04.06.2013 Views

TEMA 1 CARA A IDADE MEDIA 1. CRISE DO IMPERIO ROMANO ...

TEMA 1 CARA A IDADE MEDIA 1. CRISE DO IMPERIO ROMANO ...

TEMA 1 CARA A IDADE MEDIA 1. CRISE DO IMPERIO ROMANO ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

TEMA 1

CARA A IDADE MEDIA

1. CRISE DO IMPERIO ROMANO. DIVISIÓN E CAÍDA.

2. NORTE DE ÁFRICA: ISLAM

Mahoma predicando o Corán

3. ORIENTE: IMPERIO BIZANTINO.

Xustiniano, emperador de Bizancio

4. OCCIDENTE: REINOS BÁRBAROS.

Coronación de Carlomagno coma emperador

CCSS 2º ESO TEMA 1. CARA A IDADE MEDIA viaxeaitaca.com 1

1. CRISE DO IMPERIO ROMANO. DIVISIÓN E CAÍDA.

No S III d.C. o Imperio Romano sufriu unha profunda crise:

Económica: Redución do número de escravos ( nos que se sustentaba o sistema económico ) e tamén de

ingresos, aumentando asi os impostos: a poboación ,tanto urbana como rural, empobreceuse.

Social: Isto provocou o abandono das ciudades ( ruralización ) para convertérense en colonos ( pagaban

unha renda por traballar a terra )

Política: Corrupción, inseguridade, guerras civís provocadas polos xenerais do exército que utilizaban este

en beneficio propio, ataque dos pobos bárbaros xermánicos …

Relixiosa: Por riba, a expansión do cristianismo a partires do 313 d.C. ( Edicto de Milán polo emperador

Constantino que daba liberdade de culto aos cristiáns ) tamén influiu na crise do imperio xa que se negaba

tanto o poder do emperador coma os deuses da relixión romana. O cristianismo foi relixión oficial a

partires do 380 d.C. ( Edicto de Tesalónica por Teodosio I )

No ano 395 d.C., Teodosio I dividiu o Imperio en dous: Occidente ( capital en Roma ) e Oriente ( capital en

Constantinopla: nacemento do Imperio Bizantino ). Os pobos xermánicos foron atacando progresivamente o

imperio ata que Odoacro, o caudillo dos hérulos,destrona ao último emperador Rómulo Augusto no ano 476 d.C.

Roma foi quen de conter a esas tribos xermánicas durante séculos. Eses bárbaros estaban fascinados con

ela. Non a podían conquistar, pero sí emigraban alí. No S IV formaban incluso parte do exército romano: ¡ Os

bárbaros eran defensores do Imperio!. ¿Por que entón veu a catástrofe ? A superioridade romana debíase

fundamentalmente ás súa organización e disciplina; en realidade, romanos e bárbaros usaban as mesmas armas. Coa

crise, apareceu a anarquía e a desorde no imperio.

O antigo imperio romano quedará dividido realmente en tres grandes espazos políticos e culturais: os reinos

bárbaros ( Occidente ), o imperio bizantino ( Oriente ) e o Islam (Península arábiga e norte de África ). Observa o

seguinte mapa:

CCSS 2º ESO TEMA 1. CARA A IDADE MEDIA viaxeaitaca.com 2

2. NORTE DE ÁFRICA: ISLAM

O Islam nace na península Arábiga, un territorio desértico e habitado por tribos enfrontadas entre si, sen

ningún poder – non había ningún estado - ou relixión – eran politeístas - que as unise. Só había un elemento que

realmente era común a todos: a lingua árabe.

No SVII xurdíu un personaxe , Mahoma ( 571 – 632 ) que predicou unha nova relixión: o Islam

(“sometemento a deus”: Alá ). Na súa cidade, A Meca, o Islam non foi ben recibido e tivo que fuxir a Medina no a no

ano 622: é a data coñecida como a Héxira, comezo do calendario musulmán.

Os musumás – ou seguidores do islam – deben seguir os 5 preceptos ou regras que marca o Corán ou libro

sagrado:

Profesión de fe: “Non hai máis deus que Alá e Mahoma é o seu profeta”

Oración 5 veces ao día mirando á Meca. Oración colectiva os venres na mesquita ( lugar de reunión para a

oración )

Esmola aos pobres e necesitados.

Xaxún no mes de Ramadán desde o mencer ao solpor.

Peregrinación á Meca polo menos unha vez na vida.

Outras normas son non beber alcohol nen comer carne de porco, permítese a poligamia e prohíbense os xogos

de azar.

Unha vez morto Mahoma e facendo uso da yihad ou guerra santa, os musulmáns estenderon o Islam, creando

un gran imperio:

Califato ortodoxo ( 632 - 661): Desde Medina, os sucesores de Mahoma conquistan Siria, Palestina, Exipto,

Persia e Mesopotamia.

