17.12.2012 Views

aconte 571_588.pmd - Anuario Brigantino - betanzos

aconte 571_588.pmd - Anuario Brigantino - betanzos

aconte 571_588.pmd - Anuario Brigantino - betanzos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xa tangeron as campaás de Sanct Françisco, do Açougue et de Santiago. Xa os Fieis

executores deron liçençia a as paradas et os çapateiros, os ferreiros, os tundidores, os ourives et

alfaiates, tecedeiras, carniçeiros, pescadores et labregos voçean as súas mercadorías ennas rúas da

çibdad et os seus arrabales, et ennas tendas et portaes. Xa arrivaron a o nosso porto as naos dos

mareantes con teas de oltramar: panos de ouro, de seda, et lá, et lenços. Xa os cambiadores ofreçen

o ouro et a prata; et hai ferro et azeiro, vino et azeyte et outros mantementos. Et de todo isto, nen

de alguuha cousa, que non sejan tiudos ditos mercadores de dar nen pagar alcabala, nen portadgo

alguun, mas que sean francos, libres, quitos et esentos de todo.

Et sabede que xa corre o vino nas tabernas da çibdad, et ricas viandas agardan nas mesas. Et

veñen polos camiños os cavaleiros con atabales, trompetas e tamboril et os seus peóns e lanças

botando apellido, et donçelas et viláns, et os abbades de Cins, de Monfero et Bergondo, et o prior

de Briuis et de Cambre, et esmoleiros, et laçarados, et alguus clérigos con as suas barraganas. Et a

todos uos digo, vezinnos e estrangeiros que estades y presentes: ¡viva a Feira Franca de Betanços!

Feyto este escripto de pregón enna çibdad de Betanços dia, mes e anno supradictos. Eu,

Carlos da Pereira, notario na terra et bailía de Faro, presente fuy et fiz escrepuir et puge aquí meu

nonme et meu Signal que tal he, en testimoyo de verdade.

Carlos Pereira Martínez

14 de xullo de 2000

Tivo lugar a inauguración da VII Bienal de Pintura Balconadas, organizada polo Concello co

patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial. Este evento converteu á cidade por uns

días nunha gran sala de exposicións. En total foron 130 as obras seleccionadas que quedaron

penduradas dos balcóns do casco histórico. O acto de presentación estivo presidido polo Alcalde,

D. Manuel Lagares e estivo acompañado do

Concelleiro de Cultura e Deportes, D. Francisco

Díaz Pereira e dos directores do concurso D. Jesús

Núñez e Dª Verónica Dopico. A pesar de que a

organización depende do Concello, os premios son

outorgados por votación dos propios participantes

que neste ano corresponderon: o primeiro, a

Antonio Santiago Linde, o segundo, a Victor

Navarro Ríos, e o terceiro a Pedro de Miguel García.

592

Anuario Brigantino 2000, nº 23

Estudios Blanco Estudios Blanco

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!