02.10.2012 Views

o home inedito-1

o home inedito-1

o home inedito-1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Carlos G. Meixide

O home inédito

Ediciós da Rotonda

www.arotonda.com

Primeira edición dixital: novembro de 2005

Esta versión dixital de “O home inédito” foi licenciada por Carlos G. Meixide

cunha licenza Creative Commons. Esta licenza permite os usos non comerciais e

as obras derivadas desta novela mentres se manteña a autoría orixinal.

Publicado por Ediciós da Rotonda

http://www.arotonda.com

Para máis información sobre a licenza:

http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/2.5/es/deed.gl

O HOME INÉDITO

Capítulo 1

Era a primeira vez que se deitaba cunha americana. Chamábase Emily e era

de Minnesotta.

Coñecéraa aquela noite nun pub de Williamsburgh, o arrabaldo de moda en

Brooklyn, vendo un par de cativos brancos que facían hip-hop.

— Eu vou embora, amanhã será outra dia. Se queres lévo-te a casa. Não

suporto mais estes malandros.

— Grazas, Inácio, mais quedarei un cacho.

O Inácio deixou dez dólares na barra e marchou empaquetándose nun

horríbel plumífero canarinho fosforito. Lucas repasou canto diñeiro lle

quedaba e pediu outra cervexa. Prendeu un pito e acobadouse de costas á

barra. Nin lle gustaban aqueles petardos que facían hip-hop nin lles entendía

unha palabra mais sentíase ben. Lembrou a casa, A Coruña, o mar, a praia,

a mamá, o papá, un concerto de hip-hop ao aire libre duns cativos de Ordes

que lle fixeran moita graza, cun litro de cervexa na man, Estrella Galicia, tan

rica e tan fresca.

— Sorry! Do you have a cigarette?

Unha loira espilida sorríalle a dous palmos do nariz.

— Ouh, claro. OK. Take it.

CARLOS G. MEIXIDE

Tiña as mans brancas e delgadas. Tremíanlle lixeiramente mentres acomodaba

o pito na boca e facía un aceno para lle pedir lume. Lambeu con forza, como

unha fumadora inexperta e axiña a invadiu unha tose intensa e repugnante.

— Oh, fucking cigarettes! I have to give up smoking. “I have to giveup

smoking”. A Lucas deulle a risa. Aquela frase caía sempre nos exames

de inglés do Quintanilla, o dos dedos amarelos pola nicotina. Ela riu

tamén cunha gargallada estrondosa. Era de risa moi fácil.

— Why are you laughing?

— Oh, nothing. I was remembering my childhood.

Unha nova gargallada galiñácea.

— Where are you from?

— I´m... I´m.... well... I´m...- Dubidou por un intre mais decidiuque

desta volta non respostaría como facía decote. “Verás... Son galego,

de Galiza, unha nación do noroeste da Península Ibérica que

administrativamente pertence a España mais que ten unha lingua

de seu, o galego, da mesma orixe có portugués, e unha cultura de

raíces celtas, máis equiparábel a Irlanda, por exemplo, que á idea

preconcibida que ti poidas ter de España...” Non, desta volta non

lle petaba espallarse con tantas explicacións. – I´m... I´m... I´m a

fucking Spanish.

A ela abríronselle os ollos, de gata, dun azul moi claro, e ladeou suavemente

a cabeza.

O HOME INÉDITO

— ¿Español? Yo sé un poquito español. Estuve tres meses en

Méxicou.

— Good.

Aplausos. O MC solta un speech mentres pasea polo escenario coma un

chimpancé. Ela vírase, aplaude, ouvea “UUUUH” mentres debuxa no aire

un círculo imaxinario co puño dereito. Ri. Lucas míraa. Leva un xersei verde,

de lá, estirado até os xeonllos, e unhas medias de raias horizontais, de cores.

Vírase outra volta.

— They are good.

— Yes. Incredible.

— I am Emily. And you?

— Lucas.

Emily volve soltar unha gargallada estrondosa. Agora só ela fala. Ó

primeiro en español macarrónico, axiña nun inglés incomprensíbel

salpicado cun you know recurrente ao remate de cada frase. Move a

cabeza e as mans compulsivamente. De cando en vez arrómballe o

cabelo a Lucas, ou retíralle fíos imaxinarios do xarsei.

Lucas non escoita. Recréase nos seus movementos eléctricos, nos fíos

de fume que se reflicten nas lámpadas baixas do local, nas olladas de

esguello do resto da xente cada vez que Emily solta unha das súas

gargalladas.

Soa unha campaíña. As rúas están baleiras. Comeza a chover. A voz

de Emily ecoa entre os ferros oxidados da estación do metro elevado.

Sentan nun vagón baleiro. Lucas apoia a cabeza na xanela e acaríñalle

docemente os cabelos. You know... you know... you know...

5

CARLOS G. MEIXIDE

“Onde estára agora Laurita?”. Aquela noite marcharan xuntos para

a casa. Paraban a cada pouco para riren calquera parvada. Gustáballe

moito. Acompañouna ao portal e daquela non riron máis. Só se miraron

un cacho. Ela tiña os ollos grandes e húmidos e tremíanlle lixeiramente

os beizos.

“Pois bueno”

“Pois nada”

“Grazas por vir”

“Non é nada”

“Até mañá logo”

“Até mañá”

— Lucas. You know? – Os seus dedos seguían enredados na guedella

loira de Emily, que o ollaba cun sorriso, agardando unha resposta.

– You know?

Ao abrir os ollos bateu cunha raiola a coarse pola randixa da persiana.

Estendeu a man e sentiu a pegada aínda quente do corpo de Emily. Escoitou

o son da cisterna e volveu de vagar a cabeza cara á porta do baño.

— Good morning, dear!

Observouna. Branca, delgada, cunhas tetas cativas e redondiñas, o sexo

peludo e as pernas fracas. Descubriulle unha pulseira dourada no nocello

dereito. Lembrou os chíos estridentes, o rostro desencaixado e o suor a

pingarlle do nariz mentres coas mans batía a cabeceira metálica da cama

contra a parede.

O espertador marcaba as 9:00 a.m. Emily achegouse á fiestra, con coidado

de non pisar a roupa ciscada polo chan, e abriu a persiana.

- Oh, my God! Shit!

O HOME INÉDITO

PLAS. PLAS. PLAS.

— Eghem. Outro:

Capítulo 2

Polo mar, e alén do mar

fuxindo da realidade

aló vai o calamar

Como como!

Pensou Jorge Borge

Gha, Gha, Gha. PLAS. PLAS.

— E, en fin, este xa é o último. Ou derradeiro, como é? Derradeiro,

verdade? Pois ben. É así:

Como Eduardo Chillida

Arturo Pérez Reverte.

Ghua. Ghua. Ghua. PLAS. PLAS. PLAS. PLAS.

— Pois nada. Até aquí podo ler. Moitas grazas a todos.

CARLOS G. MEIXIDE

Escóitase o barullo da xente erguéndose da cadeira e facendo círculos.

— Lucas! Lucas!

— Si?

— Estiveches xenial, francamente. Pasámolo pipa. Que frescura! Tes

que mirar que chos publiquen.

— Grazas, pero non sei...

— É certo. Están moi ben. Son curtos, con moita ironía, mais non

exentos de amargura. Francamente interesantes. Sabes o que son os

haicus?

— Si, penso que si. Desculpa. Macías! Eh, Macías!

Macías detense na porta.

— Estás como unha cabra, carallo!

— Que tal, Macías! Liches xa o poemario que che deixei?

— Si, lin. Pero son os mesmos que recitaches hoxe!

— Si, claro. É que é o meu último poemario... Chameite á casa varias

veces para ver se falaba contigo pero nunca estás, pareces un

conselleiro.

— Gha, gha! Un conselleiro! Que cabrón, Lucas! Pois si, hom, si. Linos.

Están ben, si, moi ben. Pero tes que escribir máis, cona! Es un

puto lacazán! Escribe máis e chámame cando os teñas que daquela

quedamos e falamos de negocios.

— Pero máis non podo escribir, Macías. Eu cando fago un poemario,

fágoo así, dun tirón.

— Estás como unha cabra, carallo! Lémbrasme un que había no Bierzo

cando era eu cativo, porque eu sonche galego do Bierzo, sabíalo?,

ao que chamabamos o lacónico porque devecía polo lacón e tamén

O HOME INÉDITO

contaba contos así moi lacónicos, coma os teus. E un día fómoslle

os cativos...

— Está ben, Macías. Logo nada. Xa te chamarei se escribo máis.

— Veña logo, lacazán! Jorge Borge voute chamar! Ghua, ghua!

Macías saíu pola porta e acabou contándolle a anécdota a unha señora que

non coñecía de nada. Laurita intentaba achegarse a Lucas facéndose sitio

entre a parede e un círculo de estudantes de Filoloxía.

— Lucas! Lucas!

— Ola, Laurita.

— Con quen falabas?

— Con Macías. Un que ten unha editorial e que me dixo un día que lle

deixara os poemas.

— Si? Que ben, e que tal?

— Non sei, non sei. El disque confía en min pero eu non acabo de velo

claro de todo.

— Pois que parvo! Se eu fose editora non o pensaría dúas veces.

— Pero ti es a miña amiga.

— Non ten que ver. Dígocho coa man no corazón.

— Es moi amábel.

— Mira. Aí veñen Ramón e Lázaro.

— Lucas, que risas!

— Grazas, Ramón.

— Non. Non o digo por ti. Dígoo polo sonetista que recitou antes ca

ti.

— Ai, que risas! Que malo era!

Lázaro saca unha botella dunha bolsa de supermercado.

— Mirade que atopei hoxe no Froiz. Orchata!

— Ei, orchata!

10 CARLOS G. MEIXIDE

Lucas pousa os folios nunha cadeira e abalánzase coas dúas mans sobre a

botella.

— No Froiz?

— Si. No Froiz.

— Pois haberá que darlle logo á orchata.

Laurita mira para o outro lado da sala.

— Aquel non é o Anxo Quintela, o que presenta o Telexornal?

— É.

— Que fai aquí?

— Tamén é poeta.

— Pois é moi guapo.

— Non será tanta cousa, Laurita.

— Pois se cadra si. Coñécelo?

— De vista.

— Preséntasmo?

— Non, hom.

— E se o coñeces por que non?

— Porque me dá vergonza. E que lle vas dicir?

— Eu que sei, Lucas! Pois que o vexo sempre na tele.

— Non sexas papanatas.

O sonetista bótalle a Lucas a man polo ombro.

— Abraiante, Lucas! Aos teus pés!

— Xa será menos, Chisco. Ti si que es un poeta.

— Non. Ti máis.

— Boh. Ti máis. De verdade.

— Veña. De acordo. Mira unha cousa. Combinamos para cear no 16.

Van estar Bragado, Freixanes, uns poetas de Donosti. Estamos

mirando de tirar unha escolma de poesía basco-galaica. Se cadra

O HOME INÉDITO

interésache vir.

— Moitas grazas pero quedei xa con estes para beber orchata.

— Orchata? Gha, gha! Xenial! De verdade que es xenial, formidábel,

sublime! Orchata! Fantástico! En fin. Teño que ir indo. Andas estes

días por Compostela?

— Si.

— Daquela vémonos. Deica.

— Adeus.

Ramón e Lázaro escachan a rir.

— Vaia petardo!

— Non sexades así. Non é mala xente. Marchamos? E Laurita?

— Laurita? Foise presentar ao Quintela.

— Vaites, pois si! Mira que mamalón, como lle come a orella!

— Pois din que é un tio moi guai.

— Si, claro. Como é guapito é guai.

Laurita failles un aceno de que xa nun momento vai. O Quintela recoñece

a Lucas e saúdao cun leve movemento do sobrancello. Lucas sorrí. Dous

bicos máis tarde Laurita volta canda eles.

— Pois é un encanto.

— Pois non mo parece.

— Pois é. É debe ser moi sensíbel.

— Si, claro.

11

12 CARLOS G. MEIXIDE

Capítulo 3

Nos días que seguiron ao atentado das Torres Xemelgas, a Lucas chamoulle

poderosamente a atención a obstinación dos americanos en repetir unha e

outra vez aquela palabra: Shit!

— Shit! Shit! Shit!- murmuriaba Emily a cada pouco sentada nacama e

cos ollos como dúas uvas pasas. Non soubo Lucas máis dela así que

cruzou a porta rosmando, tal vez, que arrincaba para Minnesotta co

seu papá, a súa mamá e con Toby, do que aínda descoñecía Lucas

se se trataba dun irmán ou dun can, para se refuxiaren todos no

búnquer antinuclear do xardín.

Shit! Shit! Shit! Os galegos abofé disporiamos dun repertorio léxico

interminábel para nos cagar en quen for mester. Pola contra eles, os

neiorquinos, reducían toda a súa carraxe naquela palabra tan insípida

e insignificante. Claro está que a efectos científicos e tecnolóxicos eles

dispoñen dunha riqueza de vocabulario incomparábel coa nosa tendenza a

reducilo todo á palabra “chintófano”.

O HOME INÉDITO

Cavilaba Lucas nestas cuestións cando cruzou a porta do caffetto no que

adoitaba parar o Inácio para tomar Brazilian coffee. Lucas sentou ao seu

carón e pediu un Galician coffee.

— Sorry?

— A Galician coffee.

— I don´t know, mister.

— Don´t you know what´s a Galician coffee?

— Excuse me, mister, but I don´t know what´s a Galician coffee.

— Pois hai que saber, hom, hai que saber! Anda, ponme logo another

like this one ou como se diga!

— Right now, sir.

— Você está louco, meu.

— E estarei. Só pretendía facer un chiste que está o ambiente un pouco

tristón.

— Tá, meu, tá. Mas eu não entendo esta gente. Lhes matam cinco mil

caras e eles só sabem dizer “Shit! Shit! Shit!”...

— Vá que si? Viña eu pensando niso precisamente.

— Mas não sabem cagar-se na cona?

— Claro, ou, cago en Cristo bendito!

— Eu acho que os ianquis não estão bem da cabeça, não, viu. Estão

doentes, meu.

O Inácio daba clases de Literatura brasileira na Columbia malia o seu

horríbel plumífero canarinho fosforito. Acochaba a súa inmensa cultura

nunha tendenza esaxerada a cagarse en todo cunha obscenidade abraiante.

Fóra diso, era extraordinariamente educado e galante coas súas alumnas, ás

que convidaba primeiro a Brazilian coffee, a cachaça despois...

Ao Inácio gustáballe gustar. Coñecedor da atracción que espertaba entre

as súas alumnas e alumnos malia o seu consabido plumífero canarinho

fosforito, recreábase con frecuencia recitando versos de Vinicius de Morais

1

1 CARLOS G. MEIXIDE

que acababa cantando cunha voz doce e augardentosa para escandalosa

excitación do auditorio, nomeadamente unha parella de coreanas que

ocupaban, sen falta, os asentos dianteiros da aula.

Sun-Young, a coreana da dereita, era a súa moza máis recente. Matriculárase

en literatura brasileira fascinada por José Saramago, portugués. A decepción

inicial de non ver a Saramago en ningún dos puntos do programa – “Clarice

Lispector, Graciliano Ramos, Drummond de Andrade, Jorge Amado... e

estes quen carallo son? pensaba irritada, case histérica, no seu idioma “-

viuse compensada así que cruzou a porta da aula o profesor , tan novo, tan

mulato, cuns ollos tan negros, con aquela cara picada de vexigas que até o

facían máis atractivo, mesmo o plumífero dáballe algo... Adorouno dende

aquel día cun fanatismo irracional pero apenas posesivo, que lle permitiu

que logo da mexicana, a californiana, a de Connecticut e a canadiana, fora

ela o amor da vida de Inácio.

— A coreana me amarrou, meu- dixéralle daquela o Inácio a Lucas.

E o certo é que Sun-Young era moi guapa. Probabelmente era ela máis

guapa en coreana do que Inácio en brasileiro. E era moi alegre. Tomaba

seguido red bulls até que con Inácio descubriu a cachaça que lle facía perder

o sentido.

Inácio queríaa ben. Só lle preocupaba unha cousa.

— E se ela fosse a mulher da minha vida?

— E que ten iso de malo?

— Pois que se ela fosse a mulher da minha vida seria a derradeira

mulher da minha vida.- E dicía derradeira cun pesar tan fondo que

a Lucas, de natural duro para a cuestión sentimental allea, facíaselle

un nó na gorxa.

O HOME INÉDITO

Lucas aprezaba ao Inácio, non en balde era o seu único amigo naquela

cidade inmensa.

— Sabes unha cousa, Inácio? O outro día, cando caeron as Torres,

estaba preocupado. Pensaba que poderías estar ti alí e... en fin,

alegreime moito cando conseguín falar contigo.

— -Você está louco, meu! Que faço eu uma terça às nove da manhã nas

Torres Gémeas?

— Non sei. Podía ser... abonda que nunca esteas para que o día que

pasa algo, precisamente...

— Cala, meu, cala! Deixa de dizer piadas!

— Claro. Desculpa.

O camareiro recolleu os tres dólares. Lucas e Inácio sairon á Sétima.

— Olha aquí, Lucas.

— Dime.

— Eu também fico contente de saber que você está bem.

— Grazas, Inácio.

15

1 CARLOS G. MEIXIDE

Capítulo 4

— Ti liches o Ulises?

— Eu? Pois... si... non... Realmente non.

— Eu tampouco.

— Home. Boteille un vistazo algunha vez pero prefiro lelo con tempo

para gozalo mellor.

— Claro. A min pásame outro tanto. Debe estar moi ben, verdade?

— Seguro. Ten moi boas pintas.

— O que pasa é que debe ser moi complexo.

— Si. Hai que lelo con moita calma, disque...

— Eu lin... quero dicir vin, a película Dublineses, de John Huston, que

está baseado nun relato de James Joyce.

— Os mortos.

— Efectivamente. Os mortos. Moi boa película.. Déronme ganas de ler

o conto orixinal.

— Creo que tamén é moi bo.

— Seguro.

Así, falando de literatura, pasaban o tempo Lucas e Ramón sentados nunha

terraza en fronte da faculdade.

O HOME INÉDITO

— E Crime e Castigo?

— Que?

— Líchela?

— Si. Esa si. Os dous tomos.

— Dous tomos?

— Si, e logo?

— Nada. Debes ter unha edición diferente á miña.

— A túa como é?

— De tapas verdes duras.

— Claro. Os meus son de tapas brandas brancas.

— Creo que xa sei cal dis.

— Si.

— Está moi ben, verdade?

— Moi ben. É unha das miñas novelas favoritas.

— É brutal. Moi nihilista.

— De que trataba exactamente?

— Era un tipo que mataba unha vella que seica non merecía vivir por

non sei que historia.

— É certo. Que a vella era a caseira...

— Non, hom. Espera... Non era a caseira, era algo así como unha

prestamista, penso eu...

— Ai si, pode ser!

— E o protagonista chamábase... chamábase...

— Si... chamábase...

Lucas e Ramón matinaron infructuosamente por uns minutos no nome do

protagonista de Crime e Castigo.

— E se imos á biblioteca?

— Claro. Que boa idea.

1

1 CARLOS G. MEIXIDE

Levantáronse das cadeiras. Na biblioteca pediron un exemplar de Crime e

Castigo, que tardaron media hora en ter entre as súas mans.

— Mira. É a edición que teño eu.

— Que bonita!

Abriron impacientes o libro para saciar a curiosidade que os conducira até

alí.

— Raskolnikov!

— Claro, claro, claro! Se o sabía de sobra!

— A min pásame moitas veces que se che queda algo na punta da lingua

e non dá saído.

— En fin, Raskolnikov! Xa quedei máis tranquilo! Que facemos?

Volvemos para a terraza?

— Si, claro.

O HOME INÉDITO

Capítulo 5

Lucas reincorporouse ao traballo. Despois dun mes percorrendo Manhattann

para arriba e para abaixo na procura de emprego e outro mes servindo

sandwiches nunha cafetería de mala morte do East Side, chamárano de

Internatinoal Soccer TV, unha canle de televisión para as comunidades

hispano-falantes de Nova Iorque e Nova Iersei. Aquel traballo gustáballe.

Compensáballe, dalgún xeito, o desacougo que lle producira nos dous meses

precedentes, a inexistencia absoluta de calquera referencia ao fútbol naquela

cidade que presumía de ser o centro do mundo.

De cando en vez retransmitía partidos do Deportivo, en Riazor, e entráballe

unha morriña inmensa. Cada vez que se perdía o balón polo fondo de

Marathon apegaba os ollos á pantalla para intentar recoñecer a súa pandilla

e mais a súa localidade de abonado baleira. até o daquela non fora capaz.

— Lucas. Venite.

Recoñeceu a voz de Oswaldo a chamalo dende o seu despacho. Oswaldo

era o director da canle, un arxentino obeso e morocho que abafaba a cada

1

20 CARLOS G. MEIXIDE

movemento, embutido sempre, tanto tiña a estación do ano, en axustadas

camisas de manga curta, empapadas de suor, e en pantalóns de franela

gris marengo dun diámetro que ben poderían abranxer o mundo. Tendía a

ollar sempre cara ao teito, non tanto por vontade propia como por facerlle

sitio ao papo, que vibraba con cada palabra como o mar en marexada.

Apenas saía do despacho. Só cando Lucas retransmitía partidos de Boca,

un grande esforzo mediante, desprazaba a súa mesmidade cara a cabina de

retransmisións seguindo o partido, de pé na porta, coa paixón dun siareiro,

sen medo a que os seus comentarios, insultos e o constante abafar da súa

respiración ocupasen un segundo plano, case primeiro, a coarse nas casas

dos televidentes.

— Venite, Lucas.

Non entraba naquel despacho dende a sinatura do contrato. Cruzouse con

Marisleysis, a rapaza portorriqueña que se ocupaba da limpeza.

— Tenga cuidado. El patrón está hoy muy raro.

Oswaldo agardábao estomballado nunha cadeira de medidas especiais.

— ¿Querés?- Ofreceulle un puro. Lucas rexeitouno cun leve aceno da

man. Oswaldo mordeu a boquilla e cuspiuna ao chan, sen evitar

que un pequeno fio de cuspe se deslizara polo queixo até perderse

na comisura do papo. Prendeuno e pegoulle unha primeira calada

que o fixo tusir de tal xeito que Lucas pensou por un momento que

aquel señor quedaba no sitio.- ¡Tabaco jodón, COF, COF!

Agardaron un minuto eterno até que os bronquios de Oswaldo retomaron

a súa precaria normalidade.

— Mirá, Lucas. Vos me parecés un buen muchacho, así que le voy

O HOME INÉDITO

a hablar con franqueza. Sólo hay dos cosas que yo ame en este

mundo: la primera es este canal porque es el fruto de muchos años

de jodido laburo. La otra es mi niña, la Claudita... Es cierto que

también está mi mujer, pero a esa puta vieja la puede atropellar el

camión de la basura que no lloraría una lágrima por ella. Pero... en

fin... le estaba hablando de mi hijita ¿estamos? Debe tener su edad,

aproximadamente, y es la cosa más linda que vos podás imaginar.

Y me quiere mucho. Aún ahora me da un besito en la mejilla cada

noche cuando se retira para la camita.

Este tipo de confesións violentaban especialmente a Lucas, que procuraba

manter o tipo aparentando a maior atención posíbel.

— Si alguien fuese capaz de hacerle algo a mi niña no tengás duda de

que lo mataría a tiros, o mejor, lo haría morir tan lentamente que

habría deseado no venir a este mundo mierda. Y puedo asegurarle

que sé lo que me digo. Ya lo hice en la Argentina en el 77. ¿Hace

falta que le explique?

— Non, non.

— La Claudita es requetelista. Se recibió en Derecho con 21 añitos

y se hizo el mejor master de los iuesei. Hoy gana mucha plata.

Es ejecutiva en una de las principales consultoras de los Estados

Unidos. – Eiquí fixo unha pequena pausa. Tragou cuspe e entornou

os ollos cara o baleiro. – Hasta el pasado martes laburaba en las

Torres Gemelas-. Caeulle unha pequena bágoa. Deu en impar e

cada impo producía un temporal naquel papo acuoso.- Por media

hora sigue viva ¿entendés? Media hora más tarde y me la hubiesen

matado, a la Claudita, esos jodidos bastardos. Árabes de los cojones.

Putos envidiosos. Hicieron eso por envidia, carajo. Envidia de una

gran nación como los Estados Unidos de América donde hasta un

puto cochino como ellos puede prosperar. ¡Ojalá exterminemos a

todos esos bastardos! ¡Que les lluevan bombas hasta que no quede

21

22 CARLOS G. MEIXIDE

uno, putos moros comunistas asesinos del carajo! ¡Hijos de puta!

¡Hijos de la gran puta!

Había tempo xa que Oswaldo convertera aquel diálogo nun monólogo.

Perdera o sentido. Enfiaba un insulto atrás do outro. Lucas mirabao perplexo.

“Que diaños fixeches ti en Arxentina no 77, mamalón! Que carallo me estás

contando!” Oswaldo abafou de tanto chorar, deulle a toseira outra volta.

Cada vez que lle daba unha daquelas parecía que a morte o rondaba. Lucas

non se moveu do asento até que o Oswaldo comezou a recuperar folgos.

- Señor, se non lle importa, debera retirarme. Vai empezar o Alianza-Sporting

Cristal.

O HOME INÉDITO

Capítulo 6

— A Coruña... É bonita?

— Claro que si, Laurita.

— Máis que Santiago?

— Son distintas.

— Pero se tiveras que escoller con cal te quedarías?

— Laurita, non sei. Xa che dixen... son distintas.

— Iso non vale. Tes que decidir.

— “Pois que queres que che diga, Laurita. Se ti estás en Santiago,

Santiago; se ti estás na Coruña, A Coruña; se ti estás en Alfoz, Alfoz;

se ti estás en Badajoz, Badajoz; se ti estás en Villanueva de la Serena,

Villanueva de la Serena”. Está ben. Prefiro A Coruña. A Coruña ten

mar e Santiago non.

— Dilo en serio?

— Si.

— Non podes dicilo en serio. Santiago é moito máis bonita cá Coruña.

Santiago non ten mar pero ten un casco histórico que xa vos gustaría

telo na Coruña...

— “Se eu non che digo que non, Laurita, pero estás tan bonita cando

te enfadas. Gústasme moito. Debería confesarcho agora, xa, non

2

2 CARLOS G. MEIXIDE

tardar un minuto máis pero... e se non che gusto. Mellor dígocho

mañá, ou pasado mañá, ou... o momento axeitado aparecerase así,

de súpeto, cando menos o imaxine. E é verdade que tes unhas tetas...

Diaños! Non debería pensar niso pero é que hai algúns que só te

queren polas tetas e dinmo a min, como se a min non me gustaras,

e dame unha rabia. Porque vaia se me gustas. E ti fasme caso e eu

penso que che gusto e, se cadra, so mo fas porque son o teu amigo e

se vou máis alá enfádaste e daquela xa nada é o mesmo, e mirarasme

con outros ollos e eu... eu... non sei... había de chorar moito polas

noites na cama, moito, moito, e non podería saír á rúa en meses, para

que non me viran chorar. E a ti, se cadra, gústache calquera deses

que só te queren polas tetas...” Pois temos a Torre de Hércules, o

faro máis antigo do mundo aínda en funcionamento...

— Ah, gran cousa! Paréceche comparábel coa Catedral, eh? Coa praza

do Obradoiro, eh? Coa Quintela, digo, coa Quintana, eh? Veña,

responde, anda, responde.

O HOME INÉDITO

Capítulo 7

Quedara con Inácio e Sun-Young en Bryant Square. Facía unha tarde

espléndida. Enxergounos ao lonxe, sentados nun banco, dándolles de comer

ás pombas.

— Tudo bem, meu?

O Inácio chiscoulle un ollo. Sun-Young sorríalle cunha pomba pousada no

ombreiro.

— Véxovos moi contentos.

— O dia é formoso, não é?

“O día é formoso?” O ton do Inácio amolaba a Lucas. Parecía querer

ocultarlle algo.

— Sabe quem vimos passar há uns minutos?- preguntou Sun-Young.

— Non. A quen?

— O Beck.

— Si?

25

2 CARLOS G. MEIXIDE

— Sim, meu. Ela disse que era o Beck. Eu realmente não vi bem mas

também não gosto muito dele, então...

— Eu sim gosto muito- Sun-Young tiña un sorriso inquebrantable.

— É um pouco afeminado, meu.

— Pois isso é bom. Gosto dos homens afeminados.

