19.05.2013 Views

Musicontando - Editorial Galaxia

Musicontando - Editorial Galaxia

Musicontando - Editorial Galaxia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

iclos foro

o ensición

nas

❚ AS RELACIÓNS ENTRE literatura e música

foron unha constante ao longo da

historia, até o punto de non poderse entender,

nalgúns casos, a unha sen a outra. Así sucedía

na Idade Media coa poesía. Non ter en conta

a dimensión musical das cantigas é, simplemente,

non poder entendelas por completo. Máis adiante,

a ópera, o espectáculo por antonomasia, a arte das artes,

resumiu á perfección a estreita relación que pode establecerse

entre texto e música, as dúas vertentes a contaren unha

historia magnificada polo diálogo entre as artes ao que se

uniu, pola dobre dimensión escénica e literaria, o teatro.

A literatura infantil non foi allea en ningún momento a estas intensas

relacións músico-literarias. Un dos xéneros da literatura popular

indiscutiblemente dirixidos aos oíntes

máis novos, os cantos de berce, tiñan

a súa razón de ser na conxunción

entre poema e melodía.

Xa que logo, afondar

nestas relacións é, dalgún

xeito, recuperar unha

dimensión para ambas

artes que lle é

consubstancial.

Tendo en conta todo

isto, e atendendo á

necesidade de dotar

a literatura infantil

galega de obras que

tamén cheguen aos

máis novos pola vertente

oral, nace a serie

“Musicontos”,

dentro da colección

Árbore de Editorial Galaxia.

Nesta aposta –coa

que Galaxia abre unha canle

que no futuro se nutrirá de

novas propostas que canalicen o

relato literario a través de soportes

complementarios-, procurouse a complicidade

da música clásica, achegando aos nenos e nenas historias de sempre contada

de novo co acompañamento de pezas musicais de indiscutible calidade e

prestixio. Só así é posible que obras nacidas do talento de Perrault e Rossini

poidan cativar a atención dos lectores máis novos actuais quen, ao tempo

que se adentran na música culta, comproban que os contos clásicos poden

adaptarse a novos contextos sociais, ao tempo actual, ás problemáticas

de hoxe, sen perder nin unha miga da súa maxia orixinal.

Nesta aventura multidisciplinar, Galaxia contou coa inestimable

colaboración do Consorcio da Cidade de Santia-

Musicontando

Xosé A. Neira Cruz

go e co bo facer da Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do mestre

compostelano Maximino Zumalave, corresponsable, asemade, de que o

encontro entre as historias propostas e as músicas escollidas (de Shostakovich,

Britten e Balboa, ademais do xa citado Rossini) callase coa debida

naturalidade. Cómpre sumar un esforzo máis a esta cadea de traballos entrelazados:

o que achegaron os ilustradores Rodrigo Chao e Federico Fernández,

responsables de poñer imaxes aos primeiros “Musicontos”, unha serie

de álbumes ilustrados que, sen dúbida, vai dar que contar e que escoitar.

■ NESTE DERRADEIRO TRIMESTRE

do ano chegaban ás librerías de

toda Galicia os tres primeiros títulos

da colección Pimpín por aquí

non vin, uns fermosos libros-acordeón

que están chamados a convertirse

nunha ferramenta idónea

para achegar aos cativos xa non

aos libros senón tamén ás historias

que viven dentro deles e ás

primeiras palabras. O Magosto, O

Samaín e O Nadal son os tres primeiros

publicados nesta nova colección

da Editorial Galaxia. Nos

vindeiros meses estarán na rúa O

Entroido, Os Maios e San Xoán,

completando

Pimpín por aquí

non vin

Unha colección para irmos aprendendo as primeiras

palabras, pero tamén para xogar

así unha primeira publicación

de textos pensados para

que os máis pequerrechos da

casa vaian coñecendo as no sas

tradicións populares máis senlleiras.

Despois da

festa das castañas, das cabazas e

da fin de ano, será o tempo dos

disfraces, das coplas e das flores, e

das fogueiras. Os libros concíbense

coma acordeóns que

se despregan en sete

partes que nos permiten

ver un escenariocompleto

cheo de cor e

de aventuras.

O ilustrador,

Jacobo Fernández,

intro-

RECOMENDACIÓN DE: Antonio García Teijeiro

As tartarugas volven camiñar

■ Tartaruga non é unha colección

calquera. Nunca o foi para todo

aquel que ama a literatura. Porque

Tartaruga foi unha colección

que abriu canles, nos oitenta,

cando non resultaba doado apostar

pola LIX. Tartaruga non era un proxecto

cómodo.Tartaruga non tardou

en converterse nun proxecto necesario

no que prevalecía a literatura

por riba de todo. Tres eran as liñas

que tiña a colección. Na primeira,

chamada popular, atopabamos esa

literatura fresca, lúdica e sorprendente,

ateigada de afectividade,

que é a literatura tradicional. Con

ela, os lectores podían amosar a súa

agudeza coas adiviñas, deixarse

arrolar pola tenrura, escachar de risa

coas mentiras, cantar os nadais

ou xogar a quen panda. O segundo

banzo estaba destinado a gozar cos

contos que nos emocionaron sempre,

como “Polegariño”, por exemplo.

