10.05.2013 Views

Comunicacións - Voluntariado Galego

Comunicacións - Voluntariado Galego

Comunicacións - Voluntariado Galego

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Comunicacións

Congreso Galego de Acción

Voluntaria 2009

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2009

Aulas de comunicacións:

Aula 1: “O uso das tecnoloxías da información e da comunicación nas

organizacións sociais”

Nieves Rodríguez Brisaboa, catedrática de Informática da Universidade

da Coruña (UDC) e responsable de Novas Tecnoloxías oa Programa

Rodela de acompañamento a víctimas de violencia de xénero

Arancha Cejudo Gutiérrrez, da Fundación Chandra, entidade promotora

do portal hacesfalta.org

Sergio Baamonde Boquete, responsable do proxecto de voluntariado

lingüístico, Volangteers da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade

Noelia Cambón Morales, responsable da xestión de contidos en

voluntariadogalego.org, da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade

Modera: Lorena Rilo Pérez, Universidade da Coruña - Oficina de

Cooperación e Voluntariado (OCV)

Aula 2: “Os procesos de calidade nas entidades de acción voluntaria”

Gorka de Luis González, director territorial da Fundación Sercretariado

Xitano en Galicia (FSG)

Jesús Medín Mora, director da División de Consultoría e Calidade de

INTRESS

Juan Fernando Domingo Lopezosa, director xerente do Instituto de

Calidade de ONG – ICONG

Modera: Mar Barreiro, responsable técnica do Fondo Galego de

Cooperación

Aula 3: “Premios á solidariedade en Galicia 2008”

Alicia Sarmiento Peña, vicepresidenta da Asociación Española Contra o

Cancro de Pontevedra (AECC)

Pablo Covelo Figueiredo, coordinador de voluntariado da Coordinadora

para o estudio dos mamíferos mariños (CEMMA)

Máximo Cid Ferro, presidente de P(AT) Galicia, Asociación de Mobilidade

e Prevención de Accidentes de Tráfico de Galicia; Proxecto Moucho

Rafael Fernández Beceiro, coordinador do voluntariado ambiental da

Asociación de Veciños San Juan de Esmelle

Modera: Santiago Sánchez Fandiño, coordinador técnico da Asociación

Xuvenil Abertal

Aula 4: “Proxectos de acción voluntaria nos ámbitos da autonomía persoal,

cooperación e cívico”

Carlos Martínez Uzal, coordinador de voluntariado da Asociación Itínera

Andrea García Corzo, voluntaria de Implicadas no Desenvolvemento (IND

2

Vanesa García García, traballadora social da área de voluntariado e

cooperación do Servizo de Participación e Integración Universitaria da

Universidade de Santiago de Compostela

Modera: María Ferreiro Figueiras,

Aula 5: “Proxectos de acción voluntaria nos ámbitos da infancia e da inclusión

social”

Roberto Antón Santiago, coordinador do equipo de atención familiar de

Pontevedra da Fundación Meniños

Antonio Pérez Vilas, voluntario da ONG Asociación Inclusión

Rafael Sánchez –Fernández García, presidente da ONG Cambre Pobo

Solidario (Campos)

Modera: Juan Redondo, Comité Autonómico de Cruz Vermella

Aula 6: “Experiencias de voluntariado na terceira idade”

Rosario Iglesias Granja, da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos

Longines Lobato Santiago, voluntario da Unión Democrática de

Pensionistas (UDP)

Modera: Cristina Delgado, Confederación Galega de Minusválidos

(CO.GA.MI)

3

AULA DE COMUNICACIÓNS 1

voluntariadogalego.org

O portal galego do voluntariado

PRESENTACIÓN

COMUNICACIÓN VOLUNTARIADOGALEGO.ORG e VOLANGTEERS

NOELIA CAMBÓN MORALES

SERGIO BAAMONDE BOQUETE

► Abril de 2007: ponse en marcha o novo portal de voluntariado:

4

Coa creación deste medio de comunicación dábaselle resposta a varios dos obxectivos do

Plan Galego de Voluntariado (2006-2010):

► reforzar a coordinación informativa.

► contribuír a crear unha estrutura global de

información .

► formar e sensibilizar ao voluntariado.

► fomentar a participación das unidades de acción voluntaria e dos/as voluntarios/as, a

través das chamadas ferramentas da internet 2.0.

Con carácter máis específico :

► facilitar a presenza das entidades na intranet

► dotar ás entidades de ferramentas telemáticas actualizadas reducindo así a chamada

“fenda dixital”

► fortalecer o terceiro sector.

A partir desta folla de ruta, a proposta foi:

► manter un continuo contacto entre a administración e as persoas físicas ou xurídicas con

interese no mundo solidario. Punto de encontro oficial.

► crear un portal activo que permítese un continuo fluxo de información e comunicación.

► acceso permanente das EAV nun mesmo espazo colaborativo.

E no deseño e presentación:

● renovación da imaxe corporativa (nome, iconografía...). Personalidade propia.

● protagonismo das EAV e dos/as voluntarios/as. Usuarios principais.

● predominan os servizos para o voluntariado. Coherencia co fin.

ASPECTOS FUNDAMENTAIS

A web é o medio a través do que se canaliza a meirande parte da información de

Voluntariado Galego:

► as EAV inscritas no rexistro oficial contan con cadanseu apartado de información

xestionado por elas mesmas

► créase a Rede do anel solidario

► a meirande parte das xestións realízanse a través da web: publicidade da información,

cursos de formación, anotacións en eventos, boletíns, etc

► créase a Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego

5

1.- Un rexistro virtual

► nova guía que recolle en liña a información de todas as entidades de acción voluntaria de

Galicia. A información xestiónaa cada entidade dende un panel de control:

● actualizar os datos da asociación

● insertar novas

● actualizar eventos na axenda

● engadir imaxes para crear un álbum fotográfico

● solicitar voluntarios para a entidade/difundir demandas propias

► información accesible en todo momento

(24 x7) a través do portal web oficial do voluntariado da Xunta de Galicia

► facilita o coñecemento entre todas as entidades rexistradas

► os cidadáns interesados en realizar accións de voluntariado poden coñecer con qué EAV

poden colaborar, o seu funcionamento e características principais, o xeito de contactar...

►actualización constante

6

2.- Rede do anel solidario

► as entidades, como membros inscritos no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria,

poden colaborar colgando o anel solidario nas súas webs

► a través do anel solidario establécese unha ligazón directa ao portal oficial do

Voluntariado Galego

► preto dun cento de EAV xa forman parte desta iniciativa

7

3.- Rexistro de datos

► aproveitar as posibilidades do medio

► canalizar as xestións a través do portal: boletíns informativos, punto de encontro,

inscricións para os cursos de formación (presenciais e en liña), etc

► contacto as 24 horas coa administración

► automatización e eficacia

En números:

● 5.406 alumnos/as inscritos/as en 15 cursos de formación (presenciais e en liña)

● 1.400 asistentes rexistrados/as na presente edición e 1.300 para o Congreso de

voluntariado 2008

9

4.- Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego

► Internet como medio de comunicación e de distribución do coñecemento

► formación independente e flexible (ampliar coñecementos, reciclaxe)

► liberdade de horarios

Elevada demanda:

● 3.398 inscritos/as dende 2007

● 1.694 inscritos/as nos primeiros meses de 2009 (4 cursos). Preto de 600 anotacións nun

só curso

10

RESULTADOS

Nestes dous anos que estivo en funcionamento o portal apréciase unha evolución constante:

► Datos para o o período 02/04/2007 ao 20/04/2009 (informe Urchin):

● páxinas vistas : 10.782.169

media diaria: 14.376

● sesións: 432.746

media diaria: 577

► Concesión do premio Eganet 2008 (categoría Sociedade web) o 22 de maio de 2008

11

OUTRAS SECCIÓNS

Apartados da web:

directorio

novas

axenda

formación

a túa experiencia

lexislación

asesoramento

mapa web

entidades

faite voluntario

plans e programas

subvencións

acceso entidades

rexistro de entidades

punto de encontro

ligazóns

contacto

sala de prensa

publicacións

en imaxes

hemeroteca

videoteca

o noso boletín

anel solidario

novas RSS

inicio

accesibilidade

aviso legal

12

PUNTO DE ENCONTRO

► punto de encontro onde as entidades de acción voluntaria e os voluntarios/as poidan

solicitar ou ofertar a súa colaboración

► intención:

● ofertar un espazo de comunicación entre axentes implicados na acción voluntaria e

facilitar o contacto entre eles

● canalizar as demandas de voluntariado das entidades e as persoas que desexen

colaborar poidan manifestar o seu interese

14

PLANS E PROGRAMAS

15

XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS

17

Volanteers

No marco do programa Lifelong time learning, a Dirección Xeral de Xuventude e

Solidariedade executará entre novembro de 2008 e outubro de 2010 o proxecto titulado

Learning Regional Languages through Volunteers (Volangteers) do cal é promotora. A dita

execución realizarase en colaboración con diversos socios: a Universidade de Santiago de

Compostela; AFUK (Algemiene Fryske Underrjotchs Kommisje) de Holanda; GIP (Formation

Tout au Long de la Vie) de Francia; e AINTEK AE de Grecia.

O idioma é o vehículo principal de comunicación. En moitas rexións europeas hai linguas

que son idiomas menos impartidos e expandidos ou idiomas rexionais. Aínda que, se hai un

idioma principal, o segundo, de facto, falarase nalgunhas partes como o principal e, se isto

non se sabe, a integración dificúltase. Nas rexións participantes do proxecto (Galicia, Frisia)

hai idiomas rexionais propios (o galego, o frisón) que fala e comprende a maior parte da

poboación. A través deste descóbrese e enténdese o mundo e a xente transmite os seus

coñecementos, sentimentos, experiencias...

Por esta razón, para as persoas que comezan a vivir ou viven durante un tempo nun novo

país, é clave para a súa integración non só o idioma principal, se non tamén o rexional.

Neste contexto, os estranxeiros que veñen para instalarse ou para estar unha tempada,

sobre todo estudantes novos a través do programa ERASMUS ou licenciados en prácticas a

través do programa Leonardo (acción clave de mobilidade), intentan defenderse co inglés ou

co idioma principal do país (por exemplo, o castelán) pero cústalles moito adaptarse ao

idioma rexional. Aínda que poida que ao final non resulte tan difícil, o gran obstáculo é o

comezo, empezar a estudalo.

Comprender o idioma local permitiríalles gozar máis da súa estancia e ter máis

oportunidades. Por iso, con este proxecto pretendese promover a aprendizaxe e o uso das

linguas minoritarias dos distintos estados da Unión Europea, co fin de que aquelas persoas

que proveñan doutros países poidan coñecela e empregala con normalidade na súa vida

diaria. Os/as principais destinatarios/as, por tanto, son os mozos e as mozas provenientes

do estranxeiro e que estean gozando dunha bolsa erasmus ou leonardo, aínda que tamén

poderán acollerse as vantaxes deste proxecto tanto os inmigrantes como aquelas persoas

non galegas que pasen un período longo de tempo no noso país.

Trátase este dun proxecto piloto para a aprendizaxe do galego e do frisón para estranxeiros

a partir do acompañamento voluntario e que esperamos se converta nun exemplo de boas

prácticas que poida ser desenvolvido noutros lugares para a aprendizaxe das súas

respectivas linguas.

Este proxecto presenta as seguintes características principais:

18

1º VOLUNTARIOS: A idea é que a mocidade da rexión se solidarice con estas persoas

estranxeiras achegándolles información e compañía durante un certo tempo Os únicos

requisitos que se esixen para poder participar no proxecto como voluntario e ser maior de

idade e ter o galego como lingua materna.

Para elixir aos voluntarios utilizarase un proceso de selección consistente nunha proba de

coñecemento da lingua rexional e a análise dun formulario que todo aquel que teña interese

deberá cubrir e no cal avaliarase a súa motivación e capacidade social.

2º METODOLOXÍA: Ao longo de 10 meses entre os anos 2009 e 2010, emparellaranse as

persoas destinatarias do proxecto (cando menos 30) con outros/as tantos/as voluntarios/as

que, durante os ditos meses, desexen pasar dúas horas semanais do seu tempo de lecer

colaborando co proxecto.

Realizaranse un total de 20 sesións de dúas horas cada unha, nas cales as parellas

reuniranse para charlar de diversos temas (cultura, deporte, temas sociais...) así como para

tomar parte de distintas actividades tales como ir ao teatro, a un evento deportivo, unha feira

gastronómica...

Logo de cada 5 sesións farase unha sesión de reflexión para coñecer o grao de satisfacción

de cada parella e analizar a marcha das sesións, comprobar si hai algún problema e atopar

posibles solucións.

Ademais, cada parella deberá realizar unha presentación da súa actividade dentro do

proxecto. O formato da presentación será libre (verbal, mediante power point, cunha

representación...) pero sempre na lingua rexional. As mellores presentacións serán

seleccionadas para viaxar a Bruxelas, onde terá lugar un evento final de presentación do

proxecto cando remate a súa execución.

En realidade o proxecto executarase en dúas fases: a primeira de Outubro a Febreiro e a

segunda de Marzo a Xuño. En cada un destes períodos tomarán parte do proxecto 10

parellas e xusto no mes de febreiro do 2010 terá lugar unha festa na que coincidirán as 20

parellas (os que rematan e os que comezan) e na que todos os participantes recibirán algún

agasallo.

3º MATERIAIS: Para as sesións utilizarase o material de aprendizaxe que estará á

disposición tanto dos voluntarios como dos beneficiarios na páxina web creada ao efecto.

A dita páxina web é unha ferramenta central do proxecto xa que non só se utilizará como

fonte de información senón tamén como medio de comunicación para as distintas parellas e

cos que se encargan de xestionar o proxecto.

Esta web está concibida como un centro de recursos virtuais en que voluntarios e

beneficiarios atoparán consellos útiles sobre como continuar no proceso de aprendizaxe e

19

como un espazo compartido para manterse en contacto, ao cal se lle engadirá un blog e un

álbum web.

Tratarase, en definitiva, de empregar unha aprendizaxe non formal que fomente o interese

pola lingua galega e a súa aprendizaxe, facilitando deste xeito a integración e o intercambio

de experiencias, coñecementos e valores.

20

AULA DE COMUNICACIÓNS 1

GUIÓN MESA REDONDA CONGRESO GALEGO DE VOLUNTARIADO

23 ABRIL 2009

d. Presentación Fundación Chandra (proxectos)

di. Conceptualización Web 2.0

dii. Por que as entidades sociais necesitan as ferramentas da Web 2.0

diii. Ferramentas da Web 2.0. Experiencias e boas prácticas dende o terceiro

sector.

div. Que nos preocupa na Fundación Chandra?

1- Presentación Fundación Chandra (proxectos)

Creada en 1999, a Fundación Chandra é unha organización privada independente sen

ánimo de lucro cuxa misión é fomentar e facilitar a participación e interacción dos

diferentes axentes sociais en proxectos de desenvolvemento e de acción social,

utilizando como medio as tecnoloxías da información e da comunicación.

Temos proxectos de:

• Comunicación: www.canalsolidario.org www.ekoos.org (ed. español e catalán)

• Voluntariado: www.hacesfalta.org www.voluntariadocorporativo.org (proxección

internacional www.hacesfalta.org.mx www.v2v.net)

• Xestión de coñecemento: www.solucionesong.org www.migrar.org tamén

consultaría tecnolóxica e formación.

2- Conceptualización Web 2.0

COMUNICACIÓN FUNDACIÓN CHANDRA

ARANCHA CEJUDO GUTIÉRREZ

“As novas tecnoloxías da información e da comunicación, incluído Internet, son parte do

proceso de globalización –un proceso que se leva a cabo en termos desiguais e que adoitan

exacerbar as desigualdades sociais e económicas entre países e dentro destes–. Áo mesmo

tempo, Internet e as tecnoloxías relacionadas poden converterse en ferramentas para a

resistencia, a mobilización social e o desenvolvemento cando están nas mans de individuos

e organizacións que traballan pola liberdade e a xustiza”.

Asociación para o Progreso da Comunicación (www.apc.org)

3- Por que as entidades sociais necesitan as ferramentas da Web 2.0

21

Novas formas de comunicación, novos medios, novas posibilidades

Internet e as novas tecnoloxías están coméndolles terreo aos medios de comunicación

tradicionais:

O periodismo cidadán “cóase” nas redaccións.

Non é difícil darse conta como nun principio a edición dixital dos medios de

comunicación de prensa escrita era unha simple translación do contido da

edición en papel e como, pouco a pouco, isto foi cambiando e agora todas

presentan elementos como vídeos realizados polos cidadáns para ampliar unha

nova (vídeos inundacións, protesta de Myanmar dos monxes budistas-antiga

Birmania etc.).

Público mozo, brecha dixital?

Os movementos sociais debemos ter en conta que nestes momentos Internet é

a linguaxe que falan os mozos (nativos dixitais) e, malia que quizais teñan que

convivir métodos tradicionais (carteis, revistas...) con métodos máis actuais,

para as persoas que aínda non entraron cara ao canal (inmigrantes dixitais),

debemos empezar a manexar e a entender esta nova linguaxe da rede.

A comunicación vólvese viral

Nestes intres, coas novas ferramentas de comunicación e información, é moi

doado que unha determinada mensaxe se propague a unha gran velocidade na

rede (blogs, vídeos, memes...).

O local ten tanta ou máis importancia que o global

Os medios de comunicación abandonan a súa tarefa de ponte entre o global e

o local. Co argumento de gañar audiencias, elíxese moitas veces contar

historias sinxelas, doadas de resumir, que chegan ao corazón ou que

sorprenden, pero que non teñen ningunha relevancia á hora de informar os

cidadáns sobre as grandes cuestións globais que lles afecten.

Temos a posibilidade de:

• Achegar contidos á rede (blogs, subindo vídeos e fotografías, facendo comentarios

nun foro...).

• Usar a web como plataforma: a posibilidade de traballar na rede (documentos en

liña, compartir enlaces en tempo real...).

Para ter en conta e para reflexionar:

22

• A Web 2.0 leva aparellada unha serie de principios: democratización de contidos,

participación, colaboración, divertido..., principios nos que na “teoría”, tendo en conta

a filosofía de numerosas organizacións e movementos sociais, deberían ser

facilmente apropiables por estas últimas. Pero é isto realmente así?

• Actualmente, existen innumerables empresas e servizos que nos proporcionan unha

enorme cantidade de ferramentas para conseguir moitos dos obxectivos que as

organizacións sociais perseguimos, sobre todo en materia de sensibilización,

comunicación interna e externa dos nosos proxectos e logros, denuncia social,

visibilización...

• Pensamos que son ferramentas para ONL adaptables e útiles dende “xa”, porque

son doadas de utilizar, gratuítas na súa gran maioría e prácticas, pensadas para

solucionar problemas reais.

4- Ferramentas da Web 2.0. Experiencias e boas prácticas dende o terceiro sector

//Repaso polas diferentes ferramentas: blog, Wiki, listas de correo, twitter, Facebook, rss, etc

son exemplos reais de aplicación de organizacións do terceiro sector.

Tipos de entidades, sitúa a túa:

• Organización 0.0: sen web ou web estática

• Organización 1.0: asimétrica

• Organización 2.0: punto de encontro

5- Que nos preocupa na Fundación Chandra?

• BRECHA DIXITAL (entre organizacións e entre persoas dentro dunha mesma

organización)

a. Distancia, exclusión, fractura. Entre individuos e grupos (fogares,

comunidades, países) que aproveitan as posibilidades da rede e outras

tecnoloxías da información e a comunicación.

b. A brecha dixital está en constante evolución, dado o xurdimento de novos

usos tecnolóxicos, que son apropiados máis rapidamente por aqueles que teñen

o acceso en forma máis permanente e de mellor calidade (determinado polo

ancho de banda). [Fonte: Jan van Dijk.]

• TECNOFOBIA

• ESTEREOTIPOS NA PERCEPCIÓN DE INTERNET

• TICS COMO OBXECTIVO ESTRATÉXICO

23

• DINAMIZACIÓN DE FERRAMENTAS

CONCLUSIÓN:

Toda iniciativa de comunicación grupal debe ter, polo menos, unha persoa

moderadora que adoita ser a que lanza a iniciativa ou a que se responsabiliza

desta.

O moderador ou moderadora será a responsable de facer o seguimento nun foro,

de moderar cando faga falla, de incluír mensaxes de ánimo, recordar ou

facilitarlles a participación aos demais.

Importante non desesperar: “Educar” a xente na participación a través de

Internet é un proceso que necesita tempo.

ALGUNHAS PISTAS PARA FAVORECER A PARTICIPACIÓN

• Dedicar a ferramenta a un obxectivo definido e preciso.

• Conseguir unha ferramenta sinxela.

• Formar os usuarios/as no uso destas.

• Identificar nodos activos.

• Humanizar a ferramenta.

• Facer visibles os resultados.

Como adaptarnos ás TIC?

• É necesario investir tempo, esforzo, recursos, etc. en todos os ámbitos a medio prazo.

• Motivación e formación no interior das propias organizacións.

• Comunicación e TICS como ferramenta (non como solución) .

• Non é opción, é obrigación e necesidade.

Arancha Cejudo – Coordinadora hacesfalta.org

Equipo de Voluntariado, Fundación Chandra

www.fundacionchandra.org

24

AULA DE COMUNICACIÓNS 2

A Fundación Secretariado Xitano pretendeu ter un papel activo na procura da calidade no terceiro

sector social, participando en varias das iniciativas máis salientables relativas á creación e

implantación de sistemas de xestión da calidade. A pesar de participar na creación da norma

ONGconcalidad, no Instituto para a Calidade nas ONG e na formación para a implantación dun

sistema de calidade promovido por Caixa Galicia e impartido por INTRESS, na actualidade, a FSG non

dispón de ningún certificado de calidade. Porén, a aposta pola calidade impregna toda a estrutura da

nosa organización. Daquela, cando pensamos en reforzar o papel do voluntariado dentro da

fundación, ademais de cumprir cos requisitos legais imprescindibles para a xestión do voluntariado,

realizamos un documento que clarifica o marco de actuación e outro que detalla os procesos que se

desenvolven. Ambos os documentos foron aprobados polo Padroado da fundación e constitúen o

marco de referencia para as restantes actuacións e para a avaliación dos proxectos de xestión do

voluntariado e os proxectos en que o voluntariado participa. Daquela, existen os requisitos previos

para a implantación dun sistema de xestión de calidade do voluntariado na FSG.

Cuestións previas

COMUNICACIÓN FUNDACIÓN SECRETARIADO XITANO

GORKA DE LUÍS GONZÁLEZ

SANTIAGO GONZALEZ AVIÓN

A aposta pola calidade no terceiro sector social, tomando prestada unha expresión que non é nosa,

consiste en tentar prestar os mellores servizos para as persoas máis pobres. É unha opción pola

dignidade e pola xustiza, non dende o punto de vista de darlle a cada quen o que a lei lle outorga,

senón dende a pretensión de lle dar máis a quen menos ten.

Para unha mellor comprensión da nosa achega, debemos comezar diferenciando entre a calidade e

os sistemas de aseguramento da calidade ou sistemas de xestión da calidade. A calidade é o

resultado dunha serie de factores complexos, non só tanxibles e doadamente verificables, senón

tamén intanxibles. Os sistemas de xestión da calidade son aqueles que axudan a obxectivar ese

conxunto de factores complexos, reducíndoos ás dimensións comprobables. Así, ningún sistema de

xestión pode dar conta cabal do que é a realidade última da calidade, pero non podemos contrastar a

calidade se non existe ningún sistema de xestión.

