07.05.2015 Views

OUTES TEN FUTURO

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Un proxecto para Outes

#OutesTenFuturo

CONCELLOS TRANSPARENTES

UN PROXECTO

PARA OUTES

OUTES TEN

FUTURO

1

#OutesTenFuturo

#outestenfuturo

UN PROXECTO PARA OUTES

Eleccións Municipais 2015

2

VOTA

Un proxecto para Outes

#OUTESTENFUTURO

Eleccións Municipais 2015

www.compromiso.gal

outes@compromiso.gal

/CompromisoGalicia

CONCELLOS TRANSPARENTES

Prezados veciños e veciñas de Outes,

Este documento que estades a ler é algo máis que o resume do proxecto que temos

para o noso concello, é o resultado de múltiples reunións e charlas que mantivemos con

diversas persoas e asociacións de Outes nos últimos meses. Porque para nós o goberno

dun concello é unha labor compartida, baseada na participación e na reflexión colectiva.

O noso proxecto susténtase no convencemento de que Outes ten futuro. Pero para poñer

en valor todo o potencial que atesoura Outes e a súa xente é necesario que se produza un

cambio nas políticas que se desenvolven dende o concello. Logo de 20 anos no goberno, a

acción política do Partido Popular amosa claros síntomas de esgotamento. A maiores, sen

negar que houbo elementos positivos na súa xestión, hai un aspecto que o actual goberno

non soubo ou non quixo abordar, referímonos ao continuo declive socioeconómico

e demográfico no que está sumido Outes. Por iso o noso compromiso é poñer todos

os recursos e ferramentas dos que dispón o concello ao servizo do desenvolvemento

económico e da creación de emprego.

Tamén estamos preocupados pola pouca transparencia que en xeral amosa o concello

de Outes. A transparencia na acción política é o mellor antídoto contra a corrupción, un

mal ao que desgraciadamente nos teñen acostumados os partidos políticos tradicionais.

Nós partimos da premisa de que tódolos cidadáns teñen dereito a saber en que se gasta

dende o primeiro ao último euro que entra no concello. Tamén cremos

que os procesos de contratación de persoas e empresas deben ser

transparentes e garantir a igualdade de oportunidades.

En definitiva, queremos un concello comprometido co

desenvolvemento económico e co emprego. Un concello próspero

para que a xente non teña que marchar e que sexa atractivo para

quen queira vir ou regresar. Un concello comprometido co medio

ambiente, coa cultura e coa transparencia na xestión do ben

común. Porque estamos convencidos de que Outes ten futuro,

pedímosche o voto polo cambio, o voto por Compromiso.

Manolo González

Candidato á Alcaldía

3

#OutesTenFuturo

#outestenfuturo

UN PROXECTO PARA OUTES

I. UN CONCELLO TRANSPARENTE, PARTICIPATIVO E EFICIENTE

• Ao comezo do mandato aprobarase un código ético vinculante para as/os representantes

políticas/os de tódolos grupos municipais de Outes, que entre outras obrigas estableza a

de dimitir no caso de resultaren acusadas por un órgano xudicial.

• Uso da páxina web oficial do concello de Outes para facilitarlle á cidadanía toda a información

relacionada coa institución municipal e cos seus cargos electos, co obxectivo de que as/

os veciños/as saiban en todo momento como e en que se invisten os recursos públicos,

e quen son as persoas responsables de executar ese gasto. Publicaranse tódolos ingresos

recibidos por cada un dos cargos políticos municipais cada trimestre

• Tanto nas mesas de contratación de obras e servizos como nas de persoal, facilitarase

a presenza de representantes da sociedade civil, garantido ao máximo a publicidade e a

limpeza do procedemento.

• Publicación da declaracións de actividades, ingresos e patrimonio de tódolos membros da

corporación municipal.

• Para un mellor coñecemento dos acordos que se toman no máximo órgano de decisión,

as sesións plenarias serán gravadas e difundidas a través da páxina web do concello.

• Darlle cobertura económica ás demandas da cidadanía mediante a posta en marcha

de orzamentos participativos, que reserven unha porcentaxe do capítulo dedicado a

investimentos para realizar aquelas obras ou servizos que, de xeito regulado, a cidadanía

consideren prioritarios nas súas parroquias.

• Redución canto menos nun 30% os gastos destinados a órganos políticos (salarios de

dedicacións exclusivas e dietas por asistencias a comisións e plenos).

