16.05.2013 Views

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

Número 68 VIII lexislatura Serie Pleno

Punto único.- Debate de totalidade do Proxecto de lei de

orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia

para o ano 2011. 08/PL-0022 (52924)

Publicación iniciativa, BOPG núm. 337, do 20.10.2010

Publicación emendas á totalidade, BOPG núms. 354, do

15.11.2010, e 357, do 18.11.2010

Sesión plenaria

22 de novembro de 2010

Presidencia da Excma. Sra. D.ª Pilar Rojo Noguera

ORDE DO DÍA

SUMARIO

Ábrese a sesión ás dez e cinco minutos da mañá.

Debate de totalidade do Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

(Punto único da orde do día.)

Presentación do proxecto de lei: Sra. conselleira de Facenda. (Páx. 4.)

A señora presidenta suspende a sesión ata as once e corenta minutos da mañá. (Páx. 15.)

Suspéndese a sesión ás once e seis minutos da mañá.

Retómase a sesión ás once e corenta e un minutos da mañá.

Debate e votación das emendas á totalidade que postulan a devolución global do orzamento ou de calquera sección ou

axente xestor de gastos.

Defensa das emendas: Sr. Aymerich Cano (BNG) (Páx. 15.) e Sr. Vázquez Fernández (S). (Páx. 27.)

Intervención da Xunta: Sra. conselleira de Facenda. (Páx. 31.)

Rolda dos grupos parlamentarios para fixar posicións: Sr. Ruíz Rivas (P). (Páx. 39.)

Rolda de réplica: Sr. Aymerich Cano (BNG) (Páx. 43.) e Sr. Vázquez Fernández (S) (Páx. 45.)

Intervención da Xunta: Sra. conselleira de Facenda. (Páx. 47.)

A señora presidenta somete a votación as emendas á totalidade que postulan a devolución global do orzamento, formuladas polo Grupo

Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego e polo dos Socialistas de Galicia respectivamente. (Páx. 49.)

Votación da emenda número 1 do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, á totalidade, que postula a devolución global do orzamento: rexeitada

por 37 votos a favor, 38 en contra e ningunha abstención. (Páx. 50.)

Votación da emenda número 1 do G. P. dos Socialistas de Galicia, á totalidade, que postula a devolución global do orzamento: rexeitada por

37 votos a favor, 38 en contra e ningunha abstención. (Páx. 50.)

Votación conxunta das emendas á totalidade do G. P. do Bloque Nacionalista Galego (da núm. 2 á 50) que postulan a devolución de seccións

e axentes xestores de gastos: rexeitadas por 37 votos a favor, 38 votos en contra e ningunha abstención. (Páx. 50.).

Votación conxunta das emendas á totalidade do G. P. dos Socialistas de Galicia (da núm. 3 á 32) que postulan a devolución de seccións e

axentes xestores de gastos: rexeitadas por 37 votos a favor, 38 votos en contra e ningunha abstención. (Páx. 50.).

Suspéndese a sesión ás tres e dous minutos da tarde.

Retómase a sesión ás catro e trinta e un minutos da tarde.

Debate e votación das emendas que modifican a contía global dos orzamentos ou que transfiren créditos entre seccións.

Defensa das emendas: Sr. Blanco Álvarez (BNG) (Páx. 50.) e Sr. Fernández Leiceaga (S). (Páx. 57.)

Intervención da Xunta de Galicia: Sra. conselleira de Facenda. (Páx. 63.)

Rolda dos grupos parlamentarios para fixar posicións: Sr. Puy Fraga (P). (Páx. 68.)

Rolda de réplica dos grupos emendantes: Sr. Blanco Álvarez (BNG) (Páx. 71.) e Sr. Fernández Leiceaga (S).(Pax. 72.)

Intervención da Xunta: Sra. conselleira de Facenda. (Páx. 73.)

Os señores Blanco Álvarez (BNG) e Fernández Leiceaga (S) solicitan novamente a palabra, que lles é denegada pola señora presidenta.

(Páx. 75.)

Votación das emendas 1 á 6, do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, que modifican a contía global dos orzamentos: rexeitadas por 37 votos

a favor, 38 votos en contra e ningunha abstención. (Páx. 75.).

Votación da emenda número 2, do G. P. dos Socialistas de Galicia, que modifica a contía global dos orzamentos: rexeitada por 37 votos a

favor, 38 votos en contra e ningunha abstención. (Páx. 75.).

Votación das emendas números 7 á 37, do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, que transfiren créditos entre seccións: rexeitadas por 37

votos a favor, 38 votos en contra e ningunha abstención. (Páx. 75.).

Votación da emenda do G. P. dos Socialistas de Galicia que transfire créditos entre seccións: rexeitada por 37 votos a favor, 38 votos en

contra e ningunha abstención. (Páx. 75.)

A señora presidenta anuncia que, rexeitadas as emendas á totalidade e fixada a contía global dos estados de gastos e de ingresos, este

proxecto de lei se trasladará á Comisión 3.ª e seguirá a súa tramitación correspondente, consonte o disposto no artigo 114.4 do Regulamento

da Cámara. (Páx. 75.)

Remata a sesión ás seis e cincuenta minutos da tarde.

SUMARIO

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

Ábrese a sesión ás dez e cinco minutos da mañá.

A señora PRESIDENTA: Bos días. Prego ás súas señorías

que vaian, por favor, ocupando os seus escanos.

Señorías, ábrese a sesión.

A orde do día está publicada no Boletín Oficial do Parlamento

de Galicia, polo que non se procede á súa lectura.

Non se xustificaron inasistencias. Por tanto, entramos, señorías,

na orde do día.

Punto único.– Debate de totalidade do Proxecto de lei de

orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia

para o ano 2011

A señora PRESIDENTA: Para a presentación deste proxecto

de lei ten a palabra a conselleira de Facenda, a señora Fernández

Currás.

A señora CONSELLEIRA DE FACENDA (Fernández Currás):

Moitas grazas, presidenta.

Presidente, conselleiros, señoras e señores deputados.

Comparezo hoxe no Parlamento co obxecto de presentar

os orzamentos correspondentes ao 2011. Estes son os segundos

orzamentos desta lexislatura, uns orzamentos construídos

para un momento clave, na recente historia económica

de Galicia, elaborados nun gran momento de incerteza pero

co optimismo e coa confianza da recuperación económica

para Galicia.

Hoxe podemos ver xa con perspectiva a evolución histórica

desta gran depresión que asolou a nosa economía, pero

hoxe xa podemos ver tamén con moderado optimismo o

camiño da recuperación.

Foi en agosto de 2007 cando os mercados de crédito

interbancario se conxelaron e iniciaban unha crise financeira

con resultados tan negativos e profundos que aínda hoxe

están a prorrogar os seus efectos, efectos que están a sufrir

especialmente as pequenas e medianas empresas e que se

manifestan con especial crueldade para aqueles que perderon

o seu posto de traballo.

Número 68

22 de novembro de 2010

Durante o segundo semestre do 2008, a crise financeira

golpeou con forza a economía real, con caídas de actividade

e emprego que se foron acentuando ao longo do 2009.

Durante este ano a crise terminou por trasladarse ás administracións

públicas tamén, cunha caída de ingresos descoñecida

ata este momento, nun momento no que todas as

administracións públicas puxemos en marcha ambiciosos

programas de estímulos e que significou pechar o exercicio

2009 cun déficit do conxunto das administracións públicas

do 11,2 %. Hoxe as dispoñibilidades de crédito son limitadas

para apoiar a expansión dos negocios e dende logo necesitan

mellorar. O noso mercado de traballo segue mantendo

diferencial positivo respecto ao da media estatal, pero tamén

debe mellorar.

Os mercados internacionais manteñen a súa presión

sobre países como Irlanda e Portugal, un aviso serio, realmente

serio, que nos debe manter no camiño da austeridade,

o realismo e o rigor orzamentario.

O Goberno galego é perfectamente consciente de que a

recuperación dos niveis de actividades anteriores, anterior

á crise, non vai ser inmediata. Sería pedir de máis, especialmente

se temos en conta as políticas vacilantes que está

adoptando o Goberno central, pero afronta o futuro con

optimismo, porque nos mantemos firmes no cumprimento

dos nosos plans económicos, apoiando os nosos sectores

produtivos malia as enormes dificultades de financiamento.

Porque garantimos a estabilidade orzamentaria do

Reino de España e hoxe somos unha das poucas comunidades

autónomas que cumpre os obxectivos asignados,

porque facemos fronte a menores custos financeiros, ao

manter un elevado grao de solvencia que nos permita navegar

por augas máis tranquilas e dende logo porque a economía

galega comeza a equilibrarse, ata o punto de que o

PIB observado para o 2011 iguala xa o PIB tendencial para

esta economía.

Este orzamento segue a senda marcada no orzamento do

2010: un proxecto de Goberno firme, comprometido coa solvencia

da Facenda pública autonómica, e coa sostibilidade

financeira dos servizos públicos fundamentais e do Estado

do benestar, unha administración máis áxil e reducida, que

poida xestionar un proxecto común que sexa quen de impulsar

a nosa comunidade autónoma, con confianza e sen complexos,

na senda converxente de Europa.

4

Número 68

22 de novembro de 2010

Este orzamento supón un esforzo histórico, de todas e

cada unha das consellerías. As consellerías non sociais, que

non teñen gastos sociais, teñen recortes; representan un

sacrificio próximo ao 24,7 %; unha contención que debe

preservar o debido equilibrio, co adecuado financiamento

dos servizos públicos esenciais e dende logo sen penalizar a

recuperación económica e a competitividade desta comunidade

autónoma a longo prazo.

Un esforzo que se manifesta a través da política de ingresos,

ao reducir de forma selectiva a presión fiscal sobre os

cidadáns e as empresas, destinado a facilitar a recuperación

económica do sector privado e, polo tanto, apostando pola

mellora dos recursos tributarios, pola eficiencia do noso sistema

tributario, perseguindo a ampliación das bases tributarias

e mellorando os procedementos de xestión.

Este esforzo, sen precedentes, maniféstase na redución

dun 3,8 % do gasto non financeiro para o ano seguinte. Gastamos

menos na administración e máis na prestación dos servizos

aos cidadáns. Reducimos o gasto improdutivo e eliminamos

ineficiencias. Apostamos pola optimización dos

recursos e a creación de valor ao cidadán. E unha mostra é

precisamente a política de redución de gasto de persoal:

reducimos altos cargos e persoal eventual, pero tamén invertemos

a curva de crecemento de persoal do conxunto da

administración pública. Fronte a crecementos próximos ao 9

% dos catro anos precedentes, levamos xa unha tendencia

decrecente que chega ao 2 % no 2010 unicamente, e este

exercicio unha rebaixa de 4,15 % dos gastos de persoal, en

relación ao ano 2010. Optimizamos para crear valor. Non

renunciamos a continuar na senda de crecemento. No 2011

–como digo– igualaremos o PIB tendencial.

Pero, ademais, cómpre aproveitarmos a crise para incrementar

o potencial da nosa economía, mellorarmos a nosa

competitividade a través de investimentos en capital tecnolóxico,

a conectividade, para o que incrementamos o noso

investimento en TIC un 7,5 %.

Mantemos o noso investimento en infraestruturas viarias,

aproveitando as fórmulas de financiamento a través das

PFI e do pago aprazado, porque o futuro se xoga agora. Para

iso o Goberno galego segue apostando polo control do gasto.

Fixemos unha análise de todas as políticas de gasto de acordo

cos obxectivos fixados no Plan estratéxico Galicia 2010-

5

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

2014: Horizonte 2020. Realizamos unha proxección estratéxica

e cumprímola neste orzamento. Orzamentamos en termos

base cero e fixamos indicadores de seguimento para

supervisar a contribución destes orzamentos á recuperación

económica, toda unha garantía para ofrecer un gasto máis

sensato e unha aplicación máis eficiente dos recursos públicos.

Quero facer unha breve exposición da situación económica,

a nosa e a do entorno. Sinalarei os obxectivos e prioridades

do orzamento 2011 e rematarei destacando a proxección

estratéxica do orzamento no marco do Plan estratéxico

Galicia 2010-2014: Horizonte 2020.

Respecto á situación económica, é dende logo difícil esaxerar

sobre o tamaño das dificultades que hoxe afrontamos

todas as administracións públicas, unha situación que todos

hoxe asumimos e mesmo recoñecemos que formará parte do

escenario económico dos próximos anos, un escenario no

que os novos problemas requiren de novas actitudes –os

retos son xa diferentes e as solucións clásicas xa non serven,

quedan obsoletas antes mesmo de se aprobaren–.

A crise financeira internacional xorde en agosto de 2007.

En Galicia os efectos trasládanse á actividade con toda a

forza no terceiro trimestre do 2008. Este terceiro trimestre

abriu unha serie de seis trimestres ininterrompidos con crecementos

negativos, unha serie que remata no derradeiro trimestre

do 2009.

Hoxe, xa coñecido o resultado do terceiro trimestre,

Galicia leva tres trimestres continuados crecendo e terminará

o ano cunha taxa de crecemento interanual positiva. Podemos,

xa que logo, dar por pechada, polo menos tecnicamente,

a peor recesión dende a Segunda Guerra Mundial. Para o

conxunto de España esta serie comezou no segundo trimestre

do 2008 e arrastrou sete trimestres consecutivos de crecementos

negativos. A diferenza de Galicia, a previsión é

que peche o 2010 cunha taxa de crecemento negativa do

–0,3 %.

¿Como reaccionamos antes esta serie de trimestres de

crecemento negativo e ininterrompida? Pois, dende logo, sen

previsión ningunha. Foi inevitable. Pois permítanme que o

dubide. Eran moitas xa as voces de alarma manifestadas

dentro e fóra do territorio nacional e mesmo dentro desta

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

comunidade autónoma. Non teño que lembrar nesta Cámara

a cantidade de veces que se advertiu de que o que fora xa

non era. Os orzamentos do 2008-2009 descoñeceron absolutamente

a realidade económica circundante, uns orzamentos

que deste xeito eran pouco útiles para afrontar unha situación

que ningún caso contemplaban e non contemplaron nin

no seu deseño nin na súa execución. É dicir, esqueceron o

papel que lle corresponde á política económica dun Goberno.

Esqueceron que precisamente os orzamentos son o instrumento

máis importante da política económica dun Goberno,

útiles para o éxito, sen dúbida, pero desgraciadamente

determinantes do fracaso desa política económica se non

acertan.

Teñen a obriga de fixar o límite máximo de gasto que

unha administración pode recoñecer durante o correspondente

exercicio económico e tamén o de facer unha previsión

realista dos ingresos que se prevexan recadar. Pois ben,

os orzamentos do 2008-2009 non souberon cal era o nivel

máximo de gasto que podían comprometer nin quixeron

acertar coa previsión de ingresos.

Un grave erro de diagnóstico, ao que loxicamente acompañou

un grave erro no tratamento. É certo que se trataba

dun erro inducido por unha política económica do Goberno

central que resultaba bastante errática e que rematou agravando

a situación económica financeira das comunidades

autónomas. O inicio da crise tratouse como unha crise de

demanda, á que se aplicou unha política de incentivos fiscais

e incremento do gasto público sen precedentes. Nesta política

xogaban un papel fundamental as outras administracións

territoriais. Estamos falando das corporacións locais e das

comunidades autónomas, que foron utilizadas como instrumentos

de política económica para cebar a demanda. E isto

é fundamental de querermos comprender por que entre principios

de 2008 e a metade do 2010, na fase máis espectacular

do axuste do emprego, as administracións públicas incrementaran

os seus efectivos en 212.000 persoas; nada máis e

nada menos que 182.000 foron empregos novos creados

polas comunidades autónomas. Un comportamento procíclico

dende logo alleo á realidade. Os ingresos fiscais dos anos

2005-2007 eran extraordinarios, pero remataron financiando

a expansión do gasto estrutural.

Os anticipos dos anos 2008-2009 estaban inflados, moi

inflados, e contribuíron a agravar a posición fiscal das admi-

Número 68

22 de novembro de 2010

nistracións territoriais, particularmente a das comunidades

autónomas.

Incrementamos o déficit estrutural. Asumimos compromisos

de gasto que dificilmente son compatibles coa devolución

das liquidacións negativas que hoxe temos que

enfrontar.

Nesta situación o novo Goberno galego, nada máis tomar

posesión, adoptou medidas de corrección. Puxemos en marcha

políticas de austeridade que financiaron políticas de estímulo

para contribuírmos ao mantemento da demanda durante

o final do ano 2009, unha recta final de ano verdadeiramente

dramática, que se manifestou sobre todo no segundo

trimestre.

Dende o primeiro día tamén afrontamos a recta final da

negociación do novo sistema de financiamento das comunidades

autónomas, onde sempre dixemos, por certo, que non

era o momento de revisar o sistema de financiamento das

comunidades autónomas, tendo en conta a crise e a incerteza

na que estabamos inmersos. As liquidacións negativas

serviron de panca para impoñerlles ás comunidades autónomas

este sistema, e hoxe, antes dun ano, o propio Goberno

dá por fracasado o sistema ao non cumprir os seus compromisos

no primeiro ano de aplicación.

Respecto á situación económica de España, temos que

ter en conta que a situación exterior favorece o crecemento

de España no seu conxunto, que vén marcada pola recuperación

dos países emerxentes e Estados Unidos e que favorece

o crecemento da economía mundial; no 2010, un 4,8 %; no

2011, un 4,2 %. Non obstante, o crecemento en Europa vai

ser máis feble, 1,7 % no 2010 e 1,5 % no 2011.

A economía española, que rematara o ano 2009 cun descenso

do PIB do –3,7 %, sufriu a debilidade da demanda,

que se transmitiu con forza aos mercados laborais e deu

lugar a importantes aumentos das taxas de paro. Ao longo do

2010 o comportamento contractivo foise suavizando, aínda

que a lenta recuperación da actividade non foi quen de

devolver a actividade laboral aos signos positivos.

As previsións de crecemento do 2010 son, para España,

negativas, cun decrecemento do PIB do –0,3 %, achegándose

ás taxas de paro ao 20 %. Para o 2011 a posición de con-

6

Número 68

22 de novembro de 2010

senso dos organismos internacionais e nacionais prevé un

crecemento do 0,7 % e do 19,6 % en taxa de paro.

Galicia terminará o ano –como antes sinalei– con taxas

de crecemento positivo, tal e como previmos nos orzamentos

2010. Despois de pechar o segundo trimestre en positivo,

as previsións apuntaban á posibilidade de crecemento intertrimestrais

negativos na segunda parte do 2010 pola incerteza

provocada pola suba do IVE e tamén pola rebaixa dos

salarios. Non obstante, a economía europea experimentou

unha recuperación maior da esperada, situación que beneficiou

a economía española e tamén a galega.

Quero destacar que as exportacións rexistradas nas

aduanas, ata agosto, creceron case un 11 % respecto ao

mesmo período do ano 2009. O Xacobeo confirmou as

boas expectativas respecto á achega da actividade económica,

e quero destacar especialmente a súa contribución

espectacular neste terceiro trimestre, incrementando o

número de viaxeiros e pernoctacións cun crecemento do

12,6 %, así como un incremento de chegada a viaxeiros por

avión do 6 %.

Galicia terminará o 2011 cun crecemento do 1 % e

unha taxa de paro do 15,1 %, polo que manteremos o diferencial

con España. Producirase, polo tanto, un diferencial

positivo de 0,3 puntos no crecemento da economía galega

con respecto a España. Na última década o crecemento da

economía galega foi superior ao da economía nacional

nunha media ao redor do 0,5 %. Esperamos no 2011 que

se poida repetir un diferencial positivo en torno a esta

media.

O sector industrial presenta un mellor comportamento

durante os últimos anos, comportamento que se confirma ao

longo do 2010: o IPI crece en Galicia un 2,7 % no que vai

de ano, fronte a 1,2 % de media en España.

O comercio exterior creceu un 16 % no primeiro trimestre

e case un 9 % no segundo trimestre, o que confirma o

impulso da demanda externa e a recuperación. O sector servizos

de mercado tamén está a comportarse mellor que a

media nacional. É certo que parte deste comportamento é

imputable ao impulso do Xacobeo, pero tamén é certo que

os datos reflicten un mellor comportamento ao longo dos

últimos anos.

7

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

A taxa de paro do terceiro trimestre do 2010 foi en Galicia

do 14,9 %, 4,9 puntos inferior á nacional, que foi de 19,8

%. Con respecto ao trimestre anterior, rexistrouse unha

melloría, de sete décimas, tamén superior á melloría nacional,

de tres décimas. No que vai de ano a taxa de paro sitúase

en media do 15,3 %, 4,7 puntos inferior á estimada a nivel

nacional. Sendo esta unha taxa mellorable, sen dúbida, Galicia

é unha das comunidades autónomas –a sexta– que mellor

resiste a crise en termos de emprego.

Polo que se refire á análise orzamentaria, comezando

polos ingresos, teño que dicir que os ingresos procedentes

do novo modelo de financiamento requiren unha análise global,

porque os incrementos producidos nas porcentaxes de

cesión dos impostos determinan crecementos do capítulo I e

II, en conxunto un crecemento de 1.557 millóns de euros,

pero, claro, este orzamento vese compensado cunha mingua

das transferencias correspondentes a esta comunidade autónoma

en 1.801 millóns de euros.

Así, no seu conxunto, o total de recursos procedentes do

novo modelo de financiamento supoñen 244 millóns de

euros menos que no 2010, que en termos porcentuais supón

unha caída do 3,7 %, o que contribúe de xeito moi importante

ao primeiro pagamento da liquidación negativa correspondente

ao 2008, por importe de 115 millóns de euros.

Para enfocar a evolución do sistema de financiamento e

a súa importancia, quero destacar dúas notas. En primeiro

lugar, que o sistema de financiamento supón para esta comunidade

autónoma un 83 % dos ingresos non financeiros. En

segundo lugar, que en termos reais o financiamento de hoxe

supón volver de feito ao financiamento do que dispoñiamos

no 2004, un salto de seis anos nos ingresos, cunha estrutura

de gastos sobrealimentada.

Con estas cifras, a defensa do interese xeral de Galicia no

relativo ao anticipo de Fondo de Cooperación correspondente

ao 2011 cobra toda a súa importancia, xa que estamos a

falar nada máis e nada menos que doutros 243 millóns de

euros, que, no caso de que non sexan anticipados, supoñerían

unha caída de 244 máis 243, 487 millóns de euros, que en

termos porcentuais suporía unha rebaixa do 7,4 %.

Polo que se refire ao endebedamento desta comunidade

autónoma, este Goberno dende a súa chegada caracterizouse

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

polo seu compromiso coa estabilidade orzamentaria. A nosa

actitude foi sempre de total lealdade e cumprimos cos acordos

adoptados no seo do Consello de Política Fiscal e Financeira.

A maior contribución que pode facer esta comunidade

autónoma para garantir a súa solvencia é cumprir coa estabilidade

orzamentaria; non todos poden dicir o mesmo.

Quero poñer en valor hoxe a xestión financeira da Xunta

de Galicia do último ano e medio, porque adiantamos con

tempo parte dos problemas que hoxe son compartidos polo

resto das comunidades autónomas e mesmo polo Goberno

central. Non hai nada máis que acudir á prensa nacional para

ver as dificultades que están a sufrir algunhas comunidades

autónomas para colocar nos mercados as súas emisións de

débeda pública. A día de hoxe esta comunidade autónoma

ten executado o 100 % do seu programa anual de endebedamento,

co cal nós non temos eses problemas.

No ano 2010, en consonancia cunha política fiscal

expansiva, dada a situación económica do país, o endebedamento

autorizado para as comunidades autónomas foi inicialmente

do 2,5 %, ao que lle tiñamos que engadir o 0,25 %

destinado a golden rule, en total, un 2,75 % do PIB, que no

caso de Galicia supón 1.522 millóns de euros de endebedamento

neto adicional.

Polo que respecta ao ano 2011, as presións sufridas pola

economía española, así como as doutros países da Unión

Europea no que respecta á súa capacidade para pagar os

compromisos asumidos, é dicir, a capacidade de devolver o

que nos prestaron, determina que tanto entidades privadas,

organismos internacionais como a propia Unión Europea, en

prol dunha estabilización financeira, nos limiten o uso ao

endebedamento.

Consecuencia disto foi que se revisou o obxectivo de

estabilidade orzamentaria no seo do Consello de Política

Fiscal e Financeira, xa de cara ao 2010, rebaixándose do 2,5

% ao 2,4 %, e para o 2011 tivemos unha rebaixa do 1,7 % ao

1,3 %, que representa un endebedamento neto de 738

millóns de euros, é dicir, 589 millóns de euros menos que os

correspondentes ao 2010.

Neste escenario un Goberno responsable debe actuar con

sentido común. Temos dúas solucións: incrementar a carga

fiscal, xa moi elevada, ou mellorar o cumprimento das obri-

Número 68

22 de novembro de 2010

gas fiscais existentes. Nós optamos pola segunda opción, e

optamos por mellorar as condicións fiscais daqueles sectores

que son vitais na mellora da nosa economía e polo tanto

vitais na recuperación dos nosos ingresos.

Calquera outro comportamento queda afastado da realidade

e pouco contribuirá para encontrar algunha solución;

máis ben seguirán achegando recursos escasos, se non novos

problemas, novos desaxustes e máis pobreza. A proba é o

éxito das medidas fiscais impulsadas pola Xunta de Galicia.

A primeira, a rebaixa selectiva dos impostos da vivenda, permitiu

incrementar un 31 % o número de operacións de

adquisicións de vivenda, usadas polos colectivos beneficiarios

da medida. Os mozos menores de 36 anos e as familias

numerosas, nun contexto de leve mellora do mercado da

vivenda de segunda man, duplicaron a compra de vivenda

ata o pasado verán. Esta medida tamén tivo un impacto positivo

no caso das operacións de vivendas novas, que nun contexto

de caída en Galicia no primeiro semestre do ano

aumentaron estes colectivos un 14,8 %.

A recuperación deste imposto –transmisións patrimoniais–,

por todos os conceptos, é evidente, cunha previsión

de peche de 20 millóns de euros sobre o inicialmente orzamentado.

Estes son os datos. Non traballamos nin coa demagoxia

nin coa dialéctica ideolóxica. Practicamos políticas de estímulo

fiscal que achegan beneficios netos á Facenda pública,

equidade ao sistema fiscal e beneficios indubidables á economía.

Datos certos son os que vemos na liquidación do

2008, que quedou con 156 millóns de euros por debaixo e no

2009 con 134 millóns de euros menos no imposto sobre

transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Case 300 millóns de euros menos en dous anos, que ilustra

claramente dúas formulacións completamente diferentes

para dous gobernos tamén completamente diferentes.

Aínda que este derradeiro mes arrastra o efecto da suba

do IVE, cunha caída da vivenda nova do 15 %, a vivenda

usada presenta un aumento das vendas do 8 %, un comportamento

ben diferente que respalda a política deste Goberno

neste eido.

Para o ano 2011 non igualaremos o imposto sobre transmisións

patrimoniais ao IVE. E este é un dato que xulgo moi

8

Número 68

22 de novembro de 2010

importante, xa que outras comunidades autónomas si que o

soben, si que igualan estes dous impostos. Nós apostamos

pola mellor xestión de recursos tanto nos gastos coma nos

ingresos. Non esiximos sacrificios a todos, os sacrificios

asumímolos nós, e continuamos na senda de novas rebaixas

da man de novas deducións fiscais.

Imos poñer en marcha un plan especial de actuacións de

comprobación de tributos que desenvolverán os departamentos

da Consellería de Facenda e as oficinas liquidadoras

de distrito hipotecario. O obxectivo é reducirmos os tempos

de tramitación dos expedientes, mellorando a eficacia na

xestión e a comprobación dos feitos impoñibles correspondentes

ao imposto sobre transmisións patrimoniais, ao

imposto sobre actos xurídicos documentados, ao imposto

sobre sucesións e doazóns, que nestes intres teñen unha

media de comprobación arredor de 2,5 anos ou 3 anos.

Trátase de acercar a comprobación da administración ao

momento de realización do feito impoñible, coa conseguinte

mellora de recadación que este feito sempre demostra.

Esta mellora é tan importante que estimamos nuns 70

millóns de euros para o ano 2011 e 80 millóns de euros para

o 2012, 150 millóns de euros máis; certamente, é máis que

25 millóns de euros doutras alternativas.

Polo que respecta ás actuacións de comprobación para o

ano 2011, as que se van realizar no 2011, estímanse en

29.000 novas actuacións, actuacións engadidas ao ritmo normal

de funcionamento da administración, no que se refire ao

imposto sobre sucesións e doazóns, e 98.061 novas actuacións

no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos

xurídicos documentados.

En termos porcentuais, respecto á media dos dous exercicios

anteriores, o incremento das actuacións de comprobación

no imposto sobre sucesións e doazóns será arredor do

79 % e no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos

xurídicos documentados do 50 %.

Temos como obxectivo dentro deste orzamento a sostibilidade

e mellora dos servizos públicos. Estes orzamentos

non dan as costas ás dificultades, afrontan con realismo cada

un dos grandes desafíos. Recoñecemos os problemas como

primeiro paso para solucionalos e nunca nos poñeremos de

perfil ante eles. Facémolo hoxe e fixémolo en xullo do 2009

9

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

ao reorientar o orzamento do 2009 e tamén o fixemos ao reorientar

o orzamento do 2010 cando faltaron 200 millóns de

euros.

Quero recordar tamén os elementos fundamentais sobre

os que se construíron os orzamentos do 2010, unhas contas

rigorosas, racionais e austeras. Todos estes elementos hoxe

forman parte do acervo orzamentario do Goberno de España

e acompañan ás da maioría das comunidades autónomas.

Este modelo responde ao firme compromiso do Goberno de

facer fronte á crise con realismo e responsabilidade, coa

mirada posta máis aló da crise, para o que contamos cun instrumento

inestimable que non é outro que o Plan estratéxico

2010-2014: Horizonte 2020. Non podemos perder de vista

que esta crise non deixa de ser unha oportunidade para

afrontar reformas económicas e administrativas que melloren

a nosa competitividade de cara ao futuro, melloras que

en tempos de prosperidade –todos somos conscientes– son

difíciles de afrontar con éxito porque ninguén as quere.

Tres de cada catro euros están destinados a gasto social.

Este orzamento responde ao momento en que vivimos, no

momento en que os galegos e galegas necesitan unha potente

rede de protección social. Estes orzamentos destinan tres

de cada catro euros a reforzar e garantir os servizos públicos

básicos. Un compromiso histórico, cun incremento do peso

do 5 % respecto ao ano anterior; un compromiso que, dende

logo, quero poñer en valor nesta Cámara, e quéroo poñer en

valor porque incrementamos o peso pero tamén facemos un

extraordinario esforzo de optimización dos recursos. Conseguimos

mellorar os servizos públicos esenciais, os custos de

prestación e a súa cobertura; creamos valor para os galegos.

Neste punto teño que agradecer especialmente a todo o

persoal sanitario, ao persoal docente e tantos e tantos traballadores

públicos a súa xenerosidade, comprensión e solidariedade

nun momento no que a sociedade galega así llelo

pide e que, dende logo, este Goberno agradece. (Aplausos.)

Sen este esforzo –non teñan dúbida– hoxe non sería viable

manter o mesmo nivel de servizos públicos sen esixirlles

novos sacrificios aos cidadáns. Unha mostra de conciencia

cívica que di moito dos traballadores públicos, dos seus

valores solidarios e da súa vocación de servizo.

Queda moito por facer, pero o compromiso é o de afrontar

os cambios estruturais que fagan de Galicia unha socie-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

dade moderna. Isto queda reflectido na estrutura dos gastos

deste orzamento. Por primeira vez atende unha xerarquización

baseada nunha estratexia económica concreta a medio e

longo prazo. As políticas públicas encádranse dentro de

cinco eixes prioritarios de actuación, que serán destinadas á

superación das debilidades e ao aproveitamento das oportunidades

que se lle presentan a Galicia nun mundo cambiante,

globalizado e competitivo que require de novas actitudes

e formas de colaboración.

Nuns orzamentos tan axustados, que teñen unha caída do

10,8 %, fomos quen mesmo de incrementar algunhas partidas

que consideramos estratéxicas. Así, ademais de blindar

o gasto social en educación e sanidade, incrementamos un 7

% as partidas destinadas a xustiza, e un 12 % para fomentar

a internacionalización. Queremos que as nosas empresas

sexan máis resistentes de cara ao futuro para afrontar outros

momentos complicados que poidan vir. E o mesmo facemos

cos autónomos. Aumentamos en 4 millóns de euros, ata 23

millóns, os fondos de apoio aos autónomos para que non só

non teñan que abandonar a súa actividade senón para que

outros moitos que agora perden posibilidades de emprego

por conta allea conten co respaldo suficiente para poder

montar a súa propia empresa e labrar o seu futuro e doutros

que os poidan acompañar. Niso traballamos.

Quero destacar nesta estratexia a aposta firme e decidida

polo eixe 3 do Plan estratéxico Galicia 2010-2014, a economía

do coñecemento, que medra un 3 %. Como obxectivo

estratéxico, a economía do coñecemento aborda un dos elementos

actuais para avanzar no camiño da competitividade

que non é outro que o crecemento intelixente, propio dunha

economía baseada no coñecemento e a innovación. Galicia

debe impulsar a economía do coñecemento, aplicala ás necesidades

do tecido empresarial da rexión investindo onde

maiores vantaxes e rendemento lle poida achegar á economía.

Debemos loitar por gañarmos posicionamento no conxunto

da economía europea e por convertérmonos no referente

de excelencia naqueles sectores nos que Galicia presente

vantaxes comparativas. E esta é unha política

transversal como ningunha.

O Plan galego de I+D+i súmase aos esforzos no apoio á

investigación nas universidades, na rede sanitaria pública ou

no campo realmente importante como a xestión do talento.

Neste senso quero destacar o Proxecto Xiga, que ten como

Número 68

22 de novembro de 2010

obxectivo captar e xestionar talento innovador para as

empresas galegas, cun efecto multiplicador a medio e longo

prazo realmente destacable.

Quero destacar o desenvolvemento de actividades de

I+D+i nos sectores agrario, gandeiro e forestal e no sector

pesqueiro do medio mariño. Un importante esforzo neses

sectores que presentan vantaxes comparativas para Galicia e

que imos aproveitar.

O obxectivo marcado para o 2014 é chegar ao 1,5 % do

PIB en investimento público e privado dende a situación na

que estamos agora. Para mellorar o financiamento introducimos

para o 2011 unha novidade: poñemos á disposición das

empresas 20 millóns de euros en préstamos reintegrables, co

obxecto de que ningún proxecto quede sen financiamento en

Galicia.

No sector das TIC destaco brevemente actuacións novidosas

como o Proxecto Abalar, que por segundo ano terá un

importante respaldo orzamentario, co obxecto de achegar ao

uso cotián da tecnoloxía 20.000 novos alumnos, cun novo

concepto da educación: o centro educativo dixital.

E non quero esquecer a Axenda Dixital de Galicia, un

proxecto global que permitirá impulsar o crecemento económico

a través das novas tecnoloxías. Un proceso ambicioso

que lles permitirá competir ás empresas galegas, estean onde

estean, nas mesmas condicións que no resto de Europa.

Cómpre termos en conta que os procesos educativos –xa en

marcha– e a Axenda Dixital permitirannos que o emprego

das TIC supere o 42 % actual, realmente baixo, e chegue ao

55 % no ano 2014.

E, dende logo, un obxectivo esencial deste orzamento é

seguir na senda da consolidación fiscal. Dende o primeiro

momento este Goberno fixou o seu compromiso coa estabilidade

orzamentaria e a solvencia das finanzas públicas

como estratexia de crecemento. Hoxe podo dicir aquí, con

orgullo, que somos unha comunidade autónoma respectada

polo seu compromiso co rigor orzamentario e o cumprimento

escrupuloso do obxectivo de estabilidade. Xa lles adianto

que Galicia será unha das poucas que peche o exercicio 2009

cumprindo o obxectivo de estabilidade orzamentaria. E esa

é a verdadeira contribución da política económica para o

conxunto do Estado de cara a previr graves problemas deri-

10

Número 68

22 de novembro de 2010

vados dos mercados de capital, da erosión do renting e das

subas de impostos no futuro próximo.

Galicia é hoxe un exemplo que debería seguir o Goberno

de España: rigor, austeridade e responsabilidade. Os mercados

vixían cada semana o que gastamos e como o gastamos.

E se tan importante é manter a estabilidade tamén o é

manter a actividade económica privada. O orzamento da

Comunidade Autónoma apenas representa o 20 % do PIB

galego. Necesitamos un entorno emprendedor onde a

demanda de crédito público non dificulte o acceso de crédito

ás empresas privadas, e tamén é importante que os impostos

non lastren o crecemento económico.

Un elemento esencial ao que tanto me referín é, sen dúbida,

o de manter un sistema fiscal estable que non penalice o

crecemento. Se queremos ser optimistas de cara ao futuro, se

queremos garantir a sostibilidade do Estado de benestar tal e

como o coñecemos hoxe, debemos adoptar as políticas axeitadas

que impulsen un crecemento rápido. Non parece moi

axeitado afrontar novas subas impositivas cunha demanda

tan debilitada. Algunhas comunidades autónomas apostaron

por elevar o marxinal do IRPF ata o 50 %; en Galicia apostamos

por rebaixas selectivas de impostos co obxectivo de

non deprimir aquelas actividades que contribúen ao sostemento

dos nosos ingresos, asociados fundamentalmente ao

sector inmobiliario. Pero, ademais, introducimos rebaixas

vía deducións, para favorecer a capitalización das empresas,

o autoemprego ou o sector forestal, como un sector estratéxico

desta comunidade autónoma.

Pola contra, si fixemos un extraordinario esforzo en

materia de loita contra a fraude, ata case dobrar os ingresos

dos exercicios anteriores. A fraude fiscal non só ocasiona

unha diminución dos recursos senón que os seus efectos

exceden dos estritamente recadatorios, xa que alteran a progresividade

dos impostos e modifican os seus efectos redistributivos.

A loita contra a fraude fiscal permite, ademais,

evitar as distorsións dos mercados que causan competencia

desleal.

Porque cremos que temos marxe de manobra –aínda

temos marxe de manobra– na mellora do cumprimento e

xestión das obrigas fiscais existentes, antes de esixirlles

novos sacrificios aos contribuíntes, debemos mellorar a xestión

dos xa existentes. Por iso poñemos en marcha a Axen-

11

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

cia Tributaria Galega, co obxecto de mellorar o cumprimento

voluntario das obrigas fiscais. Apostamos pola modernización

da Administración tributaria mediante a optimización

dos recursos dispoñibles, reducíndolles aos contribuíntes os

custos de cumprimento das súas obrigas fiscais. Reducimos

burocracia, facilitamos o cumprimento telemático e aumentamos

a recadación a través dun plan especial que achega a

estes orzamentos 70 millóns de euros.

Respecto ás políticas sectoriais, foron trazadas da man

do Plan estratéxico Galicia 2010-2014: Horizonte 2020. O

primeiro eixe é precisamente a cohesión social, benestar e

calidade de vida. Un piar sobre o que se asenta a prestación

de servizos esenciais para garantir o benestar social; a igualdade

de acceso aos servizos públicos básicos de calidade na

sanidade, na educación, na dependencia, e que constitúen a

salvagarda en última instancia dun modelo social estable e

produtivo.

Alguén discutiu que formase parte do Plan estratéxico,

pero eu creo que un crecemento integrador debe contemplar

a cohesión do conxunto da sociedade e evitar as circunstancias

e factores que aumentan o risco de marxinalidade e

pobreza de determinados colectivos da poboación ou daqueles

individuos sometidos a circunstancias adversas durante

un tempo prolongado. En tempos de crise a cohesión social

constitúe a prioridade deste Goberno, e a ela adicamos tres

de cada catro euros.

A sanidade é unha das prestacións públicas de maior

transcendencia para os cidadáns. Necesitamos manter un sistema

de financiamento sustentable que garanta a viabilidade

dunha asistencia sanitaria de calidade, sometida cada vez

máis a novas esixencias, non só pola incidencia do benestar

e pola cantidade de recursos empregados senón tamén pola

incidencia que o envellecemento ten sobre esta comunidade

autónoma, especialmente no ámbito sanitario. Para iso

afrontamos a mellora de procedementos e a incorporación de

novas tecnoloxías, que deben vir acompañadas dunha actitude

diferente por parte da sociedade, do sistema no seu conxunto

e desta propia Cámara, ante a importancia do servizo

e repercusión social deste e, por suposto, do seu custo.

A modernización da sanidade galega e a creación de

novas infraestruturas consolídase como unha oportunidade

para avanzar na dinamización económica e creación de

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

emprego. Xa non falamos de gasto senón de investimento en

sanidade.

O Goberno galego construirá 22 novos centros de saúde,

3 deles co financiamento tradicional e outros 19 centros con

prazo aprazado, cun investimento total de 51 millóns de

euros. Ademais, destinaranse outros 2,2 millóns de euros a

reformas, ampliacións e mellora dos centros de saúde existentes.

O novo hospital de Vigo recibe durante o 2011 75

millóns de euros, máis 15 millóns de gastos xerais do proxecto;

e están consignados tamén 4 millóns de euros para o

novo hospital de Pontevedra. Arredor de 14 millóns de euros

destinaranse durante o 2011 a plans directores e outras

actuacións en centros hospitalarios como é o Complexo Universitario

da Coruña ou o Plan director do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide.

O gasto en sanidade gaña peso neste orzamento, nada

máis e nada menos que un 2,3 %, máis do conxunto do gasto

non financeiro, ata supoñer case o 40 % deste gasto non

financeiro. En termos absolutos homoxéneos, unha vez

deducida a rebaixa de persoal, concertos e farmacia, o orzamento

en sanidade gaña case un 2 %, un total de 70 millóns

de euros máis.

En educación apostamos por unha educación de calidade

e en igualdade de oportunidades, que é un dos máis grandes

factores de cohesión social, sen dúbida. O futuro depende da

mocidade e do seu benestar. Mellorar a calidade dos sistemas

educativos é o comezo para resolvermos os problemas

do elevado grao de desemprego xuvenil e o excesivo número

de abandono escolar. A educación e os esforzos na formación

de capital humano son fundamentais para garantirmos

a participación no mercado laboral e a inclusión social,

así como para aumentar a competitividade de Galicia.

Este orzamento incrementa o peso da Consellería de

Educación nun 1 %; pasa do 23,25 % no 2010 ao 24,24 %

no 2011. Teño que destacar o Plan galego de potenciación

das linguas estranxeiras, que medra un 11,2 %; increméntanse,

entre outras, as partidas destinadas a formación de

profesorado en linguas, un 13,8 %. A integración das TIC no

sistema educativo galego, fundamentalmente a través do

Proxecto Abalar, é outra das liñas estratéxicas que se manteñen,

malia a crise económica, cun incremento do 7,2 %. E,

por último, destacar as partidas destinadas aos comedores

Número 68

22 de novembro de 2010

escolares, nun escenario de restrición, ata elevar a contía

presupostada a máis de 24 millóns de euros, é dicir, un 4,3

% máis, exactamente 10 millóns de euros máis que no 2007.

