01.05.2013 Views

o mirador - Doade

o mirador - Doade

o mirador - Doade

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

DANDOLLE VIDA A PARROQUIA.

A Xunta Rectora da Comunidade de Monte Veciñal de Doade

agradece a “ O Mirador “ a oportunidade de poder chegar, unha

vez máis, ós veciños da parroquia para informalos das xestións

feitas durante o ano 2009 e os obxectivos que se marca de cara

ó 2010.

Nenos no 82

Na pasada Asemblea celebrada o 28 de febreiro a Xunta

Rectora puxo os seus cargos a disposición dos comuneiros e

animou ós veciños a colaborar, tanto dende a xunta rectora

como fóra dela, para ter o noso monte nas mellores condicións

posibles de cara a conseguir un maior aproveitamento. A raiz

desta Asamblea Ceceda e Castro tamén contan con

representación na Xunta Rectora, dámoslle pois a benvida a

Primitivo e Flora.

Durante este ano a Xunta Rectora levou a cabo as seguintes

xestións:

1.- Xestionouse a posta en valor de 10 hectáreas no monte dos

cousos mediante as siguientes actuación:

? Xestionouse ante o Concello e Medio Rural o

desbrozado deste monte, ademáis tamén se desbrozou o

Camiño de Vilachá á Portela, entorno de Ceceda e camiños de

Francos a Palleiros.

? Xestionouse a exclusión do terreo desbrozado nos

Cousos do Convenio subscrito en 1992.

? Sacóuse a concurso o arendamento desta parcela que

lle foi adxudicado a un veciño da parroquia que o vai converter

nun pasteiro

2.- Elaborouse un mapa da parroquia con todas as parcelas que

pertencen á Comunidade de Veciños do Monte Comunal de

Doade tal como figuran no Catastro.

3.- Arranxo do Local Social. A Casa Social presentaba gran

cantidade de humidades e numerosas fendas. Xestionouse ante

a Delegada de Política Territoral a solución destes problemas.

A petición foi atendida e realizada a obra no mes de setembro.

4.- Xestionouse coa empresa que amañou a carreteira de

Monforte o acondiconamento do camiño de Vilachá a Portela

que coa ampliación da pista dos avións quedara moi

A PAXINA DO MONTE

deteriorado.

O Porriño 1982

5.- Mellorouse a visibilidade para os coches que sáen da pista

de Os Palleiros e Vilardemouros no Cadaval para o que se

cedeo á empresa que amañou a carretera os terreos necesarios.

Todo esto ante a negativa de facer unha rotonda como se lle

solicitara.

6.- Obrigouse, por dúas veces, ás empresas que depositaron

escombros no Cadaval a que aplanaran e acondicionaran o

sitio. Púxose un letreiro prohibindo tirar máis e plantouse

algunha cerdeira para que a xente respecte a zona.

Por outra banda, de cara o ano que andamos, a Xunta Rectora

plantexase os seguintes obxetivos:

1.- O principal obxectivo é facer un plan de explotación do

monte pero a Comunidade non ten recursos para facerlle

fronte ó custe do mesmo polo que a única maneira de realizalo

sería mediante a obtención de axudas. Este Plan de

Explotación do Monte é agora necesario para acceder a

subvencións xa que a Administración dalle prioridade as

Comunidades que contan con el.

2.- Arranxo do Camiño de Vilachá ás Borreas e a San Pedro.

Para elo,xa se fixeron as preceptivas solicitudes e proxectos

tanto á Xunta como á Deputación .

3.- Desbroce de máis zonas e a poda de pinos para ter o monte

o máis limpo posible para evitar os incendios e mellorar a

clidade da madeira que se xere, a tal efecto formulouse

unha solicitude á Xunta

4.- Continuar co aproveitamento do monte , desta volta

arrendando outra parcela no Monte dos Cousos para sementar

pan. Esta iniciativa xa foi autorizada pola Asamblea.

Debemos ser todos conscientes de que se o monte está limpo

tanto o comunal como as propiedades particulares correrán

menos risco de arder.

Un saúdo e APROVEITEMOS O NOSO MONTE.

Dende “O Mirador” mantemonos atentos a canto sucede na

parroquia por eso queremos felicitar a actual Xunta Rectora

polo traballo levado a cabo, colleron o testigo de D. Xosé

que reanimou a Comunidade que estaba na UCI por fin, a

pesares da crise que padecemos, parece que a parroquia

empeza a mirar para o seu monte como algo do que ten que

tirar proveito e poñer en valor

Paxina 10

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!