14.01.2021 Views

Equipo 2: Ludoteca Axóuxere

Ludoteca no concello de Cee e para prestar servizo a toda a comarca de Fisterra.

Ludoteca no concello de Cee e para prestar servizo a toda a comarca de Fisterra.

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Ludoteca Axóuxere

Proxecto emprendedor de atención á infancia na comarca de Fisterra.

Autoras:

Cristina Allo Canosa, Paula Lago Domínguez e Rosa Ramírez Campos

MP0019 Proxecto de atención á infancia

Decembro, 2020


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

1

Índice

1 R​ESUMO 2

2 I​NTRODUCIÓN 4

2.1 MARCO​ ​FORMATIVO​ ​E​ ​CARACTERÍSTICAS​ ​XERAIS​ ​DO​ ​MODELO​ ​DE​ ​NEGOCIO

2.2 DESCRICIÓN​ ​DO​ ​EQUIPO​ ​DE​ ​TRABALLO​: ​PERFIL​ ​DAS​ ​EMPRENDEDORAS

2.3 DESCRICIÓN​ ​DO​ ​TRABALLO​ ​DESENVOLVIDO​ ​E​ ​REPARTO​ ​DE​ ​TAREFAS

2.4 CADRO​ ​COS​ ​DATOS​ ​BÁSICOS​ ​DA​ ​PROPOSTA​ ​PRESENTADA

3 XUSTIFICACIÓ​N 13

3.1 DESCRICIÓN​ ​DO​ ​CONTEXTO​ ​ONDE​ ​SE​ ​LEVARÁ​ ​A​ ​CABO​ ​O​ ​PROXECTO

3.2 NECESIDADES​ ​E​ ​DEMANDAS​ ​DETECTADAS​ ​QUE​ ​XUSTIFICAN​ ​A​ ​POSTA​ ​EN​ ​MARCHA

3.3 FACTORES​ ​DETERMINANTES​ ​DE​ ​ÉXITO​ ​NO​ ​SECTOR​: ​ANÁLISE​ ​DAFO​ ​NO​ ​MERCADO

3.4 INNOVACIÓN​ ​E​ ​VALOR​ ​ENGADIDO​ ​QUE​ ​APORTA​ ​AO​ ​ÁMBITO​ ​DA​ ​EDUCACIÓN​ ​INFANTIL

4 OBXECTIVOS 19

4.1 ​FINALIDADE​ ​DO​ ​PROXECTO​: ​MISIÓN​ ​E​ ​VISIÓN

4.2 SINAIS​ ​DE​ ​IDENTIDADE​, ​PRINCIPIOS​ ​PEDAGÓXICOS​ ​E​ ​VALORES

4.3 FORMULACIÓN​ ​DE​ ​OBXECTIVOS​ ​XERAIS​ ​DA​ ​INICIATIVA​ ​PRESENTADA​.

5 FUNDAMENTACIÓN 25

5.1 NORMATIVA

5.2 CIENTÍFICA

6 PROXECTO​ ​ORGANIZATIVO​ ​DE​ ​CENTRO 28

6.1 LOCALIZACIÓN E INSTALACIÓNS

6.2 DESCRICIÓN​ ​DAS​ ​ACTIVIDADES​ ​A​ ​OFERTAR​, ​HORARIOS​ ​E​ ​CALENDARIO

6.3 DESCRICIÓN​ ​DO​ ​PERSOAL​ ​ADSCRITO​ ​E​ ​REPARTO​ ​DE​ ​FUNCIÓNS

6.4 DESCRICIÓN​ ​DOS​ ​ESPAZOS

6.5 DESCRICIÓN DOS MATERIAIS

6.6 ​DESCRICIÓN​ ​DAS​ ​LIÑAS​ ​PEDAGÓXICAS​ ​A​ ​SEGUIR

6.7 IMPLICACIÓN​ ​E​ ​PARTICIPACIÓN​ ​DAS​ ​FAMILIAS​ ​E​ ​DOS​ ​AXENTES​ ​SOCIAIS​ ​DO​ ​CONCELLO

6.8 MEDIDAS​ ​DE​ ​ATENCIÓN​ ​Á​ ​DIVERSIDADE​ ​E​ ​ACCESIBILIDADE​ ​UNIVERSAL

6.9 SEGURIDADE​ ​E​ ​PREVENCIÓN​ ​DE​ ​RISCOS​. ​MEDIDAS​ ​ANTI​-​COVID

6.10 PLAN​ ​DE​ ​CONTROL​ ​DE​ ​CALIDADE​: ​AVALIACIÓN​ ​E​ ​SEGUIMENTO​ ​INTERNOS

7 PLAN DE MARKETIN: SERVIZOS, PREZO E PROMOCIÓN 43

8​ ​PLAN​ ​ECONÓMICO​ ​E​ ​FINANCEIRO 45

8.1 FORMA XURÍDICA E PLANIFICACIÓN DA POSTA EN MARCHA

8.2​ PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS

8.3​ PLAN DE FINANCIAMENTO

8.4​ PREVISIÓN DE INGRESOS

​8.5​ DETERMINACIÓN DA VIABILIDADE ECONÓMICA

9 BIBLIOGRAFÍA 55

10 ANEXOS 58

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

2

1. Resumo

E​ste proxecto ​naceu como resultado dun estudo de enquisa sobre necesidades

das familias do concello de Cee. Froito dese diagnóstico inicial, detectouse unha

demanda de espazos axeitados para o goce do tempo de lecer que fomenten o xogo

libre, socializador e creativo como recurso para o desenvolvemento integral das

crianzas.

En vista de que non existen na ​comarca d​e Fisterra alternativas diferentes ao ocio

de consumo, optouse por deseñar un espazo onde familias e crianzas poideran gozar do

seu tempo de lecer. Unha ludoteca resultou ser o modelo escollido ao considerarse

idóneo para dar resposta ás demandas detectadas na enquisa realizada: promove o

xogo colectivo e espontáneo, facilita o acceso a unha ampla gama de xoguetes

tradicionais de calidade, fomenta a estimulación temperá e contribúe á conciliación

familiar, persoal e laboral.

Para levalo a cabo, seguimos unha serie de fases como a análise do contexto, o

deseño da iniciativa e o estudo da viabilidade do proxecto. Unha vez comprobada esta

última, abordamos a elaboración da proposta pedagóxica do centro.

Así xurdiu a Ludoteca Axóuxere, unha institución educativa e recreativa

deseñada para nenos e nenas de 2 a 6 anos, onde o xogo libre constitúe o eixe

metodolóxico principal, procurando sempre a implicación e colaboración das familias.

Palabras clave: ludoteca, xogo, institución educativa e recreativa,

desenvolvemento integral, valores.

This Project came about as a result of a survey study on the needs of families

within the township of Cee. As a result of this initial diagnosis, a demand in suitable

spaces for leisure time enjoyment fomenting play as a free, socializing and creative

resource for the integral development of children was detected.

Given the lack of alternatives for consumer leisure in the Fisterra region, it was

decided that a space should be designed so that families and children could enjoy their

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

3

leisure time. A toy library turned out to be the ideal model which was chosen to respond

to the demands detected in the survey: It promotes collective and spontaneous play,

facilitates access to a wide range of quality traditional toys, it encourages early

stimulation and contributes to family, personal and work reconciliation.

To carry out this project, we followed a series of steps such as conducting a survey,

studying the data obtained, analysing the context, and checking Its feasibility. Once

these data had been verified and obviously its feasibility too, we commenced with the

elaboration of the pedagogical proposal of the project.

And thus, in this way the Toy library Axóuxere came into existence; an educational

– recreational institution that aims to reach out both to children aged between 2 and 6

years old and their families where our methodology lies in free play mainly and where the

families are also the protagonists.

Keyworks: ​toy library​, play, educational - recreational institution, integral

development, values.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

4

2. Introdución

A Ludoteca Axóuxere ​é un centro de servizos sociais con carácter diúrno que

presta atención e actividade regular tanto á poboación infantil como ás súas familias,

cunha oferta especializada no tramo de idade comprendido entre os 2 e os 6 anos.

Emprazada na localidade de Cee, provincia de A Coruña, dará servizo a toda a ​comarca

de Fisterra.

Este proxecto nace para dar resposta á necesidade dun espazo de lecer para os

máis pequenos/as, facilitando a conciliación laboral, persoal e familiar, e involucrando ás

familias na crianza dos seus fillos e fillas con asesoramento e apoio continuados.

Detrás deste proxecto hai ​motivacións tales como ofrecer á infancia a

posibilidade de gozar dun tempo de lecer de calidade, que permita un axeitado benestar

físico e emocional; a través de actividades variadas centradas principalmente no xogo

libre de calidade, e outras puntuais como ioga, obradoiros, animación á lectura e á

música, entre outras.