Era a liña universal. No terceiro

tramo, as creacións de noso. Neste

espazo convivían poesía, teatro e

narrativa. Chamábase galega. Nomes,

como Carlos Casares (que xoias

a súa galiña azul e as súas laran-

duce ducias de historias

en cada libro arredor

do tema proposto.

Xa que logo, familias,

educadores

e, por suposto,

os propios cativos

e cativas,

enfróntanse á

descuberta

de atopar

todo o

que encirran

os debuxos:ducias

de historias

por páxina. Pola outra

parte do libro, chegan a nós esas

xas!), Palmira G. Boullosa, X.Pisón,

X.A.Perozo, Pepe Carballude, David

Otero, Rico Verea ou eu mesmo, formaban

parte do catálogo da colección.

Concretamente, cando vin publicados

os meus títulos, decateime

de que nunca deixaría de escribir

poesía para os cativos. Non podo

esquecer, de ningunha maneira, o

deseño vangardista, e adiantado ao

seu tempo, dos meus queridos e admirados

Paco Mantecón e Manolo

Janeiro.

Os anos pasaron. Todo evolucionou

moito e Tartaruga (feliz idea!) aparece,

de novo, nas librarías. A Editorial

Galaxia recupera cinco títulos

da xeira anterior, pensa nalgún outro

e, o máis importante, ábrese a

novos textos que enchan de vida esta

segunda etapa.

Cun deseño diferente, moi vivo e

expresivo, conforme aos tempos

que corren, as tartarugas volven camiñar

amodo, pero contentas de

que as palabras que transportan

vaian na procura de lectores que gozarán

delas como

hai vinte

anos.

primeiras palabras que hai que ir

aprendendo.

E xa desde un punto de vista máis

didáctico, os libros reservan unha

páxina para plantear unha serie de

cuestións motivadoras á lectura e á

descuberta lúdica de todo o que

estes libros-acordeón conteñen.

O nome da colección non é, desde

logo, algo decidido ao chou. Todos

os libros agochan un Pimpín, un

simpático paxariño que non é imposible

de descubrir, pero que hai

que se esforzar en atopar.

Diversión, palabras, tradicións,

historias ocultas, paxaros fedellos

que se agachan…

A demostración de que dentro

dun libro hai moitos universos

xuntos.

UNHAS PALABRAS DE Leandro Lamas

■ Considérome máis pintor que

ilustrador.

Porque ao pintar, pinto con total

liberdade e fago o que me apetece,

que ven sendo o que mais

me gusta.

Cando me telefonou o Fran (Francisco

Castro) e me propuxo ilustrar

un traballo da Teresa Moure

fíxome moitísima ilusión. E cando

me contou que fora a mesma Teresa

a que pensara en min para

facelo, multiplicouse a ilusión e

tamén a responsabilidade.

Cando recibín o texto, pensei

que, o que eu fago normalmente e

A lactación: Un acto

■ EU TAMÉN SON FONTE é un libro

sobre a lactación materna.

Pero tamén é moito máis. Un álbum

cun texto poético para unha

historia fermosa sobre o

amor, a vida e a intimidade entre

nais e fillos. Teresa Moure sinala

que é unha experiencia moi

positiva. “Quería plasmar nalgún

sitio todos os beneficios da lactación”,

asegura a autora do

texto, quen engade que quería

que fose algo semellante a un

conto para os pequenos, pero tamén

destinado ás nais e aos

adultos. Ela teno claro: “Hai que

rematar coa idea de que un álbum

ilustrado é só para nenos.

Eu emprégoos incluso nas miñas

clases na Universidade”.

Eu tamén son fonte ten unha

mensaxe fundamental: que nin-

con liberdade, podía encaixar e

coincidir co que tiña que facer, e

así fixen.

Foi un traballo fluído e pracenteiro

que deu como resultado un

libro do cal estou moi satisfeito

e orgulloso.

Eu tamen son fonte está respaldado

por un colectivo de mulleres

que consideran, acertadamente,

que elas son a mellor “fonte” para

sacar adiante, da forma máis

natural, as crianzas que veñen dar

unha volta por este mundo, este

que crea amor

gunha muller, se pode, renuncie a

aleitar os seus fillos. “Este costume

perdeuse e no momento actual

reivindicamos este capítulo

biolóxico que nos integra máis na

natureza”, comenta a escritora.

Teresa Moure reivindica que a lactación

é un acto “bonito, alegre,

brillante e que crea amor. Un acto

de pracer que leva consigo incluso

un compeñente erótico,

aínda que isto sexa difícil de explicar”.

Ademais, crea un vínculo

entre a nai e o seu fillo marabilloso.

“Un lazo que dá ao pequeno

apoio e consolo”, finaliza.

Pero o libro non esquece tampouco

os beneficos para a saúde dos

nenos, aumentando as súas defensas.

Hai quen di que incluso

os nenos que foron aleitados son

no futuro individuos máis inteli-

mundo tan apodrecido

pero que, pinga a

pinga, debemos e

tentamos sanear.