Cando falamos de voluntariado, o factor humano é determinante, de tal forma que existe unha

predominancia dos intanxibles respecto dos tanxibles. O principal activo das organizacións,

especialmente das que traballan en achegar servizos e valores ás persoas, son as persoas. E non

resulta doado reducir o conxunto de valores sociais creados e sostidos pola acción voluntaria a un

conxunto de dimensións obxectivables. Pero a xestión das persoas non pode basearse

exclusivamente na apelación ao intanxible. Conscientes de que os mellores valores non son doados

de obxectivar, o noso esforzo debe tender a dotarnos de sistemas de xestión que nos permitan dar

25

contas das principais dimensións da acción humana, tal como se presenta de forma humanizadora na

nosa organización e nos valores sociais que trata de encarnar.

A Fundación Secretariado Xitano e a calidade

Non deixa de resultar paradoxal que unha entidade como a Fundación Secretariado Xitano,

comprometida coa calidade no sector social, careza logo dunha década de calquera distintivo de

recoñecemento da xestión da calidade. Cómpre ofrecer unha resposta plausible a este paradoxo

antes de especificar cal é a posición da FSG en relación coa xestión de calidade do voluntariado.

Porque estamos convencidos de que explicando a aparente contradición entre a realidade

demostrable e as declaracións de principios, apuntamos a unha realidade incompleta e tensionada,

en camiño, pero fondamente convencida das apostas que se realizan e dos pasos que se van dando

para facelas realidade.

Comecemos polas apostas teóricas. Cando no ano 2000 comezou o primeiro programa operativo

Loita contra a Discriminación Acceder (2000‐2006), unha das primeiras accións comúns realizadas

consistiu en realizar un mapa dos procesos e tentar describir os fluxos existentes, para que a práctica

do día a día fose un reflexo fiel das apostas metodolóxicas do programa. A pretensión última é que a

base de datos que recolle a intervención individualizada coas persoas respondese a ese mapa de

procesos. Poucos meses despois, a complexidade dos procesos reais fixeron entrar en vía morta a

forma ideada inicialmente para a xestión por procesos.

Iso non supuxo un obstáculo para a posta en marcha da segunda das estratexias: a participación na

creación da norma ONGconcalidad. A norma formaba parte dunha aposta polo desenvolvemento

dun sistema de xestión de calidade propio e específico do sector. Os debates posteriores, aínda non

concluídos, sobre a pertinencia do emprego dos sistemas de xestión de calidade procedentes do

mundo da empresa no sector social fan que o espírito que inspirou a elaboración da norma deba

considerarse plenamente vixente.

Como a implantación da norma sufriu múltiples atrasos, a FSG tomou dúas decisións moi relevantes:

por unha banda, facer da xestión por procesos o celme da xestión da entidade; por outra, considerar

o proceso de xestión dos proxectos como o proceso fundamental na acción da fundación, regulándoo

mediante un protocolo detallado e engadindo sucesivas ferramentas de xestión a ese proceso. Esta

progresiva adaptación culminou recentemente coa implantación dunha base de datos de xestión que

pretende recoller de forma unificada e centralizada, pero accesible ao conxunto da organización, o

conxunto de ferramentas pertinentes para a xestión do proceso do ciclo de proxecto.

Pero a necesidade de completar a xestión de calidade dunha forma recoñecible deu orixe á posta en

marcha da certificación de calidade conforme á Norma ISO 9001 para os servizos do programa

Acceder. A certificación avanzou positivamente durante os primeiros meses, pero logo atopouse con

importantes atrancos que fixeron adiar o proxecto de certificación ata o día de hoxe.

Ese proxecto de certificación obrigou a modificar substantivamente os soportes de xestión dos

procesos de apoio, moito máis que os procesos esenciais. E nese cambio producíronse novidades no

ámbito do sector e dos proxectos de certificación: dunha banda, as entidades comprometidas coa

norma ONGconcalidad crearon a Fundación Instituto para a Calidade nas ONG (ICONG), que nos

acompañan nesta mesa; doutra, apareceron novas iniciativas de calidade no sector, nomeadamente

26

as da Plataforma de Entidades de Acción Social e a da Fundación Luis Vives. Esta última baséase, de

forma explícita, no sistema de aseguramento da calidade da EFQM.

En Galicia, a FSG participou na primeira convocatoria do curso de xestión de calidade impartido por

INTRESS e promovido pola Obra Social de Caixa Galicia. Esta participación, dirixida a mellorar os

procedementos da acción social, contribuíu a consolidar a cultura da calidade en toda a organización

no eido territorial e incrementou a capacidade de aplicar esa cultura aos proxectos de voluntariado.

Realizáronse dúas enquisas de satisfacción dos/as usuarios/as, estando a terceira en fase de

preparación; tamén se implantou unha enquisa de clima laboral, que será xeneralizada ao conxunto

da entidade durante o presente 2009. Ademais, existen indicadores de resultados tanto no programa

Acceder como nas planificacións realizadas tanto no eido autonómico coma local.

Porén, aínda non está concluída a certificación da norma de calidade ISO 9001. Na actualidade,

estamos a acometer a segunda xeira da implantación do sistema de calidade e temos previsto

rematar o actual período durante o primeiro semestre do ano 2010.

A cultura da calidade e a procura da eficiencia

A pesar dos fracos resultados acadados, e malia non ser obxecto desta comunicación disimular os

atrancos con que a nosa organización se atopa no seu decorrer diario, o certo é que a cultura da

calidade e a procura da eficiencia van impregnando o conxunto da organización.

Dous son os principais indicativos que podemos achegar para fundamentar esta afirmación: a

implantación da base de datos de xestión supón agrupar os procesos estratéxicos e de apoio nunha

única ferramenta de xestión, da que dependen as restantes. A través dela conséguese unificar a

información relevante sobre a xestión dos proxectos, que constitúen a base de toda a actuación da

FSG. Ademais, na práctica diaria xorde constantemente a dicotomía entre os procedementos

empregados por convencemento e aqueles que son de obrigado cumprimento. A nosa organización

pretende empregar co conxunto das partes interesadas un conxunto de procedementos

suficientemente homoxéneo como para ser recoñecida por elas dende a óptica da calidade. Por

outra banda, incrementa o seu esforzo para coñecer que resultados está a lograr para os seus

clientes e para as persoas na organización. Esta aposta levou a fundación a ter desaxustes con

algunhas contrapartes dos nosos proxectos que obran dende ópticas alleas á cultura da calidade e da

rendición de contas. Pero, ao propio tempo, consegue reforzar a percepción, tanto interna coma

externa, de ser unha entidade orientada a producir resultados para as persoas, con transparencia e

mediante procedementos reproducibles e útiles en contextos diferentes.

O voluntariado na FSG

O Secretariado Xitano é unha fundación que procede, ao seu tempo, da Asociación Secretariado

Xeral Xitano. A asociación tiña unha base social fundamentada na existencia de asociacións de

carácter local (coa denominación de Secretariado Xitano Local) e na participación de persoas

solidarias coa cuestión xitana, pertencesen ou non á minoría cultural xitana. Daquela, o voluntariado

era connatural a aquela forma asociativa primeira que nos caracterizou. Pero o despregue do

asociacionismo xitano, co conseguinte repregue das formas asociativas “solidarias” e a aposta da

27

Asociación do Secretariado Xeral Xitano pola profesionalización foron deixando pouco oco á acción

voluntaria. O desenvolvemento do Programa Operativo Acceder e o paso á forma xurídica de

fundación foron novos pasos que dificultaron o desenvolvemento do voluntariado.

Porén, a dirección da entidade, a instancias do padroado, entendeu que resultaba prioritario para a

fundación dotarse dunha base social solidaria coa cuestión xitana, que permitise a mobilización de

persoas e de recursos a prol da igualdade de oportunidades e que constituíse a primeira liña de

acción para a construción dunha sociedade verdadeiramente intercultural. Esa prioridade traduciuse

na creación do programa de voluntariado e na elaboración dun documento‐marco e un documento

metodolóxico de acción.

O programa de voluntariado foi creado no seo do Departamento de Recursos Humanos, entendendo

que pretendía reforzar as capacidades das persoas dentro da organización; e que os servizos que se

lles prestaban ás persoas voluntarias estaban articulados de forma análoga aos que se prestaban ao

corpo técnico da entidade. Este convencemento posibilitou que algúns dos procedementos creados

inicialmente para a xestión do voluntariado, como o procedemento de acollida, fosen transferidos

con posterioridade ao ámbito da acollida do persoal remunerado da fundación.

A partir de 2004, os Encontros Estatais de Voluntariado da Fundación Secretariado Xitano céntranse

na elaboración e validación dos documentos de xestión do voluntariado na entidade. Iso non impide

que teñan unha certa forma festiva, nin o intercambio de experiencias en diversos ámbitos de

intervención. Pero van sendo analizados e validados, tamén corrixidos, os principais documentos

relativos á acción voluntaria: o Documento Marco da Acción Voluntaria na FSG, o Documento

Metodolóxico de Xestión do Voluntariado e, posteriormente, o Plan de Formación.

Os dous primeiros documentos foron aprobados polo padroado da fundación na súa primeira sesión

ordinaria de 2007. Na actualidade, está a piques de pecharse o plan de formación, logo dunha

experiencia xa dilatada de posta en marcha das accións formativas descritas no documento de

xestión.

Esta forma de proceder permitiu a aliñación da estratexia de voluntariado coa misión da fundación e

coa visión expresada no plan estratéxico, o liderado da alta dirección, a participación activa do

voluntariado e das persoas responsables da xestión do voluntariado na entidade, así como a

conxunción entre os elementos de carácter executivo e aqueles outros de carácter participativo.

O documento marco recolle os principios e valores que inspiran o voluntariado na FSG, a súa

pertinencia e o seu encadre institucional; reflicte con claridade cal é a misión do voluntariado e o seu

rol para o cumprimento da misión da promoción integral da comunidade xitana con respecto á súa

identidade cultural e para atinxir a construción dunha sociedade intercultural dende os principios da

liberdade, a tolerancia, a xustiza e a participación.

O documento metodolóxico integra todos os protocolos de xestión nun marco de xestión por

procesos intimamente relacionado cos procesos de xestión de voluntariado comunmente asumidos:

sensibilización e mobilización, acollida, compromiso, formación, participación na realización dos

proxectos, acompañamento e despedida. Así quedan relacionados os elementos que dimanan dos

principios e valores das persoas, a orientación pedagóxica, o cumprimento das obrigas formais na

xestión do voluntariado dentro dun marco de xestión por procesos.

28

O Plan de Formación, pola súa parte, pretende recoller a experiencia acumulada na fundación

relativa á formación inicial, á formación específica para as diferentes tarefas e á formación continua

das persoas voluntarias. Pretende, ademais, reforzar as competencias interculturais do voluntariado

e a súa capacidade de realizar intervencións socialmente significativas en contextos de diversidade

cultural.

O voluntariado e a xestión da calidade

Como podemos ver, tampouco no ámbito do voluntariado está implantado un sistema de xestión da

calidade que permita a existencia dunha certificación. Porén, estamos rematando o círculo que senta

as bases para a xestión de calidade.

En primeiro lugar, o feito de situar o voluntariado no ámbito dos recursos humanos permite situar a

xestión do voluntariado dentro da xestión das persoas (“axentes” no modelo EFQM) e da pretensión

de conseguir resultados para as persoas que forman a organización (“resultados nas persoas” no

citado modelo).

En segundo lugar, todos os procedementos vixentes están documentados, están accesibles e quedan

convenientemente rexistrados. Existe un rexistro central da fundación que posibilita o cumprimento

da Lei xeral de voluntariado (Lei 5/1995) e da LOPD.

Por último, están documentadas e comunicadas as funcións e responsabilidades das diferentes

persoas que participan nas actividades. Esa documentación e comunicación faise constar de forma

expresa no compromiso de acción voluntaria, non só por ser un requisito, senón porque clarifica o

alcance da acción voluntaria. Tamén se definen as estruturas de participación do voluntariado na

xestión e na aplicación das políticas da entidade. Está en fase de aprobación a realización dun plan de

formación de voluntariado. Existe, asemade, un regulamento que reflicte os dereitos e deberes do

voluntariado na FSG e un sistema que apunta na dirección de xestión por competencias do propio

voluntariado. Para cumprir os requirimentos explícitos da norma ONGconcalidad, faltaría a

realización dunha enquisa de satisfacción do voluntariado e a súa aplicación anual.

Conclusión

En termos xerais, a nosa organización ten moito traballo por diante antes de completar o camiño que

vai dende a pretensión da realización dun traballo de calidade á implantación de sistemas de xestión

da calidade. Con todo, o noso convencemento maior é que resulta máis relevante a decisión de

andar ese camiño que o treito que queda por percorrer. Moitas veces, a distancia convértese en

escusa para non asumir retos. Nós queremos andar da man do voluntariado ese camiño. Dende a

ilusión polo que levamos xa camiñado, cremos que non é hora de buscar desculpas, senón a de

procurar con realismo, pero tamén con ilusión, asegurarnos de que prestamos os mellores servizos

para as persoas peor tratadas pola nosa sociedade.

29

AULA DE COMUNICACIÓNS 2

COMUNICACIÓN INTRESS

“O TRABALLO EN REDE NO MARCO DOS PROGRAMAS FORMATIVOS DE

SOCIALIA CALIDADE”

JESÚS MEDÍN MORA

O TRABALLO EN REDE NO MARCO DOS PROGRAMAS FORMATIVOS DE SOCIALIA

CALIDADE

Programa líder a nivel estatal en promoción da calidade nos Servizos Sociais

Planificación Estratéxica: Duración 8 meses, 4 sesións de grupo, 18 horas de consultoría

Xestión de Calidade: Duración 10 meses, 9 sesións de grupo, 27 horas de consultoría

Certificación ISO 9001: Duración 12 meses, 8 sesións de grupo, 24 horas de consultoría

EFQM: Duración 14 meses, 7 sesións de grupo, 24 horas de consultoría

Enfoque ao cliente – Mellora continua – Resultados

Programa de implantación da ISO 90001

Plan ISO – Manual de procesos – Manual de Calidade – Implantar e xerar rexistros –

Certificación (Revisión dirección e Auditorías internas) – Plans de Mellora

Programa de Xestión da Calidade:

Conceptos clave – Requisitos – Grupos de interese – Procesos – Lorca – Procedementos –

Indicadores – Auditorías – Revisión dirección - Mellora

Plan de cada ONG – Autoavaliación – Política de calidade – Mapa de procesos – Redactar

procesos – Perfís – Indicadores – Cuestionarios – Obxectivos de calidade – Avaliación final

Principais resultados obtidos

Necesidades e expectativas iniciais das ONGs participantes – Desenvolvemento do

programa: 10 sesións de grupo e 9 sesións individuais = 90% de asistencia, 90% de

documentos elaborados, 90% de ONGs van á ISO, 85% dos participantes bastante ou moi

satisfeitos

Principais resultados previstos

100 certificacións de calidade de 2007-2010

2007- 2008: 18 certificados ISO en Galicia

2009: 18 certificacións ISO 9001 e 4 EFQM.

2010: 50 certificacións ISO (14 en Galicia, 18 en Valencia e 18 en Castela León)

30

Enfoque xeral dos Programas formativos

As organizacións somos persoas traballando para persoas (sistemas de xestión)

A Calidade fai visibles os resultados

Unha ferramenta transversal e integral.

O valor da calidade para as necesidades usuarios

Atender aos usuarios: CALIDADE DE VIDA

Organizarse ben: CALIDADE DE XESTIÓN

Compromiso social: CALIDADE ÉTICA

Unha ferramenta para cada grupo de interese

Usuarios – Calidade de vida / Empregados – Calidade laboral / Directivos – Calidade de

Xestión / Sociedade – Calidade ética / AAPP – Calidade contratada

A Calidade un posible camiño para as ONGs: enfoque cliente – mellora continua –

resultados

Planificación anual (Plan anual – memoria) > Planificación estratéxica (Plan estratéxico –

indicadores) > Xestión por procesos (Plans de procesos – Rexistros – auditorías –

Obxectivos de calidade) CERTIFICADO ISO 9001 > Camiño á excelencia (Grupos de

interese – estratexia e procesos – Auto avaliación EFQM – Plan de mellora) SELO EFQM

A Calidade: dar o mellor en función de cada contexto e de cada historia

O traballo en rede: unha metodoloxía propia dos Programas de Socialia Calidade

Un aceno de identidade: o traballo en rede

1. Aprendemos juntos

2. Compartimos documentación

3. Nos revisamos los documentos

4. Nos auditamos mutuamente

5. Comparamos resultados para mejorar

6. Procuramos pasarlo bien

7. Nos animamos en los momentos difíciles

8. Nos comprometemos en plazos comunes

9. Los conocimientos adquiridos revierten en todos

10. Solicitamos juntos la certificación

Plan para implantar un sistema de calidade:

+ Prepararse:

– Informarse: Formación inicial sobre introdución á calidade

– Formación sobre os requisitos da ISO 9001

– Realizar unha avaliación inicial

– Elaborar un plan de implantación e de comunicación

– Asignar recursos: designar responsable de calidade e comité

– Formarse sobre xestión por procesos

+ Documentar:

– Manual de calidade

– Manual de procesos:

31

Plans de xestión de procesos

Procedementos

Protocolos ou instrucións de traballo

Formatos de rexistros

+ Implantar:

– Aprobar a documentación e difundila

– Xerar rexistros

+ Comprobar:

– Formarse sobre auditorías de calidade

– Realizar as auditorías internas

– Realizar a revisión pola dirección

– Realizar a auditoría externa

– Obter a certificación

+ Mellorar:

– Plans de mellora, obxectivos de calidade, accións correctivas …

Puntos críticos na implantación

Compromiso da dirección

Adecuada xestión do cambio

Comunicación e difusión

Implicación do persoal

Formación de persoas clave

Non obsesionarse cos requisitos

Relativizar a auditoría externa

Bo clima e motivación

Dispoñibilidade de tempo

32

AULA DE COMUNICACIÓNS 2

COMUNICACIÓN INSTITUTO DE CALIDADE DE ONG – ICONG

“O INSTITUTO PARA A CALIDADE DAS ONGs E A NORMA ONG CON

CALIDADE”

JUAN FERNANDO DOMINGO LOPEZOSA

A situación actual da asistencia social, as súas fontes de financiamento, o tamaño e a

traxectoria das organizacións do terceiro sector fixeron que o debate estratéxico do sector

se traslade cara á calidade dos servizos e á mellora continua.

A Norma ONG con Calidade está publicada na súa versión terceira e estase preparando

unha cuarta.

A norma e a certificación de sistemas baseados nela non son fins en si mesmos, senón tan

só ferramentas para a mellora e o camiño de cara á excelencia na xestión.

O Instituto para a Calidade das ONG créase no 2008 e ten como principais actividades a

certificación da norma, a xestión e difusión do coñecemento arredor da xestión da calidade

no terceiro sector de acción social e o recoñecemento ás organizacións que realizan un

acercamento ao mundo da calidade, a mellora continua e a excelencia.

O Instituto para a Calidade das ONG e a Norma ONG con Calidade

Hai xa dez anos que o terceiro sector de acción social se dotou dunha norma de xestión da

calidade: Norma ONG con Calidade. Na actualidade, está a punto de publicarse a terceira

edición desta.

No mundo da xestión de organizacións existen multitude de normas, modelos, códigos de

boas prácticas…, cada un enfocado desde un punto de vista específico.

Evidentemente, existen tamén normas e modelos de xestión da calidade xenéricos. Quizais

ISO9001 e o modelo europeo de excelencia –EFQM– sexan os máis coñecidos no ámbito

das ONG.

En ambos os casos, trátase de mandatos e indicacións de xestión que poden ser aplicados

a calquera organización de produtos ou de servizos; esa é a súa razón de ser como

modelos indicativos ou normativos. A súa virtualidade é, ao mesmo tempo, a súa debilidade.

33

Efectivamente, os redactores de ambos os documentos coidáronse, na orixe, de establecer

criterios o suficientemente amplos como para lle dar cabida á actividade de calquera

organización pertencente a case calquera sector.

Neste sentido, neles atópanse desenvoltos, con maior ou menor extensión, con maior ou

menor fortuna, todos os puntos que conforman ou inflúen na percepción da calidade dos

usuarios dun produto ou servizo.

É evidente que o corpus fundamental destes documentos se estableceu sobre un panorama

de actividade que non incluía, ou facíao tanxencialmente, o terceiro sector.

Tamén é certo que, sobre ambos os documentos, se fixeron multitude de adaptacións e

engadidos que lles permitiron, polo menos facilitaron, ás nosas organizacións a aplicación

das normas internacionais aos seus sistemas de xestión.

Antes de continuar, gustaríame facer un inciso para expoñerlles cales son algúns dos

elementos que, ao meu xuízo, caracterizan a posición actual do terceiro sector.

En primeiro lugar, son cada vez máis as persoas e as institucións que asumiron principios

como os de solidariedade, dignidade e participación.

Hai anos eran uns poucos os que acampaban fronte ao Ministerio de Economía para

solicitar que se destinase un 0,7 % do orzamento a solidariedade.

En 2009, estas e outras partidas orzamentarias están asumidas, son permanentes no tempo

e a súa eventual eliminación non sería entendida pola inmensa maioría da xente.

Moitas empresas comerciais asumiron a necesidade de responsabilizarse coa sociedade na

que desenvolve a súa actividade. Como asumir esa cota de responsabilidade cos demais é

aínda un debate aberto.

E, finalmente, unha gran maioría dos cidadáns adoptaron como propios os valores que

algunhas persoas puxeron sobre a mesa do debate social hai anos.

Os tres elementos fundamentais do tecido social dunha comunidade –sociedade civil,

economía e política– son agora, por un ou outro motivo, proclives aos valores que se

defenden desde o terceiro sector.

As organizacións de acción social tiveron un papel fundamental na construción desta

realidade.

Desenvolvemos un marco ideolóxico que lles deu cabida ás inquietudes e necesidades duns

e doutros.

34

Respondemos ás demandas da sociedade, do Estado e das empresas co desenvolvemento

de proxectos ad hoc e coa prestación de servizos adecuados e suficientes, sempre

optimizando os recursos dispoñibles.

Ademais, non hai que esquecer que actualmente o sector alcanzou un tamaño, unha masa

crítica, que lle permite reclamar un posto entre os principais xestores de recursos públicos e

privados destinados a mellorar as condicións de vida da xente.

Varias organizacións do terceiro sector superan en tamaño, capacidades e traxectoria as

grandes corporacións asistenciais privadas e en termos de prestación de servizo fano, polo

menos, en pé de igualdade con elas.

O panorama descrito apunta a un sector cunha razón de ser consolidada, con fontes de

financiamento basicamente estables e polas que hai que competir, non só con axentes

privados, senón entre as propias organizacións e cunha experiencia e masa crítica

importantes.

É evidente que o terceiro sector demostrou que pode facer as cousas, facelas ben e manter

a actividade no tempo… É pois a hora de discutir cales son as liñas estratéxicas que

debemos adoptar nos vindeiros anos.

A discusión será longa e seguramente produtiva. A especialización das organizacións

apunta a unha gran riqueza de puntos de vista, pero sobre o que non hai ningunha dúbida é

que a aposta pola mellora da calidade dos servizos prestados, a eficiencia no emprego dos

recursos, a xestión das persoas baseada en criterios éticos e a rendición de contas á

sociedade ocuparán un espazo central na estratexia sectorial.

Para o desenvolvemento desta liña estratéxica é necesario dispoñer das ferramentas

teóricas adecuadas.

Xa comentamos anteriormente a relativa inadaptación á realidade da acción social dos

instrumentos ao uso no mundo dos sistemas de xestión da calidade.