Califato Omeya( 661 – 750): A familia dos Omeyas trasladan a capital a Damasco, conquistando o Norte de

África e a Península Ibérica polo oeste, chegando ata o Val do Indo polo Leste

Califato Abasí( 750 – 1258): A dinastía abasí leva a capital a Baghdad . No ano 1055, esta dinastía estará

baixo o dominio turco ata a toma da capital polos mongois en 1258.

CCSS 2º ESO TEMA 1. CARA A IDADE MEDIA viaxeaitaca.com 3

Os califas, xefes políticos e relixiosos, dirixían o imperio xunto cos seus conselleiros ( primeiro ministro ou visir ),

gobernadores de provincias ( valís ) e os xuices ( cadís )

A pesares de que a economía musulmá estaba baseada na agricultura, eran grandes artesáns e bos

comerciantes, por terra ( son moi coñecidas as caravans de camelos ) e por mar ( lembra as historias de Simbad o

Mariño, un dos relatos das Mil e unha noites ). A medina ou cidade musulmá tiña -e ten - o zoco ou mercado onde

comerciantes e artesáns ofrecen produtos ao público.

Imaxes: Banco de imaxes INTEF

Os musulmás desenvolveron unha gran civilización, cun gran gusto pola cultura e os libros ( tiñan grandes

bibliotecas con obras de autores gregos e romanos, así coma de relatos propios coma as Mil e unha noites ), a arte e

a música.

CCSS 2º ESO TEMA 1. CARA A IDADE MEDIA viaxeaitaca.com 4

3. ORIENTE: IMPERIO BIZANTINO.

O Imperio omano de Oriente resiste as invasións dos pobos bárbaros e

desenvolve unha civilización durante uns mil anos, herdeira da romana, ata que no

1453 os turcos toman a súa capital, Constantinopla. Estamos a falar do Imperio

Bizantino, que toma o nome da súa capital: Bizancio, despois chamada

Constantinopla.

Xustiniano ( 527 – 565 ) , o seu emperador máis importantes, tentou

reunificar o Imperio Romano. No seguinte mapa podes ver que conquistou Italia, o

Norte de África e o sur da Hispania visigoda. Con isto consegue volver a dominar

prácticamente todo o Mediterráneo.

Pero estas conquistas non foron por moito tempo: os reinos xermánicos e o islam arrebatáronllas ( incluso

os normandos – ou vikingos – os expulsaron do sur de Italia ), entrando así nun longo período de crise, ata que foron

invadidos polos turcos otomanos ( 1453 )

A civilización bizantina tivo moita importancia na Europa medieval, sendo a herdeira da civilización romana

( Xustiniano, p.ex., codificou todas as leis: o Código Xustiniano ) e grega ( o grego era o idioma oficial ), asi como da

cristiana. A igrexa cristiana desempeñou un importante papel en Bizancio, coa figura do Patriarca de Constantinopla.

Este rivalizaba co Papa de Roma, ata o punto de crear un cisma: a separación no 1054 entre a Igrexa católica de

Roma e a ortodoxa de Constantinopla.

O legado artístico do Imperio Bizantino ten moita relación coa relixión: a igrexa ( o máximo espxonente é

Santa Sofía de Constantinopla – S VI - co seu xogo de cúpulas e semicúpulas ), os mosaicos (que representaban

escenas relixiosas) e as iconas ( imaxes relixiosas).

CCSS 2º ESO TEMA 1. CARA A IDADE MEDIA viaxeaitaca.com 5

4. OCCIDENTE: REINOS BÁRBAROS.

Despois da división do imperio e as conseguintes invasións dos bárbaro, no imperio romano de occidente

formáronse reinos xermánicos ( ou bárbaros ), entre os que destacamos o Reino Franco, o vándalo, o ostrogodo, o

lombardo, o anglo, o saxón …. O espazo deixado por todos este pobos bárbaros en Europa central e do leste foi

ocupado polos pobos eslavos.

No ano 409 , suevos, vándalos e alanos entran en Hispania. Os romanos, no 415, buscan a axuda so visigodos .

Estes vencen a vándalos e alanos, e acurrunchan na Gallaecia aos suevos.

O reino suevo ( 411 – 585 ). Os suevos asentáronse na Gallaecia. Desde alí, con reis coma Requila ou Requiario

loitaron contra os visigodos, ampliando os seus territorios cara Lusitania e Baetica. Os visigodos , co rei

Teodorico II, venceron na batalla do Órbigo ( ano 456 ) e no 585, co rei Leovixildo, invadiron o territorio suevo.

O reino visigodo ( 507 – 711 ). Os visigodos instauran unha monarquía na Península que se integrou cos

hispanos, romanizándose: recopilan as leis no Liber Iudicorum ( 654, Recesvinto ) ou convértense ao cristianismo

( 589, Recaredo ). No 711, os musulmás vencen na batalla de Guadalete e acaban co dominio visigodona antiga

Hispania.