O Lucas sentou nunha cadeira. Era sábado. Escintilaba o sol entre os

rañaceos. De fondo escoitábase o balbordo de sempre da cidade: os coches,

as sereas das ambulancias, a xente, moita xente, dun lado para outro cunha

determinación insólita,. E mais o metro, a pasar periodicamente baixo os

pés. Aquela praza, decote, no corazón de Nova Iorque, aparecíaselle a Lucas

como un oasis impagábel. Un mozo barbudo canta country debaixo dunha

tulla, un vello bébedo oculta a cervexa nunha bolsa de cartón, dous negros

xogan ao xadrez e oito chineses danlle ao dominó. CLAP, CLAP, CLAP.

A Sun-Young acariña agora o canciño dunha vella. O Inácio anícase cara

ao Lucas.

— Ouviu, meu? Esta noite vamos para à minha casa dar boa conta dun

peru assado? Contamos com você.

— Un peru é un pavo?

— Sim, um peru.

— Está ben.

Volvéronse derrear en cadansúa cadeira. Permaneceron así, en paz, unhas

cantas horas máis até caer Lucas nun sono lixeiro. O Inácio e mais a Sun-

Young, entrementres, falábanse ao ouvido e dábanse chuchas a cada pouco.

No lusco e fusco incorporáronse preguiceiros. Apañaron o metro. O

apartamento do Inácio era un esplendoroso ático en Harlem, cunha galería

por parede que daba aos xardíns da universidade. O Inácio apañou o avental

e sacou o pavo do conxelador. A Sun-Young anicouse para remexer entre

os CD´s.

O HOME INÉDITO

— Você gosta de Chico Buarque, Lucas?

— Si, moito.

— Eu também gosto muitíssimo dele.

Chamaron polo porteiro automático. O Inácio abriu sen preguntar quen

era. Ao minuto apareceu pola porta unha fermosura coreana de nome

Mi-Hee, a outra alumna coreana do Inácio. Tiña uns pequenos lentes de

montura negra, o pelo recollido e unha minisaia escocesa que culminaba

unhas pernas delgadas pero moi fermosas. Traia entre as mans unha botella

de viño italiano.

— Me prometeram na loja que é um vinho muito bom.

Sun-Young pousou o pavo na mesa. Era un pavo enorme, de aspecto

inmellorábel, co pel torradiña e a graxa a lle escorregar polo lombo.

Decatouse axiña Lucas de que Mi-Hee era o que lle ocultara o desagradábel

ton do Inácio unhas horas antes. Nunca lle gustaran aquela caste de ciladas

sentimentais pero, desta volta, atrapárao de tal xeito aquela rapaza que

mesmo sentiu desexo de irllo agradecer a Inácio cun bico na fronte.

Mi-Hee e Sun-Young falaban en coreano ollando a través da vidreira. O

Inácio puña os cubertos na mesa. O Lucas atendía para unha foto do Bin

Laden nunha portada atrasada do New York Post, ese panfleto.

Sentaron á mesa, tan pequena que tiveron que cear, necesariamente, moi

apretadiños. O xeonllo de Mi-Hee e mailo de Lucas rozábanse a cada pouco,

saltando daquela coma resortes que inevitablemente habían volver xuntarse

en pouco tempo.

Por riba da mesa, comían e falaban, nomeadamente o Inácio e a Sun-Young

2

2 CARLOS G. MEIXIDE

que, a cada paso, enchían as copas de viño. A Mi-Hee ría botando a cabeza

para diante, polo que os lentes a piques estaban de lle caer no prato. Axiña

os empurraba cara atrás cos dedos e recuperaban a normalidade. Lucas

mirábaa de esguello. Miraba sobre todo aquel pescozo espido, mentres que

por baixo da mesa os xeonllos acababan por afacérense ao contacto.

Remataran a sobremesa. O Inácio incorporouse.

— E vocês querem um chá?- preguntou.

— Sim, se faz favor- respostou Mi-Hee.

— Um chá então para a Mi-Hee- O Inácio entretívose preparando o

café.

— Tes un nome moi bonito- atreveuse daquela a comentar o Lucas.

— Quem?- preguntaron ao mesmo tempo Mi-Hee e Sun-Young.

— As dúas, claro. Mais agora dicíao por Mi-Hee.

— Obrigado. Es muito amável.

— De nada.

— O teu também é lindo. Lucas.

— Gústache?

— Sim, muito.

Quedáronse mirando en silencio por uns segundos. O Lucas desexaría dicir

algo que non foran as cursilerías ou porcalladas que, sen termo medio, lle

rondaban a cabeza.

O Inácio virouse, como se lle acordara algo de súpeto.

— Ouça, Lucas, meu! Como era aquela canção sobre o Cha que canta

sempre quando está bêbado...?

— O que?

— Sim, meu, aquela ... Como era? Já sei... A da Terra Cha.

— Ouh, non, Inácio. Non me fagas iso!

O HOME INÉDITO

— Canta! Canta! – Mi-Hee e Sun-Young batían coas palmas na mesa.

O Lucas acabou por ceder. Incorporouse paseniño e engolou a voz.

— Bravo! Bravo!

Non canta na cha ninguén

Por eso o meu carro canta.

Canta o seu eixo tan ben

Que a señardade espanta..

Lucas volveu sentar. Sun-Young e Mi-Hee arrincaron daquela cunha

canción de convivencia taoísta en coreano. Lucas miraba extasiado para

Mi-Hee.

Axiña chegou a cachaça. Ducias de botellas gardaba Inácio no moble bar.

Fíxose de madrugada. Alguén, no piso de abaixo, petou coa vasoira no

teito. O Lucas descubriuse daquela bicando o pescozo de Mi-Hee e mais a

man a perderse por baixo da minisaia escocesa.

2

0 CARLOS G. MEIXIDE

Capítulo 8

— Mercaches un libro, Laurita?

— Si.

— Podo velo?

— Boh! Para que?

— Por curiosidade. Que máis che ten?

— Que máis che ten a ti? É un libro calquera.

— Anda, por favor. Déixamo ver.

— Non.

— E logo? É que mercaches o Mein Kampf para lelo ás agochadas?

— Non.

— E eu como sei que non?

— E se o merquei que pasa?

— Nada, Laurita. Bueno... en fin... Déixamo ver, porfa!

— Está ben. Que pesado te pos! Pero non quero que fagas ningún

chiste.

— Prométocho. Déixame ver logo. O Asasino Estrábico de Anxo

Quintela. Mercaches o libro de Anxo Quintela?

— Si, que pasa? Xa che dixen que non quería chistes.

O HOME INÉDITO

— Tranquila. Non fago chistes. E pódese saber canto che custou?

— Que máis ten! Son os meus cartos.

— Por suposto. Que interesante, Laurita! Hasmo de deixar.

— Estaste metendo comigo?

— Un pouquiño, Laurita. E que como che acorda?

— Pois lin uns poemas e gústanme moito.

— Si? Máis cós meus?

— É iso o que che preocupa?

— Pois si.

— Pois se queres que che diga a verdade, Lucas, si, gústanme moito,

tanto coma os teus. Só que sodes distintos...

— Xa entendo. Prefires os seus.

— Estás facendo o ridículo, Lucas.

— O ridículo falo ti tirando os cartos niso.

— Non penso discutir. Estás dun tonto! E ademais ... quen es ti para

criticar en que gasto os cartos, ti, que pagaches 1.500 pesetas por

Rivaldo, mi vida?

— Non ten que ver.

— Non ten que ver pero ten que ver.

— Está ben, Laurita. Fai o que che pete. “Oh, meu Deus. Son moi

celoso. Que estou facendo, diaños?” E... e....e... mira unha cousa... á

parte dos poemas, gústache algo máis do tipo ese?

— Non é asunto teu. Pero mira, xa que preguntas, direiche que quedei

esta noite con el e que, francamente, non me resulta en absoluto

desagradábel, polo que non descarto nada, entendes? E debo

dicir que estás a ser moi inxusto con Anxo porque: Punto 1: non

o coñeces de nada e Punto 2: el a ti tampouco é que te coñeza,

pero coñece os teus poemas e opina que es unha das voces máis

interesantes entre os novos poetas galegos, entendes?

— “Si? Pensa iso?”

1

2 CARLOS G. MEIXIDE

Capítulo 9

Lucas acordou entre as pernas de Mi-Hee. Era domingo no interior do

apartamento. O Inácio apareceu en calzóns cunha cafeteira nas mans.

— Quer um café?

— Si, por favor.

Mi-Hee durmía coa cabeciña apoiada no brazal do sofá. Lucas retiroulle os

lentes, que ameazaban con partir. Durmía en posición fetal, coa boquiña

aberta. Sun-Young apareceu, cunha camiseta branca e unhas bragas rosas e

a Lucas déronlle ganas de que o tragara a terra porque non podía ser que lle

gustaran todas tanto.

— Mi-Hee está dormindo?- preguntou Sun-Young.

— Si. Dorme como unha pedra.

— É muito linda, não é mesmo?- A Lucas sorprendeuno que desta

volta Sun-Young non sorrira. Dixérao con cara de recén ergueita,

dunha sinceridade demoledora.

— Si. É moi bonita.

O HOME INÉDITO

Mi-Hee deu unha volta. Logo outra. O Inácio serviu o café. Por tras da

galería, no parque, baixo a calma chicha, tres negros escoitaban hip-hop

a todo volume por un transistor de man. Apenas pasaban coches. Lucas

prendeu un pito. Non adoitaba fumar tan cedo, coa gorxa aínda enxoita,

pero sentía unha terríbel ansiedade. Sun-Young bebía o café coas dúas

mans, acobadada na mesa, ollando para os tres negros do parque mais coa

cabeza seguramente en Seul ou, talvez, no cuarto do lado había apenas

unhas horas. O Inácio pola contra era da caste dos hiperactivos. Apenas o

vías pensando, só facendo, recollendo os vasos da noite anterior, pasando

unha baeta polo mesado da cociña, acariñando os doces cabelos de Sun-

Young. Lucas pendeu outro pito. Miraba para Mi-Hee durmir e sentía o

diaño a bulirlle polo corpo.

O Inácio recollía os CD´s, metíaos en cadansúa caixa e en cadanseu lugar

do portaCD´s.

— Bom dia. Abriu Mi-Hee os ollos de vagar, a cámara lenta, e debeu

descubrilo todo borroso que botou as mans á cara coma un resorte

na procura dos lentes. Apalpou na mesiña a carón do sofá até bater

con eles. Ergueuse preguiceiramente e Lucas fitou por debaixo da

minisaia, a braguiña azul celeste e mais as coxas que acariñara a

outra noite. Mais fora realidade ou só puro desexo? Cando media

o alcol a lembranza é difusa e tanto puido ser como non ter sido.

Gustaríalle en todo caso, confirmalo. – Bom dia, Lucas- Mi-Hee

sorrriu e bicouno na boca, así, como se fose o máis natural do

mundo, camiño da ducha. “Vistes iso? Bicoume?”. Ollou coma

un cativo para Inácio e mais Sun-Young, convencido de que estes

mirarían para el, babexando, coma celestinas satisfeitas, mais non,

seguían igual que dez segundos antes, distraídos nas súas historias.

Nada lles parecera raro mais a el parecéralle moi raro, tanto como

imaxinarse da man de Mi-Hee por Santiago, facéndose unha foto

con ela diante da fachada da Catedral, e de súpeto aparecía Laurita

CARLOS G. MEIXIDE

e saudábao estrañada e el presentáballe a Mi-Hee e dicíalle que era

a súa moza. Entón Laurita intentaba disimular mais a Lucas non o

enganaba, ben se vía que estaba enfadada porque tiña ciúmes, malia

que despois lles dixera a Ramón e Lázaro que si, que Mi-Hee era

moi guapa e que se lles vía moi ben. E... E.... “E para Lucas, que

xa estás montando unha película como sempre e só foi un rollito.

Que, se cadra, Mi-Hee só quería iso, un rollito, e a ti tampouco

debería interesarche ir moito máis aló dun rolllito. Que de aparencia

moi ben, moi moderno e moi do teu tempo, pero no fondo es un

pailanciño, ben o sabes”.

— Vocês sabem uma coisa?- Sun-Young rachou de súpeto a languidez

daquela mañá de domingo. – Gosto muito de Nova Iorque mas

às vezes sinto muita vontade de voltar à Corea. Me invade um

sentimento que não há palavra que o defina.

— Saudade- dixo o Inácio.

— Morriña- dixo Lucas.

— Morrinha?

— Si, morriña.

— E o que é a morrinha?

— A nostalxia pola terra dun. Tamén lle dicimos á cotra de merda que

se apega ao pel.

— Claro. Pois isso é o que eu sinto às vezes.

Escóitase correr o chorro de auga da ducha e pensa Lucas “Meu Deus, quen

fora esponxa”.

— O meu pai e a minha mãe escrevem cada dia preguntando quando

vou voltar. E não sei que lhes dizer. A minha avó tem cento e dois

anos e qualquer dia há-de morrer e eu gostaria estar lá para esse dia.

Mas...

Xa non corre a auga mais a Lucas seméllalle escoitar o fru-fru da toalla sobre

O HOME INÉDITO

o corpo de Mi-Hee. O Inácio pousa a man sobre a man de Sun-Young, que

agora murmuria palabras en coreano mentres mira marchar os negros do

parque deixando atrás deles o seu ronsel de hip-hop.

— A minha Sun-Young quer voltar!

— Às vezes sim, mas às vezes não.

— Isso é só um ataque de saudade de amanhã de domingo.

— Talvez. Mas morrinha é a palavra, não saudade.

Lucas sentiu o lixeiro PLOC da man de Mi-Hee ao pousarse sobre o tirador

da porta e viuna logo saír cunha toalla a taparlle dos peitos ás coxas e mais

outra a xeito de turbante na cabeza. Prendeu outro pito.

5

Capítulo 10

CARLOS G. MEIXIDE

— Tedes orchata?

— Non. Non temos orchata.

— Ei, non teñen orchata!

— Que máis dará, Ramón? Pídeme logo unha cervexa.

— E ti, Lázaro?

— Unha cervexa tamén.

— Está ben. Mira logo. Tres cervexas, pero a miña que sexa unha

coronita.

— Non temos Coronita, señor.

— Como que non tedes Coronita?

— Non, señor. Estrella, Mahou, Heineken ou Carlsberg.

— Boh, mira. Pois tanto ten. Dúas Estrellas para eles e para min un

Bitter Kas.

— Bitter Kas?

— Si, Bitter Kas.

— Verá, señor...

— É que tampouco vas ter Bitter Kas?

— Anda, Ramón! Pero é que non podes beber o mesmo cás persoas?

Ponlle outra Estrella, hom. Non lle fagas caso.

O HOME INÉDITO

— Non me gusta a Estrella.

— Non me gusta, non me gusta... A ti o que che gusta é tocarlle os

collóns á xente! Bitter Kas! A quen lle acorda pedir Bitter Kas!

— Xa está ben. Non discutades por iso. Que máis terá! Alguén

chamou a Laurita?

— Si. Chameina eu. Non vai vir.

— E logo?

— Quedou con alguén.

— Con quen?

— Non sei. Con alguén.

— Hostias, Lucas! Preguntáraslle!

— Para que? Que saia con quen queira!

— Anda! Pois aí os veñen!

— Quen?

— Laurita e mais o seu acompañante misterioso.

— Pero ese non é o Anxo Quintela?

— Aquí teñen as súas Estrellas.

— Aínda vai resultar que lle gusta o Anxo Quintela...

— Mira ti para o Anxo. Vese que lle gustan con boas tetas. Eh, Lucas?

— Calade, ho, calade! Parecedes bestas!

— Agh, que noxo! Que pouco me sabe esta cervexa! Canto mellor a

Coronita!

— Ola, rapaces!

— Ola, Laurita!

— Vouvos presentar a Anxo!

— Ola!

— Eles son Ramón, Lázaro e Lucas.

— Ola!

— Ola!

— Ola!

— A ti, Lucas, coñézote ben. Como era o poema aquel do calamar?

— Non sei, non lembro.

CARLOS G. MEIXIDE

— Que vas tomar, Anxo?

— Un Bombay con tónica.

— Dous Bombays con tónica, por favor.

— Terá que ser Tanqueray.

— Oíches, Anxo? Non hai Bombay. Terá que ser Tanqueray.

— Non pasa nada, Laura. Perfecto. Mesmo parece que fixeches un

poema de Lucas

Non hai Bombay

Terá que ser Tanqueray.

— Ghua, ghua, ghua!

— Fíxovos graza?

— Moita.

— Non che pareza mal, Lucas. Era unha broma. De verdade que

admiro moito a túa poesía. De feito víñao falando con Laura.

— É certo.

— 650, señorita.

— Si, agarde...

— Non, Laura, por favor... Pago eu. Vós xa pagastes? Queredes outras?

Preferides unhas copichuelas?

— Non, grazas.

— Toma. Queda coa volta. Pois o que vos estaba contando. Encántanme

os teus poemas, Lucas. Díxome Laura que llos mandaches a Paco

Macías. Queres que fale con el?

— Non, grazas, para que?

— Somos bastante amigos.

— De verdade que non. Agradézocho.

— Está ben! Como ti queiras. Pero se cambias de idea avísame. De

verdade que non me custa nada. Tes o meu número?

— Non.

— Tes onde apuntar?

O HOME INÉDITO

— Non.

— Cachis. Eu tampouco... Tanto ten... chamas a Laura e xa logo ela me

dá o recado ou dache directamente o número, verdade, Laura?

— Claro.

— Anxo?

— Si? Anda, Xaime! Que tal? Canto tempo! E ti por a....

— Que, Lucas? Que che pareceu Anxo?

— Moi ben.

— En serio, non che resulta moi simpático?

— Uf, simpatiquísimo!

— Non podes estar en serio. Caramba, Lucas! Se non fora que es o

meu amigo, até pensaría que estás celoso.

— Celoso eu? Laurita, por favor!

— Chao. Era Xaime! Canto tempo había que non vía a Xaime! Un

rapaz extraordinario! De San Cibrao! Que boa cara ten! ... En fin...

E que?

0 CARLOS G. MEIXIDE

Capítulo 11

Lucas estaba moi emocionado da súa relación con Mi-Hee. Máis, se cadra,

dende que soubo que traballaba ocasionalmente como modelo para unha

firma de minisaias. “Buf, unha modelo!” pensaba.

Unha modelo, en todo caso, moi culta. Cada día precisaba entre dúas e

tres horas para llas dedicar integramente á lectura. Apaixonada, sobre todo,

da literatura nacional coreana, que debía ser moi divertida pois decote lle

producía sonoras gargalladas e, nas últimas datas grazas ao esforzo docente

de Inácio, da obra do Jorge Amado; tiña porén manías que a Lucas lle

resultaban incomprensibeis.

— Você gosta de Faulkner?

— Si, claro.

— Eu não. Odeio o Faulkner.

— En serio?

— Sim. Sim. Totalmente a sério. Odeio Faulkner.

En efecto sentía un odio atroz cara a Faulkner, un odio irracional que Lucas

entendía que debía ter a súa orixe nalgún trauma do subconsciente. Doutro

O HOME INÉDITO

xeito, aquel odio, que chegaba até uns estremos arrepiantes, resultaba

inconcibíbel.

— Ainda bem que já morreu. Se não matava-o eu.

Mais a Lucas aquilo, como todo o que procedía de Mi-Hee, resultáballe

divertido. Decidiu que tamén sería divertido iniciala na literatura galega. E

fíxoo, abofé con moito entusiasmo.

— Lindo.

Adeus ríos, adeus fontes

adeus, regatos pequenos

adeus vista dos meus ollos

non sei cando nos veremos

Rosalía gustáballe. Curros tamén pero menos. A Pondal resultáballe

imposíbel comprendelo, o mesmo que a Otero Pedrayo. Apaixonouse por

Manoel Antonio coa lectura de De catro a catro e outros poemas.

— Mais, mais - pedía.

— Non hai máis. Morreu moi novo.

Aplaudiu a Blanco Amor, e a Celso Emilio e a Ferrín... Namorou da foto de

Manolo Rivas nas lapelas do Que me queres amor.

— Parece tão meigo!

Daquela Lucas optou por non darlle a ler O asasino estrábico.

Canto á música, a súa obsesión era o punk, paixón compartida con Lucas,

nomeadamente os Clash. Decote erguía o puño dereito e dicía sorrindo

1

2 CARLOS G. MEIXIDE

Sandinista e Lucas babexaba do bonita que estaba. Outras veces cantaba

Judy is a punk dos Ramones e caíanlle sempre os lentes. Daquela rían os

dous coma dous babecos.

O cine, porén, adoitaba ser motivo de conflito. Para Mi-Hee só existía un

nome: Ingmar Bergman.

- O Ingmar Bergman é o máximo, Lucas. Se você não quer entender não

entenda, mas é o Ingmar Bergman e o resto merda.

Só, de cando en vez, moi de cando en vez, falaba tamén dalgún outro autor,

como Michael Winterbottom ou Wong-Kar-Wai, mais a súa fixación era

Ingmar Bergmann. A Lucas tanto Ingmar Bergmann coma Winterbottom

ou Wong-Kar-Wai dicíanlle ben pouco. O que de verdade lle gustaba era

Clint Eastwood.

— Esse fascista?

— Non, Mi-Hee. Non é un fascista. E ten un sentido do ritmo!

Nunha ocasión estreouse en Nova Iorque unha película galega. Lucas

decidiu convidar a Mi-Hee. Foi un acto de moito postín. Aló estaban o

embaixador español e mailo conselleiro de Cultura da Xunta, con discursos

altisoantes sobre o boom do audiovisual galego. Mais a película comezou e

a Mi-Hee esperrechaba coa risa.

— Isto é sério? Há tempo que não ria de ver algo tão pésimo.

E escarallábase de tal xeito que a xente a recriminaba. A Lucas mesmo lle

pareceu escoitar ao conselleiro.

— A ver, coño! Que alguien haga callar a la chinita de los cojones!

O HOME INÉDITO

Pero é que a película era verdadeiramente infumábel, polo que Lucas optou

por afundir na butaca e escarallar canda Mi-Hee.

Estaban de certo namorados. Quedaban cada día con calquera pretexto,

tanto tiña, e falaban do divino e do humano, do Bin Laden ou da Taxa

Tobin. Mi-Hee daba conta, polo xeral, en cada paseo, dun bote enteiro de

Pringles. A Lucas desagradáballe o regusto das Pringles no bico de Mi-Hee,

mais afacíase e así que chegaba o primeiro bico, nun recanto calquera, non

paraban xa até o pitillín post-coital.

Foi precisamente durante un destes pitillíns post-coitais que Mi-Hee,

que durmiñaba sobre o bandullo de Lucas, soltara aquilo que tanto o

desconcertara.

— Ah, querido! Se o meu namorado de Seúl soubesse o que você me

faz cada noite matá-lo-ia.

Daquela Lucas atragantouse.

— O seu namorado? Cof, Cof!

— Claro. O meu namorado de Seúl.

— E logo eu?- isto preguntouno tan baixiño que Mi-Hee non o

escoitou e caeu nun sono lixeiro -E logo eu?- Lucas esmagaba a

cabicha contra o cinceiro e pensaba en quen sería aquel namorado.

Talvez un oficinista coreano baixiño e sen media hostia, ou se cadra

un grande, gordo e malencarado. Tanto tiña. O certo era que aquela

escena lle producira un fondo desacougo durante unha chea de

tempo. Mais o namorado misterioso non volveu aparecer da boca

de Mi-Hee e Lucas foise tranquilizando outra volta.

O Inácio soltoulle unha tarde que bateran no cafetto da sétima.

CARLOS G. MEIXIDE

— Você que lhe está fazendo a Mi-Hee? Ela está passada, meu. Não

presta atenção às aulas. Mais parece uma adolescente. O outro dia

estava tão na lua que parei ao lado dela e você sabe o que vi que

ela fazia? Desenhava um coração no caderno de apontamentos e

escrevia Lucas dentro. Ela tá louca por você, meu.

— Si? De verdade?

— Sim. Fodidamente louca.

Daquela Lucas morría de contento e contestáballe a Inácio.

— Eu tamén estou tolo por ela. Penso que nunca sentín nada semellante

por outra muller. Nin por Laurita.

— Quem?

— Oh, nada. Unha que me gustaba moito alá na Galiza.

— Lucas!

— Que?

— Você sabe o que está fazendo?

— O que?

O que fixera Lucas fora riscar o nome de Mi-Hee no pano de papel.

— Como pode ser tão bichona, meu?- ría o Inácio.

— Boh! É que ti non fas nunca estas cousas?

Alén dos romanticismos e cursilerías propios do namoramento, Lucas e

Mi-Hee entregáronse intensamente tamén na faceta sexual. Admiraba Lucas

de que xeito ela o daba todo, explorando incansábel nos límites do pracer.

Excitábano os seus xemidos graves e guturais “De onde diaños sairán?”

pensaba, “do estómago?”.

Xemera abondo, precisamente, aquela noite. Lucas observábaa espida,

estomballada na cama, frotando aínda na conacha, mirando para o show de

O HOME INÉDITO

Jay Leno. Abriu o portátil. Mirou o correo electrónico. Pegou un pequeno

chimpo cando comprobou que tiña un e-mail de Laurita. Ollou para Mi-

Hee con medo, como se fora traizoala.

Querido Lucas:

Como estás? Tes que perdoar se non che escribo ultimamente pero eu

tamén hai tanto que non sei de ti... Que tal todo por Nova Iorque? É

certo que traballas nunha canle de fútbol? Estarás contento! Eu levo

dous meses traballando no Correo Gallego. É unha merda! E cobro

unha merda! Pero... é o que hai. O certo é que te envexo. Ti, cando

menos, arriscaches e saíches por aí, ver mundo. Seguro que cando

volvas non che hei recoñecer. Virás tonteando, con acento, como

Antonio Banderas e todo che parecerá unha pailanada. Pero fixeches

ben en marchar. Que diaños!

Estráñote moito. Oxalá estiveses aquí. Sería todo menos aburrido.

Avisa cando veñas. Heite comer a bicos.

A TÚA LAURITA

POSTDATA: Soubeches de que morreu Fraga?

PPD: Era broma. Mala herba...!

Pechou o portátil. “Oxalá estiveses aquí”, “Heite comer a bicos”. Mi-

Hee seguía frotando a conacha e Lucas imaxinouna coa cara de Laurita,

coas tetas de Laurita... Comparou e dubidou un intre. Mais un intre só.

5

Capítulo 12

CARLOS G. MEIXIDE

— Rramón!!

— Dime, amigo Lucash.

— Que tal vash?

— Como o carrallo.

— Eu tamén.

— Eshtou moi, moi, moi borrracho.

— Eu eshtou moito máis borrracho ca ti.

— Non, Lucash, non. Eshtoy yo mucho másh que tú. ¡Mira, coño,

shi hashta hablo cashtellano shin darme cuenta de lo borrracho

que eshtoy!

— Que non, Rramón. Que eshtou eu moito máish.

— Prreguntámoshlle ao pobo?

— Vale.

— POBO! QUEN ESHTÁ MÁISH BORRRACHO? RRAMÓN

OU LUCASH?

- Estáis los dos como putas preas

- ¡A la cama hombre, a la cama! ¡Qué horas son estas!

- Á policía ídesllo ter que preguntar,cagho´n dios!

O HOME INÉDITO

— Sheica eshtamos osh doush igual de borrrachosh.

— Sip.

— Tomámoshlle outra?

— Vale.

— Shabesh unha cousha? Cando eshtou borrracho dame por beber

máish.

— A min páshame igual.

— HIP

— Pódoche contarr un shegredo, Rramón?

— C´aro.

— Eshtou namorrado de Laurrita. Namorradíshimo.

— Sip?

— Sip. Quérroa máish que a nada no mundo. Ela é a eshtrrela que

guía o meu camiño, o motorr deshte prrobe corrazón. Laurrita

é o alfa e o omega da miña vida. A miña alegrría, mais tamén

a miña trristeza. Cando me mira, o mundo detenshe, parra.

Cando non, acelerra e prrecipítame no abishmo da morrte.

— Oh, Lucash, snif! Que coushash tan fermoshash dish!

— É ferrmosho porque é rreal, Rramón, porque é rreal. Porrque

ninguén amou no mundo como eu amo a Laurrita. E Rromeo

e Xulieta? Prreguntarrashme, e Wertherr? Prreguntarrashme.

Non, Rramón, non amarron tanto como eu amo poish non

shon máish que perrshonaxesh literrarrios e eu, shon rreal, de

carrne e ósho. E a carrne e mailo ósho doen cando un eshtá

namorrado.

— É cerrto. Eu shentín algo parrecido por Tania Carrashco.

— Non, non te equivoquesh. O que ti shentichesh por Tania

carrashco non é, en absholuto, comparrábel ao que eu shinto

por Laurrita.