SOBRE O ARTISTA:

Desde 1998, Leandro

Lamas está dedicado

ao mundo

da pintura. Realizou

exposicións

principalmente en Galiza,

aínda que tamén participou

en mostras en España e

Portugal.

Teresa Moure é doutora en Lingüística Xeral e exerce a

docencia. Pero sobre todo, é unha muller comprometida

e unha gran defensora da muller e do seu papel de nai.

CONVERSA CON Teresa Moure

EXPOSICIÓN

O proxecto Eu tamén son fonte complétase cunha

exposición cun conxunto de paneis en formato

grande onde o espectador pode, ademais de asistir

a unha singular experiencia estética, mergullarse na

historia escrita por Teresa Moure. O público verase

sorprendido por unha proposta chea de cor e de palabras,

de gran forza cromática e mensaxe de amor.

A mostra complétase cuns trípticos informativos

arredor da lactación materna así como con fermosos

carteis que poden ser recollidos polo

público asistente e que, sen dúbida,

constitúen un agasallo engadido. Para

os colexios, elaboráronse unha serie

de propostas didácticas que permitan

ao profesorado e aos cativos e

cativas traballar arredor da temática

que plantea o libro (o aleitamento

como un dereito e como un agasallo

e como un intre para a comunicación)

antes, durante e despois da exposición.

A exposición está itinerando

por toda Galicia.

Máis pintor que ilustrador

xentes, pero Teresa Moure non é

partidaria destes comentarios

porque semella responsabilizar ás

nais que non o fixeron porque

non puideron ou quixeron. “Moitas

pensaban que dar o peito ataba

moito e era unha gran carga e

iso pode ser certo, pero tamén

hai que ter en conta que tamén

nos espiritualiza. É unha posibilidade

que só temos unha vez na

vida cos nosos fillos”, afirma.

Eu tamén son fonte é un libro que

moitos cualifican como o acontecemento

editorial máis importante

do último trimestre do ano.

Ademais do texto sensible e poético

de Moure, a historia apóiase

nas ilustracións de Leandro Lamas.

Os seus debuxos axudan a

entender a historia. Unha historia

de vida e amor.

AUTORA PROLÍFICA

Na súa especialidade universitaria,

Teresa Moure ten publicados máis

dunha ducia de traballos onde salienta

a responsabilidade ética do

investigador, o terror ao colonialismo

e á homoxeneización cultural

dentro dunha decidida vocación

antiglobalización. É autora de libros

como La alternativa no-discreta

en lingüística (1996), Universales

del lenguaje y linguo-diversidad

(2001) ou La lingüística en el conjunto

del conocimiento: una mirada

Algúns dos lugares

nos que

expuso a súa

obra son

Galerías

Sargadelos

de

Ferrol e Lugo,

Galería Visol en

Ourense, Auditorio

Ceutí en Murcia...

Ademais da realización

de cadros, o seu

traballo exténdese a

outras obras como murais,

ilustración, etc.

crítica. Obtivo o Premio Lueiro Rey

de novela curta no ano 2004 con A

xeira das árbores. Tamén no 2004

gaña o Premio Ramón Piñeiro de

Ensaio con Outro idioma é posible;

no 2005 foi Premio Xerais de novela

con Herba Moura e publica con

Galaxia outro ensaio: As palabras

das fillas de Eva.

En marzo de 2006 é premiada como

Mellor Autora do ano nos premios

da "Irmandade do Libro" que

concede a Federación de Libreiros

de Galicia.

Manuel Forcadela (Tomiño, 1958) é un escritor completo..

Ten ás súas costas máis dunha vintena de obras que

abranguen a poesía, a narrativa e o ensaio literario. Sen

embargo, el reivindícase como poeta.

CONVERSA CON Manuel Forcadela

“A estas alturas da vida xa

non sei facer outra cousa”

Música de cinza, de Manuel Forcadela, é un libro “moi ben escrito

e de gran perfección formal”

■ MÚSICA DE CINZA

e a súa última

obra de poesía.

Forcadela, cunha

valentía pouco

usual nos escritores,

defende o seu

libro e non lle treme

a voz á hora de

resaltar a súa beleza.

Á pregunta

de por qué recomendaría

o poemario

resposta:

“Lería o libro porque

está moi ben

escrito. Todas e

cada unha das palabras

está meticulosamentebuscada

e encontrada”.

O poeta engade

que “ten unha

perfección formal

non demasiado común no discurso

ordinario nin literario”.

Manuel Forcadela sostén, sen

embargo, que é un libro “moi

asequible, non demasiado intelectualizado,

no que calquera

persoa atopará materia para a reflexión”.

Ademais, destaca a

“musicalidade” que desprende

desde a primeira á última páxina.

Música de cinza é un poemario

no que se narran acontecemen-

Vento de sal

Xosé Mª Álvarez Cáccamo 112 páxinas

Diálogo de dúas voces en contraste,

o libro parte da procura da memoria

íntima para se achegar ao

presente dos acontecementos históricos

colectivos. Unha nova inflexión

da súa poética.

tos. Tal e como reflexa o título,

é un libro onde a música e o ritmo

son fundamentais. “Unha especie

de tam-tam continuo”, explica.