O ​obxectivo fundamental é proporcionar aos nenos/as espazos de ocio nos que

primen a diversión e o entretemento. É preciso salientar a importancia do xogo na etapa

de educación infantil. Fröebel, Ausubel e Decroly (entre outros) defenden unha

metodoloxía activa, lúdica e participativa na que o xogo sexa o motor das actividades, xa

que é unha estratexia de gran valor educativo grazas á exploración e á función de

aprendizaxe social.

Coa creación desta empresa pretendemos ofrecer un servizo para o tempo libre e

de conciliación, p​ropoñendo actividades nas que participen as familias, potenciando

maioritariamente o xogo libre fronte ao dirixido, ofrecendo grande variedade de

actividades como instalacións, messy play, mesas sensoriais, xogos no exterior,

provocacións con pezas soltas, escolas de nais e pais, saídas pola contorna… etc,

estando en todo momento abertas ás propostas e iniciativas dos nenos e nenas, así

como das súas familias.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

5

2.1 - MARCO FORMATIVO E CARACTERÍSTICAS XERAIS DO MODELO DE NEGOCIO.

O noso proxecto se axusta ao establecido no ​Decreto 226/2008, do 25 de

setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior

correspondente ao título de técnico superior en educación infantil​. ​As seguintes

competencias profesionais aparecen recollidas no artigo 5º:

n) Crear e xestionar unha pequena empresa realizando o estudo da viabilidade de

produtos, de planificación da produción e de comercialización.

k) Xerando contornos seguros, respectando a normativa e os protocolos de

seguridade na planificación e no desenvolvemento das actividades.

l) Exercendo os dereitos e cumprindo as obrigas que deriven das relacións

laborais, consonte o establecido na lexislación.

m) Xestionando a propia carreira profesional, analizando oportunidades de

emprego, autoemprego e aprendizaxe.

o) Participando na vida económica, social e cultural cunha actitude crítica e de

responsabilidade.

En canto ás ​unidades de competencia​, destacamos a UC1030_3: ​promover e

pór en práctica situacións de xogo como eixe da actividade e do desenvolvemento

infantil, ​xa que deseñamos este proxecto para promover e pór en práctica situacións de

xogo libre “de calidade”, a UC1031_3: ​desenvolver os recursos expresivos e

comunicativos do neno e da nena como medio de crecemento persoal e social e a

UC1032_3: desenvolver accións para favorecer a exploración do contorno a través do

contacto cos obxectos, e as relacións do cativo e da cativa cos seus iguais e coas

persoas adultas​. Tamén resulta importante a UC1033_3: ​definir, secuenciar e avaliar

aprendizaxes, interpretadas no contexto do desenvolvemento infantil de cero a seis

anos,​ (neste caso adaptadas ao ámbito “educativo” non formal de 2 a 6 anos).

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

6

En canto ao contorno profesional, no artigo 7º aparece contemplado o ámbito

educativo non formal, así como o sector dos servizos sociais de atención á infancia no

que están incluídas as ludotecas na nosa CCAA (​Decreto 354/2003, do 16 de setembro,

polo que se regulan as ludotecas como centros de servizos sociais e se establecen os

seus requisitos​).

Nese mesmo artigo, no punto 2.3 se especifica: ​“Educador ou educadora en

programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de cero a seis

anos: ​ludotecas​, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer,

granxas escola, etc.”

No artigo 8º punto 1, sobre a prospectiva do título no sector ou nos sectores, se

afirma: ​“O perfil profesional deste título ​evoluciona cara a unha maior capacidade de

adaptación a diferentes ámbitos ​e a un aumento das funcións relacionadas coa

coordinación e a mediación con familias, debido a que a normativa de conciliación

da vida familiar e laboral irá producindo unha diversidade de servizos

complementarios de lecer e tempo libre dirixidos a nenos e nenas destas idades​”.

Ao longo dos distintos apartados do proxecto vense reflectidos os obxectivos que

se establecen no ​Decreto ​226/2008, do 25 de setembro,​ como son:

➔ Concretar os distintos elementos da programación (obxectivos, metodoloxías,

actividades planificación de espazos e tempos, selección de recursos materiais,

avaliación...) adaptándoos tanto ao contexto como ás características dos

nenos/as e as súas familias.

➔ Identificar as necesidades das familias e dos nenos/as.

➔ Traballar en equipo intercambiando información e experiencias para facilitar a

coherencia do proxecto.

➔ Ter en conta a lexislación en prevención de riscos laborais e seguridade (así

como o recente ​Protocolo de actuación para as escolas infantís 0-3 fronte ao

coronavirus aplicable a casas niño, puntos de atención á infancia, espazos

infantís e ludotecas emitido pola Xunta de Galicia para levar a cabo as medidas

anti- COVID).

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

7

➔ Valorar as oportunidades de emprego…

Tamén é coherente cos distintos módulos formativos do currículo ​pois, para a

nosa intervención coas crianzas debemos ter en conta as características en canto ao

seu desenvolvemento integral (​Desenvolvemento cognitivo e motor​, ​Desenvolvemento

socioafectivo​, ​Autonomía persoal e saúde infantil​, ​Habilidades sociais, Expresión e

comunicación​); coñecer diferentes metodoloxías, métodos, técnicas de xogos e para a

adquisición de novas aprendizaxes (​Didáctica da educación infantil​, O xogo e a súa

metodoloxía​); como debemos intervir coas familias e colectivos en risco de exclusión

social (​Intervención con familias e atención a menores en risco social​); ter uns

coñecementos previos en primeiros auxilios para saber actuar en caso dun accidente ou

lesión (​Primeiros auxilios​); e ao tratarse dunha creación ​de empresa van ser

fundamentais os ​coñecementos adquiridos en ​FOL e en ​Empresa e iniciativa

emprendedora​.

En definitiva para o desenvolvemento do proxecto todos os módulos cursados

foron de grande axuda tanto na parte práctica como na teórica.

En relación cos​ ​Resultados de Aprendizaxe do Currículo​:

➔ Analizamos a evolución e a importancia do xogo.

➔ Relacionamos o xogo coas dimensións do desenvolvemento infantil.

➔ Utilizamos o xogo como factor de integración, adaptación social, igualdade e

convivencia.

➔ Valoramos a importancia de xerar espazos seguros.

➔ Respectamos a lingua materna das crianzas.

➔ Facemos propostas creativas e innovadoras.

➔ Valoramos a importancia do apego.

➔ Propoñemos actividades, recursos e estratexias coherentes cos obxectivos e as

características dos nenos/as.

➔ Planificamos programas e actividades de intervención coas familias.

➔ Valoramos a importancia da colaboración entre familia e a ludoteca.

➔ Establecemos os elementos materiais, espaciais e temporais.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

8

➔ Definimos as estratexias e as técnicas de avaliación.

➔ Identificamos necesidades do sector.

➔ Facemos un estudo de viabilidade.

➔ Describimos a normativa que regula o uso de espazos, recursos e tempos

segundo o marco autonómico e estatal.

2.2 - DESCRICIÓN DO EQUIPO DE TRABALLO E PERFIL DAS EMPRENDEDORAS.

Este equipo de traballo está composto por tres compañeiras do Ciclo Superior de

Educación Infantil do CIFP Ánxel Casal – Montealto de A Coruña.

● Cristina Allo Canosa ​é graduada en Educación Infantil pola Universidade da Coruña

e ten formación en varios cursos relacionados coa educación infantil como o de

Monitora de ocio e tempo libre​, entre outros. Domina perfectamente o galego e o

castelán así como o inglés, para o cal dispón do nivel C1 pola Escola Oficial de

Idiomas. Ten unha experiencia profesional de cinco anos en escolas infantís do

primeiro ciclo e actualmente traballa na escola infantil “A Galiña Azul” de Mazaricos. A

nivel persoal considérase unha persoa aberta a novas aprendizaxes, amable,

empática e sociable, con don de xentes e en continua formación.

● Paula Lago Domínguez posúe a titulación de Mestra en Educación Infantil pola

Universidade da Coruña e conta cunha ampla formación en cursos relacionados co

ámbito que nos compete como ​Primeiros auxilios na infancia​. A nivel lingüístico,

domina o galego e o castelán e dispón do nivel B2 en inglés pola EOI. Conta cunha

experiencia profesional en escolas infantís do primeiro ciclo de oito anos e

actualmente traballa como educadora na escola infantil “A Galiña Azul” de Esteiro

(Muros). Defínese como unha persoa creativa e imaxinativa, paciente e empática

coas crianzas e con facilidade para traballar en equipo.

