14.05.2013 Views

Información provisional sobre o CXT após a mesa - CIG-Ensino

Información provisional sobre o CXT após a mesa - CIG-Ensino

Información provisional sobre o CXT após a mesa - CIG-Ensino

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Información provisional das novidades do Concurso Xeral de Traslados após

da mesa sectorial do día 25 de outubro

NOVIDADES DA CONVOCATORIA DO CXT

Páxina 1 de 5

25 Outubro 2012

Vacantes: sairán a concurso as que resulten até o 31 de decembro de 2012 e todas as que

resulten de xubilacións forzosas aos 70 anos.

Seccións bilingües: na Base 10.1 na que se recollen requisitos específicos para acceder a

prazas que se imparten en lingua estranxeira, non se recollen as Seccións Bilingües.. A CIG-

Ensino reclamou que tampouco se fagan especificidades respecto das prazas dos centros

plurilingües, pois entendemos que pode ser unha vía para adiantar postos no concurso, por iso

volvemos reclamar que desaparezan este tipo de prazas con este perfil.

Méritos cumpridos mais alegados fóra de prazo: a Consellaría especifica que en base a que

xa hai sentenzas contrarias, no se poderá presentar xustificación de determinados méritos fóra de

prazo, por máis que foran efectivos con antelación ao prazo do concurso.

Postos de difícil desempeño: a convocatoria recolle que, o profesorado provisional pode alegar

a puntuación de postos de difícil desempeño aínda que non estea nese posto no momento do

concurso, de acordo coa orde marco. Anteriormente soamente se puntuaba cando se participaba

no concurso desde o posto de difícil desempeño. A CIG-Ensino reclamou, unha vez máis, que se

recoñeza tamén a puntuación derivada de impartir en postos de difícil desempeño en

funcionamento, mais que non figuran no catálogo como tales.

Apartado 6.2. do Baremo (premios e participacións en proxectos de investigación): este ano

vai ser baremado pola comisión que barema os méritos obxectivos. Desde a CIG-Ensino sabemos

que xa se fixo así o ano pasado, sen estar recollido na convocatoria desa maneira, e aínda que

son méritos obxectivos en moitos casos, non sempre é así, por iso pensamos que deberían seguir

sendo baremados pola comisión que barema os méritos subxectivos.

Valoración de novos títulos: Considéranse como mérito académico, todos os títulos que non

foran acreditados para o acceso a función pública, independentemente do número de materias

validadas.

Alegación de novos méritos: Despois da proposta da CIG-Ensino a Consellaría aceptou que o

profesorado interesado poderá renunciar á puntuación tanto de publicacións (epígrafe 6.1) como

de méritos artísticos (epígrafe 6.3) para poder alegar os méritos que desexe, aínda que na orde se

recolle que será excepcional.

Para máis información visita http://www.cig-ensino.com

Cargos directivos e outras funcións: Despois da demanda de CIG-Ensino, desde a

convocatoria do pasado ano, puntúase polas funcións de responsábel da dinamización das novas

TIC, de biblioteca, de convivencia escolar, de mellora da calidade educativa e da dinamización de

programas internacionais 1 punto por ano máis dos que anteriormente se viñan considerando.

Profesorado desprazado: A CIG-Ensino defendeu que non terá obriga de participar o

profesorado desprazado que comparta centro de destino cunha persoa que nacera antes do 31 de

agosto de 1949. No borrador figura antes do 31 de agosto de 1948.

PROPOSTAS DA CIG-ENSINO

Débese garantir que a aplicación informática funcione correctamente desde o primeiro día.

Reclamamos que se esixa a competencia no noso idioma para todas as materias. É

inconcibíbel que non se lle esixa a competencia no noso idioma a todo o profesorado, máxime

porque en calquera momento pode exercer cargos directivos ou pode ter que impartir a súa

materia en galego porque así o requira o Plan Lingüístico do Centro.

Defendemos que se considere un mérito impartir as clases en galego.

Páxina 2 de 5

Tamén se debería de recoller a posibilidade de que o profesorado se poida habilitar seguindo os

criterios que se van aprobar proximamente.