Ademais de música tamén

hai cinza, “que aparece cando

falla o lume, que son as cousas

Música de cinza

Manuel Forcadela 140 páxinas

Poemario no que se narran acontecementos,

onde a música e o

ritmo son fundamentais. O libro

de Manuel Forcadela deixa constancia

da diferencia entre a visión

e a mirada, entre a natura e

a cultura, entre o corpo e o eu.

Ao final sempre vence a mirada, a

cultura e o eu.

xa vividas, a decadencia”.

Moitos dos poemas levan un

preámbulo “que non ten nada

que ver coa poesía”, escrito incluso

cunha tipografía diferente.

“É coma se houbese un libro

en parelelo”, comenta o autor.

Forcadela afirma que se trata de

facer constar dalgún xeito a diferencia

entre a visión e a mirada:

“Un xogo de contraposicións

entre a natura e a cultura, entre

Canle segredo

Xosé María Álvarez 100 páxinas

Premio Eduardo Pondal do Centro

Galego de Buenos Aires en

1954. A tensión emocional do

poemario abala entre a afirmación

do equilibrio e a creba dolorida

e grave.

o corpo e o eu. Ao final, triunfa

a mirada. A cultura”.

O escritor de Tomiño tamén fala

das présas que moven o mundo

na actualidade. E a súa opinión

é clara e rotunda: “A rapidez

non conduce a ningures. Imos

moi rápido cara ningún sitio”.

Por iso Manuel Forcadela se sinte,

ante todo e sobre todo, poeta,

“que é aquela persoa que se

senta a oír a linguaxe”.

E agora que Música de cinza xa

está no mercado, Forcadela segue

traballando arreo. “Eu sempre

estou facendo cousas. Agora

estou rematando un traballo que

podemos vincular co ensaio”,

■ Os retallos cosidos co fío dos

soños teñen moitas cores e ademais

brillan de xeito diferente segundo

a luz que teñan os ollos

que os miran; mais tamén a súa

textura varía segundo sexa a tenrura

dos dedos que acariñan; de

esta materia están feitos A serea

do mundo e O branco país sen neve;

as protagonistas destas dúas

historias ademais de ledas son algo

pillabanas por iso queren compartir

o agasallo dos seus soños e

o seu riso con toda a xente que

faga a lectura das súas historia e

comenta. “A estas alturas da vida

xa non sirvo para outra cousa.

E isto é un verdadeiro pracer”.

Manuel Forcadela é catedrático

de Lingua Galega e Literatura de

Ensino Medio en excedencia e,

na actualidade, exerce como

profesor titular na Facultade de

Filoloxía e Tradución da Universidade

de Vigo. Doutorouse en

Filoloxía Galaico-Portugesa pola

Universidade de Santiago de

Compostela cunha tese sobre a

poesía de Eduardo Pondal. Traballou

como profesor invitado

no Graduate Center da CUNY

(City University of New York).

ÁLBUMES UNHAS PALABRAS DA AUTORA

Álbumes de cores e de soños

porque elas sentiron cóxegas no corazón

vendo os debuxos de Elisa Gallego

queren abrir estas imaxes a todo

o público que sinta a máxia de

tocar cos dedos de vagar as follas

dos seus libros.

Eis o que fai a amizade, a tenrura e

a complicidade da escrita e do debuxo,

da imaxe e da palabra, iso é

a razón de existir destes libros: o relato,

a historia, a narración atopou

nos debuxos, nas cores e na forma a

beleza do ben feito; moita sorte aos

lectores e lectoras que queiran vivir

a aventura de abrilos.

Encarna Otero

Basilio Lourenço (Vigo, 1942) foi mestre de Primaria.

Durante os anos 70 participou na fundación do colectivo

CIES (Círculo de Información e Estudos Sociais).

Ao final do infinito é a súa última obra.

CONVERSA CON Basilio Lourenço

“A crise da civilización pode

levarnos á destrución da

A revista Grial analiza a lingua galega

diante dos desafíos do futuro

■ A revista Grial dedica o seu último

número, o 179, á lingua galega

diante dos desafíos do futuro:

lingua, sociedade e política.

Un monográfico coordinado polo

profesor Henrique Monteagudo, e

no que colaboran especialistas da

sociolingüística e a planificación:

Anxo M. Lorenzo, Xaime Subiela,

Bieito Silva, Burghard Baltrusch e

Ángel López García-Molins.

O número inclúe unha conversa

que Hakan Casares e Monteagudo

mantiveron en Santiago de Compostela

con Dónall Ó Riagáin, irlandés,

un dos máis prestixiosos

expertos en planificación lingüística,

consultor independente para

diversos gobernos e institucións e

un dos impulsores e redactores da

Carta Europea para as Linguas Rexionais

ou Minoritarias.

A realidade lingüística da Galicia de

hoxe, dende a perspectiva do futuro

do galego, é a base deste número,

que apunta saídas, reflexións,

actuacións e posibles camiños

dende un punto de partida aberto.