Tanto as formulacións de partida como, incluso, a linguaxe na que están redactadas as

normas ou modelos estándar teñen certa distancia coas nosas organizacións.

Era importante, xa o intuíron algúns hai dez anos, que desde o seo do propio sector de

acción social se puxese en marcha unha ferramenta, como a Norma ONG con Calidade,

capaz de lles servir de panca ás organizacións que pretenden encamiñarse cara á xestión

da calidade e a mellora continua.

Hai que resaltar aquí o carácter de ferramenta que ten a norma. A implantación dunha

sistemática de traballo baseada nunha Norma como ONG con Calidade e a súa eventual

certificación non é un fin en si mesmo.

35

A norma é simplemente unha guía para quen pretenda mellorar, alcanzar ou acercarse á

excelencia.

É obvio que a situación de partida non é cero. Hai moitas organizacións do terceiro sector

con camiño percorrido e algunhas outras excelentes; a propia norma está na súa terceira

edición e nestes intres o Comité Técnico de ICONG está realizando os estudos preliminares

para a redacción da cuarta edición.

Malia o anterior, o camiño por percorrer é aínda moi longo.

En primeiro lugar, é necesario un apoio decidido da Administración e das empresas a

aquelas organizacións que pola súa madurez poidan asumir unha sistemática de xestión da

calidade baseada en normas e especialmente na Norma ONG con Calidade.

En segundo lugar, é necesaria a consolidación dun referente técnico sectorial que poida

xestionar a norma e administrar a forma en que esta se implanta na xestión das diferentes

organizacións.

Desta necesidade xorde o Instituto para a Calidade das ONG (ICONG).

O Instituto para a Calidade das Organizacións non Gobernamentais (ICONG) é unha

asociación formada por doce entidades:

• FEAPS

• ONCE

• Fundación Secretariado Xitano

• Cruz Vermella

• UNAD

• INTRESS

• Plataforma de Voluntariado

• Federación de Mulleres Progresistas

• Plataforma de ONG de Acción Social

• Fundación Marxes e Vínculos

• Cáritas Española

• Plataforma de Asociacións de Infancia

ICONG foi constituída en abril de 2008 e as súas actividades comezaron de maneira

efectiva en outubro dese ano.

A actividade de ICONG configúrase en tres eixes fundamentais: certificación, coñecemento

e recoñecemento.

Unha das principais misións do instituto é o desenvolvemento da Norma ONG con Calidade,

da que é propietario.

36

Para iso actúa en dous sentidos. En primeiro lugar, mantendo a norma actualizada e

publicada. ICONG conta cun comité de expertos: Comité Técnico de Desenvolvemento e

Innovación. Entre as tarefas do dito comité está a redacción e publicación de todo tipo de

documentación técnica e normativa e mantén aberto un proceso continuo de estudo dos

textos normativos en vigor realizando modificacións sobre eles cando son necesarias.

Xa se comentaron anteriormente que están iniciados os traballos para a redacción da

versión catro da norma.

Ademais, ICONG administra a norma pola vía da certificación. Neste intre estamos en fase

de acreditación ante a Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).

ENAC é o organismo encargado pola Administración para establecer e manter o sistema de

acreditación en todo o Estado. A acreditación é un sistema internacional de xeración de

confianza para os organismos ou empresas que realizan traballos de avaliación da

conformidade.

Neste sentido, ENAC debe aceptar a norma como instrumento válido de xestión e,

posteriormente, determinar se ICONG –ou outras organizacións que pretendan emitir

certificacións de acordo coa nosa norma– é competente tecnicamente para avaliar a

conformidade doutras organizacións.

En principio, o instituto debe establecerse formalmente como organización empresarial e

comezar os seus labores de auditoría e certificación de acordo coa norma, implantar un

sistema de calidade propio e, finalmente, ser auditado por ENAC.

O proceso, que xa se iniciou, ten unha duración estimada de doce meses de traballo

efectivo.

ICONG tamén ten unha importante misión que cubrir na difusión da cultura de calidade no

terceiro sector.

Como mencionabamos anteriormente, é necesario que o instituto se converta nun referente

técnico, pero tamén de ideas: un think tank da calidade no sector.

A vía do coñecemento implica xerar mecanismos de creación e recompilación deste, así

como a xeración dos sistemas de acceso á información.

Neste sentido, o comité de expertos do instituto, que se desdobra en calquera número de

subcomités específicos, será a ferramenta adecuada para poñer á disposición dos

interesados no mundo da calidade, sectoriais ou non, todo o corpus de información existente

ou a que poida ser desenvolvida –mediante recompilación, traballo teórico ou investigación,

desenvolvemento e innovación– en áreas sobre as que ata o de agora non existen, ou

37

posicións teóricas ou practicidades recoñecidas como exitosas e sobre as que é

conveniente deixar constancia que as faga transcendentes.

Para a distribución deste coñecemento, o instituto está desenvolvendo un amplo programa

de publicacións propias e patrocinadas de cara a constituír un fondo sobre aspectos

relacionados coa xestión da calidade nas organizacións do sector.

A segunda gran vía de acción con respecto á distribución do coñecemento é a formación.

ICONG deberá desenvolver un paquete formativo que inclúa tanto aspectos relacionados

coa comprensión da norma, como da praxe de implantación de sistemas de xestión

baseados nela.

Evidentemente, ao ser o instituto unha organización destinada, ante todo, ao fomento da

cultura da calidade en sentido amplo, o paquete formativo non só estará centrado en ONG

con Calidade, senón que abarcará, para todos os niveis das organizacións, o conxunto do

que se denominou o paradigma da calidade e cun triplo obxectivo: cultural, instrumental e de

capacitación.

Por último, o instituto debe desenvolver, como referente sectorial, un sistema de

recoñecemento –o recoñecemento e o apoio da alta dirección están no centro das claves de

éxito da xestión da calidade– que sexa facilitador e que consolide os procesos de cambio

nas organizacións de acción social.

A certificación xa é un xeneroso recoñecemento ao traballo ben feito, pero máis alá diso as

boas prácticas, o esforzo continuado pola mellora e os éxitos alcanzados non deben quedar

na indiferenza ou no descoñecemento e ICONG, na súa vocación xeneralista ao respecto do

mundo da calidade e do terceiro sector de acción social, debe ser un actor principal neste

campo.

O camiño do instituto iniciouse hai pouco tempo e os vindeiros meses serán fundamentais

para o establecemento e éxito a longo prazo das formulacións estratéxicas que acabamos

de esbozar esta tarde.

O traballo para desenvolver é moito e a recompensa –máis alá do éxito na nosa xestión–,

gústame dicir isto nun congreso sobre acción voluntaria, non pode ser outra que a

satisfacción das persoas que compoñemos o instituto e o cumprimento dos nosos valores

centrais: dignidade e defensa dos dereitos, solidariedade, igualdade e non discriminación

das persoas, transparencia na xestión e compromiso coa responsabilidade.

38

AULA DE COMUNICACIÓNS 3

I. Presentación da AECC

1. Que é?

COMUNICACIÓN ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO –

PONTEVEDRA

ALICIA SARMIENTO PEÑA

A Asociación Española Contra o Cancro é unha ONG de carácter benéfico asistencial e sen fin de

lucro, constituída o 5 de marzo de 1953.

Foi declarada de Utilidade Pública por acordo do Consello de Ministros adoptado na súa reunión do

día 24 de abril de 1970.

Implantación: 52 provincias, máis de 2.000 localidades.

2. Orixe e traxectoria da AECC

Relato da xestación da AECC. Unha tarde chuviosa, fría e invernal, D. José Biosca, empresario, volvía

de Toledo a Madrid cando na estrada atopou unha muller que reclamou a súa axuda para chegar á

capital onde o seu fillo tiña que recibir tratamento para curar o cancro. No transcurso da viaxe, a

muller tivo ocasión de desafogarse, de expresar as dificultades e o sufrimento que lle causaba a

enfermidade. Descoñecemos o que pasou pola mente de D. José Biosca ese día, pero si sabemos que

o que escoitou non o deixou impasible. Esa muller descoñecida para el púxolle ante os ollos unha

triste realidade, unha realidade devastadora, amarga, que o levou a actuar, que o levou a crear a

asociación.

Fase de creación 1953-1965

A AECC destinou todos os recursos á asistencia hospitalaria, á atención do enfermo e á

dotación técnica dos centros hospitalarios.

Fase de crecemento e desenvolvemento 1965-1999

Desenvolvemento do diagnóstico precoz de cancro xinecolóxico a través de PAP, creación da

Fundación Científica da AECC, creación dos programas Vivir como antes, dirixido a apoiar as mulleres

con cancro de mama e voluntariado de forma oficial nos hospitais e nos servizos de Prevención

Primaria, Atención Psicolóxica, Rehabilitación e Reinserción, Infocancer e Coidados Paliativos.

Fase de madurez e proxección. De 2000 en adiante

39

No século XXI, a innovación tecnolóxica, a creación do portal da AECC www.todocancer.org, a

intranet AECC www.intranet.aecc.es, así como diferentes programas e cursos de formación en liña; o

impulso da investigación oncolóxica e a negociación de convenios de colaboración coas

administracións autonómicas para que as unidades de coidados paliativos e de detección precoz do

cancro de mama se vaian integrando na rede pública ou mantendo os servizos de atención ao

enfermo para os que non existen coberturas públicas e un maior esforzo na realización de campañas

de prevención para chegar a un maior número de persoas.

3. Misión

A loita contra o cancro en todas as modalidades coñecidas ou que se coñezan no futuro.

4. Obxectivos

• Diminuír a taxa de incidencia e/ou mortalidade por cancro.

• Mellorar a calidade de vida dos enfermos de cancro e das súas familias.

• Potenciar a investigación na loita contra o cancro.

• Promover a formación entre os colectivos profesionais e voluntarios que traballan na

loita contra o cancro.

5. Funcións

1. Representar a sociedade civil ante as administracións públicas para facilitar a adopción de medidas

e políticas que garantan a prevención da enfermidade, a investigación e a mellor asistencia dos

afectados.

2. Promover a participación e a mobilización cidadá co obxecto de implicar a comunidade na procura

de solucións na loita contra o cancro.

3. Planificar e executar estratexias, programas e servizos de atención aos enfermos e ás súas familias,

de prevención, formación e investigación.

II. Programas e servizos

I. Prevención

• Código Europeo contra o Cancro

• Campañas informativas

• Programa de deshabituación tabáquica

• Programas de prevención para mozas

• Programa de hábitos saudables de alimentación

• Programa e‐mails saudables para empresas

• Materiais divulgativos e publicacións

40

CÓDIGO EUROPEO CONTRA O CANCRO

Sete de cada dez cancros poderíanse evitar. O tabaco, unha alimentación inadecuada, a falta de

exercicio físico, a obesidade, a exposición solar sen protección e a exposición a substancias

canceríxenas e radiacións nos lugares de traballo son causa do 70% dos

cancros. A AECC centra as súas actuacións preventivas fundamentalmente nestes factores de risco,

recollidos no Código Europeo Contra o Cancro.

ADOPTE UN ESTILO DE VIDA SAN

Non fume. Se fuma, non o faga diante doutras persoas.

Evite a obesidade.

Realice algunha actividade física moderada todos os días.

Consuma polo menos 5 racións de froitas, verduras e hortalizas ao día e evite as

graxas de orixe animal.

Limite o consumo de bebidas alcohólicas a dúas consumicións diarias se é home, e

a unha se é muller.

Protéxase do sol axeitadamente. É especialmente importante protexer os nenos e

adolescentes.

Siga as instrucións de seguridade ante calquera exposición a axentes canceríxenos.

PARTICIPE NOS PROGRAMAS DE SAÚDE PÚBLICA

A partir dos 50 anos, debería realizar as probas de detección precoz de cancro de

colon.

Participe nos programas de vacinación contra o virus da hepatite B.

E SE É MULLER

A partir dos 25 anos, debería realizar citoloxías para detectar precozmente o cancro

de colo de útero.

A partir dos 50 anos, debería realizar mamografías para detectar precozmente o

cancro de mama.

CAMPAÑAS INFORMATIVAS

Día Mundial sen Tabaco. Celébrase o 31 de maio e o seu obxectivo é incrementar a

sensibilización dos cidadáns sobre o problema que representa o tabaquismo.

Día Mundial contra o Cancro. Celébrase o 4 de febreiro e cada ano céntrase nun

tema concreto relacionado co cancro. O obxectivo é concienciar a sociedade sobre

aspectos fundamentais relacionados co cancro e o seu tratamento.

Menos fumes. Bares e restaurantes sen fume. O seu obxectivo é ofrecer información

sobre a nova Lei de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo 28/2005 entre os

profesionais do sector da hostalería. Para iso, creouse un espazo específico na web

da aecc.www.todocancer.org/MenosHumos.

Sensibilización sobre protección solar. O obxectivo é informar sobre os riscos da

exposición solar sen protección e a prevención do cancro de pel.

41

Día contra o Cancro de Mama. O día 19 de outubro, a AECC desenvolve unha

campaña de concienciación dirixida á muller sobre a importancia da prevención e

detección precoz do cancro de mama.

Prevención

Programa de deshabituación tabáquica. A AECC ofrécelles de forma gratuíta aos fumadores a

posibilidade de recibir tratamento para deixar de fumar.

Prevención do consumo do tabaco e do alcol en colexios. Co fin de evitar o futuro consumo

de tabaco e alcol, a AECC desenvolve este programa en centros educativos, involucrando no

traballo preventivo tanto a alumnos como a profesores.

Actúa contra o cancro, actúa pola túa saúde. Programa de formación a través de internet

dirixido a alumnos de centros escolares con idades comprendidas entre os 11 e 13 anos que

ofrece información básica sobre a prevención do cancro.

Mozos pola saúde. Programa dirixido a nenos e mozos con idades comprendidas entre 8 e 25

anos que ofrece un amplo abano de actividades formativas, recreativas, culturais e

deportivas.

Hábitos saudables de alimentación. O 35% dos tumores están relacionados con factores

alimenticios. A AECC desenvolve accións informativas e formativas sobre alimentación e

cancro, dirixidas tanto a adultos como a nenos.

Programa e‐mails saudables a empresas. Envío regular de correos electrónicos con mensaxes

de prevención e detección precoz do cancro que se distribúen a todo o persoal da empresa.

Edición de materiais divulgativos e publicacións: carteis, folletos e guías, CD multimedia,

vídeos. Estes materiais son gratuítos e pódese acceder a eles a través da web da AECC.

II. Diagnose precoz

Obxectivo

Reducir a mortalidade por cancro.

Programas

Os programas de cribado de cancro permiten diagnosticar a enfermidade precozmente

aumentado a probabilidade de cura e a supervivencia. Na actualidade, existen tests ou

probas de cribado para o cancro de mama, cérvix e colon.

Estes programas lévanse a cabo en colaboración coa sanidade pública.

III. Atención a pacientes e familiares

Atención psicolóxica

42

Servizo de Terapia Psicolóxica para o enfermo e a familia

Este servizo constitúe un importante compoñente dos coidados que lles proporcionamos aos

pacientes oncolóxicos e aos seus familiares, ofrecéndolles estratexias para afrontar as consecuencias

emocionais derivadas da enfermidade.

Este tipo de servizo ofrécese tanto en hospitais como nas sedes da AECC.

Moito por vivir

Plan de atención integral á muller diagnosticada de cancro de mama. Xorde para lles dar resposta ás

repercusións psicolóxicas, físicas e sociais que se derivan do diagnóstico e tratamento do cancro de

mama.

Contempla diferentes subprogramas: intervención psicolóxica individual e en grupo, intervención

social, desenvolvemento de talleres de lecer e tempo libre, rehabilitación do linfedema, reinserción

laboral e voluntariado testemuñal.

Atención integral ao enfermo operado de larinxe

O principal obxectivo deste programa é a rehabilitación integral das persoas larinxectomizadas:

+ Reducir as reaccións emocionais.

+ Recuperar a capacidade funcional da fala.

+ Elevar o nivel de expectativa no proceso de recuperación.

+ Fomentar a reinserción laboral.

Traballamos conxuntamente con outras asociacións de larinxectomizados e con voluntarios

diagnosticados de cancro de larinxe.

Atención integral ao enfermo de cancro colorrectal

A AECC, consciente da necesidade de información dos enfermos, familiares desenvolveu un amplo

abano de accións no ámbito da prevención e rehabilitación cos seguintes obxectivos:

+ Educación sanitaria acerca da ostomía e dos coidados do estoma.

+ Atención psicolóxica para evitar complicacións emocionais derivadas da enfermidade e o

tratamento.

+ Educación sobre alteracións sexuais, autoestima e habilidades relacionais.

+ Pautas de comunicación para favorecer a adaptación familiar.

+ Reinserción sociolaboral.

43

Atención social

A través do Servizo de Atención Social, a AECC ofrece axuda para paliar as necesidades económicas,

físicas e sociais derivadas da enfermidade.

Orientación sobre os recursos sociais existentes.

Prestacións sociais ao enfermo de cancro e a súa familia

Axudas económicas.

Pago de residencias.

Gastos de farmacia.

Atención domiciliaria.

Dotación de recursos mecánicos.

As axudas económicas para os diferentes tipos de necesidades anticípanse aos afectados e logo,

unha vez que a Seguridade Social realiza o pago, as devanditas prestacións son devoltas.

Residencias e pisos de acollida

As residencias permítenlle a un gran número de enfermos que teñan a oportunidade de afrontar as

súas enfermidade nunha contorna cálida, próximo ao hospital onde recibe tratamento.

Así mesmo, preténdense evitar desprazamentos e reducir o custo económico que supón permanecer

longos períodos de tempo fóra do fogar.

As residencias están destinadas a enfermos de cancro, nenos e adultos, así como aos seus

familiares directos.

Para ver a listaxe actualizada de residencias pica aquí:

http://www.todocancer.com/ESP/Informacion+Corporativa/Que+ofrecemos/Atencion+al+Enfe

rmo/Residencias+y+Pisos+de+Acogida.htm

Atención domiciliaria ao enfermo en fase terminal e á súa familia

Cancro infantil

Coidados paliativos

Desde o ano 1991, en colaboración con hospitais e áreas sanitarias, a AECC leva a cabo o servizo de

coidados paliativos domiciliarios.

É un apoio indispensable tanto para o enfermo de cancro que permanece no seu domicilio, como

para os coidadores que o atenden.

Numerosos enfermos reciben unha atención individualizada, soporte ás necesidades que aparecen e

os familiares asesoramento para que poidan afrontar adecuadamente os coidados básicos que

aseguren o benestar do paciente, por parte dos nosos equipos de profesionais (médico, DUE,

psicólogo) e voluntarios.

44

Infancia e xuventude

Co fin de lles axudar aos nenos e aos adultos da súa contorna a asumir a enfermidade e a mellorar a

súa calidade de vida, a AECC desenvolve os seguintes programas e servizos dirixidos ao neno e aos

seus familiares:

+ Atención psicosocial e animación do tempo libre para nenos oncolóxicos hospitalizados.

+ Atención domiciliaria de apoio ao neno e á súa familia.

+ Programa Vencer xogando.

IV. Información para todos

Servizo de atención telefónica Infocáncer 900 100 036

Liña gratuíta, de ámbito nacional, a través da que se proporciona información sobre o cancro,

asesoramento sobre os recursos existentes e facilítaselles apoio emocional a enfermos e familiares.

Unha media de 7.000 persoas fan consultas cada ano a través deste servizo.

Os obxectivos fundamentais de Infocáncer son:

+ Facilitar o desafogo emocional dos enfermos e das súas familias.

+ Proporcionar información de carácter médico respecto do diagnóstico, tratamento, efectos

secundarios, evolución e prognóstico.

+ Ofrecer orientación psicolóxica e de todos os recursos sociais dispoñibles.

+ Informar a poboación sobre a conveniencia de desenvolver hábitos de prevención e detección

precoz do cancro.

www.todocancer.org ponse en marcha en setembro de 2004 co obxectivo de lles dar resposta a

todas as persoas que requiren de internet unha fonte de información veraz, rigorosa e adecuada ás

súas necesidades. Ofrece:

+ Información completa e detallada sobre o cancro. Que é, que facer, como se pode previr,

información científica, etc.

+ Foro de intercambio de experiencias.

+ Información para todos, pacientes, familiares, voluntarios, profesionais sanitarios e todo aquel

interesado pola súa saúde.

+ Resposta personalizada ás consultas recibidas.

+ Principal portal sobre cancro en castelán, cunha media de 114.855 visitas mensuais e 3.235

consultas atendidas a través da rede.

Voluntariado

No campo da oncoloxía, o voluntariado constitúe un gran soporte para enfermos e familiares ante a

problemática social que representa a enfermidade.

45

A colaboración de aproximadamente 14.000 voluntarios ao longo de toda España posibilita que a

AECC lle proporcione a súa axuda a un maior número de persoas cada ano.

En contacto directo co paciente e cos seus familiares:

Hospitais ‐ Domicilio ‐ Unidades de C. Paliativos ‐ Voluntariado Testemuñal

En contacto directo coa poboación xeral:

Prevención ‐ Obtención de Recursos

En contacto co persoal laboral das sedes da AECC:

Apoio administrativo

V. Investigación

É unha entidade creada en 1971 para canalizar os fondos que a AECC dedica á

investigación.

Promove a investigación oncolóxica:

+ Actúa de ponte entre a sociedade e a investigación científica.

+ Fomenta e desenvolve compromisos entre bioética e investigación.

+ Ofrece un servizo de biblioteca e documentación.

+ Promove a concesión de:

+ 3 proxectos de investigación dotados con 300.000 € cada un.

+ 10 axudas-contrato dotadas con 60.000 € cada unha.

III. Como nos financiamos?

LOTERÍA, CUESTACIÓN E DONATIVOS

SOCIOS, EVENTOS E ACTIVIDADES

INGRESOS POR SERVIZOS

MECENADO EMPRESARIAL, CONVENIOS E SUBVENCIÓNS PÚBLICAS E

PRIVADAS (NACIONAIS E INTERNACIONAIS)

Diversificación das fontes de financiamento

+ Achegas económicas

+ Cesión de produtos

+ Cesión redes de distribución

+ Cesión de recursos humanos

+ Participación de empregados na captación de recursos

+ Deportivos

+ Culturais

+ Espectáculos

+ Ceas e galas

+ Poxas

+ Artísticos

+ Huchas

46

+ Legados

+ Doazóns de patrimonio

+ Tenda

+ Formación externa

+ Edición de materiais educativos.

+ Servizos específicos non directos aos afectados

Asociación Española Contra o Cancro - Constituída

Profesionais: máis de 750 traballadores: médicos, psicólogos, fisioterapeutas, traballadores

sociais, administrativos, enfermeiros, técnicos especialistas en raios, etc.

Voluntarios: 14.000 aproximadamente

Socios: máis de 83.000

VI. Publicacións

Para nenos diagnosticados de cancro

Cancro infantil. Guía de apoio para profesores

Cancro infantil. Guía de apoio para pais

O cancro nos nenos

A mellor medicina

Son Daniel (DVD e libro)

Alguén moi especial xa non está

Wiky-2 O pequeno robot

Toby e a máquina voadora

Imos a radioterapia

Imos a quimioterapia

Para ti, que perdiches un fillo

Publicacións nas áreas de prevención e detección precoz

Tabaco

Guía para deixar de fumar

Malos fumes? Tabaco non, grazas

Que pasa se dis non?

