10.05.2013 Views

CIG - SAÚDE INFORMA

CIG - SAÚDE INFORMA

CIG - SAÚDE INFORMA

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

N o 43 L Xoves, 1 de marzo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 3.051

As vías do bacharelato e as opcións do curso de

orientación universitaria (COU) que figuran no cadro

anterior son as seguintes:

* Vías do bacharelato:

1. Científico tecnolóxica.

2. Ciencias da saúde.

3. Humanidades.

4. Ciencias sociais.

5. Artes.

* Opcións do COU:

A. Científico tecnolóxica.

B. Biosanitaria.

C. Ciencias sociais.

D. Humanidades.

Para o alumnado que superase as probas de acceso

á universidade no ano académico 2003-2004 ou posteriores

non será de aplicación a vinculación das

opcións de COU recollidas neste anexo III. Para

este alumnado terase en conta a vía ou vías de acceso

polas que concorre á proba.

Cando no conxunto de materias optativas cursadas

polo alumno ou alumna, na súa opción de COU figuren

as obrigatorias doutra, terá os dereitos de preferencia

que conceden as dúas opcións (só alumnado

de COU que teña superadas ás PAAU no ano académico

2002-2003 ou anteriores).

A vinculación das titulacións universitarias coa

vía de acceso cursada no bacharelato e coa opción

cursada no COU regúlase pola O.M. do 30 de maio

- - CIG - SAÚDE INFORMA - -

de 1995 (BOE do 7 de xuño), O.M. do 26 de decembro

de 1996 (BOE do 10 de xaneiro de 1997), O.M.

do 28 de agosto de 1998 (BOE do 9 de setembro),

O.M. do 6 de maio de 1999 (BOE do 8 de maio),

O.M. do 25 de novembro de 1999 (BOE do 30 de

novembro), O.M. do 27 de xuño de 2000 (BOE do

4 de xullo) e O.M. do 14 de maio de 2001 (BOE

do 22 de maio).

CONSELLERÍA DE SANIDADE

Orde do 8 de febreiro de 2007 de autorización

ás oficinas de farmacia para

levar o libro receitario oficial por medios

informáticos.

O artigo 12.4º do Real decreto 1910/1984, do 26

de setembro, de receita médica, e o Real decreto

2829/1977, do 6 de outubro, polo que se regulan

as substancias e preparados medicinais psicotrópicos,

así como a súa fiscalización e inspección da

súa fabricación, distribución, prescrición e dispensación,

se relacionan unha serie de produtos farmacéuticos

que deberán ser anotados polo farmacéutico

no libro receitario oficial trala súa dispensación.

A maneira de formalizar o libro receitario oficial

seguida ata o momento atópase en clara contradición

coas posibilidades que actualmente ofrecen as novas

tecnoloxías, máxime se se ten en conta que moitas

3.052 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 43 L Xoves, 1 de marzo de 2007

das oficinas de farmacia contan xa con aplicativos

que facilitan listaxes equivalentes ao citado libro.

Por outra banda, o uso de medios informáticos

como ferramenta de traballo na farmacia comunitaria

supón unha gran mellora na xestión e información

dos medicamentos, e debe ser fomentada a súa introdución

por parte da Administración sanitaria.

Co obxecto de facilitar a formalización do libro

receitario oficial acorde cos avances tecnolóxicos

actuais, e de conformidade co disposto no artigo

33.1º do Estatuto de Autonomía de Galicia, polo

que se lle atribúe á comunidade autónoma competencias

de desenvolvemento lexislativo e execución

en materia de sanidade interior, e en virtude das

facultades que se confiren nos artigos 34 e 38 da

Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta

e o seu presidente, reformada pola Lei 11/1988,

do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os farmacéuticos responsables das oficinas de farmacia

poderán levar o libro receitario oficial por

medios informáticos, de acordo co disposto nesta

orde.

Entenderase por farmacéutico responsable o farmacéutico

propietario, substituto ou rexente, segundo

o seu caso.

Artigo 2º

1. As follas informáticas destinadas a libro receitario

oficial deberán ser homoxéneas e de formato

igual a DIN-A4. Estarán numeradas, do 1 ao 200,

no centro da marxe inferior.

2. Na marxe superior dereita de cada folla figurará

o código de oficina de farmacia outorgado por

Sanidade.

3. No centro da marxe superior de cada folla levarán

impresa a lenda Libro receitario oficial.

Artigo 3º

Estas follas informáticas presentaranse, antes de

iniciar as correspondentes anotacións, ante a Sección

de Ordenación Farmacéutica das respectivas delegacións

provinciais da Consellería de Sanidade

acompañadas do modelo de solicitude de dilixencia

e informe recollido no anexo I, así como modelo

de follas de incidencias segundo o modelo que figura

no anexo II desta orde, co fin de proceder ao selado

das follas do anexo II, así como á dilixencia e sinatura

do informe do anexo I.

Artigo 4º

A documentación formada polas 200 follas seladas,

anexo I e anexo II, formalizados de acordo co disposto

no artigo anterior, conservarase de maneira conxunta

e constituirán o libro receitario oficial.

Artigo 5º

As follas informáticas deberán consignar os

seguintes datos:

a) Data de prescrición (día, mes, ano).

- - CIG - SAÚDE INFORMA - -

b) Número de rexistro de receita, formado polo

número consecutivo que lle corresponda. A numeración

iniciarase co primeiro asento informatizado

e co primeiro de cada ano.

c) A prescrición facultativa transcrita conforme

o disposto no artigo 6.

d) Número de envases.

e) Nome e apelidos do médico que prescribe, e

código numérico persoal, ou número de colexiado,

segundo corresponda.

f) Código de identificación persoal do paciente,

ou o seu DNI.

g) Observacións.

Artigo 6º

Os datos obrigatorios de identificación de dispensación

que se deberán consignar no campo de prescrición

serán os que se especifican a seguir:

a) Para fórmulas maxistrais: deberase transcribir

literalmente toda a prescrición facultativa tal como

se atopa constatada na receita, así como o número

de rexistro de elaboración.

b) Para as presentacións de medicamentos: consignarase

o nome comercial e os datos que permitan

a súa inequívoca identificación.

c) Para os preparados oficinais: consignarase a

denominación que aparece no formulario de referencia,

anotando o nome ou os datos mínimos para

a súa identificación.

Artigo 7º

1. O farmacéutico responsable, que para efectos

do previsto nesta orde será o farmacéutico titular,

ou de ser o caso, o substituto ou rexente, asinará

a folla destinada ao rexistro de receitas todos os

días despois da última receita copiada, non podendo

existir descontinuidade na numeración dos asentos,

nin asinar follas que non estean formalizadas.

2. As incidencias que se produzan na formalización

das follas informáticas destinadas ao libro receitario

quedarán reflectidas no anexo II, debe anotar o farmacéutico

responsable en cada ocasión, a data e

a súa rúbrica.

3. O farmacéutico responsable conservará as follas

informáticas un mínimo de dous anos.

Disposición adicional única

Nos casos en que se siga a utilizar o actual libro

receitario oficial, este deberá seguir sendo dilixenciado

e selado pola Sección de Ordenación Farmacéutica

das respectivas delegacións provinciais da

Consellería de Sanidade.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa

publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2007.

Mª José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

- - CIG - SAÚDE INFORMA - -

N o 43 L Xoves, 1 de marzo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 3.053

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!