• Aposta por uns servizos á cidadanía áxiles, eficaces e eficientes. Axilizar trámites burocráticos

(posibilidade de facer solicitudes a través da web) para unha pronta resposta á cidadanía

(certificados, licencias, etc)

• Obrigación de realizar un estudo de rendibilidade social e sostibilidade económica e

medioambiental para tódolos investimentos que superen os 200.000 €.

• As facturas a empresas provedoras de servizos aos concellos pagaranse dentro dos límites

establecidos pola lei.

II.

UN CONCELLO QUE APOSTE POLO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

• Creación da Axencia de Desenvolvemento Local de Outes, dotada de recursos humanos e

técnicos para apoiar a actividade empresarial e produtiva no concello. Esta axencia prestará

servizos de asesoramento empresarial, apoio económico a novas actividades, busqueda de

4

Un proxecto para Outes

financiamento, colaboración coas universidades, etc.

• Elaboración dun Plan de Desenvolvemento Local no que participen tódolos axentes sociais

do concello.

• Lanzamento dunha liña de apoio para a posta en marcha de novas empresas no concello

de até 6.000 € por proxecto.

• Posta en marcha dun programa de bolsas-contrato de 800 € mensuais para a incorporación

de moz@s de Outes en paro en empresas situadas no termo municipal e co compromiso

de que logo pasen a ser empregados indefinidos.

• Habilitación dunha nave de usos múltiples e servizos compartidos para o aluguer a custe

reducido a emprendedores do concello.

• Dotación de solo industrial no concello, nunha zona que cumpra os requisitos para este

tipo de solo.

• Apoio decidido ao tecido comercial e empresarial do ámbito local exercendo a defensa

activa da pequena empresa, así como dos traballadores autónomos.

• Impulso dun programa de apoio ás iniciativas de xestión sostible do noso monte.

Colaboración con propietarios particulares, coas comunidades de montes e con axentes

do sector para a súa xestión eficiente e sostible; mantemento de camiños, creación de

roteiros e loita contra os incendios.

• Creación dun Centro de Interpretación da Carpintería de Ribeira rehabilitando con fondos

europeos un dos varadoiros do concello e poñendo en valor a cultura mariñeira.

• Elaboración dunha guía turística de Outes e difusión da mesma en soporte dixital (apartado

específico na web no concello) e en colaboración co sector (restaurantes, casas rurais,

hoteis, etc).

• Promoción de Outes como destino turístico a nivel galego e internacional en estreita

colaboración co sector.

• Impulso ao turismo de natureza no concello. Promoción e coidado ambiental nas zonas

de especial singularidade ecolóxica do concello.

III.

UN CONCELLO QUE COIDE O QUE TEN

• Plan de racionalización e coidado das infraestruturas públicas. Priorización do mantemento

sobre a construción de novas infraestruturas.

• Mellora e racionalización da rede de saneamento para evitar os numerosos puntos negros

e os vertidos aos ríos e á ría. Actuacións inmediatas naquelas zonas que verten directamente

ao río ou ao mar como A Ponte e Cando en xeral.

• Actuacións inmediatas de conservación nos paseos marítimos da Ponte, Rates, Broña e o

Freixo.

• Racionalización e adecentamento das pistas deportivas e parques infantís do concello,

clausurando aquelas que non teñan usuarios e que poidan ser un perigo para a seguridade

cidadán ou que a afeen a paisaxe.

• Impulso da eficiencia enerxética mediante a instalacións de enerxías limpas en tódalas

5

#OutesTenFuturo

infraestruturas públicas do concello.

• Mellora do mantemento e conservación dos centros de educación do concello e

intermediación diante doutras administracións para as reformas e actuacións de maior

calado.

• Intermediación ante outras administracións para o arranxo e mellora de estradas de

titularidade supramunicipal (estrada A Ponte-Negreira, A Serra-Valadares, etc).

• Mellora das comunicacións, en particular as comunicacións de internet, garantindo unha

cobertura adecuada en todo o concello que permita desenvolver actividades profesionais.

• Garantía de que exista unha sinal adecuada de TV e Radio en tódalas parroquias do concello.

• Xestión dos residuos alternativa á incineración (puntos limpos, promoción reciclaxe e

compostaxe, actividades concienciación,...) e estudo de alternativas á SOGAMA.

• Impulso á vila da Serra. Aprobación e posta en marcha dun plan de humanización e

rehabilitación dos espazos públicos da vila.

IV.

