19.04.2013 Views

MOITAS GRAZAS, PATRIARCA DON MANUEL LADRA LOPEZ

MOITAS GRAZAS, PATRIARCA DON MANUEL LADRA LOPEZ

MOITAS GRAZAS, PATRIARCA DON MANUEL LADRA LOPEZ

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

MOITAS GRAZAS, PATRIARCA DON

MANUEL LADRA LOPEZ

Contoume un paxariño que o día que ti te despediches, unhas plantas que lavaban contigo na

Igrexa máis de quince anos, quixeron botarse fóra tras ti, cheas de morriña. Sen ti, elas xa non

sabían vivir. E buscaron acubillo en mellores moradías que as soubesen apreciar desde outro

clima máis amoroso, coma o que ti lles tiñas ofrecido.

En Mandiá e Marmancón témosche un aprecio especial. Que ben soubeches coidar e atender

a D. Xosé María Balseiro Quirós, xa velliño. Como soubeches respectar as limitacións daquel

home xa gastadiño que tantas vidas salvou con riscos serios da a súa. Desde daquela fuches e

viñeches moitas veces servíndonos con delicada sinxeleza, virtude en ti ben característica.

Cando finou D. Andrés Fernández Muíños, fuches reclamado por aclamación popular e

volviches para servirnos durante sete anos e, desde un exquisito talante democrático,

organizaches unha parroquia dinámica, participativa, chea de vida e respecto mutuo.

Axudáchesnos a descubrirmos a Deus nun profundo respecto e amor por cada persoa,

empezando principalmente polos máis pobres, enfermos e anciáns. Por iso che queren tanto

en Santa Icía.

Fomos designados para collerche o santo e seña, no ano 1997, D. Xosé Francisco Delgado

Lorenzo e máis eu. Só tivemos de continuar o que, con tanto acerto, ti deixaches ben

encamiñado: Quererlle aos veciños e deixarse axudar por estas boas xentes. Hoxe seguimos

todos “téndoche moito amor e respecto por todos os días da túa e da nosa vida”. Por iso,

agora, xa entradiño en anos, venerámoste como exemplo e proclamámoste o noso

benquerido patriarca con esa chapela vasca coa que, a xeito de solideo, cobres o teu capelo de

ancián venerábel, chegado da Chaira ás Terras de Ferrol.

Queremos deixar medrar os días e que volvan as andoriñas. Que se encha de flores todo o val

de Mandiá, Taboadoa, e as paraxes de Papoi e Marmancón. Volverán a cantar o cuco e mailas

cotovías. Encheranse de chorimas e fermosos alecríns o Coto do Crego e as ribeiras do noso

río. E, daquela, cheos de sol e ledicia, convocarémoste un día para que volvas presidirnos a

nosa eucaristía comunitaria, que reces de novo polos nosos devanceiros e farémosche entrega

dunha placa conmemorativa que sexa portadora dos nosos agradecementos á túa traxectoria

como noso cura exemplar e benquerido. E teremos música da boa, da que ti deixaches un

herdo ben conformado e confirmado.

A escola taller e obradoiro. A escola de música e a Fraternidade de enfermos da que fuches

pioneiro avanzado en toda España. A Igrexa nova de Santa Icía, os traballos a prol do mundo

xitano, a solidariedade co mundo obreiro, coa igrexa sempre aberta para eles nos momentos

máis duros de redución á fame e con persecucións. As túas conversas na radio. A asistencia e

acompañamento gratuíto de enfermos e discapacitados. Todo iso mostra como fuches e

segues a ser o crego sempre entusiasta e innovador que enches coa túa vida entregada e

compartida máis de medio século e segues a ser un referente exemplar para cantos queiramos

seguir modelos de servizo sen pedir nada a cambio. Humilde, sinxelo, entregado, acolledor e

firme no servizo. Como se di no evanxeo: Ven bendito do meu Pai, entra no gozo do teu

Señor. Porque estiven enfermo e coidaches de min. Porque fun ao cárcere e viñeches verme,

sen avergoñarte de miña condición. Porque estiven en necesidade e non te arredaches das

miñas beiras.

Por todo isto e por moito máis, que non hai libros dabondo para relatalo, moitas grazas,

querido patriarca D. Manuel Ladra López. Ad multos annos et sempre nobiscum vivas!

XAQUÍN CAMPO FREIRE é sacerdote diocesano

10 ABRIL DE 2013

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!