● Rosa María Ramírez Campos é Mestra en Educación Infantil pola Universidade de

Santiago e ten formación en cursos como ​Monitora de Ocio e tempo libre ou ​Linguaxe

de signos​. A nivel lingüístico, domina o galego nivel C2 pola EOI, o castelán e dispón

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

9

do nivel B1 en inglés, tamén certificado pola EOI. Ten unha experiencia profesional de

4 anos como educadora infantil na escola infantil “Dorotea I” mais na actualidade

traballa como Axente de Emprego e Desenvolvemento Local na Mancomunidade

voluntaria de municipios da comarca de Ordes. Considérase unha persoa creativa,

empática, paciente, colaboradora, produtiva, e que se adapta facilmente.

No ​Anexo I achégase o currículum vitae de cada unha de nós no cal se detalla en

profundidade esta información.

Este equipo de traballo presenta varios puntos fortes e algunha que outra

debilidade que pasamos a detallar resumidamente tras a análise DAFO realizada:

➔ Puntos fortes: disciplina e boa organización do traballo. Dende un comezo

tivemos unhas ideas e motivacións comúns pola temática do noso proxecto e

axiña nos puxemos a traballar nel buscando información, exemplos, experiencias,

etc. que nos puideran axudar. Traballamos en conxunto sempre dando a nosa

opinión tanto positiva como negativa co fin de conseguir un bo traballo.

➔ Debilidades: ​case non tiñamos coñecementos sobre o funcionamento dunha

ludoteca ou o tipo de actividades que se poderían ofertar polo que tivemos que

facer unha “investigación” a través da rede sobre varios modelos de ludotecas

nacionais e internacionais, xa que debido á situación sanitaria actual non se nos

permitía a mobilidade a cidades como A Coruña ou Santiago para poder visitar

algunha e coñecelas en primeira persoa.

➔ Oportunidades: a ampla experiencia profesional de cada unha de nós no ámbito

da educación infantil, e máis concretamente no primeiro ciclo, nos serviu para a

elaboración dos distintos apartados deste proxecto así como para ter unha visión

máis realista das demandas das familias e dos intereses das crianzas.

➔ Ameazas: ​a incompatibilidade de horarios para a posta en común de ideas foi

sen dúbida a dificultade máis grande. Cada unha de nós conta cunha situación

laboral, académica e familiar diferente cuns horarios diferentes polo que ás veces

era moi complicado establecer comunicación diaria entre nós.

Como ​equipo de traballo elaboramos as propostas en conxunto, favorecendo a

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

10

exposición de ideas e opinións de todos os membros, creando un clima cálido e afectivo,

onde se coiden as relacións sociais. É importante que exista unha cohesión a nivel

grupo e que todas as decisións en canto á metodoloxía, actividades, propostas,… se

leven a cabo de forma conxunta. Primará, pois, a coordinación e a colaboración entre

todas as integrantes do grupo.

2.3 - DESCRICIÓN DO TRABALLO DESENVOLVIDO E REPARTO DE TAREFAS.

Para a elaboración deste proxecto seguimos as indicacións da titora en canto ao

seguimento das distintas fases propostas. Cada unha destas fases requiría a

elaboración de diferentes tarefas que repartimos equitativamente entre as distintas

integrantes do grupo, ​tal e como sinalamos no apartado anterior.

Unha vez investigábamos e elaborábamos cada tarefa, a expoñíamos ás demais

para a súa valoración, a través de correo electrónico, Drive e videoconferencia. As

canles de comunicación sempre foron moi fluídas o que facilitou un bo clima de traballo.

En cada unha das fases tivemos sempre en conta a data de entrega e enviamos

cada unha delas en tempo e forma.

Fase 1. Recollida e análise de información relevante para o proxecto (28/10/2020)

Fase 2. Deseño da proposta educativa (04/11/2020)

Fase 3. Deseño e programación das actividades a desenvolver ou ofertar (13/11/2020)

Fase 4. Estudo da viabilidade e da sostibilidade da nosa proposta (20/11/2020)

Aínda que todas colaboramos en todas as tarefas, cada unha de nós tivo un rol

asignado. Así, ​Cristina ​procurou a información, bibliografía e lexislación así como outros

datos de interese para a elaboración do proxecto, levou a cabo a enquisa para detectar

as necesidades e demandas da poboación e analizou os resultados. ​Paula, ​coordinou

as distintas fases, encargouse da maquetación do traballo e do deseño dos anexos; e

Rosa ​encargouse da parte empresarial e económica do proxecto.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

11

2.4 -​ ​CADRO CO DATOS BÁSICOS DA PROPOSTA PRESENTADA.

Definición da empresa

Clasificación Nacional de Actividade

económica

Forma xurídica

Localización

Ludoteca “Axóuxere”

88.91. Actividades de coidado diurno de nenos

Sociedade Limitada Nova Empresa

No núcleo urbano do concello de Cee, preto de centros

educativos, culturais, deportivos...

Instalacións e capacidade Local de 276 m​ 2 zona axardinada no exterior de 150m​ 2​ ,

aparcadoiro de 75m​ 2

Persoal e estrutura organizativa

3 educadoras infantís que seremos as promotoras e

unha animadora sociocultural que será persoal

empregado

Carteira de servizos Actividades lúdicas dirixidas a nenos e nenas de 2 a 6

anos así como ás súas familias.

Clientes

Ferramentas de promoción

Responde a unha demanda real?

Destinatarios/as poden asumir o custe?

Destinatarios queren asumir o custe?

Dependeremos de subvencións?

A Administración local nos apoia?

Cumprimos coa normativa vixente?

Familias con fillos/as de idades comprendidas entre os

2 - 6 anos do concello de Cee e limítrofes (co tempo

aumentaremos máis idades e máis servizos)

Boca a boca; web do concello de Cee; redes sociais

(facebook, instagram…); eventos promocionais; reparto

de folletos, trípticos.. (buzoneo); anuncios en prensa,

radio e TV, internet; paquetes de servizos lúdicos

Si (enquisa)

Si, os prezos son asequibles e adaptados á realidade

económica.

Si, pois precísase dun servizo destas características na

zona

30% do investimento.

Si, xa que colaboramos con eles na organización dos

campamentos de verán, períodos de vacacións,….

Si, temos presente o ​Decreto 354/2003 de 16 de

septiembre​ en cada actuación.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

12

Que nos distingue da competencia?

Que valor engadido achegamos?

Non existe competencia na zona, e ofrecemos servizos

innovadoras para traballar coas familias.

Pedagoxías renovadoras, espazos amplos, materiais de

calidade, actividades atractivas e innodavoras, prezos

asequibles.

Temos experiencia no sector? Si, contamos coa titulación de mestra/grao en

Educación Infantil así como a de TSEI, e ademais

temos experiencia en escolas do primeiro ciclo da

educación infantil.

RESUMO DOS DATOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS

CONCEPTO 1º ANO 2º ANO 3º ANO 4º ANO 5º ANO

Investimento

total

Fondo de

maniobra

29.834 € 1.000 € 1.000 € 1.500 € 5.000 €

8.578,4 €. 11.437,9 € 14.297,4 € 17.156,9 € 20.016,4€

Recursos

alleos

Capitalización

paro.

Tarifa plana

autónomos

Programa

Emega.

Tarifa plana

autónomos

Programa

Emega

(contratación

persoal)

ou PEL

Deputación

Previsión de

vendas

Beneficio

neto

Tesourería

acumulada

124.176 € 136.239 € 153.802,52 € 185.499,8 € 198.357,37 €

26.975,37€ 28.395,3 € 37.255,64€ 43.759,12 € 49.745,21 €

15.564,55 € 43.959,3 € 81.214,94€ 124.974,0€ 174.719,27€

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

13

3. Xustificación

3.1​ ​-​ ​DESCRICIÓN DO CONTEXTO ONDE SE LEVARÁ A CABO O PROXECTO.

CONTEXTO XERAL (macro)

a)​ ​Aspecto político

O concello onde se vai emprazar a Ludoteca Axóuxere está aberto e disposto a

colaborar coas actividades culturais así como coas diferentes empresas que propoñan

dinamizar a vida do pobo, dende a infancia ata a terceira idade. Algúns exemplos dos

últimos anos foron: mostras de teatro dirixidas á poboación infantil, excursións para

nenos/as, propostas de cine ao aire libre, etc.

Polo tanto, pódese dicir que a situación política facilita a creación de proxectos

deste tipo, xa que están comprometidos coa cultura e co ocio infantil, tal e como se pode

observar na súa páxina web, así como nos seus perfís de Facebook e Instagram onde

se recollen imaxes e información detallada dalgunhas das propostas do apartado

anterior.

b)​ ​Aspectos socioeconómicos

O motivo de situar a nosa empresa no municipio de Cee baséase en que é o que

maior número de habitantes ten na comarca cun total de 7.546 fronte á media dos

demais municipios que é duns 2.853 habitantes. Ademais de ser a capital da comarca

de Fisterra.