En relación co profesorado que está obrigado a participar no concurso, hai unha situación que hai

que ter en conta: o profesorado do corpo de mestres que estaba impartindo na ESO nos centros

que se transformaron, reclamamos que este profesorado non estea obrigado a concursar ou que

se limite a obrigatoriedade á materia que impartía. Continuamos a ver un proxecto que está

destinado a acumular puntuación meritocrática. É totalmente desproporcionada a puntuación para

os cargos directivos que en catro anos poden acumular o máximo de puntuación. Tampouco

vemos razoábel que a puntuación por cargos directivos non sexa consumíbel. Defendemos que os

criterios fundamentais á hora de acumular puntuación sexan o labor docente directo e a

antigüidade.

Consideramos inaceptábel que non se puntúen no apartado de “desempeño de cargos directivos

e outras funcións” o desempeño destas funcións como funcionario en prácticas, interino... como

que non se puntúen as substitucións de diferentes cargos nos centros por parte de funcionarios de

carreira. Consideramos que é inxusto e mesmo ilegal que ás persoas que realizan estas

substitucións non se lles recoñeza nin sequera a puntuación que debería corresponderlle.

Vacantes: deben saír todas as existentes. Deben establecerse mecanismos que permitan ofrecer

todas as prazas de xubilacións que se produzan antes da publicación de vacantes definitivas.

Ademais, desde a CIG-Ensino seguimos reclamando que se negocien as vacantes en todas as

Xuntas de Persoal. Que se cumpra, en tempo e forma porque houbo anos nos que as vacantes

definitivas non se publicaron no período de reclamacións e renuncias como estaba establecido.

En todo caso antes de que remate o prazo de renuncias.

Para máis información visita http://www.cig-ensino.com

Páxina 3 de 5

Solicitamos que se publiquen as vacantes definitivas antes de que remate o prazo para poder

renunciar ao concurso e que as vacantes provisionais saian antes de que remate o prazo de

concurso.

Prazos do Concurso de Traslados: A CIG-Ensino propuxo que se fixasen as datas da resolución

provisional e da publicación das puntuacións do baremo. Tamén se debe coñecer a data

aproximada ou exacta da publicación da resolución definitiva. Tamén se debe coñecer o día en

que se van publicar no DOG. Debe haber un compromiso de que se publicarán as vacantes

definitivas antes da resolución provisional do concurso, porque é un elemento fundamental para

considerar unha posíbel renuncia. En todo caso poden informar dos que períodos aproximados se

producirán. Procurarán que as vacantes definitivas se coñezan antes de que se abra o prazo de

reclamación e renuncias.

Baremo: Para a CIG os concursos están cargados de meritocracia, servizos á administración,

cargos directivos, condición de catedrático, polo menos que sexan consumíbeis. Mentres existan

as puntuacións subxectivas, repetimos que se debe puntuar a todos, tomando como referencia a

Orde de acción titorial, ademais deberían puntuarse no concurso as substitucións de cargos,

é inasumíbel que o profesorado que ten que realizar a substitución dun cargo non teñan

nin o recoñecemento a efectos do concurso.

Puntuación de titorías e outras funcións: no Apartado 4.3. en que se recolle a puntuación das

titorías, manifestamos o noso desacordo con que se limite a cinco puntos a puntuación deste

apartado mentres que límite de corpos directivos está em 20 puntos.

Baremación: Solicitamos unha actualización dos criterios empregados e a súa publicación como

Circular aos centros así como na páxina web. E que esa circular dea resposta a todas as

preguntas que xa se produciron ou se poidan producir. Que se explique todo o referente a

acollerse ou non á titulación de méritos. Mellora do funcionamento da Comisión de Baremación.

Base 11.2: que se acredite o coñecemento e a competencia en lingua galega en todas as

especialidades e convocatorias. O lóxico é pedir competencia a todo o profesorado, entre outras

cuestións porque non soamente as materias citadas son impartidas en galego, o Consello

Escolar e o centro teñen competencia para fixar outras materias en galego e non pode suceder

que esta posibilidade estea truncada porque alguén concursou sen acreditar o coñecemento da

nosa lingua, ademais de que quen exerza un cargo directivo debe ser competente na nosa

lingua. Por outro lado, xa que neste concurso se segue primando a puntuación subxectiva,

propoñemos que se valore a impartición de aulas en galego, o que sería unha medida de

incentivación positiva de uso do noso idioma. Base 19: suprimir as prazas bilingües no

apartado 6.