— Ti que saberrásh!

— C´aro que shei, Rramón, hoshtiash, c´aro que shei! O que pasha

é que ti eshtásh borrracho e querresh sherr o protagonishta

CARLOS G. MEIXIDE

da converrshación e parréceme moi inxushto pola túa parrte,

moi inxushto. Eshtouche abrrinddo o meu corrazón, eshtouche

confeshando a ti, shÓ a ti, algo que ocupa cada minuto, cada

shegundo da miña vida. Eshtouche contando a máish fermosha

hishtorria de amorr de todosh osh temposh e veshme ti con

Tania Carrashco. Ti que non shabesh rrealmente o que é o

amorr! Amorr eshcríbeshe con A, querrido amigo, con A de

amorr!

— Perrdón, Lucash.

— Perrdón? C´aro. É moi fácil guindarr o crroio e acocharr a man.

Perro en fin, vouche perrdoarr, shabesh porr que? Porrque

shon un home namorrado.

— Grrazash.

— De nada.

— E mirra unha cousha.

— Sip?

— Porr que non llo dish a Laurrita?

— Que porr que non llo digo a Laurrita? Poish porrque non me

atrrevo, Rramón, non me atrrevo! E she ela a min non me

querre? Eh? Ti penshas que un home namorrado coma min,

o home máish namorrado do mundo, poderría aturrarr que a

shúa amada lle diga que non o querre? Dime a verrdade. Ti

penshash isho?

— Poish que querresh que che diga... Cando Tania Carrashco...

— Á merrda Tania Carrashco! C´aro que non o aturrarría! Sherría

capazh de shuicidarrme! Shi, shi! Shuicidarrme! Ou é que a vida

ten shentido shen Laurrita? A que non ten? Non ten, non. Shen

ela shuicidarríame. Porr isho non lle digo nada. Porrque ashí

cando menosh teño a ilushión de que ela tamén me querre.

— Eu pensho que te querre ben, perro, she cadrra... shó como

amigo.

— Prregunteiche eu a túa opinión?

O HOME INÉDITO

— Non. Carramba como te posh!

— ¿É que she non che prreguntei?

— Vale. Perrdón.

— Perrdoado... Oesh.

— Quep?

— Non lle contesh ishto a ninguén, porr favorr ou cápote.

— Trranquilo, non abrrirrei a boca.

— Nin a Lázarro, dacorrdo?

— Dacorrdo.

— Oesh.

— Quep?

— Ti penshash que ela e o Quintela... en fin...que eshtán liadosh?

— Nonn. Sherría rridículo. Ela e o Quintela, eu e o baldreu, ti e o

manatí, nósh e os collósh...

— Tanto ten. Eshtásh borrracho. Mañá reflexionamosh.

— Vale.

— Mirra unha cousha. Fíxate. Rrepite moitash vecesh Blades

— Blades?

— Sip. Blades. Como Rubén Blades.

— Vale. Bladesbladesbladesbladesbladesbladesbladesblades, que

pasha?

— Non te decatash? Bladesbladesbladesbladesbladesblades des bla

des bla des bla des bla desbla desbla desbla desbla. She repitesh

moito unha palábrra perrde o sheu shignificado.

— É cerrto. Que pashada.

— A que sip?

— Sip. Rrepite ti Lonsupérpiro.

— Lonsupérpirolonsupérpirolonsupérpirolonsupérpirolon

superpirolón superpirolón. Ghe, ghe! Que cabrrón!

— Diverrtido, eh?

— Sip.

50 CARLOS G. MEIXIDE

Capítulo 13

Lucas e Inácio tomaban un café na sétima.

— Quem diria? Você e eu com duas coreanas, meu. Não lhe parece

incrível?

— Si, incríbel. Pero, xa ves. As casualidades da vida.

— Ah, meu amigo!

— Ah!

You know, you know, you know. O Lucas comezou a escoitar un familiar

you know, you know, you know a se lle meter nos oídos. Mirou cara o

fondo do local e viu a Emily discutindo acaloradamente con outras

dúas rapazas. O seu comportamento rozaba a bipolaridade. Como nada

soltaba unha gargallada de 9.8 na escala de Richter, como nada, sen

transición, enrubescíanlle as fazulas, enchíase de carraxe e soltaba sapos

e bichas contra as súas interlocutoras, á beira do paroxismo.

— Take it easy, OK?- pregáballe daquela o camareiro.

— Oh. I am sorry- e disculpábase e humildábase por dous

segundos pero axiña calquera comentario inocente abondaba

O HOME INÉDITO

para prender a mecha outra volta.

Nun momento determinado virou a cabeza e bateu coa ollada de Lucas,

que intentou disimular. Demasiado tarde. Emily ergueu da mesa coa

delicadeza dunha elefanta e foi canda el.

— Lucas, dear. How are you?

— Fine. And you?

Déronse dous bicos. Lucas presentoulle a Inácio. Emily gaboulle

o plumífero. Daquela deu en relatarlle a Lucas todo canto fixera en

Minnesotta. Seica comera moito pastel de carne e moita torta de

xenxibre e xogara co seu irmanciño/canciño Toby á pelota no xardín.

En definitiva, o Lucas e mais o Inácio caeron nun lixeiro sopor que so

interrompeu, Emily, cun eficaz cambio de idioma.

— Lucas, por siertou. Dejé una camiseta en tu apartamento.

— Si? Pois ven buscala cando queiras.

— OK. Grasias.

Despedíronse.

— Oh, meu deus! De onde saiu essa?

— Tanto ten, Inácio.

— Pois bem se vé que queria foda, meu.

— Non sexas cocho. Que había querer!

Ao día seguinte Lucas lía pracidamente na casa uns contos de Gogol

cando chamaron á porta. Apareceu Emily reclamando a camiseta.

— Claro. Agarda un momento.

51

52 CARLOS G. MEIXIDE

Remexeu entre os caixóns do cuarto até bater con ela e tornou á sala

para lla devolver.

— Toma, Emily. Oh, meu deus! Que fas! Vístete!

Emily estomballárase no sofá, espida, tocándose as tetas e poñendo

caras como nas películas pornográficas.

— I´m not sexy?

— You are crazy!

— Come here, baby!- e facíalle acenos co dedo para convidalo a

entrar no templo do seu pracer.

— Non!Non!Non!Non!Emily, non pode ser! Toma. Pon unha

batiña e tápate, hom! vvÉ que che deu un aire, ou?

— COME-HERE-BABY- e desta volta a voz de Emily saíu das

catacumbas do seu estómago.

— Isto...isto...isto...isto...isto...isto é unha loucura, nena.

Achegouse a ela coa bata na man. Emily saltou do sofá e prendeuno

polo cinto. Sacoulle os pantalóns e os calzóns cáseque cos dentes.

— Non! Por favor! Emily, iso non! Aí sonche moi vulnerable! Por

favor! Non ves que teño moza! Pero que dis? Que se me presta?

Pois claro que me presta ben. Ogh, meu deus! E agora como lle

explico isto a Mi-Hee? E se aparece agora por aquí e me cacha?

Oh, non, seguro que se entera e me deixa! E eu non quero que

me deixe! Pero que fas, lambona! Ooooooy!Como sabedes o

que nos gusta, diaños! Para, por favor! Non, mellor segue! Si!

Oh, ah! É a última vez, Emily, a última! A derradeira! Ooogh!

The last one!

Emily limpou a boca co antebrazo e cravoulle os ollos a Lucas en

O HOME INÉDITO

contrapicado, naturalmente.

— I am your only girlfriend, you know? You know?

E retorceulla até o punto de que Lucas tivo que dicir que si.

— Si! Si! Que si!

Aquel incidente sumiu a Lucas nunha fonda preocupación. Emily volvía

aparecer polo seu apartamento cada tarde. Petaba na porta, infatigábel,

mentres Lucas permanecía do outro lado da porta, como un papón,

contendo a respiración e sen atreverse a camiñar sequera para aparentar

que non había ninguén na casa. Emily acababa desistindo á media hora,

cos cotenos encarnados. Pero sen falta, á tarde seguinte, aló estaba outra

volta. Lucas acabou por cambiar de apartamento.

— E por que foi que se mudou?- preguntoulle daquela extrañada

Mi-Hee.

— Po...po..po...po...por nada, corazón. Por que preguntas? É que

ten que pasar algo para que me mude? De verdade que non

pasou nada. Xúrocho. Xúrocho. Xúrocho.

— Tá bem. Não é preciso ficar assim. Perguntava só por

curiosidade.

O feito de se liberar da Emily non impedía que Lucas sentira grandes

remorsos ao cruzar a súa mirada coa de Mi-Hee. Pensou en confesarlle

a infidelidade, procurando algunha xustificación. Pero non había

xustificación posíbel e decidiu que o mellor era non dicir nada e seguir

como estaban, tan felices. Con todo, aquilo era unha carga demasiado

pesada para a súa conciencia polo que sentía a necesidade de se desfacer

dela de calquera xeito. Pensou en llo contar a Inácio, o seu amigo de

confianza, “ou non?” Deulle voltas ao caletre e chegou á conclusión

5

5 CARLOS G. MEIXIDE

de que se llo contaba a Inácio máis cedo que tarde Mi-Hee acabaría

por sabelo. “Porque si, é certo, o Inácio é o meu amigo pero non vai

resistir a tentación de contarllo a Sun-Young que é a súa moza, pero que

é tamén a mellor amiga de Mi-Hee, polo que llo contará malia que lle

xurara a Inácio non facelo”.

Así que un día no traballo, colleu a Marisleysis, a cativa portorriqueña

da limpeza, e contoullo todo todiño.

— ¿Y entonses dise usted que le hiso una felasión?

— Si, Marisleysis. Colleume e fíxome unha felación e eu non quería

pero... xa sabes como son estas cousas...

— No, señor. Ni sé como son ni sé porque me las cuenta. ¡No

ve que sólo tengo diesiseis años! ¡Y hombre, si, sé lo que es

una felasión que lo escuché una ves por la radio pero le puedo

asegurar, por la virgensita, señor, que yo nunca hise nada de eso,

que estoy limpia y pura, señor, y me parese un poco grosero

que me cuente estas cosas usted, que paresía una persona

requeteformalísima, señor.

— Oh, discúlpame, Marisleysis. Tes razón. Non debería contarche

todo isto. Es demasiado nova aínda.

— No se preocupe, señor. No estoy enojada. Por sierto ¿quiere ver

cómo bailo el Genie in the bottle de Christina Aguilera?

— Claro.

If you wanna be with me...

Marisleysis, pois, foi a única en compartir o segredo.

O HOME INÉDITO

Capítulo 14

— Ola. Boas tardes. Se cadra cheguei un pouco tarde.

— Non. En absoluto, Macías.

— Logo é que ti moi puntual tampouco es porque quedáramos hai tres

cuartos de hora.

— Claro.

— É que me liei, carallo. Batín cun vello amigo, tesme que perdoar.

Pero é que se coñeceras a este amigo meu! Tívoche unha vida moi

curiosa! Foi sparring durante moitos anos de Cassius Clay! Si, si, de

Cassius Clay! E o tipo é daí, da Fonsagrada, pero emigrou cos pais

de cativo aos Estados Unidos e andou logo buscando a vida por

aí e foi dar a un ximnasio no que procuraban iso: un sparring para

Cassius Clay, porque, claro, ninguén quería ser! Pero este érache

moi bravo e alá foi e viviu diso até que se retirou o campión! E

el mesmo disque lle gañou algún adestramento! Eu iso xa non o

sei! Pero sempre lle digo “Ai, Bernabé, se escribiras a túa biografía,

publicábacha eu, carallo!”, pero claro, pasa o de sempre, que el me

di “eu, se me pagaras un millón de pesetas, escribíacha encantado,

ouh”. “E de onde saco eu o millón de pesetas, Bernabé?” Entendes

55

5 CARLOS G. MEIXIDE

o que che quero dicir?

— Claro.

— En fin. E logo que, carallo?

— Pois nada. Que teño, como che dixen por teléfono, uns poemiñas

novos.

— Xa cho escoitei, si, si. Está moi ben iso de escribir poemas. Eu

tamén escribín moitos de cativo. Sobre todo a unha moza de

Ponferrada .Dixérache xa que eu son do Bierzo? Pois iso, que está

moi ben. Cales son? Eses que tes na man?

— Si. Le este.

— A ver. Que denso, carallo!

Muralla chinesa infinda a simple vista que afastas aos mongoles do segredo

da imprenta

Wang Dang bate en ti doce horas ao día porque quere ver a estepa

Cho Zemin aprende dende hai anos a linguaxe dos paporroibos para que lle

conten o que hai do outro lado

Pero cando Cho Zemin ten dominio do idioma dos paporroibos, migran

cara ao Sur

Cara Vietnam, onde os labregos usan antenas parabólicas como chapeus

Inda que son os americanos os que usan chapeus coma antenas

parabólicas.

Tanto ten, son ambivalentes, tanto valen para unha cousa como valen para

a outra

Formando un bucle como os negros bucles de Bien Phu, que aínda garda no

ollo do cu o reloxo de area do seu pai morto na guerra.

E na estación espacial, rusos e americanos fuman porros alleos á lei da

gravidade.

Non é grave fumar porros máis aló da atmosfera nin baleirar aerosoles máis

aló da capa do ozono

Para eles, na súa privilexiada situación de anxos fumados, a Gran Muralla é

finita, e iso permite ver as cousas doutra maneira, dende outra óptica.

O HOME INÉDITO

Rinus Vega, suízo, entende que ver as cousas dende outra óptica e ir de

óptica en óptica coma un Maguila Gorila miope.

E cada óptica é un escaparate diferente.

E xente que pasa diferente.

E reloxeiros que quedan entre eles polo pracer de seren puntuais.

Cho Zemin non foi puntual e, ao pé da muralla, só xaz morto un

paporroibo.

E Cho, choroso, recítalle o requiescat in pace na linguaxe dos paporroibos.

Entérrao ao pé da muralla e dun furado do solo aparece un furón que lle

susurra ao oído que, baixo terra, tanto os vivos coma os mortos son cegos.

Tan cegos como o garda da policía montada do Canadá, John Murray, que

quedou estampado nun sequoia e perdeu a perspectiva do bosque.

Polígrafos galegos dinse cousas perspectivas.

O cambio climático segue cambiando, xa que logo, non cambia e rusos e

americanos dispoñen de aire acondicionado na estación espacial.

Bien Phu fai o pino cada medio minuto para que non se deteña o reloxo de

area.

E ti, muralla chinesa, infinda, inexpugnábel Gran Muralla Chinesa.

— Moi ben. Moi interesante.

— Gustouche logo?

— Si, claro. É moi interesante China, si. Os chineses foron os que

descubriron a pólvora, non si? Sabes que coñezo unha rapaza de

Lires que é neta da cociñeira de Mao? Si, si, si. Ensinoume fotos da

avoa co gran temonel. Si, si. Eu sempre lle digo. “Mágoa que non

viva a túa avoa que lle publicaba as memorias, carallo!”. E ela dime:

“Ai, pero haiche fotos e algún documento”. Pero, claro. Pasa o de

sempre. Non hai material abondo para un libriño. Entendes o que

che quero dicir?

— Si, claro.

— Pois non tes máis poemas, logo?

— Si. Este.

5

5 CARLOS G. MEIXIDE

Como o saltador de pértiga mongol que confiaba cegamente na fibra de

aluminio

Seguimos crendo nós, compañeiros, na liberdade.

— Gha, gha! Claro, claro. Era un Serguei Bubka mongol, non?

— Si. Quere saltar a muralla porque entende que alí dento está a beleza

e a sofisticación, non en balde dende a estepa ven a cada pouco os

fogos de artificio do outro lado, e soñan con iso e tal.

— É bonito, si, é bonito. En fin. Moi ben. Escribes moi ben. Pero hai

que escribir máis, carallo!

— Pero se o xuntamos co poemario anterior...

— Non dá, Lucas, non dá. Pero chámame cando teñas máis e daquela

vémonos con máis tempo. Agora quedei co chofer de Gadaffi, que

é un amigo de aí de Camporrapado, e xa chego tarde. Un placer. Xa

pago eu. Até outra logo.

— Até outra, logo.

O HOME INÉDITO

Capitulo 15

— Valerón ... Víctor que la baja con el pecho con mucha clase, se la deja

a Manuel Pablo, el grancanario que la cuelga al área, intenta controlarla

Diego Tristán (“Pois sí que estaba xogando!”) que la pierde ante

Coloccini, patadón arriba para que la pelee Javi Moreno y final. Téllez

Sánchez que indica el final del encuentro. En Riazor, Deportivo 3 Alavés

1. El equipo de Irureta que se consolida en la cabeza de la clasificación.

Despedimos aquí nuestra retransmisión. Recuerden que el mejor fútbol

español y de toda América Latina lo pueden seguir aquí, las 24 horas,

en INTERNATIONAL SOCCER TV. Muy buenas tardes y saludos

cordiales. PLOC.

Lucas recostouse na cadeira de rodas e botou un suspiro. Levaba dez horas

pegado a un monitor cos auriculares postos. Frotou os ollos. Quedara con

Mi-Hee para ver Escenas dun matrimonio nun cine da rúa 44. Ver, ver,

ver... Pasaba o día vendo. Cando non se trataba de Lyv Ullmann ou de

Bibi Andersson, tratábase do Beto Acosta, ou do Tín Delgado, ou do Tren

Valencia... Tiña medo de que o corpo non lle dera máis e comezar a roncar

en plena sesión. Pasáballe decote para vergonza de Mi-Hee. Recolleu os

bártulos, pechou a cabina e foi onda a máquina dos cafés por un só ben

5

0 CARLOS G. MEIXIDE

cargado.

We wish you a merry christmas

we wish you a merry christmas

Decembro empezara había uns días e Oswaldo decidira meter panxoliñas a

saco polo fio musical.

— ¿Vos sabés que significan para mi los villancicos, Lucas, loco?-

preguntáralle de feito dous días antes.- Los villancicos significan ante

todo Dios y familia ¿Es que hay algo más importante que Dios y la

familia?

— Non, señor- respostou Lucas o máis disciplinado que soubo.

— Pues sí que lo hay. La patria. Tal vez la patria sea más importante.

Pero no por ello me dejan de emocionar los villancicos, viejo, se lo

aseguro. Son lindos. Me recuerdan los veranos de Avellaneda. La viejita

preparando el dulce de leche y la Claudita ¡Ay, la Claudita tan linda! ¡Si la

viese abriendo los regalitos de Santa Clós, con una lagrimita asomándole

por la mejillita. Recuerdo especialmente un tutú y unas zapatillas de

bailarina que le hicieron tanta ilusión!

“Oh, meu Deus! Estas máquinas de café debían ter tamén chupitos de coñá”.

Serviuse outro, tan cargado que rebosaba. “Escenas dun matrimonio. Xa

recordo cal era. Uf! Aquela, é certo! Pois si que non aguanto esperto! Aínda

lle vai parecer mal a Mi-Hee porque eche moi comprensiva pero a Ingmar

Bergman que non llo toquen! Ponse feita un basilisco! En fin!” Cando a

máquina calou, Lucas percibiu un estraño murmurio que saía do despacho

de Oswaldo. Intentou afinar o oído pero non acababa de descifrar nada

“Vaia empanada que levo!”, pensaba. até que se escoitou un forte estrondo

e Marisleysis saíu correndo do despacho co uniforme medio desabotoado.

— ¡Socorro, señor Lucas! El patrón se ha vuelto loco ¡Me quiere violar!

O HOME INÉDITO

— Tranquila, Marisleysis! Estás segura do que dis?

— Sí, señor. Me quiere violar. Se lo aseguro

— Pero isto ten que ser un malentendio, Marisleysis!...

Marisleysis agochouse tralas costas de Lucas, que pasaba o café duna man

á outra para non queimar as xemas dos dedos. Dende o interior da oficina

escoitáronse daquela os pasos lentos e pesados de Oswaldo arfando máis do

normal. Cando Lucas puido velo por fin, levaba os pantalóns desabrochados

á altura dos pés, deixando ao descuberto unhas pernas sebosas nas que

resultaría imposíbel atopar, por exemplo, calquera asomo de xeonllos.

— No escapés, sorrita – exclamaba fóra de si, coma un morto en vida,

coas mans por diante. Marisleysis, arrepiada, chiaba con todas as súas

forzas e apretábase daquela contra o corpo de Lucas.

— No escapés, sorrita.

— Señor! Que está facendo! Non lle dá vergonza?

— ¡No escapés sorrita! – Oswaldo non escoitaba a Lucas. Seguía avanzando

coma un parrulo, coa fibela do cinto a bater intermitentemente nas lousas

do chan –TIN-TIN-TIN- e arfando cada vez con maior dificuldade.

— Detéñase señor, faga o favor!

— ¡Callate jodón! – Precisamente cando semellaba que Oswaldo saía do

seu ensimesmamento os folgos abandonárono. Tras unha inspiración

fallida quedou paralizado, apenas unhas décimas de segundo, cos ollos

en branco e o rostro desencaixado, e caeu, de fuciños, estrepitosamente,

no chan –BRRRUUUUUMMM- As Torres Xemelgas non fixeran

moito máis ruído ao caer- Enormes tsunamis de graxa naceron daquela

na zona de contacto do seu corpo co chan até converxeren na punta do

cu.

We wish you a merry christmas

And a happy new year.

1

2 CARLOS G. MEIXIDE

Lucas e Marisleysis ficaran paralizados igualmente. Unha vez que o derradeiro

dos tsunamis chegaba ao seu destino e que o corpo de Oswaldo acadaba

unha quietude absoluta, espabiláronse de vagariño, arrolados pola volta á

realidade das panxoliñas.

— Iso foi un infarto?- preguntou Lucas.

— Parese que sí, señor - Marisleysis foise desenganchando do corpo de

Lucas. –Un infarto en toda regla, señor-. Achegouse á bola de graxa

inerte mentres abotoaba e recompuña a orde do uniforme.

— Deberiamos chamar unha ambulancia.

— ¿Una ambulansia? ¡Por mí puede pudrirse! ¡Tremendo hijo de puta!

¡Serdo asqueroso! ¡Sinvergüensa!.- Cada insulto inundaba a Marisleysis

dun pouquiño máis de carraxe até perder definitivamente o control

e empezar a patadas contra a masa de Oswaldo, quedo coma un

cadáver.

— Que fas Marisleysis? Estás tola!

— ¡Que se pudra el hijo de puta!

— Cálmate, por favor.

Marisleysis, unha vez saciada a súa rabia, apoiouse de costas na parede e

deixouse caer até ficar sentada no chan, saloucando. Lucas anicouse cara a

Oswaldo. Ollouno por un cacho. Non sabía nada, absolutamente nada de

medicina. Malia todo procurou tomarlle o pulso. Pareceulle que entre as

adiposidades fluía aínda un pequeno regato de vida. Pasoulle pola cabeza

fugazmente facerlle o boca a boca, tan fugazmente que o descartou de

contado, repugnado. Finalmente botou man do teléfono e chamou por

unha ambulancia.

“Vaites! Torturador na ditadura, violador de menores. Este elemento é o

meu xefe!” Estas reflexións asaltaban a Lucas ollando para a masa lánguida

de Oswaldo. Sentou nun pequeno sillón baixo, suspirou con forza e ollou

daquela para Marisleysis que saloucaba agora caladamente, coa cabeza

O HOME INÉDITO

acochada entre os brazos, impando de cando en cando. Sentiu por ela

verdadeira compaixón. “Ahá. Así que isto debe ser a compaixón!” pensou

de feito, polo que instintivamente se incorporou e foi sentar no chan canda

ela.

— Como estás, Marisleysis?

— Bien señor ¡hip!. Grasias.

— Non me chames máis señor. Chámome Lucas.- Dixo isto cun ton tan

empalagosamente telefílmico mentres pasaba a man pola cabeza da

rapaza que se decatou no momento do ridículo que podía chegar a

ser cando pretendía poñerse trascendente. Sentíase a desgusto naquel

papel pero non podía evitalo.

— Grasias, Lucas- Marisleysis envolveu a súa voz nunha tenrura irresistíbel

e ollou de esguello para Lucas cuns olliños que acabaron por desarmalo

enteiramente.

— Non me deas as grazas. A verdade é que sempre fun un egoísta.-

Esta frase si que abraiou a Lucas. Saíra del, certamente, mais non a

recoñecera. Estaba a convidar a unha adolescente en estado de shock a

unha profunda conversa sobre os recunchos da súa alma! Por fortuna,

pensou, Marisleysis non era a interlocutora máis feita para esta sorte de

divagacións.

— ¿Y usted es español, entonces?

— Si, claro. Realmente son galego pero, si, en fin, pódese dicir que son

español tamén.

— Como Alejandro Sanz. Me encanta Alejandro Sanz.

— Si?

— Sí. Y también Enrique Iglesias y Marsela Morelo...

— Marcela Morelo?

— Sí, Marsela Morelo, la del corasón bonito, corasón salvaje.

— Pero esa non é arxentina?

— ¡Ay, demonios, puede ser que sí!

— Eu penso que si.

CARLOS G. MEIXIDE

— Da igual. Yo soy de Puerto Rico, como Chayanne. ¿Sabía?

— Si? Noraboa.

— Grasias. Mi novio se parese mucho a Chayanne. Yo creo incluso que

es más guapo que Chayanne. Lo que pasa es que es muy chico todavía,

tiene 14 años, pero aparenta muchos más. De hecho tiene los músculos

muy formaditos porque va al gimnasio todos los días. ¡Si viese que

abdominales tiene! Debería conocerlo. Seguro que ustedes se caerían

chévere.

— Seguro que sí.

— ¿Y usted no tiene novia? No me creo que usted no tenga novia...

— Si.... si que teño– Lucas esquecera por completo a súa cita con Mi-Hee.

Mirou o reloxo e comprobou que apenas quedaban vinte minutos.-

Descúlpame un momentiño. Ergueuse correndo cara ao teléfono e

marcou o número de Mi-Hee. PI-PI-PI. “Maldita sexa!” Volveu marcar.

PI-PI-PI. “Quero moito a Mi-Hee pero puta manía colleu de andar

sempre co teléfono apagado!”.

— ¿Que pasó? ¿Se olvidó de ella?

— Si, Marisleysis.

— No se preocupe. Seguro que le perdona.

Escoitou a serea da ambulancia. Ao pouco chamaron ao porteiro automático.

Foron necesarios catro enfermeiros máis Lucas para carrexar a Oswaldo na

ambulancia.

— Yo me voy a casa, Lucas. Grasias por todo. –Marisleysis marchou.

Lucas subiu á ambulancia. Acompañou, case por inercia, ao torturadorviolador

até o Hospital de St. Vincent´s.

— Is he your family?- preguntoulle un enfermeiro negro que lle pegaba á

goma de mascar.

— No. He´s just my boss.

O enfermeiro sorriu amosando uns dentes branquísimos. Lucas sorriu

O HOME INÉDITO

tamén e preguntou sen pisca de dramatismo.

— Is he dying?

— I don´t know, brother... but it´s possible- e o enfermeiro chiscoulle o

ollo e fíxolle un aceno de incertidume coa cabeza.

5

Capítulo 16

CARLOS G. MEIXIDE

— Onte rematastes moi tarde, logo?

— Si, Laurita, Bastante tarde.

— Aínda debestes coller unha boa chea.

— Pois si.

— A verdade é que eu tamén. Ao Anxo dalle polos gin tonics tan cedo que

claro, el controla, que ten corpo para varios, pero eu, que non estou

afeita, co terceiro xa ando coa cabeza dando voltas.

— E logo para que os bebes?

— Eu que sei!

— Daquela volviches moi tarde á casa?

— Uf, nin pasei por ela! Como ía tan chea preferín quedar a durmir na de

Anxo.

— Na casa de Anxo!

— Si.

— E logo? Deitádesvos xuntos?

— ¡Non ho! Gha, gha. Eu durmín na cama el pasou a noite no sofá. Queres

pipas?

— Non, grazas.

O HOME INÉDITO

— A min moito me prestan as pipas.

— A min ás veces pero agora non teño gana delas. Dan moita sede.

— Si. Tes razón.

— E mira unha cousa Laurita.

— Dime.

— Ti e Anxo sodes mozos?

— Non, penso que non. Saímos xuntos, falamos, o outro día fomos ao

cine, pero non sei... Está claro que eu lle gusto e el a min tamén me

gusta porque é moi guapo, ou non é?

— Non sei. Non entendo.

— Non fai falla que entendas. Vese ben que é moi guapo. E moi agradábel

e todo iso... Pero, non sei. O certo é que hai algo que me bota para

atrás. Non me preguntes o que...Se cadra que é maior ca min, que anda

xa noutros ambientes, de verdade que non sei....pero seguramente onte

divertiríame moito máis de ir de carallada con vós.