Respecto ao benestar social, a dependencia medra un 3

%. En concreto, destinarase un total de 360 millóns de euros,

8 millóns máis que no 2010. Con esta cifra garántese a atención

a 37.000 dependentes, 23.000 deles na presente lexislatura.

Case multiplicamos por tres o número de atendidos en

ano e medio e ao mesmo tempo consolidamos un sector económico

de futuro, definido no Plan estratéxico de Galicia,

que non é outro que a economía do benestar, xerador de postos

de traballo e riqueza de cara ao futuro.

Respecto ao eixe 2, de dinamización económica e calidade

de vida, este obxectivo persegue a realización dunha

política de infraestruturas de transporte que faga unha Galicia

permeable, aberta e conectada cos espazos económicos

europeos e mundiais. A característica de Galicia como

rexión periférica esixe unha rede de transportes que facilite

a mobilidade de persoas e mercancías e o acceso aos mercados,

axilizando tempos e diminuíndo os custos de acceso.

Infraestruturas que son esenciais para o crecemento, para o

mantemento da actividade económica, nunha época de caída

da actividade privada, é un factor esencial para a competitividade

futura da nosa economía. Incluso en épocas de tanta

dificultade decidimos protexer o investimento dos recortes e

apostar por fórmulas de financiamento aprazado. No 2011

executaremos 128 millóns de euros en fórmulas de pagamento

aprazado para executar a autovía da Costa da Morte,

a autovía 52-Celanova e a autovía do Morrazo.

Estes orzamentos permitirán manter un elevado grao de

execución da obra pública, xa que, ademais, executaranse as

obras de Curro-Vilagarcía, a autovía do Baixo Miño, A

Ramallosa-A Estrada, terceira ronda da Coruña, Nadela-

Sarria, Brión-Noia e o acceso á PLISAN en Salvaterra. Son

en total 170 novos quilómetros, cun orzamento de 794

millóns de euros. Ademais, equivale á execución do 94 %

dos quilómetros comprometidos no Plan MOVE.

Se exceptuamos as exportacións provenientes dos dous

sectores da actividade do automóbil e téxtil, as pemes galegas

non teñen o nivel adecuado de internacionalización. A

promoción exterior das empresas galegas e a súa saída aos

mercados exteriores é básico para que as empresas poidan

12

Número 68

22 de novembro de 2010

medrar en dimensión e incentivar a competitividade. Nesta

dirección a internacionalización e a apertura en réxime de

competitividade das empresas galegas constitúe dentro do

Plan estratéxico un obxectivo de primeiro rango para o Igape.

Na aposta de internacionalizar as nosas empresas, achegamos

máis recursos, incrementamos un 12 % os orzamentos.

Tamén teño que destacar os programas de financiamento

do Igape para axudar a paliar as dificultades de acceso ao

crédito, priorizando a súa implementación en relación co

número de postos de traballo e tratando de salvagardar aqueles

sectores que sexan estratéxicos para esta comunidade

autónoma.

Quero destacar o compromiso cos sectores básicos como

é o naval, o apoio á Factoría Naval de Marín, ou a Vulcano,

que constitúen exemplos verdadeiramente ilustrativos.

Dentro do marco de austeridade destaca un sector estratéxico,

definido no Plan estratéxico, que non é outro que o

compromiso económico co impulso do vehículo eléctrico.

E ¿que non dicir do sector eólico? 10.000 postos de traballo,

6.000 millóns de investimentos e 1.000 millóns de

euros de recadación. (Aplausos.)

Respecto á economía do coñecemento, xa me remito ao

relatado ata o de agora.

E quero destacar o eixo 4, do equilibrio territorial. O

fomento da competitividade empresarial e os plans de reequilibrio

territorial recibirán tamén concretos e importantes

apoios focalizados en Ourense, Lugo, a Costa da Morte e

Ferrol. Manteremos os apoios aos grandes investimentos

empresariais e a base das axudas a proxectos emprendedores

con importantes facilidades para que calquera iniciativa viable

poida ser obxecto de axuda. Ademais, buscamos equilibrar o

territorio, priorizando o investimento por habitante nas provincias

interiores, as máis desfavorecidas, buscando a cohesión

territorial, co obxectivo de que Galicia, cidade única á

que aspiramos no Plan estratéxico 2010-2014: Horizonte

2020, permita que un cidadán galego teña as mesmas posibilidades,

independentemente de onde resida. (Aplausos.)

Por iso, se temos en conta os investimentos, sumados aos

da Administración xeral e os entes dependentes, o investi-

13

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

mento por habitante será o vindeiro ano de 1.051 euros na

provincia de Ourense; 1.033 euros na provincia de Lugo,

case o dobre que o que imos destinar a Pontevedra, 646

euros por habitante, e á Coruña, 596 euros. Isto si contribúe

ao reequilibrio e habitar unha Galicia de dúas velocidades.

Por último, o eixe 5, administración austera, eficiente e

próxima ao cidadán, constitúe unha liña destinada a acadar

unha administración moderna que xere valor ao cidadán.

Este Goberno está a optimizar os recursos materiais e humanos.

Para iso estamos a levar a cabo un ambicioso plan de

modernización da Administración pública mediante o

emprego de novas tecnoloxías para revisar sistemas e procedementos

de xestión en todos os ámbitos. Trátase no conxunto

do eixe de impulsar reformas administrativas que eliminen

trabas á iniciativa emprendedora e que lle dean prioridade

á austeridade e racionalidade do gasto administrativo.

Non é un gasto para nós, non é un gasto de dentro, é un gasto

para os cidadáns. O fomento das TIC no seo da administración

ten un triplo efecto: permite a provisión de servizos de

calidade a un menor custo; contribúe á extensión das novas

tecnoloxías; e tamén, no seu dobre papel como demandante

de provedor de servizos, é un axente crucial á hora de conformar

un potente sector galego da información.

Destaco tamén a forte aposta da Xunta de Galicia pola

Administración de xustiza, cuxas partidas se incrementan un

7 % no vindeiro ano.

Señorías, todos somos conscientes das dificultades dos

últimos dous anos e medio, das dificultades que están atravesando

os nosos empresarios, os autónomos, os que poñen

en xogo cada día o seu patrimonio, os que perden o seu posto

de traballo. Para eles traballamos, para minimizar o impacto

dunha crise nunca coñecida. Os segundos orzamentos desta

lexislatura reflicten o firme compromiso deste Goberno de

empregar todos os mecanismos dos que dispón para saír da

crise. E dígoo alto e claro: hoxe somos optimistas, pecharemos

o exercicio 2010 con taxas de crecemento positivas.

Hoxe podemos confirmar os efectos positivos que está a

proporcionar o Xacobeo sobre a nosa economía.

Ás dificultades xa previstas no orzamento 2010 tivemos

que xestionar un recorte adicional no gasto público galego esixido

polo Goberno de España de 200 millóns de euros, e logo

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

facer fronte ao recorte dos salarios que derivaron do decreto

lei do Goberno central. Unha medida que permite afrontar,

dende logo, con máis marxe de manobra estes orzamentos

polo aforro xerado, pero que afectará aos recursos dos que

imos dispoñer vía ingresos. A mellora da demanda externa

compensará en parte a caída da demanda interna e pecharemos

con crecemento positivo 2010. No 2011 seguiremos

mantendo a solidariedade e blindando o estado de benestar.

Presentamos uns orzamentos ambiciosos, útiles, pensando

en todos os galegos e as galegas. Non cremos na política

de abandono aos cidadáns, non cremos na política baseada

en esixencias e sacrificios unicamente para eles. O discurso

do sacrificio é un discurso do empobrecemento controlado

de todos os sectores. Iso xustifica a subida do IVE, a subida

do ITP, a rebaixa de salarios e a rebaixa de pensións. Os

galegos e as galegas xa se sacrifican da mañá á noite traballando,

os empresarios loitando polas súas empresas e os

pensionistas xa se sacrificaron dabondo ao longo da súa

vida. Nós non pedimos sacrificios, achegamos solucións e

traballo; aforramos en estrutura e burocracia; investimos en

sanidade, educación, xustiza e benestar.

Desde o realismo e a austeridade no gasto e o respecto

pola disciplina financeira, os orzamentos para o 2011 dispoñen,

manteñen íntegras e aínda melloran as prestacións

sociais en materia de sanidade, educación, asistencia social

e nos terreos laborais e de fomento do emprego. Os orzamentos

están inspirados polas prioridades marcadas no Plan

estratéxico. A orientación do mesmo xerarquiza en favor das

reformas e das actuacións nos sectores de futuro, especialmente

no desenvolvemento da investigación e innovación,

na construción de infraestruturas para a sociedade da información

e nas redes de transporte.

No fomento da actividade empresarial concéntranse os

esforzos en propiciar un maior grao de apertura desta economía.

Dende o lado da economía da oferta a propia Administración

da Comunidade fará un esforzo de gran dimensión

nos campos da organización e xestión dos seus propios

recursos, dende o ámbito da función pública ao establecemento

dunha dirección cara a obxectivos e os logros dunha

e-administración.

Os compromisos coa sociedade e a confianza nas súas

posibilidades trazan uns orzamentos que deben servir para

Número 68

22 de novembro de 2010

manter un diferencial positivo no comportamento dos mercados

laborais e da actividade produtiva e así avanzar cara a

unha Galicia máis próspera.

Antes de pedir máis impostos e máis sacrificios, temos

que aplicar o sentido común e contemplar con mirada crítica

as nosas propias organizacións. Porque, se miramos, atopamos,

encontramos mellores opcións para aforrar recursos e

para mellorar os servizos que subir os impostos. A Xunta de

Galicia elaborou estes orzamentos no marco estratéxico Galicia

2010-2014, fixando obxectivos para cada partida orzamentaria

e asignando indicadores de seguimento. Por primeira

vez a comunidade autónoma conta cun potente instrumento

de planificación económica no medio e longo prazo.

Debemos saber onde imos e como queremos chegar. O Plan

estratéxico proporciona luz onde antes se camiñaba a cegas.

Quero rematar destacando o extraordinario esforzo que

facemos coas universidades. Non trasladamos a baixada dos

nosos recursos ás universidades. E este orzamento financiará

un novo modelo universitario, un novo modelo de financiamento

universitario, ao que vai achegar 28 millóns de

euros máis, recursos adicionais de 28 millóns de euros. Un

incremento de 6.281 euros por matrícula –perdón: esa era a

cifra correspondente ao 2010: 6.281 euros por matrícula–,

incrementamos ata chegar a 6.487 euros por matrícula no

2011. Cando as matrículas andan arredor de entre 1.000 e

1.300 euros, creo que é manifesto o esforzo que está facendo

a Xunta. Un compromiso que supón unha achega extraordinaria

de 66 millóns de euros no que vai de lexislatura.

E tamén mantemos o compromiso coas entidades locais,

continuando co financiamento que tiñan no 2008 e que

supón 30 millóns adicionais nestes dous últimos orzamentos.

Somos a segunda comunidade autónoma, despois de

Canarias, que máis investimos nos concellos, cunha achega

de 45 euros por habitante, cando a media das comunidades

autónomas é de 17 euros por habitante.

En definitiva, garantimos estabilidade, solvencia e prestacións

públicas nuns orzamentos austeros, realistas e rigorosos,

que son para Galicia e os galegos os cimentos da recuperación

na confianza. Nun momento de dificultade e incerteza

estes orzamentos xeran confianza no futuro, solvencia e

respostas aos problemas presentados. Porque é o momento

de achegar solucións e non de aprazar os problemas.

14

Número 68

22 de novembro de 2010

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas gracias.

Suspendemos a sesión ata as once e corenta horas.

Moitas gracias.

Suspéndese a sesión ás once e seis minutos da mañá.

Retómase a sesión ás once e corenta e un minutos da

mañá.

A señora PRESIDENTA: Reiníciase a sesión.

Debate e votación das emendas á totalidade que postulan

a devolución global do orzamento ou de calquera sección

ou axente xestor de gastos

A señora PRESIDENTA: Comezamos, en primeiro lugar,

co grupo primeiro; isto é, co debate e votación das emendas

á totalidade que postulan a devolución global do orzamento

ou de calquera sección ou axente xestor de gastos.

Trátase dun debate acumulado, ao abeiro do artigo 130.1,

co alcance previsto no punto 3 do artigo 112 e para os efectos

do punto 4 do artigo 114 do Regulamento.

As emendas presentadas polo Grupo Parlamentario do

Bloque Nacionalista Galego son as seguintes: de devolución

global, a número 1; e á totalidade das seccións e axentes xestores

do gasto: emendas números da 2 á 50. Polo Grupo Parlamentario

dos Socialistas de Galicia, as emendas presentadas

son as seguintes: de devolución global, a número 1; e á

totalidade das seccións e axentes xestores do gasto: emendas

3 á 32.

Comezamos, pois, coa rolda para a defensa das emendas.

Ten a palabra, en primeiro lugar, polo Grupo Parlamentario

do Bloque Nacionalista Galego, o señor Aymerich

Cano, por un tempo máximo de 45 minutos.

15

Moitas gracias.

O señor AYMERICH CANO: Gracias, señora presidenta.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

Señora conselleira, en termos orzamentais están vostedes

cruzando xa o ecuador do seu mandato. Este é o seu segundo

orzamento e, por tanto, van sendo horas de que fagamos

balance da súa xestión e de que analicemos en que medida

as contas que hoxe presentan responden ás necesidades do

país; non ás dos mercados, non, ás do país, ás dos galegos e

ás das galegas.

Podemos comezar, se lle parece, pola súa propia presentación,

a carta coa que vostede se dirixe a aqueles que entren

na páxina web da consellería para consultar os orzamentos.

Di vostede alí: “Galiza é hoxe unha comunidade fiable para

os investidores, para as entidades financeiras, que cumpre o

obxectivo de estabilidade orzamental e que paga antes que

ninguén aos seus provedores”. Toda unha declaración de

intencións e, se mo permite tamén, de prioridades. En todo

caso, e antes de entrar niso, algunhas cuestións sobre estas

afirmacións.

Cuestionar qué entende vostede e o Goberno do que fai

parte por “fiabilidade para os investidores”. Non sei se se

refire aos propietarios desas sociedades de investimento

colectivo ás que vostedes –logo falaremos diso– lles fan un

agasallo fiscal inexplicable nestes orzamentos. Supoño

tamén que a referencia ás entidades financeiras hai que

entendela feita máis ben aos seus directivos, blindados por

vostedes nos seus cargos, suba de salarios incluída, e sen lles

esixir ningunha responsabilidade. E a iso de que pagan vostedes

antes ca ninguén, eu diríalle que falen vostedes cos

centros públicos do ensino –hai aquí rapaces dun instituto de

Noia–, que llelo diga tamén aos bolseiros, que teñen que

padecer os atrasos da Xunta; ou, en fin, que llelo diga a eses

dependentes –máis de 37.000– que esperan por unha prestación

que tampouco vai chegar no ano 2011.

En calquera caso, señora conselleira, o que interesa

agora salientar non é tanto o que vostedes din como –e iso

pasou no seu discurso– o que vostedes propositadamente

agachan, o que non din. Coidáronse moito, vostede e o señor

Núñez Feijóo, de falar do emprego na presentación dos orzamentos.

E non é de estrañar, a creación de emprego non é

unha prioridade para o seu Goberno, e isto, a pesar de ser a

máis grave consecuencia da crise, é a principal preocupación

dos galegos e das galegas. É unha realidade que desde que

vostedes gobernan en Galiza hai 36.000 parados máis e

50.000 empregos destruídos. É unha realidade que desde que

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

vostedes gobernan Galiza rexistra o terceiro peor comportamento

do Estado en evolución do desemprego, só superada

por outras dúas comunidades autónomas do Partido Popular:

Murcia e La Rioja. Pero –xa o dixo vostede– o emprego é

secundario; o importante é cumprir co sacrosanto déficit

cero e merecer a confianza dos mercados.

E o certo é que levamos xa máis de dez anos de aplicación

do dogma de estabilidade orzamental no Estado español

e as consecuencias están á vista. Mesmo así o señor

Núñez Feijóo –o seu xefe– segue esgrimindo como gran

mérito do seu Goberno sermos –segundo el– un país solvente;

xa llo digo, pregúntello aos dependentes. E isto ponnos

sobre a pista dos verdadeiros obxectivos das súas políticas;

unhas políticas –recoñezámolo– nada orixinais, unhas políticas

nas que nin o desenvolvemento económico nin a cohesión

social son para vostedes unha prioridade. O primeiro é

dar boa imaxe diante dos mercados, conter o déficit, recortar

salarios, precarizar o emprego e –dise– co fin de atraer os

capitais foráneos. Certamente, esa eufemisticamente denominada

“consolidación fiscal” podería lograrse incrementando

os ingresos tributarios, por exemplo, incrementando

gravames sobre os ingresos e os rendementos do capital e

non recortando o gasto público. Mais vostedes razoan: subir

os impostos escorrentaría o investimento, e, ademais, o

recorte do gasto público –isto é o que xa non din– ten unha

vantaxe engadida, permite abrir novos espazos de negocio

para o investimento privado e ir pouco a pouco derrubando

un estado de benestar que xa o dan por insustentábel en termos

financeiros. O Goberno español comeza polo recorte

das pensións. Vostedes van xa na privatización dos servizos

sociais e detrás irán –ese é o seu proxecto– a sanidade e o

ensino público.

É un feito –estámolo comprobando agora tamén en Irlanda–

que estas políticas de axuste, estas políticas de austeridade

recesiva, producen desemprego e producen desigualdade.

Mais non se trata de feitos secundarios, non se trata de

danos colaterais non queridos. Ben pola contra, eses efectos

de desemprego, recesión e desigualdade son os obxectivos

destas políticas. Téntasenos convencer de que canto máis

duro é o tratamento, canto máis intensa sexa a dor, durará

máis a recuperación. En certo modo é coma se na economía

volveramos a métodos medievais como a sangría. Sabe vostede

que na medicina medieval se sostiña que a sangría era

o remedio universal para todo tipo de males, que todas as

Número 68

22 de novembro de 2010

doenzas estaban provocadas por un desequilibrio dos humores

corporais; e que, por tanto, houbese unha febre ou un

arrefriado, había que sangrar o paciente. Ben, hoxe a ciencia

médica sabe que a sangría o único que fai é debilitar o organismo,

baixar as defensas, facilitar as infeccións e dificultar,

atrasar a súa recuperación. Mais sorprendentemente, contra

toda evidencia, os economistas oficiais seguen receitando

sangrías, seguen afirmando o seu poder terapéutico. Iso si,

cóidanse moi moito de que se lles aplique a eles ese tratamento.

Do señor Botín ao señor David Taguas, pasando

tamén polo noso Fontenla e a avultada nómina dos que, ao

tempo que aconsellan austeridade de recortes para os

demais, asegúranse para eles unha boa posición de privilexio

a costa do erario público. Os cartos que se lles recortan aos

dependentes hainos, e en boa medida, para axudar os bancos;

os cartos que se lles negan aos pensionistas hainos, e

tamén en gran medida para axudar as concesionarias de

autoestradas. E aí, e en todas estas medidas, en Madrid ou en

Galiza, coinciden –e non por casualidade– PP e PSOE.

É evidente que as cousas non se formulan abertamente

así, é evidente que hai que disimulalas detrás de palabras

enganosas para que a xente non se alarme. E, aínda que a

xente xa non pique, onte en Santiago encheron as rúas –desta

vez si que estaban as rúas cheas–, 40.000 persoas protestando

contra os seus proxectos de privatización sanitaria. Vostedes

teiman en disfrazar a realidade cunha particular neolingua.

Retorcer a linguaxe para enganar, para desviar a

atención ou para gañar a adhesión da poboación é algo que

vén de vello. Quen denomina, domina. E xa advertía Victor

Klemperer que a resistencia á barbarie comeza por cuestionar

o uso retorcido, o uso propagandístico das palabras e por

lles devolver o seu verdadeiro significado.

Por tanto, se lle parece, señora Currás, podemos utilizar

como guión desta intervención, desta análise dos orzamentos,

os slogans nos que vostedes, no seu particular nodo, tentan

vender os orzamentos. Din vostedes que estes son uns orzamentos

realistas e austeros, din vostedes que estes son uns

orzamentos eficaces cos que encarar a senda do crecemento

no ano 2011, din vostedes que estes son uns orzamentos eficientes

porque non se pode gastar o que non se ten, din vostedes

que estes son uns orzamentos solidarios porque apostan

seica polo gasto social. E, en fin, poderiamos dicir que son

tamén uns orzamentos máxicos ou milagreiros porque permitirán

–nas súas palabras– facer máis con menos.

16

Número 68

22 de novembro de 2010

Vaiamos, se lles parece, ao realismo que vostedes refiren

especialmente aos ingresos. E, mire, cando imos ao apartado

de ingresos dos orzamentos, vemos ben ás claras cal é a orientación

ideolóxica do seu Goberno e cal é a motivación ideolóxica

tamén dos recortes que vostedes aplican. Desde logo,

alén da negativa evolución dos ingresos tributarios aos que

logo me referirei, é unha causa claramente ideolóxica que

explica que é máis das tres cuartas partes no axuste do estado

de gastos; un dogma que non é privativo seu, que vostedes

comparten con outros grupos, como é a limitación do endebedamento.

No ano 2010 a Xunta recorreu ao endebedamento

por importe de 2.047 millóns de euros; no ano 2011 este

recurso recórtase en 902,8 millóns, só poderán endebedarse

por importe de 1.144,9 millóns de euros. ¿Cal é a causa desta

limitación? A causa é, nin máis nin menos, que vostede votou

a favor no Consello de Política Fiscal e Financeira desta limitación

de endebedamento proposta polo Goberno español

máis alá mesmo do que establece a Lei de estabilidade orzamental.

E fíxoo en coherencia coas teses do seu partido, coas

teses do Partido Popular, que considera insuficientes os recortes

que está a aplicar o Goberno de Zapatero e que reclama

que por lei se poña un límite de gasto ás comunidades autónomas.

O resto do recorte, até os 1.177 millóns de euros, responde

á deliberada atonía dos recursos dos tributos propios e

ao resultado negativo dese sistema de financiamento que vostede

tamén asinou. Porque vostede apoiou ese sistema co

argumento de que, ao parecer, aportaba máis recursos a Galiza,

máis recursos que logo neste orzamento non aparecen, e

que, a pesar desta drástica limitación da capacidade de endebedamento

que vostedes compensan endebedándonos aínda

máis a través desas parcerías, desas concesións privadas de

hospitais, de obras públicas e de centros de saúde, vostede

renuncia a exercer as súas competencias normativas –que as

ten– sobre os tributos galegos. Ben ao contrario, vostede deixa

que o balance recadatorio vaia mirrando pouco a pouco, e só

actúa marxinalmente sobre a distribución da carga tributaria,

e actúa para que esa distribución sexa cada vez máis inxusta,

sempre a favor dos que máis que teñen.

Poreille algúns exemplos. Nestes agasallos fiscais aos

máis ricos, temos que citar, en primeiro lugar, as sucesivas

modificacións do imposto sobre transmisións patrimoniais e

actos xurídicos documentados; unhas desgravacións que

facilitan a adquisición de primeiras, segundas e ulteriores

vivendas sen lle pór límite ao prezo das mesmas e sen atender

tampouco ao rendemento dos seus beneficiarios.

17

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

Vostedes din: o tributo vai ben; esta desgravación ten

efectos positivos. Ten efectos positivos, efectivamente, para

as construtoras, non os ten para a maioría dos galegos e das

galegas, que seguen vendo imposible acceder a unha vivenda

digna. Aí se insire tamén, en contra da promesa do seu

xefe, a introdución de dous novos tributos sobre a auga: un

tributo sobre o uso e outro sobre o coeficiente de vertedura.

Dixera o seu xefe: non imos establecer máis impostos. Aquilo

de “lean os meus labios: non máis impostos”; agora temos

un imposto máis, iso si, un imposto que van pagar todos os

galegos, especialmente os das zonas rurais, con independencia

de cal sexa a súa capacidade económica; unha reforma

impositiva regresiva similar ao incremento do IVE realizado

polo Goberno español.

E nesta concepción regresiva da fiscalidade enmárcanse

tamén outros beneficios fiscais, o que chaman vostedes

“desgravacións fiscais selectivas”, que chamaba o meu compañeiro

Fernando Blanco máis ben “selectas” por quen son

os seus beneficiarios; por exemplo, aquelas que se dirixen a

quen invista no capital de empresas que non existen. Vostedes

contemplan nos orzamentos unha desgravación fiscal

para quen invista no capital de empresas cotizadas no Mercado

Alternativo Bursátil. Neste momento en Galiza, que

nós saibamos, só hai unha empresa, unha, que ten intención

de cotizar nese Mercado Alternativo Bursátil. A non ser que

vostedes se estean referindo ás máis de 3.000 sociedades de

investimento colectivo, ás máis de 3.000 Sicav, que si están

cotizando neste Mercado Alternativo Bursátil, entre as que

hai algunhas galegas. Porque, claro, se vostedes o que fan é

meter nos orzamentos unha desgravación para favorecer as

Sicav, que, que nós saibamos, non crean nin emprego nin

actividade económica en Galiza, eu creo que queda ben ás

claras cales son as súas intencións.

E terá que explicarnos tamén, falando dos ingresos,

señora conselleira –acaba de prometer 10.000 novos empregos

como consecuencia dese concurso eólico–, como é que

tendo aí a adxudicación de 2.400 megavatios eólicos, se

reduzan neste orzamento nun 8% as previsións de recadación

do canon eólico a respecto das previsións iniciais do

ano 2010. Acaban de adxudicar máis megavatios e reducen

a recadación do canon eólico. Terá tamén que nolo explicar;

porque, desde logo, a maioría dos galegos isto non o entenden.

Non aparecen por ningún lugar os 1.000 millóns de

euros que seica din que van recadar coa adxudicación do

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

novo negocio eólico e o que hai, iso si, é un recoñecemento

implícito de que a súa sectaria anulación do concurso anterior

para facer o mesmo –barallar e repartir cartas outra vez

en beneficio das súas empresas amigas– vai pór en cuestión

a viabilidade destes aproveitamentos e vai pór en cuestión o

retorno que os mesmos deben ter para o país.

A recadación por tributos cedidos é certo que medra en

1.547 millóns a respecto do ano 2010, mais isto non se debe,

señora conselleira, a que vostede fixera uso da escasa capacidade

normativa que ten, débese á evolución do sistema de

financiamento e basicamente débese ao incremento do IVE

promovido polo Goberno español en maio deste ano.

O incremento, como digo, obedece á suba do IVE, pero

vostede xa renunciou a apoiar a emenda do Bloque Nacionalista

Galego para incrementar o IRPF para aqueles que

gañan máis de 100.000 euros. Teñen unha curiosa concepción

da xustiza tributaria. En todo caso, ese sistema de financiamento

autonómico que vostede apoiou porque dixo que

aportaba máis recursos para Galiza, o seu saldo –xa o recoñeceu

na súa intervención– é claramente negativo. As transferencias

condicionadas baixan 1.690 millóns de euros, e as

incondicionadas fano en 130.

O Bloque Nacionalista Galego, señora conselleira, vén

advertindo dende hai dez anos, cando o señor Aznar aprobou

aquel sistema que se chamaba definitivo e que é base do sistema

actual, que este era un mal negocio para Galiza.

Lamentamos –créame de verdade– ter acertado no diagnóstico.

Mais, en fin, a falta doutros argumentos cos que defender

os orzamentos, vostedes este ano sacaron un coello da

chistera, sacaron a Axencia Tributaria. En realidade, esta

Axencia Tributaria non é máis que a reconfiguración da

Dirección Xeral de Tributos sen lle poñer nin máis recursos

humanos nin lle asignar máis recursos materiais, simplemente

ilusionismo orzamental de última hora, pero, se vostede

quere de verdade combater a fraude fiscal, ten moito

traballo que facer; de verdade, ten moito.

E vou citar os seus propios datos: de acordo co índice de

eficacia na xestión recadatoria –datos publicados pola súa

propia consellería; poden consultarse na páxina web da Consellería

de Facenda–, o índice de eficacia na xestión recada-

Número 68

22 de novembro de 2010

toria da Xunta reduciuse en 3,6 puntos entre os anos 2009 e

2010. Este índice era do 85,2% no ano 2009 e do 81,6% no

primeiro trimestre do ano 2010, que son os últimos datos dos

que dispoñemos. Polo tanto, temos moito que mellorar, pero

non é que estean mellorando, están empeorando. O índice de

xestión recadatoria, o índice, por tanto, de combate á fraude

fiscal desde que vostedes gobernan empeora, baixa.

Falando de economía mergullada, o último informe do

Consello Económico e Social tamén lanza unha voz de alarma:

¿como é posible que, se no ano 2009 o consumo baixa

en Galicia un 0,4%, a recadación por IVE retroceda un 34%,

case cen veces máis? Aquí tamén habería que analizar –xa

sei que esta nova Axencia Tributaria non ten competencias,

que son da outra, pero van actuar en coordinación–, eu creo

que conviría combater esa fraude fiscal que existe. Tamén

datos da súa propia consellería: o índice de autonomía fiscal

entre 2009 e 2010 acumula tamén unha caída de máis de

doce puntos a respecto do primeiro trimestre do ano 2009.

Mais vaiamos, entón, se lle parece, ao apartado de gastos.

Vostedes, cando falan dos gastos, din que estes son uns

orzamentos austeros –a austeridade é unha palabra que non

sacan da boca–. Por austeridade podemos entender a eliminación

de gastos superfluos e a concentración de recursos no

esencial. Se entendemos a austeridade así, desde logo estes

orzamentos non son austeros en absoluto, porque estes orzamentos,

se algo reducen, son os gastos de capital. Os gastos

de capital –investimentos reais, capítulo VI, transferencias

de capital, no capítulo VII– redúcense en 803 millóns de

euros. Experimentan unha redución do 33,4% con relación

ao orzamento inicial do ano 2010. E esta redución dos gastos

de capital multiplica por 10 a redución dos gastos correntes.

A redución dos gastos correntes é apenas dun 3%.

E, dentro destes gatos correntes, son os gastos de funcionamento

da Administración, en contra do que vostede vén de

afirmar, os que menos baixan: gastos de funcionamento da

Administración, capítulo I e capítulo II. De feito, gañan peso

no conxunto do orzamento: no ano 2009 supuñan o 30,22%

do orzamento e este ano supoñen case o 34% do orzamento.

Ben, se por austeridade entendemos a eliminación de

gastos superfluos, como lle dicía, de cordo cunha adecuada

priorización dos obxectivos de gasto, esta austeridade que

vostedes practican é, como mínimo, selectiva. Non hai car-

18

Número 68

22 de novembro de 2010

tos para bolsas de estudo, pero se dedican 2 millóns de euros

para eliminar libros en galego. Non hai cartos para atender

novos dependentes, mais a Consellería de Traballo vai gastar

no ano 2011 máis de 2 millóns de euros en publicidade,

e os gastos de funcionamento burocrático do Consorcio

Galego de Servizos de Igualdade e Benestar elévanse de

800.000 a 1.9 millóns de euros. Polo demais, é sintomático

e contradí todo o que vostede dixo na súa intervención anterior

que a consellaría que menos reduce o seu orzamento

sexa precisamente a Consellaría de Presidencia, a consellaría

encargada de soster o funcionamento interno da Administración.

Para nós, señora conselleira, unha administración austera

é aquela que é quen de conseguir melloras de eficiencia;

é dicir, aquela que con menos recursos é capaz de garantir un

mesmo nivel de provisión de bens e servizos públicos. Mais

esa, como comprobaremos a seguir, tampouco parece ser a

súa idea. O seu particular concepto de austeridade, combinado

co slogan de eficacia e de eficiencia, combínase na

principal premisa deste Goberno: facer máis con menos. Xa

vimos como os gastos de funcionamento da Administración

gañan peso no conxunto do orzamento, e isto desmonta as

súas pretensións de eficiencia; mais a eficacia debemos procurala

no grao de cumprimento das políticas públicas.

Hai uns días recibimos neste Parlamento un informe procedente

da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

dependente da súa consellaría, que é o Informe de liquidación

da Conta xeral correspondente ao exercicio 2009. Deste

informe tírase que no seu primeiro exercicio o Goberno da

eficacia, o seu Goberno, apenas foi quen de executar 87,5%

dos orzamentos, cun saldo de máis de 1.069 millóns de euros

en remanentes de crédito non comprometidos. Destes 1.069

millóns de euros a maioría, 650 millóns, corresponden a

investimentos reais, investimentos que estaban no orzamento

e que vostedes non executaron.

Ese mesmo informe –vostedes falan de burato– di outra

cousa tamén. Ese mesmo informe di que no ano 2009 os

ingresos da Xunta superaron en 340 millóns os ingresos inicialmente

previstos no orzamento para o ano 2009; é dicir,

que remataron vostedes o exercicio do ano 2009 con 340

millóns de euros en ingresos, máis dos que o Goberno bipartito

previra neses orzamentos. Isto quere dicir –aquí está o

dato, señora conselleira– que no ano 2009 non houbo bura-

19

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

to; no ano 2009 non houbo burato. Se vai haber burato no

ano 2010 aínda non o sabemos, xa depende de vostedes. O

que si sabemos é: 2.000 millóns de euros que xa temos en

débedas por infraestruturas con financiamento privado, que

serán máis de 1.500, de se cumpriren as previsións dese

pagamento aprazado –como vostede piadosamente lle

chama–, contempladas no orzamento para o ano 2011.

Este cadro está contido no seu Plan estratéxico. Aquí

vese: estamos en 1.000 millóns, xa acumulados no ano

2010, teremos 1.000 millóns no ano 2011 e subiremos 500

millóns no 2012, 540 no 2013 e outros 540 no 2014. Todo

con pagamento aprazado, con privatización de infraestruturas,

privatización de hospitais, privatización de centros de

saúde. O que nos gustaría é que nos explicase que vai supoñer

isto, que hipoteca vai supoñer isto sobre os orzamentos.

Di o señor Núñez Feijóo que el non vai deixar hipotecas

para os gobernos que veñan despois. Non, vai deixar máis

de 2.500 millóns de euros en pagamento aprazado, en débeda

pública.

E miren, en 2009 ese seu Goberno da eficacia foi moi

eficaz en gastar o 100% dos gastos de persoal, o 98% dos

gastos en bens correntes e servizos –esa era a austeridade–,

pero non foi capaz de executar máis que o 58% dos investimentos.

Investimentos que en situacións, en conxunturas de

crise como a actual, son fundamentais para crear emprego e

para crear actividade económica. Pero vexamos que consellarías

con responsabilidades directas na recuperación económica

–está aquí o señor Guerra– no ano 2009 apenas executaron

o 66% do orzamento; consellarías como a Consellaría

de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas apenas

foron capaces de executar o 71% do orzamento. Marchou a

señora Mato. A súa consellaría non foi capaz de executar

máis que o 77% do seu orzamento no ano 2009, e a Consellaría

do Mar, apenas o 42%. Esta debe ser a eficacia; a eficacia

é unhas contas solventes, deixando sen atender as

necesidades dos galegos. Aínda non coñecemos –xa lle

dicía– a liquidación do ano 2010. Con todo, os datos que

coñecemos non pintan ben. A 30 de xuño a Consellaría de

Economía e Industria, que se supón que é o brazo armado de

Goberno na loita contra a crise –brazo armado co Igape–

apenas executara o 12,12% do seu orzamento. Non é de

estrañar que aínda non convocaran as axudas para o programa

de recursos humanos do Incite, do que dependen a

inmensa maioría dos investigadores deste país.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

En todo caso, para saber qué é iso de facer máis con

menos podemos ir ao Informe do Consello Económico e

Social correspondente ao ano 2009. Este informe dános

unha imaxe fiel do que é facer máis con menos. Vou ler literalmente:

Os hospitais do Sergas rexistraron, a diferenza do

acontecido no ano anterior, ano 2008, “unha diminución do

número de intervencións realizadas” –facer máis con

menos–. E di: “Consecuentemente, nese ano produciuse un

incremento tanto do número de pacientes en listas de espera

estrutural como da súa demora media”.

Este sábado o señor Feijóo, intentando anticiparse ao

éxito da manifestación que onte percorreu as rúas de

Compostela, declarou que esta ía ser a lexislatura da sanidade.

A xulgar pola manifestación de onte, dende logo

non será por vostedes, será polos 40.000 galegos e galegas

que onte encheron Santiago que nesta lexislatura se

manteña a sanidade pública e se manteñan os dereitos

sociais neste país.

Pero vostedes dicían tamén que estes son uns orzamentos

solidarios, uns orzamentos que nos permitirán encarar a

saída da crise no ano 2011. Vostede no ano 2010 dixera algo

que agora xa non se atreveu –é lóxico– a dicir. Dixera no ano

2010: “Neste exercicio a Xunta valerase de políticas cun

marcado carácter anticíclico, apurará as fontes de ingreso e

dirixirá as prioridades de gasto ao mantemento dos tecidos

económicos”. No ano 2011 xa intentan utilizar outro tipo de

argumentos porque estes, evidentemente, non aparecen no

orzamento. O argumento é a blindaxe do gasto social; deixemos

falar o seu xefe. Di o seu xefe: “O orzamento blinda

a política social. Nunca na historia dunha comunidade autónoma

uns orzamentos públicos dedican o 75% á sanidade, á

educación e aos servizos sociais”. É falso. Se collemos as

partidas para sanidade, educación e servizos sociais, suman

bastante menos que o 75% do orzamento. Mais, mesmo así,

¿cal é a realidade? A realidade é que vostedes recortan nestes

orzamentos 1.177 millóns de euros con relación ao orzamento

inicial do ano 2010.

Vexamos como se reparte ese recorte, porque na distribución

dese recorte veremos ben reflectidas as súas prioridades.

Hai seis grupos de políticas afectadas, o primeiro

deles serían as políticas sociais. As políticas sociais experimentan

o 40% do recorte total. Nas políticas sociais, en ensino,

en educación, en servizos sociais, en vivendas, recortan

Número 68

22 de novembro de 2010

vostedes 476 millóns de euros; 476 millóns de euros que

supoñen 187 millóns de euros menos para a sanidade. Programas

como os de saúde pública e o Plan de drogas practicamente

desaparecen destes orzamentos. Iso é a lexislatura

da sanidade. E isto, por certo, a pesar da advertencia que vén

de facer o Observatorio Europeo sobre Drogas, dicindo, no

seu relatorio anual, advertindo do perigo de que as políticas

de austeridade recorten as respostas eficaces contra as drogas

nun momento de crise no que o seu uso está a se incrementar.

A vostedes tanto lles ten qué pase coas drogas neste

país, o importante é reducir o gasto.

As listas de espera medran, reducen un investimento en

infraestruturas sanitarias en 60 millóns de euros, abrindo a

porta –xa o dixo vostede– á privatización de hospitais e centros

de saúde. E o curioso é que reducen tamén o gasto en

persoal en 51 millóns de euros: 20 millóns na atención primaria,

31 millóns de euros menos na atención hospitalaria.

Van reducir, señora conselleira, o persoal sanitario; iso si,

podemos desde aquí enviar unha mensaxe de tranquilidade

aos familiares dos altos cargos do Sergas porque para eles o

recorte non vale, eles seguirán aprobando con nota as oposicións

de ingreso no Sergas.

O mesmo podemos dicir da educación. Na educación

recortan vostedes 157 millóns de euros. Para combater o

abandono escolar, gran compromiso deste Goberno, 31.000

euros; é todo o que hai para combater o abandono escolar.

Eliminan os orzamentos para o programa Preescolar na casa,

se cadra porque, claro, o daban en galego. Reducen as bolsas

e reducen tamén as axudas para os comedores xestionados

polas ANPA, rebaixan en 24 millóns de euros o financiamento

das universidades. E para o ensino privado, por

certo, tamén se incrementan os orzamentos. Os orzamentos

da educación teñen dúas prioridades: atacar o galego e

mellorar a situación do ensino privado. Por iso é o ensino

privado quen leva a maioría das concesións do Programa

Avalar, a maioría das aulas trilingües e tamén a maioría do

financiamento.

¿Como é posible, señora conselleira, que nestes tempos

reduzan un 70% as partidas para programas de igualdade no

ensino ao tempo que destinan 322.000 euros para campañas

publicitarias –din– de sensibilización e fomento da igualdade

de oportunidades? Esta é a súa particular concepción da

austeridade: diñeiro para propaganda, diñeiro para a difusión

20

Número 68

22 de novembro de 2010

de campañas, e logo eliminación das partidas para levalas á

práctica.

Podemos falar tamén do benestar. No benestar reducen

os orzamentos en 25 millóns de euros, deixando á vista a

verdadeira fasquía do seu Goberno, a crueldade e a máis

absoluta falta de compromiso con aqueles que con máis

dureza experimentan as consecuencias da crise. Reducen

drasticamente a dotación do Plan galego de inclusión social.

Este plan simplemente se mantén porque ten financiamento

do Fondo Social Europeo até o ano 2013. Eliminan a subvención

para o mantemento das equipas de inclusión nas

cidades e no Consorcio da Mariñas. ¿Saben canto hai neste

orzamento para atender as persoas sen fogar, ese compromiso

coa cohesión social? 150.000 euros. O ano pasado había

347.000.

E podemos falar da dependencia. Mire, na dependencia

non é que non haxa cartos para atender a novos dependentes,

xa hai 37.000 neste momento con dereito a prestación recoñecida

que están en espera, é que non hai cartos nin sequera

para atender os dependentes que xa teñen recoñecida a súa

prestación, non chega. Reducen ademais vostedes –tanto que

falan da familia– de 5 millóns –4,9 millóns– a 2,7 millóns a

axuda complementaria para a desgravación por fillo a cargo.

Dixo a señora conselleira de Benestar que a redución era

porque había moita fraude, pero é que non é só aí, tamén

reducen a menos da metade a dotación para o acollemento

familiar. No orzamento para o ano 2011 o acollemento familiar

leva unicamente 146.000 millóns de euros. Este é o seu

compromiso, desde logo, coas familias acolledoras e cos

nenos que non teñen familia: metelos en institucións.

Podemos tamén falar da vivenda. No citado informe para

o ano 2009, o Consello Económico e Social –e isto tamén

debe ser facer máis con menos– constata o seguinte: no ano

2009 houbo unha forte caída da construción de vivendas de

protección oficial en Galiza. O número de vivendas de protección

oficial iniciadas en 2009 descendeu, con relación ao

ano anterior, un 47,2%, en tanto que o número de vivendas

de protección oficial rematadas caeu un 35,2%; isto no seu

primeiro ano de goberno. Mais, mesmo así, vostedes recortan

os seus orzamentos en vivenda nun 40%, 65 millóns de

euros menos. Non é só que abandonen a construción de

vivenda protexida, que abandonen programas como os de

erradicación do chabolismo –por certo, a convocatoria para

21

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

o ano 2010 aínda non se publicou–, senón que, ademais, a

vostedes o que lles interesa non é o acceso á vivenda, o que

lles interesa é sanear, como lle dicía, as contas de resultados

das súas construtoras e promotoras de cabeceira. Esta é a súa

prioridade, non a vivenda como un dereito, si a vivenda

como un negocio.

