01.03.2017 Views

BOP

2017_0000001630

2017_0000001630

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

BOP

www.dacoruna.gal

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

MIÉRCOLES, 1 DE MARZO DE 2017 | BOP NÚMERO 41

Administración Local

Provincial

Deputación Provincial da Coruña

Secretaría Xeral. Servizo de Patrimonio e Contratación

Bases para a selección de arqueólogos/as para a realización de prácticas bolseiras de arqueoloxía na Deputación Provincial da Coruña

De conformidade coa Resolución de Presidencia de data 24 de febreiro de 2017 fanse públicas as seguintes bases:

BASES PARA A SELECCIÓN DE ARQUEÓLOGOS/AS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS BOLSEIRAS DE ARQUEOLOXÍA,

NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

INTRODUCIÓN

A Deputacion quere poñer os seus medios a dispor do estudiantado e recén graduados para que coñezan a labor e

experiencia na xestión do patrimonio arqueolóxico coa finalidade de favorecer a sua formación práctica.

1.º. OBXECTO.

As presentes Bases teñen por obxecto a selección de dous bolseiros/as arqueólogos/as para a realización de prácticas

na Deputación provincial da Coruña.

2.º. NÚMERO DE TITULADOS A SELECCIONAR.

O número de titulados a seleccionar será inicialmente de 2, con destino a Deputación Provincial da Coruña.

Non obstante a presente convocatoria poderá estar aberta aos concellos que queiran adherirse á lista de selección.

A estos efectos confeccionarase unha lista de reserva por orden de puntuación para selección de bolseiros por parte

dos concellos que desexen adherise a esta convocatoria., asi como para cubrir substitucións, renuncias ou vacantes, tanto

na Deputación como nos concellos que queiran adherirse. A asignación de bolseiros aos concellos será por orden de

petición, e en caso de igualdade de data de solicitude, por sorteo, pero sempre se respetará na asignación dos bolseiros

o orden de prelación establecido por puntuación na lista de reserva.

Coa finalidade indicada no apartado anterior os participantes nesta convocatoria autorizan á Deputación a facilitar os

seus datos (nombre, apelidos, dirección e teléfono) aos concellos.

3.º. REQUISITOS DOS SOLICITANTES.

3.1.–Non percibir ningunha axuda económica incompatible.

3.2.–Dispor do Título, obtido a partir do ano 2013, de graduados/as ou licenciados/as en Xeografía e Historia ou en

Historia.

3.3.–E dispor, ademáis do indicado no 3.2, alomenos 60 créditos de prehistoria e arqueloxia ou con especialidade en

arqueoloxía.

4.º. SOLICITUDES: DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR, LUGAR E PRAZO.

4.º.1.–DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR.

As solicitudes presentaranse nun sobre cerrado que levará o seguinte título: “documentación para optar á realización

de prácticas bolseiras de arquelogos/as, na Deputación provincial da coruña”.

Así mesmo, indicarase no exterior do sobre o nome, apelidos e teléfono de contacto do solicitante.

No interior do sobre incluirase a seguinte documentación:

4.1.A. DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA A PRESENTAR:

1. Fotocopia do DNI.

Número de anuncio 2017/1630

Página 1 / 4

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Miércoles, 1 de marzo de 2017 • Número 41

2. Certificación académica persoal que acredite dispor do Titulo coas cualificacións obtidas, convocatoria e curso. É

obrigatorio que na devandita certificación conste a nota media do expediente académico.

3. Dirección de correo electrónico a efectos de notificacións

4. Declaración de non contar con axuda económica incompatible, con arranxo ao seguinte modelo:

D./Dna. ………………………………………………………………………………, con DNI n.º ……….., DECLARA que non

conta con ningún tipo de axudas ou bolsas que sexan incompatibles coas da presente convocatoria para a selección de

bolseiros/as na Deputación provincial da Coruña”.

Data e firma

4.1.B. DOCUMENTACIÓN NON OBRIGATORIA PERO PUNTUABLE DACORDO COA BASE 7.

1. Copia do titulo de master oficial en arqueoloxía.

2. Copia do certicado de dispor do CELGA IV OU SUPERIOR (sistema de certificación de lingua galega adaptado ao

Marco europeo común de referencia para as linguas)

3. Currículum vitae do solicitante e en especial dos traballos ou prácticas realizadas e relacionadas coa súa especialización,

acompañada da correspondente xustificación

4. Orixinal ou fotocopia de cursos, seminarios, xornadas talleres, congresos, simposios, relacionados co obxecto das

presentes bolsas.

5. Copia doutros títulos universitarios que, no seu caso, se posúa.

Toda a documentación presentarase en documento orixinal ou copias debidamente compulsadas.

4.2. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN.