No que se refire ao ​número de nacementos na última década, podemos

destacar momentos de baixadas, coincidindo coa crise económica, e subidas, coa súa

recuperación. Concretamente, no ano 2019 o número de nacementos situouse en 48.

Este municipio caracterízase por ter como ​principal fonte de actividade

económica o sector servizos e a industria, polo que a meirande parte da poboación

pertence á clase media. Dentro das actividades servizos, 25 empresas dedícanse a

actividades relacionadas coa educación e 6 a actividades recreativas e de lecer.

Ademais destacar que outras potencias económicas que xeran máis postos de

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

14

traballo son as relacionadas co servizo público (educación, sanidade e económicas) xa

que nel se sitúa o hospital Virxe da Xunqueira, un centro de saúde, varias escolas de EI,

CEIP e IES así como unha administración de Facenda.

En canto á ​distribución do paro por sexos aféctalle máis ás mulleres sendo no

municipio de Cee: 193 homes fronte a 312 mulleres que están nesta situación, o que

implica un 61,8%.

Cabe tamén destacar, que a ​renda media bruta no municipio de Cee, no ano

2017 era de 12.575 € por habitante.

O ​nivel formativo da meirande parte da poboación de Cee é de graduado

escolar, seguido da EXB, pero son datos que o IGE non actualiza dende o ano 2001

polo que a situación actual pode ser algo diferente.

No ámbito da ​educación formal​, o termo municipal, conta coa Escola de

Educación Infantil de Pereiriña, Escola de educación infantil da Igrexa en Brens, Escola

Infantil Municipal A Escoliña, C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial Mouzo, I.E.S.

Agra de Raíces e I.E.S. Fernando Blanco.

En canto á ​educación non formal​, na actualidade non hai ningún centro de ocio

infantil para estas idades no municipio.

CONTEXTO ESPECÍFICO (micro)

a)​ ​Persoas destinatarias

Este proxecto está dirixido a nenos e nenas de 2 a 6 anos e as súas familias que

residan no concello de Cee (que abrangue as parroquias de Brens, Lires, Toba,

Ameixenda e Pereiriña) así como aos residentes nos concellos limítrofes: Corcubión,

Dumbría, Fisterra ou Muxía. Segundo os datos do ​Instituto Galego de Estatística

(2019), comprobamos que hai un total de 627 usuarios/as potenciais de entre 2 - 6 anos

de idade. ​A continuación, expoñemos as ​características máis significativas deste

tramo de idade en diferentes niveis. Cabe sinalar que nos centraremos sobre todo no

tramo de idade de 2 a 3 anos por ser esta a que máis se adapta ás funcións de Técnico

Superior en Educación Infantil.

A ​nivel cognitivo​, se temos en conta a teoría de ​Piaget (1985) en “​Seis estudios

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

15

de psicología​” sinala que estes nenos/as atópanse no ​estadio do pensamento

preoperacional​, no ​subperíodo do ​pensamento preconceptual ​que se caracteriza pola

visión egocéntrica que ten o neno/a do mundo e a percepción sincrética da realidade.

A ​nivel motor​, seguindo a ​Osterrieth (1984) na obra “​Psicología infantil​” fai

referencia á adquisición da función simbólica e o movemento vaille producir un grande

pracer que vai buscar continuamente. Iníciase no xogo simbólico e noutros xogos que lle

permiten ir coñecendo cales son as súas posibilidades e limitacións. Camiña con

seguridade, pode acelerar e moderar a marcha, cambiar de dirección e deterse,...

A ​nivel socioafectivo​, Wallon ​(1981) afirma no libro “​Psicología y educación​”

que ​pouco antes dos 3 anos xorde a ​crise de oposición na que o neno/a quere actuar

por si mesmo/a, ser independente... polo que adoitan aparecer as primeiras rabechas.

Esta idade caracterízase ademais polo xogo en paralelo, pois xoga ao lado doutros

nenos/as sen compartir o xogo. O apego, segundo ​Bolwby ​(1998) no seu libro “​El

apego y vínculo afectivo​” di que se estende a outras persoas (amizade).

Por último, ​a nivel lingüístico​, ​Luque ​e ​Vila (1991) en “​Desarrollo del lenguaje​”,

sinalan que se atoparían na ​etapa lingüística propiamente dita na cal increméntase o

léxico e caracterízase por unha linguaxe telegráfica. Ademais, aparecen flexores nos

nomes e nos verbos, as hiperregulacións, danse os primeiros usos das preposicións e

artigos e ten dificultade para pronunciar ditongos.

b)​ ​Análise da competencia

Os competidores directos serían:

➔ Escola Infantil Municipal “A Escoliña” na capital de Cee, que ofrece servizos

de comedor, educativos e de conciliación familiar a nenos e nenas de 0 a 3 anos.

➔ Actividades extraescolares ofertadas polas ANPAs dos CEIP do concello

(patinaxe, teatro, informática, etc.). A partir dos 3 anos.

➔ SenesCIT: oferta actividades de ocio como campamentos de Nadal, Semana

Santa e verán... A partir de 3 anos.

➔ Actividades organizadas polo concello: obradoiros de traballos manuais no

Samaín, Nadal, Entroido,… así como a celebración de pequenas festas durante

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

16

estas datas. A partir de 4 anos.

➔ Biblioteca municipal: organiza conta contos en determinadas épocas do ano

para todas as idades.

As vantaxes da Ludoteca Axóuxere con respecto aos competidores directos

aparecen recollidas na análise DAFO no apartado 3.3.

3.2 ​- ​NECESIDADES E DEMANDAS DETECTADAS QUE XUSTIFICAN A POSTA EN

MARCHA

Para obter información sobre a viabilidade e a necesidade dunha ludoteca no

municipio de Cee, elaboramos unha enquisa (ver ​anexo II​). Na mesma participaron 45

persoas e os resultados foron os seguintes:

➔ Un 46,7% das persoas enquisadas non eran nin pais/nais de nenos/as de ​2-6

anos nin educadores infantís, fronte ao 53,3% que si o eran.

➔ Un 93,3% afirmou que consideran importante que os nenos/as dispoñan de

espazos dedicados ao xogo ou experiencias lúdicas.

➔ Ante a pregunta de que se vían interesante a posta en marcha dunha ludoteca en

Cee un 97,8% dixeron que si. Os motivos da resposta foron moi variados dende

que axuda ao desenvolvemento social e cognitivo dos máis pequenos/as ata que

hai poucos servizos lúdicos de este estilo na zona, entre outras.

➔ O 53,3% respondeu que visitaran algunha vez unha ludoteca, fronte ao 15,6%

que dixo que non. E un 31,1% afirmou que lle gustaría facelo algún día.

➔ Ante a pregunta de que tipo de actividades lles gustaría que a ludoteca ofertase

os máis destacados son obradoiros, musicais, contacontos, xogos educativos,

xogos de psicomotricidade, etc.

➔ En canto ao prezo, un 38,1% estaría disposto a pagar menos 5€/día, un 38,1%

estaría disposto a pagar ata 10€/día, fronte a unha terceira opción que non

pagaría por ir (4,8%).

➔ Un 62,2% indicou que lles gustaría participar en actividades familiares pero un

53,3% sinalou que dependería do prezo das mesmas.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

17

➔ Os tres servizos que lles resultarían máis interesantes nunha ludoteca foron:

obradoiros e actividades lúdicas (86,7%), campamentos (73,3%) e festas

temáticas (55,6%).

En vista dos resultados favorables obtidos, podemos concluír que o proxecto da

Ludoteca Axóuxere é factible no tempo e rendible económicamente. Dada a alta

porcentaxe de familias que si lles gustaría asistir a este espazo consideramos factible a

súa creación e posta en marcha no municipio de Cee.

3.3 - FACTORES DETERMINANTES DE ÉXITO NO SECTOR: ANÁLISE DAFO NO

MERCADO

Tras a análise das diferentes variables DAFO a considerar, concluímos que as

maiores ​fortalezas do negocio, serían a atención personalizada e a calidade do servizo,

a profesionalidade e o trato amable e cordial, aspectos clave para xerar confianza na

clientela.

Por outra banda, as ​debilidades atopadas fan referencia principalmente a que a

ludoteca non é coñecida e, como consecuencia, o inicio pode ser difícil, pero levando a

cabo diferentes promocións e ofertas para dar a coñecer o negocio ten moitas

posibilidades de ser viable.