— Va que si? “Seica me botas de menos, Laurita”

— Si. Non terás un alka seltzer?

— Non. Síntoo.

— A ti non che doe a cabeza?

— Non.

— Uf. A min moito.

— Queres que che vaia á farmacia?

— Non é necesario.

— Non me supón traballo ningún.

— Que non!

— Vale.

— E mira unha cousa, Lucas. Mañá que fas? Vas estar en Santiago? Eu vou

quedar e non teño que facer. Se quedaras ti podiamos ir os dous xuntos

pasar a tarde ao parque de Bonaval ou coller un bus e tirar para a praia

que xa empeza facer bo tempo. Non che presta a idea? Por que non

quedas? Podemos buscar unha caliña deserta...

— “Oh, meu deus!. Claro que quero ir, corazón, pero é que... é que... é

CARLOS G. MEIXIDE

que...” Non vou poder.

— Non? Que magoa! E logo?

— “E como lle explico eu agora. Como lle explico que realmente morro

por quedar mañá con ela pero que me pode máis que mañá xoga o

Deportivo na casa co Numancia. Si, Laurita, co Numancia, xa sei que é

intranscendente, pero é que é algo que me pode. Que son seis anos sen

faltar a un só partido, Laurita!É que ti tamén! Os domingos de partido

son sagrados! Non me fagas isto, Laurita, non me fagas elixir porque

non sei que che diga! Non vaias pensar que se non quedo contigo é

porque non te quero, madia leva! Uf! Seguro que tes dúbidas entre

Anxo e máis eu, e se eu che fallo mañá xa o tes claro e alá irás a tirarte

nos brazos de Anxo! Oh, meu Deus, por que me fixeches tan pailán!

Ademais á praia! Verte en biquini! E eu que pensaba que podían máis

dúas tetas que dúas carretas e xa ves, o fútbol, o maldito fútbol, aínda

tira un pouco máis! Pero se é contra o Numancia, Lucas! Que non

nos xogamos nada! Que levamos toda a Liga en metade da táboa! Se

o máis seguro é que xoguen os reservas! Pero, pero, claro! Saber que

están xogando e eu sen saber do resultado sabe dios até que hora! Oh,

Laurita. Terás que me perdoar! Que non che entren dúbidas de que ti

es, só ti, o que máis quero no mundo, pero...” É que está a miña nai

enferma e debería ir vela.

— Oh, non o sabía! É moi grave?

— Un pouco, pero supoño que acabará curando.

— Oxalá. Ademais non hai mellor medicina para unha nai que a visita dun

fillo.

— Claro!

— Pois daquela, vai e dalle un bico da miña parte. Ánimo!

— Grazas, Laurita. Quérote.

— Como?

— Oh, nada! Non dixen nada

— Si. Dixeches “Grazas Laurita” e non sei que máis

— Estás confundida.

O HOME INÉDITO

— Seguro?

— Si, seguro. Só dixen “Grazas Laurita”.

— Pois non sei... parecérame que dixeras algo máis.

— De verdade que non.

— Que raro! En fin! Será cousa do resacón....

— Claro.

— Non che apetecerá irme por outra bolsiña de pipas.

— Claro que me apetece. “Como non me vai apetecer co riquiña que te

pos”

— Grazas. Toma os cartos.

— Deixa, Laura. Convido eu.

0 CARLOS G. MEIXIDE

Capítulo 17

A ambulancia parou. Coma lóstregos sacaron a Oswaldo nunha padiola e

metérono en Urxencias. Lucas mirou o reloxo. Mi-Hee debía levar cando

menos quince minutos agardando. A película estaría a piques de empezar.

Foi requirido por un médico. Preguntoulle como e había canto que se

producira o ataque. Lucas procurou explicarse do mellor xeito. Cando lle

preguntaron sobre os hábitos de vida e alimentarios de Oswaldo xa non

soubo que respostar.

— Sorry but I don´t know. He´s just my boss.

— OK. I see.

O médico deixouno e entrou en TRAUMA 1. Unha enfermeira ocupou o

seu lugar.

— ¿Tiene usted el número de teléfono de la casa del paciente?

— Non.

— Nosotros hemos encontrado éste en su cartera. ¿Prefiere avisar usted a

la familia?

— Si, claro.

O HOME INÉDITO

“Que diaños estou facendo!” pensou Lucas daquela. “Pódese saber por que

diaños me preocupo tanto por este fillo de puta? Xa está. Xa o trouxen

até aquí. Agora que o salven ou que morra. Tanto me ten. Non é o meu

problema. Marcho”. E dispúxose a marchar, pero o certo é que antes sentiu

a necesidade de chamar á casa de Oswaldo. Unha voz de muller, grave e

cavernosa, púxose ao outro lado da liña.

— ¿Si?

— Señora de don Oswaldo Solanas?

— La señora no está. Soy su hija. ¿Ha pasado algo?

— Lamento dicirlle que si. O seu pai acaba de sufrir un infarto Son

Lucas M., o empregado da canle. Estaba con el cando aconteceu e

acompañeino até o hospital de St. Vincents. Se puidera vir vostede.

— Está bien. Espere ahí mi llegada.

— Como? Verá, señorita, non vou poder. Teño un comprr...

— Le estoy pidiendo que haga el favor de esperarme ¿entendido?

A Lucas percorreulle o corpo un intenso arrepío. Aquela voz pantasmal,

a voz da famosa Claudita, la niña de los ojos de Oswaldo, non amosara a

menor consternación ao saber do infarto do pai. Alén diso, atrevérase a

ordearlle a Lucas, taxantemente, canto tiña que facer. Ao principio, o natural

pusilánime de Lucas quedou alí, obedecendo, agardando por ela, até que

unha enfermeira chinesa lle lembrou a Mi-Hee papando frío á porta do cine.

Daquela decidiu que tanto lle tiña o que dixera Claudita. Remexeu no peto

na procura dalgúns centavos para facer un intento desesperado de chamada

a Mi-Hee. Ía meter a moeda na fenda do teléfono cando se lle adiantou

como unha bala unha señora cincuentona.

— Oh, sorry! I´ll finish soon- díxolle.

¿Soon? Cada cinco minutos Lucas facíalle á señora un aceno para que fora

1

2 CARLOS G. MEIXIDE

rematando e esta puña o dedo índice diante da boca e mandábao calar.

“¡Cago na cona que a pariu!” pensaba Lucas.

Un médico coa bata impecábel berroulle dende o outro estremo do

corredor.

— Eh, man! You´re a lucky man. He´ll survive!

“Vaia unha sorte do carallo” Media hora máis tarde a muller colgou o

teléfono. Lucas abalanzouse a por el.

— ¿Usted es español?- preguntoulle a señora-Yo ya notar por su falta de

educación. Si yo estar hablando usted respetar ¿OK? Y no molestar

cada cinco minutos. Vaya vergüenza. Españoles simpre estar igual. Muy

simpáticos que si San Fermines, que si bullfighting que si olé! Pero

después ser todos grandes maleducados. Y no decir yo esto por rencor.

Que más me dar a mi que me dejar mi marido por una bailarina de

flamenco cordobesa. Lo digo porque lo siento de verdad. Españoles ser

unos grandes maleducados y maricones todos.

— Señora, por favor!- Desfíxose dela por fin e marcou o número de Mi-

Hee. PI-PI-PI. “Merda!” O médico pasoulle a man polo ombro.

— The patient is good right now. He was about to die but... we got him.

— Good. Thank you very much.

— He wants to see you.

— Como?

O médico fíxolle un aceno coa cabeza. Lucas seguiuno até entrar no cuarto

no que descansaba a masa informe de Oswaldo, que respiraba tranquilamente

e presentaba moito mellor aspecto. Ao sentir entrar a Lucas virou con

lentitude a cabeza cara a porta.

— Hola, Lucas.

O HOME INÉDITO

— Ola, señor.

— Le estoy muy agradecido.

— Non hai de que, señor.

— ¿Nos dejan solos un minuto por favor?- Ao xesto de Oswaldo, o médico

e mais a enfermeira retiráronse de contado. Hai persoas que teñen un

don natural para mandar e Oswaldo era unha delas. Mantivera até ese

momento un cándido sorriso no rostro. Así que se viu só en fronte de

Lucas mudouno por un xesto ameazante.

— Ni una palabra de lo que ha visto ¿entendido? Como salga algo de su

boca ya puede ir al muelle a buscar trabajo. Eso si es que no pierde

antes los brazos en un accidente.

Lucas quedou de pedra. Estaba realmente indignado. Non atopaba xeito de

respostar á desfachatez do patrón.

— Yo no hice nada malo ¿entendido? Fue la zorra esa la que se agachó

a limpiar el polvo justo delante de mis narices, con esa faldita que

lleva la muy zorrita. Y yo reaccioné como reaccionamos los hombres

¿entendido?

Lucas procurou atopar un mínimo de orgullo entre a súa indignación.

— Señor! Non podo consentir que fale así. Marisleysis só ten 16 anos. E,

en todo caso, o seu comportamento, señor, foi inaceptable.

— ¡Repita eso!- Oswaldo acalorouse até o estremo de poñer en perigo a

súa recén recuperada saúde. Lucas non se amilanou. Estaba disposto

a repetirlle palabra por palabra, sílaba por sílaba, o que acababa de

dicir cando o rostro de Oswaldo mudou novamente como por arte de

maxia, adquirindo unha dozura inconcibíbel nun ser detestábel como

aquel. Mesmo o timbre de voz tornáraselle estúpido- Insisto. Nunca

podré agradecerles lo sufisiente a usted y a Marisleysis lo que han hecho

CARLOS G. MEIXIDE

por mí. Dios los tenga en su gloria. Sepan que los llevaré siempre en el

corazón.

“Como?” Lucas non entendía nada.

— ¡Cariño!

— ¡Hola papuchi!

Lucas virouse cara á porta ao recoñecer a voz cavernosa de Claudita. O

seu aspecto desconcertouno tanto como o desconcertara previamente

o timbre de voz. Era alta e forte, ben proporcionada dentro da absoluta

desproporción do conxunto. O rostro era tan duro que parecía ter sido

esculpido en pedra. O queixo, os pómulos e mais o nariz formaban perfectos

ángulos rectos. Tiña o pelo negro e brillante recollido nun chicho e vestía

un traxe de chaqueta negro e blusa branca. Apoiada no marco da porta, a

Lucas parecíalle a irmá maior de Lauren Bacall.

— ¿Vos sós Lucas?

— Si, son eu.

Déronse a man e daquela descubriu Lucas o trazo máis desconcertante

de Claudita. Os ollos, naquel conxunto pétreo, eran dunha humidade e

delicadeza exquisitas, celestes como a bandeira arxentina e tan acuosos que

as pupilas parecían estar a pique de se desfaceren coa primeira bágoa. “Non

é guapa, pero fea tampouco é” cavilaba Lucas sen poder afastar os ollos dos

ollos de Claudita. “E como impón”.

— Lucas ha sido muy amábel acompañándome hasta acá-. Oswaldo

convertérase nun verdadeiro pelele dende a chegada da filla. Sorría

coma un imbécil e falaba coma un idiota.

— Lo imagino. Muchas grazas, Lucas.

— Non é nada.

O HOME INÉDITO

— ¿Y vos que tal está, viejo?

— Bien. Desde que vos llegó mucho mejor. ¿Por qué no me das la

manita?

— Ahora no, viejo. Se ve que le sudan. Fíjese como brillan.

— Está bien, Laurita. Cuando entre la enfermera le pido un pañuelo, me

seco, y entonces me das la manita ¿vale?

— Así sí.

Aquela muller era un monstro que semellaba non saber o que era a emoción.

Daba unha protagonista moi feita para un conto infantil. O monstro que

non coñecía as emocións podería titularse, co problema de que, polo xeral,

nesta caste de contos os monstros acaban por ceder e dan pé a unha boa

moralexa, e con Laurita isto parecía máis ben improbábel.

— ¿Querés un pucho?. –preguntou arqueando unha cella cara Lucas.

— Como?

— Si fumás- Sacou un paquete de marlboro da chaqueta. Lucas estaba

perplexo.

— Vas fumar aquí? Non está permitido.

Oswaldo puxo cara de reproche condescendente e paternal.

— ¡Laurita! ¡No fumés querida! ¡Sós una niñita todavía!

Nunca con tanta economía xestual expresara alguén tanto desprezo. Laurita

prendeu o pito. Aspiraba o fume con forza e expulsábao poñendo a boca

como para unha felación.

— ¿Hay alguna ley que me prohiba fumar en los hospitales?- preguntou

daquela retadora.

— Pois si, a verdade. Bastantes. – respostou Lucas que vía asomar pola

porta un médico con toda a ira dos americanos antitabaquistas.

5

CARLOS G. MEIXIDE

— You´re crazy! That´s incredible! Turn off the cigarette right now! That´s

a Hospital, my God!

— OK. Be quiet, man!- Aturou impasíbel a retesía de insultos do médico.

Tirou a cabicha ao chan e esmagouna coa punta do zapato, de tacón.-

And shut up, Ok?

— Oh, my God!.- O médico debeu sentir un arrepío semellante ao que

sentira Lucas unha hora antes.

— Mirá, señor doctor. ¿Podría traerme un pañuelito para secarme las

manos y así poder dársela a mi hijita, por favor?

O médico acabou por marchar do cuarto maldicindo aquela banda de

lunáticos. Ao sentir o portazo, Claudita prendeu outro pito. Lucas achegouse

cara a porta.

— Se me disculpades teño que facer unha chamada.- Claudita cravoulle os

ollos celestes mentres pechaba coidadosamente a porta. Lucas correu

cara o teléfono. Marcou varias veces o número de Mi-Hee, co mesmo

resultado sempre. PI-PI-PI. “Nada, imposíbel” Colgou amolado e

apoiou coas mans nos laterais da cabina.

Escoitou uns tacóns –POC-POC, achegándose dende o fondo do corredor

e, ao pouco, unha bafarada de fume na caluga.

— ¿Tomás un trago?

Claudita agardábao apoiada na parede, debuxando aros de fume, “¡Como se

lle nota o sostén negro por baixo da brusa branca!” pensou Lucas.

— Non podo. É xa moi tarde. Foi un día moi duro.

— ¿Vas a hacerle ese feo a la hijita del jefe?

— Non o entendas como algo persoal...

— ¡Andá, loco! ¡Callate y vení!

O HOME INÉDITO

Capítulo 18

— Pero será posíbel!

— Que desastre!

— E marcáronnos outro!

— Si, home, si

— Que vergonza! Parecemos, carallo, un equipo da terceira división!

— ¡Joder! ¡Tampoco os pongais así, neno! Es normal perder algún partido

de vez en cuando ¿que no? Si no seríamos el Milan, joder.

— Eu non digo que non podamos perder un partido pero que perdan co

Numancia, carallo, que son un grupo de amigos.

— Un grupo de amigos si, pero corren! Que os nosos parecen vacas vellas,

a pastar na herba!

— ¡Pero sois lo peor, joder! ¡Menos silbar y más animar! Con una afición

así no me extraña que perdamos.

— Que saberás ti, rapaz, de afición? Que cando ti aínda non naceras xa

estaba eu aquí sentado.

— ¡Fijo que criticando!

— Ai que carallo!

— Tranquilo, Marcial, non fagas caso. Estes sonche os típicos entendidillos

do Marca ¿no abe?

CARLOS G. MEIXIDE

— Claro, hom. Estes paréceme a min que non viron xogar o Deportivo na

Terceira División.

— ¡Hay que joderse con los putos puriles de los cojones. Ya me están

volviendo liló!

— Estámosche volvendo que? Aínda che imos volver a cara a hostias.

— Oiga, señor, no me amenace ¿eh?

— Mira que ghallito se pon. Como ten a rapaza ao lado!

— ¡A que le cusmo!

— Tranquilo, joder, David! Pasa de todo tío!

— ¡Pasa de todo? Como voy pasar de todo si me están provocando! ¡Yo les

cusmo a los pailanes estes como hay dios!

— Pero se non tes nin media hostia.

— ¿Como que no, cago´ndios?

EH! EH! EH! PELEA!

EHHHHHH!

PELEA! PELEA!

DÁLLE

— Que pasa?

— Unha lea parece.

— Vaia día! Perdemos 0-2 co Numancia, lea ... É dos días que era mellor

non ter vido.

— Si, a verdade é que si.- “Cagho no puto Deportivo! Nunca máis Laurita,

nunca máis! Laurita, perdón!”

— Mira, mira o vello que paraugazo acaba de arrearlle ao rapaz.

— Hostias!

— Está sangrando! Anda, mira! Agora vaille a moza ao vello! Aos pelos!

Ehhh, DÁLLE!

— Cala, hom. Debería darche vergonza

— Que máis ten, hom! Para algo divertido que hai no partido!

— Tamén tes razón!

O HOME INÉDITO

— Como pega a rapaza, carallo!

— Eu o que non entendo é como estando o Turu como está que ben

se ve que non dá chegado a ningún balón, non o cambia. Que poña,

por exemplo, a Pauleta, que é máis rifón, que sempre vai presionar aí

sobre a defensa, sobre o porteiro... que apoia aos compañeiros, que vai

sempre ao remate...

— Pero sabes que pasa, Ernesto? Que se quitas ao Turu quedas sen ningún

tío técnico arriba. Porque Pauleta será moi peleón pero quítalo de correr

e non sabe facer outra cousa, m´entendes?

— Entendo, claro que entendo. Pero por iso precisamente digo que ten

que poñelo porque se vai correr aínda que só sexa iso xa bastante máis

fai que o Turu... Mira, mira aí! Outra vez! Nin saltou polo balón!

— Pero tes que entender que o Turu é un crack, Ernesto, non está para

pelexar eses balóns, para desgastarse físicamente. É deses que parece

que non está e de súpeto colle un balón, saca un coello da chisteira, e

pum, marca, m´entendes? Non se pode prescindir dun xogador así no

campo.

— Non sei, non sei, non sei... Non sei que che diga.

— O que tiña que facer o “Piruletas” é deixarse de caralladas e apostar

polo fútbol ofensivo, que é un caguetas, cona. Ten que poñer a xogar os

bos. Eu, se fora el, puña a Turu, Pauleta e Makaay xuntos, os tres arriba,

e un rombo no medio campo co Djalma abastecendo e Víctor e Fran

entrando polas bandas, con dous carrileiros ofensivos que desdobren

tipo Roberto Carlos, m´entendes? E pasaba do puto dobre pivote.

— Tampouco é así, Ramiro. Alguén terá que defender...

— Pra que? Se tes a bola! Ademais prefiro perder 5-3 e arriscar que gañar

aí 1-0 amarrando, amarrando! Hai que ter orgullo!

— Non tes razón Ramiro, non tes razón. Hai que ser humildes. Ter un

pouquiño máis de prudencia. Hai que empezar por estar ben amarrados

0 CARLOS G. MEIXIDE

atrás, que non che marquen goles.

— Ese é un discurso de equipo mediocre, Ernesto.

— Pois é o que penso eu.

PI PI PIIIIIIIII

— Rematou.

— Anda que imos quentes para casa.

— Entón, Lucas, queres que te achegue á casa?

— Non grazas. Quedei para tomar unha garimba co Óscar Pita, o do

instituto.

— Veña logo.

— Deica.

O HOME INÉDITO

Capítulo 19

Ao día seguinte Lucas quedou outra vez con Mi-Hee. Polo teléfono

constatou que o seu humor estaba baixo mínimos. Procurou presentarse

no lugar da cita –ás portas do Waldorf, no comezo de Central Park, para

gozar da primeira nevarada do ano- cun cuarto de hora, cando menos, de

antelación, arriscándose conscientemente a que Mi-Hee se tomara outro

cuarto de hora, ou mesmo media ou unha hora como recargo do plantón

do día anterior.

Finalmente chegou vintecinco minutos tarde, de morros e de brazos cruzados.

Lucas ofreceulle o biquiño e recibiu unha labazada- “En fin! Teño o consolo

de que podería ter sido moito máis forte” pensou Lucas satisfeito.

— Que bonita estás.

— Já pode ter uma desculpa crível – Mi-Hee dixéralle isto mentres limpaba

os lentes coa bufanda.

— Claro que teño, meu amor. Estaba a piques de saír do traballo cando lle

deu un infarto ao xefe e eu, imaxina, non souben que facer. Así que o

acompañei até o Hospital e estiven alí con el un cacho até que pareceu

restablecerse... e a cada pouco chamábate pero tiñas o celular apagado.

1

2 CARLOS G. MEIXIDE

— Sim?

— Si. Chameite seguido pero non contestabas.

— Claro. Apaguei-o na aula de Inácio e depois disse-me: “Se vou ao cinema

nao é necessário que o acenda para menos duma hora....”

— Ves?

— Oh, meu amor! Desculpa, coração. Dá-me beijinhos.

— MUPCHS. MUPCHS. MUPPPPCHS.

O que parecía unha reconciliación típica e tópica non minguou o desacougo

que traía o Lucas consigo. Hai que ter en conta que así que Claudita lle

dixera a noite anterior “¡Andate loco!¡Callate y vení!” el fora como foran as

ratas atrás do frautista de Hamelin. Cearan xuntos nun restaurante no que

Lucas, en condicións normais, nunca tería entrado polas limitacións da súa

economía, tan requena como a cantidade de comida coa que decoraban os

pratos no nome da “alta gastronomía”.

— No pongás esa cara y acabate la endivia.

— Pe...pe...pe... pero é que non me gustan as endivias.

— ¡Acabate la endivia, coño!

Obviamente, beberon máis do que comeron. Viño nomeadamente. Claudita

bebía con especial brutalidade. Enchía as copas até o límite a apurábaas dun

grolo. “Se fora Barrantes había ter o bico todo enzoufado de vermello a

moi cocha!” pensaba Lucas, sen atreverse, madia leva, a exteriorizar os seus

pensamentos.

Apenas falaron durante a cea. Logo Claudita levouno a un exclusivo club

do Soho. Seguiron bebendo, desta volta os que chaman licores brancos,

acompañados por executivos impoñentes. Claudita parecía beber por hábito

ou por costume. Lucas bebía por non facer outra cousa. De cando en vez

víase no medio dunha conversa sobre a Bolsa, ou sobre OPA´s hostís,

ou sobre falsas contabilidades, en fin... todas esas cuestións que ignoraba

O HOME INÉDITO

completamente e que lla traían máis ben frouxa.

Contra as tres da mañá sentiu como a man grande e osuda de Claudita

empezaba a intimar coas súas coxas. “Oh, non! Glub!” Nunha ocasión

Laurita fixéralle o mesmo. Daquela gustáralle anque máis que gozar do

momento, sufrírao intentando non empalmarse. De tanto concentrarse

empalmárase axiña.

-¡Que gorda la tenés serdo!- Lembrando a Laurita volvera empalmarse.

Claudita peniscoulla e levantou do sofá.- ¡Venite!

Naquelas alturas da noite Claudita estaba moi borracha. Era unha desas

persoas ás que o alcol excita os instintos máis primarios e violentos. Daba

couces de karate contra as papeleiras, as cabinas telefónicas, as reixas

metálicas dos comercios... Tras cada golpe viña inevitábel o estrondo que

a Lucas lle ourizaba mesmo a peluxe das células nerviosas. Mirouna de

esguello, tan alta e tan forte con aquelas pernas que marcaban o músculo

ao acometer contra o mobiliario urbano e entroulle a dúbida razoábel de se

Claudita non sería orixinariamente dun sexo distinto ao actual

— Claudita!- ousou balbucir.

— ¿Qué querés, loco?

— Eu debería marchar xa para a casa.

— ¡No, loco!- Díxolle isto sen facer un gran despregamento xestual.

Abondoulle pregar o entrecello e torcer lixeiramente o beizo superior.-

Esperate. Vení conmigo a mi casa.

— Pe...pero.

— ¡Vení a mi casa!

— Claro.

Meteuno nun taxi. Chegaron á casa de Claudita, por non dicir á mansión

de Claudita- unha casa de dous pisos no distrito de Queens con piscina

CARLOS G. MEIXIDE

e ximnasio-. Unha manda de pit-bulls coléricos saiu recibilos. Claudita

acariñábaos na chola e apretábaos contra a conacha. Lucas, paralizado polo

seu medo histórico á especie canina, pechou os ollos mentres dúas bestas

máis altas ca el, sobre dúas patas, lle lambían a cariña.

— ¡No pongás esa cara, coño! ¡No muerden!

Imaxinouse morto na piscina cunha chanchada de pit-bull no pescozo,

Claudita declarando á policía máis tranquila que Amancio... “Que había

pensar Mi-Hee?”.

O interior da casa rebordaba mal gusto. Ostentar certamente ostentaba pero

cantaba aos ollos . “Oh! Deus! Vaia foto! Como poden ser tan fachas nesta

casa!” pensou Lucas ollando unha fotografía que, mi má!, mellor será non

describila.

-Tomate otro trago- Claudita abriu o moble bar. Meteu dous petoutos de

xeo en senllos vasos de moa e encheunos cunha vella botella de whisky

escocés.

— É moi tarde para min, Claudita.

Lucas comezaba a estar tan derreado que todo o seu medo a Claudita era

superado polas ganas de se deitar, durmir e esquecer aquel día de pesadelo.

— Tomá uno no más.

Claudita achegoulle o vaso. Ela bebeu o seu, cheo, coma se fora viño, dun

só grolo e encheuno outra volta.

“¡Una no más! Oxalá puidera beber coma ti. Todo dun grolo. Así marchaba

dunha vez” pensaba Lucas mentres miraba para Claudita pousar a agulla

dun vello tocadiscos sobre un disco de Gardel máis vello aínda.

O HOME INÉDITO

Corrientes 3,4,8

Segundo piso, ascensor...

Claudita movía o cu procurando seguir o ritmo da música e un hipopótamo

sería capaz de movelo con máis xeito. Cravou os seus ollos azuis, húmidos,

o único fráxil naquela mole, nos ollos de Lucas.

— Antes de marchar concédame este tanguito.

— E daquela xa podo ir?- Lucas había tempo que lle perdera o respecto, o

sono e mailo alcol mediante-. Incorporouse inmediatamente para bailar

“A media luz” e marchar, ipso facto, para casiña.

O alento de Claudita tufaba a alcol. Cos primeiros meneos Lucas sentiu

un pequeno mareo. A casa dáballe voltas e voltas, polo que tardou en sentir

a humidade da língua dela furandolle a orella, logo a meixela, logo a boca,

logo a gorxa, logo a tráquea... “É incrible! Vaia lingua! “

— ¿Sabés una cosa?

— Que?- O tango estaba a piques de rematar.

— ¿Querés conoser mi secreto?

— Vale.

— Soy virgen.

Lucas procurou conter a risa. Claudita mirouno cuns ollos de absoluta

sinceridade.

— Se lo juro.

Volveulle meter a lingua no estómago. Lucas deslizou a súa man na

entreperna de Claudita “Vaites! Pois é muller, é!”

5

— ¡Y estoy harta de ser virgen!

CARLOS G. MEIXIDE

O tango rematou. Claudita separou o seu corpo do de Lucas para miralo

de fite.

— Sintoo, bonita. Pero eu marcho. – Lucas recolleu o gabán e tomou o

camiño da porta.

— ¡No lo hagás, por favor! ¡No me dejés así!- Por un momento toda a

dureza de Claudita parecía derreter.

— Adeus, Claudita.

— ¡No, no te vayás!

— Que si, que si, que marcho.

— ¡Se lo contaré a mi viejo, hijo de puta!- Claudita rompeu en chorar.

Enfiou un cento de maldizóns contra Lucas que escapou correndo cara

a porta.

Ás seis corenta e cinco a.m. Lucas confirmou unha vez máis que a cama é o

mellor invento da Historia da Humanidade.

O HOME INÉDITO

Capítulo 20

— Así que escribes poesía...

— Si. Inténtoo, polo menos.

— ¡Buh, neno! Tú siempre fuistes muy listo. Ya me acuerdo yo que en la

escuela escribías poemas de coña pa meterte con los profesores y tal

¿que no? ¿Y ahora qué tipo de poesía haces?

— Queres que che recite?

— Buh, venga. Yo no chano nel de poesía, pero...

— Escoita

Polo mar e alén do mar

Fuxindo da realidade

Aló vai o calamar.

— ¡Buh!

— Que tal?

— ¡Me moló! No chano mucho, ya te dije. Entonces no te los puedo valorar

como la peña de Santiago ¿entiendes? Yo te voy decir siempre así: me

moló/no me moló ¿entiendes? Y me moló. No entiendo mucho el

significado pero está chachi, joder.

