19.04.2013 Views

Derrota e singraduras do Joaquín Vieta

Derrota e singraduras do Joaquín Vieta

Derrota e singraduras do Joaquín Vieta

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

contraste do material reunido cos repertorios lexicográficos

e fraseolóxicos existentes, coa finalidade de

peneirar aquelas pezas que non estaban recollidas

neses repertorios e ofrecelas nun volume.

Os seis redactores deste traballo (Salvador Castro

Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González

Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez

García e Ramón Rocamonde Gómez), axudados na

parte gráfica por Marcos Paz, dan conta así, no volume

de referencia, de perto de seiscentas locucións e palabras

nunca antes rexistradas nos nosos repertorios. E

precisamente queremos destacar, en liña co que sinalan

no limiar os propios redactores, como a intensa vinculación

das xentes do Morrazo ao mar dá lugar a unha

fraseoloxía e a un vocabulario onde a presenza mariñeira

é moi ricaz.

Topamos así, neste volume, denominacións específicas

de ventos (garruada: vento forte do Noroeste;

reveleste: vento do Leste que sopra de terra ao mar no

crepúsculo), nomes para determinadas artes de pesca

(catueira: arte para a pesca do polbo; coteno: malla

mesta; foleta: bolsa de lona con carnaza; lañeira: vara

para pescar congros; man do demo: tipo de francada) e

vocábulos peculiares do Morrazo que designan animais

e plantas mariñas (anguía do laño: congro; chispolbo:

estrela do mar; lola: castañeta grande; brugal:

coral mariño; chicharela=mexete=pisarela: fungo

mariño que bota líquido ao presionalo; lardeiro=merdeiro:

ave mariña, de nome científico Storcorarius

skua; mexadeiro: anémona; mexarela: bivalvo, de

nome científico Lutraria elíptica; quico: caramuxo

cocido; quilín: ostra pequena). Mesmo algunhas partes

da anatomía dalgúns peixes teñen denominación específica

na fala mariñeira dos portos da banda norte da

ría de Vigo, como serra do lombo ou serra da banda

(escama lonxitudinal do lombo do xurelo) ou meldrecha

(zona ventral do bonito).

Tamén se recollen no volume en cuestión orixinais

palabras para designar faenas a bordo (azorrague:

acción de apertar dous cabos; postilamento: acción de

amarrar o barco a unha baliza) ou referir xeitos e efectos

de navegar (agarrear: estar a barlovento; escachoada:

ronsel que deixa o barco; sorroar: balouzarse o

barco de xeito moi pronunciado por mor das ondas),

certas situacións de pesca (asentir: tocaren os peixes o

anzol sen o picaren) ou maneiras e usos de andar ao

mar (baixada: pago por adiantado que se lle dá a unha

tripulación nunha arribada).

Sino de proa

89

ARDENTÍA

O Con, Moaña, 1915

Recóllense, ademais, nomes coloquiais de embarcacións

ou de elementos das mesmas (nicha: dorna,

embarcación; postil: baliza; singadoiro: oco en que se

coloca o remo para vogar) e vocábulos sobre as fasquías

e movementos do mar (fasina: ardentía; goldrío=goldría:

remuíño que forma o mar entre as

rochas, arrastrando materia coa escuma; golfeiro: sitio

do mar en que abundan as algas; sisada: tres ondas

grandes seguidas; vacia: maré baixa).

Hai, igualmente, numerosos termos mariñeiros para a

cualificación dos individuos, case sempre con matices

despectivos: jodechinchos: forasteiro, veraneante;

marmanso: pusilánime; pailabote: home simple; remo

torto: persoa torpe, ineficiente...

E, finalmente, hai tamén espazo nesta recolleita para

refráns e locucións que non poden ocultar a súa xinea

mariñeira: a cagar na patela=a tocar á lonxa (dise

para botar a alguén do teu lado), andar ao chandique

(andar ao que caia), andar á corsada (andar a roubar),

a remos (camiñar), a todo filispín (a toda velocidade,

polo inglés "full speed"), acabouse a barca de ouro

(pasou a oportunidade, rematou a boa racha), non se

fai barco (non vai ter éxito algo), coller o barco pola

proa (facer algo no límite de tempo, andar apurado), ir

o barco ás pedras (fracasar); cheirar ao caramuxo

(feder); ser coma a carioca (repetirse moito), xa a fixeches,

fogoneiro (estragar), ir avante (ter éxito), navegar

a leste (coñecer ben un tema, ter experiencia),

tomarlle a rapeta (burlarse), voga, rapaz (espabila,

apura, móvete), vogar a dous remos (intentar aproveitar

dúas posibilidades á vez), ponte na vela (pon atención),

etc.

Recolleitas deste xorne en todos e cada un dos nosos

portos ou bisbarras costeiras, feitas co amor e co rigor

con que esta que comentamos foi feita, poderían arriquecer

extraordinariamente, sen lugar a dúbidas, o

noso tesouro lexicográfico e o noso coñecimento do

galego vivo.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!