12.11.2013 Views

Lindeiros Nov.pdf

Número de novembro 2013 do xornal Lindeiros que se edita para a bisbarra de Compostela, ren este número entrevistamos a senadora Paula Fernández e o alcalde de teo Martiño Noriega

Número de novembro 2013 do xornal Lindeiros que se edita para a bisbarra de Compostela, ren este número entrevistamos a senadora Paula Fernández e o alcalde de teo Martiño Noriega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

16 ANTONTE

A Biblioteca América da Universidade de Santiago

Unha xoia escondida no centro de Fonseca

A universidade compostelá

pode proporcionar infinidade

de lugares, estancias e edificios

para publicacións relacionadas

co patrimonio, máis de 500

anos de antigüidade dan para

moito, aínda que hoxe presentamos

unha algo máis próxima

no tempo e que nos lembra que

os que se van nunca esquecen a

súa terra.

A biblioteca América está situada

na actualidade no Pazo

de Fonseca, onde naceu a universidade,

e pódese coñecer

dentro do programa de visitas

guiadas que a institución organiza

a diario. A historia desta

colección data de principios do

século XX; Gumersindo Busto,

emigrante galego afincado

en Buenos Aires, escribano de

profesión ten a idea en 1904 de

crear unha Universidade Libre

Hispanoamericana que se integrase

na compostelá; 3 anos

despois, e a pesar de ter moitos

apoios, decide reconverter o

proxecto e centrarse tan só nunha

das suas partes: a creación

dunha biblioteca - Museo Americanista,

para ela xa recibira

infinidade de doazóns como

libros, folletos e obxectos diversos

cuxo número aumentaba día

a día.

Coa intención de que se inaugure

o 25 de maio do 2010,

centenario da independencia de

Arxentina (ainda que finalmen-

te a apertura no tería lugar ata

1926), Busto ponse en contacto

co reitor da universidade,

Cleto Troncoso, quen lle ofrece

todo o seu apoio aínda que

lle recomenda que contacte

tamén co Ministerio de Instrución

Pública e Belas Artes de

quen dependen as bibliotecas

Universitarias. O traballo de

Gumersindo solicitando colaboracións

comeza en 1907 por

toda Latinoamérica aínda que

onde atopa máis recursos é no

seu lugar de residencia, Arxentina;

diferentes institucións

do país achegaron fondos, outras

persoas e institucións, con

contas en distintas librarías,

deron instrucións para que se

comprasen certos volumes con

cargo ás devanditas contas, e

outros fixeron as súas achegas

de forma directa; paisanos

galegos, como o seu colega de

profesión, o escribano Ricardo

Conde Salgado e arxentinos de

distinta dedicación profesional

e adscrición política, como

Emilio Mitre, propietario e

co-director do veterano diario

porteño La Nación, o libreiro

Juan Roldán, de Buenos Aires

e outros doantes da Prata remítenlle

tamén diferentes obras

das súas bibliotecas particulares.

Aos poucos Gumersindo

Busto consegue que cheguen

fondos doutros países como

Cuba, Uruguai ou Mexico entre

outros; ao redor de 1909 os

envíos de fondos non chegaban

só á casa de Busto se non que

tamén o facían directamente

a Santiago, aquí o xefe da biblioteca

universitaria M. Feijoo

Poncet púñase a disposición do

proxecto e preparaba todo para

o momento de inaugurar a biblioteca;

este ano incorpóranse

tamén ao envío de fondos novos

países como Ecuador, Chile,

Porto Rico ou Estados Unidos

a través da Hispanic Society of

America de Nova York.

Este é un pequeno resumo de

como comezou todo, a día de

hoxe a biblioteca atesoura máis

de 30.000 volumes e peza de

incalculable valor; serviu para

Lindeiros

definir fronteiras entre países

que tiveron que recorrer a algún

dos seus libros para dirimir

as súas disputas, os estudosos

da historia de América atopan

aqui unha fonte inesgotable de

información que, en ocasións,

non poden nin sequera atopar

nos seus países de orixe; pero

ademais a Biblioteca América

é un dos recintos máis fermosos

da cidade xunto con outra biblioteca

inigualable: a da facultade

de Historia, aínda que esa

deixarémola para outro número

de Lindeiros.

Fonte: Pilar Cagiao Vila, Lindeiros.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!