A vitoria de Mario

Fumar é perder

Díptico campaña de pulmón

Exposición solar e cancro de pel

Protexe a túa pel. Protéxete do cancro

Non te pases de moren@ que dourada estás máis boa

47

Sol, cancro de pel e prevención

Publicacións nas áreas de prevención e detección precoz

Prevención e detección precoz cancro de mama

Tríptico campaña de mama 2005

Poppy Card

Cóntalles unha que lles salve a vida

Panfleto de autoexploración

Código Europeo Contra o Cancro

Código Europeo Contra o Cancro

Outros

Campos electromagnéticos

Unha visita a tempo é unha vitoria

Chegar a tempo é vencer

Folleto e díptico de cancro de próstata

Publicacións para os pacientes de cancro e os seus familiares

Muller e cancro de mama

Cancro colorrectal. Unha guía práctica

Cancro de pulmón. Unha guía práctica

Folleto e díptico de cancro de pulmón

Cancro de próstata. Unha guía práctica

Os dereitos dos pacientes de cancro

Como axudar tras o falecemento dun ser querido

Como lle facer fronte á perda dun ser querido

Cancro de pel. Unha guía práctica

Guía de coidados estéticos para o paciente oncolóxico

Que é a quimioterapia?

Que é a radioterapia?

Linfedema: prevención e tratamento

Díptico de linfedema

Materiais audiovisuais e multimedia

Tabaco non, grazas: acompaña o fume do tabaco na súa viaxe

Tabaco: non, grazas

Non te pases de moren@

Aprender a comer é fácil

Que é o cancro?

Aprenda a relaxarse

Para ti, muller

Cancro de mama

48

Publicacións institucionais

Formulario de socios

Revistas AECC

Asociación Española Contra el Cáncer. Guía

Informe anual AECC

Panfleto de voluntariado

Saúde e medios de comunicación

Infocáncer

49

AULA DE COMUNICACIÓNS 3

COMUNICACIÓN COORDINADORA PARA O ESTUDO DOS MAMÍFEROS

MARIÑOS

PABLO COVELO FIGUEIREDO

VOLUNTARIADO NA CONSERVACION DAS ESPECIES MARIÑAS AMEAZADAS

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) é unha ONG ambiental que

dende 1992 investiga e fai divulgación sobre os mamíferos mariños e as tartarugas mariñas

das nosas costas. Dende os seus comezos, e tendo en conta as características da propia

asociación e o eido de estudo no que se centran as súas actividades, a participación de

voluntariado foi parte fundamental das accións rutineiras, do bo facer ao longo dos anos e

da realización de estudos de relevancia no eido estatal e internacional, así como do

imprescindible labor de divulgación para poder achegar estas especies descoñecidas a

todos os galegos e galegas.

Centrándose nestas especies facilmente recoñecibles por todos, e que atraen a atención do

público en xeral, preténdese abordar un labor ambiental no medio mariño en xeral para

avanzar nunha cuestión que lle interesa cada vez máis á sociedade: a preocupación polo

medio. A sociedade actual non se satisfai con ter cada vez máis bens materiais, enténdese

que a preocupación polo estado do medio medra, dado que o bo estado do medio

proporciona un bo estado da sociedade que vive con base nos seus recursos, que

constitúen unha referencia para a calidade de vida.

O traballo especializado de Cemma con especies protexidas que temos a sorte de ter nas

nosas costas pretende achegar o seu labor en tres vías: a acción directa mediante a

asistencia aos animais varados vivos ou mortos e as accións de recuperación e

rehabilitación que se poidan derivar, a ampliación de coñecementos mediante o seguimento

dos animais no seu medio e os programas de investigación e, por último, a educación

ambiental como ferramenta de concienciación e transmisión de valores que faciliten a

identificación cos valores naturais do noso país e que fomenten un cambio de actitudes na

sociedade.

50

Para levar a cabo estes labores, Cemma mellorou a súa infraestrutura e recursos humanos,

pero tan inxente labor non sería posible sen a participación do voluntariado, que debe recibir

unha formación específica relacionada con estas accións para que sexan levadas a cabo co

maior éxito posible e para que, ao mesmo tempo, os voluntarios e voluntarias se vexan

apoiados, implicados e motivados no día a día. Esta faceta desenvolvida pola nosa

organización interesa especialmente, dado que se trata de especies protexidas e que o

propio funcionamento da asociación e os seus membros evoluciona con base nos cambios

sociais e o voluntariado reflicte na organización as inquedanzas que permiten ao mesmo

tempo que a asociación se enfronte á resposta das necesidades sociais en canto á

actuación ambiental.

Dende 1999, Cemma é a responsable da asistencia aos mamíferos e tartarugas mariñas

varadas nas nosas costas, as accións de recuperación e o estudo poboacional. Nos últimos

anos, a media anual foi duns 230 animais, dos que un 10% foron atendidos aínda con vida e

foi necesario o seu traslado para recuperación. Cóntase cunha unidade móbil que se

encarga da asistencia directa, da xestión da recollida de mostras biolóxicas e asesoramento

da retirada dos restos. É necesario tamén facilitar o control de costa para a detección de

animais varados, consistente na prospección costeira que se cobre con voluntariado para a

detección de calquera tipo de fauna varada (mamíferos, tartarugas e aves mariñas), para

despois tramitar os avisos procedentes aos centros de recuperación de fauna ou unidade

móbil de mamíferos mariños.

Como complemento á asistencia a varamentos, que nos achegan unha visión limitada da

realidade poboacional destas especies, ao longo de todo o ano realízanse tamén

seguimentos dende a costa e embarques específicos, seguindo uns protocolos

estandarizados e nos que, por suposto, a participación do voluntariado é fundamental para

poder cubrir a grande extensión da costa galega.

OBXECTIVOS DAS ACCIÓNS DE VOLUNTARIADO

Os principais obxectivos que nos formulamos á hora de falar de voluntariado son:

- Fomentar a participación do voluntariado nas accións de asistencia e recuperación

de animais mariños varados, o seguimento e estudo das poboacións no mar,

51

facilitando un cambio de actitudes de cara á conservación do medio mariño en xeral

na sociedade.

- Mellorar os labores de organización e coordinación.

- Levar a cabo accións de formación específica do voluntariado que faciliten a súa

integración e participación nas distintas accións desenvolvidas. Neste caso, a boa

formación previa é indispensable, xa que as accións para desenvolver están

encamiñadas ao estudo e, nalgúns casos, ao manexo de especies animais

protexidas, o que implica a necesidade dun coñecemento de actuación preciso e

responsable, sendo ademais un campo para o que non existe formación regrada

nestes momentos.

- Promover a participación en programas de voluntariado en xeral, tomando as nosas

accións a modo de exemplo, pero presentando as diversas alternativas actuais en

toda Galicia, poñendo en valor o traballo desenvolvido por tantas persoas.

ACTIVIDADES LEVADAS A CABO POR VOLUNTARIADO

Nos últimos meses leváronse a cabo seminarios específicos de formación para as distintas

accións desenvolvidas rutineiramente por Cemma, como a realización dunha necropsia,

prácticas de observación dende terra e estudo dende embarcación. E, por suposto, levouse

a cabo o traballo de campo, coa participación do voluntariado na asistencia a varamentos e

colaboración na realización de necropsias, colaboración no seguimento e asistencia a

animais en recuperación (4 lobos mariños e 5 tartarugas bobas), campañas de estudo das

poboacións costeiras de cetáceos dende costa e campañas de embarques en augas litorais

e tamén colaboración en accións puntuais, como o seguimento do golfiño embaixador

Gaspar, que leva máis de quince meses percorrendo todos os portos da nosa xeografía ou o

control de probas deportivas no mar que poden ser potencialmente prexudiciais para os

animais.

Para a promoción do voluntariado ambiental, en xeral aproveitamos a propia composición da

asociación, que é coordinadora de distintos grupos ecoloxistas ao longo de todo o territorio e

tamén grazas ao programa de educación ambiental Auga+Mar, coordinado por Cemma para

a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade dende 2006.

52

O noso traballo cotián realízase ao longo de toda a costa galega e caracterízase pola

imposibilidade de poder planificar ou prever as accións de campo con semanas ou días de

antelación. Evidentemente, os varamentos de golfiños non se poden prever e o teléfono de

emerxencias pode soar en calquera momento, pero tampouco as campañas en barco ou

estudo de poboacións litorais dende costa, xa que precisan un bo estado do mar para poder

efectuarse. É por isto que o labor de coordinación é moi importante, para que en caso de

necesidade cada un dos responsables das distintas accións saiba a que voluntario ou

voluntaria recorrer en cada caso, ben por coñecementos técnicos ou por dispoñibilidade

horaria ou xeográfica.

Isto é tamén unha debilidade da nosa relación cos voluntarios, xa que temos constancia de

que ás veces este carácter de impredicibilidade ou irregularidade pode chegar a

desanimalos. Ao mesmo tempo, tamén identificamos ás veces voluntarios que se achegan

ao noso traballo buscando algo non real, influenciados polos medios de comunicación e a

imaxe distorsionada que recibimos dende pequenos dos golfiños, case a modo de xoguetes

para o gozo humano. É noso labor reconducir eses intereses dende o punto de “quero

bañarme con golfiños” a “quero axudar no estudo e divulgación do coñecemento dos

golfiños”.

Como valoración xeral destas accións, pensamos que o conxunto delas foi moi satisfactorio,

xa que cubrimos o amplo rango de accións de Cemma mediante formación e posterior

participación nelas en 2008 dun total de 96 voluntarios e voluntarias e que, en moitos, casos

supuxo o primeiro acercamento a estas especies.

Sen dúbida, a formación é necesaria para obter un maior grao de colaboración e integración

asociativa mediante a participación. No noso caso particular de estudo científico dun grupo

animal tan significativo, calquera acción desenvolvida repercute en todo o medio mariño en

forma de concienciación e posta en valor. É evidente que moitas das persoas que se

achegan a colaborar no noso traballo son mozos e mozas de carreiras universitarias

relacionadas, pero cada vez temos constancia dun maior interese por parte do que

poderiamos denominar “público en xeral”, algo que nos congratula porque pon de manifesto

o interese da poboación polo respecto ao medio.

53

Somos conscientes tamén das nosas debilidades e da necesidade de dar máis de nós

mesmos para emendalas, intentando que todos os que se acerquen a nós se poidan sentir

parte dun conxunto que vai avanzando cara á consecución de obxectivos comúns,

protagonizados neste caso pola posta en valor do noso patrimonio natural e da

concienciación da conservación a través da responsabilidade e dun desenvolvemento

sustentable.

54

AULA DE COMUNICACIÓNS 3

PROXECTO MOUCHO

INTRODUCIÓN

COMUNICACIÓN ASOCIACIÓN DE MOBILIDADE E PREVENCIÓN DE

ACCIDENTES DE TRÁFICO DE GALIZA P(A)T GALIZA

“PROXECTO MOUCHO”

MÁXIMO CID FERRO

A Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galiza, Grupo de Traballo

Voluntario de Educación para la seguridade Viaria do Concello de Ourense, desenvolveu un

novo programa de prevención para diminuír os graves accidentes de tráfico e as súas

consecuencias nas noites. Este grupo de Traballo é multidisciplinar e está composto por

educadores, policías, bombeiros, psicólogos, pedagogos, avogados, técnicos e vítimas de

accidentes de tráfico envorca neste programa unha vez máis con sensibilidade os seus

coñecementos e experiencias.

Moucho é un proxecto para as noites do fin da semana que se reforza con cunha parte

educativa nas aulas e centros de mozos. Nel traballase para unha mobilidade máis segura,

coa mocidade e polo civismo.

En proxecto moucho uníronse desinteresadamente aos voluntarios empresarios de bares,

pubs, autobuses urbanos, discotecas, tamén asociacións de taxistas, políticos e o grupo de

música O Sonoro Maxín. A todos eles infinitas grazas.

XUSTIFICACIÓN

Unha das medidas especiais do Plano Estratéxico de Seguridade Vial da Dirección General

de Tráfico é a disuasión de condutas perigosas a través da formación e a información con

campañas para grupos de risco.

O inicio da realización desta acción fíxose coincidir coa época do Nadal, pois é nestas datas

que aumenta considerabelmente a mobilidade de vehículos e dispáranse o consumo de

alcol e os sinistros de tráfico.

A sinatura da Carta Europea da Seguridade Vial supón ademais o recoñecemento oficial

europeo deste proxecto.

ACCIDENTES DE TRÁFICO.- Os accidentes de tráfico supoñen unha pandemia na

sociedade actual. Debemos de ter en conta que a noite, xunto coa velocidade e o alcol

conforman unha suma que estatisticamente está relacionada coa maior parte dos accidentes

de tráfico. Ademais é necesario considerar que 60% destes accidentes ocorren nos fins de

semana.

CIVISMO.- Actualmente nas vías urbanas, durante as noites e as madrugadas, veñen

acontecendo fenómenos sociais como o botellón ou o incremento de actos vandálicos contra

o mobiliario urbano. Estas situacións podémolas abordar desde unha intervención integral,

por isto apostamos nesta acción pola importancia do civismo como eixo fundamental dunha

cidade “educadora”.

55

GRUPO OBXECTIVO

O grupo ao que se dirixen os obxectivos xerais e específicos desta intervención é

principalmente a xuventude durante as horas do seu ocio nocturno nos fins de semana,

incidindo especialmente no ámbito da mobilidade.

OBXECTIVOS

Conciencia, prevención e educación na seguridade vial e no civismo.

Diminución da taxa de mortalidade reducindo a taxa de accidentes e a gravidade dos

mesmos.

A toma de decisións coherentes coa sensibilización e a conciencia sobre o perigo de

conducir cando se bebe alcol.

Que as noites dos sábados non finalicen en accidentes de tráfico e que a xuventude

regrese a casa sen riscos.

Redución dos sinistros viais, especialmente nas noites dos fins de semana.

CONTIDOS

Conceptuais: Condución, alcol, velocidade e accidente de tráfico. Fenómeno social:

Botellón.

Actitudinais: Mudanza das normas sociais na relación condución-alcol contribuíndo a

diminuír a mortalidade e a morbilidade por accidentes de tráfico. Valoración da vida

propia e da allea. Convivencia e actos vandálicos.

CRITERIOS DE VULNERABILIDADE

A xuventude é un grupo de risco no tráfico, e máis aínda ao se conxugar coa variábel noitefin

de semana. As estatísticas din que alcol e a velocidade están moitas veces presentes

nesta tipoloxía de accidentes. Isto, unido á falta de percepción do risco, fai que se trate dun

grupo cun alto índice de vulnerabilidade.

MARCO COMUNITARIO

Esta actuación preventiva iniciase no marco comunitario do ámbito municipal. Após a

posterior avaliación, e no caso de seren satisfactorios os resultados, aconsellase estender

ao ámbito provincial nunha segunda fase do proxecto. Nunha hipotética terceira fase

proporíase a posta en funcionamento no ámbito galego, si se considerase viábel e oportuno.

AXENTE EDUCATIVO

O axente educativo realizouse desde as áreas de Xuventude e Mobilidade do Concello de

Ourense. Os creadores e autores son os/as voluntarios/as do Grupo de Traballo de

Educación para a Seguridade Vial do Concello Ourense.

METODOLOXÍA

Acción na noite:

Nas discotecas e bares especiais (pubs) que contan con recursos dixitais axeitados

(televisións, plasmas, proxectores ou monitores) o material didáctico elaborado pólos

autores do proxecto (DVD con música-imaxes-consellos) proxectábase nos momentos

previos ao peche. O obxectivo é enviar mensaxes en forma de consellos apoiados en

imaxes ca temática de prevención en mobilidade, seguridade e civismo.

56

Programa educativo paralelo:

Paralelamente nos centros educativos de secundaria, o grupo de traballo de educación para

a seguridade viaria, desenvolveron unha serie de charlas-coloquio e mesas de debate sobre

esta temática nos centros de mocidade, da ESO e institutos de Bacherelato.

Outros:

A mobilidade na cidade supón en ocasións que se produzan retencións de vehículos. Agás

da problemática que supón para os usuarios das vías tamén se produce unha maior

contaminación ambiental. Nese senso para un bo desenvolvemento sostible recoméndase

utilizar o transporte público de viaxeiros, todo elo unido a tratar de evitar que a mocidade

teña alternativa pública para desprazarse sen ser condutores cando consuman alcohol. Por

elo e moi importante a implicación no PROXECTO MUCHO das asociacións de taxis e de

autobuses urbanos de Ourense.

Por outra parte o grupo O Sonoro Maxín, que participou e apoiou desinteresadamente o

proxecto moucho, levou o mensaxe nos seus concertos na noite a mocidade, os grupos de

risco na mobilidade de madrugada.

57

AULA DE COMUNICACIÓNS 3

Situación

O proxecto Esmelle desenvólvese no val de Esmelle, na zona rural do concello de Ferrol, a

8 quilómetros da cidade, nun contorno rural e de praia.

Territorio:

COMUNICACIÓN ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VALLE SAN JUAN DE ESMELLE

“PROXECTO ESMELLE”

RAFAEL FERNÁNDEZ BECEIRO

- 500 habitantes

- Val fértil, rico en auga

- Boas comunicacións

- Servizos básicos cubertos (auga, luz, estradas, recollida de lixo…),

agás a rede de saneamento e o transporte público

- Traballo na cidade, non se traballan as terras

- Construcións típicas ben conservadas

- 2 asociacións: AA. VV. Valle e Asociación de Mulleres

- Local social

- Escola unitaria (13 nenos/as)

Que é o proxecto Esmelle

É un plan da asociación de veciños Valle, para a revalorización do val de Esmelle

baseándose na recuperación do seu patrimonio material e inmaterial a través do traballo

comunitario e voluntario.

Antecedentes traballos voluntarios e comunitarios

- Nos anos 60, as estradas

- Nos anos 80, o local social

- Traídas de auga

- Labores agrícolas

Situación inicial

Dende o verán do 2003, a Asociación de Veciños Val de Esmelle traballa nun proxecto que

pode e que lle debe dar ao val de Esmelle un importante cambio no seu aspecto e nivel de

vida, baseado na súa riqueza acuífera e no seu patrimonio histórico e etnográfico. Por iso,

en setembro dese ano esta asociación de veciños acordou nomear unha comisión dedicada

exclusivamente ao desenvolvemento do proxecto Esmelle.

58

O patrimonio do val de Esmelle é o seguinte:

- Lavadoiros públicos

- Fontes

- 22 muíños de auga

- Igrexa do século XVII

- Hórreos

- Un castro celta

- Restos dunha vila romana

- Un cruceiro

- A praia

- Numerosos ríos e regachos

- A paisaxe verde.

Este patrimonio atopábase sumido no máis absoluto abandono, con excepcións

como a igrexa recentemente rehabilitada. O resto estaba no esquecemento e non se lle

daba ningún valor nin importancia.

Obxectivos

Os obxectivos que perseguimos con este proxecto son os seguintes:

- Fomentar as accións voluntarias enfocadas a conservar e a recuperar o noso

patrimonio.

- Formar e concienciar os veciños na protección do medio ambiente.

- Fomentar o turismo rural como fonte de creación de emprego en Esmelle.

- Promover o turismo no val de Esmelle.

- Posta en valor do noso patrimonio etnográfico, histórico e inmaterial.

Proceso:

Para levar a cabo estas ideas, a comisión do proxecto Esmelle establece varias

canles de desenvolvemento:

- Lograr a implicación dos veciños da parroquia na recuperación do patrimonio

histórico e natural co seu traballo voluntario.

- Iniciar negociacións coas administracións públicas para conseguir axudas e cos

propietarios dos muíños principalmente para lograr cesións de propiedades onde

poder realizar actuacións de rehabilitación.

- Realización de actividades sociais, culturais e educativas que axuden a comprender

o proxecto Esmelle.

Estratexias desenvolvidas:

- Desenvolvemos xornadas de traballo de rehabilitación e limpeza do patrimonio

etnográfico de forma voluntaria 2 domingos ao mes nos que participan ao redor de

30 voluntarios, todos eles veciños de Esmelle, contando co asesoramento de

técnicos (arquitecto, enxeñeiro forestal), tamén de forma voluntaria.

59

- Inicialmente con grupos de voluntarios iniciamos a recuperación do patrimonio

inmaterial, facéndolles entrevistas aos maiores da parroquia. Na actualidade,

estamos a desenvolver en colaboración coa Xunta de Galicia un proxecto de

recuperación do patrimonio inmaterial e cultural da parroquia. Para iso, contratamos

unha licenciada en humanidades durante un ano para o desenvolvemento do

traballo. A súa tarefa consiste en recompilar información nos arquivos (municipal,

particulares, reino de Galicia, igrexa etc.) e facerlle entrevistas á xente da parroquia

para que conten as súas experiencias. Con todo iso, realizaremos unha publicación e

unha exposición.

- Organizamos todo tipo de actividades sociais, educativas e culturais relacionadas co

obxectivo do proxecto (xornadas anuais, cursos, excursións a experiencias similares,

mesas de ideas, rutas a cabalo etc.).

Situación actual:

Aínda que o proxecto está en desenvolvemento, podemos observar os seguintes cambios:

- Un cambio substancial no aspecto da parroquia, xa que sacamos a relucir un

patrimonio que se atopaba oculto e en abandono.

- Logo dun primeiro momento de rexeitamento por parte dos propietarios ás cesións

dos seus muíños, pasamos a unha situación de confianza e crenza no proxecto, xa

que ven os resultados, tanto na parroquia como na súa repercusión externa (medios

de comunicación, movemento asociativo, administracións etc.).

- Cambio de mentalidade en canto á valoración que se ten do patrimonio próximo,

porque imos espertando o interese nos veciños e a súa posible utilidade no futuro.

Impacto:

- Mellora da conciencia veciñal en relación coa conservación da natureza, o medio e a

conservación de noso patrimonio.

- Mellora do aspecto xeral da parroquia con diferentes puntos de interese que antes

non existían.

- Gran cobertura polos medios de comunicación locais e autonómicos.

- Espertamos o interese das administracións polo proxecto.

- Concienciar a veciñanza da importancia dos traballos comunitarios.

- Formación da veciñanza nos temas relacionados coa protección do medio, a

recuperación e a conservación do patrimonio material e inmaterial.

Actuacións realizadas no patrimonio etnográfico. Algúns exemplos de recuperación

etnográfica (explicarase brevemente con imaxes):

- Muíño de Otero

- Fonte de Evarista

- Muíño das Salgueiras

- Muíño do Ferreiro

- Muíño da Lavandeira

- Rutas de sendeirismo

- Visitas a experiencias similitares

- Plantacións autóctonas

60

- Exposicións

- Mesas de ideas

- Concurso de maquetas etc.

Promoción e difusión:

- Páxina web.

- Edición de trípticos.

- Revista.

- Prensa.

- Paneis explicativos nas rutas.

Actuacións realizadas no patrimonio inmaterial:

- Entrevistas aos maiores da parroquia para coñecer costumes pasados.

- Visita a diferentes arquivos (parroquial, municipal, Reino de Galicia etc.).

- Recompilación de fotografías antigas, documentos privados, receitas de cociña etc.

- Recompilación de obxectos antigos para un museo etnográfico.

Futuro inmediato

- Continuar cos traballos voluntarios.

- Xornadas, cursos, mesa de ideas.

- Potenciar iniciativas privadas.

- Aula da auga e os muíños.

- Mellora da accesibilidade.

PREMIOS

- Premio Agader 2005 – Accésit.

- Experto invitado na Expo Universal de Zaragoza 2008.

- Proxecto seleccionado para o VII Concurso Internacional de Boas Prácticas de

Nacións Unidas. 2008, obtendo a cualificación de GOOD.

- Mención honorífica nos Premios Solidariedade 2008.

Insignia de Ouro do Concello de Ferrol.

