Curso 2010-2011 Curso 2011-2012 - Salesianos A Coruña
Curso 2010-2011 Curso 2011-2012 - Salesianos A Coruña
Curso 2010-2011 Curso 2011-2012 - Salesianos A Coruña
You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
Curso

Curso

2010-2011

2011-2012

CPR Plurilingüe Salesiano

“San Juan Bosco”

A Coruña

DEPARTAMENTO DE PASTORAL
ÍNDICE

Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

1.- PRESENTACIÓN ......................................................................................... 3

2.- OBXECTIVOS DA NOSA ACCIÓN PASTORAL ............................................... 4

3.- AXENTES IMPLICADOS ............................................................................... 5

3.1.- A Comunidade Educativa ............................................................. 5

3.2.- O Equipo Xeral de Pastoral ........................................................... 5

3.3.- O Departamento de Pastoral ....................................................... 6

3.4.- O Equipo Directivo ........................................................................ 6

3.5.- Os Coordinadores de Pastoral ...................................................... 6

4.- ACCIÓNS CONCRETAS. .............................................................................. 7

4.1.- Os bos días. .................................................................................. 7

4.2.- Celebracións dos 24. ..................................................................... 8

4.3.- Campañas educativas. ................................................................. 8

4.4.- Celebracións da fe. ..................................................................... 12

4.5.- Convivencias cristiás. .................................................................. 12

4.6.- Itinerarios celebrativos. .............................................................. 12

4.7.- Itinerario de educación na fe. ..................................................... 13

4.8.- Actividades para o profesorado e a Comunidade Educativa. ..... 13

5.- TEMPORALIZACIÓN ................................................................................. 14

6.- AVALIACIÓN ............................................................................................ 16

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 2 de 16
Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

1.- PRESENTACIÓN

A nosa escola defínese coma escola católica salesiana. Esta calificación

responde a unha realidade: queremos ser escola con todas as súas implicacións

de entidade educativa e transmisora de cultura e queremos ser escola cun estilo

concreto baseado nos valores do Evanxeo e as intuicións educativas de Xoán

Bosco, que el mesmo chamaba Sistema Preventivo. Coma el, tamén nós

queremos camiñar xuntos cara ao obxectivo de formar honrados cidadáns e bos

cristiáns.

As liñas fundamentais nas que baseamos a nosa tarefa educativo-pastoral

están recollidas na Proposta Educativa das Escolas Salesianas e na Carta de

Identidade da Escola Salesiana en Europa. Desde o noso ideario, temos clara a

opción por unha escola global, onde educación e evanxelización camiñan da man.

Porque nós estamos convencidos de que facendo unha educación de calidade

estamos sendo fieis á tarefa de evanxelizar a sociedade, e que o modo mellor de

presentar os valores evanxélicos é a educación.

Cremos nunha educación integral da persoa, onde todas as dimensións son

importantes e deben medrar harmonicamente. Para nós ten tamén importancia a

dimensión de apertura á transcendencia, onde se producen as preguntas polo

senso da vida e a experiencia relixiosa. Coma escola católica tratamos de axudar

ao alumnado a ir facendo unha síntese entre a fe, a cultura e a vida.

Polo tanto, toda a nosa tarefa educativa é evanxelizadora, aínda que

facemos algunhas propostas onde explicitamos máis, se cabe, os valores

evanxélicos. Deste xeito neste plan recóllense as actividades que ofrecemos,

xunto co traballo cotián, para educar nestes valores.

O presente Plan de Pastoral trata de recoller o que queremos que sexa a

nosa escola desde o noso ideario. Aquí defínese o que entendemos que temos

que ser e facer para ser unha escola pastoral. Tamén trata de implicar a toda a

Comunidade Educativa, primeira garante da nosa identidade. Igualmente quedan

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 3 de 16
Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

recollidas as actividades e propostas que ofertamos no presente curso para

conseguir acadar os obxectivos enumerados.

2.- OBXECTIVOS DA NOSA ACCIÓN PASTORAL

Para acadar a nosa finalidade educativo-pastoral, propoñemos uns

obxectivos xerais. Posteriormente estes explicítanse noutros obxectivos máis

operativos nas distintas actividades propostas neste Plan de Pastoral.