Dicía vostede que estes orzamentos son os que van permitir

encarar no ano 2011 a saída da crise; mais se vemos

como recortan tamén as partidas destinadas ás políticas económicas

sectoriais, a verdade é que non acertamos a ver cal

vai ser este camiño de saída. Aquí hai dous grandes grupos:

no caso das políticas económicas sectoriais recortan 269

millóns de euros; no caso das políticas territoriais, 242

millóns de euros menos con relación ao ano 2010.

Vexamos que é o que sucede. No medio rural recortan

126 millóns de euros. Co recorte desaparece o apoio ao sector

lácteo, desaparece na práctica o Plan de infraestruturas

rurais en tanto que a Lei de acompañamento liquida, podemos

dicir que con aleivosía e nocturnidade, o Banco de

Terras.

O abandono do sector da pesca e do marisqueo tamén é

comprobábel nos orzamentos da Consellaría do Mar. As

políticas pesqueiras experimentan unha redución de case o

16%, en tanto que os programas de infraestruturas portuarias

e pesqueiras se reducen nun 40%. É certo, as prioridades

deste Goberno en materia do mar, son outras: a construción

dunha goleta, a construción de portos deportivos e continuar

coa subvención, o despezamento de buques.

As políticas industriais e de desenvolvemento empresarial

das que vostede fachendeaba na súa intervención experimentan

unha redución próxima ao 31%, redución similar á

que se aplica ás políticas comerciais e turísticas, baixan un

33%, e isto no ano en que vai entrar en vigor a nova Lei de

comercio, claramente favorábel ás grandes superficies

comerciais. Aproban vostedes unha lei favorábel ás grandes

superficies comerciais e reducen ao mesmo tempo as partidas

para axudar o comercio tradicional.

Pola súa parte, vostede falou do equilibrio territorial

como un dos eixes de actuación deste Goberno. O señor

Núñez Feijóo viaxa por Ourense, por Lugo, pola Costa da

Morte, por Ferrolterra, prometendo plans especiais de

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

impulso. Pois, xa me dirá con que cartos. Os cartos para a

promoción de solo empresarial redúcense nun 53%, convertendo

todos ese plans –Lugo Impulsa, Ourense Impulsa,

Revive Costa da Morte, Revive Ferrol– en papel mollado.

E, mire, cando vostede presume do I+D+i e da economía

do coñecemento, eu creo que debería ser algo máis rigoroso.

É certo que no eixe 3 dese Plan estratéxico que este grupo

non apoiou se recolle, pois, de todo, porque neste eixo 3, de

economía do coñecemento, recóllese: cobertura informativa

e apoio á comunicación social, que son os gabinetes de prensa

e as axudas aos medios que ten a Presidencia da Xunta

–eu creo que isto non é economía do coñecemento; sobe bastante,

pero isto non é economía do coñecemento–; recóllese

tamén a Radio e a Televisión de Galiza –está ben; nós estamos

de acordo con este medio público, con que se manteña,

ademais, como público, pero, bueno, isto non é exactamente

economía do coñecemento–; recóllese tamén isto que lle

chaman fomento da sociedade da información e do coñecemento.

Isto sobe, sobe de 50 millóns a case 60 millóns de

euros. Pero ¿sabe que meten aquí, señora conselleira? Aquí

o que meten é a compra de ordenadores e de sotfware privativos,

de software de Microsoft. Este ano hai 60 millóns de

euros nos orzamentos para comprar ordenadores, comprar

ordenadores para a Xunta e comprar ordenadores con software

privativo.

Pero, mire, o que é I+D+i, o que é investigación, baixa,

baixa case un millón de euros; entón, a investigación universitaria,

porque os gastos de I+D+i baixan 20 millóns de

euros. Dígame vostede onde está a aposta pola economía do

coñecemento, onde está ese Plan galego de I+D+i que tiña

que estar xa elaborado para entrar en vigor o 1 de xaneiro do

ano 2011, onde está a Axencia Galega de Innovación, que

non aparece nestes orzamentos. O único que hai, xa llo digo,

é un recorte do 15,23% nos gastos de I+D+i: 20 millóns de

euros menos. Esta é a súa aposta pola sociedade do coñecemento.

E as políticas territoriais, recortes próximos en todas

elas, o 30% con relación ao ano anterior. En infraestruturas,

recortan 172 millóns de euros; en actuacións ambientais, 60

e 51 millóns de euros; en ordenación do territorio, recortan

20 millóns de euros. Estes recortes anuncian un ano 2011

cun maior caos urbanístico, con máis desorde territorial e

menor protección ambiental; iso si, propaganda que non

Número 68

22 de novembro de 2010

falte, nos orzamentos recóllense máis de 4 millóns de euros

para unha partida que vostede nos poderá explicar despois:

desenvolvemento do Plan hidrolóxico e a súa divulgación;

unha partida de gasto publicitario de 4 millóns de euros.

Unha boa mostra, como lle dicía, de austeridade e da adecuada

priorización do gasto.

Abandonan totalmente o transporte público. A redución

do investimento en infraestruturas viarias abre a porta aínda

máis á súa privatización a través de fórmulas concesionarias

que nos condenan a todos os galegos a pagar até catro veces

o custo desas vías. E, por certo, eu convídoa a que despois,

na súa intervención, nos afirme que aquí, con esas vías que

teñen peaxe na sombra, non vai pasar o que xa está sucedendo

en Portugal, que a peaxe que hoxe está na sombra non

acabará por saír á luz, e ten vostede que asumir ese compromiso

porque non sería a primeira vez. Cun goberno do Partido

Popular, unha vía, unha autovía entre Carballo e A

Coruña, que tamén se abrira libre de peaxe, acabou con cabinas

e acabou cos condutores tendo que pagar o traxecto.

E, por suposto, vostedes tamén recortan as políticas culturais

e lingüísticas. O recorte aquí é de 56 millóns de euros.

Destaca a particular cruzada deste Goberno contra o galego,

recortan 6,4 millóns de euros, imos arrastrando xa unha

redución próxima ao 50% desde os últimos orzamentos do

bipartito. Recortan tamén as políticas culturais, en 37

millóns de euros, un 31,43% menos.

E, desde logo, eu diríalle, se ten a ben, e para que convenza

o seu xefe, que repare nunha cousa. Esta guerra contra

a lingua e a cultura de Galiza ten consecuencias negativas

no ámbito da autoestima, no ámbito político, pero tamén

no ámbito económico. Saiba vostede que o Decreto contra o

galego supón un torpedo na liña de flotación das editoriais

galegas, saiba vostede que esta rebaixa drástica dos orzamentos

culturais pon en risco as industrias culturais de Galiza,

que representan o 4% do noso produto interior bruto. A

súa neste ámbito, señora conselleira, é unha política suicida,

e unha política suicida en todos os sentidos.

Desde logo, á vista destas cifras, non sabemos cal é a súa

estratexia para enfrontar a crise, a non ser que esta sexa agardar

por unha recuperación espontánea do sector da construción

á calor da súas desgravacións fiscais ou quizais esperar

o despegue sideral desas Sicav, ás que vostedes tamén aga-

22

Número 68

22 de novembro de 2010

sallan con outra desgravación fiscal, ou se cadra a saída da

crise depende de que no gran burato, ese que hai na fosa

atlántica, haxa hidrocarburos en cantidades suficiente. Quizais

o gran burato é a única esperanza do Goberno galego

para saír da crise.

Mais, no entanto, o único que fan, máis que propor saídas

á crise, é botarlle as culpas ao Goberno español. E, mire,

eu non serei quen exculpe o Goberno español, eu non serei

quen xustifique ou quen apoie as súas políticas, mais a súa

responsabilidade, a responsabilidade do Goberno de Zapatero,

non nos absolve a vostedes por ter deixado o país á valga,

o país desamparado, no medio da crise económica e da crise

social máis grave dos últimos tempos. Esa é a súa responsabilidade,

e a ela, desde logo, non están respondendo.

En todo caso, señora conselleira, señorías, hai alternativa.

As situacións complexas –e a crise actual, desde logo, é

unha delas– non admiten solucións simples e solucións dogmáticas

como a que este orzamento nos propón: recortar o

gasto, facer máis dura a vida dos galegos e das galegas, e

esperar, como no caso das sangrías, que a recuperación veña

por si soa. Saír da crise vai requirir, sen dúbida, traballo e

esforzo, mais hai que poñerse a esforzarse e hai que poñerse

a traballar xa, hai que comezar xa andar e non esperar a que

o temporal escampe. Se o noso autogoberno político e financeiro

é limitado, temos que traballar para alargalo, e temos

que facelo por medio dun novo estatuto, temos que facelo

por medio da negociación de novas transferencias e temos

que facelo tamén traballando no Estado e en Europa para

mudar políticas e deseños contrarios aos intereses de Galiza

e contrarios aos intereses da inmensa maioría dos galegos,

comezando pola revisión do sistema de financiamento. Ese

sistema xa está sendo cuestionado polos partidos cataláns,

incluído o Partido Popular. ¿Por que a Xunta de Galiza, por

que o Partido Popular no Congreso e no Senado, non avanza

nesta reforma do sistema nun sentido que sexa favorable

aos nosos intereses máis alá simplemente de cuestionar uns

prazos de devolución dos anticipos que vostedes asinaron?

Mais mesmo, dentro do actual marco de autogoberno,

hai marxe, hai marxe para outra política que blinde de verdade

os servizos públicos, hai marxe para outra política que

apoie de verdade a economía produtiva e a creación de

emprego, e para facelo respectando o noso territorio e utilizando

de forma sustentábel os nosos recursos naturais. Hai

23

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

marxe si, a condición de que o Goberno mude a súa escala

de prioridades e se decida por defender os intereses da maioría

social. Hai marxe para actuar sobre os ingresos, cuestionando

un sistema de financiamento que, como lle dixen, xa

está sendo cuestionado mesmo polo seu partido, e perseguindo

de verdade a fraude fiscal e repartindo dunha forma

máis xusta as cargas tributarias: que paguen máis os que

máis teñen.

Hai marxe para actuar sobre os gastos, aplicando unha

verdadeira política de austeridade que elimine os gastos

superfluos e mellore o rendemento da Administración, sen

merma, todo o contrario, da calidade das prestacións e dos

servizos públicos. Hai marxe para reducir a externalización

de servizos e o gasto publicitario. Hai marxe para desistir

das concesións viarias e sanitarias previstas e para renegociar

as condicións das xa realizadas en beneficio do interese

público, por exemplo, facendo que a taxa de rendibilidade

destas concesións para os seus concesionarios non poida

superar a taxa de xuro da débeda pública. Hai marxe se se

pon como obxectivo prioritario da acción do Goberno a creación

de emprego e a protección social, porque o incremento

do emprego incrementa os ingresos fiscais e porque os

servizos sanitarios e sociais son intensivos en creación de

emprego e en benestar. Hai marxe para investir en infraestruturas

como as de transporte público, que vertebran o territorio

e reducen a dependencia do transporte privado, para

facilitar as actividades produtivas, o crédito que as entidades

financeiras privadas lles están negando, e hai marxe para

actuar –como non fai este orzamento– polo ensino público e

pola investigación e o desenvolvemento, para que a mellora

da nosa competitividade non se basee simplemente nos baixos

salarios senón na formación das persoas e dos procesos

produtivos.

Mais isto esixe un cambio de actitude. Para isto hai que

colocar os intereses de Galiza por diante dos ditados dos

mercados, e non é iso o que está facendo este Goberno. Para

iso hai que antepoñer o pleno emprego ao déficit cero, e non

é iso o que está facendo este Goberno. Para iso hai que primar

o servizo público sobre o lucro privado, e non é iso o

que está facendo este Goberno. E para iso tamén é preciso

un cambio de actitude cara á nosa lingua e cultura nacionais,

porque necesitamos confianza nas posibilidades do país, e é

aí, na nosa identidade, onde encontraremos a enerxía precisa

para saír da crise.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

Lamentablemente, señora conselleira, non é isto o que

vostedes nos propoñen, non é nada disto o que conteñen os

orzamentos que hoxe vostede presentou na Cámara. Estes

orzamentos apenas anuncian máis paro, máis recesión e

máis desigualdades para o ano 2011. Son uns orzamentos

feitos ao ditado dos seus amigos e ao ditado dos mercados,

e non á medida das demandas sociais. Por iso presentamos

esta emenda de devolución ao conxunto do orzamento e a

cada unha das súas seccións, para que o pensen outra vez e

traian a esta Cámara uns orzamentos feitos á medida do país.

Máis nada polo de agora. Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas gracias, señor Aymerich.

Para a defensa das emendas ten a palabra, polo Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, o señor Vázquez

Fernández.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: Moitas gracias, señora

presidenta.

Señoras e señores deputados, a política económica é a

base da política galega. Os orzamentos son o sustento do

país e representan, como ningunha outra cousa, a aspiración

de todas as galegas e todos os galegos para desenvolverse e

poder vivir. Non cabe dúbida ningunha de que con estes

orzamentos, señor presidente, que hoxe se nos presentan, o

2011 será para moitos galegos un ano de malvivir.

O Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade

Autónoma para o ano 2011 confirman o fracaso da política

da Xunta ante a crise e anticipan máis paro, menos servizos

públicos e ningunha esperanza para o futuro do noso país.

Estes orzamentos son a plasmación da impotencia, da falla

de proxecto e da máis absoluta incapacidade de xestión dos

bens públicos de Galicia. Deberían ser o motor para a saída

da crise, pero está claro que estes orzamentos son un motor

que non funciona.

Con estas contas, e sobre todo coa distribución, dificilmente

poderemos acadar a previsión do crecemento do 1 %

que se anticipa. E, o que é peor, sitúannos nun horizonte

cheo de nubarróns cara ao futuro, porque vostedes desbotan

a posibilidade de ir sentando as bases dun crecemento sostible

baseado na produtividade, na competitividade, no coñe-

Número 68

22 de novembro de 2010

cemento e na innovación. Nada disto se reflicte no orzamento

que hoxe analizamos. Supón todo o que vemos a confirmación

dun augurio anticipado no mes de xullo por vostede,

presidente Feijóo. Dixo claramente no mes de xullo:

“No sé como cerrar las cuentas del 2011. No vamos a poder

atender los servicios públicos”. Bueno, vostede dicía que

non sabía cadrar as contas de 2011, e a verdade é que non as

cadrou. Converteu estes orzamentos nun axuste de contas ás

políticas sociais deste país. (Aplausos.) Converteu vostede

estes orzamentos nos que, dentro do modelo clásico dos partidos

máis conservadores, aproveitan a crise económica para

desmontar os servizos públicos e privatizalos. A máxima

sempre é a mesma: cambiar o servizo polo beneficio.

Sabemos todos que estamos nun contexto difícil, pero os

medios cos que conta Galicia debemos centralos no apoio

aos sectores produtivos, á creación de emprego e, dende

logo, ao mantemento dos servizos públicos esenciais. Porque,

aínda que teñamos menos medios, debemos conseguir,

e é posible, que sexan verdadeiramente eficientes e que sirvan

para resolver os principais problemas do país.

Antes de elaborar uns orzamentos, señora conselleira e

señor presidente, é preciso saber qué é ao que teñen que

atender. O diagnóstico da situación actual de Galicia, en termos

laborais, podémolo resumir en catro puntos moi sinxelos:

223.894 homes e mulleres galegas no paro; anúlase por

completo o diferencial positivo que tiñamos en Galicia con

respecto a España. Un descenso da ocupación de 32.400 persoas,

21.131 asegurados menos á Seguridade Social e

18.104 traballadores que están afectados por un ERE. Oíla

falar a vostede esta mañá, conselleira, e escoitar estes datos,

parece que falamos de países distintos.

Pero imos aos termos sociais, cal é a realidade que atopamos

neste momento. Hai 30.000 mulleres e homes traballadores

do mar que a día de hoxe están absolutamente desprotexidos

fronte a un accidente laboral por primeira vez en

moitos anos; 80.000 familias foron obrigadas a pagar os seus

libros de texto cando están vivindo a crise máis dura despois

da Segunda Guerra Mundial, como di vostede; 120.000 galegas

e galegos esperando por probas diagnósticas nunha sanidade

pública, señor presidente, que a raíz do de onte só lle

pido unha cousa: reflexione, pense, non hai ninguén capaz

de mover o que se moveu onte. Señor presidente, non faga

da arrogancia e da prepotencia unha ferramenta de traballo.

24

Número 68

22 de novembro de 2010

Onte, de maneira transversal, de toda Galicia, desde a Mariña

lucense ata A Garda, veñen miles de mulleres e de homes

a mandarlle unha mensaxe clara: Goberno e presidente, así

non. (Aplausos.) Vostede pode seguir usando o modelo político

de que disto sei eu, e xa sei eu como se arregla, ou debe

facer unha proba do que dixo sempre: imos escoitar o que

nos están dicindo os galegos.

Pero imos seguir diagnosticando este país, conselleira:

38.000 novos dependentes que están agardando por unha

axuda que pasou de dicirse que en tres meses se lles pagaba

a dicirlles que non se lles vai aboar, así de sencillo e de fácil.

280.000 mozos e mozas saben que non van ter servizo de

Noitebús, incrementando o risco de morte nas fins de semana,

principal causa de morte dos xóvenes neste país. Centos

de profesores, de médicos, de ATS, de persoal do sistema

público educativo que perden os seus contratos por mor de

recortes en educación e en sanidade.

Estes son os problemas de Galicia, das galegas e dos

galegos, aos que tiñan que dar resposta estes orzamentos.

Pero a fórmula para resolvelos é un descenso en promoción

de emprego de máis de 32 millóns de euros e un recorte

social en servizos públicos de máis de 600 millóns de euros.

Estes orzamentos, señorías, son a sentenza de morte da recuperación

económica e dos servizos públicos esenciais deste

país.

Recórdolle, señor presidente, que estes son os orzamentos

de 2011 que confirman a partitura pola que vai dirixir o

seu Goberno os dous terzos da súa lexislatura. Xa non é a

chegada, xa non é o ecuador, cando rematen os orzamentos

que estamos analizando hoxe xa soamente lle queda pouco

máis dun ano de goberno. Por iso que xa non hai marxe á

improvisación nin marxe ao aprazamento de toma de decisións.

Dentro de catro meses, cando cheguemos ao ecuador

desta lexislatura, imos ver que o único que fixo todo este

tempo foi crear máis paro, destruír emprego, abandonar sectores

produtivos, desmantelar o sistema de servizos públicos

esenciais; e, iso, si, sempre acompañado como música de

fondo dun ataque frontal ao noso idioma e dunha clara actitude

de clientelismo político que botou por terra a súa promesa

de ética e de transparencia.

Os orzamentos non resolven ningún dos problemas de

Galicia, pero agochan na letra pequena un intento novo nos

25

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

últimos anos e que me parece incrible: usurpar a soberanía

desta Cámara introducindo cambios lexislativos en materias

tan sensibles como a ordenación urbana, a función pública,

o canon eólico ou o Banco de Terras, que só reflicten unha

disxuntiva, ou é un elemento de improvisación ou é un elemento

de vulneración democrática da Cámara deste país.

Vostede sabe perfectamente e temos informes –ambiguos,

pero que, se os quere ler un ben, póñeno moi claro–, que o

CES ten que dicir que non poden levar adiante estes procesos,

que a Asesoría Xurídica –e desde aquí manifesto a miña

sorpresa polo seu silencio– non pode estar calada cando vostedes

reformen catro leis sen informes xurídicos que dean

aval a este país. (Aplausos.)

En definitiva, señor presidente, os orzamentos da Xunta

para o 2011 son –e non imos andar con palabras complicadas–

un engano, do principio ao fin, ás galegas e aos galegos.

Primeiro, porque é un orzamento insostible, porque

remataremos esta lexislatura –señora conselleira, señor presidente,

conten a verdade, que a vostedes lles gusta moito a

verdade– co triplo de débeda coa que recibiron vostedes este

Goberno. Porque resulta, señora conselleira, que parece que

a débeda, por un lado a pública, a privada por outro... Non,

pero mire, hai un problema, hai que pagar as dúas. Sume por

aquí ou sume por alí, van rematar vostedes con cerca de

11.000 millóns de euros, deixando hipotecado o futuro deste

país e deixando, sobre todo, sen sentar as bases de cambio

do modelo económico.

É un orzamento cheo de incertezas. O recoñecemento

das propias previsións vén demostrar –cando falan vostedes

dun desemprego do 15%, hoxe mesmo xa estamos por riba

dese 15%– o fracaso daquelas previsións realistas que a vostedes

tanto lles gustaban. Pero sobre todo, conselleira e presidente,

estes orzamentos certifican a parálise da modernización

deste país, nomeadamente das infraestruturas de comunicación

estratéxicas, das medioambientais, e é aquí onde a

súa responsabilidade como xestor, como planificador e

como responsable político alcanza o seu máis alto expoñente.

Este orzamento que vostede presenta é a combinación de

vinte meses de paralización de infraestruturas, de dilación de

investimentos previstos, de anulación de obras licitadas e

adxudicadas, de presentación de plans que xa nacen mortos,

e dunha realidade virtual que vostedes intentan vender ago-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

chando a súa incapacidade. É curioso como vostedes se rasgan

as vestiduras porque o Ministerio de Fomento só reduce

un 11% en Galicia, cando vostedes, na consellaría máis

potente economicamente, reducen un 30% en infraestruturas,

un 64% en mobilidade e un 57% no IGVS. Cando se supón

que isto tiña que ser o elemento tractor das políticas estratéxicas,

a vostedes non lles vale un 11 % en España e reducen

un 30 % en Galicia. Pero ademais imos consolidar a caída de

licitación de obra pública no 2010 –que daba gusto oíla a vostede

falando dese país das marabillas–, vai ser o segundo

peor ano na licitación de obra pública deste país.

Mire, con estes orzamentos, lonxe de allanar o camiño,

empeorámolo, queda en dique seco o desenvolvemento

social, o equilibrio territorial, o sistema económico, nin

comunicacións. ¿Que ía ser de todas as propostas de infraestruturas?

Pero, conselleira, ¿onde queda o saneamento das

rías?, ¿onde queda a política de residuos?, ¿onde queda a

rexeneración urbana?, ¿onde queda o acceso á vivenda, o

solo industrial ou as políticas de mobilidade? Este país

empeza a camiñar en retroceso. Ninguén lle pide milagres,

presidente, pero si un mínimo de rigor e de capacidade de

xestión e de eficacia. Que utilice a capacidade de investimento

para deixar unha Galicia máis forte e mellor preparada

para o futuro; que utilice a potencia normativa deste país

para garantir un ámbito no territorio, para protexer e poñer

en valor o noso patrimonio natural e para axilizar a relación

entre os administrados e as institucións.

Mire, dende o 2009 limitáronse a paralizar as obras, a

adiar ou anular os proxectos e a converter nun escándalo as

licitacións.

En canto á produción normativa eu soamente lle quero

recordar dúas que incumpren sistematicamente o que vostede

veu dicir. Caracterízase por unha ocultación da información,

polo enfrontamento cos concellos e pola utilización

das normas e o sistema normativo para unha cousa contraria

sempre á que di: para facer caixa. A voracidade deste Goberno

leva a unha subida do canon de residuos, a unha previsión

de subida da auga absolutamente intolerable, e vostedes propoñen

que unha maneira de saír da crise é que os cidadáns

paguen máis polo lixo e polas augas.

Cando falamos da axenda oculta a través da Lei de acompañamento

o que vén facer, á parte de vulnerar a soberanía

Número 68

22 de novembro de 2010

desta Cámara, é volver na Lei do solo ao modelo de barra

libre. Vostedes acaban de aprobar unha reforma da Lei do

solo que agora xa tampouco lles vale. A fórmula de utilidade

pública que pretende modificar os usos permitidos non é

nin máis nin menos que eliminar cautelas e converter a

transformación urbanística na defensa dos valores obxecto

de protección.

Señor presidente, ¿vostede cre que é normal cambiar a

Lei do solo na Lei de acompañamento dos orzamentos?

¡Home!, eu creo que está acadando vostede un nivel de vulneración

que a verdade non temos por onde collelo.

Mire, os orzamentos danlle un golpe tremendo ás comunicacións

e á vertebración territorial de Galicia. Son a certificación

da parálise da obra pública en Galicia, señor conselleiro

e señor presidente. E sobre todo están marcando unha

clara discriminación, intolerable, con todas as estruturas

urbanas. Estes orzamentos, desde logo, señor presidente,

nunca serán os orzamentos da mobilidade. A pesar dos vídeos,

dos actos protocolarios, do enésimo asinamento do

mesmo convenio, caen os investimentos, pero tamén as

transferencias, por riba dun 60 %. Hai un dato –seguro que

non é importante, pero é simbólico–, mire, a redución sen

precedentes do transporte público fai que lle dedique máis

cartos o Concello de Vigo ou o da Coruña ao transporte que

vostedes para toda Galicia. Está claro que desaparecen as

axudas á formación de transportistas, subvención de transporte

ferroviario e, ¿que dicir, señora conselleira, señor presidente,

desa expectativa que tanto venderon vostedes de

metros lixeiros para A Coruña e para Vigo, que, para sorpresa

de todos, van dotados con 178.000 euros? ¡Metro pequeniño,

presidente, metro pequeniño! Non hai maneira de facer

unha cousa e facer a outra. Tiren de norte.

Señor presidente, nun ton distendido permita que me

poña un pouco máis serio no seguinte. Vostedes sorrindo

feren de morte a seguridade viaria deste país; de morte. E a

palabra morte no dobre sentido: individual e colectivamente.

Nin Noitebús nin liñas convencionais nin reparto equitativo

na mellora de estradas. Convivimos coa morte nas nosas

estradas, pero temos que resistirnos a que esa política se converta

en algo normal. Como é posible noutros ámbitos,

cando as políticas de aluguer e de rehabilitación, elementais

para sacar adiante a este país, dicímolo todos: non volverá

haber moita construción, pero imos investir en alugueres e

26

Número 68

22 de novembro de 2010

imos investir en rehabilitación. ¿Que din estes orzamentos?

Reducen os investimentos para rehabilitación en cascos históricos

e rural nun 69%, baixan as axudas de rehabilitación

e reducen un 40% as axudas aos propietarios para alugueres;

reducen un 70% as axudas de concellos para rehabilitación;

incrementan os fondos estatais un 19% para aluguer e vostedes

diminúenas nun 15%. Non é un problema cuantitativo, é

que andan ao revés. No de vivenda xa non lle quero dicir

nada máis, creo que está perfectamente definido.

E permítanme que fale do elemento clave que nos vai tratar

de unir a todos. O principal problema das galegas e dos

galegos, señorías, é o emprego. E ¿que pasa co emprego?

Para empezar, permítanme que empece por un tema que

parece menor, pero para min non é menor. Cando vostede o

día anterior a irse de vacacións firma un acordo do diálogo

social, saca peito dicindo que é o gran acordo. Bueno, pois

recórdolle hoxe que os sindicatos lle din que ese diálogo

social e ese acordo é unha fraude porque non leva dotación

orzamentaria nestes orzamentos. (Aplausos.) Polo tanto,

vostedes xa empezan mal, e conseguimos que, curiosamente,

a aportación de fondos propios para políticas activas de

emprego se reduza, en plena crise económica, nun 70%,

conselleira, nun 70%. A vostedes os 224.000 desempregados

e desempregadas pouco parece que lles importen. Gustaríame

saber como van actuar vostedes para baixar o desemprego.

As únicas ferramentas que temos para cambiar isto está

claro que son unhas políticas activas, e sobre todo entendendo,

conselleira –á parte de todo o condimento que vostede lle

queira poñer–, que nos últimos meses o crecemento do desemprego

en España, a media, é do 1,7%, e en Galicia é do

3,6%, o resto adórneno como queiran.

Reducimos as políticas de emprego en máis de 32

millóns de euros. Está claro que á conselleira de Traballo

isto non lle interesa. Pero conseguimos tamén un récord

importante, conselleira, pasamos de investir 1.124 euros por

parado a 444 euros por parado. Curiosamente, oíndoa falar

esta mañá, eu tiven que repasar todo e documentalo, e dixen:

¡a ver se me equivoco! Mire, voullo dicir literal para que

tome nota: Programa 322B, intermediación e inserción laboral

–importante, ¿non?– baixa un 25%. Programa 322C,

fomento do emprego autónomo do mercado de traballo

–dixo autónomo cinco veces– baixa o 27%. (Aplausos.)

Entón aquí non vale, conselleira, vir contarnos a todos

macrocifras cando buceamos nos orzamentos e vemos que

27

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

vostede vai claramente aí. Pero, por se fora pouco, outro

motor do emprego, como son as políticas de formación laboral,

soamente se recortan nun 83,7%. Conselleira de Facenda

–que non está, presidente–, está claro que o 2011 vai ser

moi mal ano para os parados neste país. Está claro que o

Goberno decidiu... (Interrupcións.) claro, claro...

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ:... –tranquilo, señor presidente–

seguro que a culpa dos parados neste país e de que

non teñan traballo ímola ter os da oposición. (Interrupcións.)

Si, si.

Señor conselleiro, señor presidente, mire, temos un problema

que non é menor. Da crise na que estamos, señor presidente,

non se sae con mentiras nin con insultos, sáese con

políticas activas de emprego. (Aplausos.) E iso non o sabe

facer. Podemos seguir afondando en datos, porque parece

que isto ten xa carácter interactivo, como debe ser.

O Igape, industria e comercio, señor conselleiro, caen

vostedes un 12% do Igape. Oíndo falar á conselleira parecía

que: tranquilos todos, que isto xa vai ben. Mire, o Plan de

mellora da competitividade, total nada, só baixa un 60%, e

resulta que están encantados. E, conselleira, vostede lle

vende a este país, vostede e o presidente lle venden que tranquilos

todos, que xa chegou o Plan eólico, que vai cubrir

toda Galicia do maná económico e xa está todo arreglado.

Un plan eólico, conselleira, conselleiro e presidente –recórdolles–,

nun momento onde o consumo enerxético está polo

chan, o financiamento imposible e as primas caendo. Si, si,

e as primas caendo, a enerxía renovable, porque as hai que

pagar no recibo da luz de todos os cidadáns, ¿verdade?

Entón empece a dicirlle a verdade á xente. Non vale pedir

que baixe o recibo da luz e dicir que se primen máis as renovables

para especular economicamente coa enerxía renovable.

(Aplausos.) Non vale, señor presidente.

Miren, vostedes e todos os manuais que temos en economía

nolo poñen moi sinxelo, din: ¿como se sae da crise?

Investindo en coñecemento, investindo en investigación,

investindo en innovación; e imos ver como van os datos

deste orzamento en coñecemento, investigación e en innovación.

Pois moi fácil, á parte dos anuncios na Televisión

galega e nas marquesiñas, cae en economía e en industria o

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

27% o investimento en innovación, investimento e desenvolvemento.

Por iso que non temos moito máis por que escaparlle

a este problema, conselleiro, non cadran as contas.

Vostedes predican unha cousa e fan unha cousa completamente

distinta.

Vostedes falaban de que en I+D+i tiñamos que tratar de

acadar o 1% do produto interior bruto, e está caendo claramente

por debaixo del. Citamos claramente, dentro do I+D+i,

un tema que a vostede, señor conselleiro, tamén lle dará un

sorriso –ao presidente, seguro–. É para rir e sorrir que os

3.000 investigadores que viven da investigación neste país

aínda non saiban o que lles vai pasar o 1 de xaneiro do ano

próximo. ¿É de risa, verdade? Temos 3.000 investigadores

que, despois de anular o Plan Incite ou despois de estarse

tirando o Plan de I+D+i á cabeza entre Educación e Industria,

eles agochados e estupefactos sen saber o que lles vai pasar.

En sanidade, conselleira, soamente permítanme que lles

faga unha reflexión. Cando miles de persoas de todas as ideoloxías

lle están mandando unha mensaxe, vostede siga por

aí. Mire, por moitas voltas que lle dea, deixámoslle para

adxudicar en 380 millóns de euros o Hospital de Vigo, só

tiñan que firmar o concurso. E sacaron adiante un concurso

que lle vai custar a todos os galegos 1.270 millóns de euros.

E despois vostedes, cando falan, ¡é que temos que aforrar!

Pero imos aforrar. Estamos orgullosos de que aforramos 6

millóns, ¡pero se podemos aforrar 800 millóns! ¡Claro!, o

que pasa é que aí si que vai adquirir un problema. Non lle

pode regalar unha macroconcesión por trinta anos e privatizar

de facto a sanidade deste país. (Aplausos.) Non o pode

facer. ¿Cal é a realidade? Mire, conselleira, a realidade é que

pode subir aquí e contar o que vostede queira, pero os datos

son: 50.000 pacientes esperando intervencións cirúrxicas;

250.000 galegas e galegos esperando unha primeira consulta

e 120.000 galegos esperando unha proba diagnóstica. E

para arreglar todo isto baixámoslle á sanidade 200 millóns

de euros. Fácil, ¿non? ¡Enténdeo calquera! Ou sexa, estamos

na UVI e para arreglalo retirámoslle a corrente á UVI, que

non funcionen os aparellos. Claro, é que isto é unha loucura,

señor presidente. Onde vostede acaba de falar aquí que en

sanidade imos poñer... Se é moi fácil, non poñan nada; sencillamente

non quiten. (Aplausos.) E ¿que están quitando?

Pois mire, conselleira, para empezar vostede tiña a obriga de

saber que, se se paraliza o Plan de mellora da atención primaria

–e dígollo como profesional da sanidade e como cida-

Número 68

22 de novembro de 2010

dán–, satúranse os hospitais e bloquéase a asistencia hospitalaria.

Entón, paralizando o Plan de atención primaria, o

Plan de saúde mental, o Plan de atención integral de saúde

da muller e o Plan autonómico de coidados paliativos, ¿para

que quere máis plans? Deixe funcionar estes, que son os que

precisan o necesario.

E en gasto farmacéutico –que está vostede tan ilusionada

con ese modelo farmacéutico– só lle vou dar un dato, conselleira.

Mire, en setembro de 2008 eramos a segunda comunidade

que mellor contiña o gasto farmacéutico a través de

receita, e no ano 2010 pasamos de ser a segunda comunidade

a ser a comunidade dezaseis. Entón temos un problema,

conselleira, non hai que sacar cortinas de fume, o que temos

é que usar os mecanismos que temos e poñelos en marcha.

En educación, señoras e señores deputados, cando todos,

todos, todos estamos repetindo que deste problema económico

só se sae co coñecemento, mellorando as capacidades

de educación, nós non podemos entender como vostedes o

que fan é estar atacando de novo o modelo de educación

pública. Non lles vou entrar porque a vostedes non lles

importa. Non lles importa que diminúa un 36% o programa

de fomento da lingua galega, dou por descontado que para

vostedes con iso non pasa nada. Vostedes á lingua galega

xuráronlla e van acabar con ela. Non van acabar con ela, van

intentar acabar con ela.

Pero é máis importante que en ensinanzas universitarias,

señorías, que é onde temos que centrar a principal fonte de

coñecemento para saír adiante, vostedes reducen o 6,78%.

Claro, pero é que, se lle acumulamos o que reduciron o ano

pasado, as nosas universidades xa se reduciron nun 12,45%. E

despois temas menores para vostedes, como que a partida de

bolsas ao alumnado universitario só experimenta un decrecemento

do 48%. En I+D+I caemos tamén un 25% no mundo

universitario. E noutros temas tamén, que son pouco importantes

para vostedes, como son os servizos complementarios

de comedor escolar, hai unha caída do 28% nas axudas ás

ANPA para xestionar os comedores escolares. Por último,

destaca a redución nos programas de secundaria e formación

profesional, e debermos recordarlles a todos vostedes que é

clave, para saír adiante, fomentar a formación profesional.

Permítanme que acabe o capítulo de educación cun elemento

sinxelo. Para vostedes –cando os oio falar a Esperan-

28

Número 68

22 de novembro de 2010

za Aguirre e a vostedes– a educación é o principal. Bueno, é

curioso que en prevención do abandono escolar producen

unha caída do 21,48%. Señores, isto non hai por onde collelo.

Sencillamente non hai por onde coller estes orzamentos.

En benestar e en atención social, ¿como imos analizar

este tema se vemos claramente que para vostedes xa non é

un problema? Porque xa o dixo a conselleira, acabou a

dependencia. Pasamos de haberá dependencia para todos en

tres meses, a acabou a dependencia. Eu curiosamente, da

maneira que queiramos, ou poñendo prazos que despois non

poidan cumprir os que teñan que demandala ou poñendo

desculpas de que non temos recursos, o que si está claro é

que hai 38.000 dependentes en Galicia e que no ano 2011,

como moito, vanse atender 1.500, e o demais é literatura.

Por certo, “é que non nos mandan cartos desde Madrid”,

frase preferida, estribillo de todas as cancións populares.

Pois sobre ese estribillo quérolle recordar que os fondos

estatais para a dependencia aumentan en 12 millóns de euros

e os fondos da Xunta diminúen en 4 millóns de euros, por iso

que... (Aplausos.)

Señorías, falando de medio rural e de medio ambiente,

imos resumilo rápido e claro: máis impostos ás familias,

máis impostos aos concellos, menos política ambiental e

máis risco de sancións comunitarias. Máis impostos ás familias,

si, díganllelo claro e alto: vanlle subir a auga ás familias

galegas un 140%. Máis impostos aos concellos e, sobre

todo, van convertelos nos axentes recadadores para que lles

cobren aos cidadáns e lles manden a vostedes os cartos.

Menos política ambiental. Mire, aquí case nos alegramos,

e vóullelo explicar. No Plan de residuos, que propoñían

500 millóns, só poñen 5 millóns. Case é mellor, porque

eran para fomentar a incineración, eran para ir en camiño

absolutamente distinto de por onde nos mandan as directivas

europeas. Pero, a pesar de todo, o que está claro é que para

vostedes a política medioambiental desapareceu.

Mire, Aguas de Galicia cae 130 millóns de euros. Claro,

falamos de millóns que xa dá igual. ¿Que quere dicir isto?

Que non hai novas depuradoras para as rías, que os bancos

marisqueiros non teñen nin unha soa posibilidade de mellorar

a través do saneamento de augas residuais, e quere dicir

que se vai incumprir de novo a Directiva marco da auga

neste país. Nin un só euro, señor presidente, para conservar

29

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

espazos naturais nin para medidas compensatorias de espazos

protexidos nin para ampliación de Rede Natura. Titulares

e portadas, todas; euros, cero. Recórdolle que o 7 de

decembro deste ano remata o sistema para aprobar os LIC da

rexión atlántica.

En desenvolvemento do medio rural, permítanme que lles

diga que vostedes o mundo rural, orzamentariamente, tamén

decidiron que hai que borralo, imos borralo. E, dende logo,

apuntaban maneiras cando nun consello da Xunta recente

toman unha das decisións para min máis dramática polo simbolismo

que ten, cando vostedes deciden volver condenar

este país a que non haxa unha soa esperanza de acabar co

minifundio e sacan do medio unha ferramenta como é o

Banco de Terras. É imposible sacar adiante un país atomizado,

con case 14 millóns de parcelas. Houbo un Goberno que

tomou a decisión de intentar poñer orde e crear un espazo

para sacar adiante isto, e vostedes, sen ningún tipo de pudor,

métenlle un plumazo e anulan o Banco de Terras sen unha

soa alternativa que faga concibir unha esperanza para iso.

Cando levan este tempo gobernando, vemos que prometen

unha lei de mobilidade que segue enterrada aí. Paralizan

o Banco de Terras e recortan un 38% as políticas de fixación

de poboación no mundo rural, ¿para que as queremos? Evidentemente,

hai unha cousa que non lles interesa a vostedes,

é o reequilibrio territorial. Vostedes móvense mellor nunha

Galicia interior dependente e subsidiada, onde haxa que ir

pedir un favor e pagalo con votos.

No sector pesqueiro soamente lle vou facer unha pregunta,

porque o tempo apremia. Gobernan o 2009, gobernan

o 2010, gobernan o 2011, só unha pregunta, conselleira

–¿non está?–: ¿do Plan de acuicultura, que? ¿Onde está o

Plan de acuicultura que nos ía sacar de pobres a todos?

¿Onde está o Plan de acuicultura que ía revolucionar este

país? Cero euros, cero euros. Decae un 26% e van chegar a

un recorte do 50%. Non lles quero afondar na crueldade particular

de suprimir o seguro colectivo de accidentes do mar.

Se alguén pode subir a esta Cámara e recoñecelo... Só unha

cousa, ¿é certo ou non é certo que a día de hoxe 30.000

homes e mulleres están sen ningún tipo de seguro colectivo

de accidentes laborais?

En Portos de Galicia non perdamos moito tempo: era

estratéxico, ía ser a revolución, e cae nunha porcentaxe do

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

51%. Temos claro que para este Goberno o sector pesqueiro

é un elemento que define moi ben a que se destinan a maior

parte dos recursos: ao desguace da frota. A clave é destinar

o diñeiro a desmontar a nosa frota. Calquera cousa menos

poñer en marcha políticas de I+D, políticas de innovación e

políticas de complicidade co sector.

Dos concellos, oíndoa falar, dixo vostede unha frase intelixente.

Dixo moitas intelixentes, pero dixo unha frase que era

tamén particularmente sorprendente: Conseguimos llevar la

financiación al mismo nivel del año 2008. É unha maneira de

dicir que lles sacamos cartos aos concellos. E ¿por que lles

sacan cartos? Porque pasaron de 120 millóns a 114 millóns.

Retíralles vostede 6 millóns de euros a estes concellos.

Mire, os concellos, señora conselleira, veñen marcados

por unha cousa que para moitos dos que estamos na Cámara

e pasamos pola vida local é moi fácil de explicar. Vostedes

están desprotexendo este país, vostedes están desprotexendo

os cidadáns deste país, vostedes están desprotexendo os

autónomos e as empresas. E cando están desprotexidos non

veñen chamar á porta da conselleira de Facenda, van chamar

á porta dos alcaldes, van chamar aos concellos e van dicirlles:

non temos para comer, non temos emprego, non temos

axuda domiciliaria. E ¿sabe o que van facer os alcaldes?

Atendelos. Vanos atender, claro. (Aplausos.) E vanos atender

sen que vostedes teñan recursos. Vostedes sigan nas cifras,

vostedes sigan cadrando cifras, pero os cidadáns non son

cifras, son persoas. E non pode ser un sistema impositivo,

conselleira, onde están orgullosos de rebaixarlles impostos

aos que teñen moito. Pero se é o revés, ¡hai que meterlles

impostos aos que teñen moito para darlles recursos aos que

teñen pouco! Non, si, si, claro. É que vostedes están facendo

un elemento distinto.

Miren, quédanme cinco minutos para rematar, e á parte

de agradecerlles que me permitiran falar con certa tranquilidade,

que non era moi habitual en vostedes, quero darlles

unha visión.