O número anterior de Grial, o 178,

foi dedicado ao noso compañeiro

de redacción Xan Bouzada, sociólogo,

director de IGESCO, figura

de referencia nos estudos de socioloxía

da cultura, recentemente

falecido. Carlos Fernández, Hakan

Casares Berg, Basilio Lourenço,

humanidade”

Ao final do infinito, de Basilio Lourenço, é o resumo e a introdución do

conxunto dunha obra de nove volumes

Tony Judt e María López Sández

abordan cuestións diversas, sempre

arredor do feito cultural, en

lembranza de quen foi un dos colaboradores

máis activos da revista,

pois formou parte do seu Consello

de Redacción dende 1989.

Darío Xohán Cabana e o profesor

Xesús A. Lage Picos fan a semblanza

do amigo e do científico.

Cadrou ese número coa concesión

da Medalla de Ouro de Galicia á Editorial

Galaxia e mais co nomeamento

de Ramón Piñeiro como figura

destacada do Día das Letras Galegas

2009. Ramón Piñeiro foi fundador

de Galaxia e codirector de Grial,

xunto con Francisco Fernández del

Riego, dende 1963 a 1988. GRIAL e

Galaxia preparan un cumprido catálogo

de publicacións e recuperacións

sobre este persoeiro das nosas

letras.

Estes feitos dan pé para que o

Editor escriba sobre a significación

do proxecto Galaxia e as distintas

xeracións que nel participaron

e participan, dende a fundación

da editora, o 25 de xullo

de 1950, ata os nosos días. Xan

Bouzada incorporouse activamente

aos equipos de GRIAL canda a

etapa de Carlos Casares, que asumiu

a dirección da revista e da

editorial dende 1989 ata o seu falecemento

en marzo de 2002.

■ “É UN LIBRO moi serio sobre

temas de actualidade, pero unha

actualidade moi permanente”. Así

describe Basilio Lourenço o seu

último libro. O autor recorda que

Ao final do infinito foi escrito entre

os anos 1992 e 1997, pero

que sae agora á luz revisado,

“que non actualizado”. O tema

que se aborda neste libro é a crise

da civilización. Lourenço sinala

que o título baséase na mitoloxía

do infinito, “do crecemento

ilimitado”. Comenta

que xa dende os anos 70 atópase

en crise “a idea do crecemento

lineal ata o infinito

da cultura occidental”.

O escritor de Vigo considera

que da crise dos anos 70,

fundamentalmente baseada

no petróleo e, en xeral, da

enerxía, deberiamos aprender

moitas cousas. En primeiro lugar,

un concepto básico que é a

transdisciplinariedade, que significa,

nin máis nin menos, que

todo afecta,

Ao final do infinito

Basilio Lourenço

192 páxinas

Introdución do conxunto dunha

obra de nove volumes que, con

este mesmo título, teñen como

fío condutor a crise da civilización

e a posibilidade dunha rectificación

consciente do seu curso.

Dos nove títulos, o terceiro, A

submisión das masas, obtivo o

Premio Ramón Piñeiro 2002.

que todo está afectado e interrelacionado.

Basilio Lourenço móstrase preocupado

pola situación e móstrase

pesimista. “Se non se toman medidas

imos cara a destrución da humanidade”,

sinala. Engade que poden

xerarse problemas de seguridade

e a inconsciencia das persoas

con poder e de todos está provocando,

por exemplo, unha crise

ecolóxica que xa ten efectos devastadores

no clima do noso planeta.

“Cando tolos e irresponsables

están á fronte dos gobernos a

situación é moi perigosa”, afirma

Lourenço. Explica que, “a ciencia

creou máis capacidade de destrución

que de construción”.

Tal cambio consciente é o que o

autor denomina inflexión, como

interpretación realista e finitista

do vello e case esquecido mito da

revolución.

Entre as obras de Basilio Lourenço

destaca O nacionalismo galego

e o futuro do

nacionalismo,

Chaves da economía pública galega II

Varios autores Varios autores

Este novo volume continúa a reflexión

iniciada en 2006 con

Chaves da economía pública galega.

Trátase dun libro colectivo,

coordinado polos profesores Xaquín

Álvarez Corbacho e Santiago

Lago Peñas.

e A submisión das masas, premio

de ensaio Ramón Piñeiro en 2002.

Ao final do infinito tamén é o título

xeral da obra que está composta

por nove volumes. O que agora estamos

a analizar é o primeiro deles.

Deses nove títulos, o que ocupa

o terceiro lugar, A submisión

das masas, obtivo o Premio Ramón

Piñeiro 2002.

Paisaxe e nación

María López Sández 216 páxinas

O libro explora o nacemento e a

evolución do modo de ollar e de

relacionarse coa paisaxe. As distintas

teorías sobre a paisaxe e o

seu desenvolvemento como creación

cultural a través da pintura, a

literatura e a reflexión histórica.

A traxectoria artística de Miro Casabella como compositor

e cantante está estreitamente vencellada ao movemento

da Nova Canción Galega e á historia contemporánea de

Galicia. Dende a súa intensa etapa con Voces Ceibes,

a finais da década de 1960, ata a súa participación no

grupo Doa e logo o regreso en solitario despois duns anos

de silencio, Miro Casabella puxo música e voz á poesía

galega medieval e aos poetas galegos contemporáneos.