Os obxectivos xerais que pretendemos son os seguintes:

1. Implicar a toda a Comunidade Educativa na acción pastoral da nosa escola,

na organización das actividades, na súa execución e na súa avaliación.

2. Educar en valores que desenvolven a apertura á fe e a Deus ofertando

experiencias de maduración persoal.

3. Crear un ambiente rico en valores, onde cada un se sinta acollido.

4. Acompañar aos alumnos e alumnas para ir facendo unha síntese entre a fe,

a cultura e a vida.

5. Medrar nos valores da solidariedade, a gratuidade e o compromiso,

facendo unha lectura crítica da realidade.

6. Dar claves que permitan ir descubrindo a propia opción vocacional na vida.

7. Potenciar a participación en itinerarios educativos e celebrativos,

especialmente no Itinerario de Educación na fe.

8. Destacar algúns momentos significativos do ano como elementos

educativos e evanxelizadores.

9. Ofertar espazos de celebración da fe adecuados a cada idade.

10. Achegarnos aos alumnos e alumnas no seu día a día, máis aló do

académico, poñendo en práctica a idea dunha escola en pastoral.

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 4 de 16
Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

3.- AXENTES IMPLICADOS

3.1.- A Comunidade Educativa

Para lograr unha escola en pastoral temos que ser conscientes de que a

tarefa non é soamente dun grupo particular. Toda a comunidade educativa

(profesorado, pais e nais, persoal de administración e servizos), cada quen desde

o seu posto, ten que tomar conciencia do xeito en que fai realidade a tarefa

educativo-pastoral proposta.

Trátase de crear o ambiente adecuado onde os valores propostos atopen o

seu lugar de realización. Para iso todos temos claras as opcións fundamentais da

PEES e implicámonos en poñelas en práctica coas nosas actitudes persoais, coa

coordinación entre todos e coa colaboración nas actividades e propostas máis

explícitas.

3.2.- O Equipo Xeral de Pastoral

É o equipo no que están representados diversos ámbitos da escola e da

obra salesiana. É o órgano responsable de animar e coordinar a acción

evanxelizadora e pastoral en todas as actividades escolares e extraescolares que

se realizan no centro.

Este equipo está formado, no presente curso, polas seguintes persoas:

- Os coordinadores de Pastoral: Pablo Álvarez (EI – EP)

Jesús Mª Peña (ESO – Bach)

- A orientadora do centro: Pilar Sanjurjo

- Os Xefes de estudos: Carmen Conde (EI – EP)

Ramón Vilá (ESO – Bach)

- Representante de EI: Montserrat Rubio

- Representante de EP: María Suárez

- Representante de ESO-Bach: Carlos Paz

- Representante dos titores: Montserrat Nolasco

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 5 de 16
Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

- Coord. do Centro Xuvenil: Isabel Balsa

- Representante da parroquia: Ángel Sánchez

- Representante da ANPA: Mª Carmen Loureiro

Este equipo reúnese ao principio e ao final do curso escolar convocado

polos Coordinadores de Pastoral.

Entre as súas tarefas está propoñer ao Equipo Directivo o Plan de Pastoral

anual para a súa aprobación.

3.3.- O Departamento de Pastoral

É o equipo reducido, que está formado polos Coordinadores de Pastoral e

algunhas das persoas que compoñen o Equipo Xeral de Pastoral, encargado de

coordinar e dinamizar as actividades e propostas programadas durante o curso.

Este equipo reúnese semanalmente, ás veces todos xuntos e ás veces por

etapas, segundo as necesidades. Convócano os Coordinadores de Pastoral.

3.4.- O Equipo Directivo

Como responsable da coordinación xeral do centro, o Equipo Directivo é o

órgano que aproba o Plan de Pastoral e toma as decisións oportunas para poder

levar a cabo o que nel se indica, a proposta do Equipo Xeral e do Departamento

de Pastoral.

3.5.- Os Coordinadores de Pastoral

Son os encargados, nas súas etapas, de coordinar a programación concreta

e a execución das diferentes actividades propostas que lles afectan, dinamizando

a participación de todo o profesorado e do alumnado correspondente.