Mire, presidente, estes orzamentos teñen un problema,

que xa nacen mal. Non nacen mal porque teñamos poucos

recursos, que é un motivo. Non nacen mal porque teñamos

ideas diferentes, que podía ser. Nacen mal porque vostede,

señor presidente, decidiu non ter un gran acordo de país.

Nacen mal porque a vostede, señor Feijóo, e a vostedes, que

gobernan, na súa arrogancia, na súa prepotencia, parécelles

que sós van dar sacado adiante este país, e este país, cos desempregados,

coa sanidade, creo que máis ca nunca necesita

un acordo de país, necesita que sentemos e falemos, necesita

que sexamos capaces de buscar puntos de encontro, pero

vostedes non queren falar de puntos de encontro, vostedes

converteron estes orzamentos en márketing ideolóxico a

custa das necesidades dos cidadáns. ¿Como vai crer alguén

serio que, se nos faltan 1.100 millóns de euros, para arreglalo

baixemos os impostos? Claro, pero bueno ¿1.200? Perdón,

xa que o di, faltan máis, porque meteron 240 que non

os vai ter. Ou sexa que (Aplausos.) póñalle entón 1.500, si,

si. Claro, ¡home!... (Murmurios.) (Interrupcións.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: claro é que facer os orzamentos...

Revoluciónanse. (Murmurios.) (Interrupcións.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

Número 68

22 de novembro de 2010

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: Mire, si, home, si, pero se

vostedes teñen un problema pequeno e grande. Vostedes

teñen un problema pequeno para vostedes, pero grande para

este país: contan as mentiras e por encima crenas. Porque o

problema non é só contar mentiras, é que contan as mentiras

e despois escríbenas e véndenas. ¿Pero non lles chegou bastante

todo o que lles levan dito cando contan mentiras, que

teñen que meter a marcha atrás sistematicamente en todo?

Siga inventando, siga inflando presupostos, vostede que vai

de xestor. (Murmurios.) (Interrupcións.)

Mire, eu creo que nós temos unha proposta. Véxoos un

pouco alterados, cando falen vostedes, entón non sei que vai

pasar. Mire, nós temos unha maneira distinta de entender

este país e presentamos emendas, conselleira e señor presidente.

Nós pretendemos –seguro que non é unha fórmula

perfecta– crear emendas, 460 emendas, por importe de 478

millóns de euros, que seguramente serán discutibles, como é

discutible o seu orzamento.

¿Que sería pouco discutible e que desexarían os cidadáns

deste país? Vernos unidos sacando Galicia adiante. Vernos

traballando xuntos por un orzamento que no momento de

maior crise deste país o sacase adiante. Pero claro, ¿como

nos podemos xuntar, conselleira, presidente, se vostedes en

30

Número 68

22 de novembro de 2010

vez de camiñar cara adiante están camiñando cara atrás?

Non invisten en coñecemento nin invisten en infraestruturas

estratéxicas nin invisten en educación nin invisten en universidades

nin en políticas activas de emprego nin en protección

medioambiental, pero ¿como vai haber alguén que

se una con vostedes para sacalo adiante?

Mire, quédanlles tres meses e medio para chegar ao ecuador

desta lexislatura. Pode seguir usando o estribillo de que

isto non é culpa miña, pode. Incluso ao mellor lle dá unha

certa rendibilidade electoral, pode. Pero este país está empezando

a estar atónito de ver como o seu Goberno non é que se

poña de perfil, conselleira, ¡agáchase! Este Goberno agáchase

diante da crise deste país, e sobre todo non hai unha soa liña

estratéxica que xere unha esperanza de como saímos adiante.

Lendo estes orzamentos coa mellor vontade do mundo de chegar

a un acordo, non haberá ninguén neste país que sexa capaz

de dicir: temos unha maneira de enfrontar a crise, porque

están dicindo unha cousa, presidente, e está facendo orzamentariamente

a contraria. Porque está dicindo que hai que

saír unidos co coñecemento, que non podemos competir en

salarios baixos nin en precariedade laboral, e ao mesmo

tempo ten 3.000 investigadores angustiados que non saben o

que lles pasa o 1 de xaneiro do ano que vén. E recórtalles vostede

o diñeiro ás universidades, e reduce as políticas activas

de emprego, e deixa desprotexidos os dependentes deste país,

e porque unha das pedras angulares do noso Estado de benestar,

onde máis ou menos todos fomos convivindo, como é a

nosa sanidade, está xerando unha mobilización transversal en

toda Galicia porque non quere ninguén que vostede lle regale

a columna principal do Estado de benestar ás empresas privadas.

Non o quere ninguén, presidente. Eu soamente lle pido

que pare e levante a cabeza un pouco, que miremos para os

intereses deste país, e con todo o respecto á conselleira, que

mo ten, ninguén ten dogmas infalibles para resolver os problemas

deste país. Bueno, si, poden seguir aí, poden seguir

tirando e tensionando Galicia, poden. Poden, poden, si. Mire,

eu recórdolle que Fraga gobernou neste país dezaseis anos.

Vostede en menos de dous anos encheu as rúas de Santiago

catro ou cinco veces... (Murmurios.)

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor, señor

Vázquez.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: E ¿para que as encheu?

Para defender a lingua galega, para defender a educación

31

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

pública e para defender a sanidade pública. Por iso que a min

non me dá ningunha risa. Paréceme triste e patético que

sigan vostedes tan tranquilos cando este país está pasando o

peor momento económico dos últimos trinta anos; e o máis

grave, cando hai un goberno que nin sabe nin quere sentar as

bases para saír desta crise.

Moitas gracias a todos. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas gracias.

Intervención da Xunta de Galicia.

Ten a palabra a conselleira de Facenda.

A señora CONSELLEIRA DE FACENDA (Fernández Currás):

Moitas grazas, señora presidenta.

Señorías.

Eu intentarei responder á maioría das imprecisións que

dixeron. En primeiro lugar, respecto dos tempos de pagamento.

Mire, estamos cumprindo co compromiso que fixemos

de pagar en menos de 45 días. Ocorre que o que comprometemos

é facer un rexistro de facturas, as facturas son

os capítulos II e VI; e estamos pagando esas facturas nun

tempo medio de 29 días.

Respecto do comportamento do emprego, vostede falaba,

señor Aymerich, de que eramos un desastre e que eramos

a terceira comunidade autónoma con peor comportamento

en termos de emprego. Non, somos a sexta que mellor resiste

en termos de emprego e imos pechar o exercicio orzamentario

2010 cun diferencial en taxa de paro de 4,5 puntos

co Estado. Quere dicir que, no caso de que o Estado tivese a

mesma taxa de paro que nós, estariamos falando dun millón

de parados menos, e que se nós tivésemos a mesma taxa de

paro que ten o Estado, teriamos 56.000 parados de máis.

Os impostos do capital. Eu non sei de que impostos fala.

Ben, teño máis ben algunha idea, á vista das emendas que

propuxeron incrementando a recadación tributaria. Certamente,

parece mentira que estivesen catro anos no Goberno

e manexando a mesma Lei de réxime financeiro e orzamentario

que teño eu, a mesma, xa que non mudou dende hai

moitos anos. E tamén é sorprendente que non coñezan as

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

competencias desta comunidade autónoma, xa que nós non

temos competencias sobre os rendementos de capital. Non

temos competencias para incrementar a base impoñible do

aforro, a base impoñible especial, e, loxicamente, non temos

competencia no resto dos rendementos de capital, xa que,

non sei se lembran que o imposto sobre o patrimonio foi

suprimido polo Goberno central. Eu non teño posibilidade

de facerlle fronte a esa capacidade normativa.

Respecto dos pensionistas, nós o que facemos cos pensionistas

é subirlles.

Os ingresos. Bótanlle a culpa ao endebedamento. Certamente

non teño moi claro se queren máis ou menos endebedamento,

porque, por unha banda, eu votei a favor dunha

restrición para o endebedamento conxunto das administracións

públicas. Certamente, xa falei moitas veces de que

fixen un si crítico no sentido de que o que votabamos era o

conxunto do endebedamento do país, e dentro diso propoñiamos

unha distribución, mesmo dentro da cifra conxunta

para as comunidades autónomas, para que se respectasen as

distintas condicións desas comunidades autónomas. Certamente,

vostedes terán que comprender que non é o mesmo

un comportamento financeiro como o que ten esta comunidade

autónoma ca outros comportamentos de comunidades

autónomas que están pechando cun 3,5% de déficit ou un

5%. Mesmo xa por non mirar as tremendas ideas que están

tendo outros ou emitir débeda pública ao 7,5%.

E, por outra parte, como lle dicía, reclama máis endebedamento,

porque está dicindo que o pagamento adiado

supón débeda pública e que iso é un problema. Pois non sei

moi ben cal é a postura.

Respecto do sistema de financiamento, pois miren, eu

abstívenme no sistema de financiamento. Por certo, ¿lembra

vostede que fala de que rematamos o 2009 con 300 millóns

máis de ingresos? ¿Sabe de onde viñeron? Dos 342 millóns

de euros de recursos adicionais que proveñen dese sistema de

financiamento. Ocorre que unha cousa é o que asinamos e

outra cousa é o cumprimento dese sistema de financiamento

que está dando o Estado. Logo estendereime neste asunto.

Renunciamos ás subas de impostos. Ben, eu creo que xa

no meu discurso tentei explicar cal é a política tributaria

desta comunidade autónoma –logo estendereime máis neste

Número 68

22 de novembro de 2010

asunto–. Pero quero lembrarlle que o efecto da Lei do

imposto sobre sucesións e doazóns, lei entrada en vigor en

setembro do 2008, supuxo sacrificar a recadación dese

imposto nada máis e nada menos que un 50 %, esa non a

aprobamos nós.

Respecto do MAB, eu non teño moi claro ao que se está

referindo, que o MAB sexan as SICAV. A bonificación da que

están falando está perfectamente reflectida, por certo, é unha

dedución destinada aos investidores, aos subscritores de

accións ou participacións nas empresas MAB ou en calquera

outra empresa que incremente o seu capital. O canon eólico

de momento non o podemos recadar, porque, claro, require

que os molinillos estean funcionando, e aínda acaba de facerse

a resolución do concurso. Respecto do canon da auga, este

orzamento non se refire á aprobación ou non do canon do

auga, o que require é un desenvolvemento regulamentario

preciso. Pero, certamente, téñolle que lembrar que ten un

compoñente fixo e un compoñente variable que está en función

dos membros da unidade familiar. E que, por outra parte,

as subministracións para os pozos e os usos agrarios e forestais

están exentos, co cal as circunstancias subxectivas están

perfectamente contempladas neste tipo de ingreso.

Respecto do gasto, falaba vostede da Consellería da Presidencia,

que era a campiona do crecemento do seu gasto. Eu

téñolles que lembrar que a maioría, o 50% dese gasto, dese

orzamento, vaise destinar nada máis e nada menos que a

xustiza. Non sei se vostede considera ou non que a xustiza é

un servizo público esencial. E que, por outra parte, era unha

consellaría ben apalancada, como consecuencia das débedas

que lle deixaron vostedes. A Conta Xeral está dicindo que

deixamos 1.600 millóns de euros sen executar. ¿É que non

se lembran que faltaban? Faltaban 1.200 millóns de euros.

Na sanidade eu téñolle que dicir que, mire, o gasto en

sanidade medra en atención primaria un 37%. Na prioridade

1 reducíronse entre 20 e 40 días os tempos de espera; o persoal

redúcese un 3,5%. Eu non sei se vostede lembra que

temos un decreto que obriga a esta comunidade autónoma a

baixar un 5% a masa salarial, pois nós fixemos un esforzo

precisamente coa sanidade, porque unicamente rebaixamos

un 3,5%.

Respecto dos plans de prevención de drogas, téñolle que

dicir que no Estado practicamente desaparecen, teñen unha

32

Número 68

22 de novembro de 2010

rebaixa do 16%. Nós non rebaixamos nada, ocorre que os

plans de prevención están nunha partida xeral, conxunta,

destinada á Fegamp. O gasto en sanidade redúcese un

3,49%, logo de descontar, loxicamente, o efecto do axuste de

persoal do que estou falando. A media das comunidades

autónomas, alomenos doce comunidades autónomas cuxos

orzamentos coñecemos, é do 4%. Tamén teño que dicirlles

que, claro, o axuste medio das comunidades autónomas é do

6,5%, tal e como publicara o xornal Cinco Días. Ocorre que

dentro desa media computa o País Vasco, cuxo orzamento é

o único que medra en toda España, crece un 0,7%. E as

comunidades autónomas que máis baixamos somos Canarias

e Galicia, Galicia cun axuste –como vostedes saben– do

10,8%. Pero ocorre que no conxunto do 10 ou o 11 esta

comunidade autónoma é quen máis baixou de todo o Estado

español, é quen máis baixou. Levamos un axuste conxunto

do 14% dos gastos non financeiros.

Fala vostede de que a austeridade é unha entelequia. Pois

mire, eu non sei se lle chama entelequia a ter unha redución

de altos cargos do 31%, de persoal eventual do 24%, de atencións

protocolarias ou representativas do presidente do 12%,

do resto das consellarías do 40%, publicidade e propaganda

do 40%, reunións e conferencias do 28%, estudos e traballos

técnicos do 27%. E, aínda por riba, a evolución de publicidade

e propaganda téñolle que dicir que, conforme á comparanza

do 2009, temos unha rebaixa do 40%, por non dicir

como se conteñen os gastos dedicados a asistencias técnicas

por parte deste Goberno, onde vostedes tiñan un crecemento

insoportable e insostible.

Respecto do índice de eficacia de recadación, este índice

–ese do que vostede fala e o que está publicado– é o correspondente

ao segundo trimestre, e non se pode facer unha

avaliación por semestre, temos que esperar ao ano, ao peche

do ano, xa que os impostos –e logo falarei tamén dos impostos–

teñen a propia mecánica de liquidación, están influídos

fundamentalmente polos aprazamentos e fraccionamentos

de pago. A recadación desta comunidade autónoma, os datos

que vostede coñece, que están citando, son precisamente os

datos publicados pola Axencia Tributaria, que, como saben,

nós non temos moitas posibilidades na maioría da cesta dos

ingresos que publican nos xornais. Pero, mire, Galicia recuperou

708 millóns dos 2.197 perdidos en recadación fiscal.

Iso débese a moitas causas, pero, loxicamente, non é desprezable

o maior crecemento que ten esta comunidade autó-

33

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

noma e o efecto Xacobeo, ao que xa me referín moitas

veces.

Pero, mire, tamén en sanidade teño que dicirlle que esa

preocupación que vostedes teñen polo financiamento e

infraestruturas poderiamos arranxala a través do catálogo de

medicamentos, unha iniciativa do Parlamento de Galicia,

nun exercicio de responsabilidade, encarada ou enfocada a

unha prescrición máis eficiente e que permitirá aforrar cen

millóns de euros.

Respecto do modelo que está vostede criticando, teño

que dicir que teño aquí un titular do Faro de Vigo: “Trinidad

Jiménez elogia el nuevo hospital de Mallorca, con un modelo

similar al vigués”. Polo tanto, non sei se sería tan criticable

ese modelo de financiamento.

En educación baixamos un 6%, tendo en conta o axuste

de gasto de persoal, que, como saben, en educación é máis

forte, e tendo en conta que hai maior proporción de funcionarios

do Grupo A que noutras áreas de servizos prestados

por esta Comunidade Autónoma. Pero o orzamento medra o

1%, o resto das comunidades autónomas baixan ese orzamento

en media un 5%, co cal estamos falando dunha diferencia

dun punto, e mesmo volvo dicirlles que esta Comunidade

Autónoma fixo un axuste orzamentario segundo vostedes

–en aplicación do Real Decreto– excedido, xa que

estendíamos o efecto aos concertos.

Transporte e vivenda. Pois mire, eu non sei se vostedes

saben que todas as autovías que se fixeron se están pagando

actualmente con peaxe na sombra. No transporte, os presupostos

xerais do Estado reflicten unha caída de investimentos

nun 31% respecto ao 2010. O transporte por estrada baixou

un 50%, ferrocarril 21%, os portos 18%, os aeroportos

28%. En vivenda, Madrid baixa o orzamento dedicado a

vivenda un 19,3%, elimínanse as axudas directas á vivenda

e ás oficinas de rehabilitación. O IGVS mantén, no actual

momento de crise, as dotacións dirixidas a garantir e facilitar

o acceso á vivenda aos cidadáns, ben sexa a través de

vivendas de nova construción, en compravenda ou alugueiro,

como a través de rehabilitación de parques de vivendas

xa existentes.

Falabamos tamén de que deixarmos de facer investimentos,

de que o recorte das infraestruturas é extraordinario, que

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

temos un recorte no que non están tendo en conta as fórmulas

de pago aprazado e o investimento a través da SPI, e

cifran ese recorte nun trinta e tantos por cento. Eu téñolle

que dicir que tamén hoxe en La Opinión aparece un titular

que di: “La inversión del Gobierno en obras públicas cae un

65% en los recortes presupuestarios inversión directa del

Estado en esta comunidade autónoma”.

Respecto da Lei do solo, pois miren, os terreos adquiridos

en Taboadela, Val de Rábade e Tamagos eran rústicos, de

protección agropecuaria. ¿Que pasaría con eses cartos investidos

polo bipartito?

Respecto das políticas de emprego, teño que dicir que se

incrementa o apoio aos autónomos e ás cooperativas, e facemos

unha clara aposta pola formación. Pero, mire vostede, o

orzamento do Estado dedicado ao fomento do emprego

baixa nada máis e nada menos que 430 millóns de euros.

A licitación. Pois mire vostede, facendo unha comparanza

sobre xaneiro-xuño de 2009, a Administración xeral reduce

investimentos en Galicia un 42,1%, os concellos un

23,1% e a Comunidade Autónoma de Galicia medra un

46,9%. Falaban tamén de algo que non vou tratar porque

creo que temos un debate específico, que é a Lei de medidas,

a Lei de acompañamento. Unicamente quero dicirlle que con

data de 19 de novembro de 2010 entrou nesta Cámara o

informe relativo á incorporación do Ditame do Consello

Económico e Social na tramitación do referido proxecto, o

informe sobre a modificación do texto refundido da Lei de

Función Pública de Galicia e o informe da Asesoría Xurídica

Xeral en relación coa tramitación do Proxecto de lei de

medidas fiscais e administrativas, co cal poden vostedes

consultar eses informes.

Pero ademais eu na miña intervención falaba dun instrumento,

precisamente o principal instrumento de política económica.

Pero ocorre que este instrumento de política económica

require un exercicio de planificación continua, é por

iso polo que se encadra nun escenario plurianual que transcende,

loxicamente, o momento no que se está facendo o

orzamento, require estar revisándoo continuamente e mesmo

reorientándoo, para iso hai mil mecanismos técnicos. Nunha

situación político- administrativa como a que ten este país, e

cun sistema de financiamento descentralizado, loxicamente

ocorre que temos que estar pendentes do escenario macroe-

Número 68

22 de novembro de 2010

conómico que debuxa o Estado, temos que ter como referencia

este escenario macroeconómico, pero, loxicamente,

ese ter como referencia non é facer mero seguidismo dese

escenario macroeconómico, require unha análise crítica.

Eu contaba que a política orzamentaria desta Comunidade

Autónoma nos anos 2008-2009 se debe en parte a un erro

inducido, derivado da política errática do Goberno central,

unha política errática que utilizou precisamente os concellos

e as comunidades autónomas como instrumentos de política

económica. Ocorre que así como no caso dos concellos ese

era un plan pactado a través dos famosos plans FEIL, que

non foron ou non deron todo o resultado esperado, non podemos

dicir o mesmo das comunidades autónomas, porque non

sabemos que fixeron con nós. Non sabemos se obedecía a un

plan premeditado, se foi unha ausencia total de planificación,

se foi un erro neglixente ou doloso, non o sabemos.

Dende logo, parece que o Goberno central non se quixo

enterar onde estabamos, parece que descoñeceron a complexidade

económica e financeira deste país, as peculiaridades

propias do orzamento, o feito de que as administracións

territoriais son vasos comunicantes precisamente con ese

orzamento estatal. Descoñeceron o feito de que esas administracións

territoriais son os piares do Estado de benestar e

executan a maior parte do gasto público neste país. E tamén

descoñeceron a complexidade do sistema de financiamento

e mesmo as súas propias regras de funcionamento.

Eu dicíalles que era un erro, si, sobre todo incluso

seguindo a propia lóxica do Goberno central, porque se do

que se trataba era de cebar a bomba da demanda, tiñan unha

oportunidade, que era utilizar as transferencias finalistas en

lugar de botar man do sistema de financiamento, que ten

outra finalidade, garantir a suficiencia financeira e a estabilidade

desta comunidade autónoma precisamente para

garantir a prestación de servizos públicos fundamentais.

As transferencias finalistas, caso de ser utilizadas, terían

unha lóxica engadida, xa que se poderían reorientar aqueles

gastos que este país máis necesitaba, que eran precisamente

os investimentos. Sen embargo, utilizando o sistema de

financiamento, nin sequera houbo garantía de que os cartos

que viñeron de máis a esta Comunidade Autónoma se utilizasen

na prestación de servizos públicos fundamentais, porque

non hai ningún mecanismo no sistema de financiamento

que garanta precisamente a dedicación aos servizos públi-

34

Número 68

22 de novembro de 2010

cos fundamentais. A proba é a consolidación do gasto

corrente que temos, medrando en cifras de arredor do 9% en

gastos de persoal, e a proba é tamén o volume inxente de

asistencias técnicas, que moitas delas consolidaron vía sentencia

xudicial en gasto corrente.

Pero miren, así como no caso do Estado o utilizar transferencias

finalistas ou ben inflar as entregas a conta tiña a

mesma consecuencia financeira, que foi o endebedamento,

xa que fixeron un orzamento irreal ao que os ingresos non

ían chegar, pero eses ingresos irreais podían financiar tanto

as transferencias finalistas como as entregas a conta maiores

do que correspondía á situación económica real. O resultado

é que, se non hai ingresos, houbo endebedamento, e o resultado

foi pechar cun 9,2% de déficit que ten o Estado no

2009. Pero así como para eles era indiferente utilizar unha

ou outra fórmula e o resultado era o endebedamento, para

esta Comunidade Autónoma a diferencia non foi neutral, a

diferencia consiste en que temos que devolver 2.500 millóns

de euros. A nosa petición era perfectamente coherente con

isto: xa que o Estado xa estaba endebedado, podiamos

acompasar as devolucións desas liquidacións negativas precisamente

ao ritmo de amortización da débeda xa contraída.

Certamente, claro, non sei por que iamos supoñer que se

o Estado descoñecera as regras de funcionamento do sistema

de financiamento das comunidades autónomas, que é complexo,

ía acertar nas sutilezas da contabilidade nacional e

das regras do SEC 95, que non é menos complexo. É precisamente

o que está pasando.

Eu invítoos a intentar cadrar o resultado orzamentario e

o resultado en termos de contabilidade nacional que se deriva

dos orzamentos xerais do Estado 2011; estamos falando

dun 4,8 por un lado de déficit ou de un 2,3 por outro. A diferenza,

os 20.000 millóns de euros de axuste que corresponden

á devolución das liquidacións negativas.

Pero, ocorre que, sorprendentemente, con esas liquidacións

negativas, ¿que é o que vai facer o Estado? Pois mire,

eu non o teño confesado, pero hai que botar unha ollada ao

informe eonómico-financeiro, á conta financeira que acompaña

o orzamento do Estado, onde vemos que hai unha diferenza

entre capacidade e necesidade de endebedamento e o

endebedamento neto deses 20.000 millóns de euros. Quere

dicir que o Estado se vai endebedar outra vez por esas liqui-

35

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

dacións negativas. Un mesmo gasto xerou endebedamento

no 2009 e vai xerar endebedamento do Estado no 2011. Non

sei se esta é a conduta máis recomendable para o momento

que está vivindo o país, especialmente se temos en conta que

xa Bruxelas deseñou un novo procedemento para o protocolo

de déficit excesivo para sancionar precisamente os graves

desequilibrios macroeconómicos existentes nun país, e o

comisario Olli Rehn precisamente citou o caso de España.

Pois ben, estas son algunhas das consecuencias precisamente

dunha política económica errática. Pero eu dicíalles

que non bastaba con facer política seguidista, e que nalgunha

medida estas consecuencias de hoxe, 2.500 millóns de

euros, eran consecuencia do Estado. Pero non abonda esta

explicación, porque, miren, esta Comunidade Autónoma

reclama continuamente o exercicio da autonomía financeira.

É lóxico, ten dereito a esa autonomía financeira, pero ocorre

que hai que exercela, e tamén hai que saber pagar as consecuencias

do mal exercicio da autonomía financeira.

Cando digo que hai que mirar o cadro macroeconómico

do Estado, hai que facelo con visión crítica. Nós, desde logo,

non cremos as previsións do orzamento do Estado, e dicímolo.

Nós dixemos que no 2009 era un orzamento irreal, e

foino. Pois ese exercicio de madurez financeira o que requiría

é precisamente esa estratexia que puido ser da man do

Estado e non foi. É dicir, incrementar as transferencias finalistas

para cebar a bomba da demanda vía investimentos puidérono

facer vostedes. Porque, claro, é moi cómodo abrir as

mans aos cartos que chegan do papá Estado sen cuestionarse

que é o que está pasando. Porque ¿como non se pode facer

nada cando empeza a serie de sete trimestres seguidos de

decrecemento, de crecemento negativo? ¿Como se pode non

facer nada? ¿Como o Estado, que ten o Goberno, que é o que

ten que estar planificando continuamente, non se adianta a

esa situación e fai acopio de investimentos, que é o que

había que facer, facer acopio de investimentos, e, en lugar

diso, consolidación de gasto corrente e incremento das

infraestruturas?

Miren, na porcentaxe de crecemento entre o 2006 e o

2008, nove de cada dez euros foron destinados a consolidar

gasto corrente. E ¿que ocorreu cos investimentos que necesita

tanto esta Comunidade Autónoma? Pois que os crearon

para nós, e agora critícanos; agora que temos que buscar fórmulas

que complementen o orzamento, critícanos. Pois

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

miren, a alternativa é non facer nada, como vostedes; é non

facer nada. Este tipo de decisións son as que sacrifican o crecemento

a medio e longo prazo, son as que sacrifican a converxencia

coa media da Unión Europea, que é o que temos

facer.

Pero, miren, nesta situación de vaivéns, e xa que me

falan do sistema de financiamento, que eu son culpable de

todos os males, téñolles que dicir que hai unha diferenza

entre o 22 de decembro de 2009, data na que se asinou o sistema

de financiamento, e o 6 e o 7 de maio de 2010, onde

houbo unha reconversión de Bruxelas. Novamente, ante esa

reconversión, as iras enfócanse directamente contra as

comunidades autónomas, especialmente aquelas comunidades

autónomas que temos maior dependencia do Fondo de

Suficiencia e dos recursos adicionais prometidos. Desapareceron

os fondos adicionais do 2010, desapareceu o Fondo de

Cooperación; e o Fondo de Suficiencia vén tan recortadiño

que sorpresivamente non sabemos qué é o que fixeron, porque

non ten nada que ver coa garantía de statu quo prometida

na comisión bilateral que eu asinei.

Pero, miren, a operación é ben sinxela. Ocorre que o

Estado prometeu poñer enriba da mesa 11.700 millóns de

euros adicionais para o novo sistema de financiamento. Iso

non era unha dádiva ou un agasallo do Estado, non, non, iso

foi consecuencia da negociación das comunidades autónomas,

que lle demostraron ao Estado que o antigo sistema de

financiamento, ese sistema de financiamento que tanto critican

e cuxa aplicación foi tan boa para esta comunidade autónoma,

lle daba ao Estado 11.000 millóns de euros máis dos

que lle correspondían segundo o gasto que el mesmo tiña a

obriga de exercer; co cal, foron os cartos que puxeron enriba

da mesa. Pero chega o primeiro ano de aplicación, o

100% dese novo sistema de financiamento, e, mire, a propia

ministra, ao falar do orzamento na presentación da rolda de

prensa, dixo que os ingresos non financeiros tiñan unha mingua

do 12,5% como consecuencia do incremento da porcentaxe

de cesión dos tributos correspondentes ás comunidades

autónomas. O que non dixo tan clariño é que os gastos de

transferencia correspondentes tamén a esas comunidades

autónomas diminuíran un 46,7%. ¿Saben cal é a diferenza?

¿Saben cal é a diferenza? Pois 12.000 millóns de euros de

máis que leva o Estado no orzamento de 2011. Certamente

parécense moito: 11.700 millóns, 12.000 millóns de euros

parécense moito. Pero, miren, ocorre que isto non é máis que

Número 68

22 de novembro de 2010

un vaivén e que nada ten que ver co que asinaron con nós, e

voullo demostrar.

No Consello de Política Fiscal e Financeira –acta 72 do

Consello de Política Fiscal e Financeira–: El señor consejero

de Economía y Hacienda de la Comunidad de Madrid,

Antonio Beteta, plantea lo siguiente: “La primera de las

cuestiones que aquí hay que debatir es que se indica el

carácter potestativo de los anticipos de los recursos adicionales

y fondos de convergencia. Entendemos nosotros que el

Acuerdo 6 del 2009, multilateral, dice “concederá”, hablando

de los anticipos, no “podrá conceder”. Es decir, hay una

rebaja en los términos de obligatoriedad. Entendemos que

los anticipos no son potestativos sino que es algo que tiene

que ver con el grado de obligatoriedad en relación con los

servicios que están llamados a financiar, los anticipos del

70, 85 y 100%. Sin embargo, podemos observar como en la

disposición transitoria segunda del proyecto de ley –está

hablando de la Lofca– se suprime la referencia a estos porcentajes,

y queda el cálculo a los anticipos en una completa

indefinición.

Respuesta del secretario de Estado de Hacienda, Carlos

Ocaña:

Nosotros lo que hemos hecho es decir que pueden pagarse;

es decir, habilitamos a la Administración para establecer

esos anticipos. Esto es más que suficiente, y luego en la Ley

de presupuestos, por ejemplo en el Proyecto de ley de presupuestos

para el 2010, incluimos esos anticipos a cuentas.

No veo el motivo de preocupación, pero si a ustedes les preocupa

y si fuera esta la posición mayoritaria ciertamente no

tendríamos ningún inconveniente en aceptar que se establezca

de esa manera, pero de nuevo nos parece innecesario.

Non nos plantearía ningún problema que la redacción

de la ley fuese la que usted propone pero lo vemos innecesario.

No deberían ustedes desconfiar, puesto que el acuerdo

del Consejo de Política Fiscal y Financiera ya recoge

esos compromisos.

Ya lo vemos, el Fondo de Cooperación que el señor Vázquez

ya me anuncia, ratificando al señor secretario de Estado

de Hacienda, que no van a llegar. Bueno, pues esta es la

apuesta que hacemos por este país, esta es la política seguidista

del Gobierno central, en vez de defender los intereses

que corresponden ciertamente a esta comunidad autónoma.

36

Número 68

22 de novembro de 2010

Pero mire, tengo que hablarles de política tributaria…

(Murmurios.) (Interrupcións.) Certamente, xa falo, perdón,

é que estaba lendo a literalidade da acta. (Murmurios.) Perdón,

señor Lobeira, por se o secretario de Facenda, Carlos

Ocaña, non recoñecía as súas verbas, porque para min son

importantes, ¡eh! (Aplausos.)

Ben, dicía que teño que falarlles de política tributaria.

“Miren, non é o momento de facer grandes reformas fiscais”,

ministra de Economía e Facenda, dixit. Pois ben, loxicamente,

os seus colaboradores discrepan abertamente dela.

O Instituto de Estudos Fiscais vén de publicar un estudo de

socioloxía tributaria onde di que a percepción da fraude está

medrando entre a poboación e que mesmo medran as condutas

xustificativas da fraude entre os empresarios e profesionais.

Tamén o Instituto de Estudos Fiscais vén de publicar

un estudo sorprendente que recomenda baixar o tipo

efectivo de impostos sobre sociedades incrementando as

bases tributarias. Isto dío alguén tan pouco sospeitoso como

Albi. Eu estou de acordo co plantexamento, e estou de acordo

con algo máis. Tamén teriamos que revisar os gastos

deducibles, tamén o teriamos que facer, porque ocorre que ás

veces miramos ao noso redor e copiamos, e copiamos mal.

Nós temos unha deducibilidade sen límite dos gatos que

corresponden ás operativas holding para favorecer os investimentos

no estranxeiro. ¿Que fixemos? Copiar mal de

Holanda porque eles non desprotexeron a base impoñible

permitindo a redución sen límite destes gastos financeiros, e

eles, loxicamente, non tiveron ese efecto pernicioso sobre o

déficit por conta corrente que supón un apalancamento excesivo

do sector privado.

Pásanos que ás veces miramos equivocadamente ao

noso redor. O G-20 ás veces utiliza a Unión Europea coma

se fose unha única rexión e teñen realidades moi distintas.

Pero parece que en España tamén confundimos a Europa dos

27 como unha única rexión porque nos dedicamos a xustificar

o que fai Europa para aplicar nós o que nin responde á

mesma realidade económica nin responde ao mesmo crecemento

económico ou á mesma fase do ciclo económico.

Subir os impostos argumentando que temos menos presión

fiscal que a media da Unión Europea é unha falacia,

porque é descoñecer a nosa realidade económica e é descoñecer

tamén que a presión fiscal é función inmediata da

recadación tributaria. Por exemplo, se nos fixamos en Dina-

37

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

marca, España ten un 18% menos de presión fiscal que

Dinamarca, pero ten máis esforzo fiscal. ¿Por que? Porque

temos a metade de renda media per cápita. Pero mire, se nos

fixamos por exemplo, en Francia, Francia no 2009 tiña un

76% da ratio da débeda pública e España un 54%. No entanto,

se vemos a forma de financiar esa débeda pública, hai

unha ratio bastante significativa, que é a débeda pública en

ingresos coactivos. Pois ben, nesa ratio gaña España porque

temos un 79 fronte a un 76 de Francia.

Ocorre que estou intentando demostrarlles que sobre o

que hai que incidir é sobre a recadación tributaria non sobre

o tipo de gravame. Loxicamente, nestes efectos hai que

observar as estatísticas con profundidade, non quedar na

mera superficie, porque tamén falaba o señor Aymerich de

que tiñamos unha baixada de recadación no 2009. Supoño

que se estaba referindo ao IVE. Pero mire, como unha

mesma explicación non pode servir para unha cousa e a contraria,

ocorre que no 2009 baixou moito a recadación do

IVE, pero ¿sabe por que baixou a recadación do IVE? Como

consecuencia das medidas discrecionais adoptadas polo

Estado e que foron soportar nun mesmo ano dúas devolucións

do IVE. Estamos falando de 6.500 millóns de euros

menos, que agora pretenden reflectirnos a nós. Esta foi a

desculpa que se utilizou para subir o IVE dous puntos. Por

certo, cada vez que están falando da pouca rebaixa do gasto

corrente nas comparanzas co 2009 deberían de ter isto en

conta. Temos que pagar dous puntos máis de IVE, non é

pouco.

Pero, miren, o secretario de Estado, despois de presumir

sistematicamente sobre que a recadación do IVE de setembro

estaba incrementadísima respecto da mesma recadación

de setembro do 2009, máis aló do efecto anuncio propio de

xullo, tivo que chegar o presidente do Goberno dicindo que

estabamos a piques de volver á recesión. É que, loxicamente,

este comportamento non se compadece coa realidade,

porque temos unha baixada do consumo interior do 1,1%,

temos unha baixada da demanda interna do 1,4%. Non sería

porque non houbese voces autorizadas que o dixeran. O

mesmo Nobel Robert Lucas dixo que subir impostos en

plena crise é un erro. Pero o Fondo Monetario Internacional

vén dicindo que os recortes deben vir da man doutro lado,

porque o peor que pode facer un país de cara ao seu crecemento

é recortar os investimentos e ao tempo subir os

impostos, que é precisamente o que estamos facendo.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

Pero mire, dicíalles que esta política nos afecta directamente,

e aféctanos ao crecemento, porque miren, na medida

en que a demanda interna do país está baixando, pois nós,

nas nosas relacións comerciais, somos co resto de España

precisamente demanda interna. España pode cumprir as súas

previsións de crecemento –0,3%, pero fallou na composición

desa previsión de crecemento, xa que ese crecemento

non se debe ao incremento da demanda interna, como dixo,

senón que é consecuencia da achega do sector exterior. Nós

tamén imos cumprir as nosas previsións de crecemento,

como consecuencia dese mellor comportamento de achega

exterior e como consecuencia do efecto xacobeo.

E dicíalles tamén que esta política de enganar, de falta de

transparencia na recadación do IVE, nos está afectando o

sistema de financiamento, porque, miren, fai un axuste no

Fondo de Suficiencia do efecto IVE global. Axustan de

golpe o 2009, o 2010 e o 2011, cando todos saben que as

regras de funcionamento do sistema de financiamento das

comunidades autónomas require precisamente un axuste

cando se liquida; é dicir, o 2010 e o 2011 aínda non están

liquidados.

Polo tanto, eu creo que estou en condicións de demostrarlle

que o realmente interesante para esta comunidade

autónoma é reclamar eses 243 millóns correspondentes ao

Fondo de Cooperación fronte ás propostas de incrementar

unha recadación de 25 millóns de euros que se xustifican

nunha suba da recadación, loxicamente, e nunha maior equidade,

nunha maior xustiza distributiva. Pois ben, permítanme

que dubide desa maior xustiza distributiva, porque,

miren, a maioría das rendas superiores aos 60.000 euros que

vostedes propoñen, un 80% proceden de rendas de traballo,

e un 5% de base impoñible de aforro, sobre a que non temos

competencias, e un 8% de actividades empresariais ou profesionais;

co cal, eu máis ben penso que estes non son os

ricos que vostedes queren e máis ben penso que a reforma

estrutural que está adiando a ministra de Economía e Facenda

si que se ten que enfrontar.

Pero unha proposta deste tipo, 25 millóns de euros,

incrementando os impostos a eses ricos, eu creo que é unha

visión curtopracista; é a diferenza de enfoque de contar, considerar,

que o orzamento é unha conta en vez de considerar

que é un instrumento de política económica; é a diferenza de

fixarse exclusivamente nos 9.708 millóns de euros que

Número 68

22 de novembro de 2010

temos para gastar en lugar de observar os 54.000 millóns de

euros, que é o PIB galego; é a diferenza de quedar no 20%

do PIB que supón o orzamento galego fronte ao 80% restante

que temos a obrigación de coidar e incentivar.

Pero cando lles dicía que esta reforma que propón non é

equitativa nin xusta, aínda por riba téñolles que dicir que os

cálculos que fan están mal feitos. Por levar a un terreo neutral

a polémica, vou citar os estudos que fan outros.

Mire, Funcas presentou en 2009 un traballo coordinado

polo catedrático de Economía Aplicada, José Félix Sanz,

cunha base de datos moi potente, un simulador, que dicía

que no caso de subir 7 puntos o marxinal do IRPF España

recadaría 1.300 millóns de euros máis. A parte correspondente

a Galicia sería precisamente 42 millóns de euros. Pero

hai que recordar que Galicia unicamente ten competencias

sobre a metade da comunidade autónoma, co cal, en vez de

7, estariamos falando de 3,5 puntos. Co cal, en vez de 42

millóns, teriamos 21 millóns de euros. Pero é que a proposta

de Funcas é subir 3,5 puntos o marxinal e as propostas,

tanto do PSOE como do BNG, son moi inferiores. Co cal,

non chegariamos nin a eses 25, quedarían no sumo en 21

millóns. Pero, ademais, temos outras estimacións que fan

precisamente comunidades autónomas como a andaluza. A

propia conselleira de Economía e Facenda dixo que a estimación

da proposta andaluza eran 31,5 millóns de euros. Se

temos en conta que Andalucía ten 2,5 veces a nosa recadación

fiscal, pois non chegariamos nesta comunidade autónoma,

facendo a proporción correspondente, nin a 12 millóns

de euros. En calquera caso, falemos de 25, 20 ou 12,5, a

comparanza que hai que facer é iso: fronte a 250 millóns de

euros do Fondo de Cooperación, dez veces máis.

Pero, é máis, o resto das emendas presentadas, referidas

aos ingresos, descoñecen totalmente a mecánica de liquidación

dos tributos, porque o que fan é extrapolar a recadación

dos dereitos recoñecidos a 31 de xuño –quero pensar que era

a 30 de xuño–, pero o duplo á fin do exercicio, esquecéndose

de que a propia Lei de réxime financeiro e orzamentario

manda anular as liquidacións adiadas e os fraccionamentos

de pago. Pero é máis, nos tributos sobre xogo, xa cometen

un erro técnico incrible porque dentro dos 55 millóns de

dereitos recoñecidos, 45 millóns de euros corresponden ás

maquinas recreativas, e as máquinas recreativas liquídanse

integramente en marzo; co cal, é imposible multiplicar por

38

Número 68

22 de novembro de 2010

dous a 30 de decembro. Pero sorprende que neste afán recadatorio

se esqueceran de constatar que no orzamento están

engadidos 70 millóns de euros máis que corresponden ao

Plan especial; 70 millóns de euros máis. Pódolle dicir como

fixemos as contas, eu si podo dicir como fixemos as contas:

dende logo, ben rigorosas.

Porque, miren, a previsión inicial, antes do Plan especial,

era de 120,7 millóns de euros para impostos sobre sucesións,

156,8 millóns para transmisións patrimoniais e 163,2

millóns para actos xurídicos documentados. Eran unhas previsións

precisas seguindo a mecánica de liquidación dos propios

impostos, porque téñolle que dicir que o imposto sobre

sucesións e doazóns está afectado pola Lei 9/2008, cuxa

memoria económica cifraba precisamente a perda de recadación

nun 50% dese imposto. O efecto estase vivindo no

tempo. ¿Por que? Porque xa lles dixen que esta comunidade

autónoma ten unha bolsa de traballo de entre 2,5 e 3 anos

pendente de liquidar; e neses pendentes de liquidar conviven

a lei antiga e mais a lei nova.

Respecto do imposto sobre transmisións patrimoniais,

está medrando en toda España, co cal aquí tamén medra.

Pero non pasa así co de actos xurídicos documentados, porque

o que se reactiva precisamente é o mercado de segunda

man, aínda que o de primeira man está tamén medrando en

menos proporción. E o mercado de segunda man non leva

actos xurídicos documentados. Ademais, as vivendas novas

que se están vendendo son precisamente vivendas que estaban

en stock, é dicir, polo tanto, o ciclo urbanístico está afectando

a liquidación do imposto sobre actos xurídicos documentados,

que rebaixa en toda España un 20%. Co cal, se lle

engadimos as 127.000 novas actuacións de comprobación

que implican o Plan especial, chegamos a unha cantidade de

175,7 imposto sobre sucesións e doazóns, 164,3 transmisións

patrimoniais e 170,7 actos xurídicos documentados.

En total, 510,7 millóns, fronte aos 440,7 millóns; un incremento

de 70 millóns de euros.

