícase fundamentalmente á

ilustración.

Son libros ilustrados por ela: Roxelio e a

couza, Oso mimoso, Peter Pan nos xardíns

de Kesington, Aí está o conto, O quirico

lambón, A casa do porco bravo,

Contos fantásticos…

Outras publicacións escritas e ilustradas

por ela son: A aventura de Xanzolo

e Os señores meses.

ilustración

actividades

Antes da lectura

• Co libro na man, faremos unha posta en común na que tentaremos que cada alumno

e alumna vaia opinando acerca do que espera del:

– En base ó título. ¿Que pode ser «a campá da lúa»? ¿Como nola imaxinamos?

¿Cando tocará? ¿Que historia poderiamos crear nós con ese título? ¿Que poema?

– En base á autora. Parte do alumnado é posible que a coñeza por ter lido algo que

escribira anteriormente e pode opinar acerca de se lle gustou ou non, de cómo

escribe e acerca de qué…

– En base á ilustradora. Poden coñecela por outras ilustracións ou polos libros que

ten escritos. Ademais, poden opinar acerca do que lles gusta ou desgusta dela.

– En base á portada. Nela aparecen o título e os nomes da autora e da ilustradora,

así como a ilustración da capa que lles resultará suxerinte; isto dará pé a que os rapaces

e rapazas opinen acerca dela e dos seus propios gustos, do que lles lembra…

– En base á colección. Os rapaces e rapazas van recoñecendo as coleccións de libros

de literatura infantil e saben xa cales lles gustan máis e cales menos (por cómo é o

deseño das mesmas, polos títulos ós que tivo acceso…). O formato xa os sitúa nun

determinado campo sobre o que tamén poden opinar, dicir qué lles chama a atención,

qué non lles gusta…

– En base á contracapa. Recóllese un poema que leremos e que lles servirá de presentación

dese país encantado no que tal vez vivan todos os poemas do libro.

• Deixaremos que o folleen, que vaian vendo as diferentes ilustracións e partes do

libro e irémolas comentando entre todos e todas, desde a dedicatoria ata o listado

de títulos da colección. Todo servirá para que falemos, intercambiemos opinións,

lembremos outros libros ou experiencias e vaiamos vendo cáles son as nosas expectativas

en relación a el.

Durante a lectura

• Podemos ir deténdonos en cada unha das partes:

• Lemos a dedicatoria: «A tódalas nenas e nenos, que tamén son poetas». ¿Que nos

chama a atención dela? ¿Gústanos que nos dedique a obra? ¿É certo que todos e

todas somos poetas? ¿Por que? ¿Por que poñerá primeiro nenas e despois nenos?

¿Faise sempre así? ¿Que nos parece a ilustración que acompaña a dedicatoria?

¿Como a explicariamos? ¡Escribámoslle un poema a esa ilustración!

• Lemos «Cando a autora fala de si». Despois podemos ir relendo e deténdonos en

cada parágrafo:

– Do primeiro preguntarémonos: ¿Onde queda Becerreá? ¿Canto tempo pasou

dende 1940, ano en que naceu? Podemos facer unha autobiografía seguindo o

modelo desta (¿En que cadraría o día do noso nacemento? ¿Que lúa habería?).

3

4

actividades

– Do segundo preguntarémonos: ¿Cales serán as montañas Brancas? ¿Con quen

aprendemos cada un de nós a ser nenos?

– Do terceiro preguntarémonos: ¿Onde xogabamos ou xogamos nós en cada época?

¿Sénteste algunha vez como un personaxe de conto? ¿Que lembranzas tedes de

cando erades pequenos? ¿Atopastes algunha errata de imprenta neste parágrafo?

– Do cuarto: ¿Consideras que ser neno ou nena é moi difícil? Argumenta a túa resposta.

¿Cres que a autora fala en serio do difícil que é a nenez? ¿Por que?

– Do quinto: ¿Cando empezamos nós a ir á escola? ¿Por que a autora non iría de

pequena? ¿Que facemos na escola? ¿Custouche traballo afacerte a ir?

– Do sexto: ¿Que cousas fas mellor ti que as persoas maiores que coñeces? ¿Que cousas

fan elas mellor que ti? Preguntémoslles ás nosas avoas e ós nosos avós qué cousas

non había cando eles eran pequenos.