UN CONCELLO PARA A XENTE, PARA A IGUALDADE E PARA A CULTURA

• Transformación do actual Punto de Atención á Infancia nunha Escola Infantil que preste un

servizo adecuado para as familias traballadoras.

• Colaboración e coordinación con entidades de atención a persoas con discapacidades,

nomeadamente con ADIBISMUR.

• Posta en funcionamento, en colaboración coa Xunta de Galicia, do servizo de residencia

para os maiores xa previsto no Centro de Día.

• Priorizar a atención a persoas e familias sen recursos (reforzo escolar, orientación

laboral,....), coordinación e colaboración con entidades de carácter “social”, bancos de

tempo, intercambio de servizos, etc

• Creación e impulso do Consello Escolar de Outes, para coordinar as actuacións en materia

escolar do concello.

• Establecer como principio que o primeiro son as persoas e, polo tanto, a cobertura das súas

necesidades é prioritaria fronte á construción de novos equipamentos e servizos, sobre

todo daqueles que non estean destinados a cubrir as necesidades básicas da poboación,

ou a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.

• Elaboración dunha Ordenanza Municipal de Supresión de Barreiras Arquitectónicas e de

Comunicación, en cumprimento coas normativas da Xunta de Galicia.

• Fomentar e garantir o uso da linguaxe e imaxes inclusivas en calquera actividade realizada

dende o concello de xeito que mulleres e homes sempre teñan a mesma presenza.

• Promover a participación activa das mulleres na vida do concello, mantendo o equilibrio

entre sexos en todos os niveis dos procesos de toma de decisións.

• Creación e impulso do Consello Deportivo de Outes, con participación das asociacións e

clubes deportivos, para coordinar as actuacións en materia deportiva do concello.

• Impulso a participación da xuventude no concello creando o Consello Social da Mocidade

6

Un proxecto para Outes

de Outes.

• Impulsaremos o uso combinado do transporte escolar con outros usos para conectar A

Serra con todas as parroquias de Outes.

• Impulso ao uso da bicicleta mediante a posta en funcionamento de carris-bicis e outras

medidas de promoción.

• Impulso ao Consello Social de Outes, que reúna a tódalas asociacións do concello, para a

coordinación e optimización da súas actividades.

• Posta en valor da cultura tradicional de Outes e implantación do programa “Coñece a nosa

cultura” en colaboración cos centros de ensino do concello.

• Posta en valor do medio ambiente e da paisaxe de Outes e implantación do programa

“Coñece a nosa natureza e a nosa paisaxe” en colaboración cos centros de ensino do

concello.

• Compromiso no uso da lingua galega tanto a nivel da administración interna do concello

como externamente.

• Plan de conservación do noso patrimonio histórico-artístico e posta en valor de

monumentos de interese mediante actuacións concretas como a sinalización do mesmo,

a súa recuperación e mellora (Ponte Nafonso, casa de Añón, Ponte da Serra, etc).

• Celebración de xornadas para poñer en valor o noso patrimonio material e inmaterial en

colaboración con universidades e outras institucións.

Lista de candidatas e candidatos

1. Manuel González López. Profesor de Economía na

Universidade de Santiago de Compostela

2. José Manuel Ramos Caamaño. Técnico de

Laboratorio na Universidade de Santiago de

Compostela

3. Raquel García Barreiro. Diplomada en Educación

Primaria. Especialidade en Francés

4. Daniel Rodríguez Gándara. Mestre de Educación

Musical

5. Marisol Lago Núñez. Empresaria e profesora de

informática. Presidenta da ANPA do CEIP da Serra

6. Alfonso Martelo Sendón. Enxeñeiro Informático

7. Ana Rama Rúa. Licenciada en Filoloxía Inglesa

8. Mónica González Torea. Traballadora Social na Xunta

de Galicia

9. Pedro Traba. Torneiro Fresador. Presidente do Club

de Atletismo de Outes

10. Mariña Villaverde Ferro. Traballadora Social

11. Xosé del Rio García. Técnico en Xestión

Administrativa

12. Esperanza Santiago Núñez. Licenciada en

Administración e Dirección de Empresas

13. Xosé Ramón Riomao Rodríguez. Axente Tributario

en Facenda

7

#OutesTenFuturo

UN PROXECTO

PARA OUTES

CONCELLOS TRANSPARENTES

Eleccións Municipais 2015

www.compromiso.gal

outes@compromiso.gal

/CompromisoGalicia

@Compromiso_xgal

8

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!