Polo tanto, fágolles unha nova proposta: se queren seguir

facendo política seguidista co Estado e non apoiarnos na

reclamación do Fondo de Cooperación, fágano; xa veremos

nós, utilizando todos os instrumentos que temos na man

–que imos utilizar, sen dúbida, imos recorrer, se non chegan

eses cartos, como di o señor Vázquez–... Pero apoien estes

orzamentos que achegan 70 millóns de euros máis fronte aos

39

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

25 que propoñen vostedes. Falo de 150 millóns de euros en

dous anos.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas gracias, señora Currás.

Rolda de portavoces.

Ten a palabra, en representación do Grupo Parlamentario

Popular de Galicia, o señor Ruíz Rivas.

O señor RUÍZ RIVAS: Señora presidenta.

Señorías, en primeiro lugar, agradecerlle ao señor Vázquez

que estea aquí no Parlamento e que nos poida escoitar.

A verdade é que eu creo que para vostede ten que ser bastante

difícil, ¿verdade? vir falar de presupostos, porque a

credibilidade dun socialista falando de números e de economía

a verdade é que é bastante pequena. Por iso eu creo que

vostede falou con tan pouca confianza, con tan pouco convencemento.

Eu diría... (Interrupcións.)

A señora PRESIDENTA: ¡Silencio, por favor!

O señor RUÍZ RIVAS:... que o señor Pachi Vázquez falou

coa mesma confianza que o pobo galego ou que o pobo

español ten nos gobernos do señor Rodríguez Zapatero ou

nel mesmo. (Aplausos.)

Pois ben, a min a verdade é que me parecería case simpático

–se non fora grotesco– escoitar un socialista falando

de déficit, falando de débeda, falando de paro, cando colleron

a España co 8% de paro e deixárona no 20%, cando

colleron o Estado con superávit e deixárono cun déficit do

10%, cando colleron o Estado cunha débeda do 40% e deixárono

nunha débeda do 60%. Digo que resultaría gracioso,

se non fora grotesco, porque tamén escoitei o mesmo señor

Vázquez falando de medio ambiente, de depuración, cando

non foi capaz en catro anos de deixar en funcionamento

unha soa depuradora nas rías. (Aplausos.) Por iso, a verdade

é que resultaría tamén grotesco o ver como precisamente

vostedes, que son responsables coas contas de Galicia dos

anos 2008 e 2009, e no Estado dos anos 2008 e 2009, dos

problemas que temos nin máis nin menos nas contas públicas.

Vostedes son responsables.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

Pois ben, eu o primeiro que quería facer é felicitar o presidente

da Xunta pola súa valentía. (Aplausos.) Si, felicitalo

porque por primeira vez na historia nun ano electoral vostedes

foron incapaces de dicir que estes presupostos eran electoralistas.

(Aplausos.) Eu téñolle que dicir: si, señor presidente,

vostede está facendo uns presupostos útiles, e uns presupostos

responsables, e uns presupostos que van servir para

Galicia e non van servir para manter un goberno como teriamos

que soportar se seguiran gobernando os bipartitos que

ata aquí tiñamos. Se foron quen de discutir repartindo abundancia,

¿quen se pon na pel dos galegos para saber o que

nestes momentos –que, pola súa mala xestión, tivemos que

reducir por segunda vez os presupostos–..., como estarían

vostedes agora tirándose os trastos á cabeza? Eu creo que

nin os Montesco nin os Capuleto a verdade terían nada que

envexarlle ao que en Galicia estaría pasando.

Pois ben, eu creo que precisamente se algo teñen estas

contas é que nacen do realismo, e que nacen, ademais, sabendo

que as previsións irreais, que os xogos de artificio, para o

único que serven é para que se volvan en contra dun mesmo

e para chegar aos niveis que temos nestes momentos de problemas

presupostarios, froito desa falta de rigor. Pois ben,

estes presupostos teñen o rigor necesario, teñen a austeridade

necesaria, están impresos nin máis nin menos na eficiencia

que responde a unha planificación, non só a curto senón

tamén a medio prazo, a través de, por primeira vez tamén na

historia de Galicia, que estes presupostos recollan e se encadren

dentro dun plan estratéxico, que vai racionalizar o que é

todo o gasto da Xunta e vai priorizar o importante, o gasto

social, os investimentos produtivos e os sectores que máis

necesitan ese apoio por ser potencial de futuro. (Aplausos.)

Pois ben, estiveron os grupos da oposición hora e media

falando aquí. Xa sabemos que os presupostos son malísimos,

son moi malos. Pero, ¿cal é a súa proposta? Porque só escoitamos

unha, que era sacarlles aos galegos 250 millóns de

euros que están nestes presupostos e que vostedes lles retiran

precisamente porque non son quen de dicirlle ao seu

compañeiro Zapatero que faga o que ten que facer co Fondo

de Cooperación e que non lle mande nin máis nin menos e

agrave a situación do resto das administracións para intentar

tapar un déficit que é seu e que, ademais, xerou el.

Pois ben, vostedes son tan incoherentes que viñeron aquí

criticar unha cousa e criticar a contraria. Pois ben, critican

Número 68

22 de novembro de 2010

que non nos endebedamos e critican o pago aprazado. Critican

vostedes que privatizamos pero son os primeiros que

apoian as grandes multinacionais. (Aplausos.) Pois ben, eu

téñolle que dicir, seguindo aquel programa infantil de Epi e

Blas: ¿que es privatizar? Pois privatizar é o Sogaserso, por

exemplo; privatizar é deixar en mans privadas o 60%, e fóra

do control público; privatizar é, por exemplo, o sistema de

citacións, facelo a través dunha empresa privada. Iso é privatizar,

o resto... (Murmurios.) Non, mire, antes diso, entón,

vou adiantar. Íallo sacar máis tarde. Mire: “Trinidad Jiménez

elogia el nuevo hospital de Mallorca con un modelo similar

al vigués”. (Aplausos.) Como aquí depende do que faga

cada un para que [...] pois, efectivamente.

Pero teño moitas máis cuestións nas que vostedes son

unha incoherencia continua. Defenden unha cousa e maila

contraria; os que pola mañá son amigos, pola tarde xa son

inimigos; dánllelo aos seus amigos, dánllelo aos mesmos

que llelo demos nós. Non hai quen os entenda.

Pero, mire, eu creo que vostedes aquí tiñan que vir pedir

explicacións; explicacións nin máis nin menos de que fixeron

cos 1.200 millóns de euros que agora non ten o Goberno

e vostedes tiñan. ¿Que fixeron? Eu creo que fixeron pancartas,

que son as que utilizan nin máis nin menos agora.

Porque, ¿por que non fixeron vostedes hospitais? ¿Por que

non foron capaces vostedes de poñer en funcionamento o

hospital do que xa deixamos as obras en marcha? ¿Que fixeron

vostedes en época de bonanza económica? ¿Como teñen

a cara de vir aquí dicir todo o que dixeron se vostedes son os

culpables do maior fiasco económico da historia de Galicia?

(Aplausos.)

Mire, señor Vázquez, vostedes colleron unha Galicia que

crecía e deixaron unha Galicia con –3,3 %, en recesión, e

nestes momentos este ano xa posiblemente, ao finalizar o

ano, esteamos en taxas positivas. E con estes presupostos,

que son menores, imos de novo crecer por enriba do Estado,

como levamos crecendo tres trimestres, e imos acabar crecendo

ao final do ano 2010 un 1%. Non me estraña que poña

esa cara porque creo que nestes momentos crecer máis que

o Estado non debe ser moito mérito. (Aplausos.) Pero,

bueno, si o é porque, co que vostedes fixeron, podiamos

levar o mesmo camiño. Díxoo a señora conselleira: de ter as

mesmas taxas que tiñan vostedes de paro no Estado, habería

55.000 parados máis. Polo tanto, chitón.

40

Número 68

22 de novembro de 2010

Mire, a verdade é que con estes presupostos o que había

que intentar é o que se fai, que é nin máis nin menos que

blindar as prestacións públicas, evitar unha fortísima caída

dos investimentos privados; e, sobre todo, non traspasarlles

a crise aos cidadáns a través do que vostedes sempre fan e

encontran, que é subir os impostos. Por certo, sempre que en

Galicia se baixaron os impostos vostedes votaron en contra.

Señor Aymerich, o IVE, esa recadación de dous puntos

que agora o Estado incrementou –por certo, un imposto moi

progresista, ¿verdade?–, iso vai nin máis nin menos que para

o Estado. Se hai un incremento nese concepto é porque a

participación de Galicia pasa do 30% ao 50%. Pero a suba,

para Zapatero e sus [...]; é dicir, para todos aqueles que o

defenden. Dito iso, eu creo que o mellor que podían facer

vostedes aquí era, en vez de pedir que lles saquemos cartos

aos galegos, que xa bastante desgraza teñen téndollelos que

sacar por segundo ano consecutivo, é defender o Fondo de

Cooperación, cuestión que non fixeron. Iso si, defenderon o

sistema de financiamento como se aí lle fora a vida.

Mire, eu creo que Galicia cumpriu o Pacto de estabilidade.

E, con todo, cumprindo o Pacto de estabilidade, se lle

poñen límites á súa capacidade de endebedamento: –800

millóns. Dá igual que se cumpra que que non se cumpra; a

todo o mundo rebáixaselle esa cantidade de endebedamento.

¿Que diría o educado señor Zarrías cando, nin máis nin

menos, tratan a Galicia igual que a aquelas comunidades que

se saltaron a la torera o Pacto de estabilidade? O señor

Zarrías seguramente se acordaría –non vou dicir de quen

porque esa calidade soamente a ten o propio señor Zarrías–.

Pero, mire, hai dúas administracións: a que paga e a que

non paga. A que paga é a que dá credibilidade, a que paga é

a que dá estabilidade, a que paga é a que dá confianza, a que

paga é, precisamente, a primeira que está en disposición de

saír da crise; esa é a galega. A que non paga é nin máis nin

menos a súa, a do señor Zapatero. (Aplausos.)

Vostedes, por certo, din que deixaron practicamente llave

en mano o hospital de Vigo. Recórdolle que o de “chave en

man” era unha maqueta, por se non o saben; iso foi o que

deixaron vostedes. Pois ben, o que lle teño que dicir é que a

Xunta de Galicia é quen por primeira vez na historia de Galicia

de que, de cada 100 euros, 75 vaian ao gasto social. É un

esforzo importante. ¿E queren que lles diga máis? Pois ben,

41

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

ese gasto social tradúcese na sanidade, que nestes momentos

ten nin máis nin menos que 25.000 usuarios máis que tiña

con vostedes; unha sanidade que ten 10.000 intervencións

máis que tiña con vostedes; unha sanidade que é quen de

reducir as listas precisamente naqueles que son prioritarios,

deixándoos en 21 días. Polo tanto, mire, sigan vostedes

defendendo as grandes multinacionais, non defendan o aforro,

non defendan a eficiencia no gasto, (Aplausos.) e sigan

vostedes sendo defensores de quen realmente o son.

Sígolle agradecendo ao señor Vázquez que estea aquí

despois de todo o que está escoitando. Pois ben, xa que

escoita, apoien vostedes o catálogo e tamén apoien, como

facían en Baleares, a utilización do PPI como o estamos

facendo para dotar o 50% máis de camas en Galicia, ou

como facemos cun 20% máis cos centros de saúde.

E, ben, seguimos falando de gastos sociais, porque en

gasto social blindamos a risga, e seguimos blindando o que

son as axudas de emerxencia social; e seguimos incrementando

o que son os gastos para dependencia, a pesar de que

o Estado rebaixa a súa colaboración e a pesar de que o Estado

deixa de transferir 200 millóns, que, de transferilos, faría

que non houbera nin un só dependente esperando. Pois, a

pesar diso, 20.000 dependentes máis cobrando dos que vostedes

tiñan cando se foron. E temos 1.300 prazas novas en

escolas infantís. É un plan concertado que fai que os concellos

non volvan unha vez máis pagar a crise. Pois ben, tamén

facemos esa educación que tanto criticaron e á que tanto quixeron

poñer unha mecha, e nunca foi tan tranquila a apertura

dun curso como este ano. Pois ben, imos seguir traballando

pola implantación de linguas estranxeiras, de novas tecnoloxías;

e imos seguir apostando pola universidade: case

400 millóns; 2.000 millóns en cinco anos. E por se acaso

alguén se quere atribuír falar en representación dos reitores,

dicir que o reitor vigués “ve una buena noticia los presupuestos

gallegos para las universidades”. Polo tanto, a súa

credibilidade segue caendo por onde sempre estivo, ao ras

do chan.

E facemos que, a pesar de todas estas limitacións, sexamos

quen de que non caia drasticamente o investimento. E

así pódolle dicir nin máis nin menos que, primeiro, van axudar

a reequilibrar, cun gasto por habitante moi superior nas

provincias de Ourense e Lugo, co que son as máis desenvolvidas

da Coruña e Pontevedra, con precisamente unhas

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

ratios que case dobran nalgúns casos. Iso é reequilibrio, o

resto é predicar de boquilla. Pois ben, logramos case 1.000

millóns de euros, un 21% menos, si, é verdade, pero o seu

amigo, don Pepe Blanco, baixa un 37%. Por certo, que xa

nos empezamos a preocupar moi seriamente de se vai cumprir

cos seus compromisos –que recordo que son compromisos

porque non fixeron o que tiñan que facer en tempo e

forma– para co AVE galego. A nós parécenos realmente moi

ben, ¿verdade?, que vaia nin máis nin menos ao lugar onde

estaban os culpables da crise, onde estaban os tiburóns, a

Wall Street; agora vaille pedir nin máis nin menos que sexa

o que lle solucione a solvencia para as infraestruturas.

(Aplausos.) Eu creo que se o fixera calquera outra persoa

que non fora o señor Pepe Blanco deberíanlle vostedes chamar

PP Blanco. Pero, bueno, ¡alá vostedes!

Mire, nós estamos apostando nin máis nin menos que pola

reactivación económica, estamos apostando pola mellora da

competitividade, estamos apostando pola innovación, pola

internacionalización. Aquí fomos quen de desbloquear un proceso

que non ía a ningunha parte, como é nin máis nin menos o

do sector eólico. Nestes momentos temos o plan industrial máis

importante da historia de Galicia, con máis de 6.000 millóns, e

un canon que vai repercutir non só nas arcas da Xunta de Galicia

senón dos propietarios e dos concellos. Por iso eu creo que

vostedes teñen que ser conscientes de que moitas das cousas

que estamos a vivir son históricas, como é histórico o reducir o

gasto corrente, como é histórico, reducir o gasto en persoal; si,

a pesar da suba do 2% nese IVE; como é histórico reducir o que

son os altos cargos, como é histórico reducir consellerías, como

é histórico reducir o parque móbil, como é histórico que por primeira

vez, despois dun Goberno bipartito, se teña esa sensatez

suficiente para cambiar a deriva na que vostedes nos meteran e

ir pola senda que temos que ir da racionalidade no gasto e da

austeridade. E por se acaso queren falar dalgunha cousiña,

¿saben o que vostedes deixaron? 12.000 funcionarios máis, eses

si que deixan gasto. Pois ben, a pesar diso, somos quen de

seguir apertando o que son os gastos correntes.

O tempo, evidentemente, non é a súa hora e media...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor, señor

Ruíz.

O señor RUÍZ RIVAS: Non me faga rematar, señora presidenta,

cando aínda estamos practicamente nos quince minutos.

Simplemente eu téñolle que dicir, entón, dúas cousas ao

señor Vázquez. Olvídase vostede de que as calles de Santiago

se encheron moitas máis veces que catro: enchéronse co

Xacobeo, precisamente iso que boicotearon os socialistas e

vostedes mesmos. (Aplausos.)

Mire, pero, á parte diso, voulle dicir –e así remato– que si

que estou de acordo en dúas cuestións que dixo o señor Vázquez:

que é preferible que a xente pague os impostos –¿verdade,

señor Vázquez?– a subilos. (Risos.) É mellor que os pague.

Pois que os vaian pagando quen non os pagan. E a segunda que

lle teño que dicir, señor Vázquez, é que, efectivamente...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor, señor Ruíz Rivas.

O señor RUÍZ RIVAS:... –remato, señora presidenta–, da

crise non se sae con mentiras nin insultos. Segunda gran verdade

que vostede dixo. Seguimos esperando que lle pida

perdón á señora conselleira de Sanidade e aos miles e

millóns de crentes que hai en España por mofarse das súas

crenzas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas gracias, señor Ruíz Rivas.

O señor RUÍZ RIVAS: Seguimos esperando que vostede

lle pida desculpas ao señor Agustín Hernández. Seguimos

esperando que vostede lle pida desculpas á periodista da

TVG á cal faltou.

A señora PRESIDENTA: Moitas gracias.

O señor RUÍZ RIVAS: Polo tanto, efectivamente, hai dous

modelos: o do despilfarro, o de botarlle a culpa aos demais...

A señora PRESIDENTA: Señor Ruíz Rivas.

Número 68

22 de novembro de 2010

O señor RUÍZ RIVAS:... de todas e cada unha das desfeitas

que fai, e o modelo... (O señor Ruíz Rivas pronuncia palabras

que non se perciben.)

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor. (O señor Ruíz

Rivas pronuncia palabras que non se perciben.) Xa non ten

a palabra, señor Ruíz.

(O señor Ruíz Rivas pronuncia palabras que non se perciben.)

(Aplausos.)

42

Número 68

22 de novembro de 2010

Polo Bloque Nacionalista Galego ten a palabra o señor

Aymerich Cano.

O señor AYMERICH CANO: Moitas gracias. (Risos.)

Señorías.

Señor Núñez Feijóo, en dous anos pasou vostede da prepotencia

de que esta crise a solucionaba en 45 días á impotencia;

a dicir: a ver se escampa, a ver se o Xacobeo o podemos

ampliar outro ano máis, porque, desde logo, estratexias

para combater a crise, ningunha.

Eu xa falei na miña primeira intervención deses predicadores

da austeridade para os demais. Vénme á cabeza –hai

dúas semanas escasamente– unha entrevista que lle facía

Iñaki Gabilondo a David Táboas, este que foi director da

Oficina Económica da Moncloa e que agora é o presidente

de Seopán –non, non tamén para vós–, que agrupa as grandes

construtoras do Estado. E nesa entrevista David Táboas

empezaba dicindo que é necesario rebaixar os salarios, necesario

recortar as pensións, que está moi ben esta política que

segue o Goberno español desde a viraxe de maio, desde

aquela noite no Ecofin, e que, ademais, era bo que se axudase

ás pobres concesionarias de autoestradas porque as

pobres non chegan a fin de mes. E a esa medida de 600

millóns de euros para as autoestradas de peaxe nos orzamentos

do Estado non votan unicamente a favor os destas

bancadas, vota tamén a favor no Congreso o Partido Popular;

diñeiro que lle negan á dependencia, pero haino para as

concesionarias de autoestradas, diñeiro que recortan en sanidade,

pero haino para concesionarias de autoestradas, igual

que o houbo antes para os bancos, igual que houbo antes

para tapar canto burato había dos que realmente produciron

a crise. E vostedes convertéronse exactamente a ese credo,

ao credo dos que predican a austeridade para os demais pero

buscan un lugar ao sol, ao sol dos orzamentos públicos, ao

sol do erario público.

Xa que vostede falou de como comezou a crise, ¿lembran

aqueles meses do ano 2007, aqueles meses do ano

2008, cando todos eramos keynesianos? ¿Lembra aqueles

meses? ¿Lembra aqueles meses cando o presidente da

CEOE pedía unha paréntese na economía de mercado porque,

en fin, había que, co diñeiro público, axudar estas

pobres empresas financeiras que non chegaban a fin de mes?

43

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

Daquela non se falaba de austeridade, daquela non había

límites ao déficit público, e a Unión Europea facía cantas

excepcións fosen necesarias. ¿Que facían falta 150.000

millóns para os bancos? Para adiante. Pero vostedes, señores

do Partido Popular, votaron a favor no Congreso –o Bloque

Nacionalista Galego non– de darlles eses cartos aos bancos.

Vostedes si. Daquela no 2008 tamén se votou no Congreso a

eliminación do imposto sobre o patrimonio. Vostedes votaron

a favor da eliminación do imposto sobre o patrimonio, o

Bloque Nacionalista Galego non. E se vostedes non apoiaron

os últimos recortes, os últimos axustes do señor Zapatero,

non é porque non estean de acordo con eles. Xa o dixo o

outro día o señor Rajoy saíndo dunha entrevista con Botín

–o que manda realmente neste país–, e o que dixo foi que

eses recortes eran insuficientes. Vostedes non apoian os

recortes de Zapatero porque lles parecen pouco, aínda queren

máis, e iso é o que están aplicando nestes orzamentos.

Porque nestes orzamentos a crise actúa para vostedes

como escusa para apertarlles máis as caravillas aos de abaixo,

como escusa para privatizar os servizos públicos, como

escusa para recortar prestacións públicas. E é de verdade,

señora conselleira, unha vergoña que vostede presuma aquí

de que Galiza é, só precedida por Canarias, a que máis recorta.

Presuma de ter os salarios máis altos, presuma de ter un

nivel de protección social elevado, presuma de ter as pensións

medias máis altas. Non, presume de sermos os que

máis recortamos o orzamento. E o recorte vai –xa llo dixen

antes– sobre todo á protección social. ¿Sabe como recortan?

Voullo dicir eu: na memoria dos orzamentos recoñecen vostedes

que este ano 2011, como consecuencia do agravamento

da crise, vai haber un incremento do 18% nas solicitudes

de risga. Loxicamente, se hai un incremento do 18% nas

solicitudes de risga, vostedes deberían incrementar na

mesma medida a partida destinada a financiar a risga. ¿Sabe

o que fan? Conxelan a partida.

Din vostedes: este ano, como consecuencia do incremento

da crise, vai haber un 151% de incremento nas axudas de

emerxencia social, aquelas que se dan por unha vez para

quen non pode pagar a luz, non pode pagar o aluguer. ¿Sabe

canto incrementan este ano as axudas de emerxencia social

nos orzamentos? ¿Sábeo vostede? Cero, conxelan tamén a

partida. Así é moi fácil recortar, así é moi fácil presumir de

recortes, deixando as necesidades sociais sen cubrir, deixando

a xente –que non ten a culpa da crise pero si está pagan-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

do as súas consecuencias– ao pairo, sen o abrigo do Goberno,

incumprindo o pacto social fundamental.

Pero falou vostede, señora conselleira, de ingresos, de

impostos. Mire, ¿que se incrementou a compra de vivendas?

Pero teremos que analizar quen compra e quen queda sen

comprar. Pois comprarán vivendas amparándose nas súas

desgravacións os que máis teñen. Quedan sen comprar os

prexudicados pola eliminación, na práctica, da protección de

vivenda, pola eliminación, na práctica, dos programas de

protección oficial.

Di vostede que non sabe de que lle falo cando lle digo

das empresas que cotizan no Mercado Alternativo Bursátil.

Pois, mire, é o artigo 1.4 da Lei de acompañamento: Dedución

por investimento en accións de entidades que cotizan

no Mercado Alternativo Bursátil, 20% das cantidades investidas,

cun límite de 4.000. Si, no segmento de empresas en

expansión. ¿Pode dicirme cantas empresas galegas están

nesta categoría? ¿Cantas? Cero, ningunha. Pero, iso si, metemos

a desgravación. Ningunha, hai Sicav, pero eu supoño,

¡home! que os propietarios das Sicav galegas non necesitarán,

aínda por riba, outra desgravación.

Falou de débeda pública. Mire, voulle dicir, a débeda

pública estase pagando en torno do 4% ou, se sube, do 5%.

Ben, ¡home!, estaría moito mellor, efectivamente, que a consolidación

fiscal a fixeramos incrementando a recadación

tributaria. ¿Pode dicirme vostede en torno a canto está a rendibilidade

que ten para os concesionarios de obras privatizadas,

infraestruturas, hospitais esa operación? Non está en

torno ao 4% ou ao 5%, o rendemento anual que sacan é do

12%, do 13% ou do14%. Pois si, eu prefiro emitir débeda

pública a non estar hipotecando as finanzas galegas para

moitos anos e de forma irresponsable como consecuencia da

privatización de hospitais, centros de saúde e autoestradas.

Pois é moi fácil, a conta élle moi fácil de botar, pero, claro,

como consecuencia desa operación, a parte de que vostedes

quedan ben cos seus patrocinadores, os galegos pagaremos

catro veces o hospital de Vigo, catro veces a autoestrada da

Costa da Morte, etc., etc., como xa pagamos máis de catro

veces a autoestrada do Atlántico. Esa é a súa fórmula, non é

desde logo a do Bloque Nacionalista Galego.

E fala de gastos. Di: Tres de catro euros van para gatos

social. Falso. Tres de cada catro euros van para gasto corren-

Número 68

22 de novembro de 2010

te, para gasto corrente, para comprar ordenadores, 77

millóns de euros no fondo de imprevistos da Consellaría de

Sanidade. ¿De imprevistos para que? Setenta e sete millóns

de euros. Con ese diñeiro podíanse estar facendo centros de

saúde sen necesidade de acudir ao financiamento privado,

pero vostedes queren acudir ao financiamento privado. Non

é unha cuestión económica, é unha cuestión política, ideolóxica,

a que os fai acudir a vostedes á privatización.

Pero, miren, falamos de como pretenden vostedes saír da

crise, e falan vostedes do que fai o Estado. Eu xa lle dixen

que nós non apoiamos esa política que segue Zapatero, pero

é que vostedes apoian e complementan esa política. Si, si

–Señor presidente, por favor, debe dar exemplo–.

Se Zapatero reforma o mercado laboral para precarizar o

emprego e facilitar o despedimento, a Xunta de Galiza complementa

esas políticas reducindo o diñeiro que afecta nos

orzamentos as políticas activas de emprego; ese é o complemento.

¿Os orzamentos do Estado reducen os cartos dedicados

á protección social? Si, pero vostedes tamén reducen os

cartos dedicados á dependencia. E voulle poñer un exemplo

moi fácil, vostede que sabe de números máis ca min. Mire,

neste momento en Galiza hai 21.000 dependentes que reciben

o servizo de libranzas, ben libranza de coidador no contorno

familiar ou libranzas de servizo. Se hai 21.000, é fácil,

multiplique por 5.000, que é a media do que custan as libranzas

anualmente. Dános 105 millóns de euros, ¿verdade?

¿Sabe canto hai orzado para libranzas nestes orzamentos

para o ano que vén? 92 millóns de euros. É que non é que

vostedes non teñan cartos para admitir novos peticionarios

no sistema, é que non teñen nin sequera cartos nos orzamentos

para atender os que xa teñen recoñecida esa prestación.

Así –vólvollo repetir– é moi fácil recortar.

Pero, mire, parece que a crise –e xa remato– está afectando

principios fundamentais, xa non vou dicir do Estado

de dereito, vou dicir dunha sociedade civilizada; aquilo de

que os pactos deben cumprirse, os acordos están para ser

cumpridos, pacta sunt servanda.

Pois ben, votedes quéixanse de que o Goberno central

incumpre o acordo que vostedes asinaron de financiamento

autonómico, que asinaron en contra da maioría deste Parlamento.

Bueno, pois vostedes saberán o que asinaron. Pero

hai tamén sindicatos, comisións e UGT, que asinaron con

44

Número 68

22 de novembro de 2010

votedes o acordo para o diálogo social –a CIG xa non o asinou,

con bo criterio, vendo o que está pasando– que agora

denuncian que vostedes están incumprindo ese diálogo

social, eses acordos, porque nos orzamentos non aparecen

reflectidos os compromisos, que nos orzamentos faltan cen

millóns de euros para loitar contra a sinistralidade laboral,

para mellorar a protección social; outro acordo que se

incumpre.

Pero ¿sabe cal é, señoría...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, señor Aymerich.

O señor AYMERICH CANO: ... –xa remato, señora presidenta–

o acordo fundamental que estes orzamentos e este

Goberno do que vostede fai parte incumpre? O acordo fundamental

é o que debe ligar o Goberno cos cidadáns, o pacto

social fundamental de que o Goberno responda aos intereses

da maioría dos cidadáns, non aos intereses dos mercados ou

non aos intereses dos patrocinadores do partido que goberna.

Que o Goberno responda aos intereses da maioría dos

cidadáns, e a maioría dos cidadáns en Galiza non queren

recortes; a maioría dos cidadáns en Galiza non queren un

goberno que presuma de recortar mentres as necesidades

sociais están desatendidas...

A señora PRESIDENTA: Remate, señor Aymerich.

O señor AYMERICH CANO:... queren servizos públicos,

queren protección social, queren emprego de calidade e queren

un país ordenado. Por iso non somos nós é a maioría da

sociedade galega que rexeita eses orzamentos e a que lle

pide que os devolvan.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas gracias, señor Aymerich.

Polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia ten

a palabra o señor Vázquez Fernández.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: Gracias, señora presidenta.

Señora conselleira, señor presidente da Xunta, hai un

dato que é clave para entender o que está pasando nestes

orzamentos. Galicia ten unha crise, vostede é o presidente de

45

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

Galicia; vostede ten unha crise. E a clave é que vostede non

quere saír na foto da crise. Vostede externalizou a xestión do

presidente e parece coma se isto da crise de Galicia non vai

co presidente: ou Zapatero ou a oposición ou Europa ou

Obama, pero o presidente de Galicia non ten nada que ver

cos problemas das galegas e dos galegos.

A función do Goberno galego, señor Feijóo, é resolver os

problemas de Galicia. Estes problemas só se resolven cunha

política axeitada que teña claramente unha base económica.

Dende hai case dous anos, esta é a súa responsabilidade,

pero, por desgraza, para os parados, para os xóvenes, para os

doentes, para os dependentes, para os estudantes e para as

empresas, vostede renuncia a solucionar os problemas, mentres,

de xeito irresponsable, dedica toda a súa enerxía a buscar

culpables alleos e a desaparecer da foto da crise deste

país.

Señor presidente, todos temos dificultades, pero, evidentemente,

cando vostede chegou ao poder a lombos desta

crise, comprometeu que ía solucionar o desemprego en 45

días. Non só ten 32.600 empregados máis que cando comezou,

senón que vostede lle anunciou a Galicia que era o

garante do futuro. ¡Home!, tanto llo anunciou que o firmou,

e presentou un contrato con Galicia. Eu pídolles a todos vostedes,

señores deputados, que repasemos o contrato con

Galicia do señor Feijóo. Señora conselleira, señora conselleira,

(Aplausos.) o problema é que vostede, cando fixo os

orzamentos, non se acordou de ler o contrato do señor presidente

con Galicia, porque, se o lera, fala en primeiro lugar

dun contrato para resolver os problemas de emprego. E

cando vostede traduce os orzamentos, a maior redución vai

ás políticas activas de emprego.

Falaba dunha estratexia económica, e a estratexia económica

o que está claro é que só se presenta con recortes a todo

aquilo que fale de innovación, que fale de investimento e

que fale de autónomos.

Falaba de austeridade, e curiosamente só medran as consellerías

como a de Presidencia e, dende logo, o número de

asesores do presidente segue sen baixar. Aí non hai recorte

nin hai austeridade. Falaba de fiscalidade, pero, evidentemente,

a fiscalidade segue sen ser un elemento de confrontación.

Fala de sanidade con garantías. ¿Para quen? ¿Para

quen son as sanidades? ¿Para quen é a sanidade con garantí-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

as? Fala dunha lei de dependencia efectiva, 38.000 homes e

mulleres deste país que non van ter dereito a ningún tipo de

dependencia. Opcións de conciliación: desaparecen todas as

políticas de igualdade, a lei de igualdade no traballo, e desaparece

o servizo para a igualdade que tiñamos sempre neste

país.

Fala vostede de que ía poñer a xuventude en primeiro

plano. Repasen os orzamentos e vexan qué futuro lles espera

aos xóvenes deste país en educación, en formación profesional,

en investigación. Falaba –¡que crueldade!– de equilibrio

territorial, e acaba de dicirnos, señor presidente, o candidato

non nato a Ribeira, cando falou neste momento, dille

aquí a todos que o equilibrio territorial [...]. Nos orzamentos

territorializados, 180 millóns de euros para Coruña, 170

millóns de euros para Pontevedra, 50 millóns de euros para

Ourense e 80 millóns de euros para Lugo. De equilibrio,

nada. (Aplausos.)

Falabamos no contrato, compañeiros, de políticas de

medio ambiente, de ligar a política territorial e o medio

ambiente, e de facer o desenvolvemento sostible un principio

irrenunciable en todas as áreas de goberno. Pásello, por

favor, ao conselleiro de Política Territorial e de Medio

Ambiente.

En innovación e en empresa, vostedes falan tamén de

poñela como un dos elementos clave, e permítanme que me

pare soamente un momento co conselleiro de Industria para

pedirlle por favor por Galicia, polos traballadores e por

todos nós, que deixe de facer o ridículo co da planta de baterías

de Mitsubishi, que deixe de facer o ridículo. O outro día

estaba en Ferrol e visitáronme os compañeiros de Narón:

¡Oe, que vén para aquí!; os de Vilanova: que vai para aquí;

os de Sanxenxo: que vén para aquí; os de Tomiño, que vén

para aquí; os de Nigrán, que vén para aquí. Imaxine, señor

presidente, a cara dos xaponeses (Aplausos.) Estarán dicindo

unha pregunta moi sinxela, señor presidente, e estarán

dicindo unha pregunta clave: ¿quen manda aquí? ¿Quen dirixe

este país? ¿Quen pon en marcha a política e a estratexia

empresarial dun país onde, cando nos están avisando e dicindo

que nos mandan neste momento a mellor infraestrutura

industrial para falar de futuro, resulta que andamos cada un

deste país mirando e levantando o dedo ¡eu, eu...! Oia, señor

presidente, déixese de andar de viaxe e resolva isto (Aplausos.)

Isto si que é un problema, un problema que teñen aquí.

Bueno, o tempo, conselleira, a vostede non, como acabamos

de comprobar, pero a nós si nos está moi limitado. Innovación,

reforma da Administración, identidade e liberdade.

Identidade e liberdade, apartado 13 do contrato do presidente

da Xunta con Galicia: “Comprométome a recuperar os

consensos en torno aos nosos símbolos identitarios, especialmente

no idioma”. Duro, ¿eh? Liberdade, rexeneración

democrática...

Bueno, señor presidente, mire, para rematar, eu creo que

estes orzamentos ao que renuncian é á maior, renuncian a

sacar adiante este país. Vostede decidiu non asumir a crise

como un problema propio. Ás veces dá a sensación de que

vostede ata vive ben no medio desta crise, porque a fin de

semana, o venres, colle o avión, e vaille contar aos outros

como se sae da crise, a Cataluña, ao País Vasco... A todos os

sitios lle vai explicar que vostede sabe como se sae desta

crise, pero en Galicia nin só pon unha solución encima da

mesa nin nos orzamentos é capaz de dar unha soa medida

para saír adiante. Mire, ¿sabe cal é a proposta que lle mandamos

a través das emendas?: Desta crise só se sae investindo

na sociedade do coñecemento, investindo en innovación,

investindo en educación, investindo en políticas activas de

emprego, nas axudas a autónomos e pequenas empresas,

pero, sobre todo, sáese tamén –e necesitamos saír, señor presidente–

garantindo as políticas sociais en educación, en

sanidade e en dependencia, e, dende logo, garantindo a protección

medioambiental.

Creo que quedan momentos para seguir traballando

todos. Podemos saír aquí, señor presidente, señora conselleira,

señor voceiro, a meter bulla, iso faino calquera...

(Risos.) Así nunca vai chegar a ser alcalde de Ribeira,

(Aplausos.), ese é o seu problema. (Murmurios.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

Número 68

22 de novembro de 2010

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: Vostede pode escollelo.

Pero neste momento aquí estase falando do futuro económico

deste país. E o futuro económico deste país ten unha

crueldade moi particular: unha conselleira, señora conselleira,

que fai o que lle mandan. E o que lle mandan é un axuste

de contas con este país. Non cadran as contas, vostedes

veñen aquí a axustarlles as contas a sectores deste país que

cren no público, que cren na sanidade pública, que cren na

46

Número 68

22 de novembro de 2010

educación pública. E veñen facelo, conselleira e presidente,

como fan sempre os partidos conservadores: aproveitamos a

crise e cambiamos o servizo polo beneficio. (Aplausos.)

Aproveitamos a crise e nese momento, señora conselleira,

vostedes o que van facer é dicir: como isto está moi mal, o

que teña cartos que veña e que o arregle.

Mire, señor presidente, eu quero pedir, claramente, que

pense que en fronte hai un partido, que é o socialismo galego,

que está pendente de que vostede poña encima da mesa

unha proposta para sacar adiante este país. Que queremos

falar con vostede de emprego, que queremos falar con vostede

de sanidade, que queremos falar con vostede de política

territorial. E, señora conselleira e señor presidente, os atallos

nunca son bos: escoller a Lei orzamentaria para meter de

rondón cambios estruturais deste país só transmite unha

cousa: improvisación. Vostedes están saíndo desta crise con

improvisación e esperando que escampe.

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor, señor Vázquez.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: Pero neste país hai centos

de miles –remato, señora presidenta– de homes e mulleres

que están esperando unha cousa que soa tan normal que ata

dá risa dicila: están esperando por un presidente e por un

Goberno que se poña a resolver os problemas deste país.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Para o peche do debate ten a palabra a conselleira de

Facenda.

A señora CONSELLEIRA DE FACENDA (Fernández Currás):

Moitas grazas, señora presidenta.

Señor Vázquez, fala vostede de improvisación. Certamente

non sei que improvisación, supoño que esa é a folla

de ruta que ten xa aprendida porque é a que vostedes practican.

Pero este Goberno non improvisa nada, este Goberno

fai unha planificación seria, rigorosa, constante, realista,

acertada. Temos unha folla de ruta económica por primeira

vez na historia desta comunidade autónoma. (Aplausos.)

(Murmurios.)

47

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

A señora CONSELLEIRA DE FACENDA (Fernández Currás):

Señor Vázquez, fala de negociacións. Eu non sei que negociacións

pretende e non sei se terá falado con outros conselleiros.

Polo que a min respecta, eu unicamente téñolle que

dicir que levo dous orzamentos, dous orzamentos, por primeira

vez na historia desta comunidade autónoma, negociados

cos axentes sociais e os grupos políticos. (Aplausos.)

Aínda hoxe estou esperando as súas propostas, aínda hoxe.

(Aplausos.) (Murmurios.) Que no seu momento dixeron que

xa no debate parlamentario xa me enteraría do que propoñían

o BNG mais o PSOE. Ben, pois así o fixen; eu, dende

logo, estudo atentamente –como xa puideron comprobar na

miña réplica– as emendas que fixeron.

Certamente, cando eu volvín requirir o apoio dos axentes

sociais e mais os grupos parlamentarios de cara a unha nova

aldraxe que se está facendo con esta comunidade autónoma

da man da negación dun dereito recollido na Comisión bilateral,

que é o Fondo de Cooperación, 243 millóns de euros,

todos apoiaron a nosa proposta menos o PSdeG. Claro, loxicamente,

xa sabiamos que o señor Vázquez tiña información

privilexiada e que hoxe confesa na Cámara: non van vir os

cartos correspondentes ao Fondo de Cooperación.

Mire, cando falamos de equilibrio territorial, no eixe 4

do Plan estratéxico, equilibrio territorial, estamos falando de

investimento por habitante. Eu non sei –recoñezo que teño

máis facilidade para as contas–, pero é o investimento por

habitante en Ourense ou en Lugo o duplo que en Pontevedra

e A Coruña.

O gasto en I+D+i. Mire, sabemos que queremos mudar o

modelo de crecemento, e nós facemos unha aposta por iso.

Certamente esta é unha necesidade compartida por todo o

país: temos que incrementar a competitividade, temos que

seguir afondando no I+D+i. Pero, miren, esta comunidade

autónoma baixa un 0,8 % as achegas correspondentes ao

I+D+i, e o Estado rebaixa nada máis e nada menos que un

8,37 %.

Respecto ás colaboracións público-privadas, eu téñolle

que dicir, señor Aymerich, que certamente, cando vostede

está falando, está comparando débeda pública coas TIG

correspondentes proxectos, non son magnitudes homoxéne-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

as; loxicamente non son magnitudes homoxéneas; porque,

mire, as colaboracións público-privadas non é unicamente un

pago adiado, está pagando o custo correspondente á construción,

á reposición e mantemento e ademais aos custos financeiros

correspondentes. Co cal alomenos temos tres magnitudes

que comparar; non é o mesmo o custo da débeda pública

como tampouco o é o custo correspondente ao endebedamento

privado. Xa sabemos que a débeda pública ten en principio

unhas garantías maiores. Pero a ese custo da débeda

pública témoslle que engadir os outros: a reposición, o mantemento,

loxicamente o beneficio industrial do contratista

correspondente á construción; son moitos custos a comparar.

Respecto á rebaixa do gasto social e mesmo os recortes

en sanidade, ben, eu xa estou un pouco cansa, (Murmurios.)

porque levamos toda a mañá dirimindo ao respecto. Pero,

miren,... (Interrupcións.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

A señora CONSELLEIRA DE FACENDA (Fernández

Currás):... sorprende que, nun orzamento que todo o mundo

di que baixa en sanidade, a proposta do BNG sexa precisamente

que desaparezan os imprevistos para sanidade. ¡Que

área xustifica máis imprevistos que sanidade, as substitucións!

(Interrupcións.) Un evento, un imprevisto como pode

ser a gripe... (Interrupcións.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

A señora CONSELLEIRA DE FACENDA (Fernández

Currás):... a gripe A, 25 millóns de euros que custou a gripe

A. Pero, claro, non sei se é máis lóxica a emenda que presenta

o PSdeG de recortar 96 millóns de euros para o Sergas,

recortar 96 millóns de euros para o Sergas.

Mire, respecto á dependencia, non se preocupe. Ocorre

que no caso da dependencia –non sei se se lembran– hai un

cofinanciamento. E nós poñemos os cartos enriba da mesa,

está o 70 % dos cartos que nos corresponden; o Estado, de

momento, nin se sabe. Pero non se preocupe, que se os cartos

do Estado chegan eu teño o firme compromiso de xerar

os fondos correspondentes para a dependencia. (Interrupcións.)

(Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

Número 68

22 de novembro de 2010

A señora CONSELLEIRA DE FACENDA (Fernández Currás):

Miren, señorías, estes son uns orzamentos realistas. Son realistas

porque non incorren nunhas previsións que ninguén as

pode soster. Cumprimos coas previsións de crecemento que

xa anunciamos nesta Cámara en maio de 2009, pois pechamos

co mesmo decrecemento que xa anunciaramos en maio

de 2009. Nos orzamentos de 2010 imos cumprir as nosas

previsións de crecemento, co cal os nosos presupostos si que

son realistas.