No referente ás ​oportunidades analizadas, na actualidade, dáselle unha maior

importancia á infancia así como ao desenvolvemento integral da mesma, grazas a levar

a cabo numerosas e variadas actividades. Ademais, a necesidade existente dunha

conciliación laboral e familiar debido á incorporación da muller ao ámbito laboral e os

modelos de familia cambiantes fan desta ludoteca unha oportunidade.

As principais ​ameazas​, pode ser a redución da taxa de natalidade que limitaría o

mercado así como a baixada de poder adquisitivo das familias e as posibles e existentes

restricións (problemas de mobilidade, horarios...) debidas á actual situación sanitaria.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

18

DEBILIDADES

➔ Incerteza, por deixar aos nenos/as con

persoas que non coñecen.

➔ Grande inversión económica.

➔ Dificultade inicial de captación de

usuario/as ou clientes.

➔ Estruturas empresariais pouco

desenvolvidas.

FORTALEZAS

➔ Forma de conciliar a vida laboral e

familiar.

➔ Valor a importancia do xogo.

➔ Existencia de persoal cualificado e con

experiencia no sector.

➔ Emprego de metodoloxías e actividades

innovadoras.

➔ Servizo novo na zona, con amplo

horario de apertura, bos prezos e

promocións.

➔ Préstamo de xoguetes, e libros.

➔ Atención personalizada e servizo de

calidade.

➔ Diversificación dos servizos.

➔ Localización no núcleo urbano da vila.

AMEAZAS

➔ Restricións derivadas da situación

sanitaria actual.

➔ Redución da taxa de natalidade.

➔ Familias que prefiren deixar aos seus

fillos/as a cargo doutros familiares.

➔ Diminución do poder adquisitivo:

familias en paro ou con baixos ingresos,

o que pode ocasionar unha baixa

demanda do servizo.

OPORTUNIDADES

➔ Incorporación da muller ao ámbito

laboral.

➔ O número de usuarios/as potenciais.

➔ Aumento da importancia do ocio infantil.

➔ Poucas empresas coas que competir.

➔ Inexistencia de outra institución con

servizos similares na franxa horaria

establecida.

➔ Prezos do servizo asumibles para as

familias

➔ Modelos de convivencia cambiantes:

familias monoparentais, e fogares

unipersoais: persoas solteiras,

separadas ou con cargas familiares non

compartida.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

19

3.4 - ​INNOVACIÓN E VALOR ENGADIDO QUE APORTA AO ÁMBITO DA

EDUCACIÓN INFANTIL

Neste apartado gustaríanos destacar, sobre todo, a innovación e o valor engadido

que aporta a nosa ludoteca ao ámbito da educación infantil nun pobo tan familiar coma é

Cee, onde os valores principais que nutren a educación dos nenos e nenas baséanse

maioritariamente nos tradicionais.

Romper con esa tradición, e ofertar ás familias unha nova mirada do xogo e o

xoguete, non só vendoo cómo algo para pasar o tempo e estar entretido, senón como un

recurso magnífico para aprender, aprender xogando e socializando, é o principal valor

que queremos transmitir. Introducir tanto ás familias como aos nenos/as no xogo

saudable, no xogo libre acompañado, no xoguete non estructurado co que pode deixar

voar a súa imaxinación e creatividade... é o aporte primordial que queremos conseguir

na educación infantil de 2 a 6 anos na contorna da Costa da Morte.

4. Obxectivos

O ​obxectivo principal é proporcionar aos nenos/as e as súas familias espazos

de ocio e tempo libre nos que primen a diversión e o entretemento empregando como

ferramenta fundamental o ​xogo​.

Outros obxectivos secundarios que se perseguen coa realización deste proxecto

son os que se presentan a continuación:

➔ Ofrecer un xogo libre de calidade así como actividades lúdicas a través dunha

metodoloxía creativa e construtiva.

➔ Proporcionar un espazo de lecer positivo e acolledor.

➔ Favorecer o xogo e a actividade lúdica como fundamental para o

desenvolvemento.

➔ Ofrecer diferentes tipos de xogos e xoguetes aos nenos/as.

➔ Axudar ao desenvolvemento integral a través de actividades motoras e culturais.

➔ Favorecer hábitos saudables en canto á alimentación e exercicio físico.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

20

➔ Colaborar coas familias da zona achegándoas ao noso proxecto de ludoteca.

➔ Poñer á disposición das familias e os seus fillos/as un fondo lúdico seleccionado

en base a criterios formativos.

➔ Traballar valores humanos básicos para a convivencia e o desenvolvemento.

➔ Iniciar aos pequenos nun comportamento de respecto con toda a comunidade.

➔ Favorecer unha evolución e educación grupal progresiva, a través da

experimentación de vivencias compartidas.

➔ Ampliar e enriquecer a noción do xoguete nas familias.

➔ Orientar ás familias na compra de xoguetes ou xogos en función das calidades

materiais e educativas dos mesmo.

4.1 - ​ ​FINALIDADE DO PROXECTO: MISIÓN E VISIÓN

O noso proxecto xorde debido a tres motivos principais:

1. A ludoteca é unha institución a través da cal queremos ofrecer un espazo axeitado

que posibilite o xogo libre nos nenos/as de 2 a 6 anos.

2. É un tipo de institución de tempo de lecer pouco empregado e descoñecido por

moitas familias e nenos/as da zona da Costa da Morte.

3. Tamén é importante resaltar a importancia do xogo no desenvolvemento integral do

neno/a e de ofrecerlles distintos tipos de xogos e xoguetes así como a posibilidade

de relacionarse con outros grupos de iguais.

A ​misión principal da nosa ludoteca vai ser ofrecer un servizo educativo de

calidade que promova unha educación activa, aberta e integral do neno/a

proporcionando tempo e espazos de calidade para que crianzas e familias se

desenvolvan libremente. Unha alternativa de desenvolvemento persoal e social baseada

no xogo libre e nas experiencias lúdicas.

A nosa ​visión é aspirar a converternos nun espazo de referencia comarcal na

actividade lúdica de calidade, así como na prestación de servizos recreativos e de

conciliación para toda a familia, onde se brinden as mellores técnicas de aprendizaxe

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

21

lúdico para o desenvolvemento infantil, potenciando a súa capacidade de expresión,

creatividade, individualidade e vivencias significativas a través do xogo.

En definitiva, a ​finalidade desta ludoteca é ofrecer un espazo lúdico onde os

nenos e nenas poidan desenvolver ao máximo as súas posibilidades en todos os

ámbitos, é dicir; a nivel ​cognitivo​, ​motor​, ​afectivo​, ​social ​e ​moral​. Ademais

potenciaremos a colaboración con outras entidades e institucións da vila.

4.2 - SINAIS DE IDENTIDADE, PRINCIPIOS PEDAGÓXICOS E VALORES

Este proxecto vai presentar unhas claras ​sinais de identidade que o fan único e

lle outorgan un carácter distintivo, como son:

● Lingua de comunicación: ​empregaremos o galego como lingua de comunicación

nas nosas actividades, tendo en conta a realidade sociolingüística da zona, porén

atenderemos de xeito individualizado a cada crianza respectando a súa lingua

materna. A longo prazo ofreceremos actividades noutras linguas.

● Diversidade: ​a ludoteca estará aberta a toda a diversidade existente, sen

discriminación por razóns de raza, sexo, relixión ou clase social. Considérase a

diversidade como un aspecto positivo na aprendizaxe e favorecerase un clima de

respecto ante a mesma.

● Coeducación: ​este proxecto busca tamén eliminar as desigualdades de sexo e de

xénero, tendo especial coidado tanto na linguaxe, nas imaxes que amosamos, nas

nosas actitudes, etc. Así mesmo favoreceremos a participación total dos nenos/as en

canto a xogos e xoguetes, sen importar o que tradicionalmente estivo asociado a un

ou outro xénero.

● Espazo respectuoso co medio ambiente: ​realizaremos actividades periódicas onde

prime o contacto coa natureza, favorecendo deste xeito actitudes de respecto e

coidado; actividades con materiais de refugallo, reciclados, naturais, etc. A nivel de

centro, tamén empregaremos enerxías renovables, favoreceremos a iluminación e

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

22

ventilación natural e realizaremos un consumo responsable dos materiais e os

residuos que xeremos serán debidamente reciclados.

● Espazo de colaboración e asesoramento ás familias: ​as familias van ser unha

parte importante na ludoteca ás cales ofreceremos actividades para realizar en

conxunto coas crianzas ademais de asesoramento noutros temas de interese.

A continuación presentamos as ​claves da nosa metodoloxía que se

fundamentan nos ​principios pedagóxicos da educación infantil​:

Aprendemos a través do xogo, ​liña básica da nosa metodoloxía, ten un papel

fundamental no desenvolvemento integral, permite ao neno/a coñecer a realidade.