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 6 de 16
Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

Levan ao Equipo Directivo as propostas e inquedanzas que tocan a

dimensión evanxelizadora do centro. Nel coidan especialmente que o centro

camiñe cara ao ideal dunha escola en pastoral.

Son o nexo cos outros centros da Inspectoría e coa Delegación Inspectorial

de Pastoral Xuvenil para a coordinación, a colaboración, compartir materiais,

ideas, etc.

Convocan o Departamento e o Equipo Xeral de Pastoral cando corresponda.

4.- ACCIÓNS CONCRETAS.

Para conseguir levar adiante a nosa proposta ofertamos ao longo do curso

unha serie de actividades, segundo as distintas idades, recollidas a continuación.

Algunhas delas son coordinadas pola Delegación inspectorial e outras realízanse

en coordinación co Centro Xuvenil Abeiro.

4.1.- Os bos días.

Todos os días, por etapas, e antes de comezar as sesións lectivas, danse os

bos días ao alumnado. Seguindo a programación que os Coordinadores de

Pastoral entregan, os profesores e profesoras túrnanse nesta actividade. Son un

momento no que se presenta unha breve reflexión sobre un tema e se propón

unha sinxela oración.

O calendario anual elabórao un grupo de persoas desde a Delegación

Inspectorial de Pastoral Xuvenil e os Coordinadores de Pastoral fan unha

adaptación para o centro.

O obxectivo desta actividade é ir educando en valores e iniciando á oración

segundo as idades.

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 7 de 16
Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

4.2.- Celebracións dos 24.

Os días vintecatro de cada mes recordamos dun xeito especial a María

Auxiliadora. Os de EI fano nos bos días. Os de EP teñen unha celebración (agás os

meses que coincide preto doutra celebración da fe, que teñen só os bos días). Os

de ESO e bacharelato fan os bos días xuntos na igrexa.

4.3.- Campañas educativas.

Ao longo do curso propóñense campañas de diversa duración que se

traballan desde a pastoral e as titorías. Son momentos nos que se propón un

tema para reflexionar sobre valores e se ofertan algunhas actividades.

As Campañas que se realizan son: Campaña do DOMUND, Operación Quilo,

festa de Don Bosco, Mans Unidas, Campaña en torno á familia, Orientación

vocacional e profesional e festa de Mª Auxiliadora.

A programación das campañas para o presente curso é a seguinte:

Campaña: DOMUND Lema: “Como o Pai me enviou, así

tamén vos envío eu”

Destinatarios: EP – ESO – Bach. Datas: 17 ao 28 de outubro

Obxectivos:

• Concienciar da interdependencia e

a necesaria cooperación entre os

pobos e as nacións.

• Educar en actitudes solidarias e

participativas implicándose en

xestos concretos para conseguir

fondos para proxectos solidarios.

Actividades:

• Ambientación de aulas e

corredores.

• Titorías sobre a campaña en ESO e

Bacharelato.

• Entrega de sobres do DOMUND en

EP-ESO-Bach.

• Magosto solidario en coordinación

co Equipo de Dinamización da

Lingua Galega.

• Campeonato lóstrego solidario no

terceiro ciclo de EP.

• Campeonato lóstrego de futbito

para ESO e Bach.

• Presentación da campaña

“Iniciativa Solidaria”, de JyD.

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 8 de 16
Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

Campaña: OPERACIÓN QUILO Lema: “Pegadas de solidariedade”

Destinatarios: Toda a Comunidade Ed. Datas: 28 de nov. ao 17 de dec.

Obxectivos:

Actividades:

• Descubrir e sensibilizarnos das • Ambientación de aulas e corredores.

necesidades que existen no noso • Titorías para presentar a campaña

entorno.

• Recollida de alimentos por aulas.

• Educar na solidariedade e no • Xesto colexial de recollida de

servizo.

alimentos.

• Recoller alimentos para familias e • Organización e distribución dos

persoas

cidade.

necesitadas da nosa alimentos conseguidos.