A documentación presentarase no Rexistro Xeral da Deputación ata o día 15 de marzo de 2017 e as solicitudes dirixiranse

á Deputación provincial da Coruña, (Servizo de Patrimonio e Contratación), Avda do Porto da Coruña, 2, 15003 A

Coruña. Tamén poderá ser presentada dentro deste prazo en calquera dos Rexistros previstos no art. 16.4 da lei 39/2015

do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Públicas.

4.3. COMUNICACIÓN DE ENVÍO MEDIANTE CORREO ELECTRÓNICO.

Os interesados deberán remitir ademais un correo electrónico, comunicando dita presentación, a patrimonio.contratacion@dacoruna.gal.

O citado correo electrónico debe remitirse dentro do prazo indicado no apartado anterior., con arranxo ao seguinte

modelo .

D./Dna. ………………………………………………………………………, con DNI n.º ……….., n.º teléfono ……………….

e con dirección de correo electrónico a efectos de notificacións ………………………………………………………………, pon

en coñecemento da Deputación (Servizo de Patrimonio e Contratación) que presentou o día …… de …….. de 2017, a

documentación para optar á selección de arqueólogos, no seguinte rexistro ou oficina:

A) oficina de Correos (dirección e localidade) …………. …. …………

B) ou oficina (dirección e localidade) …………………………. …………

5.º. CONTÍA DA BOLSA E PERÍODO DE PRACTICAS.

A duración da bolsa será de 12 meses a contar desde o 1 de abril de 2017. Os/as bolseiros/as realizarán as súas

prácticas durante a xornada laboral do persoal e baixo a coordinación do Xefe do Servicio de Patrimonio e Contratacion.

A bolsa poderá prorrogarse por un ano mais, en función do aproveitamento do bolseiro e das dispoñibilidades orzamentarias.

Esta prórroga aprobarase previa proposta do Xefe do Servizo de Patrimonio e Contratacion, existencia de crédito

adecuado e suficiente e aprobación por resolución de Presidencia.

A Deputación provincial da Coruña abonará ao bolseiro 900 €/mes ou no seu caso a cantidade que se fixe nas bases

de execución do presuposto da Deputación, con obxecto de cubrir as necesidades básicas do bolseiro en desprazamentos,

manutención e aloxamento. Os pagos realizaranse mensualmente ao bolseiro na conta bancaria indicada polo bolseiro/a,

coas retencións oportunas correspondentes á Seguridade Social segundo se indica no Real Decreto 1493/2011; co informe

favorable do Servizo de Patrimonio e Contratacion e Fiscalización.

A Deputación asumirá as achegas empresariais á Seguridade Social.

Número de anuncio 2017/1630

Página 2 / 4

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Miércoles, 1 de marzo de 2017 • Número 41

6.º. COMISIÓN DE SELECCIÓN.

Os/as bolseiros/as que participen nas actividades obxecto das presentes bases serán seleccionados por unha comisión

de selección formada por:

1.–O catedrático de Prehistoria da Facultade de Geografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, D.

Ramón Fábregas Valcarce,

2.–O profesor da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, D Fernando Carrera

Ramírez

3.–O Xefe do Servizo de Arqueoloxía da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de

Galicia, delegación da Coruña, D. Alberto González Fernández, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia,

escala de arqueólogos

4.–O Director do Museo Arqueoloxico e Histórico da Coruña e arqueólogo do Concello da Coruña, D Jose María Bello

Diéguez,

5.–O Xefe do Servizo de Arquitectura e Mantemento da Deputación Provincial da Coruña, D.José Manuel Yáñez Rodríguez.

6.–Actuará como secretario, con voz pero sen voto, D. Luís Jaime Rodríguez Fernández, Xefe do Servizo de Patrimonio

e Contratación da Deputación Provincial da Coruña

7.º. CRITERIOS DE SELECCIÓN.

7.1. Criterios.

Serán criterios de selección e de ponderación os seguintes:

1. O expediente académico persoal, ata 10 puntos.

2. Por dispor do master oficial en arqueoloxía … 5 puntos.

3. Por dispor do Celga IV …. 5 PUNTOS.

4. Cursos, seminarios, talleres, xornadas, congresos,simposios, relacionados coa carreira da historia con estudios en

prehistoria e arqueoloxía ou con especialidade en arqueoloxía, ata 2 puntos.

5.–Currículo vitae, en especial traballos ou prácticas realizadas, ata 3 puntos.

7.2. BAREMOS.

A lista elaborada para a selección dos bolseiros, por orde de puntación, servirá tamén para substitucións ou baixas, por

renuncia ou calquera outra circunstancia, asi como altas ou ampliación do número de alumnos que acorde a Deputación.

No suposto de que se adhieran os concellos a esta lista, o pago das bolsas corresponderá ós concellos respectivos.

8.º. DESIGNACION DOS BOLSEIROS.

Á proposta da Comisión de Selección, mediante Resolución de Presidencia designaranse os/as bolseiros/as seleccionados/as

e a relación de suplentes por orde de puntuación, que se notificará a todos os solicitantes.