— Si?

— Que sí, que me moló.

CARLOS G. MEIXIDE

— Pois este é do primeiro poemario. Logo teño outro sobre a Muralla

Chinesa como símbolo de beleza, como límite ou porta do desexo,

como metáfora do inalcanzábel.

— ¡Bute, neno, qué guai!

— E ti que, Oscar, a que te dedicas?

— Pues ya ves. Chollando en el taller como un cerdo y después los sábados

bajo hasta los Castros a fumar unos lirios con los colegas de tranqui

¿sabes? Y después si tal a tomar unas copichuelas al Orzán pa vacilar

chorbitas. Aunque ahora la verdad es que estoy pillao con una já de mi

calle y ya no vacilo tanto. Ya me doy el lote con ella, ¿que no? ¿Y a ti no

hay ninguna já que te mole en Santiago?

— Non.

— Alguna tendrá que haber...

— Home si, pero...

— ¿Como se llama?

— Laurita.

— ¿Y qué tal?

— É moi simpática.

— Ya, joder, pero ¿me entiendes? No me refiero a eso.

— Pois non entendo que queres dicir.

— ¡Lucas, neno! Si está buena...

— Si, claro. É moi guapa.

— ¿Pero tiene buenas bufas?

— Pois si. Ten moi boas bufas pero ese non é o caso.

— Es que me da que no te la tiraste...

— Pois se cadra non.

— ¡Pero tú a qué andas! Si estuviera yo en Santiago con la de chorbitas

que hay... buh, neno... Por cierto, el otro día estábamos tomando unas

copitas en el Orzán y sabes a quien vimos?. A Vanessa Naya. Aquélla

que te molara un tiempo. Pues me preguntó por ti.

— E que lle dixeches?

— Pues que no se te ve el pelo. Que pasas el día en Santiago. Que ahora

O HOME INÉDITO

te dio por hablar gallego y movidas así y ella me preguntó si estabas

haciendo periodismo y le dije que sí y entonces dijo que joder, que ya

se te veía que eras muy listo porque esa carrera es muy difícil que piden

mucha nota pa entrar pero que a ti ya se te veía que te molaba escribir,

y no me acuerdo que más. Teníamos los dos un pedal guapo, neno...

Pero oye, que llevaba la Vanessa unas botitas blancas y una tremenda

minifalda ¿sabes qué te digo? Así con unas medias negras y una blusita

medio abierta y un top que le vi el canalillo hasta el chocho casi... Buah,

eso, que llevaba un ciego que tampoco me hagas mucho caso.

— Seguro que tes razón. Mira. Pásame aí La Voz de Galicia.

— Vale. Oye, que está muy bien este periódico ¿que no? En mi casa se

compra siempre. Trae mazo información de Coruña.

CARTAS AL DIRECTOR

CÓMO HEMOS CAMBIADO

Tengo una perrita llamada Ternura. No fue difícil bautizarla, pues sólo

tuve que mirarla a los ojos. El otro día bajé con ella a dar un paseo por

la zona de La Cubela y me encontré con una vieja amiga del barrio

a la que hacía muchos años que no veía. Nos alegramos mucho del

encuentro, -Ternura movía el rabo- y hablando hablando nos dimos

cuenta de cuánto había cambiado la ciudad objeto de nuestro paseo.

- ¿Te das cuenta -me dijo ella- de que antes aquí, donde está El Corte

Inglés, había un solar de gitanos?

-Es cierto.- Respondí yo sorprendida pues no me diera de cuenta.

- Y mira ahora qué diferencia. Con esto del Corte Inglés cuánto mejor

no estamos –gesticulaba mucho pues esta chica fue siempre de mucha

gesticulación-. Y aparte de todo lo que se edificó después. Mira una

cosa. Yo creo que hoy en día La Coruña es la ciudad más bonita de

España.

0 CARLOS G. MEIXIDE

- Santander también es muy bonita- le dije yo pues allí había ido con

mi marido hacía años.

El caso es que entonces empezamos a repasar la de cosas que habían

cambiado en La Coruña y nos dimos realmente cuenta de lo guapa

que se había puesto. Hasta mi perrita Ternura decía que sí con su

cabecita. Y la cuestión es: ¿es que este lifting que se le ha hecho a la

ciudad no tiene un nombre propio? Pues sí que lo tiene. He leído en

su periódico como hay ya varias asociaciones que están promoviendo

que se le ponga el nombre de una calle, una avenida tal vez sería

más justo, al mejor alcalde que hemos tenido desde Alfonso Molina.

Desde luego mi amiga y yo nos fuimos inmediatamente a firmar e

incluso Ternura levantó la patita pero no la dejaron firmar. Y es que

¡cuánto no hemos cambiado para mejor.

FINOLA G.

LA CORUÑA

— Buh, neno. Mira que lees. Yo no soy capaz.

O HOME INÉDITO

Capítulo 21

Nunca soubo Mi-Hee das aventuras amorosas de Lucas, ou mellor dito,

dos accidentes amorosos de Lucas. Non se trataba en absoluto dunha

persoa suspicaz, máis ben o contrario. Era capaz de tragar as desculpas

máis inverosímiles sen perder o sorriso nin mover músculo da cara. Será

porque nunca desconfiaba das verdades dos demais, era imposíbel cachala

nun renuncio ou nunha mentira. A súa franqueza era demoledora. Lucas

nunca vira cousa semellante. Un día preguntoulle a Inácio se Sun-Young era

sincera con el.

— Porquê? É que você sabe alguna coisa que eu desconheça?-

retrucáralle irritado?- retrucáralle irritado.

— Non, Inácio. Non me refiro a iso

— Então?

— Ó que me refiro é se Sun-Young é unha persoa sincera, se sempre

che di a verdade ou se, pola contra, notas ás veces que che está a

ocultar algo.

— Ah! Não sei... é como todas. Às vezes diz verdades que doem, outras

vezes cala...

1

2 CARLOS G. MEIXIDE

— Abóndame con saber iso.

O que Lucas quería comprobar era se todas as coreanas eran igual de sinceras

por un rasgo cultural compartido ou se, pola contra, esta suposición era

unha parvada que nada tiña que ver e Mi-Hee era sincera porque si, porque

lle petaba, porque lle daba a gana. “Parece mentira, Lucas, que a estas alturas

do século XXI aínda caias na tentación de estúpidas teorías etnicistas para

explicar o comportamento da xente!”, lamentábase de contado. “Aínda que

tamén é certo que mentres as utilices para ben non deberas preocuparte.

O malo sería que pensaras que todos os coreanos son insinceros. Así si

que estarías prexulgando en negativo. Pero se prexulgas para ben... estarías

prexulgando en positivo, pero prexulgando a fin de contas...Uf, que

complicada é a democracia!”

Co paso do tempo decidíronse a vivir xuntos nun ático pequeno pero

xeitoso de Brooklyn. A convivencia fluía. Nunca imaxinara Lucas que

chegaría a vivir algun día con outra persoa en tanta harmonía. Decote ían

ao cinema, ou ao teatro, ou ás librerías de vello e pasaban a tarde tan felices.

Á noite, para aforrar, quedaban na casa, vendo a televisión ou entregándose

con gusto ao acto sexual, cuxa frecuencia esmorecera o lóxico trala fogosa

paixón dos comezos pero seguía sendo máis que considerábel, moi por riba

da media. Si, si.

— Ti cres que haberá unha parella tan namorada coma nós en toda

Nova Iorque?- preguntáballe seguido Lucas a Mi-Hee. Daquela ela

deixaba por un momento de comer Pringles e concentrábase toda.

— Não sei. Eu acho que não.

— Eu acho que tampouco, corazón. E mira que me fixo nas parellas

que vexo por aí, mesmo nos parques, e nos casos que coñezo e... de

verdade, penso obxectivamente – e dicíao totalmente en serio- que

non hai parella máis namorada ca nós en todo Nova Iorque. Nin en

Nova Iersei ou Connecticut se me apuras.

O HOME INÉDITO

— Com certeza, pequeninho. MUPPPPCHS

— MUPPPPPCHS.

Unha tarde de domingo estaban na casa vendo Doutor Zhivago,

estomballados no sofá . Durante un corte publicitario Lucas botoulle un

vistazo á prensa.

— Viches isto, cariño?

— O quê?

— Unha discoteca de Manhattann organiza un concurso para ver que

parella se dá o bico máis longo. A parella gañadora terá un premio

de 1.500 dólares, estensíbeis a 3.000 no caso de superar o record

Guinness que está na actualidade establecido en dezasete horas

trinta e dous minutos e doce segundos.

Mi-Hee incorporouse dun chimpo do sofá.

— Inscrevemo-nos?

— Estás tola?

— Não. Há-de ser lindo. Nós sempre damo-nos beijos muito longos.

Seguro que ganhamos.

— Que non é unha broma, Hee! Que a estas cousas vanche parellas

moi preparadas que están aí dalle que dalle co mesmo bico varias

horas, que acaban coa lingua enxoita!

— Não há ser difícil se treinamos.

— Mais haberá que adestrar moito Porque esta xente por onde respira?

Polo nariz?

— Claro

— Uf, non sei que che diga, corazón! Non me vexo eu moi

preparado!

Mi-Hee axionllouse diante de Lucas.

CARLOS G. MEIXIDE

— Por favor, por favor, por favor!

— Está ben! Apuntémonos! Que perdemos? O caso é pasalo ben, ou

non é?

Celebrárono bicándose durante varios minutos no sofá co Tema de Lara de

fondo.

Preparáronse arreo. En primeiro lugar, decidiron enfundarse en roupa

deportiva para estaren máis cómodos. Bebían un vaso de auga ou dous,

prendían o cronómetro e ¡hala! a bicárense até non poder máis. Ensaiaron

distintas técnicas de respiración nasal, de coordinación de movementos e,

sobre todo de economía de esforzos.

— Mellor será non usar a lingua demasiado, por non dicir nada.- opinou

Lucas moi profesional.

— Sim, já entendo. É um esforço desnecessário. Mas eu quero ganhar e

dar espectáculo- respostoulle Mi-Hee con expresión de pillabana.

A medida que se achegaba o día D regularon rigorosamente as comidas e

mailas horas de sono para chegaren nas mellores condicións. Cumpriron

escrupulosamente unha rigorosa táboa de exercicios físicos. Empezaban a

sentir a presión da responsabilidade.

— Temos que gañar amor. Como sexa - balbucía Lucas entre abdominal

e abdominal.

— Sim, gatinho, mas o importante é participar.

— O carallo! Como non gañemos poderemos consideralo un rotundo

fracaso. Ou é que non somos a parella máis namorada de todo o

Estado de Nova Iorque?

O concurso tiña lugar nunha espectácular macrodiscoteca do East Side.

O HOME INÉDITO

Entraron sorrintes, da man. Lucas axiña pareceu desconcertado. Achegáronse

a un marulo con pintas de ser o garda de seguridade.

— É aquí o concurso de bicos?

— Yes, mister.

— E o resto da xente?

— It´s very early yet, mister.

Mi-Hee riu.

— Eu já lhe disse meu amor que era muito cedo, mas você estava em

pulgas para vir.

— Home, corazón! Empezan nunha hora! Hai que coller as acreditacións,

terán que explicar o regulamento, dar un tempiño para practicar

antes... en fin, parecíame prudente vir con tempo pero xa vexo que

non era tan necesario! Non sei eu se isto será moi serio! En Galicia

non se habían facer así as cousas, á patachá! Ou se cadra si. En todo

caso, non é xeito de facelas.

— TCHHHHS! Não começa a rosmar, meu amor.

— Non empeces, non, Mi-Hee! Teño razón! É que ti ten en conta que

xa me puxeron nervioso con esta historia e, queiras que non, é unha

circunstancia que nos pode perxudicar!

— Ah, que ´iquinho. Tá ne´vosinho, meu amo´.

Pouco a pouco foron chegando o resto das parellas participantes.

— Mira- díxolle Lucas a Mi-Hee ao oído entre risas- Eses son homes

os dous. Tamén como nos gañe unha parella de gays!

— Não tem grâcia, Lucas- Mi-Hee era notoriamente moito máis

moderna á hora de entender con normalidade os avances sociais.

Restaban apenas cinco minutos. Un speaker baixou á pista de baile, micrófono

5

CARLOS G. MEIXIDE

en man e explicou as normas do concurso. Penado separar as bocas ou bicar

sen amor. Moitas grazas a todos e sorte, moita sorte.

— Lucas!- Mi-Hee apretoulle a man- Lucas!

— Que foi?

— Tenho vontade de...- fíxolle un aceno coas cellas- de... xa sabes.

— De que, corazón? Auga, queres auga?

— Não, caralho!Tenho vontade de cagar, meu!

— Cagar?Meu deus Mi-Hee!Non hai tempo! Faltan só tres minutos!

— Tenho que ir! É sério!

— Está ben. Apura. Unha cagadiña rápida.

Mi-Hee marchou correndo cara ao servizo. Lucas non podía cos nervios.

Ollou ao seu redor. Unha parella corentona e peculiar, el gordecho, moreno,

cun soberano mostacho e traxado de rosa cunha camisa verde escura e

garavata lila, ela cun vestido curto, tamén rosa que debeu recuperar do baile

de graduación pois era varias tallas inferior ás necesidades do presente,

mirárono con tenrura, facendo ámbolos dous un aceno coa cabeza. “ Vaia

putada” interpretou Lucas que querían transmitirlle.

— She´ll be back on time. Sure. Don´t worry- completou el con

amabilidade.

— Grazas.

— We are the present Montana State Champions. And you?- sorriu

ela.

— Only amateurs. “Cagho na cona que os pariu. Que carallo queren

estes mamalóns! Ser amábeis? Estanme entrando unhas ganas de

afostialos! Apura Mi-Hee, fai o favor!”

Are you ready? Preguntou o speaker. Yes, dixeron a coro os concursantes.

The final countdown starts right now. All together. Ten, nine, eight, seven...

os campións de Montana abrazáronse e desexáronlle a Lucas unha compasiva

O HOME INÉDITO

Good luck... six, five, four, I love you, dear, díxolle el a ela. ”Nada. Todo está

perdido” lamentouse Lucas “Cagho no aparato excretor feminino!”... three,

two, one... Non tivo tempo sequera para coller folgos. A man de Mi-Hee

prendeuno polo pescozo... zero!... e sentiu os beizos dela nos seus beizos

e unha mirada que quería dicir “Nunca mais desconfies de mim nin me

maldigas, gatinho”.

Baixaron a luz e puxeron o CD das mellores baladas da Historia. Aos dous

minutos comezaban a producirse as primeiras baixas entre as máis de cen

parellas concurrentes.

Ás dúas horas só quedaban tres parellas de baile: a parella gai, os campións

de Montana e Lucas e Mi-Hee.

— Estou muito cansada – dicíalle Mi-Hee coa mirada.

— Temos que resistir. Pouco falta para conseguilo- respostaba Lucas

tamén coa ollada.

A compaixón dos campións de Montana tornárase carraxe. Non aturaban

que aqueles dous amateurs puxesen en entredito o seu liderádego. Decote,

aparentando bailar, achegábanse canda eles e cravábanlles o cóbado para

forzar un lamento que esixira a separación das bocas.

Tres horas. A parella gai decide abandonar. O público ovaciona. Mi-Hee e

Lucas están extenuados máis deciden seguir como sexa. Non soportarían a

victoria dos campións de Montana.

Tres horas e media.

— Non posso mais, meu amor – Os ollos de Mi-Hee piden papas.

— Resiste, Hee, polo que máis queiras.

CARLOS G. MEIXIDE

Catro horas. As pernas da campiona de Montana flexiónanse a cada pouco.

“Están acabados. Non aguantan” A Lucas bátelle no papo.

Catro horas e catro minutos. O nariz de Lucas empeza a tremer de xeito

sospeitoso, os ollos tornánselle vermellos, comezan a pingarlle gotóns de

suor pola fronte. Que foi? A mirada de Mi-Hee interrógao preocupada.

Un murmurio invade a discoteca. A Lucas escápaselle unha bagoa. Nun

espasmo separa a súa boca da boca de Mi-Hee. Esbirra. Un grupo no

público que leva unha pancarta coa lenda: “Go ahead Mike and Annie.

Love always win!” estoura nun clamor de victoria. Mike e Annie, que así

se chaman pois os campións de Montana, exultantes, fan o paripé durante

medio minuto e separan tamén os seus beizos. Mike faille un xesto co brazo

a Lucas notoriamente despectivo, como aquel de González ao pararlle o

penalti a Djukic. Deses que sentan moi mal.

“Por un maldito ácaro!” pensaba Lucas. “Por un maldito ácaro!”

Mi-Hee pásalle a man pola cabeciña.

— Não foi nada, gatinho. É um jogo. Não é preciso chorar!

— Estaba gañado! Perdimos pola miña culpa! Non teño perdón!

— Claro que tens.

— E o pior é que gañaron eses mamalóns do carallo que non se me

poñan diante que...que...que... estou moi quente, hostias!

— Tranquilo, Lucas. Deixe-os ir. Tanto faz. São de Montana. Nós

seguimos sendo o casal mais apaixonado de Nova Iorque.

O HOME INÉDITO

Capítulo 22

— Come máis.

— Xa non podo máis, mamá.

— Non comiches nada.

— Como que non, mamá!O que pasa é que se me fas unha chuleta e

logo aínda por riba dous toros de merluza é lóxico que chegue un

momento no que teña que dicir basta!

— Pero se eran dous toricos de nada.

— Dous toricos? Carallo! Como serán para ti dous toróns, mamá!

— O que pasa é que ti non fuches nunca moito de peixe.

— Si que son, mamá, pero cada cousa ten o seu momento. Se como

peixe, como peixe, se como carne, como carne. Pero comer o peixe

despois da carne!

— Pois aínda quedan as filloas.

— Hai filloas?

— Si, fixen unhas pouquiñas, como sabía que viñas....

— Unhas poucas! Esas que vexo aí son as que dis ti que son unhas

poucas! Mi má! Pero se hai un monte delas!

— Ben as comes!

— Claro que as como, mamá. Pero logo non me veñas con que non

100 CARLOS G. MEIXIDE

collo na roupa. Como vou coller!

— Eu non sei se non andarás ti enguedellado por algunha cativa

que ultimamente moito repugnas da comida. Achicóuseche o

estómago.

— Mamá, ho! Non digas parvadas.

— Achicóuseche si, que ben te conozo eu que son a túa nai.

— Pois estás equivocada.

— Non, ho! Anda que non me fixo eu que ultimamente non vés á casa

máis que de partido en partido do Deportivo. Iso é porque tes unha

novieta por aí por Santiago.

— Dálle!

— É certo, Lucas? Sacaches moza por fin?

— Ti tamén, papá!

— Como se chama?

— Iso, iso, como se chama?

— Como é?

— En que traballan os pais?

— Xa está ben, hom! Ídesme amargar as filloas.

— Por certo, cariño. Están exquisitas.

— A ti si que chas vou ter que quitar do prato, lambón. Non ves que

son para o neno?

— Un día é un día.

— Si, claro. E ben que o aproveitas.

— Homé.

— Pois si que están exquisitas, mamá.

— Leva se queres a Santiago.

— Se cadra unhas poucas...

— E dallas a probar a Laurita.

— Vale. Pódese saber por que me chiscas o ollo?.

— É Laurita, ou non?

— Ti, mamá, montaste unhas películas...

— Laurita é aquela das tetas grandes...?

O HOME INÉDITO

— Papá, por favor!

— Si, é aquela. Sodes mozos?

— Négome a responder.

— Si que é, si. Ben o sei eu.

— Sabes ti moito...

— É limpa?

— Limpirma.

— E é ordenada?

— Ordenadirma.

— Pois podías traela algún día.

— Que non teño moza, hom. Xa está ben.

— Anda, anda... Non intentes enganar a túa nai.

— E se cadra non ten. Por min mellor. Que estudie.

— Va que si, papá?

— Ai, por min tamén, pero as cousas como son!

— Pois son como son, que non doutra maneira.

— Vale. Como ti queiras, meu rei.

— Ea.

— Ea, logo.

— E xa marchas agora despois de comer?

— Si.

— Cómeme ben por aí.

— Tranquila.

— E non te emborraches.

— Vale.

— Ai, que guapiño nos saíches!

— Normal sendo fillo de quen son.

— Di que si, meu rei.

101

102 CARLOS G. MEIXIDE

Capítulo 23

-Se o meu namorado de Seúl soubesse o que vocé me faz cada noite

mata-lo-ia.-

Lucas acabara esquecendo aquela frase que durante uns meses o sumira

nun profundo desconcerto até que un día, ao chegar do traballo, bateu

cun coreano baixiño e sorrinte, coa camiseta do Madrid de Zidane,

comendo panchitos tan pracidamente na mesa camilla da sala de estar.

“Ola” acertou a balbucir Lucas. O coreano respostoulle cun aceno coa

cabeza e unhas palabras incomprensíbeis en coreano.

— Gústanche os panchitos?

Mi-Hee apareceu dende o baño.

— Olá, Lucas.

— Olá, meu amor.- Lucas remarcou o “meu amor”, ollando

despectivamente o zidane, para marcar o seu territorio.

— Ele é Kim, o meu namorado de Seul. Acho que já lhe falei del alguma

vez- Que Mi-Hee estaba a pasar un mal rato era algo que non se lle

escapaba nin sequera a ollos tan torpes como os de Lucas.

O HOME INÉDITO

— Si Unha vez exactamente.

Mi-Hee presentounos formalmente. Kim incorporouse para lle dar a man a

Lucas. Sentaron os tres á mesa camilla. Observáronse curiosos, en silencio,

durante medio minuto aproximadamente.

— Acendemos o televisor? É que Kim quer saber como é a televisão

americana. Gosta muito da televisão.

— Moi ben.

Prenderon o aparato e continuaron en silencio por uns cantos minutos

máis. Kim miraba para a tele con curiosidade. Nun momento determinado

virouse cara Mi-Hee e díxolle unhas palabras en coreano. Mi-Hee traduciulle

a Lucas.

— É que lhe contei que você trabalha num canal de futebol e que é

muito fã e isso, e quer saber se viu jogar alguma vez o Real Madrid

ao vivo.

Lucas respostoulle afirmativamente cun leve aceno coa cabeza. Kim

pareceu emocionarse e comezou a falar sen parar, xesticulando coas mans

ostensiblemente e simulando, de cando en vez, que remataba un balón

franco na área.

— Ele diz que gosta muito do Madrid. Que é a sua equipa favorita. Que

gosta muito de como o Zidane baixa a bola, da habilidade do Figo,

da inteligência do Raul, de como xuta o Roberto Carlos... Diz que o

seu sonho é ver jogar ao Madrid no Bernabeu.

— Si? Pois dille que a min me importa un carallo. Que son do Deportivo

e que me doe a cabeza demasiado como para ter que aturalo.

— Não seja assim, Lucas. Ele não tem culpa de nada.- Mi-Hee estaba

visiblemente apesarada. – Quer que falemos os dois só?

10

10 CARLOS G. MEIXIDE

— Si

— Tá bem.

Mi-Hee contoulle algo en coreano a Kim. Pola linguaxe xestual

poderiamos entender algo así como que Lucas estaba mal, que lle doía a

cabeza e que ían un momento á cociña a ver se atopaban algunha aspirina.

Que non se preocupara. Que logo volvían. Que quedara tranquilo vendo

a televisión. Kim respostou que si coa cabeza e, virándose cara a Lucas,

díxolle cun chisco do ollo “Cúrate campeón”.

Xa na cociña, Mi-Hee apoiouse no mesado e botou un suspiro dende

o máis fondo da alma. “Tanto rasgo cultural compartido e tanta caralla!

Mente coma todos! Esta non lle dixo nada ao Zidane do carallo de que

estamos xuntos. Que pretende?” Todo o mundo de Lucas derrubárase

no simple feito de cruzar a porta da casa.

— Estás zangado Lucas?

— Si.

— Muito?

— Si.

Mi-Hee tentou debuxar un sorriso e cantou coa voz baixa.

— Pelotas é un estado confederado que hai no Brasil

Meu tio que é brasileiro baila en Pelotas no mes de Abril.

— Non estás riquiña.

Mi-Hee tornou á seriedade outra volta

— Tá bem. Tem que me perdoar, Lucas. Ele apareceu assim, de repente.

Ele não sabe nada. Nunca me atrevi a lhe contar e, agora, com ele

aqui, menos ainda. É a primeira vez que minto. Disse a ele que você

O HOME INÉDITO

era o meu companheiro de apartamento. Até lhe disse que era gay

para evitar que suspeite de qualquer coisa.

— ¿Como?

— Já sei que fiz uma parvoíce mas não me atrevi a defraudá-lo. Está tão

contente/esperançado! É a primeira vez que sai da Coreia. Poupou

muito tempo para poder pagar a viagem. Que quer, Lucas? Que lho

diga assim? Você gostaria que lhe fizessem igual? Já sei que tudo

isto tem que resultar muito incômodo para você, mas lhe peço que

me conceda uns dias para solucionar isso. Cinco dias, que vai ser o

tempo que ele vai passar aqui.

— Solucionalo como?

— Não sei, Lucas. Não quero mentir duas vezes, não. Devo reconhecer

que ao ver o Kim outra vez, senti algo por ele que me fez duvidar

da nossa relação. Se eu pudesse amar duas pessoas ao mesmo tempo

tudo seria mais fácil mas... não sei. Me deixa estes cinco dias para

pensar.

— Non me digas iso Mi-Hee.

— Não posso lhe dizer outra coisa, meu amor.

Mi-Hee pasoulle a man pola cariña. “Se pudesse amar duas pessoas! Hai

que foderse”. Lucas notou que empezaba a incubar unha depresión de

cabalo. Ignoraba se sería capaz de aturar cinco días naquela incerteza.

Por un momento rondoulle a cabeza a idea de que aquela situación era

inaceptábel para un home coma el. Que a mellor solución era tomar o

touro polos cornos nun acto de gallardía e mesmo de galantería e dicirlle

claramente a Mi-Hee que xa podía aforrar as dúbidas. Que marchara co

coreano. Que un home coma el era maduro de máis para esa caste de

xogos. Que a amaba, certo era, e que o apenaría romper aquela relación,

pero que entendía que sería o mellor e que polo tanto había que facelo

canto antes. Un home coma el? Ou un home a secas? Porque un home

coma el sabía de sobra que agardaría os cinco días que lle pedira Mi-Hee

e máis se máis lle tivese pedido, sen tomar outra determinación que lle

105

10 CARLOS G. MEIXIDE

rezar ao deus dos agnósticos para ter sorte, procurando non se poñer

nunca no pior e chorando desvelado todas as noites. Un pelele, a fin

de contas. E o que máis medo lle daba non era tanto perder a Mi-Hee,

como perdela cun tipo que comía panchitos e levaba a camiseta do Real

Madrid de Zidane. “O maldito fútbol outra volta”.

Aqueles cinco días foron, en realidade, un pesadelo de 120 horas. O único

que ignoraba formar parte daquela mascarada era Kim, enganchado

aos Teletubbies e que cada vez que podía collía a Lucas por banda e

soltáballe un monólogo en coreano salpicado a cada tanto por palabras

recoñecibles: Figo, Laul, Lobelto Calos...

Contoulle ao Inácio a situación na que se atopaba. O Inácio rompeu a

rir.

— Não me diga isso. Mas isso é muito bom. É piada. Parece um

concurso desses da televisão. Está nomeado meu.

— Paréceche gracioso?

— Muito.

“Amigos para isto!” pensaba Lucas. A situación tornóuselle tan insoportábel

que chegou a afectar ao seu quefacer cotián. Unha tarde retransmitindo un

Athletic-Real Madrid non puido reprimir todo o rancor acumulado contra a

camiseta branca de Kim e celebrou un gol do Athletic do seguinte xeito.

— Centra Etxeberría, Urzaiz de cabezaaa y GOOOOOOOOOL.

GOOOOL del Athletic. A joderse hijos de puta. A joderse! Más

que os tenían que caer, mamalones, hijos de puta.

Na casa, á noite, o ambiente respiraba unha tensión insoportable. Lucas

enchía autodefinidos para intentar afastar o malestar da chola. Kim non se

afastaba da televisión mentres que Mi-Hee ollaba para un e outro, coma

O HOME INÉDITO

quen mira un partido de tenis de peloteo interminable. Nunha ocasión

achegóuselle Mi-Hee cun lápiz e un papel.

— Pode me responder a uma questão?

— Dime.