O seu último disco, Orballo, veu a luz en 2004.

CONVERSA CON Xan Fraga

Miro Casabella, cos pés

■ COMPROMETIDO CO PAÍS, coa

cultura e co idioma galego, algunhas

das cancións de Miro Casabella

son xa himnos, símbolos dun tempo.

O escritor Xan Fraga (Carballo,

1958) quixo rendirlle a súa particular

homenaxe escribindo un libro

sobre a súa figura: Miro Casabella e

a Nova Canción Galega.

Xan Fraga explica que o libro nace

porque “Miro é un símbolo de como

evolucionaron a música e a cultura

galegas desde os anos 60 ata hoxe”.

O escritor recorda que, en pleno

franquismo, Casabella actuou en

Barcelona cunha obra propia, Xoia,

e un ano despois, facíao en París

con Paco Ibáñez. Tamén compartiu

escenario con outras figuras

como Joan Baez. “Nesta época

actúa máis fóra de Galicia que

aquí”, comenta.

Pero se por algo é coñecido

Miro Casabella é por terlle

posto música aos nosos grandes

poetas: Rosalia de Castro,

Ramón Cabanillas, Bernardino

Graña, Salvador

García Bodaño ou Marica

Campo. “A súa obra percorre

toda a literatura galega

e iso que todo o seu traballo

non está editado”, comenta

Fraga, quen engade que Casabella

non só é interesante pola

súa etapa de loita social e e

protesta, “senón

tamén

polo seu interese constante pola

calidade na música e nas composicións”.

O autor do libro comenta

que Miro Casabella “estaba

continuamente investigando e

anovando pero cos pés sempre en

Galicia”.

sempre en Galicia

Xan Fraga non escatima en eloxios

sobre Casabella. Destaca sobre todo

a súa voz, “cun timbre o unha cor

moi harmoniosa e melosa”. Sen

embargo, esa mesma voz tiña

a facultade de tornarse nun

“volcán, cunha voz moito

máis potente”.

O libro iníciase

cunha análise do

contexto históricocultural

que abrangue

do ano 1968

ao 1975, para pasar

logo a unha

breve panorámica

do movemento da

Nova Canción Galega,

situando o

punto de interese

nos cantautores

que form

aron

V oces

Ceibes, como Xerardo

Moscoso, Guillermo Rojo,

Vicente Araguas, Benedicto,

Suso Vaamonde ou Bibiano, e

noutras voces coetáneas que van

dende Amancio Prada ata Juan

Pardo ou Andrés Dobarro.

Xan Fraga fai despois un sintético

relato da biografía e máis da

traxectoria musical de Miro Casabella,

onde o peso do relato recae

nas imaxes, fotos e documentos

nos que salientan as relacións

da canción galega coa Nova

Cançó catalana e con Raimon,

cos cantautores portugueses Xosé

Afonso e Luís Cilia, co movemento

Galeusca, etc.

A memoria tamén protagoniza o

libro, no que se destaca o papel

de Editorial Galaxia como pioneira

de gravacións en disco en

galego, realizadas xunto coa casa

catalá EDIGSA, labor á que lle

daría continuación o selo EDIG-

SA-Xistral. Recupérase tamén un

interesante informe policial sobre

Voces Ceibes e conclúese o

libro cunha completa discografía

e un cancioneiro coa letra das

composicións máis coñecidas do

cantautor.

Con prólogos de Ferrán Adriá e Juan Mari Arzak e un

epílogo de Juan José Moralejo, o autor invítanos a

coñecer un dos grandes praceres da cociña galega.

CONVERSA CON Miguel Piñeiro

■ VELAQUÍ O MUNDO da lamprea,

desde os ríos e a súa pesca ata as

diferentes receitas e xeitos de preparala.

O seu autor é Miguel Piñeiro,

quen se define a si mesmo, ademais

de como periodista e escritor,

como pescador. Lampreas e pesqueiras

é unha obra divulgativa

concebida con rigor co obxectivo

de difundir os aspectos menos coñecidos

dun prato de gran singularidade

na nosa cociña tradicional e

tamén na contemporánea. A cultura

da lamprea non só desde o punto

de vista gastronómico senón como

froito dunha tradición e dunha

historia específica de Galicia.

O autor desta guía destaca o gran

traballo de recompilación levado a

cabo para realizar este libro. “Había

moita información ciscada e eu

adicaime a xuntala e cronolizala”,

afirma Miguel Piñeiro. Ademais, un

dos atractivos do libro é o amplo

receitario que inclúe.

Para o autor, o mellor xeito de co-

ciñar a lamprea é o método tradicional,

coñecido como á bordalesa,

é dicir, no seu propio sangue e con

viño. Sen embargo, Piñeiro recoñece

que na súa casa, desde sempre,

a lamprea acostuma a cociñarse ao

timbal. “Meu pai era íntimo de Otero

Pedrayo e Álvaro Cunqueiro e

eles sempre que viñan á casa comían

a lamprea deste xeito”, explica.

O autor de Lampreas e pesqueiras

asegura que este animal “non

admite unha gran ristra de preparacións.