Pero é máis –non é que o diga eu–, é que a economía

galega ten moitos signos de resistencia, vai mellor que a economía

española. E, mire, dío Caixa Galicia, nada máis e

nada menos, os expertos de Caixa Galicia –que, por certo,

non son moi sospeitosos tampouco–. Demostran que o sector

industrial medra un 4,5 %, máis do duplo que España; o

sector turístico ten un magnífico comportamento debido ao

efecto Xacobeo; a ocupación hoteleira ten 4 puntos debido

ao efecto Xacobeo; o tráfico aéreo de pasaxeiros medrou o

9,2 %; e as exportacións achegan un rendemento neto de 358

millóns, unha vez feitas as compensacións das balanzas

comerciais correspondentes.

Son austeros, sen dúbida, son austeros. Facemos un

esforzo extraordinario de contención nas consellerías non

sociais, unha redución do 24,7 %. Son sociais, fan o maior

esforzo da historia desta comunidade autónoma. Que, por

certo, ese 75 % do que vostede falaba certamente é gasto

social; pero o gasto social tamén inclúe traballo, emigración,

igualdade. Certamente os servizos públicos fundamentais,

aos que vostede se refería, teñen na composición no orzamento

de 71,4 %, é dicir, 3,4 puntos máis que o ano pasado,

68 fronte ao 71,4 %.

E teñen, si, señorías, un forte axuste nos investimentos,

que mitigamos coas colaboracións público-privadas. Unhas

colaboracións público-privadas que certamente eu non sei

por que xeran tanta polémica. Non escoitei, dende logo, un

rechazo (Interrupcións.) ao modelo de colaboración público-privada,

non escoitei o modelo.

Falan da privatización dos servizos sociais. Ben, a xestión

directa aos servizos sociais está contemplada na Lei de

servizos sociais de Galicia, 13/2008, aprobada por vostedes

por certo. Por iso sorpréndeme que vexan tan problemático

este aspecto; sobre todo chama a atención que o critiquen

48

Número 68

22 de novembro de 2010

tanto cando nos municipios onde vostedes gobernan este sistema

de xestión indirecta está a ser utilizado dende hai

tempo. Pontevedra, gobernada polo BNG, ten externalizada

a axuda no fogar, ao igual que Ourense e Santiago, por poñer

algúns exemplos.

Pero, miren, incerteza de cara ás colaboracións públicoprivadas.

Pois mire, si, certamente, eu prefería ter os cartos

no capítulo 6, loxicamente. Pero é que estamos falando de

facer ou non facer, entre outras cousas, porque non temos o

apoio necesario para reclamar os cartos en Madrid que nos

corresponden.

Os proxectos suxeitos ao cambio tecnolóxico loxicamente

presentan unha prima de risco pola evolución tecnolóxica.

As normas contables do SEC 95 tamén introducen incertezas.

Pero eu quero que saiban que esta comunidade autónoma

sométese voluntariamente ao ditame previo, que non é

nin preceptivo nin vencellante, do Grupo INE-Banco de

España e a IGAE. E ata o de agora todos os proxectos licitados

teñen ese informe.

A crise, loxicamente, reflicte unha maior proporción de

risco e traslada unha posibilidade de dificultades de financiamento

–somos conscientes–; co cal o que temos que procurar

é que a administración licitadora, é dicir, nós, teñamos

un alto renting, sexamos quen de cumprir os nosos compromisos,

esixamos e teñamos a solvencia técnica suficiente

para construír proxectos atractivos.

O deseño do mapa de riscos ten que ser o adecuado, ten

que facer unha distribución entre os riscos de demanda, dispoñibilidade

e construción axeitada para o socio privado.

Ten que medir o risco-proxecto, de tal forma que os financiadores,

os que aporten o financiamento deste proxecto,

teñan unha adecuada formulación de modelo que faría innecesario

unha achega adicional por parte da administración

pública, co risco conseguinte de consolidación no balance

das administracións públicas, que é o que non queremos. A

correcta distribución dos riscos e a correcta definición do

proxecto e do modelo garantirá que non consolide nas contas

públicas. E, loxicamente, unha mellor definición do contrato

dará maior seguridade xurídica ao socio privado.

Miren, a secretaria de Infraestruturas, Inmaculada Rodríguez

Piñeiro, di que levamos catro meses adicados en exclu-

49

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

siva a falar con entidades financeiras; vimos que ninguén

asume o risco de demanda e buscamos un modelo en que

non se transfire o risco das explotacións. Con vistas no PEI

tiñamos que garantir dúas cousas: que as obras fosen financiables

e que non computaran en déficit. E conclúe: percibo

apetito inversor para participar no PEI.

Eu non teño por que dubidar das palabras da secretaria

xeral de Infraestruturas. Son consciente de que todas

as administracións públicas estamos competindo precisamente

por esta forma de xestionar, polo financiamento

correspondente ás colaboracións público-privadas. Por

iso, asumo que temos diante un novo reto, e ese novo reto

asumímolo. ¿E como o asumimos? Pois precisamente

porque seremos quen de captar ese financiamento, dado

que esta comunidade ten un bo renting, esta comunidade

cumpre os seus compromisos e esta comunidade ten uns

técnicos que teñen a suficiente capacidade e solvencia

técnica como para definir os proxectos que esta Galicia

necesita.

Porque os orzamentos que hoxe presentamos nesta

Cámara son os mellores orzamentos que se poden facer

neste momento, pídolles loxicamente a confianza desta

Cámara e que apoien este proxecto de orzamento.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, conselleira.

Pasamos á votación das emendas do grupo 1. Pechamos

as portas.

Comezamos coa votación das emendas á totalidade que

postulan a devolución global do orzamento, comezando pola

emenda do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista

Galego.

Votamos.

Hai un fallo no sistema de votación. Eu véxoo aquí na

miña pantalla, pero non aparece nas pantallas; entón... Supoño

que as súas señorías teñen intermitentes os paneis cando

eu dixen que votabamos... Non, agora non, fai un momento

si que estaban porque eu estou vendo a votación na pantalla

pero non sae nas pantallas altas.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

Se lles parece, dinme que teñen que volver reconducir o

ordenador, que tardariamos dous minutos; se lles parece,

votamos á man alzada, que eu creo que estamos aquí –polo

que eu sei– os 75 deputados presentes, e, se lles parece, imos

gañando tempo e votamos entón a emenda do Grupo Parlamentario

do Bloque Nacionalista Galego.

Votamos, por favor, á man alzada.

Votación da emenda número 1 do G. P. do Bloque Nacionalista

Galego, á totalidade, que postula a devolución global

do orzamento.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a

favor, 37; votos en contra, 38.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitada.

Votación da emenda número 1 do G. P. dos Socialistas de

Galicia, á totalidade, que postula a devolución global do

orzamento. Efectuada a votación, deu o seguinte resultado:

votos a favor, 37; votos en contra, 38.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitada.

A señora PRESIDENTA: Votamos a continuación a votación

conxunta das emendas á totalidade que postulan a devolución

de seccións e axentes xestores de gastos. Comezamos

polas emendas do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista

Galego.

Votación conxunta das emendas á totalidade do G. P.

do Bloque Nacionalista Galego (da núm. 2 á 50) que postulan

a devolución de seccións e axentes xestores de gastos.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a

favor, 37; votos en contra, 38.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, quedan rexeitadas estas emendas.

Votación conxunta das emendas á totalidade do G. P. dos

Socialistas de Galicia (da núm. 3 á 32) que postulan a devolución

de seccións e axentes xestores de gastos

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a

favor, 37; votos en contra, 38.

O resultado da votación é negativo.

Número 68

22 de novembro de 2010

En consecuencia, quedan rexeitadas as emendas.

Suspendemos por tanto a sesión ata esta tarde ás dezaseis

trinta horas.

Moitas grazas e desculpen os fallos electrónicos.

Suspéndese a sesión ás tres e dous minutos da tarde.

Retómase a sesión ás catro e trinta e un minutos da

tarde.

A señora PRESIDENTA: Señorías, boas tardes. Vaian ocupando,

por favor, os seus escanos.

Reiníciase a sesión. Corresponde neste intre entrar no

grupo 2.

Debate e votación das emendas que modifican a contía

global dos orzamentos ou que transfiren créditos entre

seccións.

A señora PRESIDENTA: As emendas presentadas son as

seguintes: emendas que modifican a contía global dos orzamentos,

polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista

Galego emendas número de 1 a 6, e Grupo Parlamentario

dos Socialistas emenda número 2. Emendas que transfiren

créditos entre seccións, do Grupo Parlamentario do Bloque

Nacionalista Galego emendas da 7 á 37, e o Grupo Parlamentario

dos Socialistas de Galicia emenda número 2.

Comezamos pois coa rolda de defensa das emendas. Para

a defensa das emendas ten a palabra polo Grupo Parlamentario

do Bloque Nacionalista Galego o señor Blanco Álvarez.

O señor BLANCO ÁLVAREZ: Señora presidenta, señorías.

Señora conselleira.

50

Número 68

22 de novembro de 2010

Imos debater hoxe duns orzamentos, dos orzamentos do

ano 2011, orzamentos históricos, sen parangón, con planificación

económica por primeira vez na historia de Galiza. Eu

non sei o que opinará o señor Fraga, que gobernou durante

dezaseis anos. Seguramente ao señor Fraga agora iso xa non

lle importe moito, pero ao vicepresidente e hoxe presidente

supoño que lle importará máis, porque isto é tanto como presupoñer

que o anterior Goberno, os gobernos do Partido

Popular, facían os orzamentos ao tuntún, xuntábanse alí no

Consello de conselleiros e ían dicindo: doulle unha e quítasme

outra. A verdade é que eu creo que foron, con todo, bastante

máis rigorosos evidentemente ca iso. Eu supoño que no

debuxo que fixo vostede esta mañá sobre a situación de

Galiza, unha situación máis que ilusionante, eu falaría de

ilusoria.

Pero, en todo caso, imos debater sobre uns orzamentos

que é un documento político: establecen prioridades, marcan

obxectivos, estratexias. E digo que imos falar dun documento

político e que polo tanto a miña intervención tamén vai

ser unha intervención política. E dígoo porque fai uns días,

nunha Comisión deste Parlamento, había unha portavoz do

Grupo Popular que me achacaba vir a este Parlamento a

facer política, e eu voulle dicir que, efectivamente, eu veño

facer política neste Parlamento; outras non sei a que veñen,

eu veño facer política desde logo. Eu non quería nomear

quen era esa persoa, pero, como ela se acaba de nomear, en

todo caso xa todos o sabemos.

Claro que vou facer unha intervención política. E o primeiro

que hai que falar para situar estes orzamentos –e

fíxoo vostede tamén perante a mañá– é debuxar o escenario

no que se teñen que desenvolver. Un escenario efectivamente

de crise económica, de crise económica moi pouco

analizada por certo, moi pouco buscada –¿quen son os responsables

desta crise económica?–, que fai moi boa unha

viñeta que debuxaba El Roto, ese debuxante que publicaba

as súas páxinas, que publica as súas páxinas, que poñía na

boca dun banqueiro a seguinte frase: “A operación foi un

éxito, conseguimos que pareza unha crise o que foi un vulgar

saqueo”.

E, efectivamente, diso estamos a falar. Os saqueadores,

aqueles que especularon, produciron como consecuencia

que hoxe a maioría social dos países –e tamén en Galiza–

teñan que soportar unha crise que os afecta a eles si directa-

51

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

mente en termos de emprego, en termos de calidade de vida,

en acceso aos servizos públicos e polo tanto á sociedade do

benestar.

Facía vostede á mañá tamén –como é necesario nestes

orzamentos– un primeiro debuxo dos ingresos. Os ingresos

nestes orzamentos son unha parte importante. Vostede falou

dalgunhas cuestións; eu tamén quero facer referencia especialmente

a elas.

En primeiro lugar, a financiación autonómica. Señora

conselleira, vostede sabe que nós fomos absolutamente críticos

con este sistema de financiación. Alertabamos de que

ía ter unha repercusión claramente negativa sobre a economía

galega, sobre o desenvolvemento socioeconómico galego.

Dixemos que había que estar en contra, posicionámonos

así neste Parlamento e démoslle a vostede a confianza para

debater, para discutir, para lograr a nivel de Estado unha

financiación que respondera aos criterios que este Parlamento

tiña manifestado por unanimidade.

Non foi así, non foi así. Este financiamento autonómico

non é o que Galiza necesita, pero é que, ademais diso, ademais

diso, os incumprimentos que di vostede que se están a

producir minguan mesmo o que vostede firmou alí e avalou.

E, polo tanto, estamos ante unha situación onde o nivel de

ingresos de Galiza cae, evidentemente, e estamos a falar que

a financiación autonómica ademais é o 83% dos ingresos

non financeiros da Xunta de Galicia; é dicir, que é esencial,

é importantísimo ter acaído un modelo de financiación que

respostara ás necesidades do país. Isto non foi conseguido

por parte do Partido Popular, polo Goberno do Partido Popular,

e polo tanto hoxe temos un sistema de financiación que

penaliza claramente isto.

Pero hai un segundo aspecto. Eu xa lle dixen con claridade

e manifesteino: nós si estamos por endebedarnos máis,

para atender á sociedade do benestar, para impulsar economicamente

ao país, e polo tanto o nivel de endebedamento

diciamos que non podía estar limitado, non estamos de acordo

con esa limitación, e mesmo poñiamos enriba da mesa as

modificacións na política monetaria, na política económica

da Unión Europea a respecto do que se chamaba rexións

obxectivo 1, é dicir, que puideramos aumentar o noso límite

de endebedamento para dar cumprida resposta ás diferenzas

que existen entre estes territorios e polo tanto cara a unha

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

converxencia real do conxunto das nacións de Europa. Pero

isto tampouco foi tido en conta por parte do Goberno.

E fixo vostede despois unha interpretación claramente

maniquea. Dixo: había que elixir entre a suba de impostos ou

o combate á fraude fiscal, e nós eliximos o combate á fraude

fiscal. Señora conselleira, o combate á fraude fiscal non

se elixe: hai que dalo continuamente, e iso non ten nada que

ver coas políticas fiscais que se poñen en marcha nunha

situación de crise. Porque, ademais, nin sequera é certo que

vostedes non suban os impostos. Non só soben senón que os

crean. Estamos diante, por exemplo, do canon de auga, de

canon de vertido –que se vai poñer, iso si, pasadas as eleccións

municipais, grazas a unha emenda do Partido Popular–,

que vai facer que o recibo da auga se incremente para

o conxunto dos galegos e das galegas. Polo tanto, están

actuando claramente na carga fiscal que van soportar a

maioría dos galegos e das galegas; iso si, sen ter en conta en

ningún caso o seu nivel de renda, o seu patrimonio e as súas

necesidades; vostedes equiparan a todos do mesmo xeito.

Contra isto nós poñemos enriba da mesa unha suba de

impostos –nós non nos avergoñamos diso–, unha suba de

impostos aos que máis gañan. E por iso, nestas emendas que

presentamos, neste texto alternativo aos seus orzamentos,

poñemos enriba da mesa unha subida no tramo autonómico do

IRPF que pode supoñer –podemos discutir canto pode supoñer,

aínda que xa o temos discutido en máis ocasións– 25 millóns

de euros para as arcas galegas. 25 millóns de euros, neste

momento e coa situación de recorte que vostede debuxou, son

moi importantes para poñer en marcha desde políticas sociais

a políticas de I+D+i ou de impulso aos sectores produtivos.

E, polo tanto, é importante saber cal é o camiño a seguir,

porque o camiño a seguir non é a rebaixa de impostos, que

vostedes por certo tampouco puxeron en marcha; é que

aqueles que máis gañan teñan unha carga fiscal maior para

axudar nun momento de dificultades coma neste. Poderiamos

falar doutro tipo de impostos, pero é certo que por unha

escasa competencia nas políticas fiscais e nas políticas económicas

de Galiza –que se corresponde ademais cun Estatuto

que claramente non nos dá competencias– moitas delas

non se poden poñer en marcha.

Que non se poden poñer en marcha pero que despois

teñen un efecto na economía galega. Por exemplo: ¿como

Número 68

22 de novembro de 2010

cambiaría o mapa de ingresos da Xunta de Galiza se as

empresas enerxéticas que están neste país desde fai moitos

anos traballando, desde a hidráulica, a eólica, a minihidráulica,

as térmicas, estiveran cotizando os seus impostos en

Galiza, e non explotando os nosos recursos aquí e declarando

os seus impostos en Cataluña, en Madrid ou onde sexa,

pero non aquí? Iso é algo que, evidentemente, tamén tiña

que ser modificado. Se están a explotar os recursos aquí, que

paguen aquí os seus impostos. Ese é o mecanismo para

garantir tamén un nivel de ingresos acaído.

Polo tanto, estamos xogando nun escenario que vostedes

debuxan con moi pouca marxe de manobra. Aínda así, veremos

a continuación como dentro mesmo deste orzamento se

poden facer cambios que dalgunha maneira poñen enriba da

mesa un novo modelo, mesmo dentro do estrito campo de

xogo que efectivamente vostedes poñen enriba da mesa por

non cambiar estes aspectos.

Aspectos que afectan a todos, desde o decreto do carbón,

as caixas galegas, a Vulcano, ao eólico, por certo, que acaban

vostedes de adxudicalo e eu creo que están obviando ou

ignorando algo moi importante, e é que a nivel de Estado

existe un rexistro de preasignacións e que se ese rexistro de

preasignacións non inclúe o reparto de eólico que se fixo hai

uns días non van ter primas e polo tanto non hai nin plans

industriais nin xeración de emprego, nin sequera desenvolvemento

do sector eólico, unha lei por certo que se puxo en

marcha cando vostedes eran xa responsables do Goberno.

Non se poden botar as campás a voar cando resulta que quen

ten a chave dese reparto non son vostedes, é o Estado a través

dese rexistro de preasignacións, que en todo caso haberá

que ver como se desenvolve. Pero este é o escenario no

que se move a economía galega, e aí é precisamente onde hai

que actuar.

Mire, eu botei en falta sinceramente, o Bloque Nacionalista

Galego botamos en falta á mañá na súa intervención

palabras –e díxenllo tamén na primeira intervención na

Comisión–; fala vostede de solvencia, de estabilidade orzamentaria,

pero non se fala dos aspectos que están preocupando

realmente aos galegos. ¿E cales son? O emprego.

¿Cal é? A pobreza. ¡Oia! Hoxe mesmo se publicaba que hai

55.000 familias galegas que necesitan axuda para comer

todos os días. ¡Home!, algo destes orzamentos terá que ir

dirixido a esa xente, algo destes orzamentos terán que ir diri-

52

Número 68

22 de novembro de 2010

xidos aos que perderon o emprego. E como consecuencia da

perda de emprego, fican moitos casos de exclusión social. A

diferenza entre estar nos niveis de pobreza, ou nos niveis

máis acaídos de vida, é o emprego, é o elemento que delimita,

é a liña vermella que delimita estar nun proxecto de

inclusión social ou non. Non é a formación xa, non é nada

máis que o emprego.

¿Por que non se fala de emprego? ¿Por que non se fala

de pobreza, se estes son os problemas que hoxe os galegos e

as galegas están poñendo enriba da mesa? Seguramente porque

iso se contradí con parte do que vostede di. Hoxe presumiu

de ser os que menos se endebedaban despois de Canarias.

¿Realmente iso é algo que vostede ten que poñer aquí

como valor? O que haberá que poñer como valor é se o

endebedamento que se leva adiante serve para manter o

Estado de benestar, serve para impulsar a nosa economía.

Ese é o debate primordial. Non é quedar ben orzamentariamente,

non é dicir que teñamos credibilidade ante mercados

que son os responsables da crise económica na que estamos.

¿Ou é que fai escasamente un ano non diciamos que

había que mudar as regras de xogo das grandes entidades

financeiras, que había que regulalas, que había que vixialas,

porque fan trampas? Por certo, fixeron moitas, pero ningún

desde logo tivo responsabilidades.

Porque isto dá despois un debate absolutamente falso.

Mire, aquí ninguén cuestiona que lle deamos miles de

millóns de euros á banca. Argumento: son para salvar o sistema

global –bastante abstracto, por certo–. Agora, cando as

subvencións teñen un carácter social, entón fálase de derroche,

de gasto, de pouca austeridade. ¡Oia!, se precisamente

as axudas van dirixidas á maioría social, a esa maioría social

que é a que pon os recursos para facer precisamente estes

orzamentos.

Polo tanto, temos que priorizar, e uns orzamentos teñen

contido ideolóxico, e estes son uns orzamentos que avanzan

nas privatizacións e desmontan os servizos públicos, clarisimamente

e en todos os campos de actuación, como iremos

agora precisamente mirando.

Desde o Bloque Nacionalista Galego puxemos en marcha

unha emenda que pon enriba da mesa 357 millóns de

euros. E eu quero seguir o seu fío argumental. Nós non com-

53

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

partimos, non apoiamos o seu Plan estratéxico, porque diciamos

que non estabamos de acordo con moitos puntos, con

moitos obxectivos –non tanto obxectivos senón a maneira

de levalos adiante–, e polo tanto porque iso era avalar tamén

a súa política económica.

Vostedes o dixeron ademais na presentación dese Plan

estratéxico: este Plan estratéxico é a teoría dos orzamentos

do ano 2011; efectivamente o é, e irémolo mirando. Non

apoiamos aquel Plan estratéxico e tampouco imos apoiar

desde logo estes orzamentos. Porque miren, ¿cal é a realidade?

A realidade é que, dos cinco eixes estratéxicos que vostedes

poñen en marcha, unha cuestión é o que din e outra é

o que fan.

E vou comezar polo primeiro, cohesión social, benestar

e calidade de vida. E neste obxectivo póñense unha serie de

liñas estratéxicas: a revitalización demográfica, as prestacións

sanitarias públicas, o acceso á educación e á cultura,

impulsar a igualdade de oportunidades e a inclusión social.

¿E que nos din estes orzamentos? Pois estes orzamentos dinnos

que hai 55.000 familias que reciben axuda para comer

todos os días. Estes orzamentos dinnos que se suprimen os

equipos de inclusión social nas cidades. Estes orzamentos

dinnos que hai unha dramática redución dos plans de inclusión

social. Estes orzamentos e outros informes dinnos que

a nivel de sanidade hai 6.800 operacións menos que no ano

anterior, no ano 2009; non o di o Bloque Nacionalista Galego,

dío o Informe do Consello Económico e Social. Dinnos

que hai 227.000 persoas esperando unha primeira consulta

–das publicadas por certo, aínda non sabemos as que vostedes

non publican–. Que rebaixan o capítulo de persoal en

sanidade para mercar ordenadores. ¿Van atender agora os

ordenadores aos pacientes? É o momento de facer ese investimento

¿ou é o momento de poñer servizos e, polo tanto,

capacitación na sanidade pública para atender neste momento

a esas listas de espera interminables?

Pero é que vostedes, que tamén apostan aquí por unha

educación trilingüe, suprimen o 35,14 % das bolsas de

aprendizaxe en inglés. Nas bolsas de FP –iso que dicían vostedes

hai uns días, que é o modelo que hai que impulsar para

vincular empresa-formación–, a realidade é que vostedes a

baixan un 53 %. As bolsas para alumnado universitario redúcense

nun 50 % case. Recórtanlles o 35 % aos comedores

escolares. É curioso: quítanlle 90.000 euros a Preescolar na

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

Casa, pero non teñen ningún problema nesta época de recortes

de darlle 100.000 á Fundación Camilo José Cela, que,

como todo o mundo sabe, está xestionada con eficiencia, eficacia

e austeridade. Esta é a realidade, mentres gastan 2

millóns de pesetas en libros para poñelos en español. Ou

350.000 euros –aquí si, para os centros privados– para ensinanza

do inglés. O que reducen nos centros públicos de

inglés póñeno no concertado.

Polo tanto, hai unha clara contradición ademais no que

vostedes poñen nestes orzamentos e o que vostedes están a

poñer no Plan estratéxico.

Por iso nós facemos unha emenda, por iso con estes

recursos que nós detraemos doutras partidas poñemos en

marcha un plan de acción social de verdade, con bolsas a

alumnos universitarios por millón e medio, con máis de 3

millóns para comedores escolares, para a mellora dos centros

de ensino, para os reforzos do profesorado, para mellora

da FP, para as industrias culturais 4 millóns de euros. A

cultura tamén é unha industria e soporta neste país ademais

unha industria importante, tanto en termos de produción

como de emprego; parece a gran esquecida, desde logo,

desde o Goberno do Partido Popular.

Para o reforzo das políticas de atención á dependencia,

máis de 14 millóns de euros. ¡Oia!, eu lembro que hai ano e

medio, cando se falaba de dependencia, e aparecían por certo

nos medios de comunicación persoas que aínda non o tiñan

recollido, que aínda non estaban recoñecidas, que ía retrasado,

unha gran resposta en boa parte mediática sobre este tema.

Chegan vostedes e non deixa de ser sorprendente: sae unha

conselleira dicindo que non vai haber máis axudas –o cal non

se entende moi ben, porque, como vostede sabe, este é un

dereito– e ademais agora o pon nestes orzamentos, porque

efectivamente se reducen, non hai nin para atender aos que

hai. ¿Ese é o modelo de dependencia que vostedes querían

poñer en marcha? ¿Esa era a atención que ían dar a todos?

¡Home!, eu creo que é evidente que a vostedes se lles

acabaron as ideas no mesmo momento en que empezaron a

gobernar. E as solucións á crise e a todas as problemáticas

que dela se xeraban, desde a exclusión social, desde o desemprego,

realmente aparecen desaparecidas. Contra todo

isto nós poñemos en marcha un plan de máis de 150 millóns

de euros para atender precisamente alí onde vostedes están

Número 68

22 de novembro de 2010

deixando de atender, e, polo tanto, para continuar co compromiso

que se tiña adquirido con estes sectores.

Hai un segundo eixe, que era a dinamización económica,

o crecemento e o emprego. Falan vostedes de potenciar a

competitividade dos sectores, as estratexias, a innovación;

de mellorar a calidade e a cualificación dos traballadores.

Pero, ¿cal é a realidade neste momento desta situación?

Mire, falaba vostede á mañá dos autónomos e do ímprobo

esforzo que estaban a facer para atendelos, tanto aos autónomos

como ao comercio. Poñamos datos enriba da mesa,

enriba da mesa. Unha redución de apoio ao sector comercial,

ao pequeno sector comercial, de máis do 30 %. ¿Esta é a

maneira de apoiar ao sector comercial nun momento onde

efectivamente hai dificultades? Porque a dificultade que ten,

que é a busca de financiación, de activo circulante, en moitos

casos, en moitos casos tampouco está resolta. E vostede

recoñecíao precisamente na súa intervención cando dicía

que os problemas de crédito aínda non están resoltos. Se non

están resoltos, haberá que facer un esforzo moito maior, a

través do Igape, a través da propia consellería, para garantir

que, efectivamente, poidan acceder a ese crédito. Non o hai

tampouco enriba da mesa.

Apostan pola vialidade. ¿Onde está a aposta polo transporte

público? Nin referencias cara a un elemento esencial

de comunicación, nin nada en aeroportos ou portos, nin decisións

de puro aspecto económico, nin outras que en todo

caso poden avanzar: reclamar a competencia sobre aeroportos

ou sobre portos, para poder poñer nós en marcha unha

política que, cando menos, sexa crible, en contra do que

estamos a asistir agora mesmo coa negociación das liñas de

baixo custo. ¿Ese é o modelo?

Bueno, contra todo isto, contra todo isto, desde logo nós

queremos poñer enriba da mesa aspectos concretos, aspectos

que, dalgunha maneira, incidan precisamente nesa dinamización

económica e no emprego. E, polo tanto, aí é onde hai

que facer un maior esforzo económico e onde nós o facemos.

Vostedes reducen 136 millóns de euros. ¿É que o emprego

non é unha das preocupacións deste Goberno? Nós, desde

logo, cremos que si, e, nese sentido, temos que poñer en

marcha un plan que, dalgunha maneira, impulse un plan de

emprego con máis de 50 millóns, que dea cobertura precisamente

á situación na que se atopan tamén moitas persoas

como consecuencia de acadar o desemprego.

54

Número 68

22 de novembro de 2010

Pero falemos tamén dos sectores produtivos, eses que

nomean vostedes tamén nos sectores estratéxicos. Mire, no

Plan estratéxico o mundo rural desaparece e, polo tanto, non

é de estrañar tamén que teña unha resposta nestes orzamentos.

Mesmo vostedes renuncian a incorporar 25 millóns de

euros do Feader para non cubrir. ¡Oia!, vostede á mañá dicía

que, no caso de que fixera falta, vostede ía poñer enriba da

mesa cartos para unha determinada actuación. Eu botei en

falta que non dixera o mesmo cando falaba do Fondo de

Continxencia e dicía vostede que se pode dar unha gripe A.

¡Home!, supoño que se se dá unha gripe A tamén contaremos

–ou algunha variante– coa conselleira de Economía ou de

Facenda para buscar eses fondos, ¡eh! Unha actuación

extraordinaria haina en calquera momento.

¿Non podemos buscar fondos para coller eses 25 millóns

de euros que veñen da Unión Europea e poñer en marcha

políticas que, nun momento ademais de grave deterioro do

mundo rural, tanto no sector lácteo, no sector cárnico, no

sector forestal e na súa propia estruturación de cara ao futuro,

teñan un plan que, dalgunha maneira, impulse social e

economicamente esas zonas? Pois vostedes tampouco o

poñen enriba da mesa. Retíranlle case 140 millóns de euros

á Consellería de Medio Rural.

E a pregunta que surxe é: se vostedes non apostan polo

mundo rural, ¿onde está o reequilibrio territorial? ¿En que

condicións se vai desenvolver ese reequilibrio territorial?

¿Cun mundo rural desaparecido, sen servizos, sen utilización

das novas tecnoloxías –que pasaremos a falar en todo

caso despois–? Vostedes non teñen ningunha aposta polo

mundo rural. E como non a teñen, como non a teñen, o de

plantexar o reequilibrio territorial é unha falacia, non é real

nin responde a ningunha consignación presupostaria que,

cando menos, o defenda e o avale.

Pero onde vostedes xa rizan o rizo –isto hai que recoñecérllelo,

porque a veces para dicir estas cousas hai que

ter certo cuajo– é a súa aposta pola economía do coñecemento.

Vostedes quítanlle 20 millóns de euros a I+D+i e

din que a súa aposta segue adiante, e cobren ademais boa

parte desa aposta da economía do coñecemento comprando

ordenadores a Microsoft, con software de Microsoft, para a

propia administración. Esa é a súa aposta polas TIC, esa é

a súa aposta pola economía do coñecemento. Hoxe vímola

aquí, tivemos que votar á man alzada porque ante este pre-

55

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

suposto ata os propios ordenadores deben protestar, esta é

a realidade.

Non hai ningunha aposta, ningunha aposta, pola I+D+i,

ningunha. Pero tanto é así que non hai ningunha, ¡oia!, é que

acaba de saír: a inversión en I+D desplómase en Galiza e cae

un 10 % no ano 2010. E agora cae máis, moito máis, posto

que nin sequera a iniciativa privada nin a pública fan esa

aposta. E vostede, en vez de activar consignacións orzamentarias

para impulsar esas políticas de I+D+i, na que todos

coincidimos que efectivamente é o motor do modelo, do

cambio produtivo, e, se non, non o hai, pois realmente non

hai aposta. E o que estamos diante, pura e llanamente, é

dunha falta absoluta de recursos para as universidades, para

as empresas, para a contratación dos investigadores.

Pero vostede foi máis alá; é que vostede dixo: temos un

Plan de I+D+i. Non, vostedes non teñen ningún Plan de

I+D+i; o plan, o único que hai neste momento é o plan do

Goberno anterior, que, por certo, vostedes non aplicaron

–non sacaron as subvencións, non sacaron as bolsas–, e o

que están a producir é unha absoluta situación de indefensión

nos investigadores, que non saben xa que liña continuar.

Non foron capaces sequera de cumprir no último tramo

–que xa remataba este ano– o Plan galego de I+D+i, que, por

certo, naceu do acordo de empresas, de universidades, da

propia administración e de todos os que actúan nese campo.

Non foron capaces de poñer un plan galego de I+D+i en

marcha. E a pregunta é: ¿é crible un Goberno que di que esa

é a súa aposta esencial e en ano e medio non é capaz de

poñer en marcha un plan?, ¿que en ano e medio non é capaz

de sacar as axudas para os investigadores?, ¿que non continúa

coa carreira investigadora? Eu creo que a súa aposta

polo I+D+i é unha aposta absolutamente falsa, como perfectamente

reflicten estes orzamentos.

Por iso desde o Bloque Nacionalista Galego si poñemos

en marcha un Plan de I+D+i con 25 millóns de euros, con

transferencias de capital, con transferencias correntes para

as universidades, tamén para as empresas, tamén para axudas

á investigación. E poñémolo en marcha porque nós si

acreditamos que efectivamente o cambio de modelo produtivo,

a capacidade que vai ter o país para desenvolverse

social e economicamente no futuro, ten que ser pivotado

sobre este tipo de políticas. Porque sen este tipo de políti-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

cas o modelo seguiría sendo o mesmo, pero cun problema,

e é que os dous tractores da economía, que podían ser ou

foron no seu momento a construción e o turismo, agora

mesmo, desde logo, a construción non vai ser esa locomotora,

e o turismo tamén, cunha maior competencia, se non

sofre cambios importantes, indubidablemente tampouco o

vai ser.

A única aposta de futuro que realmente sexa capaz de

transformar os nosos sectores primarios con industria, con

transformación, de cara ao futuro é unha clara política de

I+D+i. E as políticas de I+D+i non se inventan no momento,

necesitan do medio e do longo prazo para dar resultados.

Vostedes fixeron durante este ano e medio de goberno unha

absoluta paralización destas políticas, e, polo tanto, os resultados

non se van percibir só agora –que xa se perciben, como

estamos a ver– senón de cara ao futuro.

Falaban vostedes tamén, nesas liñas estratéxicas e nestes

orzamentos, da sostibilidade ambiental e o equilibrio territorial.

Desde logo, un non deixa de sorprenderse, despois das

políticas que están implementando vostedes a respecto da

protección do territorio ou incluso da vivenda pública, da

vivenda de protección, case desaparecidas nestes orzamentos

na súa totalidade, substituídas por axudas ou desgravacións

fiscais que benefician a outros e que menos mal que

este Parlamento –e ademais unha iniciativa do Bloque

Nacionalista Galego– tivo que cortar para evitar que se dera

a circunstancia de que esas axudas beneficiaran a aqueles

que compraban a segunda, a terceira, a cuarta ou a quinta

vivenda; foi precisamente unha emenda do Bloque Nacionalista

Galego quen puxo algo de sentido nesa lei, inxusta

aínda así.

Pero é que, ademais, falan vostedes de eficiencia enerxética,

e non deixa de sorprender porque unha aposta do anterior

Goberno non só polo eólico senón polas enerxías procedentes

da biomasa está paralizada na práctica pola Consellería

de Economía e Industria. E non só paralizada, senón que,

ademais, lles foi dicir aos propios promotores que se foran

buscando avogados porque tamén tiñan intención de paralizala.

¿Onde vai a súa aposta?

No eólico xa sabemos. Paralizaron un concurso que claramente

demostrou que estaba perfectamente, perfectamente

estruturado, que era absolutamente legal e que ademais a

Número 68

22 de novembro de 2010

participación pública xa temos unha sentenza que a avala

–que parece ser que ese era o seu gran problema, a súa gran

batalla xurídica: a participación pública–. Iso, todo o que lles

soa a público evidentemente os asusta moito. Pero non hai

tampouco ningún plan que modificara nada do plantexado

con anterioridade. Paralización do concurso eólico, paralización

da biomasa. Iso si, agora aquí poñen que hai que buscar

eficiencia enerxética e que hai que continuar pola aposta das

renovables. Como aposten vostedes así, desde logo o temos

claro.

Pero hai ademais un quinto punto: a austeridade, a eficiencia

e unha administración próxima ao cidadán. A austeridade

ten moitas sinonimias, unha delas é a mortificación.

E efectivamente nesa vostedes están mortificando claramente

a moitos galegos e galegas, que ven como se vai diminuír

o Estado de benestar, que ven como se reducen os servizos

públicos e que ven como a economía non avanza e o desemprego

avanza sen parangón.

Pero hai unha proba clara do que eu lles dicía, de cales

eran os obxectivos destes orzamentos, e é avanzar na privatización.

É curioso –fíxese vostede– pois redúcense os recursos

para a Policía Autonómica pero increméntanse os recursos

para a seguridade privada. É dicir, mesmo nisto vostedes

poñen a súa impronta ideolóxica, avanzan a privatización

mesmo da policía. Non teñen vostedes límites; son, desde

logo, neoliberais no sentido máis amplo da palabra.

Mire, en Alemaña neste momento a CDU –non creo que

estea moi próxima ideoloxicamente– defende que non se

poden baixar os impostos, que hai que mantelos para manter

o Estado de benestar. Só eses liberais ou os máis neoliberais

desa conformación que hai hoxe en Alemaña propoñen baixadas

de impostos. Nós, desde logo, cremos que os impostos

son para redistribuír a riqueza, e polo tanto teñen que

actuar sobre os que teñen máis. É que non tiñan que ter desaparecido

en moitos casos impostos que gravaban patrimonio,

sucesións e doazóns, rendas altas, rendas do capital.

Porque precisamente a función da política fiscal...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor, señor

Blanco.

O señor BLANCO ÁLVAREZ: ... é unha redistribución desa

riqueza.

56

Número 68

22 de novembro de 2010

Vostedes fixeron o contrario, pero non todo o contrario,

porque o contrario en todo caso sería baixar impostos e vostedes

non os baixaron. O seu discurso de baixar impostos é

absolutamente falso, ¿a quen lle baixaron vostedes os

impostos? Debe estar trabucada por aquel contrato e aquela

proposta electoral do señor Feijóo que dicía que lles ía baixar

os impostos a 600.000 galegos. Oia, iso foi antes das

eleccións, despois das eleccións nunca se volveu falar. Vostedes

aos únicos aos que lles baixaron os impostos...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor, señor Blanco.

O señor BLANCO ÁLVAREZ: ... son aos que van comprar

casas, tres, catro ou cinco, pero ao conxunto dos galegos e

das galegas –é bo que se saiba– vostedes subíronlles os

impostos a través do canon da auga. Isto é en definitiva o

que fan. E isto é en definitiva o que son estes orzamentos:

uns orzamentos para privatizar, para avanzar na privatización,

para introducir fórmulas de canon privadas...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Blanco.

O señor BLANCO ÁLVAREZ: ... que responden non só ao

obxectivo de que sexan esas empresas as que fagan esas

obras, senón abrir o camiño da privatización dos servizos

públicos. E aí, desde logo, nunca estará o Bloque Nacionalista

Galego.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia ten

a palabra o señor Fernández Leiceaga.

O señor FERNÁNDEZ LEICEAGA: Boas tardes, señoras e

señores deputados.

Señora presidenta.

Señora conselleira.

Estamos nun momento decisivo, tense dito esta mañá,

pero nun momento en que varios camiños son posibles. Nestes

trinta e cinco anos de democracia, en que vivimos unha

forte expansión da nosa economía, con algunhas conxuntu-

57

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

ras adversas, nunca seguramente houbo a incerteza que

agora pesa sobre o noso futuro. ¿Imos ser capaces de manter

o noso modelo social? ¿Vai persistir o dinamismo que nos

permitiu progresar nas últimas décadas? ¿Vivirán mellor os

nosos fillos ou cando menos igual do nivel de benestar que

podemos ter nós hoxe?

Hai setenta e cinco anos aproximadamente, un ilustre

economista chamado Maynard Keynes disertou nunha situación

parecida á que agora vivimos nunha célebre conferencia

que pronunciou no Madrid republicano, titulada “As

posibilidades económicas dos nosos netos”. A súa resposta

foi moi positiva, sobre todo pola gran confianza que tiña na

pulsión transformadora do progreso técnico, da innovación.

Hoxe seguimos compartindo a certeza de que é na innovación

onde está a clave do futuro, o motor do cambio. Pero

temos que ser algo máis cautos polas incertezas que pesan

sobre o futuro do proceso de integración europeo ou sobre a

aguda conciencia dos límites do crecemento determinado

pola escaseza de recursos. Permanece unha certeza, a certeza

de que o futuro está nas nosas mans, que non hai nada

escrito sobre as posibilidades económicas dos nosos fillos ou

dos nosos netos, de que depende de nós mesmos, dos nosos

acertos, dos nosos erros e compromisos; pero tamén do noso

esforzo, da nosa decisión, da nosa pericia e da calidade da

acción do Goberno.

¿Onde estamos en Galicia nesta situación crítica? Sen

dúbida nas últimas décadas temos feito un novo camiño de

converxencia coa economía española e a europea, que tivo

entre os anos 2005 e 2009 a súa expresión máis acabada.

Pero agora arrastramos dous anos de bloqueo e de dificultades.

¿Seremos capaces de volver a esa senda de converxencia?

¿Seremos capaces de combinar o crecemento intensivo

baseado na produtividade co crecemento extensivo para non

perdermos densidade no conxunto de España e de Europa?

Enfrontamos a enorme dificultade de gañar en eficiencia e

impulsar o crecemento, de reducir o nivel de endebedamento

público e privado, ao mesmo tempo que temos que facer

un gran esforzo inversor.

O prognóstico máis desalentador é o que afecta o mercado

de traballo. Caeu –como vostede ben sabe– a ocupación

o dobre que en España no último ano. No nivel de ocupación

estamos outra vez como a principios do ano 2005 en termos

EPA, todos os postos de traballo netos creados durante a

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

expansión coincidente co Goberno progresista foron xa eliminados,

e o peor parece estar por chegar, sobre todo para os

xoves que afrontan a difícil incorporación ao mercado laboral.

E sen recuperación laboral non haberá recuperación

demográfica, nin pola vía da emigración nin pola vía da

natalidade. Xustamente a resposta malthusiana é a resposta

privada ao escaso dinamismo económico. E o dinamismo do

mercado de traballo é unha condición necesaria, nunca suficiente,

para a recuperación poboacional.

Para completar este panorama rapidamente, está a difícil

cuestión da sustentabilidade das finanzas públicas. A caída

dos fondos europeos despois do 2003 –vostede sabe perfectamente

que representan case 400 millóns de euros neste

orzamento– e a difícil situación, a difícil conxuntura que ten

a Facenda española van comprometer adicionalmente a

capacidade de investimento da Xunta de Galicia. Por iso hai

que saber concentrarse no esencial, impulsar unha efectiva

política de austeridade, descoñecida ata o de agora, e de procura

da calidade e da eficiencia nas decisións públicas.

Sobre todo se queremos –e nós queremos– completar a construción

dun sistema de benestar digno dese nome, que preserve

e mellore o noso modelo social e que reduza o risco

individual diante das continxencias da vida, aumente a cohesión

social e a igualdade de oportunidades.

É un tempo de austeridade –dicíase antes, nós compartímolo–

pero tamén é un tempo de liderado, de procura da eficiencia,

de reforzamento das complicidades sociais e políticas,

de pensar de verdade no longo prazo, de aplicar a inventiva

para atopar en cada problema unha oportunidade e de

facer cambios no modelo de organización socioeconómica,

que sen custos excesivos melloran a eficiencia da nosa organización

social, da nosa organización económica.