61

AULA DE COMUNICACIÓNS 4

COMUNICACIÓN ASOCIACIÓN ITÍNERA

“O VOLUNTARIADO COMO MEDIADOR NA INTEGRACIÓN

SOCIAL NO EIDO DA SAÚDE MENTAL”

CARLOS MARTÍNEZ UZAL

A ACCIÓN DO VOLUNTARIADO COMO MEDIADOR DA INTEGRACIÓN SOCIAL NO

EIDO DA SAÚDE MENTAL

PRESENTACIÓN

1. ANTECEDENTES

O Hospital Psiquiátrico de Conxo de Santiago de Compostela desenvolve programas de

voluntariado dende o ano 1993.

Dende aquela pasaron por esta institución máis de 400 voluntarios que puxeron en marcha

actividades educativas, recreativas e deportivas dirixidas a lograr un maior nivel de

socialización e a loitar contra o empobrecemento ambiental que caracteriza, en todo caso, a

institución total.

A asociación Itinera nace como pouso frutífero desta experiencia, coa pretensión de

transcender do hospital e de lles dar apoio ás persoas que sofren trastornos mentais

severos (TMS) e persistentes na comunidade.

A programación da asociación axústase aos fins que persegue e que se recollen nos seus

estatutos: favorecer un mellor funcionamento social, unha maior integración e participación

social da persoas que padecen enfermidades mentais graves e crónicas e diminuír o seu

estigma dentro da sociedade.

2. POBOACIÓN Á QUE ATENDE

Persoas que padecen algunha forma de trastorno mental severo (esquizofrenia, cadros

esquizoafectivos, trastorno bipolar...) e que, como consecuencia directa dela, presentan

discapacidade funcional, dificultades adaptativas, malestar subxectivo, illamento,

marxinación e un estigma social. Con frecuencia presentan alteración da capacidade

de xuízo e carecen de conciencia de enfermidade que dificulta en alto grao a súa

integración social e a recuperación da súa enfermidade. O seu manexo para a familia e

amigos é moi complicado e os síntomas dificultan a vida familiar.

62

Cando carecen de apoio familiar e dos sistemas de protección social desenfían na

marxinalidade e na pobreza.

3. OBXECTIVOS

1. Ofrecer oportunidades, no ámbito do ocio e da ocupación, ás que non teñen

acceso debido á discapacidade, senón que contan con apoio específico (principio de

igualdade de oportunidades).

2. Favorecer un mellor funcionamento, participación social e calidade de vida.

3. Conectalos coa oferta de actividades dirixidas á poboación xeral. Actuar como

mediadores.

4. Constituír unha célula dentro do tecido social que contribúa a cambiar actitudes de

rexeitamento pola tolerancia (loita contra as barreiras ambientais).

5. Apoio aos coidadores primarios (familiares).

4. LIÑAS DE ACTUACIÓN

1. Modificación dos contornos sociais de convivencia. Crear oportunidades de

integración e socialización co apoio dos voluntarios sociais cun alto nivel de

motivación e formación na tarefa. Todos os programas que presentamos para este

primeiro ano de funcionamento da asociación van encamiñados a iso.

2. Lograr vínculos afectivos persoais cos pacientes que permitan tirar deles para que

asistan e participen. A gran dificultade é precisamente lograr que participen. Unha

mensaxe permanente dos pais é a necesidade de estímulos externos que saquen

os seus fillos fóra da casa. O programa Amigos, que é transversal a todos os

demais, busca precisamente iso.

3. Coordinación cos servizos sociosanitarios públicos, coas asociacións de familiares

e afectados, con asociacións de índole cultural, deportivo, para crear unha malla

de relacións dos recursos formais e informais que lles proporcione verdadeira

protección e apoio a estes pacientes e rebaixar o estigma social que pesa sobre

eles.

Pero os voluntarios que é necesario que acaden a maior permanencia posible

dedícanlle pouco tempo á semana á acción voluntaria (4 horas de media). O traballo

desenvólvese debido ao alto número que logramos captar.

Necesitamos con urxencia a presenza dun profesional asalariado, a tempo completo,

para dirixir todo a trama de actividades, garantir a súa permanencia no tempo e

xestionar a complexa relación coas distintas administracións públicas, en definitiva

profesionalizar a actividade, co resultado dunha maior fortaleza institucional.

63

5. DIMENSIÓN HUMANA DA ASOCIACIÓN

ASOCIADOS: 102

VOLUNTARIOS: 40

USUARIOS: 110

PROGRAMAS

I . PROGRAMAS INSTRUMENTAIS

Denominamos así a todas as actividades precisas para poder executar os diferentes

programas de voluntariado que temos en marcha. Son actividades imprescindibles para

o funcionamento coordinado dunha actuación de voluntariado eficaz.

1.1 Captación de voluntarios

- Charla nas Xornadas de Captación de Voluntarios, organizadas pola Oficina

de Voluntariado da USC.

- Distribución de trípticos (achégase modelo).

- Colocación de carteis en centros educativos, especialmente facultades da

USC.

- Celebración institucional do Día Internacional da Saúde Mental.

1.2 Formación de voluntarios

Realízanse tres xornadas de formación en voluntariado no ámbito específico da saúde

mental ao cabo do ano:

- Outubro: para os voluntarios captados pola USC.

-Abril: para os voluntarios que se foron incorporando durante o curso.

-Xullo: para os voluntarios que colaboran nos campamentos de verán.

Os temas que se abordan son os seguintes:

- Fundamentos e principios da acción voluntaria. Dereitos e deberes.

Regulación legal.

- Impacto da enfermidade mental severa na vida dunha persoa. A

discapacidade. Proceso de rehabilitación psicosocial. Dificultades sociais

deste colectivo.

- Eficacia e sentido da acción voluntaria neste campo.

- Información sobre a asociación, institución acolledora: obxectivos,

actividades, estilo de funcionamento etc.

- Realización de distintas dinámicas de grupos para favorecer o

coñecemento dos voluntarios entre si, os distintos programas e incrementar

o sentimento de pertenza ao grupo de voluntarios.

64

II. PROGRAMA FINALISTA DE CREACIÓN DE REDE SOCIAL

A rede social créase a través de varias accións de natureza finalista, estes son os que chegan á

poboación diana da asociación e os que favorecen unha maior integración e participación social e

incrementan a rede social de apoio.

Son os seguintes:

1AMIGOS

Pretende crear as condicións nas que afloren relacións interpersoais o máis

parecidas posible á amizade natural que poida xurdir entre o voluntario e a persoa

afectada de TMS. Crear vínculos afectivos favorecedores de benestar persoal.

Compensa as dificultades destas persoas para iniciar e manter relacións sociais e o

seu illamento consecuente. Os voluntarios amigos tratan de conectalos con outras

actividades da asociación ou dirixidas á poboación xeral, actúan como mediadores

sociais.

Obxectivos:

- Proporcionar compañía.

- Evitar illamento e marxinación social.

- Ampliar a rede social dos pacientes e incrementar a socialización.

- Incrementar o apoio emocional e instrumental percibido.

-Incrementar a súa percepción de benestar (calidade de vida), autoestima

e capacidade de afrontamento.

Modalidades:

A. Un ou dous voluntarios asígnanse como amigos individuais de persoas con

TMS, neste caso as actividades, como é lóxico, non están preconfiguradas.

É un programa invisible. Carece de tempos e espazos determinados.

B. Grupos para facer redes:

- Grupo do venres para acudir ao cine e logo a tomar algo.

- Grupo do sábado. De 4 a 8 do serán, 4 voluntarios dedican o seu tempo

a un grupo de pacientes que están sós en Santiago. Xeralmente viven en

pensións supervisadas, pisos tutelados e, en todo caso, presentan un forte

illamento social.

Número de beneficiarios: 28

Número de voluntarios: 25

Media de horas compartidas semanalmente: 3

65

dv. XORNADAS ACTIVAS RURAIS (RESPIRO FAMILIAR)

Infraestrutura: medios materiais

A asociación solicitoulles aos párrocos da parroquia de Santa María de Merza e ao bispo de

Lugo a cesión do uso da Casa Reitoral de Merza para levar a cabo programas de respiro

familiar todas as fins de semana e, durante o verán, realizar campamentos, cun número

maior de participantes.

E foi así como nos foi concedida, en réxime de cesión as casum, dende principios do mes

de xuño pasado.

A casa ten capacidade para 14 persoas. E logo de distintas reparacións e instalación dunha

cheminea de ferro, que funciona a leña, está sendo utilizada de forma óptima.

Os usuarios participan tanto nas actividades cotiás da casa (comprar a comida, limpar e

coidar o xardín, reparacións da casa) como en diversas actividades que se organizan as fins

de semana, sendeirismo, rutas a cabalo, xogos de equipo...

Cómpre destacar a boa receptividade por parte dos veciños da aldea.

Obxectivos

Incrementar as súas relacións interpersoais.

Incrementar a rede social informal fóra da familia e equipos sanitarios.

Incremento da capacidade de traballo en equipo (compañeirismo, distribución de

tarefas, solidariedade...).

Respiro para as familias.

Incrementar a percepción de benestar e de gozo, a través do sentimento de pertenza

ao grupo.

Número de usuarios: 40

Número de voluntarios: 15

3. CAMPAMENTOS DE VERÁN

Descrición da actividade

Convivencia durante 5 días de usuarios e voluntarios realizando as distintas

tarefas da casa, así como talleres (musicais, ambientais...), e gozando xuntos dos

anacos de lecer.

66

Obxectivos

- Incrementar as súas relacións interpersoais.

- Incrementar a rede social informal fóra da familia e dos equipos sanitarios.

- Incremento da capacidade de traballo en equipo (compañeirismo, distribución de

tarefas, solidariedade...).

- Respiro para as familias.

- Incrementar a percepción de benestar e de gozo, a través do sentimento de

pertenza ao grupo.

Número de campamentos de verán: 4 entre xullo e setembro

Número de usuarios: 15 por campamento

4. PROGRAMA MEDIOAMBIENTAL

Descrición da actividade

Consiste na formación de grupos de traballo ou cuadrillas de voluntarios. Os

voluntarios son tanto persoas que dedican o seu tempo a axudar a persoas con trastornos

mentais severos, como os propios afectados. Cremos que é a mellor forma de integración.

Os pacientes poden ter tamén o rol valioso de voluntario e experimentar o sentimento de ser

útil á comunidade.

A actividade consiste en:

- Limpeza de camiños, muros, edificacións, paseos e o seu mantemento

constante.

- Identificación e clasificación de especies arbóreas.

- Reconstrución dos edificios en ruínas para o seu uso e posible

revitalización da zona.

(Intervense nunha zona periférica do Hospital Psiquiátrico de Conxo, hoxe en

desuso, onde no pasado se situaban o lavadoiro, o cemiterio, o muíño e unha

alameda hoxe intransitable pola vexetación e os cascallos que depositaron alí

con motivo de varias obras).

Obxectivos

- Integración social dos enfermos mentais: xerar un sentimento de pertenza a

un grupo e de ser útil á comunidade.

- Ocupar o tempo libre nunha actividade de ocio construtivo.

67

- Incrementar as oportunidades de socialización e dinamización dos

pacientes.

- Incremento de habilidades sociais: asistencia, puntualidade, relacións

cooperadoras co grupo, distinguir a roupa de traballo da de paseo etc.

- Recuperación dun espazo natural axeitado para o gozo dos residentes do

centro que leva 20 anos en situación de abandono. Posta en valor dos

edificios de considerable valor da arquitectura tradicional galega que eran

de uso habitual ao longo da centenaria historia do Hospital Psiquiátrico.

5.CURSO DE ARTES PLÁSTICAS

Descrición da actividade

Coñecer diversas técnicas e procedementos da plástica ao longo da historia da arte,

experimentación co debuxo técnico, modelado con barro e pintura, así como iniciación ao

gravado, ao modelismo e á fotografía.

Obxectivos

- Aprender a interpretar imaxes do contorno social, cultural e natural.

- Desenvolver a creatividade individual e grupal.

- Fomentar a responsabilidade en todos os ámbitos.

- Fomentar a planificación, analizando fases, compoñentes e resultados.

- Achegarse ao coñecemento dos modos de expresión visual e plástica.

- Relacionarse con outras persoas e participar en actividades de grupo adoptando

actitudes de flexibilidade, solidariedade e tolerancia.

6. FÚTBOL

A asociación asume a xestión do programa da Agrupación de Voluntarios do Hospital Psiquiátrico

de Conxo. A razón é que, aínda que nel participan varios futbolistas que están ingresados neste

hospital, a maioría deles son rapaces que están desinstitucionalizados.

Obxectivos

- Incrementar as súas relacións interpersoais.

- Incrementar a rede social informal fóra da familia e dos equipos sanitarios.

-Incremento da capacidade de traballo en equipo (compañeirismo, deportividade,

solidariedade...).

- Cubrir o tempo libre cunha actividade de ocio.

68

III. PROXECTO ÁGORA

- Incremento da súa integración e participación social.

Número de beneficiarios: 23

Número de voluntarios: 6

Tempo da actividade

Adestramentos: todos os venres de 17 a 18. De vez en cando, partidos amigables.

A avaliación dos resultados

Dende o inicio, o programa superou os resultados previstos tanto en incremento do

número de xogadores, como na constancia e perseveranza, no incremento de

condutas adaptadas, disciplina (non protestar, non retirarse inxustificadamente do

campo de xogo...), asistencia e participación, aseo e hixiene (deben ducharse todos

ao final dos adestramentos).

O programa Ágora consiste na creación dun centro de estudos para completar a formación

académica e cultural de persoas con trastornos mentais severos que pola irrupción da

enfermidade non puideron continuar os seus estudos ou, nalgún caso, non tiveron acceso a

eles. Tamén se imparten obradoiros de actividades de vida diaria e de habilidades sociais,

para aprender a desenvolverse cos trámites burocráticos e administrativos comúns (pago de

taxas na Administración, operacións bancarias, recibos da luz e do gas etc.). Todo isto

orientado a unha mellor capacitación para o emprego.

O programa, con data de inicio en setembro do 2008, imparte as súas actividades durante

todo o ano e estas inclúen dende pasantías para persoas que queiran sacar o graduado

escolar ata grupos de apoio ao estudo para universitarios e opositores.

Así mesmo, creáronse aulas de informática e idiomas e diversos obradoiros orientados ao

desenvolvemento de técnicas de estudo. Por outra parte, emprenderase a creación de

grupos de iniciativa cultural, con diversos proxectos que abarcan dende a redacción de

revistas, ata clubs de lectura e cineforos.

Cara ao futuro, unha vez tiñamos cubertos os espazos de ocio e de rede social con estes

programas e melloremos as carencias formativas e educativas dos nosos usuarios grazas

ao proxecto Ágora, continuaremos o noso labor co proxecto Hefestos para acadar a

inserción laboral destas persoas.

69

Actividades do programa Ágora

c. Formación básica: clases de apoio para conseguir principalmente o graduado

escolar ou outro título académico.

Número de alumnos: 3

d. Obradoiro de emprego: dirixido a aquelas persoas que están preparando unha

oposición, que se encontren cursando unha carreira universitaria ou que anden na procura

dun emprego.

Novembro 2008, luns de 18.00 -20.00 h

Seminario de comunicación no ámbito laboral e Obradoiro de entrevistas persoais

Relator: Ricardo Martínez Bereijo. Director territorial de Correos en Galicia.

Número de alumnos : 9

e. Escola de idiomas: impartíronse clases de inglés e francés en niveis de iniciación e

medio.

Inglés:

Número de alumnos: 18

Francés

Número de alumnos: 4

4. Informática: todos os alumnos deste programa aprenden a utilizar correctamente ao

final deste un ordenador. Esta actividade comprende: iniciación á informática, ofimática

básica (Word e Excell) e Internet.

Horario: mércores e xoves, de 11 a 13 h. Nos centros socioculturais

Número de alumnos: 18

5. Habilidades xurídicas e administrativas: introdución básica ao mundo do dereito,

onde se atenden especialmente as cuestións xurídicas relacionadas co ámbito da

saúde mental (incapacitacións, tutelas, curatelas…), co obxectivo de que estas

persoas sexan coñecedoras en todo momento dos seus dereitos. No aspecto

administrativo, instrúeselles no manexo dos seus deberes coas distintas

administracións e tamén nos seus dereitos como consumidores e usuarios de todo

tipo de servizos.

Horario: martes de 16.30 a 18.00 h

Número de alumnos: 6

70

6. Desenvolvemento cultural: creación de grupos de lectura e obradoiros de

escritura e iniciación ao cine.

Club de lectura:

Horario: venres de 11 a 12.30 h

Número de alumnos: 10

Iniciación ao cine:

Horario: venres de 11 a 12.30 h

Número de alumnos: 12

7. Curso de cociña e comedor: os participantes fan a compra, cociñan o día que

lles toque e comen os resultados do seu labor no Salón da Academia, despois

encárganse de manter limpo o local. Distribúense as diferentes tarefas ao longo da

semana.

Horario: luns a venres, de 11.30 a 15.30 h

Número de alumnos: 15

8. Ánalise crítica e debate: os usuarios traballan semanalmente sobre un tema de

actualidade, sobre o cal investigan, sendo o seu material de traballo os xornais, revistas

especializadas e internet. Cada un debe estudar un aspecto diferente da noticia en cuestión,

que se pon en común e se debate na clase seguinte.

Horario: martes de 17.30 a 19.30 h

Número de alumnos: 16

9.Equipo de redacción: os usuarios desenvolven as súas habilidades literarias,

fotográficas e de deseño na edición dos novos números do BOI, a revista da asociación que

serve para promover tanto as actividades da asociación como os diversos talentos dos seus

participantes. No mes de outubro saíu o número 1 á rúa.Tamén redactan a nosa web:

www.asociacionitinera.com

Horario: martes de 11 a 12.30 h

Número de alumnos: 8

10.Visitas culturais: regularmente organízanse visitas guiadas a museos da cidade e

acódese a diversos eventos culturais da cidade. Tamén se realizan visitas a outros lugares

de interese natural, cultural ou histórico da nosa comunidade.

Número de visitas: 1 fin de semana ao mes

Número de usuarios: 6 por visita

71

AULA DE COMUNICACIÓNS 4

Presentación

COMUNICACIÓN IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO

“COMO FORMIGAS: O VOLUNTARIADO DE IND

ANDREA GARCÍA CORZO

No traballo que presentamos a continuación pretendemos dar a coñecer o traballo que o

voluntariado de Implicadas no Desenvolvemento realiza, así como as estratexias que dende

a organización se levan a cabo para obter os mellores resultados e potenciar os recursos,

tanto humanos coma materiais.

Ao longo de case once anos de traballo, tanto en Galicia coma en India e Etiopía, o

voluntariado de Implicadas foi quen de sacar adiante infinidade de actividades e proxectos e

de acadar o recoñecemento e o respecto dentro do mundo da cooperación en Galicia.

No ano 1998, un grupo reducido de persoas, seguindo unha iniciativa de María Reimóndez,

fundan na cidade de Lugo a Asociación Implicadas no Desenvolvemento para participar de

forma activa na erradicación da inxustiza no mundo, a causante da pobreza que acaba

diariamente con milleiros de seres humanos.

Dende o momento da súa fundación, Implicadas no Desenvolvemento nace como unha

asociación independente, aconfesional e apartidaria, que ten como base a acción do

voluntariado e que pretende desenvolver proxectos de cooperación nos países do sur dende

Galicia, propoñendo unha alternativa aos modelos de cooperación existentes ata ese

momento.

Así nace o primeiro proxecto de desenvolvemento integral en India, con obxectivos que se

manteñen ao longo destes 11 anos en todos os proxectos tanto de India coma de Etiopía.

Conseguir un nivel de desenvolvemento integral da comunidade beneficiaria

que lle permita, transcorrido o tempo previsto para o proxecto FALTA TEXTO

Todos os proxectos que financia Implicadas teñen unha duración de catro anos,

transcorridos os cales a comunicade ha ter os instrumentos que precisan para a

autoxestión. ( catro anos) Xestión dos seus recursos. Deste xeito, garántese que

non se establezan relacións de dependencia permanentes entre a comunidade e a

ONGD.

A comunidade será en todo momento dona e partícipe de todas as decisións

e as beneficiarias e beneficiarios serán os verdadeiros artífices do cambio.

72

Implicadas traballa sempre con organizacións locais (contrapartes), coñecedoras

do país e da situación real das persoas. Moitas das traballadoras de Implicadas

son mulleres dos propios suburbios nos que se desenvolve o proxecto.

A relación de Implicadas coas súas contrapartes é sempre de confianza e respecto

mutuo, aprendendo sempre as unhas das outras.

Traballar con enfoque de xénero.

As mulleres son as principais beneficiarias dos proxectos de Implicadas porque

pensamos que a situación de profunda inxustiza vivida polas mulleres de todo o

mundo precisa de actuacións que propicien o empoderamento e a visibilidade das

mulleres, así como a capacidade de decidir sobre a súa vida. Pero traballar con

enfoque de xénero significa facelo con toda a comunidade para que sexa quen de

romper cos roles preestablecidos para mulleres e homes e tamén con costumes e

tradicións que atentan contra a dignidade das mulleres de forma manifesta.

Por este motivo, os proxectos de Implicadas nos países do sur abarcan todos os aspectos

necesarios para levar adiante unha mellora das condicións de vida de toda unha

comunidade: sanidade, formación de todo tipo, apoio psicolóxico nos casos que se precisa

e, sobre todo, a formación dos grupos de aforro, unha adaptación particular do microcrédito

que son o celme de todo o progreso constatado nas comunidades nas que se traballa.

Na actualidade, Implicadas ten tres proxectos diferentes no sur da India e dous en Etiopía,

un en Addis Abeba e outro rural en Mersa.

Pero na nosa visión da pobreza e da cooperación internacional o problema que afecta as

dúas terceiras partes do planeta non vén provocado exclusivamente por actores internos

nos países afectados, senón que a actuación das sociedades no norte ten un papel

fundamental na situación que están a vivir nos países do sur.

Por ese motivo, Implicadas ademais de desenvolver proxectos fóra de Galicia leva a cabo

un inxente traballo de sensibilización da sociedade galega grazas ao traballo voluntario dun

pequeno grupo de persoas que sintonizamos na mesma canle e vemos de xeito parecido os

problemas do mundo circundante.

Así, poderiamos dicir que o traballo de Implicadas ten dous ámbitos de actuación igualmente

importantes e que se desenvolven grazas á acción voluntaria:

PROXECTOS DE DESENVOLVEMENTO INTEGRAL EN INDIA E ETIOPÍA

TRABALLO DE SENSIBILIZACIÓN NA SOCIEDADE GALEGA.

O TRABALLO DE SENSIBILIZACIÓN: ESFORZO DO VOLUNTARIADO

Polo exposto anteriormente, dedúcese que o traballo do voluntariado de Implicadas se

desenvolve en Galicia xa que o persoal que traballa nos proxectos de cooperación é nativo,

o que, ademais de favorecer o achegamento á realidade, promove o emprego local.

Implicadas nunca despraza voluntariado a traballar aos países, agás a presidenta que

realiza soporte técnico e está presente na avaliación dos proxectos que están en

73

funcionamento e na localización e planificación dos mozos. As persoas de India e Etiopía

traballan no seu país e as voluntarias de Implicadas traballamos no noso: Galicia.

A NOSA EXPERIENCIA COMO ONGD DE ACCIÓN VOLUNTARIA

Na entrega do premio EU tamén Navegar, que no ano 2008 lle foi concedido a Implicadas

no Desenvolvemento polo seu traballo en prol dos dereitos das mulleres, a presidenta de

Implicadas, María Reimóndez, no seu discurso de agradecemento do premio comparou o

voluntariado de Implicadas coas formigas, animais febles en aparencia pero capaces, en

conxunto, de construír afondando na terra ata chegar ao máis profundo.