Alentamos a súa curiosidade: ​partindo do interese inicial do neno/a levámolo a

afondar e interesarse por moitos máis temas.

Educamos no asombro: ​todas as nosas actividades comezan cun estímulo, cun

factor sorpresa, pasando do predicible ao inesperado.

Presentamos materiais, espazos e ambientes ​enriquecedores que proporcionen

estímulos sensoriais e favorezan as necesidades de cada neno/a. Un ambiente á súa

altura que favoreza a súa autonomía.

Fomentamos que os usuarios/as respecten as normas de funcionamento ​que

permitan unha convivencia agradable.

Cada crianza ten un ​ritmo de aprendizaxe e este non se pode forzar. Respectamos

ao neno, a súa individualidade, os seus intereses e as súas necesidades.

Fomentamos a​ resolución de problemas ​en equipo pero tamén de forma autónoma.

Intervimos, pero non interferimos: ​a nosa labor principal é a de facilitar a

aprendizaxe, ofrecer seguridade e apoio durante o xogo… en definitiva, acompañar.

VALORES: ​Vocación, Creatividade, Innovación, Empoderamento, Promoción da

iniciativa lúdica, Promoción da socialización e do desenvolvemento a través do xogo,

Perseverancia, Promoción de hábitos saudables (exercicio físico e psíquico), Respecto

polo medio ambiente, Igualdade de oportunidades, Inclusión, Liberdade…

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

23

4.3​ ​- FORMULACIÓN DE OBXECTIVOS XERAIS DA INICIATIVA PRESENTADA

OBXECTIVOS DE CARA AOS NENOS E NENAS

Adquirir progresivamente autonomía persoal e social.

Establecer relacións de confianza, convivencia, afecto, colaboración e pertenza ao

grupo.

Apreciar as celebracións persoais e comunitarias como importantes para as persoas.

Mostrar interese e gozo pola experimentación e creación de obras plásticas.

Participar de forma activa na interpretación de cancións e xogos musicais.

Comunicar sensacións, emocións e opinións provocadas polas escoita de contos.

Participar nos xogos e nas actividades motrices, identificando as súas capacidades e

limitacións.

Recoñecer o xogo como medio para coñecer a realidade.

Comprender, aceptar e valorar as normas para xogar.

Tomar conciencia do coidado dos xoguetes.

Descubrir valores ecolóxicos como reutilizar e reciclar.

Descubrir novas sensacións e vivir novas experiencias.

Coñecer novas formas de manipulación, construción e invención do obxecto lúdico.

Gozar dos contornos próximos aprendendo a respectalos.

Desenvolver un espírito participativo, creativo e alegre.

Identificar o xogo como medio de gozo e relación cos demais.

Identificar e levar á práctica hábitos de orde, hixiene, alimentación saudable...

Facer un uso axeitado tanto do material como do espazo.

OBXECTIVOS DE CARA ÁS FAMILIAS

Gozar coas actividades de lecer e tempo libre e compartir momentos enriquecedores

coas crianzas.

Recoñecer a importancia do xogo e do xoguete no desenvolvemento integral do

neno/a.

Participar e implicarse nas actividades propostas xunto cos seus fillos e fillas (xogo

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

24

libre, obradoiros…) e noutras de asesoramento (escola de nais e pais)

Recuperar e promover os xogos tradicionais que se adecúen aos valores morais,

ambientais e democráticos.

Coñecer e descubrir as posibilidades pedagóxicas e educativas que teñen os xogos.

Ter unha visión nova do xogo e o xoguete máis alá do xoguete comercializado.

Aumentar a comunicación e mellorar as relacións cos seus fillos/as.

Amosar interese polo asesoramento sobre temas de interese relacionados coa co

desenvolvemento dos seus fillos e fillas.

OBXECTIVOS DE CARA Á COMUNIDADE

Colaborar con outras institucións no deseño, organización e avaliación de actividades

para o lecer e tempo libre da cidadanía.

Informar, aos fabricantes que o soliciten, sobre os materiais, deseño e reaccións que

suscitan nos nenos/as os xoguetes.

Posibilitar ao conxunto da poboación infantil o acceso ao mundo do xogo e do

xoguete

Iniciar un movemento de opinión que faga que a actividade lúdica sexa unha

realidade cotiá na vida do pequeno/a.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

25

5. Fundamentación

5.1 - NORMATIVA

No ​Decreto 354/2003, do 16 de setembro, polo que se regulan as ludotecas

como centros de servizos sociais e se establecen os seus requisitos ​sinala no

artigo 5º cales deben ser os ​requisitos materiais ​(mínimos esixibles en canto á

localización do centro, número de salas segundo as idades, superficie das mesmas,

deseño de portas e ventás, servizos hixiénicos, e os xoguetes cumprirán a lexislación en

canto á seguridade), no artigo 6º os ​requisitos funcionais (​deben contar cunha póliza de

seguros, un proxecto organizativo de centro así como a permanencia máxima para os

nenos/as de dous a tres anos, que serán tres horas) e no artigo 7º os ​requisitos de

persoal das ludotecas ​(regula a proporción de nenos/as por persoas adulta así como as

titulacións mínimas do persoal traballador e outros carnés como o de manipulador/a de

alimentos). A ​Constitución Española (1978) alude no seu artigo 27º ao dereito á

educación e no artigo 44º ao dereito de todos á cultura e a ​Convención sobre os

Dereitos do neno (1989), ​o artigo 31º ​recoñece o dereito do neno/a ao descanso e o

espallamento, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade e a participar

libremente na vida cultural e nas artes.

No que respecta á seleción de xoguetes, facemos referencia ao ​Real Decreto

1205/2011, do 26 de agosto, sobre a seguridade dos xoguetes que establece as

normas de seguridade, aplicándose aos produtos ​deseñados ou previstos,

exclusivamente ou non, para ser utilizados con fins de xogo ​por nenos e nenas menores

de catorce anos, así como a libre circulación dos ​mesmos e a ​Directiva 2009/48/CEE

do Parlamento europeo e do Consello do 18 e xuño de 2009 sobre seguridade dos

xoguetes: que vela porque os xoguetes da ​Unión Europea posúan un nivel de

seguridade, referido ao nivel sonoro ou ao uso de​ ​substancias químicas.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

26

As ludotecas estarán suxeitas ao réxime de autorizacións previsto no artigo 30º

da ​Lei 4/1993, do 4 de abril, de servizos sociais ​e no capitulo II do Decreto 243/1995,

do 28 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos

servizos sociais ​no que se especifica cales son as autorizacións administrativas

previas para a súa creación, construción ou modificación industrial, así como o

correspondente permiso de inicio ou cese de actividades, segundo o artigo 6º.

En canto á seguridade da nosa empresa debemos rexirnos pola ​Lei 31/1995, do

8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais onde se establecen as normas e

prevención de riscos laborais e no referido á ​Normativa xeral referida a impostos,

normas laborais e de prevención de riscos laborais ​teremos que pagar os

establecidos segundo a normativa municipal (IBI - ​Imposto sobre Bens Inmobles​-, IAE

-​Imposto de Actividades Económicas​-, PLUSVALÍA -​Imposto sobre o Incremento de

valor dos terreos de natureza urbana​-, Licenza de Obras …

E por último, no ​II Convenio Colectivo Marco Estatal de Ocio Educativo y

Animación Sociocultural e VII Convenio Colectivo de Ensino e Formación Non

Regrada ​(BOE 102, do 29 de abril do 2011), sinala no artigo 2º que as ludotecas

poderán rexirse por este convenio por ser unha das actividades que se recollen no

apartado b).

5.2 - CIENTÍFICA

As ​ludotecas en España teñen a súa orixe, tal como sinala Reyes Ruíz de

Peralta (2012), aos inicios da democracia e “estas ludotecas dirixíronse a nenos e nenas

coa intención de ofrecer un espazo de xogo e un material lúdico consciente de que

ambos son elementos imprescindibles no desenvolvemento da infancia”.

Xogan un papel como servizo social de proximidade e como recurso para

fomentar a convivencia, a conciliación, a integración social, ​ofrecen á infancia a

posibilidade de gozar dun ocio de calidade, que permita un axeitado benestar físico e

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

27

emocional; a través de actividades variadas.

O ​obxectivo fundamental é proporcionar aos nenos/as espazos de ocio nos que

primen a diversión e o entretemento. É preciso, entón, facer referencia á importancia do

xogo na etapa de educación infantil.