Se este é o meu diagnóstico entenderán vostedes que

estea ben preocupado polos orzamentos do ano 2011. Porque

non responden a estes retos, porque non están en consonancia

co diagnóstico da situación que acabamos de esbozar.

Desde logo, o que non hai que facer é optar pola pasividade.

É unha manifesta irresponsabilidade desde a privilexiada

atalaia da Xunta de Galicia comentar as xogadas como unha

afeccionado máis en vez de utilizar todas as bazas para gañar

o partido. No curto prazo hai que atender ás urxencias da

situación, tendo claro sempre que o norte é incrementar a

eficiencia con equilibrio social.

Número 68

22 de novembro de 2010

A Xunta de Galicia ten as competencias plenas para

poder actuar sobre os factores produtivos e que estes sexan

máis eficientes. E ten as competencias plenas para en políticas

sociais garantir o equilibrio. Imos ver se o fai ou non este

orzamento.

Empecemos xustamente polo mercado de traballo. Pasamos

dunha previsión de gasto no ano 2009 de 421 millóns a

354 tan só no ano 2011, pero este recorte aplícase sobre un

número de desempregados crecente. Aínda máis, se temos

en conta que estas políticas están financiadas, primeiro, por

transferencias do Goberno de España e, despois, polo Fondo

Social Europeo, podemos coñecer o esforzo específico que

fai cos seus recursos a Xunta de Galicia. Pois ben, desde o

ano 2009 o esforzo específico da Xunta de Galicia en políticas

activas de emprego reduciuse un 40 %, e o esforzo por

desempregado reduciuse a menos do 30 % –non un 30 %,

non, a menos dun 30 %– do que existía no ano 2009. ¿Queren

dicirme vostedes que están facendo unha política que ten

en conta o principal problema que preocupa aos cidadáns,

que é o problema do desemprego? Simplemente os datos

indican todo o contrario. E iso é xustamente o que, nun

documento que fixeron público recentemente avaliando os

orzamentos do ano 2011, os sindicatos Comisións e UXT lle

dicían clara e rotundamente á sociedade.

Pero ao mellor estamos buscando mal, ao mellor a acción

política da Xunta de Galicia orientouse noutra dirección,

para prestar apoio a sectores produtivos específicos, para

axudar ao sector primario en dificultades, a moitas ramas

industriais que están nunha conxuntura adversa, ás industrias

auxiliares da construción. O orzamento do 2011 dános

tamén unha resposta negativa, pois os programas de apoio

público aos sectores produtivos e de desenvolvemento

empresarial descenden masivamente 208 millóns de euros,

destacando algúns programas, como a caída de infraestruturas,

equipamento no medio rural ou a fixación da poboación

no medio rural.

Pero ao mellor buscamos mal e as prioridades están na

sociedade do coñecemento. Pero o orzamento do ano 2011

dános de novo unha resposta negativa, unha redución do 27

% no Plan galego de I+D+i. Galicia cae desa fronteira simbólica

do 1 % do PIB que superara en 2008, mentres continúa

o esforzo incrementado en termos públicos do conxunto

de España en relación co PIB.

58

Número 68

22 de novembro de 2010

Debemos seguir buscando, ao mellor as prioridades están

na capitalización en termos físicos. Pero os orzamentos indican

tamén algo diferente: entre 2010 e 2011 a caída nun 36

% en investimentos e transferencias de capital, a máis espectacular

de toda a historia da autonomía de Galicia. Non se

van poñer en marcha novos proxectos con cargo aos orzamentos

deste exercicio. O Goberno da Xunta vaise limitar a

completar con atraso os proxectos que puxo en marcha o

Executivo anterior e este non foi quen de parar.

E o resto, o impulso modernizador prometido, a aplicación

de recursos importantes en termos de infraestruturas,

¿onde está? Vou poñer só dous exemplos: a autovía Carballo-Berdoias,

que foi anulada, volveu licitarse e foi anulada

outra vez, e da que agora nada sabemos; pero xa consumiu

este Goberno o 40 % do seu tempo e aínda non está nin

sequera licitada esta que constituía unha das súas prioridades.

Ou a ampliación do hospital de Pontevedra, transmutada

nun novo hospital, que consumirá moitos máis recursos,

pero que segue sen ter nin unha data prevista para o seu

comezo.

O señor presidente da Xunta vai pasar tristemente á historia

desta comunidade autónoma por ser o presidente do

parón da modernización de Galicia. E, en todo caso, as

novas licitacións de certa importancia serán baixo fórmulas

de colaboración público-privada, procedemento máis caro,

máis ineficiente e non sostible nin transparente. De momento,

por certo, sen estar traballando as máquinas en ningunha

das anunciadas, e xa pasaron dezaoito meses de goberno. E

o máis importante: non hai garantía sobre o rendemento dos

investimentos efectuados, que sexa maior que o seu custo,

nin da súa sostibilidade, máis ben todo o contrario.

Pero ao mellor estamos sendo parciais e estamos buscando

onde non debemos, ao mellor a prioridade deste orzamento

ten sido manter incólume o sistema de benestar, quizais.

Pero os datos de novo indican outra cousa. Xa se dixo

esta mañá: se sumamos a produción de bens públicos de

carácter social, acción social e vivenda redúcense en 600

millóns os recursos destinados a esta gran área. Aínda tendo

en conta a caída do nivel salarial dos funcionarios, resulta

que a redución ronda os 400 millóns de euros. ¿Saben vostedes

canto se pode facer con 400 millóns de euros? Pois

seguramente solucionar dun plumazo as listas de espera

sanitarias, ou seguramente colocar 10.000 mestres adicio-

59

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

nais en atención primaria, se isto fora preciso; pódese repartir

doutra maneira. E este recorte ademais aplícase a todas

partes: en educación, 156 millóns de euros; en sanidade,

183.

¿E que sucede mentres tanto coas listas de espera hospitalarias?

Que se disparan, como lembra o Consello Económico

e Social. ¿E coa atención primaria? Que empeoran

substancialmente as condicións. E mentres estimulan os

concertos e introducen os capitais privados no corazón das

infraestruturas da sanidade pública. Se aquí non hai unha

estratexia programada de deterioración pública e privatización

do sistema sanitario, a verdade é que están acertando

demasiado.

¿E en protección e promoción social? Pois o recorte, de

novo, 58 millóns de euros. Pensen vostedes que hai 2.000

galegos en situación de exclusión social que se van ver

directamente afectados pola desaparición da partida do Plan

de inclusión social para as cidades, anulándose os equipos

técnicos que efectuaban a busca de emprego ou a xestión das

axudas. Pensen que o Plan de acción xitana, as persoas sen

teito ou o acollemento familiar reducen á metade as súas

partidas no momento de máxima emerxencia social en Galicia.

Vexan vostedes a risga. Na propia memoria do orzamento

prevese un incremento de 1.000 persoas no número

de persoas merecentes de atención, un 18%, pero o orzamento

segue igual, e un incremento do 151% nos perceptores

de axuda social da emerxencia, pero o orzamento segue

igual.

En vivenda, a rebaixa do último ano dos programas de

vivenda ascendeu a 65 millóns de euros, tanto en fomento de

rehabilitación como na calidade da vivenda como no acceso

á vivenda. Son recortes sistemáticos, xeneralizados e cegos

que nos fan retroceder nos dereitos sociais, na protección

social, na produción de bens públicos.

Recortes brutais tamén en materia de igualdade. E vou

dar só un dato: o Programa de igualdade de oportunidades

pasa de 33,5 millóns en 2009 a 6,7 no ano 2011. (Aplausos.)

Por outro lado, agudízase a insostibilidade das contas

públicas autonómicas polo nivel de aforro público. O aforro

neto representa apenas o 6% dos gastos de capital. Sen aportes

externos e sen endebedamento a Xunta de Galicia non

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

podería apenas investir nada. Así o aforro corrente desplómase

desde o ano 2009. Se descontamos o efecto da caída no

nivel salarial dos funcionarios públicos, ese aforro estaría

próximo a cero, o que evidencia o rendemento nulo das políticas

de austeridade. Pero tamén hai un problema a medio e

longo prazo polo aumento da débeda e a sobredimensión e

incorrecta orientación do financiamento privado, non só porque

continúa aumentando a débeda pública formalizada

senón porque a isto hai que engadirlle a devolución de anticipos

á Administración xeral do Estado e a débeda encuberta

do financiamento público privado para investimentos, en

caso de que isto se realice. Por dar só un dato, a cada familia

galega, vaille corresponder ao final do mandato unha

débeda da orde de 10.000 euros ao remate da lexislatura en

tres cuartas partes xerada durante o seu período de goberno.

Dez mil euros que teñen que ser pagados, porque a débeda,

ao final, hai que pagala, e pódese pagar con crecemento,

pero, se non hai crecemento, terán vostedes que atopar outra

fórmula, e non pode ser outra que a subida de impostos.

¿Que propoñemos, por tanto, dende o Grupo Socialista

nesta situación? Pois establecer prioridades adaptadas á conxuntura:

non se me ocorren outras que o emprego e os servizos

básicos e reflectilas no orzamento; ter ambición, ademais,

na política de ingresos para dispor dos recursos precisos

para desenvolver estas políticas. Sabemos que é posible

organizar doutra maneira o orzamento, e demostrámolo

cambiando máis de 500 millóns de euros, movendo máis de

500 millóns de euros, e establecendo xustamente os recursos

precisos para estas prioridades.

A previsión de ingresos nos tributos propios ou cedidos

está por debaixo do razoable. Esta falta de ambición da

Xunta de Galicia só se xustifica cunha estratexia preventiva

para poder pechar o orzamento sen dificultades, facilitando

a xestión das contas, pero ten custos serios en termos de

oportunidades sociais perdidas; unha lóxica contable que

prexudica notablemente os cidadáns. Xa o diciamos o ano

pasado, e os documentos da propia Xunta de Galicia parecen

darnos a razón. Na memoria deste ano do orzamento indícase

que a evolución da recadación é moito mellor que as previsións

efectuadas, e indícase tamén que a isto hai que

sumarlle, cando menos, 70 millóns adicionais derivados de

melloras na xestión. O curioso é que con este recoñecemento

e esta previsión se volve incorrer no mesmo erro neste

exercicio. En sucesións, por exemplo, as previsións de

Número 68

22 de novembro de 2010

ingresos para o 2011 son inferiores aos dereitos recoñecidos

nos seus primeiros meses do 2010. Non nos parece unha

estratexia sensata; non nos parece cando, ademais, se publicita

a axencia tributaria, que se crea a través da Lei de acompañamento

–que veremos mañá–, e que debería favorecer,

por tanto, unha maior recadación. Saben vostedes da nosa

insistencia en arrancar un compromiso ao Goberno galego

de priorizar o combate contra a fraude fiscal, unha insistencia

que levou a votacións neste Pleno, votacións en contra

por parte do Grupo Popular con argumentos estraños sobre a

súa inoportunidade en tempos de crise. Chama poderosamente

a atención que a creación da Axencia Tributaria non

suscite ningún sobresalto na estimación de ingresos; ao contrario

que esta siga sendo inferior ao razoable. É a mellor

demostración de que se trata dunha operación de márketing

á que non se lle quere dar contido no ano 2011. Pero a nosa

aposta é radicalmente diferente, e verémolo mañá á hora de

discutir a Lei de acompañamento.

Por outro lado, propoñemos unha modificación nos tipos

a aplicar nos tramos máis altos do IRPF que terá o seu correlato

na correspondente modificación da Lei de medidas fiscais

e administrativas. Esta iniciativa pretende equilibrar o

reparto da carga fiscal da crise. Os sectores sociais máis

débiles son, sen dúbida, os máis afectados polos axustes nos

gastos. Por este motivo, o noso grupo cre que para garantir a

cohesión social e a solidariedade, mentres se reinicia a

modernización de Galicia, é o momento de utilizar a nosa

autonomía fiscal para acadar máis recursos; algo que nos

colocaría en sintonía con outras comunidades autónomas.

Galicia está –e vostedes sábeno perfectamente– entre as

áreas de menor tributación relativa. Hoxe estamos nunha

situación de emerxencia fiscal, da que este orzamento é unha

proba clarísima. Deixen a estratexia de ilusionismo fiscal de

curto percorrido e acepten a necesidade de actuar tamén

sobre os ingresos para ter unha facenda máis sostible e un

reparto dos custos da crise máis equitativo.

Pero os ingresos necesarios para financiar as actuacións

propostas proceden tamén de actuar con decisión sobre os

gatos correntes non eficaces e sobre algúns gastos de investimento.

A redución de gatos, por exemplo, en investimentos

inmateriais e en partidas non eficientes permite liberar

importantes recursos. Eu creo que este orzamento 2011 non

traduce suficientemente o carácter excepcional da situación

orzamentaria. Se utilizamos a clasificación funcional do

60

Número 68

22 de novembro de 2010

orzamento, e eu preguntase onde deberían aplicarse con

máis intensidade os recortes para exercer realmente unha

política de austeridade, seguramente vostedes me dirían que

nos gastos burocráticos, na función da Administración xeral.

Pois ben, é xustamente nesta función da Administración

xeral –que é onde deberían concentrarse os esforzos de austeridade–

onde o nivel de gasto en termos absolutos no ano

2011 é igual ao do ano 2010; igual. Aquí non hai ningún

recorte, non hai ningún axuste. Se deixamos a clasificación

funcional e imos a algo máis expresivo, que é a clasificación

orgánica, vemos que a única consellería que aumenta a súa

capacidade de gasto é a Consellería de Presidencia. Debe

haber aquí algo de carácter estratéxico que a min me escapa

nos gastos da Consellería de Presidencia, porque é a única

que merece unha atención especial nun momento tan delicado

coma este en tempos de crise. E a verdade é que creo que

a explicación hai que buscala fóra do Goberno, hai que buscala

na condición de secretario xeral do Partido Popular de

Galicia nun ano electoral do señor Rueda. (Aplausos.) Iso é

o estratéxico, o núcleo político do gabinete. Trátase máis da

economía política do poder da Xunta de Galicia que de dar

resposta ás necesidades dos cidadáns.

E agora permítanme explicar a aplicación das prioridades;

en primeiro lugar, o reforzamento das políticas sociais básicas.

Marcámonos o obxectivo de manter o nivel de gasto en

termos absolutos, tendo en conta a redución salarial dos funcionarios,

porque non debemos deixar desatendidos en

momentos de dificultades os cidadáns que máis o precisan. En

educación, aplicamos 55 millóns de euros adicionais. Traducíndoo

ao persoal, sabendo que non todo é persoal, pero traducíndoo

ao persoal, para darnos unha idea, isto significaría

arredor de 1.100 mestres a maiores en educación primaria ou

na ESO. Con dúas liñas estratéxicas: a primeira, converter a

crise nunha panca para o futuro. Coñecen vostedes que as dificultades

de mercado de traballo teñen levado a moitos xóvenes

outra vez ás aulas, ou a prolongar os seus estudos. É unha

boa decisión porque permitirá saír da crise con máis capital

humano aos que rematen felizmente os estudos e tamén con

máis oportunidades de emprego. Pero a Administración educativa

non debería ollar para outro lado. Saben tamén que o

Ministerio de Educación ten feito un esforzo para ampliar as

bolsas. Infelizmente, a consellería vai noutra dirección. Por

iso apostamos pola posta en marcha dun programa de bolsas

destinadas á recuperación de estudos de mozos e mozas con

dificultade de inserción laboral e para familias en grave situa-

61

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

ción de desemprego. Por iso tamén apostamos pola posta en

marcha dun plan especial de formación profesional. Ademais,

apoiamos o reforzamento da investigación e da innovación,

cun programa de consolidación da carreira profesional dos

investigadores que permita reter en Galicia a xóvenes prometedores

no ámbito científico e técnico.

E a segunda das estratexias no ámbito educativo ten que

ver con reforzar a calidade e con combater o fracaso escolar.

O fracaso escolar segue a ser demasiado alto en Galicia. Un

de cada catro alumnos experimenta o que podemos chamar

“o abandono escolar temperán”, cando o obxectivo da estratexia

de Lisboa é de que sexa un de cada dez. Por iso debemos

facer un esforzo con programas de reforzo que limiten

este abandono e que aumenten os nosos recursos para a ensinanza

de idiomas ou para outros elementos de aumento da

calidade. E aínda facemos un esforzo no incremento dos

fondos para a normalización lingüística para manter o nivel

de apoio ao uso da lingua galega.

Tamén é posible aumentar considerablemente os recursos

destinados á sanidade. Non se trata só de destinar máis

fondos. Sen cambiar a deficiente xestión e sen cambiar seguramente

o conselleiro e o seu equipo ter máis recursos resolvería

moi pouco. Trátase de facer unha xestión máis eficiente

que garanta a sostibilidade do sistema de saúde sen reducir

dereitos ou calidade. E destinamos eses recursos á

mellora asistencial, tanto en atención primaria como en

especializada, e a reforzar o programa de investimentos,

para poder cumprir os plans funcionais coa modernización

dos hospitais, así como para reintegrar á esfera pública os

centros de saúde e hospitais da comunidade autónoma.

Aínda estamos a tempo de evitar unha torpeza maior que

afectará moi negativamente a calidade asistencial e pesará

como unha lousa sobre o equilibrio das contas do Sergas no

futuro. As fórmulas de colaboración público-privadas na

sanidade son ineficientes e onerosas. Se de verdade queren

aplicar a austeridade á xestión sanitaria e non están animados

por un ánimo ideolóxico de privatización, reflexionen e

dean marcha atrás nese camiño, escoiten os que onte ocuparon

as rúas de Santiago e clamaron por un cambio nesa

dirección. Aínda estamos a tempo.

Na área de benestar, aumentamos a capacidade de gasto

en 46 millóns de euros, para repoñer os programas de inclu-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

sión social, para reforzar a risga con eses fondos. Sería posible

aumentar o número de beneficiarios nun 65% para incrementar

os fondos destinados ao cumprimento da Lei da autonomía

persoal. Sabemos que non é dabondo co que nós

poñemos, pero trátase de non deixar sen expectativas razoables

os dependentes que hoxe están maltratados polo sistema,

e para un programa de construción de infraestruturas

sociais de carácter público. Tamén para pór en marcha un

programa de rehabilitación e de acceso á vivenda, porque

aquí, como na risga, existe un grave incumprimento dos

acordos do diálogo social.

Adicionalmente incluímos 1,8 millóns de euros nas axudas

á cooperación internacional para manter simplemente a mesma

intensidade no esforzo que no ano precedente. Galicia está na

cola das comunidades autónomas. E os tres grupos parlamentarios

asinamos hai menos dun mes un pacto pola pobreza, e,

se queremos ser consecuentes con esa sinatura, debemos,

cando menos, aceptar este incremento suave dos programas de

cooperación. O máis grave é que a Xunta de Galicia, como

dicía antes, ten renunciado a activar as enerxías sociais que lle

permitan saír da crise en mellores condicións.

En relación coas políticas activas de emprego, ¿saben o

que di Comisións Obreiras nun documento recente en relación

co cumprimento do acordo do diálogo social, nese

documento? Pois que non cumpre con este orzamento, que

os acordos firmados en xullo son papel mollado, xa a día de

hoxe e que faltan recursos en incentivos para a contratación

ou nas partidas de fomento do emprego. Por iso nós aplicamos

eses recursos nas nosas emendas. Pero tamén activamos

programas destinados ás empresas e autónomos nos diversos

sectores, con programas orientados a aqueles que están con

máis dificultades ou incertezas, con apoio ao sector primario,

cun plan de emprego forestal e programas de axuda ao

sector pesqueiro artesanal.

A caída no nivel de investimentos da Xunta de Galicia no

ano 2011 é dun 35%, prolongando a tendencia do ano precedente;

unha pauta similar á experimentada polos gastos en

transferencias de capital.

A nosa opción, que está plasmada tamén na emenda

transversal, ten tres compoñentes principais: o primeiro, elevar

o nivel absoluto de investimento en 261 millóns de

euros, acometendo melloras de mobilidade nas áreas urba-

Número 68

22 de novembro de 2010

nas de Galicia amplamente demandadas e que en xeral resolven

dificultades de conexión ou problemas de conxestión

serios, así como desenvolver infraestruturas ambientais

como a rexeneración do río Umia, o tratamento dos lodos da

ría do Burgo ou actuar sobre os espazos naturais afectados

polos incendios.

En segundo lugar, integrando –como dicía antes– no

ámbito público todos os investimentos das áreas sociais,

hospitais, centros de saúde e centros de alta resolución en

sanidade, centros de día e outros equipamentos sociais, que

non son os idóneos, na nosa opinión, para establecer modelos

de colaboración público-privada.

E, en terceiro lugar, utilizar parcialmente as previsións

de financiamento público-privado para impulsar infraestruturas

imprescindibles de artellamento territorial básico, parcialmente

para mellorar a sostibilidade das contas públicas

pero utilizándoas para conseguir impulsar o artellamento

territorial en Galicia.

Por último, neste breve repaso, permítanme que faga

algún comentario sobre as nosas propostas en relación coa

colaboración cos concellos. Pese á retórica e ás declaracións

públicas, o tratamento que os orzamentos da Xunta dan ás

necesidades das entidades locais é moi deficiente. Redúcese

o financiamento incondicionado en 6 millóns de euros, redúcense

substancialmente as subvencións e axudas específicas

e non se avanza no cumprimento do Pacto local; contrastando

todo isto co aumento que si ten a participación municipal

nos ingresos do Estado e que para o conxunto dos concellos

de Galicia –así figura no orzamento– é de 49 millóns de

euros. Propoñemos, polo tanto, na nosa emenda incrementar

a participación incondicionada nos ingresos da Xunta de

Galicia en 31 millóns que proceden parcialmente –parcialmente

só– da transformación de subvencións específicas en

financiamento incondicionado, reforzando así a autonomía

municipal e reducindo o grao de discrecionalidade na concesión

de axudas, consignando 6 millóns de euros procedentes

do imposto ambiental aos encoros como transferencias

aos concellos afectados, e reforzando algunhas áreas da cooperación

entre a Administración autonómica e local, singularmente

en materia de emprego, con 14,5 millóns de euros.

Todo isto conforma unha alternativa diferente á súa.

Establecidas as nosas prioridades, somos capaces de atende-

62

Número 68

22 de novembro de 2010

las con recursos procedentes do propio orzamento. No seu

caso, non había nin prioridades claras nin austeridade nin

atención á crise nin cumprimento do diálogo social nin cumprimento

dos acordos asinados no mes de xullo nin respecto

aos dereitos sociais básicos e ás políticas de benestar.

E, fronte a isto, nós presentamos unha emenda que é factible,

que non provoca dificultades de funcionamento na

Xunta de Galicia, que restablece o gasto social, que permite

cumprir cos acordos do diálogo social que vostedes asinaron,

que reforza substancialmente as políticas activas de emprego

e a atención social básica, que renuncia a privatizar os investimentos

sanitarios e que atende a igualdade e os compromisos

adquiridos en materia de cooperación internacional. Aínda

están a tempo, voten a favor desta emenda e mellorarán substancialmente

o orzamento presentado. Pero, sobre todo –e isto

é o máis importante–, mellorarían no ano 2011 a condición e

as expectativas de futuro dos cidadáns de Galicia.

Moitas gracias. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas gracias.

Intervención da Xunta de Galicia.

Ten a palabra a conselleira de Facenda.

A señora CONSELLEIRA DE FACENDA (Fernández Currás):

Moitas grazas, presidenta.

Señorías, boas tardes.

Os axustes que levo escoitado ao longo desta tarde pola

oposición coinciden, dende logo, nun elemento esencial e

obvio: descoñecen a realidade que temos de cara aos ingresos.

Esa é a razón pola que nas emendas teñen que incrementar

os ingresos. Porque, loxicamente, na medida en que

as emendas non poden supoñer incremento de gastos nin

minoración dos ingresos, temos que debuxar maiores ingresos

para facer o xogo que están describindo. Pero, ben, ocorre

–e xa o dixen á mañá– que esas previsións de ingresos

non teñen ningunha base nin soporte na realidade desta

comunidade autónoma.

Hai unha coincidencia de reclamar unha suba de impostos

vía incremento diferencial do tipo de gravame marxinal

63

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

do IRPF, pero descoñecen o contido das rendas salariais que

temos nesta comunidade autónoma. En Galicia a cota resultante

da autoliquidación polo IRPF correspondente aos tramos

superiores é unicamente do 29%, fronte á porcentaxe do

38% nacional e do 41,3% catalá. Estou utilizando precisamente

os cálculos feitos pola Administración catalá, onde,

loxicamente, podemos ver que hai unha distribución de rendas

moi distinta nesta comunidade autónoma á doutros

ámbitos do país. E tamén quero dicir que estes cálculos que

derivan das estadías publicadas pola Axencia Tributaria utilizan

tramos globais de renda, e eses tramos globais de renda

refírense á base liquidable xeral. E temos que ter en conta

que precisamente o tipo de gravame se aplica sobre esa base

liquidable xeral. Pero cando estamos falando, no caso de

Galicia, do 29,8%, o que estamos incluíndo é a base impoñible,

que se refire á base impoñible xeral máis á do aforro.

Co cal, tendo en conta que non temos competencias normativas

sobre a base impoñible do aforro e tendo en conta que

aínda habería que descontar as deducións correspondentes

ao mínimo persoal e familiar, pois xa a porcentaxe do 29%

baixa, loxicamente, ata un punto que teriamos que chegar

para obter a recadación proposta ás rendas medidas nestes

termos superiores a 30.000 euros. Non sei se isto é –como

digo– o concepto de progresividade que propoñían.

Pero o Partido Socialista de Galicia estaba referíndose

agora á falta de ambición no cálculo dos ingresos que facemos

nestes orzamentos. Tamén aclarei xa que ocorre que

están facendo unha mera extrapolación dos dereitos recoñecidos

a 30 de xuño de 2010. É unha mera extrapolación porque

pode seguir a senda correspondente a calquera outro

orzamento a ver se o segundo semestre é o duplo dos dereitos

recoñecidos no primeiro semestre. Porque, como digo, a

Lei de réxime financeiro e orzamentario obriga a facer as

anulacións correspondentes dos dereitos recoñecidos nas

cantidades correspondentes aos aprazamentos e fraccionamentos

de pago. É un concepto discutible. Eu mesma podo

dicir que é un concepto discutible porque están convivindo

no mesmo orzamento un criterio de devengo máis un criterio

de caixa. É dicir, no circuíto correspondente aos fondos

procedentes da Unión Europea levamos un criterio de

devengo; os dereitos recoñecidos coinciden coas certificacións.

Pero no caso dos tributos xestionados por nós, iso non

é así, e non é así nunca. Poden seguir a pista correspondente

a eses 40 millóns de euros procedentes dunha das últimas

liquidacións correspondentes ao imposto sobre o patrimonio

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

que fixo esta comunidade autónoma, que aparecen e desaparecen

do orzamento, e é a mesma liquidación. Loxicamente,

na medida en que está suspendida por estar recorrida, aprazada

ou fraccionada, anúlase á fin do exercicio.

E xa lles contei tamén do descoñecemento absoluto da

liquidación correspondente aos tributos sobre o xogo,

onde os dereitos recoñecidos no primeiro semestre coinciden

practicamente co 100% dos tributos que se recadarán

ao longo do exercicio. Porque estamos falando dunha

liquidación anual que se practica no mes de marzo e cunha

obriga única de ingresar o 25% correspondente ao primeiro

pago fraccionado desa liquidación. Pero o dereito recoñecido

abrangue ao 100% da liquidación; co cal, é practicamente

o mesmo a cantidade que temos a 30 de xullo co

que imos ter a 31 de decembro do ano natural correspondente.

Falan da loita contra a fraude fiscal. Loxicamente, nós

compartímola. Non é unha elección –dicía o señor Blanco–,

temos que exercer continuamente a loita contra a fraude fiscal.

Pero facémolo. O 2009 pechou con 10 millóns máis que

o 2008, derivados de actuacións inspectoras. Pero o 2010 vai

pechar con outros 10 millóns adicionais. Imos pechar, a 31

de decembro, con 25 millóns procedentes de actuacións

derivadas da loita contra a fraude, de actuacións derivadas

da inspección.

Din que introducimos a Axencia Tributaria como unha

mera estratexia de márketing. Certamente, a min paréceme

que é unha visión moi pobre dunha iniciativa proposta polos

grupos desta Cámara, ben antes ben agora, e que, loxicamente,

é unha forma de organización e optimización de

recursos que intenta acadar unha maior eficiencia na xestión

do sistema tributario que compete a esta comunidade autónoma.

Non estamos falando dunha visión marquetiniana de

mudar o nome correspondente á Dirección Xeral de Tributos,

non é iso, porque a organización correspondente a esta

comunidade autónoma no ámbito do sistema tributario

abrangue a Dirección Xeral de Tributos, cinco departamentos

territoriais, cinco zonas de recadación e nada máis e nada

menos que 42 oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.

Eu creo que todo iso se pode organizar mellor, se pode organizar

doutro xeito, e iso, precisamente, é o que pretendemos

coa reforma que introducimos na creación da Axencia Tributaria.

Número 68

22 de novembro de 2010

Pero, é máis, dicíalle que vostedes propoñen unha suba

de impostos da man do incremento dos tipos impositivos.

Pois eu o que lles estou dicindo é que é moito máis efectivo

acercar a comprobación administrativa ao momento do

devengo do feito impoñible correspondente, que é precisamente

o que pretendemos facer co plan especial que estamos

poñendo hoxe enriba da mesa. Pero, miren, non é que o diga

eu, é que o di a OCDE, é que o di a Unión Europea. É moi

sinxelo, hai dúas formas de evasión dos impostos: a evasión

na fase da declaración dos feitos impoñibles, a ocultación

dos feitos impoñibles; e hai outra forma, que son as sucesivas

fórmulas de evasión de impostos na fase de recadación

destes impostos. Pois ben, acercando a comprobación administrativa

ao feito impoñible, o que facemos é precisamente

apostar por unha mellora da recadación. E, aínda por riba, eu

penso que este é un momento delicado; estamos todos conformes

con que este é un momento delicado. No 2012, aínda

que teñamos a lousa de devolver nada máis e nada menos

que 500 millóns de euros, consecuencia desa débeda –hoxe

si recoñecida polo Partido Socialista de Galicia, esa débeda

que nos deixaron–, aínda así van chegar fondos adicionais

que de momento nos quitaron. Os recursos adicionais

correspondentes ao 2010 dixeron que surtirían efecto por

primeira vez no 2012. Pero é que o sistema de financiamento

–ese que tan mal funciona, certamente; eu estou de acordo,

funciona moi mal, especialmente cando non se cumpren

os compromisos contraídos–, como saben, fai unha liquidación

definitiva, transcorridos dous anos dende as entregas a

contas. Pois o comportamento dos tributos desta comunidade

autónoma no 2010 é moitísimo mellor que o do resto de

España: somos a segunda comunidade autónoma en recadación

na maioría dos tributos. Pois ben, esas cantidades que

se deben ao mellor comportamento económico desta comunidade

autónoma, que se deben ao efecto xacobeo nunha

grande parte, chegarán da man desa liquidación definitiva

que fagan correspondente ao 2010 e que chegará no 2012.

Co cal, é lóxico que adiantemos o circuíto financeiro

económico que corresponde aos tributos que xestionamos

nós, e facémolo, ao tempo que tamén melloramos e adiantamos

o circuíto financeiro que corresponde aos fondos estruturais,

e facémolo co FCI, facémolo con Feder e facémolo,

na medida das nosas posibilidades, co Feader, aínda que si,

certamente, a Consellería de Medio Rural baixa e que todas

as consellerías baixan, pero baixa nunha menor proporción

que o que baixan outras.

64

Número 68

22 de novembro de 2010

A proposta que fan volve ao incrementalismo. Debuxan

unhas políticas de gasto que recollen un financiamento sustentable,

ben porque se recollen uns ingresos máis propios

dos anos de bonanza ou porque se propón minorar partidas

de gasto inexistentes ou que afectan ao financiamento finalista,

ben sexan fondos procedentes do Estado ou fondos

procedentes da Unión Europea. Aínda queda máis confusa

unha previsión incrementalista de ingresos cando se propón

eliminar as partidas destinadas aos recadadores de zona ou

aos axentes mediadores; partidas que están asociadas aos

ingresos efectivos que os fan posibles.

A proposta do Bloque de incrementar os tipos do IRPF

para rendas superiores a 60.000 euros pretende ingresar 25

millóns. Dificilmente chegariamos aos 20, xa o demostrei.

Se a proposta é chegar a recadar 25 millóns co tramo que

están propoñendo, teriamos que baixar aos 30.000 euros. O

Goberno galego renuncia a esixir aos galegos máis sacrificios,

pero non renuncia a conseguir recursos para a sanidade,

a educación ou o benestar, por iso, só en material de oficina

–esa austeridade que vostedes din que non temos–, en

vestiario, en publicidade, aforramos 21 millóns de euros

máis do que vostedes gastaban. Pero miren, tamén en asistencias

técnicas temos un aforro extraordinario. Estamos

neste momento no nivel de asistencias técnicas que correspondeu

ao 2005, fronte aos crecementos do 2007, 2008 e

2009, cunha curva de crecemento deste teor. Hoxe estamos

en 190 millóns, cando no 2008 estaban en 284 millóns.

Mire, estas son dúas formas completamente diferentes e

ilustrativas de afrontar a xestión da Administración pública.

Para o ano 2011 a Comunidade Autónoma de Galicia xestionará

un orzamento que, por segundo ano consecutivo,

baixa, e o conxunto é unha rebaixa do 14% respecto do

2009. Cada ano estamos a construír un orzamento inferior ao

do ano pasado. Esta dinámica non se prevé que continúe nos

próximos anos, se non, non resultaría posible. O que si é

certo é que o pagamento ás liquidacións negativas lastrará,

sen dúbida, os orzamentos futuros desta comunidade autónoma.

O certo é que pasamos dunha cultura orzamentaria

incrementalista, coa súa dinámica, cos seus procesos, e que

soporta un discurso que hoxe sinceramente non parece sostible,

e dígoo porque as comunidades autónomas xestionamos

servizos públicos e financiamos necesidades básicas

para a cohesión social, e non, dende logo, nunha porcentaxe

pequena. O 90% do gasto corrente desta comunidade autó-

65

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

noma, capítulos I, II e IV, dedícase a gasto social; servizos

cuxo catálogo de prestacións non corresponde definir a esta

comunidade autónoma enteiramente; en gran parte vén definido

polo Goberno do Estado.

Cumprimos escrupulosamente as obrigas asumidas, e o

desafío da Xunta é garantir o financiamento e a calidade da

prestación destes servizos. Melloramos na prestación e

tamén garantimos a sostibilidade financeira das prestacións.

Estes deben ser, sen dúbida, os nosos obxectivos. Para iso

debemos xestionar unha estrutura que creceu nos derradeiros

anos ao amparo duns recursos que non volverán a curto

prazo. Neste terreo debemos optimizar os recursos, e iso é o

que se fixo no orzamento do 2011. Non estamos a poñer

menos recursos, estamos a optimizar os dispoñibles, se ben

é certo que unha rebaixa nos custos de persoal facilita a tarefa.

Calquera dende logo o pode entender e non estou falando

de lugares comúns, estou falando de sentido común. O

que, dende logo, non é de sentido común é investir na construción

de centros de terceira idade, garderías, centros de

saúde, centros de día ou edificios administrativos durante os

últimos anos e agora renunciar ao mantemento destes servizos.

O Bloque está propoñendo pasar de 3,2 millóns de euros

a 270.000 euros en gasto e mantemento de inmobles. Tamén

parece absurdo reducir máis de 15 millóns en gastos de

lavandería, xestión de residuos, transporte ou laboratorios no

Sergas, uns 9,5 millóns de equipamento informático do Sergas,

dos que 7 xa están comprometidos. É máis absurdo eliminar

a partida para as [...] do hospital de Pontevedra, ou

gastos do 640 do programa 571A, financiados con fondos

finalistas do Plan Avanza, ou os gastos do 313B financiados

co Fondo Social Europeo, ou do programa 512B, con fondos

finalistas do Estado. Como tamén o é a súa primeira partida

informática nos centros escolares, as transferencias aos centros

concertados, sen ofrecer financiamento de novas prazas

nos centros públicos. Algunha solución habería que buscarlle

ou algún posto tería isto.

Eliminan partidas xa comprometidas na SPI, ben que

aparecen nos orzamentos para facer fronte aos pagos de

peaxe na sombra ou ben no retorno das infraestruturas da

SPI. No orzamento tamén suprimen 2,1 millóns de euros dos

que están comprometidos no Plan de sistemas de información

da consellería no programa 511A. En materia de viven-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

da, o orzamento do Instituto Galego da Vivenda e Solo permite,

no actual momento de crise, manter as actuacións dirixidas

a garantir e facilitar o acceso á vivenda aos cidadáns

de Galicia, ben sexa a través de vivendas de nova construción

en compravenda ou alugueiro como a través de rehabilitación

do parque de vivendas xa existentes.

A Xunta de Galicia mantén as axudas existentes, tanto as

financiadas exclusivamente con fondos propios como as

complementarias do Plan de vivenda de rehabilitación 2009-

2012. Pola contra, o Goberno de España elimina en 2011 a

axuda estatal directa a entrada, as axudas á promoción e solo

residencial, e reducirá de maneira drástica as axudas á promoción

de vivendas protexidas en alugueiro.

No 10% dos recursos restantes, non dedicados a mantemento

do gasto social, destacan en primeiro lugar as transferencias

ás outras administracións públicas –as universidades

e as entidades locais–, nas que o esforzo do Goberno

galego ten especial relevancia, sen dúbida. O financiamento

ás entidades locais mantense igual que no ano 2009, e tamén

no actual. Se temos en conta que este financiamento evoluciona

en función dos ingresos non financeiros da Comunidade

Autónoma, o esforzo dende logo é incuestionable,

posto que os ingresos desta Comunidade Autónoma baixan

–xa o saben– e as cantidades dedicadas ás universidades non

baixan nada. Achegamos 30 millóns de euros adicionais en

dous anos.

A preocupación pola Administración local non queda

moi clara cando se propón eliminar parte do Fondo de Compensación

Ambiental, que lle achega aos concellos, 11,6

millóns de euros, ou diminúen o financiamento directo en 6

millóns. As universidades constitúen unha prioridade para

este Goberno e tamén mantemos o financiamento, malia a

caída dos recursos. Nestes dous anos, 66 millóns de euros

máis.

Imos pasar dun financiamento por matrícula de 4.327

euros no 2006 a un financiamento por matrícula de 6.487

euros no 2011. O resto das transferencias de investimentos

deben ser priorizadas. Debemos someter todos os proxectos

a unha análise seria que garanta unha asignación axeitada de

recursos. Para iso establecemos unha serie de indicadores e

marcamos unha priorización na política de fomento. Debemos

avanzar no deseño de incentivos máis individuais e

Número 68

22 de novembro de 2010

incorporar mecanismos de responsabilidade que permitan a

avaliación de resultados. O Plan estratéxico 2010-2014

fomenta, deseña, unha ferramenta básica para isto. Quero

asegurar que en todo caso un proxecto solvente, rigoroso e

xerador de riqueza e emprego contará co apoio da Xunta de

Galiza sempre. O Goberno pon a disposición 20 millóns de

euros en préstamos reintegrables para facer fronte a proxectos

innovadores. Tamén se propón trasladar parte deste

fondo a outros usos ou alternativas, o cal non sería posible

sen impactar directamente no déficit.

O mesmo compromiso que mantemos en materia de

investimentos. Ningún proxecto dos comprometidos se vai

paralizar. Entregaremos fórmulas de financiamento a través

da SPI e pagamento aprazado, para afrontar o reto de rematar

a lexislatura cumprindo todos os compromisos.

O Grupo dos Socialistas propón a redución do Plan de

saneamento local da ría de Arousa marxe dereita, o servizo

de explotación e mantemento da rede fronómica de Galiciacosta,

a realización do Plan hidrolóxico Galicia-costa, a creación

dun rexistro de seguridade de presas e encoros, a elaboración

dun plan de saneamento local da ría do Burgo, o

Plan rexional de lodos e depuradoras de augas residuais de

Galicia e o desenvolvemento do programa de seguimento

ambiental no Plan de desenvolvemento de Galicia. Realmente

debemos manter o compromiso co investimento no

medio ambiente, pero tamén temos que manter o compromiso

co sentido común e o rigor. A situación orzamentaria

supón unha minoración no crédito inicial do orzamento

organismo autónomo de Augas de Galicia. Obrigará a unha

mellor xestión do orzamento durante o ano para conseguir

un investimento efectivo e similar ao dos anos anteriores.

Para o 2011 órzanse na Administración hidráulica 113

millóns de euros en gastos de capital. Por suposto, o Goberno

galego traballará para dar cumprimento no 2012 aos

obxectivos da Directiva marco da auga, co establecemento

dos plans hidrolóxicos para conseguir o bo estado das masas

de auga no 2015 e para mellorar o acceso ao abastecemento

en calidade e en cantidade, como establece o Plan agua.

Tamén temos o reto de manter a estabilidade orzamentaria,

non só no orzamento inicial, senón tamén na execución.

E quero destacar isto especialmente: pechamos o 2009 cumprindo

o obxectivo de estabilidade orzamentaria, pechare-

66

Número 68

22 de novembro de 2010

mos o 2010 cumprindo o obxectivo de estabilidade orzamentaria

e comprometemos no 2011 o cumprimento do

obxectivo de estabilidade orzamentaria.

O Grupo Socialista, malia facer unha acendida defensa

da sanidade pública, minora un orzamento corrente do Sergas

en 96 millóns de euros. Estamos falando das retribucións

dos facultativos, da radioloxía, que traballa nos hospitais do

sur de Galicia a través de Galaria, das partidas que recollen

os gastos en farmacia hospitalaria, da xestión de residuos

hospitalarios, dos transportes hospitalarios, da reprografía,

mantemento e [...] médico, lavandería, protección radiolóxica

e soporte informático dos laboratorios hospitalarios.

E xa quero facer unha serie de reflexións sobre o Fondo

de Continxencia. Temos unha proposta para adoptalo na

Administración xeral, para facer fronte a desviacións que

non se prevén; en cambio temos outra para eliminar o Fondo

de Continxencia correspondente ao Sergas.

O certo é que no Sergas é onde temos que financiar as

desviacións lóxicas en persoal sanitario, gastos hospitalarios

e receitas farmacéuticas. Parece pouco responsable en

defensa da sanidade pública reducir máis gasto de persoal,

farmacia hospitalaria ou receitas sen achegar alternativas.

En cambio, si que encontramos unha proposta socialista para

incrementar en 15 millóns as transferencias aos concellos

para promover hábitos saudables, ademais dun elenco de

gastos financiados con fondos finalistas do Estado: o Feader,

o FEP, o Fondo Social, o Feder e incluso o FCI. Este Goberno

actúa con máis rigor ou actúa con responsabilidade na

defensa do interese público de Galicia. É inflexible na

defensa dos intereses de Galicia en Madrid, pero cumprindo

todos os seus compromisos, todos con lealdade e responsabilidade.