CCSS 2º ESO TEMA 1. CARA A IDADE MEDIA viaxeaitaca.com 6

Unha das consecuencias máis importantes da entrada dos pobos bárbaros nos territorios do imperio romano foi

a ruralización da sociedade.

Os campesiños necesitan paz e seguridade para cultivar os campos. Sen elas, só queda a fame.

As cidades necesitan subministro continuo de produtos alimenticios. Ante a inseguridade provocada

polas invasións e polas guerras entre os reinos bárbaros, a xente abandonou as cidades: Roma pasou de

ter 1 millón de habitantes a só ¡ 10 mil !

As xentes perifrían vivir coma colonos ao amparo dun gran propietario de terras que vivía nas antigas

vilas romanas. Traballaban esas terras a cambio do pago dunha renda. A economía vaise reducindo case

e exclusivamente á práctica da agricultura e gandería para o autoconsumo, sen case comercio,

industria e uso da moeda.

Así ocorreu no destacado reino franco: Un dato pode darnos idea da situación: a Galia romana contaba cuns

10 millóns de habitantes; no S VII só tiña 3.

Na época da disnatía carolinxia. Carlomagono ( 724-814 ) intentou restablecer o antigo imperio romano de

occidente conquistando territorios en Italia, norte da Península Ibérica e centro de Europa. Chegou a ser nomeado

emperador no ano 800, con capital en Aquisgrán. Realmente, o imperio só durou ata o 843, ano do Tratado de

Verdún, no que se reparte o imperio entre os tres fillos do sucesor de Carlomagno.Este tratado é a base do

nacemento de Alemaña, Francia e Italia )

No goberno e administración deste imperio está a base do que será o futuro feudalismo. Carlomagono dividiu

o imperio en:

Territorios: Condados , gobernados por un conde

Marcas: zonas frontreirizas que servían de defensa, dirixidas por un marqués. Un exemplo é a Marca

Hispánica ( Navarra, Aragón e Cataluña ), fronteira co Islam.

O emperador, así, cedía territorios e poder a cambio de manter controlar o o imperio. Para manter o contacto

con todos os territorios creou a figura do missi dominici: unha especie de que facía informes sobre a situación nos

diferentes condados e marcas do imperio.

CCSS 2º ESO TEMA 1. CARA A IDADE MEDIA viaxeaitaca.com 7

As terras do imperio traballánse en grandes latifundios, moitas veces posesións dispersas polo territorio, que se

dividían en :

Reserva señorial: terras do señor

Mansos: pequeñas leiras ( unidades de explotación familiar ) traballadas por campesinos ( libres ou servos )

que pagaban unha renda ( en produtos da colleita e traballo persoal ) ao señor.

A situación no S IX empeorou debido a novas invasións ( normandos ou vikingos, desde o norte; búlgaros e

húngaros polo leste ). A inseguridade aumentou e foi aproveitada por condes e marqueses para aumentar o seu

poder. O feudalismo está a nacer.

Os normandos ou vikingos volven a traer a inseguridade á Europa Occidental no S IX

CCSS 2º ESO TEMA 1. CARA A IDADE MEDIA viaxeaitaca.com 8

ACTIVIDADES:

0. Elaboramos unha liña do tempo da Idade Media.

Pega tres folios en branco horizontalmente.

Tres liñas, a 1 cm cada unha doutra, no centro da páxina. As tres liñas de cor negro, a central máis grosa.

Lonxitude 77 cm

Facer unha pequena marca por cada século, cada 7 cm. Pintar de verde claro o espazo entre as liñas.

Marcar a primeira data no 395 ( esquerda ) e a última no 1492 ( dereita ). Polo medio vai poñendo nas

marcas anteriores os anos 500,600,700,800,900,1000,1100,1200,1300 e 1400

DIVISIÓN E CAÍDA DO IMPERIO ROMANO

1. Elabora un esquema sobre a fin do Imperio Romano seguindo este modelo. Acábao coas datas de 395 e 476.

Despois completa o mapa da división do imperio ( ver mapa páx. 1).

CCSS 2º ESO TEMA 1. CARA A IDADE MEDIA viaxeaitaca.com 9

2. En que tres grandes zonas quedou dividido o Mediterráneo na época carolinxia. Completa o mapa ( consulta os

mapas da páx. 2 e 6)

O ISLAM

3. Localiza na liña do tempo as etapas do Imperio do islam

4. Consulta e fai unha lista de países actuais que formaron parte dese imperio.

5. Que dous elemento unen a todos os musulmás.

6. Escribe un sinxelo texto sobre o Islam no que utilices as seguintes palabras: lingua, profeta, Héxira, libro sagrado,

preceptos.