— Escuta com atenção. Tem um compromisso profissional inelidível,

mas recebe uma chamada da sua namorada dizendo que está doente

e que necessita urgentemente da sua companhia. Você que faz: A)

Decide que não há compromisso mais inelidível que estar com

a pessoa que ama, pelo que deixa tudo e vai ao pé da sua cama;

B) Lhe preocupa o estado da sua namorada mas considera que o

compromisso é verdadeiramente inelidível pelo que acode mas

decide lhe comprar um presente para compensar a sua ausência;

C) Acode ao compromisso profissional e fica zangado com a sua

namorada pelo seu egoísmo.

— Estás en serio, Mi-Hee?

— Sim. Me ajude por favor. Não é fácil decidir-se. Preciso saber certas

coisas que ainda não conheço de vocês para tomar a decisão mais

ajeitada. Não quero me arrepender um dia.

“Estas nomeado” Non lle faltaba, no fondo, razón ao Inácio. Aquilo non

era máis que un xogo humillante. “Pero se é un xogo, está ben. Imos xogar”

razoou Lucas.

— A resposta A, meu amor. Acudiría de contado ao pé da tua cama.

Non ves que te quero máis que nada no mundo.

— Obrigado, Lucas.

Mi-Hee anotou un risco no papel e foille coa mesma pregunta, agora en

coreano, a Kim Zidane.

Faltaba un día só, un día coma un século para coñecer a decisión de Mi-

10

10 CARLOS G. MEIXIDE

Hee.

Capítulo 24

— Estás seguro de que son bos, Ramón?

— Que si, Lucas. Dixéronme uns amigos que son o mellor duo cómico

de Santiago. Seica son divertidísimos.

— É como dis que se chaman?

— Lijó & Meixide.

— Vaia nome, non?

— Si, sinxelo pero sonoro. É que se apelidan así. Un Lijó e o outro

Meixide.

— Pois a ver logo se botamos unhas risas. Cando menos parece que

teñen capacidade de convocatoria.

— Si, si. Enchen sempre. Son un dúo de culto.

— Pois a posta en escena non parece moi traballada.

— É que o seu forte é a palabra. Disque fan humor intelectual.

— Si?

— Si. Así como cho digo.

— En todo caso, mira. Se non nos gustan sempre podemos mazarnos.

É o bo que teñen as actuacións nun pub.

— E que o digas. Mira. Aquel non é Macías. O teu “ineditor”.

O HOME INÉDITO

— É certo. Agarda. Vou falar un momento con el.... Macías! Ei,

Macías!

— Hostias, Lucas! E ti por aquí? Tamén es fan de Lijó & Meixide?

— Non sei. Nunca os vin. Dixéronme que son moi bos.

— Son xeniais. Están como chotas carallo. Eu sempre lles digo. “A

ver cando me escribides un libriño de diálogos, que co graciosos

que sodes habíamonos facer ricos todos” pero non queren, carallo.

Sonche un pouco divos, pero graciosos até dicir basta.

— Carambas! Xa teño ben ganas de velos. Mira unha cousa. Escoita

este poema: “Coma mongoles ao redor da muralla /acatamos a lei

da rotonda / dar voltas e voltas para dicir o que sentimos”. Que che

parece?

— Moi ben. Dan voltas e voltas á rotonda. Claro. Moi divertido.

— Non cres que se o engadimos ao que xa viches, dá para un libriño?

— Agora non sei, hom. Chámame un día e mirámolo. Mira. Xa saen.

Xa empezan.

— Daquela heite chamar, Macías. Volvo para o meu sitio.

— Vale.

— E que?

— Nada. Eu con este non publico na vida.

— Ti tranquilo que algún día...

— Entón son eses?

— Si. O gordiño é Lijó e o dos dentes mal feitos Meixide.

— Grazas, grazas. Non aplaudades tanto. Somos Lijó e Meixide, Artistas

en Xeral. Convertemos a high cult en mass cult. Había moito que

non viñamos a Galicia. Non é doado ser profetas neste o noso ermo

intelectual. Se vos parece ben imos empezar coa canción que nos

fixo famosos en Zurich e Buenos Aires: “Viva Zúrich e Viva Buenos

Aires”.

— Siiiiiii. VIVAAA.

“Viva Zúrich”.

10

110 CARLOS G. MEIXIDE

Viva Zúrich e Viva Buenos Aires

Viva Zúrich e Viva Buenos Aires.

Que Zurich está en Suíza

Haiche moita pedra caliza

Buenos Aires en Arxentina

Como a miña tia Fermina

TODOS

— Viva Zúrich e viva Buenos Aires

Viva Zúrich e Viva Buenos Aires

— Pois si que son divertidos.

— A que si?

— Teñen un humor moi parecido ao meu.

— Si, agora que o dis. Pero non compares.

— Non, hom. Tampouco son tan pretencioso.

— Fixácheste como todo dios sabe as letras? É unha pasada. Hai un

antes e un despois do humor en Galiza grazas a estes tipos.

— Si que son bos, si.

— A DOS ESCRITORES! A DOS ESCRITORES!

— Está ben, ESCRITORES.

— EHHHHHHH! VIVA! VIVA

A! B! C! D! E!

Sen dúbida, leo a Nerúbida

Por Deus, leo a Galdeus

Evidentemente, leo a Benavente

Que carallo, leo a Echegarallo

— Eu non quería e fixen unha greguería

Eu non quería e fixen unha greguería.

Son, son

O HOME INÉDITO

-...Son

Ramón

Gómez de la Seeeeerrrrrna

— BRAVO! FFFFIIUUUU!! OOOUUTRA, OOOOUUUTRA!

— Hostias, que graciosos son!

— Xeniais.

— Abofé.

— O Meixide amitáseche algo

— Que dis, hom?

— Si. Algo si, fisicamente.

— Que non, hom.

— Pois eu penso que si.

111

112 CARLOS G. MEIXIDE

Capitulo 25

Lucas recibiu unha chamada de teléfono. Claudita pedíalle que se achegase

até o hospital. Oswaldo quería falarlle.

“O que me faltaba” Era o día D. En seis horas Kim Zidane había coller

o avión de volta para Seúl e a Mi-Hee esgotábaselle o prazo para tomar

a decisión fatal. O contratempo de ter que visitar a Oswaldo, con todo,

axudouno a esquecer a preocupación que de verdade o tiña turbado.

Oswaldo agardaba sentado na cama, almorzando.

— Hola, Lucas, ¿Cómo va todo?

— Ben, señor.

— ¿Querés?- ofreceulle un anaco de pan integral- Esta mierda de

comida mata al más sano de los mortales.

— Non, grazas. Que desexa?

— Deseo hablar con vós de un asunto de suma importancia.

— Vostede dirá.

— Mejor esperemos un minuto.

O HOME INÉDITO

Abriuse a porta e o cuarto inundouse do cheiro do tabaco. Entrou,

obviamente, Claudita. Mirou para Lucas. Chiscoulle o ollo. Apañou unha

cadeira e ofreceulla mais Lucas rexeitouna. Remexeu no peto do traxe

até bater co paquete de Marlboro. Entrou o médico. Desta volta non se

escandalizou polo hábito fumador de Claudita senón que mesmo lle ofreceu

lume. Prendeu o pito. O médico retirouse.

— ¿Lo vio? Lo tengo entrenado.

— Xa vexo.

A situación resultaría do máis insólita para Lucas en condicións normais.

“Que diaños pretenden estes de min agora?” tería pensado de non estar

absolutamente ido, absorbido polo que realmente o preocupaba naquel

momento: a inminente decisión de Mi-Hee.

— ¿Y entonces está todo en orden en el canal? – preguntou Oswaldo

mentres limpaba a boca coa pano das mans.

— Perdón?

— ¿Si está todo en orden en el canal?

— Si, señor.

Claudita non lle quitaba ollo. Sentada, coas pernas cruzadas e o cóbado

apoiado no xeonllo, absorbía o fume até consumir o pito en apenas unha

calada.

— Claudita ya me lo contó todo, loco.

— Si, claro.

“ Que digo! Todo? O que?” Lucas pareceu saír do seu ensimesmamento

e empezou a mergullarse naquela situación, descubrindo de súpeto toda

a súa extravagancia. “Que diaños pretenden estes de min agora!” Claudita

mirábao cun pérfido sorriso.

11

11 CARLOS G. MEIXIDE

— Ya se lo he contado todo al viejo, Lucas.

Volveulle chiscar o ollo. Oswaldo retirou a bandexa do almorzo a un lado e

procurou incorporarse na cama un pouco máis.

— Pues bien, Lucas. Ya estoy al tanto de sus pretensiones con respecto

a mi hija. Ya me ha contado como el otro día la invitó a cenar a

un buen restaurante y de qué manera la sedujo, así como pistas

sobre aquellas otras cosas que a buen seguro hicieron pero que

mi condición de padre prefiere ignorar- e aquí emitiu un paternal

sorriso que repugnou especialmente a Lucas.

Claudita non afastaba os seus ollos azuis de Lucas, apoiado na parede, a

piques de caer desmaiado, cun sorriso que insinuaba algo así como: “Vós a

mí no se me escapa”. Oswaldo tusiu e reanudou o discurso.

— Ejem. Son jóvenes y no les culpo. No les voy a contar ahora mis farras

de pibe. Simplemente sé que en muchas ocasiones, a estas edades, se

toman decisiones que tienen que ver más con la pasión que con el

sentido común. En todo caso, los conozco a ambos más que bien y

sé que son personas prudentes y responsables. ¿Qué pretendo decir

con ésto? Lo que pretendo decir es que en circunstancias normales

hubiese deseado hacer las cosas con más calma pero, dadas las

circunstancias y dada la confianza que vós, Lucas, me inspirás, y

sabiendo, sobre todo, de lo ilusionada y feliz que está mi Claudita,

les concedo el permiso para que se unan en matrimonio.

Oswaldo emocionouse notabelmente ao dicir a última palabra: “matrimonio”.

Claudita apagou o pito no chan, ergueuse da cadeira e abrazouse ao pai.

— Grazas papuchi.

O HOME INÉDITO

Ó Lucas falláronlle por un momento as pernas. Aquilo era demasiado cruel

e surrealista para ser certo.

— ¿Le comió la lengua el gato, loco? ¿Es que no va a decir nada?-

preguntoulle Oswaldo limpando unha bágoa que lle escorregaba

pola meixela.

Lucas pensou en fuxir. Mirou cara á porta pero alí estaba Claudita apoiada de

costas, pechando a saída, pasando a lingua de vagariño polo beizo superior,

sen afastar os seus ollos azuis dos de Lucas. Oswaldo, emocionado, arfaba

cada vez con máis intensidade, mais a Lucas parecíalle que era el o que

afogaba.

— Non... non...non...non... sei, francamente que dicir, señor.

— Estás nervioso cabrón. No te tenés que preocupar. Háblale con

franqueza a tu suegro.

— Penso que... en fin... aquí hai un malentendido considerábel.

— No existe ningún tipo de malentendido, Lucas-.Claudita prendeu un

novo pito.- ¿Querés?

— Si, por favor.

Fumou durante dous minutos en silencio. Oswaldo observábao co sorriso

na cara. Os ollos de Claudita eran unha ameaza de morte.

— ¿Y qué, carajo? ¡No nos tengas así.! ¡COF! ¡COF!- Oswaldo respiraba

cada segundo que pasaba con maiores dificultades.

— Señor... insisto.... non sei que dicir. Aquí ten que haber algún erro.

Non sei que lle contaría a súa filla pero... pero... é falso que eu a

desexe en matrimonio, señor. Isto é un terríbel malentendido.

Prégolle que me perdoe se o defraudo pero non teño máis remedio

que contarlle a verdade.

115

11 CARLOS G. MEIXIDE

— ¡Hijo de puta! ¡Eso no es lo mismo que me dijiste el otro día mientras

me trajinabas como una cerda, cabrón de mierda!- O Monstro que

non coñecía as emocións tornouse daquela nun ser absolutamente

temíbel. Oswaldo mudou radicalmente a expresión da cara e sufriu

un intenso ataque de tose que o situaba á beira do síncope.

Lucas estarreceu. Claudita, enfurecida, apañou da mesiña un xarrón con

flores e guindouno contra Lucas con todas as súas forzas. Pasoulle a

dous centímetros apenas. O médico entrou escandalizado no cuarto.

— What´s the matter? Are you crazy? Will I have to call the police?

Oswaldo afogaba ostensibelmente. Lucas aproveitou o barullo e escapou

correndo do cuarto.Sentiu o taconeo de Claudita a perseguilo polos

corredores. Un bisturí pasoulle asubiando a rentes da orella. O doutor

chamaba a berros pola policía.

O HOME INÉDITO

Capítulo 26

— Eh! Eh! Lucas! Espera!

— Si?

— Ola, Lucas. Déixame respirar un momento.

— Si, claro. “Que diaños quererá agora este de min?”

— Xa estou.

— Que queres?

— Quero falar contigo.

— Ti dirás, Anxo.

— Quería falar contigo sobre Laurita.

— (“Ui, que carallo”) E logo?

— Quería saber se falou algo contigo.

— Si, por suposto. Falamos todos os días.

— Pero se che falou algo sobre min.

— Non. Por que?

— Verás. Tenme un pouco preocupado. Non sei exactamente que é o

que pasa pero leva xa varios días que penso que me escapa.

— Si?

— Si. Chámoa para quedar e sempre ten unha excusa. Hai xa cáseque

11

11 CARLOS G. MEIXIDE

unha semana que non nos vemos. Empezo a temer que queira

deixarme. Ti sabes algo? Contouche algo sobre isto?

— Non, nada.

— Non sei. Dáme a impresión de que debe haber alguén polo medio.

Está comigo e non está conmigo. Sabes o que che quero dicir?

— Máis ou menos.

— Pois iso. Estamos moi ben, falando, rindo e todo iso... e, de supeto

véxoa distraída, coa cabeza non sei onde... iso ten que ser que hai

outro polo medio. A ti que che parece?

— Pode ser que teñas razón se é así como o contas (“E logo ese outro

non podería ser eu?”)

— Mira, Lucas. Cóntocho a ti porque considero que es un amigo e

como a ela a coñeces ben se cadra podes axudarme.

— Gustaríame pero... non sei como (“Así que son un amigo... andas ti

ben encamiñado...”)

— Agradeceríache moito que se notas algo mo contes, vale? A verdade

é que me dá un pouco de vergonza todo isto. É a primeira vez que

pido un favor destas características pero é que nunca antes sentira

que unha rapaza que me gustara tanto se me escorrera entre os

dedos. Por iso che pido este favor.

— Está ben.

— Grazas, tio. Ten razón Laurita cando di que es a mellor persoa que

coñece.

— (“Di iso? Vaites!”)

— Si. Tenche verdadeiro aprezo. Fala seguido de ti. Que se Lucas isto,

que se Lucas aquilo, que se pim que se pam...

— Non será para tanto!

— Que si, que si. Fala seguido marabillas de ti.

— Carambas!

— E con razón. Es moi amábel ao querer axudarme.

— Grazas.

— Sabes unha cousa? Paréceme que nunca antes me gustara ninguén

O HOME INÉDITO

tanto como Laurita. E mira que me gustaron centos delas! Pero ela

é especial. Estar con ela é... non sei... algo que non podo definir

con palabras... parece mentira, eh? Tan poetas somos e logo, cando

sentimos algo verdadeiramente importante non nos aparecen as

palabras. Snif!

— Non chores, Anxo!

— Perdón.

— Tranquilízate, anda.

— Si, claro. Snif!

— Así, Anxo. Xa estás mellor?

— Si, grazas. Snif! Sabes que vou todos os días á porta da facultade

para mirala pasar aínda que sexa só un par de segundos? Sabes que

ando seguido co teléfono na man non vaia ser que me chame e que

eu non me entere? Sabes que o outro día fixen a primeira pintada da

miña vida escribindo Laura te quiero?

— En serio?

— Si, tio. Xa a verás. En Vista Alegre. Ao lado do ximnasio. Fíxena

eu.

— Carai.

— Que estou moi pillado por ela, Lucas. Que teño medo de perdela.

— Xa vexo.

— Se che di calquera cousa sobre min chámame de contado, de acordo?

Agradecereicho sempre.

— Non teñas dúbida

— Es guai, Lucas.

— Ti tamén, Anxo. Xa verás como todo se arranxa.

— Grazas tio.

— De nada.

— Veña. até logo.

— Deica. (“Ai, que risas!Aínda vou ser eu!”)

11

120 CARLOS G. MEIXIDE

Capítulo 27

Faltaban tres horas para que Kim collese o avión de volta para Seúl. Mi-

Hee axudábao a arranxar as maletas. Lucas miraba a televisión, un partido

de béisbol, mentres cavilaba no que lle acababa de acontecer no hospital.

Escoitou rir a Mi-Hee e Kim, os dous xuntos, no cuarto. Mirou a través

da porta semiaberta. Rifaban coas almofadas das camas a gargallada limpa.

Prefería non mirar aquilo. Foi á cociña e comeu unha tableta enteira de

chocolate negro, logo os cinco bombóns de licor dunha vella caixa que

mercaran polo Nadal, máis tarde un grolo da botella de augardente da

avoa. Xogou a traer cara ao presente episodios felices do pasado. Non

foran moitos. Laurita aparecíase a cada pouco e a súa lembranza rompía

como unha burbulla de xabrón. “¡Ela era tan importante para min e eu tan

pouco para ela!”. A infancia tampouco achegara grandes capítulos no libro

da felicidade. “É un neno feliz o que escollen sempre de último á hora de

facer os equipos? Un neno que ten que pedir por favor para xogar?”. Por

último, a literatura, o seu soño adolescente, acabara sendo derrotada pola

frustración e a inconstancia. Mi-Hee. Con ela si que chegara a ser feliz, mais

agora dubida se poderá selo outra volta.

O HOME INÉDITO

— Oi Lucas, Que está fazendo? – Mi-Hee entrara na cociña.

Silenciosamente. É posíbel que mesmo parara un minuto cando

menos mirando para Lucas sen este sabelo. Lucas ollouna con ollos

de can abandonado, a piques de perder unha bágoa, coa botella de

augardente na man.

— Quérote, Mi-Hee! Non me deixes! – Lucas deu en chorar coma un

neno, cravando os ollos tristes nos de Mi-Hee primeiro, ocultando a

cabeza entre os seus brazos despois. Nunca antes así o vira Mi-Hee

e asustouse. Achegouse a el paseniño e acariñoulle o lombo.

— Não chore, pequenino. Não sei ainda o que vou fazer mas não quero

que chore, por favor. Me deixe três horas só e tomarei a decisão.

Mas não lhe quero ver chorando.

— Non quero que me deixes!- Lucas continuou chorando. Estivo así,

sen levantar a cabeza, suplicándolle a Mi-Hee case media hora. Mi-

Hee suspirou, encheu un vaso de auga da billa. Perdeu a ollada pola

xanela. Finalmente retirouse.

No taxi, camiño do aeroporto, só fala Kim. Lucas e Mi-Hee rumian un

fondo malestar. Lucas vai sentado no asento do copiloto. Conta coches

brancos para se distraer. Escoita que Mi-Hee rosma, baixiño, en coreano.

Polo espello retrovisor, ve como Kim tenta meterlle man por baixo da

minisaia. Mi-Hee afástalla desgustada.

No aeroporto toman un café.

— Kim tá perguntando se algum dia, quando vá para a Espanha, pode

contar com você para levá-lo a ver o Madrid.

— Dille que non.

— Tá bem. Mas vou-lhe dizer que si.

— Como queiras.

Mi-Hee tradúcelle a Kim. Este chíscalle o ollo a Lucas.

121

122 CARLOS G. MEIXIDE

— Diz que você é um cara legal. Que coides muito de mim.

— Vou mexar.

Lucas vai ao baño. Mírase no espello. Nunca se sentira tan vello. Lava a cara

mais o tempo pasado non desaparece. Volve.

Kim está chorando na mesa. Ten un chorar escandaloso. Impa cada dous

segundos un impo agudo, estridente. Mi-Hee, que tamén chora, mais en

silencio, acaríñalle o cabelo. Kim maldí, mira para Mi-Hee e nega coa

cabeza que aquilo poida ser posíbel. Pide explicacións. Mi-Hee move

a cabeza levemente, o mínimo para expresar o seu pesar mais tamén a

irreversibilidade da decisión tomada. Lucas non sente unha ledicia especial.

Pero si tranquilidade. Un oceano de tranquilidade asolágalle agora a alma.

Mantense a distancia. Quere respectar a intimidade do Zidane como lle tería

gustado que respectasen a del.

Mi-Hee incorpórase e apaña unha das maletas. Implóralle a Kim que o siga,

que o avión para Seúl xa logo sae. Kim érguese, carga coa outra maleta e

sen deixar de chorar, sen deixar de impar un só momento, sae da cafetaría

cara á sala de embarque. Lucas senta nun banco e prende un pito. Pasan por

diante del. Mi-Hee prégalle cunha cella que fique alí, a distancia. Kim mírao

coa cara vermella polo odio. “Por que me traizoaches? parece preguntarlle.

“A min non me rompas a cabeza, rapaz”, respóstalle frio con outra mirada.

“E ánimo campión!”

5 ZIDANE. Lucas olla a Kim de costas cruzar a porta de embarque. “Xa

podía mudar a camiseta. Vaia tufo que deixa”.

— Why are you crying; man?- a dependenta da compañía aérea

compadécese das bágoas de Kim. Este respóstalle cun simple

movemento de ombros “Non é o teu problema”. Vira a cabeza por

O HOME INÉDITO

última vez. Mi-Hee levanta a man para despedirse para sempre. O

Kim desaparece.

Mi-Hee procura coa ollada a Lucas. Quita os lentes para se enxugar as

bágoas. Senta canda el. Fican en silencio un par de minutos. Lucas apaga o

pito no cinseiro.

— Já está. Já tudo é como antes outra vez. –Lucas non se inmuta. Mi-

Hee explora os seus sentimentos. Pásalle a man pola cara, atráea

cara a ela, percórrelle os beizos co dedo índice. Bícao. Unha señora

sentada canda Mi-Hee tuse ostensiblemente. Podería tusir o resto da

súa vida que non habían reparar nela xamais.

12

12 CARLOS G. MEIXIDE

Capítulo 28

— Teño un problema. Estou intentando escribir unha novela sobre

unha señora que ten unha perruquería e... estame custando.

— E logo?

— Non vos decatades de que non existen palabras galegas propias para

os principais conceptos de perruquería?.

— Como que non?

— Non, Laurita. Fíxate. Como se di en galego perilla?

— Perela?

— Non. Ti escoitaches algunha vez perela?

— A verdade é que non.

— Se cadra chiva.

— Si. Esa penseina. Pero, non sei. Parece un vocablo excesivamente

coloquial.

— Algunha palabra ten que haber.

— Que non, Ramón. Que o teño comprobado. E patillas? como se di

patillas? patelas? Va que non?

— Vaites! Pois vas ter razón.

— E flequillo? Como se di en galego? floquiño?

— Na miña casa dise perrera.

O HOME INÉDITO

— Estamos nas mesmas. Paréceche moi galego perrera? Perreira aínda

pero perrera...

— Que curioso! Carambas, Lucas, que intelixente! Nunca reparara

niso!

— Mesmo peine. Como é? Pente? Vós escoitastes algunha vez, mesmo

ás vosas avoas, dicir pásame o pente, ou mellor aínda, pásame o

cepelo? Porque é cepillo, ou non é cepillo?

— Si. Eu sempre escoitei cepillo.

— Pois por iso digo.

— E a que se deberá que haxa tanta carenza?

— Pois supoño... cando menos é o que eu razoei... que se deberá a que

antes a xente non se peiteaba.

— Home, non! E logo?

— Non. Rapábanse de cando en vez na barbería, porque esa é outra.

Antes había barberías, porque perruquerías... ese é un concepto de

onte para acó. Os homes irían as barberías e as mulleres cortaríano

na casa.

— E logo nas cidades? As señoras finas da Coruña? Non irían á

perruquería?

— Non sei eu... Se cadra na Coruña algunha habería pero como eran

señoras finas falarían en castellano, así que estamos nas mesmas.

— Ademais o máis que facían todas era poñerse moños, que unha

palabra moi galega tampouco parece.

— Ecolicuá.

— Pois si que si.

— Pois iso, que estou empezando unha novela sobre unha señora que

ten unha perruquería e estou tendo uns problemas...

— E a ti tamén, Lucas, como che acorda escribir sobre unha señora

que ten unha perruquería?

— Tamén tes razón.

— Pois non sei. Deume por aí. Pensaba que era unha boa idea. Unha

perruquería, moitas señoras que entran e saen e contan as súas

125

12 CARLOS G. MEIXIDE

historias.

— Caramba, Lucas!

— E levas moitas páxinas?

— Non, hom. Escribín un par delas pero... dame que vou cambiar de

tema. Se cadra, a ver que vos parece, distintas historias de personaxes

que entran e saen dun ximnasio.

— Claro, e saltan o poldro e fan espaldeiras...

— Gha, gha.

— UF! Aínda queda moito para normalizar o idioma, eh?

— E tanto.

— Para empezar, os do Instituto da Lingua podían irse preocupando

de sacar un diccionario galego de perruquería xa. Urxe.

— Vaia se urxe.

O HOME INÉDITO

Capítulo 29

Trala marcha de Kim, a volta á normalidade de Lucas e Mi-Hee nunca chegou

a ser absoluta. A desconfianza instalárase en Lucas. A relación viciouse nun

constante intercambio de “se che parece ben”, “se non che importa”, “se ti

queres”, “por min si”, “por min tamén”, “como ti queiras”... que interferían

no fluir libre e despreocupado dos primeiros meses.

Malia todo, ámbolos dous confiaban no tempo que todo o cura.

Oswaldo repúxose do seu infarto e reincorporouse ao traballo. Lucas

temía aquel día. Ignoraba que caste de represalias podería tomar logo da

esperpéntica escena do hospital.

Ao cruzar a porta, sorprendeuno ver a Marisleysis, vestida normalmente,

sen o uniforme.

— Ola Marisleysis.

— ¡Hola y adeus, señor!

— E iso?

— El hijo de puta me ha despedido.

12

12 CARLOS G. MEIXIDE

Marisleysis marchou pegando un portazo. A Lucas non lle deu tempo nin

para se despedir. Mirou cara a porta do despacho e escoitou do outro lado

o arfar do xefe. A carón da máquina do café un home alto e delgado, duns

trinta e poucos, traxado e engominado, observábao con curiosidade.

— Ola.

— Hola ¿qué tal viejo?

— Impórtalle?

— Como no- O home afastouse para que Lucas puidera servirse un

café.- ¿Y vós quien sós?

— Chámome Lucas. Traballo aquí.

— ¡Qué bueno, viejo! ¿Es usted gallego?

— Si.

— ¿Gallego de Galicia?

— Si.

— Yo también soy gallego. Más bien hijo de gallegos. Mis viejos son de

una aldea de Orense que se llama Punxín. ¿La conoce?

— Si, pero non estiven nunca alí.

— Yo tampoco pero ojalá algún día pueda ir. Mis viejos me hablaron

tanto de aquéllo. Las vacas, las corredoiras, la lluvia... Pero seguro que

ahora aquello ya no lo conoce ni la puta que lo parió ¿verdad, viejo?

Ahora seguro que está todo lleno de buenos carros, de autopistas,

de internet. A veces veo por satélite la programación de la televisión

gallega. Es increíble ver lo bien que les va, pedazo de cabrones. Y

en cambio la Argentina al tacho. ¿Como es la vida, eh, míster? Pero

ojalá que les siga yendo bien por muchos años. Yo voto allá siempre.

Y siempre a los mismos, ya me entiende.

— Claro.

Lucas estaba notabelmente desconcertado. Aquel home, alí chantado, non

parecía ter outro obxectivo na vida máis que seguir alí chantado per saecula

O HOME INÉDITO

saeculorum. Decidiu deixalo e entrar na cabina para escomezar a xornada

cando escoitou ranxer a porta do despacho de Oswaldo.

— Lucas, vení.

“GLUB!” Deixou o gabán no percheiro e dirixiuse ao despacho. O home

de traxe acomodárase nun sofá e miraba unha revista de coches como quen

agarda a súa quenda no dentista.

Oswaldo esperábao estomballado no asento. Lucas sentou. Non se

dirixiron a palabra. Oswaldo, durante uns tres minutos aproximadamente,

ignorouno aparentando traballar. Remexeu nos caixóns, revisou papeis

vellos, comprobou varios datos no ordenador. Finalmente pechou a pluma

estilográfica, pousouna coidadosamente sobre os papeis e por vez primeira

cruzou a súa mirada coa de Lucas.

— Hola, Lucas.

— Ola, señor. Alégrame encontralo mellor.

— Grazas.

Oswaldo inspirou de vagar. Semellaba que tiña que repoñer o depósito do

aire cada vez que empezaba a falar.