Campaña: FESTA DE DON BOSCO Lema: “Tralas pegadas de Xoán

Bosco”

Destinatarios: Todas as etapas Datas: 23 ao 31 de xaneiro

Obxectivos:

• Coñecer mellor a figura de san Xoán

Bosco, patrón do noso colexio.

• Preparar e celebrar a festa colexial

con tal motivo.

Actividades:

• Ambientación de aulas e corredores.

• Oferta de materiais de traballo

para coñecer máis a Don Bosco e

os valores que nos aporta.

• Celebración da fe por etapas.

Campaña: MANS UNIDAS Lema: “A saúde, dereito de todos. Actúa!”

Destinatarios: Todas as etapas Datas: 6ao17de febreiro

Obxectivos:

Actividades:

• Traballar algún dos obxectivos do • Ambientación de aulas e corredores.

milenio.

• Tenda de obxectos de Mans Unidas.

• Concienciar sobre as situacións de • Accións titoriais sobre a campaña.

fame que sofren moitas persoas no • Bos días especiais en EI.

mundo.

• Xesto do biscoito solidario (EP) onde

• Medrar na conciencia ecolóxica e algúns cursos traen voluntariamente

de defensa da terra.

biscoitos que logo repartimos a

• Colaborar economicamente para cambio dunha aportación económica.

axudar a proxectos de desenvolve- • Xesto do bocata solidario (ESOmento.

Bach.) onde os alumnos compran

un bocadillo no colexio e os cartos.

van para un proxecto da campaña

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 9 de 16
Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

Campaña: A FAMILIA Lema: “Pegadas da familia”

Destinatarios: EI – EP Datas: 10 ao 27 de abril

Obxectivos:

Actividades:

• Afondar nos elementos constituti- • Entrega de materiais para traballar

vos da familia coma referente estable

e plural de seguridade e afecto,

facilitando habilidades e medios para

mellorar as relacións familiares.

• Promover unha actitude activa,

partícipe e responsable dos nenos

na súa educación e convivencia

familiar.

• Informar e sensibilizar aos nenos

participantes sobre as diferentes

na aula e na familia.

realidades das familias e dos

dereitos da infancia en diferentes

lugares do mundo, especialmente

en países empobrecidos.

Campaña: ORIENTACIÓN VOCACIONAL

E PROFESIONAL

Lema: “Pisando forte”

Destinatarios: ESO – Bach. Datas: 10 ao 27 de abril

Obxectivos:

Actividades:

• Presentar a vida coma una opción • Ambientación de aulas e

vocacional.

corredores.

• Descubrir a nosa vocación coma • Titorías sobre a campaña: a vida

cristiáns.

como opción vocacional; opcións

• Espertar curiosidade polo propio profesionais.

futuro persoal e profesional. • Mesas de información sobre

• Dar información sobre os estudos estudos e saídas profesionais e

universitarios, Formación Profesional,

etc.

• Coñecer distintas opcións profesionais

e ofertas de traballo.

laborais.

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 10 de 16
Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

Campaña: FESTA DE Mª AUXILIADORA Lema: “Tralas pegadas de María”

Destinatarios: Todas as etapas Datas: 21 ao 24 de maio

Obxectivos:

Actividades:

• Celebrar a festa de Mª Auxiliadora. • Ambientación de aulas e

• Coñecer mellor a figura de María, a corredores.

súa importancia na vida de Don

Bosco e os valores que podemos

aprender dela.

• Celebracións da fe por etapas.

Xunto con estes momentos damos especial relevo a dous días: a inauguración

oficial do curso e o día escolar da paz.

INAUGURACIÓN OFICIAL DO CURSO Lema: “Deixando pegadas”

Destinatarios: Todas as etapas Datas: EI – EP o 30 de setembro

Obxectivos:

• Dar a coñecer o lema do curso.

• Traballar o significado do lema.

ESO e Bach o 29 de setembro

Actividades:

• Accións titoriais.

• Celebración para EI.

• Eucaristía para EP.

• Eucaristía para ESO e Bach.

XORNADA ESCOLAR DA PAZ Lema: “Pegadas de paz”

Destinatarios: Toda a Comunidade

Educativa

Datas: 30 de xaneiro

Obxectivos:

Actividades:

• Celebrar o día escolar da non • Titoría na aula sobre o tema.

violencia e a paz.