Así somos o voluntariado de Implicadas, homes e mulleres que facemos o que hai que facer

sen reparar non atrancos e nos esforzos, con ganas de desenvolver o noso traballo con

profesionalidade. Somos voluntarias preocupadas pola calidade e o rigor do noso traballo e

neste proxecto de voluntariado que desenvolveremos a continuación ocupa un lugar

principal a formación.

Como toda organización, Implicadas ten unha estrutura interna que facilita e regula a acción

das persoas que traballamos, é dicir do voluntariado.

QUE PRETENDEMOS?: OBXECTIVOS

Respecto das persoas voluntarias que traballamos para Implicadas, a asociación pretende:

Que fagan seus os principios que moven a asociación.

Que fidelicen a súa permanencia.

Que atopen un medio de desenvolvemento persoal.

Que se formen no ámbito da cooperación internacional e outros aspectos

relacionados coa acción voluntaria.

Que sintan Implicadas como algo propio.

Que garantan a permanencia de Implicadas no tempo.

COMO O FACEMOS?- METODOLOXÍA

Implicadas ten como base da súa acción o traballo en equipo. Así, o voluntariado,

atendendo á súa dispoñibilidade, ás súas capacidades e aos seus intereses, elixe a forma

na que quere colaborar coa asociación que pon á súa disposición un abano grande de

posibilidades:

Traballo en equipos locais: na actualidade, Implicadas ten grupos de voluntariado estables

en Santiago, Lugo e Vigo.

Os grupos están formados por voluntarias e voluntarios que viven na localidade e que

queren desenvolver actividades propias. Son a base na que se asenta a maior parte do

traballo de Implicadas.

74

Cada grupo de voluntariado funciona de xeito autónomo, facendo a súa programación e

organizando as actividades que consideren oportunas dependendo das súas posibilidades.

Os grupos elixen unha persoa que os coordina e que forma parte, por coordinar o grupo, da

Xunta Directiva da asociación para que toda a información chegue ás voluntarias/os

puntualmente e todas e todos, a través da coordinadora/or, poidan participar dando ideas ou

propoñéndolle actividades á Xunta Directiva.

Os grupos locais reúnense unha vez ao mes. Grazas ao seu traballo, Implicadas dáse a

coñecer en diferentes lugares de Galicia. Está prevista a formación de grupos noutras

localidades.

Traballo en equipos especializados:

Polas características dunha ONGD de cooperación e tamén tendo en conta que todo o

traballo depende do voluntariado, Implicadas ten en funcionamento equipos de traballo

especializados nunha área determinada. Así, neste momento están en funcionamento os

seguintes equipos de traballo:

Proxectos e relacións coas contrapartes: voluntarias encargadas de elaborar os proxectos

que se presentan para obter o financiamento necesario tanto a organismos públicos coma

privados.

Tamén este equipo de traballo está en contacto directo cos responsables das organizacións

locais en India e Etiopía.

Coordinación de voluntariado: equipo de voluntarias que ten as seguintes tarefas:

Formar grupos de voluntariado en diferentes lugares de Galicia.

Formar o voluntariado no coñecemento da organización.

Facer seguimento dos grupos de voluntariado e das actividades que organizan.

Coordinar as actividades que se realizan dos diferentes lugares e transmitir a

información á Xunta Directiva.

Darlle apoio persoal e técnico a todo o voluntariado.

Repartir as tarefas entre as diferentes voluntarias/os.

Acoller e facer seguimento do voluntariado novo.

O equipo de coordinación de voluntariado está formado por unha coordinadora xeral e as

coordinadoras/ores dos diferentes grupos e equipos de traballo.

Prensa e comunicación: equipo de voluntarias/os encargados de difundir e de dar a coñecer

o traballo da organización, así como de estar en contacto cos medios de comunicación.

Teñen tamén a tarefa de informar de todo o que se fai na organización. Deste equipo

depende a actualización da web e do blog, así como o boletín mensual que Implicadas envía

a todas as socias/os, voluntarias/os e simpatizantes.

75

Elaboración de documentos: equipo de voluntarias/os encargado de realizar todos os

documentos que se precisan: programacións, memorias, textos dos folletos, axenda etc.

Tradución: o traballo en cooperación internacional fai necesaria a tradución de

documentos, así como o acompañamento e interpretación de charlas e conferencias

que persoas doutros lugares do mundo veñen dando en Galicia, invitadas por

Implicadas. Así, dende hai xa tres anos, persoas de India e Etiopía amosáronlle á

sociedade galega a realidade dos seus países en primeira persoa.

Coordinación de exposicións: na actualidade, Implicadas conta con catro exposicións que

están percorrer Galicia en salas, centros de ensino etc. Este equipo de voluntariado ten

como función coordinar e promover que as exposicións se coñezan, así como orientar nas

actividades que se poden desenvolver arredor destes.

Dado que o voluntariado de Implicadas está espallado por toda Galicia e mesmo fóra dela, o

xeito de traballo destes equipo, agás os equipos locais, é a través de Internet: correo

electrónico, ficheiros en liña etc.

Cada equipo dispón dunha conta de correo para o grupo que permite a comunicación

interna e facilita o traballo.

QUE FACEMOS?: ACTIVIDADES

O voluntariado de Implicadas é o responsable da planificación, organización e realización de

todas as actividades que desenvolve a asociación. Salientamos as seguintes:

Conferencias e mesas redondas: ao longo do ano, organizamos ciclos de conferencias e

mesas redondas. É un dos obxectivos de Implicadas darlles voz aos países nos que

traballamos, por ese motivo establecemos canles de colaboración mutua e cada ano

visítannos persoas chegadas de India ou Etiopía para lle dar a coñecer á sociedade galega

a realidade dos seus países en primeira persoa.

Exposicións: tal como sinalabamos no punto anterior, Implicadas dispón de varias

exposicións que están a ser amosadas en diferentes lugares de Galicia.

Mesas informativas: sitúanse mesas informativas en diferentes lugares e feiras solidarias

alá onde se nos invita a participar.

Edición de libros: Implicadas no desenvolvemento conta coa colaboración desinteresada

de escritoras e escritores tanto galegas coma indias e etíopes, así como a inestimable

colaboración de Edicións Xerais de Galicia e Editorial Galaxia, para a edición de libros. Ata o

momento, publicamos dous libros:

O son das buguinas, de relatos curtos no que escritoras e escritores como Marilar

Aleixandre, Rosa Aneiros, Fran Alonso, Agustín Fernández Paz, An Alfaya, María

76

Reimóndez e Dolores Ruiz, xunto coa ilustradora Xulia Barros, cederon

desinteresadamente os seus relatos.

Neste momento, o libro está a ser lido por milleiros de escolares galegos, xa que é

unha das obras elixidas no concurso Frei Sarmiento.

Vanakkam - Benvidas no que poetas galegas e indias unen a súa voz para lles

dar visibilidade a realidades diferentes e, ao mesmo tempo, próximas.

Tamén a escritora María Reimóndez, presidenta-fundadora de Implicadas, cedeu os dereitos

de autor do seu libro Usha a Implicadas no Desenvolvemento.

Elaboración de audiovisuais: Implicadas conta con varios documentais de produción

propia no que se da a coñecer o traballo e, sobre todo, a situación dos lugares nos que

traballamos.

Realización de unidades didácticas: a elaboración de materias de traballo para

desenvolver entre os mozos e mozas é outra das tarefas que realiza o voluntariado de

Implicadas.

Clubs de lectura: o voluntariado de Implicadas organiza e coordina clubs de lectura nas

cidades de Lugo, Vigo e Santiago no que o compoñente literario se une coa análise dos

problemas do mundo circundante; así, nos clubs de lectura de Implicadas abórdanse temas

como a inmigración, a situación da mulleres no mundo, a cooperación internacional ou o

mundo do traballo, entre outros. Os clubs de lectura de Implicadas teñen como

particularidade que as obras seleccionas han de estar escritas ou traducidas ao galego

como unha forma máis do compromiso da organización coa cultura da nosa terra.

Implícate-Noite de música e palabra solidaria: dende hai xa catro anos, Implicadas vén de

celebrar en Compostela o espectáculo Implícate, no que contamos co máis destacado

do mundo da cultura galega.

Unha das grandes satisfaccións de Implicadas é a colaboración estreita co mundo da cultura

en Galicia. Son moitos os artistas galegos e galegas que pasaron polo escenario do

Implícate ao longo destes catro anos, conformando un espectáculo que se vai asentando na

cidade de Compostela.

Implicadas séntese orgullosa de servir de ponte entre cultura e solidariedade e, ao tempo,

moi agradecida porque o apoio do mundo da arte en xeral é sempre decidido e permanece

no tempo.

77

Este ano, por primeira vez, concedeuse o premio Implicada do Ano que recaeu en Yolanda

Castaño, colaboradora e amiga de Implicadas e de quen depende en gran medida a

actividade da que estamos a falar, o Implícate.

Auga para Etiopía-Camiño da Auga: con vocación de continuidade realizouse no ano 2008

por primeira vez en Compostela o Camiño da Auga, unha iniciativa de Implicadas que ten

como obxectivo achegar á cidadanía galega a realidade que viven as mulleres etíopes que

ven condicionada a súa vida polo feito de seren as responsables de carrexar a auga ata os

seus fogares.

A actividade recolle diferentes actos na cidade de Compostela durante o mes de maio e

remata co Camiño da Auga, onde homes e mulleres galegas carrexan ás súas costas os

canecos, traídos de Etiopía, no que as mulleres etíopes levan a auga. O acto foi unha festa

en Compostela cunha marea amarela (a cor das camisetas das participantes) que percorreu

as rúas da zona vella dende a Porta do Camiño ata a Praza da Quintana, onde se leu un

manifesto. Contamos para este evento con destacas mulleres do mundo da cultura e da

política.

No ano 2009, a actividade con características similares celebrarase na cidade de Lugo

aproveitando un monumento tan emblemático como a muralla romana.

A FORMACIÓN-UN OBXECTIVO PRIMORDIAL

Implicadas no Desenvolvemento pretende ser unha organización de voluntariado que

desenvolve a súa función con profesionalidade e rigor, por ese motivo a formación do

voluntariado que se achega a nós é fundamental.

Enténdese que cando alguén quere colaborar con Implicadas é porque coñece o seu

traballo e sintoniza coa súa filosofía, de feito a maior parte do noso voluntariado son persoas

que tiveron un contacto directo con nós a través das actividades que desenvolvemos; non

obstante, a formación é imprescindible para que todas e cada unha das persoas que

representamos a asociación o fagamos nuns parámetros que contribúan a espallar a imaxe

de seriedade e rigor que Implicadas ten dentro da sociedade galega.

Nese sentido, a formación é permanente a través do Equipo de Coordinación do

Voluntariado que asesora e resolve as dúbidas que poidan xurdir. Con ese obxectivo

elaborouse un Manual do Voluntariado no que se recolle toda a información que as

voluntarias e voluntarios precisan para a xestión de desenvolvemento de actividades.

Tamén cada equipo dispón dun protocolo de funcionamento que consegue que toda persoa

que chega nova á organización, dependendo da actividade que vaia desenvolver, saiba en

todo momento como ten que actuar e a quen se ten que dirixir para facer o seu traballo.

Este sistema de ter documentos escritos facilita a continuidade e a asunción de

responsabilidades, xa que calquera persoa que forme parte dun equipo sabe cales son as

tarefas que hai que realizar e o procedemento para levalas a cabo, co que resulta máis

doado a suplencia de ausencias ou baixas.

78

Pero ademais desta formación non presencial, Implicadas organiza todos os anos polo

menos dúas xuntanzas de voluntariado, no que aproveita para avaliar, planificar e facer

intercambio de experiencias dos diferentes grupos. Adoitan ser xuntanzas de fin de semana

en lugares como Panxón, Cervo ou o Carballiño, no que ademais do traballo tamén se fai

unha inmersión na paisaxe da zona con algunha visita polos arredores e sobre todo a

convivencia e o coñecemento entre o voluntariado que está espallado por toda Galicia.

Pero, sen dúbida, o nosa actividade formativa que máis repercusión está a ter e o ciclo

formativo Vanakkam.

Vanakakam, palabra tamil que significa “benvidas”, é un curso de formación, aberto a todos

os que o desexen, que se celebra en Galicia e que ofrece a posibilidade de completar a

formación cunha estadía en India visitando os proxectos que Implicadas desenvolve na

zona.

Este será o terceiro ano que se organiza e sempre conta cun número elevado de

participantes que lle conceden unha alta valoración.

O voluntariado de Implicadas tamén colabora como organización docente invitada en

diferentes eventos promovidos dende outras entidades e organizacións.

CON QUE CONTAMOS PARA FACER ESTE TRABALLO? MEDIOS E RECURSOS

Os diferentes lugares e situacións do voluntariado fai que o aproveitamento das novas

tecnoloxías sexa primordial para o desenvolvemento do traballo.

Correo electrónico, grupos de traballo virtuais, arquivos en liña, emprego de recursos como

Youtube fan que o traballo, a pesar da dispersión, sexa quen de coordinarse e as cousas se

poidan realizar no tempo previsto.

A base de todo está nunha boa programación, tanto dos grupos de traballo como da

directiva, que fai que o traballo poida desenvolverse coa menor marxe de improvisación

posible.

O RESULTADO

Un voluntariado moi motivado e convencido.

Unha capacidade de xestión superior aos recursos.

Transmisión do coñecemento.

Presenza activa na sociedade galega.

O intercambio de experiencias.

A MODO DE CONCLUSIÓN

Implicadas é unha organización que se xestiona e realiza os seus proxectos con

voluntarias e voluntarios.

79

O voluntariado de Implicadas traballa en Galicia.

A formación é fundamental.

O traballo en equipo posibilita a integración do voluntariado novo.

Implicadas promove o voluntariado en Galicia e mesmo nos lugares onde

desenvolve os seus proxectos: India e Etiopía.

Na actualidade, Implicadas conta con 41 voluntarias e voluntarios que traballan nos

diferentes equipos de traballo.

80

AULA DE COMUNICACIÓNS 4

COMUNICACIÓN USC – SERVIZO DE PARTICIPACIÓN E INTEGRACIÓN

UNIVERSITARIA

“O USO DAS TIC PARA A FORMACIÓN E DINAMIZACIÓN DA ACCIÓN VOLUNTARIA”

VANESA GARCÍA GARCÍA – JAVIER FERNÁNDEZ AGRAFOJO

USC E PARTICIPACIÓN SOCIAL: O USO DAS TIC PARA A FORMACIÓN E

DINAMIZACIÓN DA ACCIÓN VOLUNTARIA.

1. INTRODUCIÓN / MARCO CONCEPTUAL:

No ano 1996, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) creou o seu Rexistro de

Persoal Voluntario e puxo en marcha a entón chamada Oficina do Voluntariado, partindo

da idea de que as colaboracións en actividades deste tipo podían favorecer a formación de

mellores profesionais, máis implicados no desenvolvemento social e da súa comunidade.

Dende hai sete anos, e agora a través do Servizo de Participación e Integración

Universitaria (SEPIU) da USC, ademais de xestionar as colaboracións entre estudantes

universitarios e entidades de iniciativa social, vén ofrecendo distintas xornadas, seminarios e

cursos de formación recoñecidos con créditos de libre configuración.

Hoxe en día as entidades de acción social coas que colaboramos presentan proxectos e

programas moi completos e de calidade, con equipos de xestión, seguimento e control das

actividades dos estudantes participantes que, dende o Servizo de Participación e

Integración Universitaria, entendemos que poden ser consideradas como actividades

prácticas, tamén susceptibles de ser recoñecidas con créditos de libre configuración.

A publicación do Real decreto 1393/2007 sobre os novos plans de grao, máster e

doutoramento, no que se posibilita o recoñecemento con ata seis créditos optativos á

participación dos estudantes neste tipo de actividades, levounos agora a deseñar unha serie

de ferramentas no Campus Virtual da USC que favorezan o recoñecemento académico da

participación dos estudantes nas actividades organizadas polo Servizo de Participación e

Integración Universitaria.

81

2. A AULA VIRTUAL

A Aula Virtual dos programas de formación e actividades de participación social

organizadas dende o Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) pretende

ser unha ferramenta que favoreza o recoñecemento académico, control, seguimento e

xestión dos procesos de aprendizaxe e servizo nos que se implican os estudantes da USC.

É o complemento da parte de formación presencial desenvolvida para cada unha das

actividades recoñecidas con créditos de libre configuración ofertadas dende o SEPIU e

constitúe un apoio básico para a parte práctica das súas colaboracións.

Na Aula Virtual, por unha banda, facilítase máis información de interese sobre cada ámbito

de participación e, pola outra, foméntase a participación dos estudantes mediante as

ferramentas propias destes contornos (foros, calendarios de actividades, novas de

actualidade, correo electrónico...).

O estudante, logo de realizar con aproveitamento a parte académica presencial, poderá

optar a participar nunha parte práctica, para desenvolver dentro de distintos programas e

proxectos coordinados dende o SEPIU e organizados con distintas entidades de iniciativa

social coas que a USC ten acordos e convenios de colaboración.

A dedicación semanal de cada estudante nestes proxectos establecerase entre tres e cinco

horas. Dependendo do número de horas, cada proxecto terá un recoñecemento académico

determinado. Por exemplo, o traballo a través da Aula Virtual das actividades de

participación social cuantifícase en 30 horas totais e sumarase ao tempo dedicado á

colaboración directa nos programas das entidades.

Para obter o recoñecemento académico da participación nas actividades, son condicións

indispensables realizar a parte presencial e desenvolver os traballos vinculados á Aula

Virtual.

Segundo a duración do curso presencial e o tempo destinado ás colaboracións en

actividades, o número total de créditos de libre configuración (CLC) poderá variar entre os

cinco e seis CLC.

82

2.1. OBXECTIVOS

- Crear unha ferramenta de traballo virtual que sirva de apoio para as actividades que

se realizan nos distintos ámbitos de colaboración.

- Visibilizar a participación dos estudantes nas entidades de iniciativa social,

posibilitando o recoñecemento académico das actividades nas que colaboran.

- Favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe entre os estudantes participantes,

dende a perspectiva da educación entre iguais.

- Xerar un ámbito de reflexión e aprendizaxe, nun marco de colaboración e

intercambio de información.

2.2. ACTIVIDADES OU APARTADOS DENTRO DA AULA VIRTUAL:

A plataforma da Aula Virtual é de manexo sinxelo e nela o alumnado poderá acceder aos

seguintes puntos:

- Información, recolle a información do curso e do recoñecemento académico con créditos

para as actividades de participación social.

- Calendario, no que se van inserindo aqueles eventos que consideramos que poden ser de

interese para os alumnos/as: cursos, xornadas, exposicións...

- Os contidos fan referencia ás diferentes áreas de participación social nas que cada

unha das persoas está a desenvolver a súa colaboración: minorías étnicas, saúde mental,

menores, ámbito hospitalario etc. Dentro de cada unha das áreas, atópanse os contidos

relacionados coa temática, xa previamente explicados e traballados no correspondente

curso presencial, un foro específico para o contorno e un punto de material de apoio, con

acceso ás páxinas webs das entidades e documentación para descargar.

- Os foros: é moi importante a participación e que os alumnos expresen as súas opinións e

experiencias. Hai varios tipos de foros: un foro de dúbidas (onde os alumnos poden

formular aquelas interrogantes que se lles presenten acerca do manexo da plataforma ou

calquera outra), un foro de avisos (para reunións ou similar), un foro de novas de

83

actualidade (onde se van colgando novas que poidan ser de interese) e os foros

específicos das áreas.

- No apartado de traballos será onde se colgarán os documentos ou actividades que

deberán presentar a finais de curso para dar por completada a actividade.

- Cuestionario, onde, tamén a final de curso, se plasmarán as impresións dos participantes

acerca da plataforma, que temas foron os máis interesantes ou que cousas cambiarían ou

engadirían.

- Finalmente, inserimos dous apartados, unha Galería de imaxes e unha Videoteca, a

través dos que podemos ver, de maneira gráfica, a realidade das colaboracións.

3. METODOLOXÍA

A metodoloxía está orientada á autoformación titorizada e á interacción. A participación

neste contorno permite acceder aos contidos con absoluta flexibilidade de horarios e

lugares, o que fai que a aprendizaxe sexa máis activa, xa que os alumnos/as acoden á Aula

Virtual en función do seu tempo e das súas necesidades.

Os obxectivos alcánzanse mediante a lectura e a análise dos contidos, a execución das

actividades que se propoñan e a interacción entre iguais e entre alumno e titor, utilizando

para iso o correo electrónico e os foros dispoñibles como ferramenta de comunicación.

O titor exerce, ademais, o rol de dinamizador, incentivando a participación.

84

4. RESULTADOS

No ano 2008, realizáronse dende o Servizo de Participación e Integración Universitaria 11

cursos de formación recoñecidos con créditos de libre configuración, aos que asistiron un

total de 694 persoas.

Na actualidade, temos en marcha 3 aulas virtuais (Actividades de participación social,

Mediación universitaria e Participación universitaria no ámbito penal), nas que están a

participar 85 alumnos e alumnas (un 79% son mulleres) que colaboran en actividades nas

distintas entidades de iniciativa social coas que a universidade ten convenios.

A Aula Virtual que reflicte máis movementos é a de participación universitaria e ámbito penal

tamén porque foi a primeira que se creou (novembro 2008) e porque o grupo xa está moi

unido, co cal os intercambios comunicativos nos foros son frecuentes, áxiles e

diversificados. As alumnas (neste caso, son todas mulleres) utilizan os foros para concertar

as citas, facer comentarios acerca das actividades, deixar mensaxes de ánimo, e demais. As

entradas son diarias e, a día de hoxe, contabilízanse 181 mensaxes.

A Aula Virtual das actividades de participación social leva aberta dende finais de xaneiro e,

polo momento, o tempo estimado de acceso dos usuarios á plataforma é de 14 horas e 6

minutos. Como curiosidade, convén sinalar que o módulo de contidos máis visitado é o que

se refire ao ámbito da saúde mental. En canto aos foros, hai rexistradas 52 mensaxes.

Por último, a Aula Virtual de mediación é a de máis recente creación, pero xa comeza a

rexistrar visitas frecuentes, especialmente no módulo dedicado á Unidade de Desordes da

Alimentación.

85

5. ANEXO DE IMAXES

5.1. Grupos de alumnos/as durante a celebración do IV Curso de Formación Básica en Voluntariado (2008).

5.2. Vista da Aula Virtual das Actividades de Participación Social

86

AULA DE COMUNICACIÓNS 5

Os dereitos da infancia

COMUNICACIÓN FUNDACIÓN MENIÑOS

“VOLUNTARIADO E MENIÑOS, OS DEREITOS DA INFANCIA”

ROBERTO ANTÓN SANTIAGO

Os dereitos da infancia

Os dereitos dos nenos e das nenas foron lentamente recoñecidos ao longo da historia. O

xiro no sistema de protección legal e institucional dos nenos maltratados prodúcese a partir

do primeiro proceso xudicial en EE UU que recoñece por primeira vez en 1874 o maltrato

infantil. Mary Ellen Wilson, unha nena de oito anos de idade nacida na cidade de Nova York

en 1866, era golpeada continuamente, ferida con tesoiras, atada a unha cama, presentaba

síntomas de desnutrición severos e outros sinais de maltrato físico e neglixencia. Unha

traballadora intentou intervir en defensa de Mary Ellen, acudindo a todos os estamentos

oficiais, pero ante a inexistencia de leis que recollesen especificamente o maltrato dos

nenos por parte dos seus pais ou coidadores, todos os estamentos oficiais rexeitaron

emprender calquera tipo de acción ou proporcionar axuda. Na súa desesperación pola

defensa da Nena, diríxese á Sociedade Americana para a Prevención da Crueldade cara

aos animais, xa que os animais atopábanse legalmente protexidos do tipo de violencia a que

Mary Ellen se atopaba sometida e, posto que a nena era parte do reino animal, debía ser

posible que esta sociedade para a protección dos animais interviñese ante os tribunais en

defensa da nena. O argumento que se empregou no proceso xudicial era que Mary Ellen

merecía, polo menos, tanta protección coma un can. Sobre esta base gañábase, no 1874, o

primeiro proceso xudicial en EE UU que defendía un menor dos malos tratos físicos. Como

consecuencia deste caso, formouse a Sociedade para a Prevención da Crueldade cara aos

Nenos e Nenas.