En caso de baixa ou renuncia dun bolseiro/a que gozase de practícalas na Deputación, o Servizo de Patrimonio e

Contratación comunicará esta circunstancia ao seguinte da lista de suplentes para que no prazo de cinco días naturais a

contar desde o envío do correo electrónico manifeste a súa aceptación ou renuncia á bolsa durante o tempo que resta .

Transcorrido o prazo máximo de 5 días naturais a contar desde o envío da notificación electrónica, sen que por parte do

suplente se contestase, enténdese que renuncia á bolsa . Para estes efectos todos os solicitantes desta bolsa deberán

proporcionar unha dirección de correo electrónico onde a Deputación poida comunicar a concesión da bolsa.

9.º. OBRIGACIÓNS DOS BOLSEIROS.

As prácticas realizaranse en inmobles da Deputación Provincial da Coruña,e en especial nos bens patrimonio arqueloxico

provincial.

Os bolseiros realizarán as prácticas, baixo a coordinación e supervisión do persoal da Deputación (xefe do Servizo de

Patrimonio e Contratación). Para estes efectos a Deputación a través do responsable de supervisión indicado no parágrafo

anterior, actuará coordinadamente cos expertos do Servizo de Arqueloxía da Xunta de Galicia e do Museo Arqueloxico da

Coruña e cos asesoramentos técnicos correspondentes, para unha adecuada realización das prácticas. As prácticas que

han realizar os bolseiros coa supervisión e asesoramento permanente indicados, e sempre contando coa autorización

previa dos responsables de supervisión, serán as seguintes, a título simplemente enunciativo:

1.º.–Coñecer e estudar o patrimonio arqueolóxico da Deputación.

2.º.–Estudiar actuacións para a mellora do patrimonio arqueóloxico provincial.

Número de anuncio 2017/1630

Página 3 / 4

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Miércoles, 1 de marzo de 2017 • Número 41

3.º.–Supervisar o proxectos de obras de carreteras e de obras en xeral que poidan afectar ao patrimonio arqueolóxico

da Provincia.

4.º.–Participar no seguimento de actuacións arqueolóxicas tales como sondeos, prospeccions, excavacións da Deputación

e dos concellos da provincia, de acordo coas as directrices da Xunta de Galicia.

5.º.–Analizar e estudar os informes arqueolóxicos que afecten ao patrimonio arqueolóxico da provincia

6.º.–Colaborar na preparación de estudos e publicacións destinados a divulgación do patrimonio arqueolóxico da

Provincia.

7.º.–Colaborar na preparación e información da páxina web da Deputación en temas de patrimonio arqueolóxico

provincial.

8.º.–Así mesmo os bolseiros/as poderán desprazarse cos Técnicos da Deputación ou outros expertos para a asistir a

presentación de eventos, inauguraciones, exposicions, na provincia relacionados coa materia obxeto da bolsa

9.º.–Formación. A Deputación a fin de contribuír á formación dos bolseiros e á actualización de coñecementos, poderá

realizar cursos ou conferencias de formación, que serán impartidos por persoal da Deputación ou expertos en Arqueoloxía

doutras Institucións, estando obrigados os Bolseiros á súa asistencia.

10.º.–Medios materiais. A Deputación porá ao dispor dos bolseiros os medios materiais que precisen para o desenvolvemento

das prácticas, a xuízo da Dirección, ben cos medios que xa se dispoñan ou mediante a tramitación do correspondente

expediente de adquisición, previa a existencia de crédito adecuado e suficiente, a súa fiscalización e aprobación

polo órgano competente,

11.º.–Normativa. Os bolseiros perfeccionarán os seus coñecementos na normativa que afecte ao patrimonio Cultural,e

en especial o Patrimonio Arquelóxico, para cuxos efectos o Servizo de Patrimonio e Contratación impartirá a información

correspondente.

Os bolseiros realizarán as súas prácticas e labores co estrito cumprimento da dita normativa, e contando sempre coas

autorizacións establecidas na normativa vixente.

12.º.–A Deputación incluirá aos bolseiros na póliza de seguros de accidente.

13.º.–No caso de que algún bolseiro incumpra as súas obrigacións, a Deputación Provincial da Coruña poderá revogarlle

o nomeamento como bolseiro e nomear a outro no seu lugar.

14.º.–O goce das bolsas obxecto desta convocatoria non implica relación laboral algunha entre os bolseiros e a Deputación

Provincial.ou os concellos.

10. PRAZO DE INICIO DAS PRÁCTICAS.

O prazo de inicio das prácticas será con efectos dende o 1 de abril de 2017.

11. PUBLICAR AS BASES E A CONVOCATORIA NO BOP.

A Coruña, 24 de febreiro de 2017.

O PRESIDENTE

O SECRETARIO

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

2017/1630

Número de anuncio 2017/1630

Página 4 / 4

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!