O xogo é un dos recursos máis valiosos que temos para o desenvolvemento

integral das crianzas. O fundamental é que as nenas e nenos se divirtan e obteñan

pracer. A través del van adquirir novas habilidades así como novos aprendizaxes, facilita

a socialización entre iguais, permite expresar emocións tanto negativas como positivas,

facilita a integración da persoa na cultura, fomenta a creatividade e imaxinación, permite

coñecer o mundo que o rodea, adquirir una serie de valores e normas, etc.

A importancia do xogo debémoslla entre outros a ​Piaget​, ​Fröebel​, ​Dewey​,

Decroly​, ​Montessori así como na actualidade a ​Tonucci con frases como “​Xogar para

un neno é a posibilidade de recortar un anaquiño de mundo e manipulalo​”, ​“​Todas as

aprendizaxes máis importantes da vida fanse xogando​”, “​O verbo xogar só se pode

conxugar co verbo deixar​”, “​Ofrecerlles aos nenos e nenas tempo libre e a posibilidade

de escoller os espazos onde xogar​” ou “​Deberían ter poucos xoguetes pero bos​” así

como ao facer unha crítica a través das súas viñetas da maneira de entender o xogo.

Ademais tal e como sinala ​Marín ​(2009): o xogo adquire na infancia un valor

psicopedagóxico evidente. Ao xogar os nenos e nenas exteriorizan os seus medos,

angustias e preocupacións máis íntimas, a través da acción. Isto permítelles, elaborar as

súas emocións e sentimentos recreándoos coa axuda de diversos obxectos (bonecos,

animais, monstros,…) que poñen en acción ao inventar novas historias, ensaiar novos

finais ante situacións difíciles, ao poñerse na pel dos demais ou ao repetir ata a

saciedade situacións pracenteiras. O xogo pois, facilita a expresión de sentimentos,

libera tensións psíquicas e favorece un equilibrio emocional da personalidade. (pp.

235-236).

E segundo ​Garaigordobil e Fagoaga no seu libro “El juego cooperativo para

prevenir la violencia en los centros escolares. Evaluación de programas de intervención

para la educación infantil, primaria y secundaria” (2006, p. 18), o xogo é “​unha actividade

vital e indispensable para o desenvolvemento humano​”.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

28

6.​ ​Proxecto organizativo de centro.

6.1 - ​LOCALIZACIÓN E INSTALACIÓNS

A Ludoteca Axóuxere está situada na vila costeira de Cee, na provincia da

Coruña. Está emprazada no núcleo urbano do concello, na rúa Campo do Sacramento

nº7, nun local que anteriormente foi unha gardería municipal e que se atopa en desuso

dende o ano 2012. O motivo principal polo que se escolleu este local foi a súa estrutura,

xa que se axeita ao tipo de servizo que imos ofertar, así como pola proximidade do CPR

“Manuela Rial Mouzo” e do paseo marítimo e parque municipal, lugares de reunión e

xogo dos nenos e nenas da vila.

Este espazo conta cunha superficie construída de 276 m​ 2​ , repartidos nunha

planta baixa e un faiado (que usaremos de almacén), segundo os datos dispoñibles na

Sede Electrónica do Catastro (Ministerio de Facenda), tal como se observa no ​anexo III​.

Tendo en conta que este local foi unha gardería municipal ​cómpre realizar

algunhas reformas unicamente na planta baixa onde se situa a ludoteca como tal, para o

que partimos do recollido no ​Decreto 354/2003, do 16 de setembro​. O faiado podería

cumprir o labor de almacén, sen necesidade inicial de realizar reforma, xa que non será

funcional de cara ao público, e era o antigo almacén da gardería.

Considerando o citado decreto, á hora de reformar deberemos ter en conta que a

porta de entrada deberá ter como mínimo 1,20 metros e abrir en sentido de saída;

contará con aseos adaptados aos máis pequenos/as e para as persoas adultas.

As principais reformas que levaremos a cabo serán:

➔ Tirar as paredes para conseguir un espazo amplo e diáfano.

➔ Creación dos diferentes espazos: recepción, cuarto de aseo de persoas adultas,

cuarto de aseo das crianzas, sala de persoal e espazo de alimentación.

➔ Pintar as paredes de cor branca (dará sensación de limpeza e amplitude)

➔ Mellorar as instalacións eléctricas (enchufes e iluminación) e de fontanería (creación

de baños e zona de alimentación).

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

29

6.2 - DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES A OFERTAR, HORARIOS E CALENDARIO

As actividades que se levarán a cabo na Ludoteca Axóuxere serán moi variadas e

estarán baseadas segundo a distribución semanal das mesmas. Darémoslle moita

importancia ás sesións de xogo libre nos diferentes espazos e con materiais moi

variados que se complementarán con actividades puntuais máis dirixidas.

● Sesións de xogo libre. ​O xogo libre ​implica autonomía, manipular materiais

axeitados ás súas mans e ao momento de desenvolvemento no que se atopen. É

moverse guiados polo seu instinto e curiosidade. Sen rixidez. Non estruturado pero si

acompañado, xa que a figura adulta de referencia é fundamental no desenvolvmento.

Por iso, propiciaremos ambientes preparados con materiais diversos que estimulen a

súa creatividade. Encadraríanse nesta categoría actividades como as instalacións,

mesas sensoriais, messy play, xogo con pezas soltas, contos vivenciados, xogos con

luces, minimundos, xogos de construción, experimentación con materiais naturais,

reciclados e de refugallo, combinacións de arte e natureza, movemento libre con

módulos, expresión musical, xogo nos recunchos, etc. Ademais para aproveitar as

posibilidades que nos brinda o patio exterior este contará cunha zona de rocódromo,

circuíto de rodas, desniveis de terreo e troncos de madeira a diferentes alturas que

fomentarán máis se cabe o movemento libre nas crianzas. Así mesmo, as familias

poderán compartir cos nenos e nenas estes momentos de xogo libre sempre que

queiran.

● Actividades de animación á lectura: ​semanalmente propoñeremos sesións de

contacontos, nos que se empregarán ​diferentes recursos como monicreques, teatro

de sombras, visualización de contos, títeres, etc.

● Actividades de relaxación: aínda que contamos cun recuncho zen aos que as

crianzas poden ir libremente para relaxarse, realizaremos puntualmente outras

actividades que nos axuden a volver á calma como son o ioga, exercicios de

respiración,...

● Obradoiros para os nenos e nenas: como por exemplo un obradoiro de froitas de

tempada con degustación ou outro de elaboración de instrumentos musicais con

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

30

materiais reciclados e de refugallo.

● Obradoiros coas familias. ​Con carácter xeral terán lugar os sábados ou a última

hora da tarde ​entre semana, sempre suxeitos ás demandas das familias e coa

finalidade de facilitar unha maior asistencia. Así propoñeremos, por exemplo, un

obradoiro de coroas de Nadal que logo levarán para as súas casas para decorar.

● Escolas de nais e pais. ​Desenvolveranse faladoiros e charlas de diferentes

temáticas de interese relacionadas coa infancia coa colaboración de profesionais de

empresas da zona. A asistencia a estas charlas será sen crianzas mais ofrecemos o

servizo de ludoteca para que xoguen libremente mentres dure a charla.

● Saídas e excursións​ ​polo concello e concellos limítrofes.

● Visitas de centros educativos ​en horario de mañá, para dar a coñecer as

actividades que ofrecemos para os momentos de lecer.

A modo de exemplo, expoñemos unha sesión de xogo libre: ​instalación natural.

Xustificación: ​os nenos e nenas teñen esa curiosidade innata por descubrir o mundo

que os rodea, empregando os sentidos como o seu principal medio de exploración. Así

levaremos a cabo actividades onde se favoreza o descubrimento do seu mundo máis

cotiá, realizando instalacións con diferentes tipos de materiais. Unha instalación podería

definirse como unha adaptación do xogo heurístico.

Persoas destinatarias:​ ​crianzas de 2 a 6 anos.

Obxectivos:

- Empregar os sentidos na exploración dos obxectos cotiáns.

- Implicarse na exploración dos obxectos e as súas posibilidades.

- Coñecer as características dos obxectos segundo a súa natureza:pesado, lixeiro,...

- Amosar interese na experimentación cos trasvases.

- Gozar coa actividade libre.

- Relacionarse cos seus iguais.

- Amosar iniciativa na recollida de materiais.

Metodoloxía: ​previamente, distribuiremos polo espazo os elementos de xeito artístico e

en forma circular (botes de lata, culleres e elementos da natureza). Logo deixaremos

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

31

que os nenos/as manipulen e interactúen libremente cos materiais proporcionados, sen

que a persoa adulta interveña mais será o seu referente afectivo. ​O ideal é que os

nenos/as sexan os protagonistas da actividade e actúen cos elementos proporcionados

de forma libre, aproveitando as situacións que se xeran de forma espontánea: imitación,

exploración, desprazamentos,... Unha vez rematada a actividade, recolleremos entre

todos os materiais empregados levándoos ao seu lugar correspondente.