1948: A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclama a Declaración Universal dos

Dereitos Humanos. Nela, os dereitos e liberdades dos nenos, das nenas e dos

adolescentes están implicitamente incluídos.

1959: A Declaración dos Dereitos do Neno é adoptada por unanimidade. Con todo, este

texto non é de cumprimento obrigatorio para os estados, xa que ten carácter non

vinculante, pero converteuse nunha referencia doutrinal internacional común para os

países á hora de elaborar a súa propia lexislación nacional. Baseada na Carta Mundial

da Infancia de 1924, pero non aprobada polas controversias entre as posicións dos childsavers

e a posición dos kiddy-libbers.

1983: Diversas organizacións non gobernamentais organízanse para elaborar unha

Convención Internacional sobre os Dereitos do Neno e teñen un estatuto de consulta

xunto coas Nacións Unidas.

1989: A Convención sobre os Dereitos do Neno é adoptada pola Asemblea Xeral da

ONU e aberta á firma e ratificación por parte dos Estados. Existen tres categorías no

tocante ao seu nivel de adhesión:

– Non levaron a cabo a ratificación. Exemplo EE UU.

– Si ratifican, pero non lle recoñecen o mesmo valor legal que ás súas propias

normas. Exemplo Francia.

87

– Ratificación plena. Supón a conversión nun marco legal en igualdade de

condicións que estas normas. España ratifícao con melloras o 30 de novembro

de 1990.

88

VERSIÓN ADAPTADA NON OFICIAL DA CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA FEITA POR

UNICEF

Aprobada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989.

Artigo 1 Definición do neno

A Convención aplícase a todas as persoas menores de 18 anos de idade.

Artigo 2 A non discriminación

Todos os nenos e nenas teñen todos os dereitos recollidos na Convención: non importa de onde

sexades, nin o sexo ou a cor da pel, nin que lingua faledes, nin a situación económica da vosa familia,

nin as vosas crenzas ou as dos vosos pais, nin que padezades algunha minusvalía.

Artigo 3 O interese superior do neno

Cando as autoridades ou as persoas adultas adopten decisións que teñan que ver convosco, deberán

facer aquilo que sexa mellor para o voso desenvolvemento e benestar.

Artigo 4 Aplicación dos dereitos

Os gobernos (e autoridades rexionais e locais) deben facer que se cumpran todos os dereitos

recollidos na Convención. Deben axudar ás vosas familias a garantir os vosos dereitos e tamén deben

colaborar con outros países para que se cumpran en todo o mundo.

Artigo 5 Dirección e orientación dos pais e nais

As autoridades deben respectar os vosos pais e todas as persoas que sexan responsables da vosa

educación. A vosa familia ten a responsabilidade de axudarvos a exercitar os vosos dereitos.

Artigo 6 A supervivencia e o desenvolvemento

Todos os nenos e nenas tedes dereito á vida. Os gobernos deben facer todo o posible para asegurar a

vosa supervivencia e desenvolvemento.

Artigo 7 Nome e nacionalidade

Cando nacedes tedes dereito a ser inscritos nun rexistro e a recibir un nome e unha nacionalidade, a

coñecer os vosos pais e a serdes coidados por eles.

Artigo 8 Identidade

As autoridades teñen a obriga de protexer a vosa identidade, nome, nacionalidade e relacións

familiares.

Artigo 9 Separación dos pais

Ningún neno ou nena debe ser separado de seus pais, se non é pola súa propia conveniencia. No

caso de que voso pai e vosa nai estean separados, tedes dereito a manter contacto con ambos os

dous facilmente.

Artigo 10 Reunión da familia

Se, por calquera circunstancia, vivides nun país e os vosos pais noutro, tedes dereito a entrar no país

no que estean os vosos pais e a reunirvos con eles ou a que os vosos pais se reúnan convosco.

Artigo 11 Traslados e retencións ilícitas

As autoridades deben evitar que sexades trasladados de xeito ilegal a outro país ou que sexades

retidos ilegalmente.

Artigo 12 A opinión de nenos, nenas e mozos

89

Tedes dereito a opinar e a que esa opinión, segundo a vosa idade e madurez, sexa tida en conta

cando as persoas adultas vaian tomar unha decisión que vos afecte.

Artigo 13 Liberdade de expresión

Tedes dereito a expresar libremente as vosas opinións, a recibir e difundir informacións e ideas de

todo tipo, sempre que non vaian en contra dos dereitos doutras persoas.

Artigo 14 Liberdade de pensamento, conciencia e relixión

As autoridades deben respectar o voso dereito á liberdade de pensamento, conciencia e relixión. Os

vosos pais poderán aconsellarvos sobre o que é mellor.

Artigo 15 Liberdade de asociación

Podedes asociarvos libremente, crear asociacións e reunirvos pacificamente con outros mozos e

mozas, sempre que estas actividades non vaian en contra dos dereitos doutras persoas.

Artigo 16 Protección da intimidade e da vida privada

Tedes dereito a unha vida privada propia, a que se respecte a vida privada da vosa familia e á

intimidade do voso domicilio, a que non vos abran a correspondencia e a que ninguén ataque a vosa

boa imaxe.

Artigo 17 Acceso a unha información adecuada

Tedes dereito a recibir información a través dos libros, dos xornais, da radio, da televisión, de

internet; en especial, a información que sexa importante para o voso benestar e desenvolvemento.

As persoas adultas coidarán de que esta información sexa adecuada.

Artigo 18 As responsabilidades dos pais

Os vosos pais e nais son os responsables da vosa educación e desenvolvemento e deben actuar no

voso interese. As autoridades axudarán os pais nestas tarefas co apoio necesario.

Artigo 19 Protección contra o abuso e os malos tratos

As autoridades deberán protexervos dos malos tratos, dos abusos e da violencia, tamén dos que

proveñan dos vosos pais ou responsables legais.

Artigo 20 Protección dos nenos privados da súa familia

Tedes dereito a unha protección e axuda especiais no caso de que non teñades pais ou de que estes

non estean convosco. Esta axuda terá en conta a vosa orixe cultural ou étnica.

Artigo 21 Adopción

No caso de adopción sempre se debe ter en conta, sobre todo, o benestar do neno ou da nena.

Artigo 22 Os nenos refuxiados

Os nenos, nenas e mozos refuxiados (obrigados a abandonar o seu país por unha guerra ou outra

circunstancia) serán obxecto de protección especial. As autoridades deberán colaborar coas

organizacións que lles dan axuda e protección.

Artigo 23 Os nenos e nenas discapacitados

Se sufrides algunha discapacidade física ou mental, tedes dereito a coidados e atencións especiais

que garantan a vosa educación e capacitación, co fin de axudar a que gocedes dunha vida plena.

Artigo 24 A saúde e os servizos sanitarios

Tedes dereito a gozar do nivel máis alto posible de saúde (que inclúe auga potable, unha boa hixiene

e alimentación) e a recibirdes atención médica cando esteades enfermos. Os gobernos deberán

cooperar cos doutros países para que este dereito sexa unha realidade en todo o mundo.

Artigo 25 Revisión das condicións de internamento

90

Se estades internados nun establecemento para vos protexer ou curar dunha doenza física ou

mental, débese revisar periodicamente a vosa situación para comprobar que o internamento sexa

axeitado e non se prolongue de máis.

Artigo 26 A seguridade social

Vós e a vosa familia tedes dereito a beneficios das axudas estatais e á seguridade social cando os

vosos recursos sexan escasos.

Artigo 27 O nivel de vida

Tedes dereito a un nivel de vida adecuado para o voso desenvolvemento físico, mental, espiritual,

moral e social. Os vosos pais son os responsables de que teñades o necesario para vivir dun xeito

digno (en especial vivenda, nutrición e vestido). Se eles non poden achegarcho, as autoridades deben

axudarvos.

Artigo 28 A educación

Tedes dereito á educación. A educación primaria debe ser obrigatoria e gratuíta e debedes ter

facilidades para poder ter educación secundaria ou ir á universidade. Os gobernos dos países deben

colaborar para que isto sexa realidade en todo o mundo. Os castigos na escola non deben ser

humillantes nin indignos.

Artigo 29 Os obxectivos da educación

A educación deberá estar encamiñada a desenvolver a vosa personalidade, aptitudes e capacidades

mentais e físicas ata o máximo das vosas posibilidades. Debe prepararvos para ser unha persoa

respectuosa con outras persoas, responsable, pacífica e considerada co medio ambiente nunha

sociedade libre.

Artigo 30 Os nenos e nenas de comunidades minoritarias e indíxenas

Se pertencedes a unha minoría étnica ou relixiosa débese respectar o voso dereito a vivir segundo a

vosa cultura, practicar a vosa relixión e falar a vosa propia lingua.

Artigo 31 O ocio e as actividades recreativas e culturais

Tedes dereito ao xogo, ao descanso e ás actividades recreativas e culturais.

Artigo 32 O traballo infantil

Tedes dereito a estar protexidos contra os traballos perigosos para a vosa saúde ou que vos impidan

ir á escola. Non podedes traballar ata cumprir unha idade mínima e, se o facedes, deben cumprirse

unhas condicións axeitadas nos horarios e condicións de traballo.

Artigo 33 O uso de drogas ilegais

Tedes dereito a estar protexidos das drogas ilegais e do tráfico de drogas.

Artigo 34 A explotación sexual

As autoridades deben protexervos da explotación e dos abusos sexuais, incluídas a prostitución e a

participación en espectáculos ou materiais pornográficos.

Artigo 35 A venda e/ou secuestro de nenos

Os gobernos deben tomar todas as medidas que sexan necesarias para impedir a venda, a trata e o

secuestro de nenos e nenas.

Artigo 36 Outras formas de explotación

Tedes dereito a estar protexidos contra as demais formas de explotación que sexan prexudiciais para

o voso benestar.

Artigo 37 A tortura e a privación da liberdade

91

Non seredes sometidos a torturas nin a outros tratos ou penas crueis. Se cometestes algún delito

non se vos imporá a pena de morte nin a de prisión perpetua. Se sodes xulgados e considerados

culpables, só deberedes ser internados nun establecemento como último recurso e só o tempo

mínimo para cumprir o voso castigo. Nunca deberedes estar nas mesmas prisións coas persoas

adultas e teredes dereito a manter contacto coa familia.

Artigo 38 Nenos e nenas en conflitos armados

En tempos de guerra non poderedes ser recrutados coma soldados nin participar nos combates. Os

nenos e nenas tedes dereito a unha protección especial en caso de conflito.

Artigo 39 Recuperación e reinserción social

Se fostes vítimas de malos tratos, explotación, abandono ou estivestes nunha guerra, tedes dereito a

que se ocupen de vós para a recuperación física, social e psicolóxica.

Artigo 40 A aplicación da xustiza a menores

Tedes dereito a defendervos con todas as garantías cando vos acusen de cometer un delito. Os

xuíces e avogados deberán ser especialmente coidadosos cando xulguen persoas de menos de

dezaoito anos e as leis deben establecer unha idade mínima antes da que non poden ser xulgados

como se fosen persoas adultas.

Artigo 41 A lei máis favorable

Se hai leis distintas á Convención que se poidan aplicar nalgún caso que che afecte, sempre se

aplicará a que sexa máis favorable para ti.

Artigo 42 Difusión da Convención

Tendes dereito a coñecer os dereitos contidos nesta Convención. Os gobernos teñen o deber de

difundila entre nenos, nenas, mozos e persoas adultas.

A Convención dos Dereitos da Infancia:

Recolle os dereitos de todos os nenos, nenas a adolescentes do mundo.

É de obrigatorio cumprimento para os estados que a ratifican, todos os países do

mundo, agás os Estados Unidos.

O seguimento do cumprimento faino o Comité dos Dereitos do Neno de Xenebra.

É o primeiro tratado internacional de dereitos humanos que recolle dereitos civís,

políticos, culturais, económicos e sociais.

Entende os dereitos coma un todo: non hai dereitos máis importantes ca outros.

Recoñece o dereito dos nenos e nenas a ter acceso á información, a expresarse

libremente e a ser tida en conta a súa opinión en asuntos que lles afectan.

54 ARTIGOS ENGLOBADOS EN 4 PRINCIPIOS:

Participación: os nenos, como persoas e suxeitos de dereito, poden e deben expresar

as súas opinións nos temas que lles afecten. As súas opinións deben ser escoitadas e

tomadas en conta para a axenda política, económica ou educativa dun país. Deste xeito,

créase un novo tipo de relación entre os nenos, nenas e adolescentes e quen toman as

decisións por parte do Estado e da sociedade civil.

Supervivencia e desenvolvemento: as medidas que tomen os estados parte para

preservar a vida e a calidade de vida dos nenos deben garantir un desenvolvemento

harmónico no aspecto físico, espiritual, psicolóxico, moral e social dos nenos,

considerando as súas aptitudes e talentos.

92

Interese superior do neno: cando as institucións públicas ou privadas, autoridades,

tribunais ou calquera outra entidade deba tomar decisións respecto dos nenos e nenas,

deben considerar aquelas que lles ofrezan o máximo benestar.

Non discriminación: ningún neno debe ser prexudicado de modo ningún por motivos de

raza, credo, cor, xénero, idioma, caste, situación ao nacer ou por padecer algún tipo de

impedimento físico.

En España avanzouse no seu cumprimento, segundo o Comité dos Dereitos do Neno (Informe do

13/06/2002).

Todas as leis, estatais e autonómicas, están adaptadas ao marco que establece a Convención

sobre os Dereitos do Neno.

En 1996, creouse a Rede de Concellos a favor dos Dereitos da Infancia; en 1999, o Observatorio

da Infancia, o Defensor do Pobo creou a figura do adxunto para asuntos relacionados coa

infancia e varias comunidades autónomas contan con Defensor do Menor. En Galicia, este labor

desenvólveo o adxunto ao Valedor do Pobo.

Creáronse programas e servizos de erradicación da pobreza e de apoio a familias en situacións

especiais.

España foi o terceiro país doador no Programa Internacional para a Erradicación do Traballo

Infantil no 2000/2001.

Pero tamén din que cómpre mellorar algunhas cuestións:

Realizar estudos que permitan deseñar unha política de atención global á infancia e que elimine

a desigualdade de oportunidades por motivos xeográficos ou sociais.

Difundir a Convención sobre os Dereitos do Neno entre os nenos, nenas e adolescentes,

educadores, médicos e outros colectivos profesionais.

Elevar a idade mínima para contraer matrimonio e reformar o artigo 154 do Código civil que

permite o castigo físico.

Ter máis xulgados de familia e de menores e dotados con maiores recursos.

Mellorar o dereito á protección con mellores estudos sobre o maltrato e abusos sexuais e a

dotación de mellores recursos de apoio psicolóxico e de saúde mental.

Realizar campañas para o incremento de hábitos saudables, evitar embarazos non desexados,

enfermidades de transmisión sexual e consumo de alcohol, tabaco e outras drogas.

Diminuír o absentismo escolar e a violencia, sobre todo nos colectivos máis vulnerables: xitanos,

menores non acompañados, fillos de inmigrantes (especialmente os ilegais) e empobrecidos.

93

AULA DE COMUNICACIÓNS 5

Resumo

Neste artigo pretendemos darvos a coñecer o traballo dos nosos voluntarios e voluntarias en

prol da cultura e da conservación dun ben prezado: os libros; dende a súa ordenación,

catalogación ata o seu uso e gozo polos usuarios e usuarias das nosas bibliotecas. Trátase

dunha experiencia moi concreta de voluntariado que consiste basicamente en xestionar

doazóns de libros e confeccionar fichas, salas e estantes para a localización dos fondos

bibliográficos que serán utilizados e consultados no proceso de creación dos asociados,

producíndose un proceso de retroalimentación ou feed-back que posibilita o avance do

coñecemento.

A biblioteca da asociación converteuse nun centro de referencia para o estudo da exclusión

social.

Introdución

COMUNICACIÓN ASOCIACIÓN INCLUSIÓN

“A REALIZACIÓN DUNHA BIBLIOTECA SOLIDARIA ESPECIALIZADA EN

INCLUSIÓN SOCIAL”

ANTONIO PÉREZ VILAS

Os voluntarios e voluntarias son a nosa forza solidaria, ese sentimento de bondade e

altruísmo en beneficio dos demais conxéneres. Os libros amosan as diferentes realidades

sociais e os diversos postulados dos seus autores, na nosa biblioteca conflúen obras dos

nosos asociados con obras de autores multidisciplinares.

Unha biblioteca especializada é a base fundamental para elaborar traballos de investigación

e malia que o uso do ordenador permite o acceso a fondos bibliográficos aos que non se ten

acceso físico e pode xerar e xera outro xeito de investigar, a biblioteca-centro de

documentación segue a ser lugar de consulta e reflexión obrigado.

Sexa como sexa, xerar unha boa biblioteca-centro de documentación, de referencia e

consulta, parece obrigado para dedicarse aos labores de investigación e divulgación dunha

situación problemática como a exclusión social, case tanto como o emprego de novas

tecnoloxías e xa foi en si un obxectivo que nos marcamos.

94

En Inclusión, dende o primeiro intre dotámonos de aula de informática e novas tecnoloxías

(xa que logo, esa forma de investigar é a seguida maioritariamente polos nosos asociados) e

formulámonos construír e ir dotando de libros a nosa biblioteca social que iría, e irá,

especializándose co paso do tempo.

Crear unha biblioteca xa é un traballo en si (para consulta de calquera investigador

interesado), pero a nosa evidentemente debe especializarse nos temas cos que traballamos

facendo un dobre labor como biblioteca e como centro de documentación e consulta

especializado. A exclusión social é un tema tan amplo que ademais xera unha lectura

diversa.

Non obstante, unha biblioteca ten máis valor sentimental e incorpora maior valor engadido a

calquera acción que valor económico, supón un custo directo difícil de asumir nunha

entidade como a nosa. É un claro exemplo de actividade que incorpora valor, aínda que

posuiría un prezo prohibitivo.

Nun primeiro intre, en Inclusión xa nos formulamos realizar unha biblioteca coas tres salas,

unha por local da asociación, e tamén nos formulamos unha biblioteca universal e ampla

onde todos os libros terían cabida, pero a realidade levounos pola senda de ser unha das

bibliotecas con máis volumes sobre exclusión social e economía social.

O labor foi duro, pero é exclusivamente a base de doazóns e da construción e clasificación

cos nosos propios medios e esforzo como se foi levantando esta biblioteca, por dous

motivos:

O económico, pois doutro xeito tería un custo inasumible.

E o do convencemento de que so é útil aquilo co que se traballa.

Así a nosa biblioteca medra e aumenta de volumes, ao tempo que se presenta a

comunicación ou se desenvolve calquera traballo.

En todo o proceso de investigación social, a nosa biblioteca está demostrando serlles moi

útil aos investigadores de Inclusión que ven aumentar a súa produción científica e, ao

mesmo tempo, pretendemos que o acceso á información desta se popularice.

Doazóns

Unha biblioteca de baixo custo, como a que se pretende crear e manter, nútrese

basicamente de doazóns de diferentes colectivos e institucións.

Xestionar unha doazón non é tan sinxelo como pode parecer en principio, require certo

traballo que a xente realice unha; dúas son as formas que reviste acotío:

95

1. Procedente doutras bibliotecas e de obras sociais das entidades bancarias (sobre todo

das galegas) e cando o fai adoitan albergar diferentes formas, pero a máis usual consiste

nun montón de libros sen orde nin concerto, nunha caixa ou nun caixón no mellor dos casos.

Neste caso dous son os obxectivos: conseguir a doazón e integrala entre os nosos fondos

bibliográficos.

2. Outra fonte que nos marca a especialización é a doazón exemplar a exemplar polo propio

autor ou a editorial. Neste caso, adoita tratarse de exemplares de alto valor unitario e dun

gran nivel de especialización. Os propios asociados de Inclusión son autores de numerosos

exemplares da nosa biblioteca. Os libros de literatura xeral van dando paso a exemplares

cada vez máis especializados.

Aquí trátase de literatura moi especializada que se integra soa na biblioteca, onde atopa o

seu lugar natural.

Combinamos por iso exemplares de uso común con outros de elevado valor unitario e moi

especializados.

Estantes e rexistro

Unha biblioteca tamén é un espazo físico no que debe reinar unha orde case absoluta; por

iso, a biblioteca Inclusión especializada en exclusión social ten:

Tres salas (Poio, Vigo e Sada).

Numerosas estancias ou puntos temáticos: Exclusión social, discapacidade, infancia, muller,

Unión Europea, Cooperativismo, sociedades laborais, desenvolvemento local, turismo,

Galicia… ata novelas e obras de autores consagrados; iso supón e obriga a un labor de

rexistro completo e detallado, de tal xeito que o usuario ou usuaria poida acceder en cada

intre ao volume que desexe sabendo en que estancia e en que zona se atopa.

En Inclusión, realizamos todo o proceso, dende construír os estantes (sitio físico), ata

determinar a súa localización, que non é definitiva, posto que os exemplares adoitan rotar co

paso do tempo variando tamén a súa posición no rexistro no que en todo momento se pode

coñecer a situación de cada exemplar.

Ademais, os libros destas tres salas proceden tamén das actividades específicas dos tres

centros, xerándose pronto unha certa especialización en infancia (Sada), discapacidade

(Vigo) e desenvolvemento local, economía social, turismo... (Poio, Pontevedra...).

O labor físico na biblioteca é importante e unha boa biblioteca ten valor polos exemplares

que posúe, pero ademais pola axilidade da súa consulta e orde.

96

O labor do voluntariado

É complexo sempre articular o labor do voluntariado co do profesional específico que

desenvolve algunha tarefa (ou a do asociado ou asociada que, ao non recibir retribución,

podemos asimilalo co voluntario), pero parece claro que na realización deste ambicioso

proxecto se mestura o traballo ou a dedicación dos tres elementos da asociación: asociados,

voluntariado e persoal laboral.

Malia que decidimos limitar a actuación do persoal laboral-contratado no desenvolvemento

disto, posto que realizará tarefas de maior efectividade económica.

Así, na práctica realizar unha biblioteca é un labor que non ten rendibilidade económica

directa, aínda que parece evidente que si a posúe dun xeito indirecto, tendo ademais grande

interese e por iso recae directamente sobre os asociados e voluntarios.

É un labor delicado e que require traballo, e especialmente rigor, no desempeño das tarefas.

Na práctica, faremos:

-Recibimos doazóns de exemplares.

-Clasificamos e rexistramos. Esta é a parte que require maior rigor, clasificándose en

sucesivos lugares (o que supón distintas localizacións físicas) algunhas obras de

clasificación polémica.

Facemos ou mercamos estantes (se non hai onde colocalos), reformulando cada estancia e

a súa localización final. Confeccionar a propia distribución de estancias e estantes tamén é

tarefa que asumimos.

Os labores de clasificación dos volumes en atención á temática que abordan, en principio

correspóndenlle ao persoal máis especializado (asociados), pero deseguido eses labores

son asumidos polo voluntario.