A xente non inventa moito

máis porque van sobre seguro”.

A lamprea é un dos seres máis primarios

e menos evolucionados do

mundo animal cunha antigüidade

de 500 millóns de anos.

As terras galegas son o último reduto

da Península. O Pai Miño (Arbo)

e o Ulla (Pontecesures e Padrón)

poden presumir de ostentar

o máis alto rango de distinción na

súa explotación comercial e a súa

preparación culinaria.

■ Nos nomes de lugar vive oculta

a memoria do que somos. Velaquí,

Do A ao Z, a Toponimia de Galicia

reunida nun libro que profunda na

súa etimoloxía e no seu significado

con amenidade e sinxeleza.

Este libro descobre nos topónimos

galegos a mensaxe que nos

deixaron os devanceiros desde o

cerne da historia. De lectura doada,

mais tamén resultado dun

rigoroso traballo de investiga-

“A lamprea

é un bicho

feo e que

chupa o

sangue.

Sen

embargo,

quen o

quere faino

con

loucura”

A lamprea conserva as características

máis primitivas dos primeiros

invertebrados.

Miguel Piñeiro é consciente de

que a lamprea “desata odios e

paixóns”. Recoñece que “é un bicho

feo, viscoso e que chupa o

sangue”, sen embargo, “quen a

quere faino con loucura. Non admite

termos medios”.

O corpo da lamprea é alongado.

Adoita ser un peixe pardo amarelento

ou verdoso-azulado, con

manchas amarelentas mentres

que o ventre é de cor clara. A

súa pel carece de escamas. Se alcanza

o metro de lonxitude estaremos

falando dun bo exemplar.

O seu ciclo vital resúmese facilmente:

nace nos ríos, baixa ao

mar para alcanzar a madurez e

volve ao río a desovar, onde

morre.

Os métodos de pesca máis xenéricos

da lamprea son as redes e

as pesqueiras.

‘Toponimia de Galicia’

ción, esta obra achega aos lectores

os milleiros e milleiros de

nomes que definen unha terra e

unha cultura.

Nado en Ponferrada, Fernando Cabeza

Quiles diplomouse primeiramente

en Maxisterio e despois licenciouse

en Filoloxía Hispánica.

Bergantiñán por residencia, viviu

primeiro na Estrada e Ribeira, e

actualmente mora en Carballo (A

Coruña).

125 ANOS DE TEATRO/LITERATURA DRAMÁTICA

Unha vida chea de teatro

■ O teatro é o protagonista de

dous libros da editorial: Cento vinte

e cinco anos de teatro galego e

Literatura Dramática. Unha introducción

histórica. O primeiro arranca

coa estrea do espectáculo A fonte

do xuramento en 1882, un fito

trascendental na posta en marcha

do sistema teatral galego.

Naquela data, este texto de Francisco

de la Iglesia estreábase no Liceo

Brigantino de A Coruña. Era a primeira

vez que a lingua galega era

utilizada nunha representación.

Este fito histórico, así como a traxectoria

das obras

posteriores plásmanse

no proxecto

de Galaxia e

contou coa estreitacolaboración

da Escola

Superior de Arte

de Galicia.

A dramaturxia

en galego ten

unha chea de

nomes. Dende

Ramón Cabanillas

con obras

como A man da

Santiña e O Mariscal,

pasando

por Álvaro Cunqueiro con Don

Hamlet e tres pezas máis, Xohana

Torres con Un hotel de primeira

sobre o río, Manuel Lourenzo

con Viaxe ó país de ningures,

ata Xosé Cermeño con Almas

perdidas, Miguel Anxo Murado e

as súas Historias peregrinas ou

Roberto Salgueiro con Historia

de Neera.

A escasa produción teatral galega

do S.XX dirixíase ás clases populares.

Este teatro era sobre todo costumista

de asunto rural, de intención

cómica ou sentimental e incluíndo

temáticas sociais e histórico-lendarias.

Entre 1950 e 1970 o

teatro galego diríxese a unha minoría

intelectual coñecedora do teatro

francés.

A partir de 1970, o pulo do teatro

independente en España faise notar

tamén en Galicia, donde difunden o

seu teatro grupos como O Facho,

Teatro popular, Antroido, Artello,

Mari-Galia, Troula...

En 1973 nace a Mostra de Teatro

Nos anos da década de 1980 comezou

a publicar artigos monográficos

escritos en castelán no

suplemento cultural de La Voz de

Galicia, normalmente sobre un topónimo

determinado de Galicia,

cunha metodoloxía en que soía

expor paralelos polo normal peninsulares

e engadía documentación,

ao tempo que fornecía unha

explicación etimolóxica. Estes artigos

foron recollidos posterior-

Galego de Rivadavia impulsada pola

Xeración Abrente que creou o marco

de desenvolvemento do teatro galego

contemporáneo. Esta Mostra vería

sete edicións máis ata a súa desaparición.

Volvería a renacer en

1984 por impulso da Xunta de Galicia

como I Festival Internacional de

Teatro, que pretendía servir de mostra

ao mellor do teatro galego e

continuar o sentido histórico que

Rivadavia tiña para o teatro galego

contemporáneo.