– Do sétimo: ¿Que cousas non aprendiches a facer e fai que te sentas avergoñado?

– Do oitavo: ¿Que descubriches ti ó longo do tempo? ¿Que é o que te gusta?

– Do noveno: ¿Que é o máis importante que descubriches? ¿Tamén escribes? ¿Como

te sentes cando o fas?

– Do décimo: Di a autora que «escribir poesía é outra maneira de xogar…» Entre

todos e todas ides ir elaborando un cartel que poña á esquerda e con letras ben grandes

«Escribir poesía é…» e, á dereita, a resposta de cada un de vós.

• Vemos a seguinte páxina na que aparece recollido outro título da autora presente

nesta mesma colección. Sería do noso interese que alguén, de telo, o trouxese e llo

presentase ós compañeiros e compañeiras.

• Podemos traballar co listado de títulos da colección, que aparece a continuación.

Farémolo só cos de «primeiros lectores» e «de sete anos en diante». Falaremos dos

que coñecemos e pensaremos acerca do que poden tratar aqueles que nunca vimos

nin limos: ¿que hai detrás de cada un dos títulos? ¿E dos autores?

• Pasaremos á lectura de cada un dos poemas. Podemos pedir que a fagan primeiro en

voz baixa e, máis tarde, lerémolos en voz alta para que os saboreen tamén ó escoitalos

e poidan ir colléndolle o ritmo. Esta lectura en voz alta pode facela unha soa persoa

ou poden alternarse varias voces, lendo cada unha un verso, dous, tres… unha

estrofa…, de forma que a música nos vaia entrando e cada vez a poidamos ler máis

a présa, con mellor entoación, con maior expresividade… Cada poema é un mundo

que gozar, algo que integraremos na nosa bagaxe poética e que pode dar pé ás nosas

propias creacións. Este é o motivo polo que non debemos ter présa.

• Podemos pedirlles que preparen, cada un deles por separado, un poema para facer

unha lectura expresiva do mesmo ou para poder recitalo de memoria, se son quen

de aprendelo. Memorizar algún poema pode ser moi interesante, sempre que sexa

aquel que prefiran, elixido por eles.

• Cando a lectura ou o recitado dos poemas estea ben preparado podemos facer unha

lectura ou recitado público. Mesmo podemos gravalos para despois poder escoitalos.

actividades

• Unha vez lido e/ou recitado un poema podemos deternos nel facendo que o analicen

e, sobre todo, que cada palabra sexa coma un obxecto tirado á superficie da auga que

produce ondas que se amplían a si mesmas. Desa maneira, cada verso, cada imaxe…

provocará en nós un efecto creativo e expresivo. Neste sentido, nunca nos cansaremos

de pedir que non se fagan valoracións negativas das intervencións do alumnado.

Aceptaranse todas as interpretacións, sempre que sexan explicadas, pois tratándose

dunha linguaxe connotativa non haberá unha resposta única e válida, senón que estará

aberta a todas as interpretacións. Cada lector pode descubrir sentidos nos que nin

o autor nin o profesor ou crítico teñan reparado. Só partindo desta base conseguiremos

que lles guste a poesía, que a lean con ganas e que se sintan capaces de creala.

• Mentres alguén nos le un poema, os demais podemos ilustralo. Desta maneira faremos

un novo libro, agora ilustrado por nós.

• Dado que o libro xoga con elementos propios do mundo infantil, podemos pedirlle

ó alumnado que relacione o que aparece nos diferentes poemas con outros poemas

ou contos que el coñeza.

• Vaiamos vendo qué actividades nos pode provocar cada poema:

• «A campá da lúa». Parte dunha cita doutro poema, neste caso de Juana de Ibarbourou.

Falaremos da razón pola que cremos que o elixe. Compararemos esa estrofa coas do

poema de Helena Villar e veremos qué teñen en común. Observaremos a rima, o

número de versos de cada estrofa, os temas de que tratan…

– Recordaremos que hai un libro, A fogueira dos versos, de Antonio García Teijeiro,

no que o autor vai elixindo unha estrofa dun poeta galego e, en base a ela, fai un

poema propio.