Ademais, usamos e consultamos a biblioteca asiduamente, de xeito que esta non é un

elemento decorativo, senón que se incorpora a todas as tarefas de Inclusión, o que xera un

proceso moi positivo: aumenta o uso e aumentan os volumes ao dispor dos outros usuarios,

posto que cando se usan volumes externos aos fondos da propia biblioteca adóitanse doar a

esta, mellorando así os seus fondos bibliográficos.

97

Resultados

Estamos especialmente contentos cos resultados obtidos desta experiencia concreta de AV.

Os resultados son, dun lado, tanxibles, pois desta experiencia nace a biblioteca Inclusión

que pode ser visitada nas súas tres estancias. Dáse un proceso concreto de catalogación e

orde.

E doutro intanxibles, pois xera I+D+i para toda a asociación e usuarios desta biblioteca.

Por outra banda, a biblioteca continúa a medrar e deste congreso captaremos numerosos

exemplares que coinciden á perfección coa especialización deseñada para a nosa

biblioteca.

Tanta importancia como o número concreto de exemplares (que varía medrando co tempo)

ten para nós o propio deseño dos centros e dos lugares que van especializándose cara a

converterse en lugares de referencia para o estudo ou coñecemento de realidades

concretas.

A miña experiencia como voluntario, por Antonio Pérez Vilas

A miña primeira experiencia como voluntario tivo lugar alá polo ano 2001 nos Irmáns

Misioneiros dos Enfermos Pobres. Aquel primeiro contacto fíxome ser consciente das

extremas dificultades nas que se atopan moreas de persoas que a miúdo nos rodean e das

que nin sequera nos decatamos.

A casualidade quixo que o pasado 5 de febreiro entrase en contacto coa ONG Inclusión-

Vigo, organización centrada en lles axudar a aqueles sectores de poboación con maior risco

de exclusión social, como inmigrantes, discapacitados, mulleres maltratadas ou

drogodependentes. Foi entón cando, ao lembrar aquela miña primeira experiencia, decidín

dedicar unha parte importante do meu tempo de lecer a colaborar como voluntario nesta.

Entre os meus cometidos destaca a posta en funcionamento dunha biblioteca. Aínda que

pode semellar un labor doado, é o froito dun rigoroso e longo tempo de traballo no que a

tarefa máis difícil é atopar entidades que dun xeito altruísta doen libros para esta causa, pois

non hai que esquecer os limitados recursos das asociación sen ánimo de lucro, como é o

caso, fronte ao altísimo custo económico que suporía a adquisición dun número de volumes

tal como para acadar un obxectivo tan ambicioso.

98

Tras un percorrido por distintos centros culturais e sociais da cidade reunín unha máis que

satisfactoria cantidade de edicións que repasan a actualidade económica e social de Galicia,

para logo inserirse nos problemas dos colectivos máis abandonados da nosa comunidade.

Completada esta primeira fase de recompilación, somerxinme de cheo na tarefa de ordenar,

clasificar e, en resumo, sentar criterios que me permitan crear unha biblioteca de doado

acceso para todos aqueles que decidan achegarse ata esta e comprender a problemática

dos que non tiveron a mesma sorte ca nós, como un día fixen eu.

99

AULA DE COMUNICACIÓNS 5

COMUNICACIÓN ONG CAMBRE POBO SOLIDARIO (CAMPOS)

“TRATAMENTO DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA NAS AULAS”

RAFAEL SÁNCHEZ-FERNÁNDEZ GARCÍA

1.- A asociación:

Campos, acrónimo de Cambre, Pobo Solidario, é unha pequena asociación, con pouco máis

dun ano e medio de vida, que xurdiu do compromiso e do esforzo dun grupo de persoas

deste concello da área metropolitana da Coruña.

Os trazos que definen e singularizan esta entidade son os seguintes:

a) Autolimita estatutariamente o seu ámbito de actuación ao do territorio municipal de

Cambre.

b) Ten como finalidade básica o fomento do valor da solidariedade entre os veciños e

veciñas de Cambre e tamén cara ás zonas desfavorecidas do terceiro mundo.

c) Carece de persoal asalariado. Todas as persoas que colaboran en Campos, tanto na

directiva coma nas diferentes actividades, son voluntarias.

d) En consecuencia, os recursos dos que dispón a asociación (achegados principalmente a

través de doazóns de socios e simpatizantes e tamén de subvencións públicas) destínanse

practicamente de xeito íntegro ás finalidades para as que foron obtidos.

A asociación desenvolve a súa acción en dúas vertentes:

A) Cooperación internacional, en colaboración cunha pequena asociación do barrio

palestino de Al Hoceima (Marrocos), un asentamento chabolista cunha poboación

aproximada de mil persoas, consistente en desenvolver cada ano tres programas de axuda,

dous deles dirixidos á infancia:

-Escolar, dotando os nenos e nenas en situación económica precaria de libros,

material escolar, mochilas, uniforme, etc. ao comezo de curso, para erradicar o absentismo

escolar por falta de recursos e custeando unha profesora de apoio ao longo de todo o curso

para lles axudar aos menores que teñen maiores dificultades nos estudos.

-Sanitario, consistente en levar a cabo anualmente unha revisión pediátrica da

poboación infantil do barrio e cubrir as súas necesidades derivadas (medicinas, probas

médicas, especialistas, etc.).

100

-Un terceiro programa vai dirixido ás mulleres con cargas familiares carentes de

recursos, proporcionando microcréditos para montar pequenos negocios. Unha pequena

escola, atendida por unha segunda profesora custeada por Campos, imparte clases de

alfabetización en árabe ás mulleres do barrio, na súa maior parte analfabetas.

B) Programas de voluntariado dirixidos á poboación de Cambre.

Actualmente, están en marcha os seguintes programas, todos eles integramente

gratuítos:

B.1. Para persoas inmigrantes:

a) Mediación intercultural.

b) Clases de español e galego.

c) Apoio escolar e cultural a fillos/as de inmigrantes.

d) Intérpretes de wolof e árabe dariya para recibir atención nos servizos públicos

(colexios, centros de saúde, concello, etc.).

e) Actividades de acollida nos centros escolares cando chegan por primeira vez

nenos/as.

f) Procedentes de países ou culturas diferentes.

g) Encontros periódicos entre inmigrantes e veciños/as do concello para fomentar a

tolerancia e o diálogo intercultural.

B.2. Ofertas aos centros escolares de primaria e secundaria de Cambre:

a) Programa de prevención da violencia Convivimos (presentamos no punto 2 unha

información máis pormenorizada desta actividade).

b) Programa Mediamos. Inclúe a formación e a organización para a posta en marcha nos

centros escolares interesados de grupos de mediación para a resolución de

conflitos.

c) Programa Sensibilizámonos, para realizar nos centros interesados actividades de

sensibilización sobre a situación do terceiro mundo.

d) Programa de medidas alternativas á expulsión temporal de alumnos/as dos centros

escolares. Inclúe un acordo coa institución educativa para acoller os/as

nenos/as contra os que se dite unha medida de expulsión, para substituíla por

traballos en beneficio da comunidade na nosa asociación, sempre que o propio

menor e a súa familia estean de acordo.

101

e) Programa de posta en marcha de grupos de voluntariado escolar, para fomentar

dende as primeiras idades o interese por este tipo de actividades. Estes grupos

permitiríanlles aos nenos/as participar en servizos tales como a axuda académica

e social aos seus compañeiros/as, na organización de actividades escolares, etc.

B.3. Outras actividades de voluntariado:

A disposición de voluntarios/as que contan con formación e/ou experiencia en

determinadas habilidades permite ofertar, tamén de xeito gratuíto e solidario, actividades

dentro do ámbito destas habilidades. Así, actualmente, temos en marcha, os seguintes

talleres:

-Taller de iniciación á guitarra.

-Taller de iniciación á lingua de signos.

-Taller de crecemento persoal.

-Taller de flores de Bach.

Estamos a preparar un novo taller de habilidades domésticas, dirixido

preferentemente a homes, para que aprendan a desenvolverse neste tipo de tarefas

(pasar o ferro, lavar, coser, cociñar, limpar...), ben por vivir sós ou por interesalos en

compartir coas súas parellas este tipo de responsabilidades.

f. Convivimos de prevención da violencia nos centros escolares.

Este programa ofértaselles cada ano a todos os centros escolares de educación primaria e

secundaria de Cambre e vénse desenvolvendo con grande éxito dende hai dous anos nun

colexio de primaria e nun instituto de secundaria. A actividade é totalmente gratuíta para os

centros e para as familias dos/as alumnos/as participantes.

Os centros escolares comprométense simplemente a ceder as horas de clases

necesarias para desenvolver o programa, sempre dentro do horario lectivo. Son un total de

oito sesións que se desenvolven, habitualmente, en semanas alternas, a partir do mes de

xaneiro ata finais de abril. Fóra do horario escolar quedan as sesións dedicadas ás familias

e as convivencias de fin de semana no Albergue Xuvenil de Gandarío, das que falaremos

máis adiante.

No presente curso están participando neste programa: dous grupos de 4.º de primaria (45

alumnos), tres grupos de 6.º de primaria (70 alumnos) e dous de 1.º da ESO (50 alumnos),

un número similar ao de cursos anteriores.

102

2.1. Obxectivos:

Os obxectivos deste programa son os seguintes:

a) Promover, a través das comunidades educativas dos centros de ensino, actividades

que

faciliten a prevención de conflitos e a mellora da convivencia.

b) Profundar na comunicación entre familias, profesorado e alumnado, así como a súa

implicación conxunta na mellora da convivencia.

c) Promover valores e hábitos democráticos no alumnado.

d) Previr e abordar os problemas individuais (disruptividade, acoso escolar, etc.) con

criterios educativos.

2.2. A quen vai dirixido este programa?

a) A pais e nais interesados/as en traballar na educación para a non violencia dende o

ámbito escolar e familiar.

b) A nenos e nenas de 4.º e 6.º de primaria e de 1.º da ESO (para o próximo curso

temos previsto estendelo ata 1.º curso de primaria).

c) Ao profesorado dos centros educativos implicados. No que se refire aos alumnos,

preténdese que, idealmente, todos eles pasen tres veces polo programa ao longo da

súa vida escolar, aínda que loxicamente este obxectivo resulta difícil de acadar

porque non todos os centros escolares do concello participan na actividade e existen

tamén casos particulares de traslados dende ou a outros centros. No caso dos pais,

o programa ofértalles unha serie de encontros para traballar con eles, paralelamente

aos escolares, o mesmo tipo de actividades, aínda que enfocadas, loxicamente,

dende a óptica dos adultos.

2.3. Metodoloxía:

As sesións de traballo son moi dinámicas e participativas. Cada unha delas xira

arredor dun tema concreto (empatía, autoestima, habilidades sociais, etc.) e a través de

contos e dramatizacións vaise suscitando o interese dos nenos e provocando que acheguen

experiencias inmediatas do grupo-clase sobre as cuestións abordadas.

Ao remate de cada sesión, márcase un obxectivo para acadar polo grupo,

normalmente relacionado cos problemas expostos (insultos, alcumes, agresións, etc.) que é

repetidamente avaliado nas sesións seguintes, ata chegar a obter un resultado satisfactorio.

103

Esta metodoloxía permite previr e combater o acoso escolar e resolver situacións

conflitivas latentes nas clases e, sobre todo, que os propios alumnos e alumnas sexan

conscientes dos beneficios que proporciona a mellora da súa convivencia e se impliquen

activamente na dinámica positiva.

2.4. As convivencias de fin de semana:

Cada un dos alumnos dos cursos participantes ten a posibilidade de asistir a unha fin

de semana de convivencia no Albergue Xuvenil de Gandarío de xeito totalmente gratuíto.

Ao longo deste período, lévanse a cabo unha serie de actividades medioambientais e

de mellora da convivencia: xogos cooperativos, relaxación, sendeirismo, dinámicas de

grupo, velada, risoterapia e outras adaptadas á idade dos participantes. Ao remate, os

asistentes reciben un diploma nun acto presidido polos propios escolares con asistencia

das familias, ao longo do cal pronuncian discursos nos que dan a súa opinión sobre a

experiencia e presentan algunhas actuacións preparadas por eles mesmos. Como

anécdota ilustrativa, sinalamos que nas convivencias se estableceu como regra taxativa que

non se poden traer ningún tipo de aparellos electrónicos (teléfonos móbiles, consolas,

videoxogos, de música, etc.), co fin de que os participantes aprendan como existen recursos

lúdicos moito máis gratificantes que os proporcionados pola técnica.

Os monitores e monitoras que participan nas convivencias de fin de semana en

Gandarío son voluntarios/as da asociación (na súa maior parte, coa titulación axeitada e con

longa experiencia no traballo con grupos infantís).

Para os nenos, esta experiencia de convivencia fóra do ámbito escolar resulta

extraordinariamente enriquecedora, como manifestan nas avaliacións que se realizan ao

remate do programa.

No presente curso, a primeira convivencia (4.º de primaria) tivo lugar os días 28 de

febreiro e 1 de marzo, coa participación de 39 nenos/as. Para a segunda, que se

celebrará o 21 e 22 de marzo (6.º de primaria), están inscritos un total de 43

alumnos/as. A terceira, dirixida a 1.º da

ESO, terá lugar os días 4 e 5 de abril, sen que teñamos aínda aberta a súa

inscrición.

Experimentalmente, no presente curso celebrarase unha última e especial

convivencia os días 25 e 26 de abril, aberta a todos os alumnos e alumnas que forman parte

dos grupos de mediación escolar de Cambre (arredor de 60 dos dous últimos cursos

de primaria, ESO e bacharelato).

104

AULA DE COMUNICACIÓNS 6

COMUNICACIÓN ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL OS TILOS

“NON O COMPROMISO CERO”

ROSARIO IGLESIAS GRANJA

A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos promove o voluntariado como unha forma máis

de enriquecer a comunidade, ao igual que pensamos na oferta de actividades recreativas

que cubran as necesidades de ocio ou os proxectos que van encamiñados á conciliación

familiar e laboral, así como potenciar a socialización dos nosos maiores e, en definitiva,

fomentar as relacións interxeracionais; tamén apostamos pola posibilidade que temos todos

de sentirnos realizados compartindo cos demais o noso tempo, experiencias e habilidades.

A gran vantaxe que temos no noso contexto é que atopamos xente de todas as idades, os

usuarios da asociación van dende os 0 anos de idade ata os 80 e tantos da nosa señora

Ramona, que lle dá nome ao xa VI Concurso de Poesía Anomar. A posibilidade real de

enriquecernos a través da experiencia dos nosos maiores, así como da frescura e

dinamismo dos máis mozos, fan que cada día as nosas cabezas estean cheas de novos

proxectos. O voluntariado parte da ilusión que desprendemos en cada unha das actividades,

da forza que inconscientemente transmitimos cando achegamos os máis cativos aos xogos

populares ou esas visitas ao zapateiro e demais gremios case esquecidos que tanto nos

lembran os nosos maiores.

O gran número de persoas implicadas nas diferentes iniciativas promoven inquietudes que

van máis alá do querer colaborar de forma altruísta, senón que estamos falando de

compromiso, de vontade á hora de facer as cousas, de sentimento de pertenza a unha

causa, de todo iso que supón fuxir do noso propio ego enriquecéndonos máis como

persoas.

VOLUNTARIADO E INFANCIA

Debemos destacar a importancia da atención deste grupo de idade dentro dun dos

obxectivos máis importantes da asociación: a conciliación familiar e laboral. O proxecto de

voluntariado centrado na infancia baséase principalmente na atención das propias

necesidades dos cativos, así como as das súas familias. Nesta liña desenvólvense

proxectos para as diferentes idades:

• Primeiros pasos: nenos/-as de 0 a 3 anos.

• Aula de xogos: nenos/-as de 3 a 9 anos.

• Club dos piratas: nenos/-as de 9 a 12 anos.

• Campamentos en períodos estivais.

105

• Xornada do Día da Muller Traballadora: onde se lles regala tempo ás nais traballadoras a

través da oferta lúdica para nenos/as de 3 a 12 anos.

Os voluntarios inmersos nestes proxectos contan cun acompañamento constante por parte

dos monitores e coordinadores da actividade. Consideramos de vital importancia que haxa

un acompañamento, nos soamente polo bo funcionamento da actividade, senón tamén polo

factor motívante nas tarefas desenvolvidas polos voluntarios. Por iso contamos cunha

reunión semanal nos proxectos que se desenvolven todo o ano, así como cunha diaria no

caso dos campamentos e escolas de verán.

VOLUNTARIADO NA TERCEIRA IDADE

O grupo dos maiores son un colectivo moi importante para a asociación, non soamente

como usuarios das actividades, senón tamén como orixe de moitos dos nosos proxectos

onde este grupo de idade participa de forma activa compartindo as súas propias

experiencias e vivencias do pasado. O feito de que todas as actividades destinadas a este

grupo de idade sexan gratuítas beneficia enormemente o sentimento de compartir,

facilitando novas actividades interxeracionais onde se traballan obxectivos tales como: a

autoestima, a autorrealización, a capacidade de empatía, así como a interacción

interxeracional.

O voluntariado con este grupo de idade parte das posibilidades do propio voluntario, do que

poida ofrecer, e continúa cun grupo de maiores moi motivado e receptivo que, como propios

axentes activos do voluntariado, son moi respectuosos e participativos coa actividade e coa

persoa que a dinamiza.

As actividades actualmente destinadas a este grupo de idade son as seguintes:

• Manualidades.

• Ximnasia.

• Obradoiro de memoria.

• Rutas de sendeirismo

• Excursións e saídas varias.

• Informática.

• Pandeireta.

As actividades nas que están implicados son:

• Cultura popular: a través da cal se levan a cabo diferentes actividades cos nenos e nenas

da Aula de Xogos, así como do Club dos Piratas e o Club Xuvenil relacionadas coa cultura

popular: xogos populares, cancións panxoliñas, refráns e contacontos.

106

• Festas tradicionais: o grupo dos maiores encárgase da organización da música, da

comida e de importantes elementos organizativos da festa.

• Concurso de Poesía Anomar: o nome do mesmo concurso pertence a unha das nosas

señoras do grupo dos maiores. O concurso vai destinado a rapaces e rapazas de primaria e

bacharelato que dalgunha maneira simbolizan a interrelación existente entre o que os seus

maiores lle transmiten culturalmente e o que eles lle poden expresar a todo ese público de

maiores que encabezan a primeira fila do público nese día inesquecible da entrega de

premios.

VOLUNTARIADO E INCLUSIÓN SOCIAL

O voluntariado nesta liña ten un nome, o nome do voluntario máis antigo e querido da nosa

asociación é Suso, cada día percorre os corredores dunha punta a outra asegurándose de

que todo funciona á perfección. El é realmente o que o sabe todo, sabe onde están as

chaves, que porta abre cada unha delas, que aulas están ocupadas, onde está cada un de

nós e que falcatruada están a argallar os nosos cativos mentres están escondidos detrás

das colchonetas do teatro. Para nós é o voluntario máis valioso porque é realmente o que

máis representa a capacidade de dar sen esperar nada a cambio. Cada día, sen excepción,

aparece polas instalacións para asegurarse de que todo funciona á perfección, axuda a todo

aquel que o necesite e acompaña a quen está abrindo o centro por se ten algunha dúbida

de funcionamento; nós chamámoslle o Capitán, posto que no noso barco fai falla esta figura

e quen mellor ca el.

Hai xa case dez anos que é voluntario na asociación, pero a pesar do moito que cremos que

lle pode axudar esta actividade no referente á súa autonomía persoal, non é nada

comparado co que el achega, o espírito da asociación é representado a través del e da súa

ilusión de que todo saia ben, que todos consideren a asociación como un trociño da súa vida

e que a compartan como tal.

Falamos dunha persoa con discapacidade que día a día se sorprende e nos sorprende a

todos nós coa súa valía á hora de ver o que os demais co ritmo frenético de traballo non

somos capaces de ver, así como na capacidade de escoitar, na discreción de ver e saber en

que momento dicir as cousas, no axudar aos demais porque simplemente se percibe unha

necesidade e gozar da satisfacción de poder facelo. El sen dúbida é o espírito da

asociación.

A través desta experiencia, queremos salientar o efecto que ten a súa presenza na

asociación, o que implica a súa figura a nivel social. Os diferentes grupos da asociación

contan coa súa axuda sempre, ben para que lles axude á hora de preparar as salas, ben

para que lles abra algunha sala, ben para saber se a asociación dispón dalgunha cousa en

107

particular, etc. Debemos destacar a grande aceptación por parte tamén dos nenos e nenas

da Aula de Xogos, esperan por Suso para que veña merendar con eles, a través dos

monitores e monitoras traballan os hábitos alimenticios coa axuda de Suso. As señoras

maiores cando pasan máis de dous días sen velo preguntan sempre por el, porque é de

rigor parar antes de entrar na ximnasia ou no obradoiro de memoria para falar con el e

asegurarse de que está ben. En definitiva, que a nivel social a repercusión que ten o noso

Capitán é moi importante, a sensibilización que día a día se traballa a través da súa

participación é moi enriquecedora para a asociación.

VOLUNTARIADO E COOPERACIÓN

Participamos nos programas Xuventude en Acción a través da Acción 2 do Servizo de

Voluntariado Europeo. Dende hai tres anos, somos entidade receptora de voluntarios

europeos. O primeiro ano contamos con dous e xa dende hai dous anos son tres os que

enriquecen os diferentes proxectos con esa perspectiva intercultural característica dos

programas europeos.

Os voluntarios europeos participan principalmente no proxecto de Aula de Xogos cos máis

cativos, aínda que pasan por todas as actividades e proxectos existentes na asociación.

Cada un deles desenvolve os seus proxectos persoais: clases de idioma, de guitarra, de

informática, de bailes de salón coa xente maior e demais actividades que, unha vez se van

integrando na asociación e melloran o seu idioma, van xurdindo segundo as necesidades.

Ademais dos proxectos individuais, si debemos resaltar o proxecto común centrado na

interculturalidade. Os voluntarios no día a día teñen presente que lles transmiten moitos

valores aos cativos, mozos e mozas e demais socios/as, pero trabállanse máis

concretamente estes valores a través do trimestre intercultural, onde se fan actividades tales

como:

• Ciclos de cine interculturais con posterior videoforo.

• Cociña intercultural.

• Grandes xogos para nenos e nenas da Aula de Xogos, o Club dos Piratas e os

mozos e mozas do Club Xuvenil.

• Día Intercultural: compartir gastronomía, cultura e folclore de diferentes países.

108

AULA DE COMUNICACIÓNS 6

COMUNICACIÓN UNIÓN DEMOCRÁTICA DE PENSIONISTAS - UDP

“VOLUNTARIADO DE MAIORES”

LONGINES LOBATO SANTIAGO

A comunicación que presenta a UDP, na figura dun dos seus voluntarios, obedece a dous

tipos de preguntas: Por que? e Que?

A UDP considera que quen mellor pode explicar en que consiste o noso voluntariado é un

voluntario, por ser estes os que se atopan involucrados de xeito esencial no programa, xa

que o programa parte deles cara a eles. É dicir, trátase dun servizo creado pola xente maior

para a xente maior.

Ao longo da intervención da persoa voluntaria trátase de lles dar resposta, con base na súa

experiencia, ás dúas preguntas formuladas, para deste xeito tratar de que o público

comprenda e acepte os motivos polos cales unha persoa e, sobre todo, unha persoa maior,

decide dedicar o seu tempo libre a lles prestar un pouco de compañía ás persoas

dependentes e en situación de soidade, a maior secuela do noso tempo.

109

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!