— ¿Ha tenido ya la oportunidad de conocer a Pereira?

— Se se refire ao home que está tras da porta, si que o coñecín, señor.

— ¿Y que le ha parecido?

— Ben, señor.

— Me alegro. Es un viejo amigo de la familia. Su viejo, gallego como

vós, fue mi compañero en la academia militar.- Oswaldo volveu

coller aire. -Es un buen pibe.

— Seguro que si, señor.

— ¿Y no te preguntas por qué está aquí?

12

1 0 CARLOS G. MEIXIDE

— Non o sei señor. Porque está aquí?

Lucas non o sabía pero imaxinábao. Oswaldo abriu unha carpeta de plástico

e remexeu nuns papeis. Guindoullos a Lucas diante da cara.

— Está despedido Lucas.- Non por previsto deixou Lucas de sentir

certa sorpresa.

— Por que señor?

— No seás jodón. Sabés de sobra por qué estás despedido.

O “por que, señor” de Lucas irritara considerabelmente a Oswaldo. Puxérao

vermello coma un tomate e dos estremos da boca escapáranlle noxentos

fios de cuspe. Pegou unha pancada na mesa. Relaxouse por uns segundos

para recuperar folgos e volveu á carga.

— ¡Váyase de una vez! ¡No lo quiero ver aparecer por acá nunca más

¿entendido? Pereira ocupará su puesto inmediatamente.

Lucas apenas se inmutou. Ergueuse devagariño do asento e dispúxose a

marchar.

— Y tenga cuidado al cruzar la calle. Hay muchos atropellos

últimamente.

— Iso é unha ameaza?

— No. Es sólo una advertencia.

Ao saír do despacho, Pereira deixou a revista na mesiña e incorporouse dun

chimpo do sofá.

— Lo siento viejo.

— Non te preocupes.

— Es lo que tiene la flexibilidad laboral.

O HOME INÉDITO

— Claro.

Lucas recolleu o gabán. Aquilo non era máis que o remate da crónica dun

despedimento anunciado. Volvía ao desemprego e o único inconvinte era

que lle amolaba ter que pasar outra volta o suplicio de atopar traballo naquela

voráxine chamada Nova Iorque. “Se cadra co que gaña Mi-Hee de modelo

abonda por uns mesiños”, cavilaba sen moito convencemento. Antes de

saír para sempre da canle colleu o vaso do café e tirou ao chan o pouco

que aínda lle quedaba. “Que limpen eles” e saiu por fin máis que orgulloso

daquela gamberrada. É o que ten non ter feito as gamberradas típicas na

adolescencia.

Mi-Hee comía un paraguaio no sofá da casa, vendo Misión Imposíbel II na

televisión. Lucas contoulle a nova do despedimento. Amosou máis sorpresa

e tristura da que tiña o propio Lucas, ben é certo que ela descoñecía, por

non lle seren contados, os turbios motivos que conduciran a aquilo.

— Não se preocupe pequeninho. Já verá como saimos dessa. Queres

um paraguaio?

— Non, grazas.

Lucas sentou na mesa camilla. Encendeu o portátil. Tiña unha nova mensaxe

de Laurita.

Ola Lucas.

Como che vai todo? Mira que non respostar os meus correos... É que

aí non tes acceso a Internet? Tanto ten.

Cóntoche que por aquí todo segue igual. É o que ten. Con todo, hai

varias cousas que tes que saber. O primeiro de todo é que xa non

traballo en El Correo. Decidiron non renovarme. Parece ser que

1 1

1 2 CARLOS G. MEIXIDE

lles resulta máis rendíbel coller outro de prácticas. Que lles dean!. A

verdade é que estaba farta daquilo. A ti non che pasa nunca que te

arrepintes de ter feito Xornalismo? A min todos os días. Vaia mafias

e vaia impresentabeis que hai no mundiño este. Non me preocupa.

Como nada volvo para Alfoz a criar unhas vaquiñas. O segundo é unha

boa noticia. Teño mozo. Sabías? E estou moi ilusionada. Quéreme

moito. É guapo, intelixente... Se cadra coñécelo. Lembras aquel duo

cómico moi bo que actuou varias veces en Santiago, Lijó e Meixide,

os de “Viva Zurich e Viva Buenos Aires? Pois el é Meixide. É unha

pasada o que se che amita. Ás veces estou con el e mesmo paréceme

que estou falando contigo. Amitáseche mesmo nos dentes. Tenos tan

mal feitos coma ti –non che pareza mal. A min gústanme así-. Ti non

tes ningunha rapaza por aí? Que gana teño de que volvas e me contes

todas as túas historias!

Nada máis. Un biquiño moi grande, escríbeme algunha vez, por

favor.

QUÉRETE LAURITA.

Pechou o portátil “O Meixide? Vaia subnormal!”. Mi-Hee seguía comendo

paraguaios no sofá.

O HOME INÉDITO

Capítulo 30

— Podo pasar?

— Claro, Lucas. Siéntate en la sillita. Vamos a ver.... ¿te has fijado en las

notitas?

— Si, por suposto.

— Entonces te habrás fijado que he puesto al lado de tu nombre un

asterisco y ese asterisco te habrá remitido a una nota a pie de página

solicitándote que pases por mi despachito.

— Claro. Por iso estou aquí.

— Verás. Es que quería hablar contigo de una serie de cositas...

— Vostede dirá...

— Vamos a ver. Es que no sé como empezar. Ja, ja, ja...

— En fin. A ver, a ver. Intentaré buscar las palabras más adecuadas...

Mmmm... Ejem..... Vamos a ver... Lo que quería decirte, Lucas,

es más o menos esto, veamos... Ehhhhh. Verás. Estoy un poquito

decepcionado con tu rendimiento en mi asignatura, caray.

— Por?

— ¿Por qué, me preguntas? Ja, ja... Claro. Supongo que querrás saberlo

1

1 CARLOS G. MEIXIDE

¿verdad? En fin. Ehhhh... Sí... Vamos a ver... Primero. Yo creo, Lucas,

yo creo, sinceramente, que tú eres un alumno mmmuy válido. ¿Um?

Tal vez uno de los alumnos mmmás válidos de cuantos han pasado

por mis clases en estos últimos años ¿de acuerdo? Eso lo primero,

que quede mmmuy claro, ¿vale? Entonces... ehhhh, lo segundo....

¿qué era? Si, ya sé... Lo segundo es que teniendo en cuenta lo válido

que eres, ¿um? Lo mmmuy válido que tú eres, Lucas, hay una cosita

que no entiendo. ¿Y qué cosita me preguntarás, verdad? Pues te

lo voy a decir, ¿vale? Verás, Lucas. No entiendo porque no te has

esforzado un poquito más, caray. ¿Por qué no has puesto un poquito

más de intensidad en tu esfuerzo, hombre, con lo que tú vales ¿eh?

Que si tú quisieras...¿O no? ¿Tengo razón o no la tengo?

— Tchss. Pois non sei que lle dicir francamente.

— Yo creo que la tengo, Lucas, yo creo que la tengo, hombre, que tú

eres muy válido... así como te lo digo así me atrevo a advertirte de

que te has relajado mucho, mucho y que eso me tiene descontento,

caray, ¿eh? ¿qué te pasó? ¿Tuviste algún problema durante el curso?

¿No tuviste tiempo, a lo mejor, para preparar la asignatura como te

hubiese gustado? ¿Um?

— Pero é que non lle entendo nada. Perdoe que llo diga. Estou aprobado

ou suspenso? Que é a única que me queda para licenciarme, home,

non me teña así.

— Vamos a ver... eso es lo que te preocupa, claro, es natural, yo también

estuve sentado ahí, donde estás tú ahora, alguna vez... es natural,

claro. Pues me voy a dejar de rodeos y te lo voy a decir francamente,

¿vale? Así evitamos hablar mucho y decir poco que es un mal propio

de estos tiempos ¿verdad? ¿eh? Es muy natural, claro, que quieras

saber ya si estás aprobado o suspenso y que a lo mejor te ponga

nervioso el discursito típico del profesor... ja, ja... claro, claro, claro.

Ehhhhhh, en fin, entonces te digo, vamos a ver, claro. Vamos a ver,

Lucas. Ehhh. Te voy a ser honesto entonces, hombre... Mmmmmm.

Si, si, si... Entonces... a lo que íbamos. Ehhh.... Verás, Lucas, ¿te he

O HOME INÉDITO

dicho ya que eres un alumno mmmuy válido?

— Si. Varias veces.

— Pues eso. Que eres mmmuy válido y... claro, tienes un examen que,

en otro compañero seguramente sería merecedor de aprobado o,

incluso, de mmmmmuy buena nota, ¿entiendes? Peeero, en tu caso...

pues, en fin, mmmmh, que me resulta insuficiente, Lucas, caray.

— Quere dicir que me vai suspender?

— No es eso, exactamente, Lucas, no vayas a pensar eso, caray. Vamos

a ver... no nos pongamos nerviosos ¿eh? Je je, Yupiii. Je, je. Yo por lo

menos estoy tranquilo, ¿um? ¿vale? ¿Vamos a ver? No es que te vaya

a suspender, hombre, pero sí que te voy a pedir una cosita ¿vale? ¿a

ver qué te parece? Ejem, ehhh, ¿por qué no me repites el examen y...

en fin, y... te esfuerzas un poquito más, hombre...?

— Está en serio?

— Siii. Es que me da una rabia que te hayas relajado tanto en mi

asignatura, caray, con lo válido que tú eres. Es sólo repetir el

examen y... eso... seguro que esforzándote un poquito más te da

para aprobar.

— Pe...pe...pe...pero se vostede di que en calquera outro daríalle para

aprobar mesmo con boa nota...

— Claro, claro, pero es que tu caso es especial...

— Perdoe que llo diga, señor, pero se ser especial significa estas

historias, prefiro non ser tan especial.

— Caramba, Lucas, entiéndeme. Creo que es lo más justo que podemos

hacer ¿Um? No me dirás que no.

— Pois séndolle honesto, claro que lle digo que non.

— No te pongas así, Lucas... Piénsatelo... ¿Eh? ¡Caray! Yo creo que

es una buena idea... Ya verás cómo tú mismo te das cuenta con el

tiempo de que es la mejor solución.

— O único xusto é que me aprobe, señor.

— No, Lucas, no es así. En fin... No sé... ¡Como me pones, quiero decir,

como te pones! Mira, si quieres podemos pensar en otra solución...

1 5

1 CARLOS G. MEIXIDE

— Vostede dirá...

— En fin... no sé... a lo mejor te parece... en fin... mmmm... no sé como

decírtelo.

— O que?

— Ehhhh... verás.... a lo mejor habrás escuchado algún tipo de rumorcito

sobre mi persona que... en fin... es una vergüenza que algunos

dicen por ahí pero que... bueno, a lo mejor no es tan descabellado,

¿sabes?

— A que se refire?

— Si quieres podemos arreglarlo de una manera. Si me ; ) , a lo mejor,

podríamos hablar de un sobresaliente y punto ¿entiendes?

— Está insinuando o que penso eu que está insinuando?.

— En fin Lucas. Pues sí. Que si ; ) tal, pues eso.

— Oh, non, señor. Está vostede moi equivocado se pensa que eu...

Non señor... até setembro, señor...

— Espera, Lucas. No quise decir eso. No te confundas...

O HOME INÉDITO

Capítulo 31

Lucas aproveitara a súa nova condición de desempregado para encetar unha

novela que había anos que lle rondaba a cabeza: unha historia de amor

homosexual entre dous pilotos da Luttwaffe. Decatouse axiña de que para

escribir unha novela histórica era bo documentarse. Mi-Hee, entrementres,

pasaba as tardes no sofá vendo películas da televisión. Aquela tarde comía

unha banana. “Que bonita está comendo bananas” pensaba Lucas. A

rutina instalárase de tal xeito naquela casa que o sexo, entre outros moitos

divertimentos pasara a mellor vida. Mi-Hee era consciente da situación.

— Lucas, meu amor. Há muito tempo que não fazemos nada novo.

— E que queres facer?

— Não sei. Qualquer coisa.

Matinaron por un tempo que podían facer para saír daquel aburrimento. A

Mi-Hee, finalmente, acordoulle unha boa idea.

— -Podemos fazer uma viagem. Sair duma vez de Nova Iorque.

— Está ben.

— -Aproveitemos que o Inácio tem um carro pequenino e vamos com

1

1 CARLOS G. MEIXIDE

ele e mais com a Sun-Young conhecer algum lugar novo.

Ao día seguinte quedaron co Inácio e a Sun-Young no café da Sétima. Inácio

estaba entusiasmado coa idea.

— E se fôssemos a Nantucket?

— Aonde?

— Nantucket. Vocês não leram o Moby Dick?. Um sítio fascinante.

Está só a trezentos quilómetros a norte de Nova Iorque. É uma vila

marinheira de pescadores de baleias.

— Isso era há quase dois séculos, coração.

— Pois eu acho que é boa ideia- terciou Mi-Hee coa boca chea de

flocos de millo

— E Boston? Não preferem ir a Boston? Dizem que é a cidade mais

europeia dos Estados Unidos-. Propuxo Sun-Young.

— Não sei, Sun, não sei.

Lucas estaba tamén entusiasmado coa idea da excursión. Nomeadamente

porque había un sitio ao que había tempo que tiña ganas de ir. Con todo

deixou que a conversa fluíse por medo a que a súa proposta fose considerada

en exceso pueril.

— E você, Lucas? Não diz nada?

— Eu, a verdade é que me da igual. Onde queirades ir vós. Agora ben,

xa que me preguntades. Non sei que vos parece... En fin... É unha

tontería pero se cadra...

— A ver. Fale, pô.

— O outro día vin que existe preto de Philadelphia un parque temático

de Sesame Street.

Fíxose un longo silencio. Sun-Young foi a primeira en rachalo.

O HOME INÉDITO

— Sesame Street? Oh, legal! Gosto muito de Sesame Street!

— O que é o Sesame Street? –preguntou Mi-Hee.

— É un programa infantil muito conhecido. Você não conhece a rã

Gustavo?- respondeu abraiado Inácio.

— Ah, si! Já sei! Eu tinha em criança um boneco de peluxe da rã

Gustavo- aplaudiu daquela Mi-Hee.

— Eu sempre preferi o monstro das bolachas- terciou Sun-Young. A

proposta de Lucas parecía ter triunfado definitivamente.- E você,

Lucas? Qual era o seu preferido?

— Coco. O meu preferido era Coco. Suave y azul.

— E Epi e Blas. Que acham de Epi e Blas?- preguntou Inácio.

Conversaron animadamente sobre os seus recordos infantís até ben

entrada a noite e preparárono todo para a viaxe.

Saíron aos dous días no pequeno utilitario do Inácio. Ben de mañá. O día

era espléndido. Un día de sol de comezos da primavera. O Inácio estaba

particularmente contento.

— Eh, amigos. Vocês escutaram os noticiários? O Lula é o presidente

do Brasil.

— Parabéns.

— Vão-se foder agora os americanos de merda, meus. E os latifundistas,

e os banqueiros, e toda a merda...Ligaram-me esta manhã os velhos

companheiros da faculdade. Estavam bêbados, meus. Aquilo parecia

o carnaval.

O Inácio púxose nostálxico, lembrando as súas andanzas de militante de

base do Partido dos Trabalhadores.

— E na Galiza quem manda?- preguntoulle Sun-Young curiosa a

Lucas.

— Manuel Fraga.

1

1 0 CARLOS G. MEIXIDE

— Esse quem é?

— Ese é um velho que foi ministro de Franco.

— Sim? Ele foi ministro do Franco? E como lhe permetem ser presidente

numa democracia?- Sun-Young estaba realmente perplexa.

— Non sei, Sun. Se o soubera...

— Em todas partes há que engolir sapo- Mi-Hee entrou na conversa

recostada no asento e ollando para a paisaxe-. Por que você que

acha, Sun, do Kim Dae Jung?

— Ah. Não me fale desse cara!

O Inácio propuxo parar a comer nunha estación de servizo. Mi-Hee e Sun-

Young aproveitaron para ir xuntas ao baño. Lucas pediu sandwiches para

todos.

— Tou pensando em voltar pro Brasil, meu. Se a Sun quiser vir

comigo, voltaria amanhã mesmo. Hei-lhe perguntar um dia destes–

confesoulle o Inácio a Lucas mentres sorbía unha coca-cola- Há

muito que não vou por lá e com o Lula seguro que vão começar uns

anos muito interessantes.

— Seguro que si.

— E você? Nunca pensou em voltar?

— Ás veces.

Mi-Hee e Sun-Young volveron do baño rindo e falando confidencias en

coreano. Comeron rápido, tomaron un café e retomaron a viaxe. Chegaron

a Philadelphia pouco antes do serán. Instaláronse nun humilde hotel de

dúas estrelas. Deron un pequeno paseo pola cidade e volveron cedo para o

hotel para estragar as existencias do moble-bar.

Á mañá seguinte erguéronse cedo e saíron cara ao parque temático de

Sesame Street.

O HOME INÉDITO

— E somos os únicos que não trazemos crianças- riu a Mi-Hee.

Recibiunos unha Peggy de tres metros. Axiña apareceron o resto dos

personaxes: Triki, Epi e Blas, a rá Gustavo e... Coco.

— Coco! Como estás?- A reacción de Lucas non se correspondía coa

súa idade.

— Fine, man! Where are you from?

— I´m from Galiza.

— What?

— Da igual. I´m from Spain.

— Oh! Alegría. Arriba y abajou. Up & down, mister.

— UP & down. Gha, gha, gha.

Fixéronse os catro unha foto con Coco. Certamente estábano a pasar pipa.

— Eh, Lucas. Venha para cá - berrou o Inácio que conversaba

animadamente coa rá Gustavo.- Estamos tendo um interessante

debate sobre a deontologia jornalística. Una-se.

— Vou. Espera que acabo de falar con Coco.

Mi-Hee e Sun-Young rian ás gargalladas co Triki. Finalmente foron

comer unha hamburguesa ao Sesame burguer.

— Vocês pensam que é possível?- ría Mi-Hee.- O monstro das bolachas

queria combinar comigo para a noite.

— Como!- o natural celoso de Lucas saltou coma un resorte- Que

vergonza! Un boneco? Que noxo! Puto Triki! Vaia un exemplo para

os cativos!.

— Não se ponha assim, cara –recriminoulle pavero o Inácio- Você

pense no pobre trabalhador que há debaixo do disfarce. É humano,

meu!

1 1

1 2 CARLOS G. MEIXIDE

— Non, Inácio, non! Para min é Triki, entendes? Debería terlle un

pouco de respecto ao seu personaxe!

— Fica assim sempre?- preguntoulle Sun-Young a Mi-Hee.

— Sim, sempre. É um ciumento!

— Xa está ben! Si, que pasa, son un pouco celoso!

“Son un pouco celoso”. Lucas dixo isto mirando para Sun-Young e, de

súpeto, atopouna moi fermosa. Comparouna con Mi-Hee e descubriu como

esta xa non era a mesma que aparecera aquel día no apartamento do Inácio,

coas botellas de viño italiano na man. Era unha muller máis, simplemente.

Fermosa, é certo, pero... máis que Sun-Young, por exemplo? Non sabería

que respostar.

O HOME INÉDITO

Capítulo 32

— O único que me apena é que a partir de agora ímonos ver moito

menos.

— Si, Laurita. Xa pensei niso.

— Caramba, voute botar estrañar.

— E eu a ti. Pero habémonos de ver igual.

— Iso espero. Que non te esquezas de min.

— Non, parviola. Como me había esquecer de ti.

Ramón aparece cantando cunha chea considerable.

— QUE VIVA O AMOOOOR!

— Ja, ja. Que rápido bebe este Ramón!

— Fai ben. Un non se licenza todos os días.

— Que che parece se pedimos unha canción?

— Vale.

Lucas e Laurita achéganse cara a cabina do disc jockey.

— Ei, guapo! Queremos pedir unha!

1

1 CARLOS G. MEIXIDE

— ¿Como?

— Que queremos pedir unha canción.

— Teneis que esperar un poquito. Es que tengo ya varias

comprometidas.

— Anda, por favor, que é unha canción moi importante.

— Venga va. ¿Cuál queréis?

— Beso a beso de Los Chicanos del Sur.

— Está bien. Si esperáis un poquito os la pongo.¿Vale?

— Vale. Grazas.

Aparece Lázaro.

— Eh, Lucas, Laurita. Hai un grupo aí que ten farlopa. Estades

interesados?

— Non, non me interesa.

— E ti, Laurita?

— Uf, non sei! Un día é un día!

— Non, hom, Laurita. Ti pensa que noxo, meter todo iso pola nacha.

— Si, por un lado si que me dá un pouco de noxo, pero polo outro teño

curiosidade.

— Aaagh, non sexas parva! Bebe, oh!

— Veña, de acordo. De momento non quero.

— Como queirades. Eu vou probar. Total, Que perdo?

— Nada.

— Daquela... E Ramón? Vistes a Ramón?

— Si. Anda por aí. Ese seguro que che ha de querer.

— Vouno buscar logo...

Lázaro desaparece.

— Eu xa vou un pouquiño afectada.

— Si?

O HOME INÉDITO

— Si. Un pouquiño nada máis pero si.

— A verdade é que si. Andas cun sorriso parvo deses.

— Non.

— Si, de verdade.

— Non, hom. Mira como estou seria.

— Que non, Laurita, Que non es capaz.

— Je, je. Pois non. Vaites!

Beso a beso

Yo me enamoré de ti

Beso a beso

Yo me enamoré de tí.

— Ei, Lucas. A nosa canción. Me enamoré de ti.

— Y la lunaaaa a los dos nos transformó.

— Que non é así a letra.

— Que máis ten.

— Veña. Imos bailar.

Lucas e Laurita métense na pista de baile. Ramón aparece cantando cunha

copa en alto.

— QUE VIVA O AMOOORRRR!

— Ramón. Baila con nós.

— Veña si. Me enamorré de tiii.

— Non caias!

— Que máish ten! Oesh, Lucash! Vichesh a Tania Carrashco, que

veshtidiño ten!

— Si. Estache cachonda, eh?

— Uf! Voulle entrarr hoxe! Téñoo xa decidido.

— Claro que si.

— Vou para alá logo. Dádeme sorte.

1 5

1 CARLOS G. MEIXIDE

— Sorte tio.

— Grrazash. Chao. Ui.

— Coidado, hom! Estás ben? Mancácheste?

— Non, trranquilos. Eshtou ben. Contrrrolo.

Ramón desaparece a tombos entre a multitude.

— Que mal bailas, Lucas!

— Que bailo mal dis? Carambas, Laurita, non me digas iso!

Bailar de lejos

No es bailar

Es como dos bailando solos

Tú bailando en tu...

— Ohhh. Rematou a nosa canción.

— Si, que rabia. Pero esta é moi bonita tamén. Quedamos?

— Pero é que eu... bailar agarrado si que non sei.

— Apréndoche eu.

— É que son moi torpe.

— Ti agarra e cala.

Bailar pegados es bailar

igual que baila el mar

con los delfineeeeeees.

— Pois non o fas tan mal.

— Dilo de verdade? (“Oh, estame pasando a man pola cariña!”)

— De verdade.

— Grazas.

— Pero agarra máis abaixo.

— Como?

O HOME INÉDITO

— Que agarres máis abaixo. Así.

— Así? ( “Ui, ui, ui! Onde me levas a manciña! Que cuíño tes,

Laurita!”)

— E agora reláxate e déixate levar pola música.

— Vale.

— Mira que ben.

— Si? (“Vouche acariñar a cabeza. Que non che pareza mal”)

— Mmmm.

— Ui, perdón.

— Non, segue. Que gusto!

— Como queiras.

— Que forte estás!

— Como?

— Que que forte estás! Tes unha espaldiña moi feita!

— A que si? (“Agarra miña reina, agarra”)

— Siii. Moi feita.

— Ti tamén es moi feita.

— Si? Son guapa?

— Moi guapa.

— Non.

— Que si. Dígocho en serio.

— Boh! Estás de broma.

— Non, Laurita, non. Estou moi en serio.

— Que riquiño!

— Ghe, ghe. (“Onde vas, cocha? Ai, ai, ai!”)

— Estás quente, carallo!.

— Que dis?

— Non sei. Estou borracha, Lucas.

— Eu empezo a estar un pouquiño tamén.

— Imos para fóra un cacho?

— Vale.

1

1 CARLOS G. MEIXIDE

Lucas e Laurita marchan cara a porta. Ramón aparece con Tania Carrasco.

— Ei, Lucash. Déixame cartosh para convidar a eshta beleza.

— De verdade que non importa, Ramón. Que teño eu cartos.

— Non, Tania. Dixen que che ía convidar e convido.

— De verdade que...

— Que non

— Canto queres?

— Dame dúas mil pesetas.

— Carallo, Ramón.

— Anda, porr favorr.

— Veña. Está ben.

— Grrazash,amigo.

— Pásao ben.

— Claro que sip. VIVA O AMORRR!

Lucas e Laurita están xa fóra.

— Que frío!

— Tes frío, Laurita? Queres o meu abrigo?

— Pois non che vou dicir que non.

— Toma. Abrígate.

— Grazas, Lucas. E ti? Non tes frio? frío?

— Non, hom.

— Acompáñasme á casa? Estou un pouco mareada.

— Vale. Imos. (“Estasme dando a manciña? Non pode ser!”)

— Súache a man.

— Si? Será do calor que facía dentro.

— Estás nervioso?

— Non, hom. Por que había estar nervioso?

— Non sei. Ghighi.

— Non digas burradas.

O HOME INÉDITO

— Ata logo, parella.

— Ata logo.

— Fixácheste? Chamounos parella. Ti pensas que fariamos unha boa

parella?

— Como? Que se fariamos unha boa parella? Pois... non sei... Laurita...

que queres que che diga...

— Ti saberás.

— Si, claro.

— Sabes que xa non me vexo con Anxo?.

— Non?. Non sabía nada.

— Pois si. Gústame outro.

— Gústache outro? Quen?

— Non o imaxinas? Pois coñécelo ben.

— De verdade?

— Si.

— Quen é?

— Carai, Lucas. Tes que adiviñalo.

— Uffff. Non sei. Ramón?

— Non hom.

— Lázaro?

— Boh.

— Pois non sei quen pode ser (“Son eu! Son eu! Son eu! Case seguro

que son eu!”)

— Ti pensa.

— Vale.

— E a ti non hai quen che guste?

— Non, penso que non.

— Si que hai, Lucas. Non mintas. Caramba, que introvertido es con

estas cousas.

— Ti cres?

— Si. É que pensas que non me decato?

— De que?

1

150 CARLOS G. MEIXIDE

— De que che gusta alguén.

— Quen logo?

— Ufff! Que torpe! Pensa e xa verás como che acorda.

— Está ben. Penso logo.

— Se che gusta alguén deberías dicirllo canto antes.

— Claro (“Voucho dicir, Laurita. Voucho dicir. Dáme un minuto.

Cando cheguemos ao portal heicho dicir”)

— Chegamos.

— Si.

— En fin. Eu quedo aquí.

— Claro.

— Aínda non sabes quen é o que me gusta?

— Non. A verdade é que non (“Dame un minuto, Laurita. Un minuto

nada máis. Dimo ti, por favor. Non ves que non me atrevo. Como

queres que cho diga”)

— Pois bueno.

— Pois nada.

— Grazas por vir.

— Non é nada.

— Ata mañá logo.

— Até mañá (“Gústoche. Son eu. Agora seino. Se non porque tes os

ollos tan húmidos, porque che tremen así os beizos... son eu. Dimo

ti, por favor. Dimo dunha vez. Non marches”)

— Lucas.

— QUE?

— Nada. Iso. até mañá.

— A-té ma-ñá Laurita.

Laurita desaparece na escuridade do portal. Lucas queda alí por cinco

minutos tal vez. Finalmente marcha.

O HOME INÉDITO

Capítulo 33

Mi-Hee sentou na cama e quitou os zapatos. Deitouse e botou un fondo

suspiro.

— Que cansada, estou, porra!

Lucas asomou pola fiestra. Daba para unha ancha avenida, ateigada de

tránsito.

— Olá bonitão- Sun-Young saudábao dende a fiestra do lado. –Venham

tomar alguna coisa ao bar em dez minutos.

— Si, claro- Lucas notou que se lle quebrara a voz.

— Como foi divertido, eh!

— Si, moi bem

— Foi muito engraçado. E a Mi-Hee?

— Deitouse a descansar un cacho.

Escoitou a Mi-Hee berrar dende dentro.

— Que faz, Lucas? Deixe de seduzir a essa. É uma ladra de homens.