E só se poden cumprir os compromisos asumidos

xestionando eficazmente, fixando obxectivos, establecendo

indicadores, controlando o gasto e dando cada día máis

transparencia á xestión pública.

No debate da repartición de competencias entre administracións,

quero destacar unha nota realmente curiosa: non

temos competencias para determinar os dereitos sociais,

pero financiamos o seu desenvolvemento; non aprobamos a

Lei de dependencia, pero estamos comprometidos co seu

financiamento; non determinamos as prestacións farmacéuticas,

pero apostamos pola súa racionalización e sostibilida-

67

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

de en beneficio do usuario. Hoxe podemos ver nun gran desafío

a prescrición orientada con claridade ás posicións que

ten cadaquén. Ante unha situación difícil, complicada e descoñecida,

as administracións públicas non temos outra

opción que adaptarnos a este novo ámbito, a novos retos; un

novo ámbito, unha nova xestión, un novo enfoque.

Eu quero dicir que resulta paradoxal que, fronte ao esforzo

sen precedentes desenvolto pola Xunta en materia de planificación

e definición de obxectivos, as emendas sigan centrándose

nos recursos ou inputs.

Non quero dicir, cando falo do esforzo feito sen precedentes,

que os anteriores gobernos fixeran un orzamento ao

chou, sen dúbida, pero que dúbida cabe que a calidade técnica

definida no Plan estratéxico Galicia 2010-2014-horizonte

2020, cando digo que é un instrumento serio de planificación

e que é unha verdadeira orientación a un orzamento

por resultados, logo de cacarexar aquí que no 2008 e no

2009 por primeira vez tiñamos un orzamento por obxectivos

e por resultados, o certo é que poden vostedes comprobar as

correspondentes fichas deses orzamentos e poden ver claramente

a diferenza.

Miren, por poñer un exemplo, no 2009 o Programa

131A, Dirección e servizos sociais de xustiza, tiña un obxectivo

estratéxico: proporcionar medios materiais á Administración

de xustiza, atendendo aos gastos xerais, primordialmente

en materia de oficina, traballos técnicos e traslados. E

o obxectivo operativo era o seguinte: financiar gastos de

material de oficina, traslados e traballos técnicos. Ben, un

obxectivo operativo certamente peculiar.

A diferenza co 2011 é a seguinte: Programa 131A, Reforzo

da Administración de xustiza, aumentando os medios

humanos e materiais. O obxecto é mellorar a organización e

axilizar os proxectos e o tempo de resposta, e os obxectivos

operativos son actuacións de medición como mecanismos de

solución de conflitos distintos ao proceso xudicial, asistencia

xurídica gratuíta, axudas a corporacións locais, secretarías

de xulgados de paz, convenio co Ministerio do Interior e

vixilancia das sedes xudiciais, implantación da nova oficina

xudicial.

Pero se falamos do Programa de dependencia, por exemplo,

dentro do eixe 1, Cohesión social, benestar e calidade de

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

vida, temos unha acción definida, destinada á concesión e

funcionamento de centros públicos para persoas con dependencia,

á que acompaña inmediatamente un indicador: prazas

consolidadas e novas prazas, ou ampliar o grao de cobertura

na atención de persoas en situación de dependencia

mediante a dotación de novas prazas e novas libranzas, á que

acompaña tamén o indicador de novas persoas atendidas no

ano. Comparen a situación co orzamento do 2009.

O seu obxectivo estratéxico era a promoción da autonomía

persoal; o obxectivo operativo, incremento dos recursos.

¿A vostedes parécelles que isto é un obxectivo operativo? E

a continuación as accións eran: gastos de persoal, capítulo I;

gastos de bens correntes e servizos, capítulo II, gastos de

transferencias correntes, capítulo IV. Ben, eu penso que o

rigor técnico, a forma de orzar, ten, desde logo, un cambio

inestimable. Xa non caben as solucións clásicas, non cabe

manipular as contas para evitar afrontar os retos, non cabe

debuxar ingresos ou aprazar as solucións aos problemas,

debemos afrontar un novo escenario con realismo, sen

poñernos de perfil ante os problemas xurdidos. Non temos

outra alternativa que afrontar unha administración máis

pequena con funcionamento máis flexible que achegue unha

xestión máis áxil e eficiente; unha administración que, en

definitiva, achegue valor ao contribuínte, confianza aos

empresarios, calidade nos servizos aos usuarios, solvencia

aos mercados e responsabilidade interxeracional. Estes orzamentos

cumpren con todos e cada un destes requisitos.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas gracias, conselleira.

Polo Grupo Parlamentario Popular de Galicia ten a palabra

o señor Puy Fraga.

O señor PUY FRAGA: Boas tardes, señora presidenta,

señorías, señora conselleira.

Estamos discutindo dous bloques de emendas alternativas

aos orzamentos que teñen algúns elementos comúns,

como, por exemplo, a suba de impostos, en especial o IRPF,

pero que entre si presentan profundas diverxencias.

A min gustaríame facer, no breve tempo do que dispoño,

unha análise da súa congruencia, da verosimilitude do dis-

Número 68

22 de novembro de 2010

curso que incorporan no conxunto das emendas transversais

presentadas polas dúas forzas políticas.

Esta mañá o portavoz do Bloque tivo a ben citar a Víctor

Klemperer, o admirado Victor Klemperer, autor de A lingua

como arma. Permítanme que cite tamén a outro teórico da

análise do discurso, don José Ortega y Gasset, que dixo

aquilo de: “Lo que suele llamarse inverosimilitud no es un

inconveniente en el género novela, basta con que haya congruencia.

La verosimilitud estética es la congruencia interna

del microcosmos creado por el autor, no la coincidencia

del libro con la realidad, con el detalle del mundo que hay

fuera”.

Pois ben, hai dous aspectos, polo tanto: a verosimilitude

entendida como congruencia interna, ou que coincida isto,

que sexa congruente, co mundo que hai fóra. A diferenza da

novela certamente, os orzamentos teñen que ser congruentes

co mundo que hai fóra, porque non estamos no mundo da

ficción, senón no mundo das realidades ben tanxibles.

Ben, ás emendas do BNG hai que recoñecerlles que son

verosímiles desde o punto de vista da congruencia interna, o

que queren é máis gasto, non someterse ao que chaman “a

ditadura dos mercados”, ao que se chama “o sacrosanto déficit

cero”; en definitiva, non están a favor da Unión Europea

do euro, que é a que impón precisamente estas restricións ao

déficit público. Eles prefiren que haxa máis déficit público,

queren subir os impostos e queren que todo financiamento

en etapa de crise se financie con débeda e con déficit. Evidentemente,

isto mantén unha congruencia, a mesma congruencia

que, por certo, estes días saía na prensa cando o

Bloque Nacionalista Galego hai vinte e cinco anos se pronunciaba

contra a entrada na Unión Europea, pero, evidentemente,

carecen claramente da incongruencia co momento

no que estamos, co mundo que hai aí fóra, coa crise que

padecemos, que certamente non é unha crise estritamente de

demanda, senón que é unha crise financeira en boa medida

motivada polo déficit, tanto polo déficit público como polo

déficit privado, que está levando a un endebedamento; un

endebedamento público que está xerando un efecto expulsión

dos recursos, dos escasos recursos que hai, e aí está a

mostra da famosa emisión de bonos por parte da Generalitat

de Cataluña, que tivo un éxito clamoroso, evidentemente

pagando o 3,5, un custo real para a propia Comunidade

Autónoma do 7. Entón, aparecen os recursos, pero, eviden-

68

Número 68

22 de novembro de 2010

temente, os recursos que van pagar ese endebedamento non

se invisten no tecido social, nas pequenas e medianas empresas,

nin sequera nas grandes empresas que cotizan en bolsa.

Ese endebedamento que vacía os mercados de máis cartos,

evidentemente, leva a un menor nivel de investimento, e,

polo tanto, a hai máis paro e a unha caída aínda maior do

consumo.

Evidentemente, nós consideramos que, dentro das marxes

que marca a Unión Europea e os acordos que España asinou

coa Unión Europea, hai que ir ao endebedamento, nin

máis nin menos que esa é a cuestión. Evidentemente, non

debemos de endebedarnos máis para cumprir cos acordos, e

tampouco menos, porque, entón, os custos do endebedamento

dos demais os sufrimos nós sen beneficiarnos das

vantaxes que dá o propio endebedamento. En definitiva,

como novela, como ficción, estaría ben, pero realmente

pouco congruente co mundo que hai aí fóra.

As do Partido Socialista, ademais de incongruentes, son

fondamente inverosímiles, carecen mesmo desa verosimilitude

estética de esquerdas da que falaba Ortega en relación

coas novelas. Permítanme que lles saliente algunhas das

incongruencias que nós vimos nas emendas presentadas polo

Grupo Socialista. A primeira que presentan, con relación aos

ingresos, o que pide é directamente que suprimamos do

orzamento 242,65 millóns de euros correspondentes ao

Fondo de Cooperación. Inmediatamente comezan a pedir

máis ingresos, por exemplo, 145 por tributos propios, 25 por

impostos sobre a renda –por certo, os mesmos que pide o

Bloque, pero con tipos distintos, o cal lle dá a razón á conselleira

cando di que, realmente, con eses escalóns que puxeron,

é imposible calcular canto ía ser a recadación– e 28

máis en ingresos patrimoniais, por exemplo, por venda de

solares do IGVS nun momento en que xa sabemos que o

mercado inmobiliario está boiante. Total, 198 millóns de

euros. A continuación, o que cabía esperar é que eses 198

millóns de euros fosen para substituír o gasto da Xunta polos

242 millóns de euros que din que hai que suprimir do orzamento,

pero non o fan, non fan iso; ao revés, seguen metendo...

Claro, pero, entón, sacan 242 e meten 198, pero, ao

mesmo tempo, en gastos poñen 51 máis para educación, 165

máis para sanidade, 49 para benestar e vivenda, 56 para políticas

activas de emprego. Total, 321 millóns de euros. Se

vostedes a recadación adicional a dedican ou ben a suplir o

Fondo de Cooperación ou ben a amortizar débeda, xa que

69

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

están tan preocupados polo crecemento da débeda pública de

Galicia, un podería ver certa congruencia interna no discurso.

Pero non, ¿que é o que fan? Á parte de que son os únicos

que non defenden que teñamos dereito ao Fondo de Cooperación

e veñen aquí anunciar decisións que aínda non están

adoptadas... E, de feito, imos ter dentro de pouco un consello

de política fiscal e financeira e quero lembrar que se nos

queren descontar 242 millóns de euros por unha débeda, que

era do ano 2008, de 111 millóns de euros; é dicir, que pagar

unha débeda de 111 millóns con 242, evidentemente, as contas

non lles darían.

Pero, en todo caso, se eses cartos non existen e vostedes

teñen máis ingresos, un cabería esperar, nesa lóxica, que

substituíran unha cousa pola outra. Non só non o fan, senón

que incrementan en 321 millóns de euros o gasto. É dicir,

volvemos ao de sempre, aos orzamentos do 2008 ou do

2009. O peche do exercicio de contabilidade nacional da

Xunta para o 2009 confirmou o famoso burato de 2.200

millóns de euros, que vén de orzar por riba do que se ingresa

e de presupostar gastos que non teñen cobertura orzamentaria.

Evidentemente, nós a iso non imos ir.

Pero, ademais de ser incongruentes, ademais de carecer

desa inverosimilitude interna, son incongruentes co mundo

externo. Esta mañá xa se dixo: critican as PPP para a sanidade,

cando: “La ministra de Sanidad, Trinidad Jiménez,

felicitó al Gobierno de Baleares por el extraordinario hospital

de Son Espases, en Mallorca. Es un ejemplo” –entrecomilñado,

no periódico–... “Es un ejemplo –dijo en una

visita a las instalaciones– del magnífico nivel de excelencia

del sistema nacional de salud y del compromiso con la sanidad

pública”. Ben, vostedes seguen convocando manifestacións

e participando en manifestacións contra o que fan os

socialistas en Baleares. (Aplausos.)

Segunda incongruencia. Están todo o día meténdose con

que reducimos o gasto. Mire o que di o Libro amarelo dos

orzamentos do Estado, di: “La distribución del gasto autonómico”

–é o deste ano– “analizada confirma que, pese al

carácter eminentemente social de los presupuestos autonómicos,

todavía existe un margen para que las comunidades

autónomas contribuyan al proceso de consolidación fiscal

–recorte ás comunidades autónomas–” confirmado la semana

pasada por el señor Carlos Ocaña, secretario de Estado

de Hacienda”. Dixo literalmente –entrecomiñado–: “De la

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

misma forma, ha pedido más esfuerzos para reducir el déficit

en la parte del gasto sin marcado carácter social, cuyas

partidas se destinan a inversiones o empresas públicas. Es

sensato que empiecen por ahí”. Isto é o que di o secretario

de Estado socialista. Pero engadiu: “Así, aínda así, considerou

probable que as comunidades autónomas tamén se

verán obrigadas a realizar outro tipo de axustes na parte dos

seus orzamentos destinados ao gasto social, con medidas

que xa se están debatendo e que algunhas comunidades

autónomas solicitaron, como el copago sanitario” –por

certo, suxestión do conseller socialista da Generalitat de

Cataluña– “ou o desenvolvemento máis lento da Lei da

dependencia”.

Ao final, iso é o que está a pasar, que nos transfiren 6.000

millóns de euros polo sistema de financiamento autonómico,

e o custo de sanidade, educación e servizos sociais en Galicia

é 6.400; é dicir, 400 millóns menos dos que nos aportan

para as políticas sociais.

E, ademais, finalmente, tamén son incongruentes na

débeda. Seguen criticando o endebedamento cando, insisto,

nós imos polo libro, que é xusto o que hai que facer. Se ese

é o compromiso, non debemos ir máis aló porque outros se

beneficiarían da vantaxe de emitir débeda e nós sufririamos

tamén os custos totais da solvencia de España. Insisto, unha

incongruencia total que, ao final, é unha incongruencia coa

situación. Un goberno que cumpre coa lealdade institucional,

é dicir, que cumpre cos pactos do propio Estado, resulta

que é criticado aquí porque recorta o gasto público. Resulta

que o que temos é unha posición que critica o que o seu

Goberno, da súa mesma cor, nos está dicindo que fagamos

desde o Goberno central. (Aplausos.)

Ben, pois mentres esta fin de semana o señor Zapatero

dicía algo moi interesante nunha longa entrevista: É que

estamos volvendo... Dixo: “Hemos vuelto a unos niveles de

riqueza equiparables a los que teníamos en 2006”. Ese é o

resultado da súa política económica: estamos no 2006. Comparemos

cales son as prioridades de gasto dunha e outra

administración para o ano 2006. Alta dirección da Comunidade

Autónoma: bipartito, 41 millóns; este Goberno, 38

millóns; Administración xeral, 74; este Goberno 71; Xustiza,

94; este Goberno, 106. Se suman Xustiza e Administración

xeral, verán por que sobe a Consellería de Presidencia.

Se non queren darse conta de que é Presidencia e Xustiza

pois tampouco hai máis problema que facer. Sanidade, 3.300

vostedes; 3.500 este; Educación, 2.000 vostedes; 2.000, este

Goberno. E poderiamos seguir así, vendo como cambiaron

as cousas. Temos o orzamento do 2006, pero tamén cambiaron

as prioridades.

Concluímos volvendo ao inicio, non é unha alternativa

congruente nin verosímil, salvo no caso da estética do Bloque,

e simplemente volver a Klemperer, á forza das palabras,

que nos deixa no ano 2006, cuns orzamentos de volume do

ano 2006, e resulta que agora nos bota a culpa de que reducimos

o gasto público por ideoloxía. Quen consolida 12.000

funcionarios, que entón era máis gato en benestar, agora di

que sobe o gasto corrente, o gasto en persoal, cando se lles

pagan os salarios; quen conxela as pensións, quen recorta os

fondos das autonomías...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

O señor PUY FRAGA:..., quen promove un sistema de

financiamento autonómico que beneficia as comunidades

con máis renda e quen, ademais, non o cumpre, acúsanos a

nós de facer políticas antisociais, de recortar o gasto e de non

equilibrar o territorio. Iso si que é manipular a linguaxe.

Nós rexeitaremos por iso estas emendas e apoiaremos

uns orzamentos que son eficaces, que van facer que Galicia

o ano que vén xa teña un crecemento positivo dun punto, na

confianza de que ao seguinte se poida crear emprego, cando

recibimos a economía, caendo un 3,3% do noso PIB...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor, señor Puy.

O señor PUY FRAGA:...; uns orzamentos que son leais co

proxecto europeo e que están sobre todo comprometidos co

benestar social e cos sectores estratéxicos da nosa comunidade

autónoma.

Moitas gracias. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas gracias, señor Puy.

Rolda de réplica. (Pausa.)

Número 68

22 de novembro de 2010

Polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

ten a palabra o señor Blanco Álvarez.

70

Número 68

22 de novembro de 2010

O señor BLÁNCO ÁLVAREZ: Señora presidenta, señorías, a

lealdade do Bloque Nacionalista Galego é con Galiza, en

primeiro lugar. E se iso axuda a unha construción europea

que se dea noutras circunstancias e non como a que se está a

dar, de claros desequilibrios e de claras diferenzas, evidentemente,

haberá que cambiar esa Unión Europea, como eu

creo que cada vez é unha idea que xa agroma na maior parte

da sociedade e na maior parte dos europeos e das europeas.

Pero, en todo caso, este é o Parlamento galego, e estamos

para ser leais co país, cos galegos e coas galegas. E, como

tamén dicía Ortega e Gasset –que non é un filósofo que me

entusiasme pero tamén ten, evidentemente, frases ás que hai

que facer referencia–, a verdade sempre ten utilidade. E eu

creo que nesta tribuna, por parte do Partido Popular, se ten

feito pouco por cumprir precisamente isto da verdade, porque

se están a dar datos que, cando menos, nos sorprenden.

Di vostede agora... Vostede xa dixo dúas cantidades de funcionarios:

12.000 e 14.000. ¡Home!, haberá que poñerse de

acordo en cantos son. Eu creo que á función pública só se

achega un por concurso ou por oposición. Dígame onde

están as prazas deses 12.000 ou 14.000, porque en cada

momento fala de 12 ou de 14. Dígame onde están esas prazas

durante eses catro anos porque, do contrario, evidentemente,

estamos ante unha nova falla á verdade.

Pero hai algunhas cuestións das que si me gustaría falar.

Por exemplo, cando vostedes din o do investimento aos

pagos público-privados, e din que este vai ser un mecanismo

que o permita, voulles ler algo que di –fíxese vostede– unha

consultora como Price Waterhouse –por certo, moi próxima,

parece ser, a este Goberno–: “Os mercados de crédito practicamente

teñen desaparecido. As perspectivas a curto prazo

seguen sendo sombrías. Concluiranse poucos contratos PPP

e moitos deles xa se teñen suspendido”. É dicir, que un dos

mecanismos que vostedes poñen nestes orzamentos para

facer financiamento, á parte de ser máis caro, á parte de

endebedar máis o país de cara ao futuro, a maiores, ademais,

parece ser que non ten viabilidade, e, polo tanto, vai cuestionar

boa parte dos investimentos previstos nos propios

orzamentos.

Despois, algunhas cuestións que non deixan, desde logo,

de chamar a atención. Aquí non se explicou o do Mercado

Bursátil Alternativo. ¿Para quen é ese tipo de desgravación,

que parece ser que é dirixida a empresas galegas que estean

dentro do Mercado Bursátil Alternativo? Nós afirmamos

71

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

aquí que non hai ningunha. Sería bo que viñeran aquí e nos

dixeran cantas, como y para que, porque, se están establecendo

vostedes declaracións fiscais para un tipo de investimento

deste tipo, o mínimo é explicarlles aos galegos e ás

galegas se é que existen esas empresas galegas no Mercado

Bursátil Alternativo, porque, se non existen, é unha nova

falla á verdade e, polo tanto, iso si que non ten utilidade.

E sería bo que falaran tamén doutros aspectos. Mire,

parece ser que a emenda que, en todo caso, pon o Bloque

Nacionalista Galego de subirlles ás rendas máis altas... Por

certo, señora conselleira, de máis de 100.000 euros, non

60.000; é dicir, 16 millóns das antigas pesetas. Creo que é

unha cantidade de renda na que se pode facer un esforzo.

Vostede di que non son 25, que son 20. Bueno, se é así e a

aceptan, eu estou disposto a facer unha redución nesta emenda

para que, efectivamente, quede en 20 e poidamos poñer

en marcha estas emendas. Porque, de 357 millóns de euros,

vostedes só cuestionaron, en todo caso, dentro da emenda do

Bloque Nacionalista Galego, 5 millóns de euros. Seguramente

poderiamos chegar a acordos se houbera realmente

unha modificación deste orzamento.

Saben vostedes que noutros aspectos, evidentemente,

nós estamos polo labor. Sobre o Fondo de Cooperación xa

nos temos pronunciado, non é nada novo; que nolo paguen,

e que, ademais, cambien o sistema de financiamento. Porque

tamén ten que ser consciente dunha cousa, quen foi negociar

alí foi o Goberno galego, co apoio deste Parlamento; son

vostedes tamén responsables dos resultados. ¡Home!, mire,

na lexislatura anterior o Goberno galego era responsable de

case todo o que sucedía no país e mesmo no mundo. Agora

vostedes non son responsables de nada, agora vostedes

dedícanse, iso si, a atacar sistematicamente ou a criticar o

Goberno do Estado tamén naqueles aspectos nos que, evidentemente,

hai que criticalos –e son moitos tamén–, pero o

que non o utilizamos é como desculpa da nosa inacción e

como desculpa de presentar uns orzamentos que claramente

avanzan –e eu dicíao– pola privatización ou pola desaparición

dos servizos públicos.

Mire, non puido cuestionar ningunha das cuestións que eu

lle dicía. Dicía: Son congruentes, son solventes. ¿Con quen?,

¿cos galegos e coas galegas? ¿Son solventes cos universitarios

que non van ter becas? ¿Son solventes cos comedores

escolares, que se reducen? ¿Son solventes cunha sanidade na

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

que se precariza, ademais, a atención primaria, que todos

coincidimos en que é o elemento esencial para a redución das

listas de espera? ¿Son congruentes e son solventes cos miles

de galegos e galegas que están pendentes da aplicación da Lei

de dependencia, aos que vostedes xa lles din que non? ¿E son

solventes ou congruentes coas políticas de I+D+i?...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor, señor

Blanco.

O señor BLÁNCO ÁLVAREZ: Subir a este Parlamento a

dicir que as políticas de I+D+i son unha prioridade para este

Goberno non é só unha falla á verdade, é unha absoluta mentira;

é mentir como bellacos. E iso, desde logo, non é o que

nós imos apoiar.

Mire, nós puxemos enriba da mesa unha emenda que claramente

modifica substancialmente os obxectivos, as prioridades

deses orzamentos; que aposta pola creación de emprego,

que aposta polo mantemento do Estado de benestar; que

aposta...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

O señor BLÁNCO ÁLVAREZ:... polas políticas de I+D+i

como vector do cambio do modelo produtivo. Vostedes

apostan por privatizar, privatizar e privatizar e facer dos servizos

públicos un negocio. Nós nunca estaremos aí.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas gracias, señor Blanco.

Polo Grupo Parlamentario Socialista ten a palabra o

señor Fernández Leiceaga.

O señor FERNÁNDEZ LEICEAGA: Moi rapidamente,

algunhas cuestións, antes de nada, para aclarar; sobre todo

para aclararlle ao portavoz do Grupo Popular qué é o que

queremos dicir.

Dinos que nós, con estes 242,65 millóns, non facemos un

uso razoable disto, porque, por unha parte, hai que suprimilos...

Non, non, nós o que dicimos, voullo ler, é que debería

ser vinculada esa cantidade a partidas específicas de gasto e

obxecto de retención mentres non fose modificada a situa-

ción. Iso é o que dicimos. O que dicimos é xustamente que

debe reterse por un principio de prudencia, porque, como

ben sabe a conselleira –porque temos nós a comunicación–

desde a Administración xeral do Estado –foi entregada por

vostede– comunicaron que eses fondos non ían vir. Esa é a

situación a día de hoxe comunicada pola Administración

xeral do Estado. ¿Que a min me gustaría que viñeran? Por

suposto, pero a día de hoxe sábese que non van vir. Fagan

vostedes unha retención e apliquen un principio de prudencia.

Non lle dicimos que o supriman, non é iso, o que lle

estamos dicindo é que fagan unha retención.

Segunda cuestión, en relación cos ingresos. Eu limitareime

a ler a páxina 33 da súa memoria. Na páxina 33 di: “Este

imposto” –o de sucesións e doazóns– “mantén, como en

anos precedentes, un bo comportamento recadatorio, moi

por enriba do orzado”. “Segundo, ademais, como medida

anticíclica, vaise propoñer a realización dun plan especial, e

isto cífrase en 70 millóns”. ¿E agora dime vostede que nós

facemos unhas previsións en exceso despois disto? Non,

non, o que pasa é que seguramente hai algunha conexión

entre os 242 millóns e esta forma de presupostar os ingresos

propios. Seguramente hai algo disto.

Terceira cuestión en relación co portavoz do Partido Popular.

Non pode vir aquí a facernos a nós solidarios de todo o

que fan os socialistas en todos os puntos de España e ao

mesmo tempo vostede desolidarizarse de todo o que faga o

Partido Popular noutras partes de España. (Aplausos.) ¿Ou

vostede está a favor das entrevistas, do que dicía o señor

Rajoy na famosa entrevista de El País –por falar de entrevistas–

cando citaba a Cameron como o seu referente e o seu

guía, o Cameron que vai despedir a non sei cantos miles de

funcionarios e subir o IVE en tres puntos? (Aplausos.) Claro,

é que hai que xogar con armas razoables. E, por certo, vostede

sabe perfectamente que o famoso hospital de Baleares foi

impulsado polo Partido Popular cando gobernaba as illas,

sábeo perfectamente. (Aplausos.) (Murmurios.) (Pronúncianse

palabras que non se perciben.) ¡Tranquilos, tranquilos!

A señora PRESIDENTA: Por favor, silencio.

O señor FERNÁNDEZ LEICEAGA: En fin...

Número 68

22 de novembro de 2010

E non me contestaron a nada. Eu pídolles un pronunciamento

expreso en relación cos famosos acordos de diálogo

72

Número 68

22 de novembro de 2010

social do mes de xullo. Para animar esa resposta, voulles ler

o que din Comisións e UGT nun documento conxunto sobre

as políticas activas de emprego; dous parágrafos nada máis.

Primeiro: “Rexeitamos” –din os sindicatos– “o drástico

recorte dos recursos das políticas de emprego, que sofren

unha caída brutal”. Segundo parágrafo: “O presidente da

Xunta de Galicia en 2011 xa terá consumido máis da metade

da súa lexislatura” –en realidade son dous terzos, a finais

de 2011– “e aínda non empezou a cumprir co que definiu o

principal obxectivo do seu Goberno: reducir o desemprego”.

Isto é o que din. E Comisións Obreiras, nun documento que

se fixo público estes días, cifra nestas materias, emprego,

formación, igualdade, etc., en 100 millóns de euros os que

deben incrementarse ao orzamento para cumprir cos acordos

do diálogo social do mes de xullo. Un orzamento que xa

empezara a realizarse nese momento e que, con todo, é incapaz

de dar cumprimento a acordos que asinou o seu Goberno

a verdade é que ten un cualificativo; non sei como chamalo,

pero, en todo caso, fraudulento en relación con eses

acordos, cando poucos meses despois resulta que non dá

cobertura a aqueles que asinan solemnemente cos sindicatos

deste país.

Por tanto, nós imos manter as nosas emendas. Cremos

que melloran substancialmente o orzamento do ano que vén,

modifican as prioridades, establecen claramente as prioridades,

danlle respaldo orzamentario, utilizan os recursos para

favorecer o crecemento, a igualdade, reforzar os servizos

sociais básicos, aumentar a capacidade de investimento da

Xunta de Galicia e resolver algúns dos problemas, como en

materia de financiamento público-privado de hospitais, vostedes

estannos metendo, pero pagaremos o conxunto dos

galegos, incluso cando vostedes xa non estean ao cargo da

Xunta de Galicia.

Moitas gracias. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas gracias.

Rolda de peche.

Ten a palabra a conselleira de Facenda, a señora Fernández

Currás.

A señora CONSELLEIRA DE FACENDA (Fernández Currás):

Moitas grazas, señora presidenta.

73

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

Miren, señorías, non nos damos posto de acordo nos

ingresos porque non queremos poñernos de acordo nos

ingresos. Iso é certamente así.

Vostedes insisten na extrapolación que fan e en que estamos

recortando os ingresos, ou que estamos xogando cos

ingresos, e en que algo ten que ver co que falte ao Fondo de

Cooperación. Miren, creo que xa expliquei polo miúdo

como si que facemos unhas previsións realistas e tecnicamente

impecables. (Murmurios.) É que certamente... Especialmente

no imposto sobre sucesións e doazóns, o que

fallou foi precisamente a previsión que fixeron de merma da

recadación do 50% no primeiro exercicio correspondente. E

xa lles estou dicindo que aquí hai un efecto diluído no

tempo que non chegou –como xa dixemos– no 2010 e que

vai afectar no 2011. Esa baixada de impostos que agora lles

parece tan estraña, porque nun momento onde os ingresos

sobraban por todas as partes, como consecuencia dunha

débeda que agora temos nós, entón, si que era socialista baixar

os impostos.

Pero, miren, con respecto ao Fondo de Cooperación –que

hoxe xa temos moi claro que non acompañan a este Goberno

na súa reclamación; hoxe deixouno moi claro tanto o

señor Vázquez na súa intervención como agora mesmo vostede

mesmo, señor Leiceaga, que non acompañan esa reclamación,

ese deber, ese dereito que ten esta Comunidade

Autónoma–, ocorre que din que deberiamos, por prudencia,

facer unha retención de crédito por se non chega. Pero,

miren, ocorre que a propia LOFCA, mais o Acordo 6/2009,

mais a acta 72, que lin aquí á mañá, dispoñen que eses anticipos

procedentes dos fondos de converxencia se poderán

conceder vía anticipos de tesourería. Quere dicir que en calquera

momento do exercicio orzamentario, xa non digo na

tramitación dos orzamentos xerais do 2011, que aínda falta a

tramitación, aínda falta a súa aprobación; pero xa non digo

antes do 27 ou 28 de decembro, en que se aproben, porque

sabemos que se van aprobar, esas políticas activas de emprego

que tanto critican a esta Comunidade Autónoma... A min

tamén me gustaría moito mellorar, e poderiamos mellorala

de ter o compromiso que se ten en Madrid co Goberno

vasco. De ter ese compromiso, aquí estariamos falando doutra

situación, pero, claro, xa sabemos que a ministra argumenta

que é unha obriga do Goberno aprobar ante todo os

orzamentos, aínda que teña que venderse dunha forma tan

escandalosa ao resto das comunidades autónomas. E, como

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

lles dicía, eses anticipos de tesourería pódense acordar en

calquera momento. De feito, a compensación do imposto

sobre o patrimonio –que xa chegou a esta Comunidade

Autónoma no exercicio do 2009– veu da man dun anticipo

de tesourería que non estaba orzado, que non estaba contido

nos orzamentos do 2009 nin no do 2010; veu da man dun

anticipo de tesourería. Co cal, non hai ningunha razón técnica

para que non chegue ese Fondo de Cooperación.

Respecto da pregunta que facía o señor Blanco do incremento

de efectivos, se 12.000 ou 14.000, ao que fixo referencia

o señor Puy, depende unicamente do ano que manexemos.

Pero eu pódollo dicir doutro xeito; é dicir, podo

cuantificar ese incremento. Mire, incremento de 243 millóns

no 2007, 269 millóns no 2008 e 248 millóns no 2009. Si,

12.000 novos contratos asinados durante ese tempo. (Murmurios.)

Os orzamentos que hoxe se debaten son uns orzamentos

que se comezaron a elaborar dende hai xa moitos meses,

moito antes do que é o período habitual. Eramos perfectamente

conscientes de que o ano 2011 viría cheo de dificultades.

Aínda que a economía encaraba a senda á recuperación,

asumiamos unha limitación moi significativa da capacidade

de gasto. O Goberno de España esforzouse en reducir aínda

máis as nosas previsións. Actuamos con responsabilidade na

defensa do interese xeral e negociamos ante a Administración

do Estado unha maior dispoñibilidade de recursos. Asumimos

o novo escenario de consolidación fiscal e incluso

sempre pedimos maior compromiso coa sostibilidade das

finanzas públicas. Pero iso é perfectamente compatible coa

defensa dos compromisos asumidos por esta Comunidade

Autónoma e é perfectamente compatible cunha relación

baseada na confianza mutua, na lealdade institucional e no

comportamento do Estado. Ante esta nova situación, mantemos

unha senda de recursos ao endebedamento pactada que

permitise que a solvencia da Comunidade Autónoma se

mantivese na mellor posición posible e se traducise nun

financiamento equilibrado e de custo mínimo. Configuramos

un marco de planificación e programación que permitise

unha asignación de recursos con óptica de obxectivos a

medio e longo prazo; construímos sistemas de avaliación e

control que fagan que os efectos do gasto rendan o máximo

e defendemos un sistema fiscal que non incremente os esforzos

dos contribuíntes. Porque o importante é optimizar o sistema

fiscal actual para que aumente a eficacia da recadación

e apoiar a recuperación a través das rebaixas selectivas de

impostos.

Para iso estes orzamentos son os mellores orzamentos

autonómicos posibles para este ano, para o 2011, primeiro,

porque optimizan as fontes de ingresos, aumentando a eficacia

da recadación dos tributos xestionados pola Xunta sen

aumentar a presión fiscal sobre os contribuíntes; acudindo á

débeda dentro dun escrupuloso cumprimento do obxectivo

de estabilidade orzamentaria, en coherencia coas esixencias

propias da Unión Europea. Segundo, porque son os primeiros

orzamentos que marcan a totalidade dos gastos dentro

dunha estratexia económica a medio e longo prazo; unha

estratexia apoiada na avaliación e na eficacia dende o primeiro

euro para xestionar con criterios de austeridade e

racionalidade do gasto, camiñando cara a uns orzamentos

dirixidos ao cumprimento dos obxectivos. E, por último,

porque, sendo uns orzamentos construídos nun escenario de

crise, serán quen de manter no curto prazo os servizos públicos

básicos para os cidadáns nestes difíciles momentos. Pero

tamén serán quen de proporcionar estímulos suficientes aos

sectores e actividades produtivas para que a economía galega

recupere a senda de crecemento e manteña un diferencial

positivo con respecto á media da economía española. E,

finalmente, porque son quen de priorizaren obxectivos estratéxicos

como a economía do coñecemento.

Por iso hoxe presento un instrumento destinado a proporcionar

á sociedade galega os servizos que lle aportan

cohesión social, que contribúen a dotar a nosa economía de

confianza nos emprendedores nos nosos mercados financeiros;

señorías, uns orzamentos realistas, austeros, sociais e

solventes.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas gracias.

(Pide a palabra o señor Blanco Álvarez.)

Número 68

22 de novembro de 2010

¿Para que pide a palabra, señor Blanco? (O señor Blanco

Álvarez pronuncia palabras que non se perciben.)

Vostede estivo no debate, non sei que cuestión de orde

quere plantexar. (O señor Blanco Álvarez pronuncia palabras

que non se perciben.)

74

Número 68

22 de novembro de 2010

Señor Blanco, esta cuestión xa foi tratada e foi confirmada

co letrado. E este debate faise como se fixo sempre.

Por tanto... (Murmurios.), poden dicir o que queiran, pero é

así.

Entón, esta Presidencia entende que non hai cuestión de

orde e, se lles parece, imos proceder á votación das emendas.

(Interrupcións.)

Por favor, prego silencio. (Pronúncianse palabras que

non se perciben.) (Pide a palabra o señor Fernández Leiceaga.)

¿Si, señor Leiceaga?

Por favor, silencio.

Señor Leiceaga. (O señor Fernández Leiceaga pronuncia

palabras que non se perciben.) Se é do mesmo, xa está.

Ben, ¿para que quere a palabra?

Déanlle voz, por favor, ao escano do señor Leiceaga.

O señor FERNÁNDEZ LEICEAGA: Como vostede sabe,

están presentadas dúas emendas diferentes. Pero, no noso

caso, non houbo oportunidade de posicionarse en relación

coa emenda do BNG, e iso debe merecer un turno específico

que non foi mantido neste debate.

A señora PRESIDENTA: Señor Leiceaga, vostede estivo no

debate e tivo tempo para posicionarse en relación co que

vostede quixera no debate. (Murmurios.) Ninguén lle di do

que ten que falar vostede no seu turno. (Murmurios.) Por

tanto, se lles parece, imos proceder á votación das emendas

do Grupo dos...

Pechamos as portas.

Comezamos pola votación das emendas que modifican a

contía global dos orzamentos. En primeiro lugar, as emendas

do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, da

1 á 6.

Votación das emendas 1 á 6 do G. P. do Bloque Nacionalista

Galego, que modifican a contía global dos orzamentos.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a

favor, 37; votos en contra, 38.

75

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, quedan rexeitadas estas emendas.

Votamos a continuación as emendas do Grupo Parlamentario

dos Socialistas de Galicia, en concreto a emenda

número 2, que modifica a contía global dos orzamentos.

Votación da emenda número 2 do G. P. dos Socialistas de

Galicia, que modifica a contía global dos orzamentos.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a

favor, 37; votos en contra, 38.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitada esta emenda.

Votamos a continuación as emendas que transfiren créditos

entre seccións, comezando polas emendas do Grupo

Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego números 7

á 37.

Votación das emendas números 7 á 37 do G. P. do Bloque

Nacionalista Galego, que transfiren créditos entre seccións.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a

favor, 37; votos en contra, 38.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, quedan rexeitadas estas emendas.

Votación da emenda do G. P. dos Socialistas de Galicia

que transfire créditos entre seccións.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a

favor, 37; votos en contra, 38.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitada esta emenda.

Rexeitadas as emendas á totalidade, fixada a contía global

dos estados de gastos e de ingresos, dáse traslado deste

proxecto de lei á Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orza-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

mentos, para proseguir a súa tramitación, de conformidade

co disposto no artigo 114.4 do Regulamento da Cámara.

Levántase a sesión.

Moitas gracias.

Remata a sesión ás seis e cincuenta minutos da tarde.

Número 68

22 de novembro de 2010

76

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

RELACIÓN DE DEPUTADAS E DEPUTADOS PROCLAMADOS ELECTOS POR ORDE ALFABÉTICA

1.- Acuña do Campo, Carmen (PSdeG-PSOE)

2.- Adán Villamarín, María do Carme (BNG)

3.- Álvarez Chao, Emma (PP)

4.- Arias Veira, Pedro (PP)

5.- Aymerich Cano, Carlos (BNG)

6.- Baamonde Díaz, Agustín (PP)

7.- Balseiro Orol, José Manuel (PP)

8.- Baltar Blanco, José Manuel (PP)

9.- Barcón Sánchez, Mar (PSdeG-PSOE)

10.- Barros Sánchez, Natalia (PP)

11.- Blanco Álvarez, Fernando Xabier (BNG)

12.- Bouza Santiago, Ana Luisa (BNG)

13.- Burgo López, Concepción (PSdeG-PSOE)

14.- Cajide Hervés, María del Carmen (PSdeG-PSOE)

15.- Caride Estévez, María José (PSdeG-PSOE)

16.- Castiñeira Broz, Jaime (PP)

17.- Cerviño González, Francisco (PSdeG-PSOE)

18.- Cobián Fernández de la Puente, Pablo (PP)

19.- Díaz Lugilde, Yolanda (PP)

20.- Díaz Pardo, Ángeles (PP)

21.- Escribano Rodríguez, Javier (PP)

22.- Fernández Fernández, Rosendo (PP)

23.- Fernández Leiceaga, Xoaquín María (PSdeG-PSOE)

24.- Fervenza Costas, José (PP)

25.- Fraga Santos, Silvia (PSdeG-PSOE)

26.- Francisco Rivera, Juan Carlos (PSdeG-PSOE)

27.- Gallego Calvar, Carmen (PSdeG-PSOE)

28.- Gallego Lomba, Manuel (PSdeG-PSOE)

29.- García López, José Antonio (PP)

30.- García Pacín, Isabel (PP)

31.- Goldar Güimil, Jesús (PP)

32.- Gómez Alonso, Alejandro (PP)

33.- Lage Tuñas, José Manuel (PSdeG-PSOE)

34.- Lobeira Domínguez, Bieito (BNG)

35.- López Campos, José Carlos (PP)

36.- López Rodríguez, Dámaso (PP)

37.- López Vidal, Pablo Xavier (PSdeG-PSOE)

38.- López-Chaves Castro, Ignacio Javier (PP)

39.- Losada Álvarez, Abel (PSdeG-PSOE)

40.- Meijón Couselo, Guillermo (PSdeG-PSOE)

41.- Méndez Romeu, José Luis (PSdeG-PSOE)

42.- Negreira Souto, Carlos (PP)

43.- Novoa López, Enrique (PP)

44.- Núñez Feijóo, Alberto (PP)

45.- Oubiña Solla, Rosa (PP)

46.- Paz Franco, María Tereixa (BNG)

47.- Piñeiro Martínez, Marisol (PP)

48.- Pontón Mondelo, Ana Belén (BNG)

49.- Pose Mesura, Modesto (PSdeG-PSOE)

50.- Prado del Río, Paula (PP)

51.- Puy Fraga, Pedro (PP)

52.- Quintana González, Anxo Manuel (BNG)

53.- Quintas Álvarez, María (PSdeG-PSOE)

54.- Rego González, Ismael (PSdeG-PSOE)

55.- Rodríguez Arias, Marta (PP)

56.- Rodríguez González, Román (PP)

57.- Rodríguez Miranda, Antonio (PP)

58.- Rojo Noguera, Pilar (PP)

59.- Romero Fernández, Cristina (PP)

60.- Ruíz Rivas, Manuel (PP)

61.- Sánchez Montenegro, Isabel (BNG)

62.- Santalices Vieira, Miguel (PP)

63.- Seoane Romero, María (PP)

64.- Sestayo Doce, Beatriz (PSdeG-PSOE)

65.- Soneira Tajes, María Soledad (PSdeG-PSOE)

66.- Súarez Canal, Alfredo (BNG)

67.- Sueiro Pastoriza, Alberto (PP)

68.- Táboas Veleiro, Teresa (BNG)

69.- Tomé Roca, José (PSdeG-PSOE)

70.- Valcárcel Gómez, Marta (PP)

71.- Varela Sánchez, Ricardo (PSdeG-PSOE)

72.- Varela Suanzes-Carpegna, Daniel (PP)

73.- Vázquez Fernández, Manuel (PSdeG-PSOE)

74.- Verdes Gil, Sonia (PSdeG-PSOE)

75.- Viéitez Alonso, Henrique (BNG)

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

Edición e subscricións: Servicio de Publicacións do Parlamento de Galicia.

Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!