• Xesto colexial de toda a

• Sensibilizar sobre a importancia da

paz e as actitudes de non violencia.

• Descubrir que a paz é o noso

compromiso.

Comunidade Educativa.

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 11 de 16
Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

4.4.- Celebracións da fe.

En distintos momentos ofertamos celebracións en torno á fe. Algunhas

correspóndense con momentos significativos do ano, e se consideran actos

colexiais, e outras propóñense voluntariamente.

As celebracións que ofrecemos son: celebracións de inauguración do curso

por etapas, celebración de Nadal para EI e EP, eucaristías de Don Bosco e Mª

Auxiliadora para EP, ESO e Bacharelato e celebracións da Palabra para EI,

celebracións da Reconciliación, en dous momentos do curso, a partir de 4º de EP.

4.5.- Convivencias cristiás.

Para os cursos da ESO e Bacharelato ofértanse distintos momentos de

convivencias cristiás. Algúns lévanse a cabo desde o centro e outros veñen

ofertados desde a Delegación Inspectorial.

Son momentos de participación voluntaria, fóra da aula, onde se traballan

aspectos como a convivencia, a maduración persoal, a cooperación, a amizade, as

opcións persoais, Xesús e a súa mensaxe, etc. Tamén nalgúns cursos hai unha

celebración da fe.

Os cursos de 1º e 2º da ESO teñen un día no centro; os de 3º, 4º da ESO e

1º de Bacharelato teñen dous días fóra do dentro; os de 2º de bacharelato teñen

dous días de convivencias, con rapaces doutros colexios, fóra do centro.

En coordinación con outros centros ofértanse distintos momentos de

convivencias, sempre en fins de semana ou períodos de vacacións:

donbosco.com-tigo (3º e 4º da ESO), Campobosco (Bacharelato) e Pascua Xuvenil

(bacharelato).

4.6.- Itinerarios celebrativos.

Para os cursos de EI e EP traballamos o ámbito celebrativo a través dun

itinerario no que imos propoñendo distintos momentos e motivos de celebración,

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 12 de 16
Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

de xeito que o alumnado, segundo as idades e maduración, vaian abríndose ao

ámbito da transcendencia e ao senso da celebración, base para a celebración da

fe.

Esta actividade desenvólvese desde os ciclos correspondentes.

4.7.- Itinerario de educación na fe.

A pastoral do colexio ten como eixe fundamental para o seu

desenvolvemento o Itinerario de educación na fe. Neste itinerario participan de

xeito voluntario nenos e nenas, mozos e mozas, desde os 6 aos 19 anos.

O Itinerario de educación na fe está dividido en catro etapas, segundo as

idades dos participantes (Tardes Abertas, Andaina, ADS e Catecumenado), e a súa

programación e desenvolvemento concreto organízase desde o Centro Xuvenil

Abeiro.

4.8.- Actividades para o profesorado e a Comunidade Educativa.

Desde o Departamento de Pastoral propóñense tamén outras actividades

que teñen como destinatarios os profesores e profesoras. Estas actividades de

formación e celebración teñen como obxectivo medrar na nosa identidade cristiá

e salesiana e potenciar os aspectos que nos fan asimilar a idea de que todos

somos axentes de pastoral no colexio.

A planificación e desenvolvemento destas actividades depende de distintos

órganos (o propio departamento, a Delegación de Pastoral Xuvenil da Inspectoría,

Escolas Católicas…).

Para os profesores e profesoras ofértanse estas actividades ao longo deste

curso:

- Curso de Teoloxía para educadores (organizado desde a Inspectoría): unha

fin de semana en León onde se afonda sobre algún tema de teoloxía.

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 13 de 16
Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

- Convivencias cristiás para educadores (organizadas desde a Inspectoría):

Unha fin de semana de convivencias en León.

- Cursos sobre marxinación (organizados pola fundación JuanSoñador):

cursiños de fin de semana en distintos niveis sobre temas relacionados coa

intervención social.