Este mesmo ano nace o Centro Dramático

Galego, integrando unha

parte dos profesionais

teatrais

das compañías

galegas . Nace como

teatro institucional

e escola

dramática. A partir

deste momento

será o organismo

que vertebre

boa parte da actitude

dramática en

galego.

Aínda que o Teatro

Galego está situado

nun momento

crucial da

súa historia, aínda

non conseguiu -en conxunto- a

estabilidade, desenvolvemento e difusión

que os dramaturgos esperan.

O outro novidade importante é Literatura

Dramática. Unha introducción

histórica. Desde Grecia ás tendencias

máis recentes, este libro

ofrece un percorrido polo que foron

as etapas máis importantes na historia

da creación dramática e presta

especial atención á tradición occidental.

Cada capítulo presenta

unha visión pormenorizada de movementos,

autores e textos significativos,

que se complementa cunha

selección de fragmentos de

obras de especial relevo.

Concibido cunha orientación divulgativa

Literatura Dramática. Unha

introducción histórica, pode servir

como manual de estudo e tamén como

guía para a lectura de textos e

novas indagacións. Finalmente,

constitúe unha homenaxe á palabra,

ao texto, á literatura e aos seus

artífices, os escribas, homes e mulleres,

de todos os tempos.

mente en libro en 1992. Por eses

anos redactou tamén artigos para

a Gran Enciclopedia Gallega.

Cabeza Quiles, paralelamente ás

súas investigacións toponímicas,

desde mediados da década de

1990 publicou varios libros de relatos

en galego, nomeadamente

de narrativa infantil ou xuvenil.

Escribe tamén poesía e forma parte

do Batallón Literario da Costa

da Morte.

Algúns dos seus traballos desenvolven

temática etnográfica ou

histórico-ensaística.

MEDALLA DE OURO

■ A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, puxo o marco musical durante a celebración.

O pasado 25 de xullo, Día de Galicia ou da Patria Galega, a Editorial Galaxia recibiu do

goberno galego o seu máximo galardón: a medalla de ouro de Galicia. O presidente da

Xunta, Emilio Pérez Touriño, fixonos entrega da mesma nun acto solemne que se celebrou

no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela.

en ausencia de Xaime Isla Couto,

presidente do Consello de Administración

da editorial e un dos seus

fundadores, que por razóns de saúde

non puido asistir ao acto, recolleu

a medalla e pronunciou as

palabras de agradecemento o vicepresidente,

Benxamín Casal. Tampouco

puido asistir aos actos Francisco

Fernández del Riego, outro

dos fundadores, director da Fundación

Penzol. Para eles, así como

para Ramón Otero Pedrayo, Ramón

Piñeiro e Carlos Casares, referencias

obrigadas na historia da editora,

foron as primeiras palabras de

lembranza.

A Xunta xustificou o galardón “pola

contribución histórica de Editorial

Galaxia á cultura galega e á defensa

dos intereses do país”. Dende

a súa creación, en 1950, “a súa actividade

foi un exercicio permanente

fronte á ditadura franquista”,

explicou o presidente na súa intervención.

Editorial Galaxia

Novidades

Nadal 2008

Benxamin Casal, recoñecendo o

pasado e os méritos das persoas

que durante todos estes anos fixeron

posible o proxecto da editora,

dende todos e cada un dos seus

traballadores (autores, colaboradores,

impresores, animadores culturais,

libreiros) aos anteriores presidentes

dos Consellos de Administración

(Domingo Garcia-Sabell,

Dirección: Clara Castilla

Comunicación: Paula García Márquez

Deseño gráfico e maquetación: Miguel G. Montero, Susana

González

Redacción: Avenida de Madrid, 44, 36204, VIGO

Teléfonos: 986 432 100. Fax: 986 223 205

Enderezo electrónico: galaxia@editorialgalaxia.com

www.editorialgalaxia.com

Impresión: Celta de Artes Gráficas S.L. Dep. Legal: VG 1496-2008

Publicación de distribución gratuíta

Un día de festa grande

Marino Dónega), falou moi especialmente

de futuro.

“A cultura segue a ser a primeira

marca de identidade dos pobos”,

explicou, “e os pobos que renuncian

á identidade propia, ou que

non son quen de se instalar creativamente

no novo espazo da

mundialización, irremediablemente

acaban sendo pobos esclavos,

incapacitados para defender

os seus intereses, os intereses

dos seus cidadáns. Eis os novos

riscos, os novos desafíos”.

“Vivimos tempos de esperanza”,

engadiu. Cando xurde Galaxia

apenas se editaban media ducia

de títulos ao ano. Hoxe prodúcense

arredor de cinco títulos

diarios en lingua galega. O panorama

da edición en Galicia está

constituido por

editoras que participan

desta mesma

ilusión e deste

mesmo proxecto cívico.

Se algo caracteriza,afortunadamente,

a Galicia de

hoxe é a súa pluralidades,

a súa riqueza

de voces e

de opinións. As mil primaveras

que anunciaba e desexaba Álvaro

Cunqueiro estámolas a facer entre

todos”.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!