151

152 CARLOS G. MEIXIDE

— Si, claro.

Lucas precipitouse torpemente no interior da habitación. Escoitou pola

fiestra a risa de Sun-Young. Mi-Hee ría tamén estomballada na cama.

— Venha para cá, coração.

Sentou ao seu lado. Mi-Hee acariñoulle o pelo tenramente. Quitoulle de

vagariño a camisa e bicoulle as costas, e o pescozo, mentres coas mans

procuraba quitarlle o cinto.

— Deixe eu o bichinho.

Lucas deixábase facer.

— Non temos tempo tempo, amor. Quedamos con eles no bar en dez

minutos.

— Ah. Chibungo do caralho!- recriminoulle divertida Mi-Hee.

Arrombáronse e baixaron ao bar. Sun-Young e Inácio tomaran xa asento

nunha mesa baixa con sillóns e o camareiro servíalles unhas copas.

— Sentem, meus, e peçam que vamos apanhar um bom pileque!

Un home de frac sentou a carón dun piano. Probou as teclas e mailo

micrófono e empezou a cantar malamente vellas cancións de jazz.

— Ele canta lindo- dixo Sun-Young para sorpresa dos demais.

— Canta mal pra caramba, Sun!- respostoulle o Inácio.

— Mas eu gosto dessas canções velhas. Gostaria ter sido cantora mas a

voz não acompanhou.

— Certamente não.

O HOME INÉDITO

— Não seia mau, Inácio- interpelou cariñosa Mi-Hee.- A Sun tem uma

voz muito linda.

— Você está louca, chapa.

— Não. Falo a sério, Sun. Peça aí para cantar e lhe cale a boca a este

malandro.

— Não, Mi. Que vergonha!.

— Sim. Que vergonha. Isso digo eu.

— Eu nunca che escoitei cantar- saltou daquela bruscamente Lucas.

— Não sabe a sorte que tem, meu.

Mi-Hee ergueuse de súpeto e achegouse cara o pianista.

— Aonde vai, Mi!- berroulle Sun-Young arrepiada mentres Mi-Hee

faláballe ao pianista ao oído.- Oh, meu Deus, Está louca.- Mi-

Hee voltou á mesa cos ollos vidrosos e sorrindo. Ía xa un pouco

peneque. Chiscoulle o ollo a Sun-Young. O pianista rematou a

canción bruscamente.

— I want to invite Miss Sun-Young to sing with me. – O resto das

mesas dirixiron a súa mirada cara Sun-Young, Inácio e Mi-Hee

escacharon a rir. Sun-Young tiña tanto pudor como ganas de saír. – I

know you sing very well. Come. Take it easy.- Ergueuse finalmente

e achegouse tímida cara ao piano.

— Oh. Eu precisso outro copo para aturar isto- dixo Inácio. Lucas

permanecía en silencio. Tiña verdadeira ansia por escoitar a voz de

Sun-Young. Mirouna axustando o pé de micro, separando o peliño

de diante da cara, tusindo mecanicamente para afinar a voz. Mi-Hee

non paraba de rir e bebía aos grolos, Caíalle todo polo queixo e mais

pola roupa. Do resto das mesas miraban tamén curiosas para Sun-

Young. Falou en voz baixa co pianista para decidir a canción. Soaron

uns primeiros acordes.

15

15 CARLOS G. MEIXIDE

— Ânimo, Sun-Young! - berrou escandalosamente Mi-Hee. Sun-

Young sorriu. A canción comezou. Naceron as primeiras notas da

súa gorxa: BLUUU MUUUUN.

— Oh, meu Deus! – exclamou Inácio.

TCHHSS!- O Lucas mandouno calar. A Mi-Hee e mais ao Inácio deulles a

risa, Sun-Young cantaba, abofé, con moito sentimento, Tiña a voz grave e

fermosa se ben chegaba con certas dificuldades ás notas máis altas. O Inácio,

que entraba xa na fase estúpida da súa borracheira escachaba ostentosamente,

estomballado no sofá, coas mans sobre o bandullo. Sun-Young cantaba cos

ollos pechados e a cabeza baixa. De cando en vez erguía a mirada cara á

mesa e só batía co interese de Lucas. Daquela sorríalle e Lucas devolvíalle o

sorriso. No resto das mesas tamén sorrían educada e compasivamente tras

cada nota desafinada. O pianista forzou o remate da canción.

- BRAVOOOO!FFFIIIIUUUUU!- O Inácio estaba descontrolado. O

Lucas mandouno calar novamente e a Mi-Hee non puido conter o riso e

caeulle a bebida outra volta por toda a camiseta. Sun-Young saudou coa

cabeza ao pianista, primeiro, ao público despois, e tornou cara a mesa.

— Que tal?- preguntou cunha inocencia brutal.

— Moi ben. Gustoume moito- respostoulle Lucas.

— Há confiança, meu. Diga a verdade- implorou Inácio.

— De verdade que me gustou. Moito.

— Sim? Gostou? Acho que desafinei alguma vez mas estou contente.

— Mpppf! Alguma vez só?

— Non desafinaches. Estiveches moi ben.

— Obrigado. Mas reconheça que devo ensaiar.

O Inácio pedira outras máis. Empezaban a perder a conta. Mi-Hee e Inácio

O HOME INÉDITO

non podían xa coa euforia que levaban enriba. Lucas estaba sereo, mais a

cabeza empezaba a darlle pequenas voltas. Sun-Young, en cambio, bebía

a modo, a pequenos groliños e parecía que na vida lle subiría aquilo a

cabeza.

— Tenho uma ideia, meus?- saltou daquela Inácio, fóra de si.

— O que?

— Nunca tiveram ganas de fazer loucuras dessas de pensar que nunca

as fariam na vida?

— Sim, sim-. Mi-Hee aplaudía e pegaba pequenos chimpos no sofá.

— Mas diga o quê- preguntou Sun-Young.

— Não, melhor não. É muito forte, meus- O Inácio fíxose o interesante.

Recostouse no sofá e pegou un grolo da súa copa.

— Não seja estúpido Inácio. Diga logo- protestou Mi-Hee.

— Sim, claro. Diga- insistiu Sun-Young

— Tá bem. Logo não digam que não os adverti.- Volveuse anicar cara

adiante.- Acheguem-se.- Formaron un corro ao seu redor. Tomou

outro grolo para prolongar o suspense.- Proponho que façamos um

uma troca de parceiros, meus.

Calaron todos. Miráronse os uns aos outros.

— Sim! Acho que é uma ideia porreta! – berrou Mi-Hee. Inácio sorriu

maquiavelicamente. Lucas estaba pálido. Mirou incrédulo para Mi-

Hee. Quixo recriminala pero estaba tan borracha que non reparaba

nel. Mirou logo para Sun-Young. Ela estaba pálida tamén mais

mantiña a compostura. A borracheira xogoulle unha mala pasada

a Lucas e fixo pasar pola súa mente a cara extasiada e mailo corpo

espido de Sun-Young debaixo do seu. Avergonzouse de contado.

— Non digades parvadas. Estades borrachos.

— Vocé sempre igual, porra! É um reacionário. Não foda a diversão.

Mas olhe para Sun-Young. É que não gosta dela? – Inácio xa puxera

155

15 CARLOS G. MEIXIDE

a súa man na coxa de Mi-Hee.

— Claro, Lucas. Não foda. É uma noite só. Há ser divertido-. Mi-Hee

pasou a súa man por riba da man de Inácio.

— Lucas tem razão! Estão bêbados! Não falam a sério- indicou Sun-

Young.

— Você também, Sun?

— A mim francamente tanto me faz- dixo isto máis por despeito que

por verdadeiro pasotismo.

— Então vamos, Mi-Hee- Incorporáronse da man. A Lucas doíalle

terribelmente a cabeza. Estomballárase no sofá e non tiña forzas xa

nin para rifar con eles que estaban a piques de chegar ao ascensor.

Sun-Young mirouno compasivamente e colleuno da man.

— Vem- díxolle. E subiu con ela até o cuarto.

O HOME INÉDITO

Capítulo 34

— Ola, Macías.

— Home, Don Lucas! Senta, carallo! Coñeces a Lijó e Meixide?

— Si... Vinos aquel día. Que tal?

— Ola.

— Ola, que tal.

— Quedei con eles, hostias, porque convencinos ao final para que

me fagan o libro de diálogos cómicos. Vai ser... vai ser... iso vai ser

brutal.

— Si, seguro que si, pero hai unha cousa Macías que temos que concretar.

A parte económica non nos acaba de satisfacer de todo...

— Ti tranquilo, Meixide, carallo! Xa verás como todo se arranxa.

— Iso espero.

— Que queres tomar, Lucas?

— Unha orchata, se teñen.

— Orchata? Oh! Gústache a orchata? A min encántame tamén a orchata

Verdade Lijó?

— Abofé, Meixide. Es un verdadeiro apaixoado da orchata. Non cho

vou negar. A min, en cambio o que me encanta é a ensaladilla.

— É certo. Agora que o dis sempre que podes pides ensaladilla.

15

15 CARLOS G. MEIXIDE

— Formidábeis!. Vaia dous. Ghagha. Poderiades estar así horas e horas.

Por que non engadides no libro un diálogo sobre comidas? Sería

hilarante, carallo!

— Macías, por favor. Estabamos falando en serio.

— Oh, perdoa Meixide, pero é que un non sabe cando falades en broma

e cando falades en serio. Sodes tan graciosos!

— Macías, perdoa que che interrompa pero é que...

— Si, si, si. Perdoa ti, Lucas Que traes logo?

— Uns poemas novos.

— Serán bos?

— Penso que si.

— O carallo este évos un poeta de coidado. Recítalles aquí a Lijó e

Meixide o de Jorge Borge.

— Non sei... agora?

— Si. Recita. Gústanos escoitar voces novas de cando en vez. Verdade

Lijó?

— Abofé Meixide.

— Claro, carallo! Recítalles aí!

— Está ben:

Como como

Pensou Jorge Borge

— Gho, gho! Que pavero! Verdade Lijó?

— Abofé Meixide

— Va que si? Este évos un carallán!.

— Grazas. Moitas grazas. Pero Macías, teño un par de poemas novos

que me gustaría que leses. Se cadra, sumando co resto, dá para un

libriño.

— Pero que ansia por publicar, carallo!

— Son radicalmente diferentes. Son poemas de desamor.

— Hostias!

O HOME INÉDITO

— Si, de desamor. Se queres velos...

— Por favor. Recítanos logo.

— Este chámase: Desamor escríbese con D.

— Fantastico! Gho, gho! Desamor escríbese con D. Fantástico, verdade

Lijó?.

— Gho, gho. Abofellas, Meixide

— En fin. Recito.

Desamor escríbese con D

D De desamor,

De desgraza

De desamparo.

De días dubidando

De dores

De desgarros

D de derrota

De decepción,

De desencanto.

— Xa está?

— Si.

— MPPPPFFFF. Gho, gho! Fantástico! Todo con D! Delicioso!

— Delirante!

— Pero, Lucas, meu rei, que che pasou, carallo! Que trascendente te

volviches!

— Non che gustou?

— Home...

— A min gustoume. É moi inocente. Verdade Lijó?

— Abofé, Meixide.

— Está ben. Xa vexo que non...

15

1 0 CARLOS G. MEIXIDE

— Pero non te poñas así carallo! A ver! Non tes máis?

— Si, pero...

— Pero que?

— Macías, vouche pedir que me sexas franco...vasme publicar algún

día?

— Home... Lucas... iso non se pregunta así, de sopetón... home...

algún día ao mellor.... dentro duns anos.... cando a túa obra estea un

pouquiño máis madura... se cadra... pode ser que si. Eu confío en ti

plenamente. Es gracioso, claro, non cabe dúbida! O que pasa que...

tes que entender que a miña é unha editorial modesta... e...

— Ou sexa. Que non.

— Agora mesmo digamos como que non.

— Entendo. En fin, marcho. Grazas por todo. Lijó, Meixide, un pracer

coñecervos.

— Igualmente chavalote.

— Adeus. Déixenme que convide.

— Non, carallo, xa pago eu.

— De verdade, Macías, permíteme que convide. Un pracer. até

sempre.

O HOME INÉDITO

— Impórtache que fume?

— Não.

Capítulo 35

Lucas prendeu un cigarro. Sun-Young sentou na cama. Permaneceron varios

minutos en silencio. Do cuarto do lado chegaban as risadas de Inácio e Mi-

Hee. O rostro de Lucas estaba desencaixado. Miraba cara o chan. Esqueceu

o cigarrillo até lle caer a cinza na moqueta. As risas de Mi-Hee cravábanselle

coma coitelos na cabeza. Ao pouco escoitouna xemer. O Inácio bufaba

como un touro. Mirou daquela para Sun-Young. Esta soltara o pelo e quitara

as botas. Permanecía impasíbel aos ruidos do cuarto do lado. A Lucas,

inconscientemente, debeulle caer unha bágoa. Sun-Young incorporouse e

achegouse a el. Acariñouno docemente. Tiña as mans frías. Enxugoulle as

bágoas. Lucas agradeceullo coa mirada. Mi-Hee e Inácio parecían non ter

límite. Sun-Young quitou a camiseta. Colleulle a man a Lucas e apertouna

contra os seus peitos. Estremeceron cun chío terríbel de Mi-Hee. Sun-

Young descubriu o pavor no rostro de Lucas. Pasoulle a man polo pescozo

e apretouno contra el. Bicouno cun amor que nunca antes sentira Lucas.

Sun-Young entregáraselle toda.Apertoulle o lombo, o cuíño “Vaia cuíño,

deus!”.

1 1

1 2 CARLOS G. MEIXIDE

— Siga! Siga, meu!- Os berros de Mi-Hee eran descoñecidos para

Lucas “Comigo nunca tal berrou”. Cando pensaba nestas cuestións

desafogábase apertando a Sun-Young cada vez con máis forza. Esta

empezara a desabotoarlle a camisa. Bicáballe docemente o peito. A

Lucas excitouno a humidade da súa lingua.

— Toma, caralho, toma!- O Inácio berraba coma un cocho. A lingua de

Sun-Young rodeaba agora o embigo de Lucas. TOC TOC TOC. A

cabeceira da cama do lado batía contra a parede. Sun-Young tentaba

quitarlle o cinto. TOC TOC TOC TOC TOC TOC- Toma, caralho,

toma.-

— Ah, ah, ah, assim, meu, assim.

Lucas sentiu como lle caía o pantalón pernas abaixo. Máis de súpeto Sun-

Young deixou de acariñalo. Mirouna chorando, axeonllada aos seus pés.

Sentou no chan, ao seu lado e abrazouna con cariño. Permaneceron así,

chorando xuntos, horas, até que a paixón comezou esmorecer na habitación

do lado.

Acordaron entrelazados, no chan aínda. O Inácio petáralles na porta.

— Se despachem meus. É tarde!

Separáronse devagar. Sun-Young foi á ducha. Lucas atopou o paquete de

tabaco sobre a mesa. Prendeu un pito. Lembrou a noite anterior. O pesadelo

dos xemidos extasiados de Mi-Hee. Imaxinou a escena. Inácio espido

sobre Mi-Hee espida. Tiña tendenza a torturarse daquela maneira. Logo

lembrou a lingua de Sun-Young no seu peito. Empalmouse. “Son un puto

cocho!”. Fora amor verdadeiro aquel abrazo no que adormeceran xuntos,

caladamente, mais arrepentíase de non terlle feito o amor porcamente.

Sun-Young saíu da ducha. Estaba fresca como unha mazá. El estaba suado

e fedorento como a súa alma e desexou abalanzarse sobre ela, botar por

O HOME INÉDITO

terra toda a confianza establecida apenas unhas horas antes. Contívose.

Desafogouse só, na ducha.

O Inácio volveu petar

— Se despachem, meus! Temos que ir embora! A sério.

Sun-Young peiteábase diante do espello. Lucas mirouna e decatouse de que

había tempo que ela tamén o miraba con tenrura.

— Lhe quero muito, Lucas- díxolle cun sorriso.

Lucas permaneceu en silencio. Sun-Young pasou por diante del para meter

o neceser na maleta. Arrecendía a limpa. “Que cheiriño tan feito” pensaba

Lucas.

Estaban para saír Antes de abrir a porta Sun-Young colleuno da man.

— Como estás?- preguntoulle.

— Ben. E ti?

— Eu tambén. Muito bem. Obrigada- Deulle unha chucha. Saíron. Mi-

Hee e Inácio agardaban no corredor coas maletas na man. Lucas

cruzou a súa mirada coa de Inácio. Este esquivoulla. Logo mirou

para Mi-Hee, que baixou a cabeza.

Fixeron a viaxe de volta sen falárense unha palabra. Escoitaban a radio.

Lucas non despegaba a mirada da xanela. Mi-Hee tampouco.

Pouco antes de chegar a Nova Iorque Lucas sentiu a man de Mi-Hee sobre

a súa. Tivo desexos de lla coller tamén mais asaltouno o orgullo e rexeitouna

con desprezo. Mi-Hee non fixo máis intentos.

Chegaron ao apartamento. Mi-Hee apañou un paraguaio no frigorífico e

1

1 CARLOS G. MEIXIDE

tirouse no sofá a ver a televisión. Lucas pechouse a cagar no baño. Estivo

media hora alí pechado. De súpeto pasoulle pola cabeza a idea de que non

pintase nada xa en Nova Iorque. Talvez non pintara nada en ningures. “Para

non pintar nada mellor volvo para casa e ¡hala!” . Para a casa. E Mi-Hee

quedaría tan pancha como se nada tivese acontecido. Non o había estrañar.

Sería feliz a moi sinvergüenza. “Ou non”. Ás veces, os que se comen moito

a cabeza pensan que os demais non se comen a cabeza tanto coma eles.

Grave erro. “Marcho ou non marcho?”. Lucas anicouse cara a diante para

limpar a regaña do cu. “Son un ser detestábel”. Tirou da cisterna. Abriu a

porta. Pereceulle que Mi-Hee choraba diante do televisor. Estaba vendo

“Enamorarse” de Ulu Grosbard, con Robert de Niro e Meryl Streep. “Esa

moito me gustara”.

— Mi Hee...Quéresme?

— Tchs. Espere um minuto.

“ Xa vexo que non me queres”. Lucas virouse para entrar na cociña. Deron

os créditos da película na televisión.

— Pode dizer. Que querías?

Lucas parou. Xirouse e repetiulle a pregunta.

— Quéresme?

— Claro que lhe quero. Muito, meu amor. Você está zangado

comigo?.

— Non, non estou.

— Sim, pequeno. Bem o sei. Me disculpe. Sou imbecil. Muito imbecil.

Mi-Hee levantou do sofá. Chantóuselle diante e bicouno.

— Hoxe vou durmir no sofá.

O HOME INÉDITO

— Nao seja assim. Durmamos juntos.

— Non. Non podo.

— Pequenino. Me disculpa.

— Xa che disculpei. O que pasa é que non teño o corpo.

— Pois deixe que durmo então eu no sofá.

— Non, Mi-Hee. Durmo eu no sofá.

Mi-Hee mirouno cuns olliños de pena que a Lucas parecéronlle sinceros.

“Uf, que movida!”.

— Eu tamén te quero pero...

— Pero quê?

— Pero... tanto ten. Boas noites.

— ...boas noites.

Acordou á mañá seguinte cunha terríbel postura no pescozo. Mi-Hee saíra

xa para traballar. Deixáralle unha nota na cociña. “Que posso fazer para

que me perdoe?”. Mirou para aquela nota tres cuartos de hora talvez até

que a dobrou coidadosamente e a meteu na carteira. Entrou na habitación.

Apañou a maleta e recolleu as súas cousas. Entre as sabas atopou unha

braguiña usada de Mi- Hee. Cheirouna e meteuna tamén na maleta.

Chamou un taxi e mais chamou a Sun-Young. Quedou en pasar pola súa

casa antes de marchar definitivamente.

Sun-Young abrazouno con forza.

— Não seja louco, meu.

— Aquí non pinto nada.

— Ela quere-o bem. Estou certa.

— Tanto ten. Non é só iso. Supoño que son máis cousas.

— A morrinha?

1 5

1 CARLOS G. MEIXIDE

— Será a morriña.

— Mas você é louco.

— Xa.

— Vou- te botar de menos.

“Agora”. Lucas colleu a Sun Young pola cintura e bicouna con todas as

ganas, cos ollos pechados e a lingua por diante.

— Lucas! Que fazes?

— Por ti si que quedo, Sun-Young.

— Você estás louco. E estás enganado, meu. Não faça isso mais,

Lucas.

— Eu pensaba que...

— Não. Como pode ser tão trapalhão?

— Perdoa, Sun.

— Vá embora, por favor. Vá embora.

Lucas colleu a maleta e saiu do apartamento. Sentiu a porta pechar ás súas

costas.

O HOME INÉDITO

Aeroporto (1)

- Mamá?... Ola mamá. Como estás? Estás con papá?... Si, eu estou ben. Si.

Mira unha cousa. Si. Non te enfades. Non, non fixen nada malo... Vouno

facer... tranquila, mamá, non te poñas así. Déixame falar! Voume... A Nova

Iorque... Si, en serio. Estou no aeroporto... Xa merquei o billete... Xa non

hai volta atrás... Non estou falando de broma, mamá... tranquila mamá...

Vou só... Si, só... Non te poñas así, por favor... Se non volo dixen antes foi

para que non vos preocuparades. Que xa sei como sodes... Si, mamá... Que

marcho en serio... Non te poñas así, que non vou cambiar de opinión....

Non chores, mamá, por favor, que non é para tanto! Que por que! Porque

quero coñecer mundo e de paso aprendo inglés... Que si, mamá... Que non...

Que non volvo.... Que xa che dixen que xa comprei o billete, mamá... Non

veñades até aquí que non vos dá tempo a chegar... E eu marcho... Que o

avión sae en media hora... Si, mamá... Non, non me poñas a papá que é

pior... Xa llo dis ti... Que non, por favor... Papá?... Si, que marcho a Nova

Iorque... Que non hai volta atrás papá, que xa llo dixen a mamá... Non te

enfades, por favor, que é pior... Pois dille a mamá que non chore... Que é

o mellor para min... Facédeme caso... En serio... Que vou aprender moito

inglés... Non sei por canto tempo pero non vos preocupar que hei chamar

todos os días... Que si... Non, papá... Que non collades o coche agora que

non me pillades... En serio que marcho... Sinto se vos parece mal pero xa

tomei a decisión... Que non chore mamá, por favor, carai!... Mamá? Que

non te poñas así, fai o favor... Que xa verás como non pasa nada... Non

ves que hoxendía todo o mundo vai por aí, coñecer mundo?... Que non,

mamá, que Estados Unidos é un país seguro, que non me vai pasar nada...

1

1 CARLOS G. MEIXIDE

Xa verás... Non te enfades, caramba... Que vos quero moito... Que si... Si,

teño... Teño aforriños... Que si... Pero oiches? Que se tal algún día vos pido

que me mandedes cartos... Xa vos direi como... Ti tranquila por iso... Por iso

non te preocupes... Non, de verdade que non... Que non chores... Oíches?

Dille a papá que me renove o carné do Deportivo... Si, deixeino no caixón

da mesiña... Mamá, estasme escoitando?... Que xa son maior, hom, que xa

teño vintecatro anos... Claro, mamá... Xa sei que debería térvolo dito antes

pero foi así... Agora xa está feito... Non chores, por favor... Si, Nova Iorque...

Non, mamá, que iso é nas películas, que agora está moi seguro todo... Si,

levo roupa abonda... Non te preocupes... De verdade, carai... Si, de inverno

tamén.. Collín todas as camisetas de manga longa que tiña... Que si... Que

xa verás como é para ben... Que así espabilo... E se cadra atopo alí traballo,

que está mellor pagado... Non te creas.... Aquí tampouco hai tanto... Non

mamá... Non mo pidas así que non vou cambiar de opinión... Veña, un bico

moi forte... Dálle outro a papá... Que me renove o carné do Deportivo, que

non lle esqueza... Veña, un bico moi grande... MUPPPCHS.... Non chores

anda... Si, heite de chamar todos os días, xa verás como si... Ui, pare´e que

n´ai co´ertura. T´ño que co´ga´. A´eu m´má . TOC: PIPIPIPIPIPIPI.

“Uf. Adeus mamaíña, adeus papaíño”

DIN DON DIN Atención, atención.... Pasaxeiros do vóo de Iberia Santiago

de Compostela- Nova Iorque dispóñanse a embarcar, por favor.

— En fin, Lucas. Supoño que agora si que teremos que nos despedir.

— Si, agora si.

— Ti tamén! En serio, non me queres dicir por que diaños marchas?

— Xa che dixen, Laurita... que quero coñecer mundo.

— Non sei, non sei... Tan tristón estes días e de súpeto, hala, a Nova

Iorque...Es máis rariño!

— Xa ves.

— Veña. Pois nada máis. Pásao ben. E escribe.

O HOME INÉDITO

— Vale. Grazas por me acompañares.

— De nada. Para iso estamos as amigas.

— Si claro.

— Adeus Lucas.

— Adeus Laurita.

Aeroporto (2)

Faltaban aínda un par de horas para embarcar. Lucas sentou tranquilamente e

abriu o ordenador portatil. Repasou as tres páxinas que levaba escritas sobre

a historia de amor homosexual entre os dous pilotos da Luttwaffe. “Que

horror!” Borrouno todo dunha vez e abriu un documento novo. Atopábase

nun estado semidepresivo que consideraba propicio para creación literaria.

Co documento en branco matinou varios minutos. Escribiu finalmente:

Sen ela vivir non podo, non podo vivir sen ela...

Borrouno. “Puta manía de escribir sempre o que xa escribiron outros

antes”. Quedou en branco cinco minutos máis. Volveu teclear.

UN GALEGO EN NOVA IORQUE

“Boh!” Sorriu e borrouno todo outra volta.”Vaia título!Anda que estou

inspirado hoxe!”. Suspirou, frotou as mans e matinou novamente.

— Que sorpresa! O futuro da poesía galega en Nova Iorque!

1

1 0 CARLOS G. MEIXIDE

A Lucas deulle un sobresalto. Aquela voz era máis que coñecida. Anxo

Quintela sorríalle cunha maleta en cada man.

— Ola, Anxo!

— Que tal, Lucas? Vaia sorpresa! Xa sabía que andabas por aquí

pero, carai, chegar e bater contigo así de repente... Se este é o

cosmopolitismo famoso de Nova Iorque...! E logo? Volves para a

casiña?

— Si. Aquí xa tiven dabondo. E ti que fas?

— Pois xa ves, eu veño. A ver que tal está isto.

— Como anda todo por aló?

— Oh! Cada vez pior. Xa podes imaxinar... Morreu Fraga. Sabías?

— Que dis?

— Non, ho. Era broma. Ese...!

— Podía ser...

— Cóntoche unha cousa?

— Dime.

— Sabes con quen anda Laurita?

— Penso que si.

— Efectivamente. Co Meixide. Hai que foderse! O mamalón pretencioso

ese... O dos piños tortos.

— Xa o sabía.

— Cago´n tal! Mira que me cae mal. Xa sei que non debería falar así da

xente pero é que... é que...

— Tranquilo. A min tamén me cae como o carallo.

— En fin. Dios dálle pan ao que non ten dentes. Non era así?

— Si... anque o Meixide este outra cousa non, pero dentes tenche de

sobra.

— Tamén tes razón. Gha, gha! Veña, Lucas. Alégrome moito de verte.

Boa viaxe!

— Grazas. Que che vaia ben, Anxo.

O HOME INÉDITO

O Quintela desapareceu entre a multitude. Lucas volveu centrarse na

escritura.

Esta é a historia dun home que escribe unha historia sobre un home que

escribe unha historia sobre un home que escrijhfcjoajbclkjb.

“Agh! A tomar polo cu!” Pechou o ordenador e relaxouse mirando pasar á

xente. “ Vaia cuíño!”

Chegoulle a hora de embarcar. Instalouse comodamente no seu asento e

pechou os ollos.

Faltaban apenas dous minutos para despegar. Empezara a caer nun

agradábel sono cando sentiu que alguén sentaba ao seu lado. Desperezouse

devagariño.

— Lucas! What are you doing here?

— Perdón? Oh, my god, Emily!

— Are you going back to Santiago?

— Yes.

— Oh. I´m going to Santiago too. I want to see Apostol Santiago. You

know? What a casuality! Oh, fucking bastard. We have many things

to talk about! Por siertou. ¿Tú tener casa en Santiago? Yo nesesitar

casa en Santiago. Fine! Yo ya tener casa en Santiago.

“Oh, meu deus!

FIN

1 1

1 2 CARLOS G. MEIXIDE

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!