7.- Busca o significado de: califa, medina, zoco, mesquita, Corán

O IMPERIO BIZANTINO

8. Fai unha presentación por escrito sobre o Imperio Bizantino na que sigas o seguinte guión:

Orixe : como se formou nun principio.

Emperador máis importante e zonas que conquistou

Inimigos que tivo.

Civilización e arte.

Cando e por que rematou.

En cada apartado fai polo menos unha frase. Une as distintas partes cos nexos adecuados.

CCSS 2º ESO TEMA 1. CARA A IDADE MEDIA viaxeaitaca.com 10

INVASIÓNS E REINOS BÁRBAROS

9. Le con atención este documento escrito por Idacio, bispo e historiador galego do S V.

“ Os bárbaros que penetraran nas Españas devástanas en loita sangrienta. A peste fai, pola súa parte, non

menos rápidos estragos.

(…) o soldado saquea as riquezas e os mantenimentos gardados nas cidades: reina unha fame tan espantosa

que, obrigado por ela, o xénero humano devora carne humana (…)

(…) As fieras,aficionadas ós cadáveres dos mortos pola espada, pola fame e pola peste, destrozan ata ós

homes máis fortes, e cebándose nos seus membros, encarnízanse cada vez máis para destrucción do xénero

humano, desta sorte, exarcebadas por todo o orbe as catro plagas: o ferro, a fame, a peste e as fieras, cúmprense as

prediccións que fixo o Señor por boca dos seus Profetas.

(…) Os bárbaros, resoltos pola misericordia do Señor a facer a paz, repártense pola sorte as rexións das

provincias para establecerse nelas; os vándalos e os suevos ocupan Galicia, situada na extremidade occidental do

mar Océano; os alanos, a Lusitania e os vándalos chamados silingos, a Bética. Os españois que sobreviviron ás

plagas nas cidades e castelos, sométense á dominación dos bárbaros que se enseñoreaban das provincias.

(…) O rei Genserico, deixando as Españas, embárcanse no mes de maio na costa da provincia da Bética con

todos os vándalos e as súas familias , e pasa a Mauritania e África…

(…) Os suevos, que baixo o manos do rei Hermerico asolaban ó interior de Galicia, mortos moitos deles e

feitos cautivos outros pola plebe que conservaba os castelos máis seguros, renovan a paz que romperan mediante a

devolución das familias que fixeran prisioneiras.

(…) Pouco despois, Teodorico, rei dos godos, co asentamento e beneplácito do emperador Avito, entra nas

Españas co seu poderoso exército, Sae ó seu encontro Rechiario con gran número de suevos, e empeñada as pouco a

batalla ás doce millas da cidade de Astorga, xunto ó río Órbigo, o día terceiro antes das Nonas de outubro, feira

sexta, é vencido Rechiario, de tal sorte ue,destrozadas ás súas huestes, feitos prisioneiros non poucos dos seus e

popstos en fuga os demais, ferido e fuxitivo, logra, con grande dificultade, refuxiarse nas extremidades de Galicia.

(…) Exacérbase o espíritu de hostilidade entre suevos e os galegos a consecuencia de ter sido mortos algúns (

destes ) de orixe ilustre.

(…) Os suevos que habitaban en Lugo acometen de súpeto, nos días de Pascua, ós romanos, cando estes

máis confiados estaban polo respecto que tales días inspiran, dando morte a algúns deles e ó noble maxistrado que

os gobernaba.”

IDACIO: Crónica

¿Qué título lle poñerías ao texto?

Resúmeo ( mínimo dúas ou tres frases )

Cales son as catro pragas que según Idacio azotan a Hispania? Explica o significado de cada unha delas.

Zonas da Península Ibérica que ocupa cada pobo bárbaro.Localízaos no seguinte mapa:

CCSS 2º ESO TEMA 1. CARA A IDADE MEDIA viaxeaitaca.com 11

Cal foi o último pobo en entrar en Hispania e con que outro pobo bárbaro se enfronta? ¿Quen perde ese

enfrontamento e onde se refuxia o pobo “perdedor”?

10. Explica o significado desta frase:” Unha das consecuencias máis importantes da entrada dos pobos bárbaros nos

territorios do imperio romano foi a ruralización da sociedade ”.¿ Por que ocorreu isto?

11. Quen era Carlomagno?

12. Fai dous pequenos esquemas nos que expliques:

O goberno e administración do impeiro carolinxio

O traballo das terras no imperio carolinxio.

Adxunta debuxos que axuden a enterder o esquema.

13. Cales son os grupos sociais desta época?

14. Que edificio se representa no debuxo ? Descríbeo? A que civilización pertence?

CCSS 2º ESO TEMA 1. CARA A IDADE MEDIA viaxeaitaca.com 12

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!