- Xornadas de Pastoral Educativa (organizadas por Escolas Católicas): un

venres pola tarde e un sábado en Compostela onde se reflexiona sobre

distintos temas relacionados coa educación e a pastoral.

- Celebración en torno á festa de don Bosco (organizada polo Departamento

de Pastoral). Unha eucaristía para a Comunidade Educativa do colexio para

celebrar xuntos a nosa fe.

5.- TEMPORALIZACIÓN

Actividades para o alumnado

PRIMEIRO TRIMESTRE destinatarios datas

Inauguración do curso

EI - EP

ESO – Bach.

30 de setembro

29 de setembro

Campaña do DOMUND EP – ESO – Bach. 17-28 de outubro

Donbosco.com-tigo 3º y 4º ESO 22-23 de outubro

Magosto solidario Todos 26 de outubro

1º ESO 7 de novembro

Convivencias cristiás

2º ESO 9 de novembro

2º Bach 10-11 de outubro

Campobosco inspectorial Bacharelato 25-27 de novembro

Campaña Operación Quilo Todos 28 de nov. – 17 de dec.

Xesto colexial O.Q. Todos 14 de decembro

Celebracións da Reconciliación

4º, 5º e 6º EP 12 a 16 de decembro

Celebración de Nadal

ESO – Bach. 12 a 16 de decembro

EI 20 de decembro

EP 21 de decembro

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 14 de 16
Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

SEGUNDO TRIMESTRE destinatarios datas

Día escolar pola paz todos 30 de xaneiro

Campaña festas de Don Bosco todos 23 a 31 de xaneiro

Festa colexial de Don Bosco todos 31 de xaneiro

Campaña Mans Unidas todos 6 a 17 de febreiro

Biscoito solidario EP 15 de febreiro

Bocata solidario ESO – Bach. 15 de febreiro

Convivencias cristiás

1º Bacharelato

4º ESO

23-24 de febreiro

1-2 de marzo

Celebracións da Reconciliación ESO – Bach. 26 a 30 de marzo

Celebr. do itinerario celebrativo EI - EP 26 a 30 de marzo

Pascua Xuvenil Bacharelato 5 a 8 de abril

TERCEIRO TRIMESTRE destinatarios datas

C. de orientación vocacional e profesional ESO – Bach. 10 a 27 de abril

Campaña da Familia EI - EP 10 a 27 de abril

Convivencias cristiás 3º ESO 3-4 de maio

Campaña festas de Mª Auxiliadora Todos 21 a 24 de maio

Festa colexial de Mª Auxiliadora Todos 24 de maio

Actividades para o profesorado e a Comunidade Educativa

PRIMEIRO TRIMESTRE datas

Cursiño de Teoloxía para educadores 5-6 de novembro

SEGUNDO TRIMESTRE datas

Celebración da fe en torno a Don Bosco Preto da festa de D.B.

Xornadas de Pastoral Educativa 3-4 de febreiro

Cursiño de marxinación – especialización I 11-12 de febreiro

Cursiño de marxinación – especialización II 21-22 de xaneiro

Convivencias cristiás para educadores 25-26 de febreiro

Cursiño de marxinación – iniciación 3-4 de marzo

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 15 de 16
Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

6.- AVALIACIÓN

As distintas actividades propostas na programación serán avaliadas polos

membros do Departamento de Pastoral o xoves seguinte ao remate das mesmas,

sempre que se poida.

A avaliación recollerá aspectos relacionados co desenvolvemento da

actividade (data, lema, accións realizadas…) e coa participación e implicación do

alumnado e do profesorado.

As avaliacións quedarán recollidas na acta correspondente do

Departamento de Pastoral. Do mesmo xeito recolleranse os acordos tomados

para mellorar as actividades para o vindeiro curso.

Estas avaliacións serán revisadas ao final do curso para elaborar o plan de

mellora e de cara a deseñar e programar as actividades do seguinte curso.

Participamos no Plan de Calidade mediante o Procedemento Clave de

Pastoral, as actas e os indicadores propios de avaliación.

Este Plan de Pastoral cos seus obxectivos e programación de actividades

proponse ao Equipo Directivo para a súa aprobación.

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 16 de 16