– Fixarémonos no título do poema (que por algo será o do libro) e observaremos as

vocais que aparecen nel. Logo, tentaremos construír títulos que teñan algo en

común con el (dos que máis tarde poderemos sacar poemas…) como, por exemplo

«A mamá da rúa».

– Preguntémonos: ¿De que trata o poema?, ¿que será a «prata de gata»?, ¿que serán

as «sabas negras de noite de raso bordado de estrelas»?, ¿que significado pode ter aí

a palabra «raso»?

– Probemos a ler o poema entre varias persoas: unha lerá a cita, outra será a narradora,

outra a campá e outra a que lle fala á campá.

– ¿Por que as campás se casarán cos reloxos?

– ¿Como interpretamos a ilustración?

• No poema «Princesa triste» volvemos atopar, de novo, unha cita doutro poema que,

como no caso anterior, podemos buscar e ler para ver se nos gusta tamén a nós.

– Leremos o poema, probaremos a dramatizalo, farémolo a dúas voces (narradora e

princesa) ou probaremos de forma que cada un lea unha estrofa. Observaremos qué

ten en común este poema co poema citado de Rubén Darío. Esperaremos a que

acerten ónde está a rima e cómo é.

5

6

actividades

– Ilustraremos a terceira estrofa, ese momento no que as bolboretas saen do baúl e

se van voando polo ceo.

– Podemos xogar a buscar datos no poema: ¿Como lle chama a autora á princesa?

¿Como é a bolboreta pola que chama a princesa? ¿Que quere facer con ela? ¿A quen

lle quere dar a princesa o abano? ¿Por que será?

– Escribiremos a primeira estrofa, deixaremos un espacio en branco e escribiremos

a última; no medio faremos o noso propio poema.

• «Había unha vez…» Preguntémonos: ¿Por que se fala de «avós de olliños doces e

cabeciñas brancas»? ¿Por que «A orella ben aberta e a boca ben pechada?» ¿Por que

se dirá que a noite era larga? ¿Como nos axuda a ilustración? ¿Que personaxes aparecen

no conto que se está contando nesa lareira?

• «A lúa pinta un lunar». ¿De que trata o poema? Que alguén nos diga qué é un tenor.

Que cada un explique unha das estrofas tal e como a entende; mentres, os demais

poderán ir aumentándolle significados.

– Hai palabras que se parecen, como «lúa» e «lunar». Podemos buscar outras polo

simple pracer de atopalas ou para dar pé a outra historia.

– Neste poema, ou en calquera outro, sempre poderemos facer unha composición

propia seguindo o esquema ou estructura tanto narrativa como formal.

• «Dona Parrula». Despois de lelo varias veces podemos opinar acerca de se nos recorda

algunha outra historia (carroza de cabaciña, baile…). Busquemos campos semánticos:

bailes, roupas e accesorios…

– Proba a facer un debuxo desa voda.

• «Nun país encantado». Debuxemos esa farmacia que está dentro dunha cabaza co

farmacéutico, os nenos e o loro. Escribamos o noso poema, que comezará cos dous

primeiros versos: «Unha vez nun país / que era encantado…». Está claro que neste

país pode pasar de todo, calquera cousa que se lles poida ocorrer.

• «Serrín de cores». Podemos xogar coa primeira estrofa e a repetición «cu cu» nos versos

impares. Seguiremos inventando versos pares e completándoos co rítmico «cu cu».

– Na segunda xógase coas notas musicais. Lembraremos cáles son e continuaremos

a xogar elaborando novos versos coas que faltan.

– Na terceira imos xogar con onomatopeas: primeiro faremos un listado no que

recolleremos todas cantas se nos ocorran e, logo, irémolas unindo ós animais ou

fenómenos correspondentes.

– Ilustremos a última estrofa. ¿Como se poderá serrar a mañá? ¿Que outras cousas

se poderán serrar e que pasará cando se faga?

• «A casiña do anano». Continuemos o poema tentando que non se rompa o ritmo.

Podemos facelo seguindo a personificación: «E a casiña do anano / pon un mandil /

para que non lle chova / no mes de abril». «E a casiña do anano / pon un…

• «Todos os trens do mundo». Podemos explicar cada unha das estrofas, vendo qué será

«o sombreiro de fume de pipa branca», a maneira de «despedir casas»… Logo,

actividades

podemos continuar o poema a partir do primeiro verso de cada estrofa: «Todos os

trens do mundo». Observaremos a personificación dese tren, como se trata (tal e

como se fose unha persoa) e veremos outros casos nos que tamén suceda.