Base 23.2: Sección bilingües

Base 24: que o sorteo se realice entre todo o profesorado galego e que a comisión estea

presidida por un profesor elixidos a sorteo e no presidida por un inspector

Para máis información visita http://www.cig-ensino.com

Base 25.Publicación da resolución provisional no DOG e despois de coñecer as vacantes

definitivas

Base 27 non poden colocarse de oficio na especialidades itinerantes, nin bilingües …

Comisións de baremación. Demandamos que todos os membros que actúen na comisión de

baremación sexan elixidos a sorteo entre todo o profesorado de Galiza e que a presidencia non

ten porque decaer nas inspeccións. Debe darse maior participación. Debe baremar todo o

apartado 6.2. E máis apropiado denominala Comisión de baremación e non de avaliación.

Dereito Preferente. Demandamos que o dereito preferente se estea obrigado a exercer soamente

pola especialidade que se obtivo por oposición e polo tanto que non haxa que exercelo por todas

as especialidades para as que se está habilitado. O mesmo no caos das adxudicacións de oficio.

Destinos. Que se poidan solicitar até 500 destinos, como xa se fixo, é unha cuestión importante

para as persoas que poden ser destinadas de oficio.

Folla de servizos. Que a folla de servizos se peche o 31 de agosto de 2013.

Formación. Engadir, dentro da temática dos cursos de formación e perfeccionamento as de

contido transversal, cultura galega, etc.

Publicacións. Que se puntúen as publicacións feitas no extranxeiro.

Puntuación cargos. Certificación de oficio da puntuación por cargos directivos e coordinación,

incluíndo interinos/as e funcionarios/as en prácticas.

Titorías e mestrados. Hai que regulamentar nos centros os criterios para que o profesorado elixa

as titorías dos mestrados e do alumnado en prácticas, xa que se se vai primar debe haber uns

criterios de adxudicación se hai máis demanda que oferta.

Alegacións da CIG_Ensino aos distintos apartados do baremo

Páxina 4 de 5

• Apartado 1.1.3. Prodúcese unha discriminación no feito de que hai moitos centros que teñen

unidades especificas de Educación especial sen crear e que polo tanto o profesorado que

imparte nelas non se pode acoller a esta puntuación.

• Apartado 3. Recoller nivel básico das EOI e nivel elemental de Música.

• Apartado 4. A puntuación polo desempeño de cargos directivos debe ser consumíbel. A

puntuación deste apartado é totalmente desproporcionado. Por poñer un exemplo: unha persoa

que leve cinco anos como director consigue 20 puntos que é o máximo por ese apartado

mentres que alguén que alegase méritos como titor/a ou coordinación non pode alcanzar máis

de 5 puntos. Estamos en desacordo con que os cargos directivos e outras coordinacións e o

desempeño de cargos só puntúen cando se desempeñan como funcionarios/as de carreira.

Deben considerarse tamén os que se desempeña desde a condición de interino ou funcionario

en prácticas.

• Apartado 5.1. Deben estar homologadas que conten as actividades relacionadas coa

normalización lingüística, como os interdisciplinares e transversais.

Para máis información visita http://www.cig-ensino.com

Páxina 5 de 5

• Apartado 6.4. suprimir os servizos á Administración.

• Apartado 6.5. que pasa cos presidentes dos tribunais de oposición que son nomeados a dedo.

Deben regular nos centros as materias para que o profesorado elixa as titorías dos mestrados e

do alumnado.

• Apartado 6.6. hai que puntuar a impartición de aulas en galego, xa que se puntúa todo.

• Anexos XIV e XV onde di que se poderán presentar de novo os méritos de non estar de acordo

coa puntuación recibida, mais para iso cómpre coñecer a puntuación recibida por cada mérito

alegado.

Para máis información visita http://www.cig-ensino.com

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!