• «No trapecio da lúa». Imaxinemos que puidesemos colgar un trapecio da lúa…

¡Contemos esa historia!

• «Neve, chuvia, vento, sol». De novo asistimos a unha personificación. Neste caso,

podemos dramatizala de forma que cada un represente un destes elementos. Tamén

podemos continuar ese poema con outros elementos que definiremos igual que a

poeta fai coa neve, a chuvia, o vento, o sol… e tentar buscarlles onomatopeas que

axuden á representación.

• «Canción da sede». Hai imaxes moi fermosas, como a de botar a voar unha árbore

con todos os paxaros que están pousados nas súas pólas… Podemos escoller entre

escribir unha historia baseándonos nesta imaxe ou buscar outra así de creativa.

• «Teño o meu berciño». Podemos continuar este poema tentando seguir co mesmo

esquema. Preguntémonos: ¿poderá haber chuvia que non sexa mollada?; ¿como será

«a area da praia do mar do faiado»?

• «Gato don Honorato». A repetición da estructura destas estrofas, conservando o primeiro

verso e a forma do último, será un xogo realmente doado e divertido. Unha

actividade posible sería a elaboración dun poema partindo doutra personaxe como

«Merla señora Xoana»…

• «Había outra vez…». Lemos un poema que se titulaba «Había unha vez…» e agora

seguimos con outro que só se pode chamar «Había outra vez…». Se tivesemos que

continuar contando historias, ¿que títulos lles poñeriamos?

– Neste poema atopámonos cun rei moi orixinal. ¡Inventa ti outro!

– ¿Podemos considerar que este é un poema pacifista? Argumentemos isto.

• «As nubes brancas». Neste poema atopámonos cunha comparación («as nubes brancas

/ como princesas»), dúas imaxes («as nubes brancas / son la de ovella; As nubes

brancas / son margaridas») e unha personificación («as nubes brancas / todas a un

tempo / fanlle coa la / xerseis ó vento»). Agora podemos probar a facer nós imaxes,

comparacións e personificacións con esas nubes.

• «Canción do medo». Preguntémonos: ¿cales serán os dedos dos abetos?; ¿por que

pode morrer un vampiro dun ataque de gota?; ¿por que se di que a torre da catedral

lle pon inxeccións á noite?

– Este poema pode ser a base para a creación doutros que poderán titularse: Canción

da risa, canción da pena…

• «A voda azul». Podemos continuar este poema seguindo novas estrofas que seguirán

a «Imos ti e eu, mamá». Podemos preguntarnos polos personaxes que aparecen no

poema e tamén pola razón de que a voda se cualifique de azul.

7

8

Despois da lectura

actividades

• Escoitar o disco que leva o mesmo nome e no que están musicados parte dos poemas

deste libro pola Orquestra de Cámara da Universidade de Santiago, «In Itinere».

• Que cadaquén elixa a ilustración que máis lle gusta e lla mostre ós demais.

• Que cada alumno e alumna escolla, agora, o poema que prefira e llo lea ós demais.

• Podemos buscar outros libros de poesía e continuar lendo.

• Se nos gustou este poemario de Helena Villar, podemos buscar outros libros desta

autora que teñamos na biblioteca escolar e continuar lendo a súa obra.

• Se nos gustaron as ilustracións de Ánxeles Ferrer, podemos buscar outros libros ilustrados

ou escritos por ela.

• Unha vez rematada a lectura, vistas todas as ilustracións e rematadas as actividades,

faremos un marcalecturas que deixaremos no libro sinalando o poema que máis nos

gustou.

Pedidos a:

Comercial Grupo Anaya

Polígono de Bergondo

1ª Travesía - Parcela B1

15.165 Bergondo (A Coruña)

Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

XERAIS

Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo

Apartado Postal 1446. 36200 Vigo

Teléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80

T elefax: (986) 20 13 66

Correo electrónico: xerais@xerais.es

http: //www.xerais.es/

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

© Pilar Sampedro Martínez, 2003

© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2003

Depósito legal: VG. 1177-2003

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!