Recursos:

- Recursos humanos: dous monitores/as e os propios nenos/as.

- Recursos materiais: materiais de refugallo (botes de lata), elementos da vida cotiá

(culleres) e da natureza (pedras, paus e area).

- Recursos espaciais: sala de usos múltiples.

- Recursos temporais: 45 minutos, aproximadamente, sempre suxeito á motivación das

crianzas.

Avaliación: ​empregarase a observación directa e sistemática. Terase en conta o

interese mantido polos nenos/as, a duración da mesma, a curiosidade xerada polos

materiais e/ou elementos presentados. De igual maneira, teranse en conta os obxectivos

propostos, que serán o referente para os criterios de avaliación:

- Emprega os sentidos para explorar os obxectos.

- Amosa interese polos obxectos.

- Recoñece algunhas características dos obxectos.

- Amosa interese na experimentación cos transvases.

- Goza coa actividade libre.

- Interactúa cos seus iguais.

- Amósase creativo/a no desenvolvemento da actividade.

- Participa na recollida dos materiais

No ​anexo V ​incluímos un cronograma mensual coas actividades ofertadas.

Ademáis ofrecemos un ​servizo ​de préstamo de xoguetes que ​ten por obxecto

que os nenos e nenas empreguen xoguetes educativos, axeitados a súa idade e que

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

32

sexan capaces de estimular as súas capacidades implicando ao resto da unidade

familiar. Os xoguetes xeran nas crianzas sentimentos afectivos e relacións simbólicas o

que fai que os sintan seus. Por iso a nosa ludoteca conta cun servizo de ​préstamo

interno (que ofrece o servizo de colección aberta, é dicir; que se lle permite á persoa

usuaria o contacto directo cos xoguetes dos andeis sen ter que solicitado previamente)

e outro ​externo (cada socio da ludoteca conta cun carné co que poden facer uso do

préstamo de xoguetes, que se realizará todos os venres lectivos de 16:30 a 20:00 horas,

e levar o xoguete a súa casa durante unha semana, con posibilidade de ampliar o prazo

unha semana máis).

Á disposición das crianzas, existen máis de 500 xoguetes e/ou obxectos lúdicos,

colocados en andeis de menor a maior altura, por grupos de idade identificados por

cores: de ​2-3 anos (amarelo), de 3-4 anos (vermello), de 5-6 anos (verde) e clasificados

con parámetros do ​sistema ESAR (Garon, Filion, Doucet, 1996) ​baseado na teoría de

Piaget para establecer as necesidades e posibilidades de interacción das crianzas cos

xoguetes e xogos. Ten en conta as diferentes etapas do desenvolvemento a través de

diferentes actividades lúdicas e o seu comportamento dende o punto de vista cognitivo,

motor, social, lingüístico e afectivo. E para proporcionar un bo servizo e un adecuado

uso do material lúdico ofrecido no préstamo, ademais da ​Ficha de inscrición

personalizada ​de cada crianza, se cumprimentan unha serie de fichas e sistemas (ver

anexo IV​).

HORARIOS E CALENDARIO

O centro abre todos os meses do ano, cun​ horario de inverno ​e outro de​ verán.

● Horario de inverno: ​aberto de luns a sábado. De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

estará destinado á atención de crianzas de 2-3 anos como servizo de tempo libre e de

concicliación. Agora ben, tal e como se recolle no ​Decreto 354/2003, do 16 de

setembro no seu artigo 6º.“​Requisitos funcionais das ludotecas​“, o tempo máximo de

permanencia dos/as nenos/as de 2 a 3 anos é de tres horas ao día. Tamén se levarán

a cabo neste horario actividades puntuais como visitas de colexios e escolas infantís.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

33

Polas tardes o horario será de 16.30 a 20.30. Ademais, para ofrecer un maior servizo

aos menores e as súas familias e fomentar a participación destas en horario de tempo

de lecer abriremos os sábados de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30.

● Horario de verán: ​aberto de luns a sábado de 10.00 a 14.00 horas e estará

destinado a todas as crianzas con idades comprendidas entre os 2 e os 6 anos. Este

horario tamén se aplicará nos períodos de vacacións de Nadal, Entroido,…

6.3 - DESCRICIÓN DO PERSOAL ADSCRITO E REPARTO DE FUNCIÓNS

Tendo en conta a relación de número de persoal por usuario/as recollido no

Decreto 354/2003, do 16 de setembro​, ​na Ludoteca Axóuxere contaremos co seguinte

persoal:

● Coordinadora: ​é unha das persoas promotoras da ludoteca. Conta coa titulación de

mestra/Grao en Educación Infantil​, ​Técnica Superior en Educación Infantil e ​Monitora

de Ocio e Tempo Libre​. As súas funcións serán:

- Labores de promoción e publicidade dos servizos ofertados.

- Favorecer a presenza da empresa nas redes sociais.

- Contrastar presupostos de outros negocios similares.

- Atopar persoal cualificado e especializado.

- Mercar mobiliario e materiais axeitados e adaptados ás características dos

usuarios/as, acordes coas actividades a realizar e servizos ofrecidos.

- Levar un control sobre a calidade do mobiliario e materiais obtidos. Revisar

periodicamente.

- Atención aos nenos/as.

- Relación e colaboración coa contorna e coas familias.

- Coordinación cos monitores/as.

● Monitoras: ​serán tres. A formación mínima requirida será a de bacharelato, FP medio

con cursos de animación sociocultural. Neste caso as monitoras da nosa ludoteca

contan coa titulación de específica de ​mestras/grao en educación infantil​, ​TSEI ​e

Monitores/as de Ocio e Tempo Libre​. As súas funcións son as seguintes:

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

34

- Manter as instalacións en perfectas condicións hixiénicas.

- Planificar, desenvolver e avaliar as actividades que se van levar a cabo.

- Redactar e actualizar os documentos (programación anual e memoria).

- Ofrecer unha alimentación saudable (neste caso, petiscos e merendas) aos

usuarios/as da ludoteca.

- Levar un control sobre o préstamo da biblioteca e xoguetes.

- Actualizarse en materias de metodoloxías educativas: formación permanente.

Ademais contaremos con ​persoal substituto que será o encargado de cubrir

baixas do persoal, vacacións, e outras ausencias que poidan xurdir na ludoteca. Porén,

a longo prazo temos pensado ampliar o equipo incluíndo novo persoal.

Consideramos moi importante a formación continua para poder ofrecer sempre un

servizo de calidade, é por iso que teremos unha formación continuada e faremos unha

reciclaxe en cursos ​de prevención de riscos, primeiros auxilios e calquera outro

relacionado especificamente coas ludotecas e coa educación infantil.

O ​organigrama ​do persoal pode observarse no ​anexo VI​.

6.4 - DESCRICIÓN DOS ESPAZOS

O deseño do espazo vai ser outra liña fundamental neste proxecto. A súa

organización favorecerá o xogo creando un ambiente cálido e acolledor no que familias

e crianzas se sintan cómodas. É por iso que na ​Ludoteca Axóuxere apostamos por

espazos abertos, amplos, diáfanos, flexibles e polivalentes que permitan o xogo libre, o

libre movemento e a expresión, sempre suxeitos ás necesidades e características dos

nosos usuarios/as.

A ludoteca sitúase nun emprazamento ideal, pois conta cunha zona de xardín ao

seu arredor que nos permite vivir experiencias ao aire libre, e un amplo aparcadoiro

público que facilita o acceso as nosas instalacións. O espazo interior da ludoteca réxese

polos principais requisitos espaciais aos que se refire o ​Decreto 354/2003, do 16 de

setembro​, como que se sitúa nunha planta baixa no núcleo urbano de Cee e que conta

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

35

cunha ampla sala distribuída en recunchos de xogo, ademais doutros espazos que a

continuación detallaremos (no ​anexo VII​ amósase o plano da ludoteca):

● Recepción: cunha zona para a espera e a acollida das crianzas onde terán un

espazo delimitado para deixar as súas pertenzas (colgadoiro e casilleiro).

● Sala reservada para o persoal da ludoteca: ​cunha zona de vestiario e cuarto de

aseo para mudar a roupa comodamente, así como unha zona de reunión na cal levar

a cabo as xestións administrativas e de programación de actividades da ludoteca.

● Cuarto de aseo de persoas adultas.

● Cuarto de aseo para as crianzas: con varios lavabos e inodoros adaptados ás

idades que nos competen, e tamén unha ​zona de cambiador para as crianzas máis

pequenas que usen cueiro.

● Sala de usos múltiples: como sinalamos anteriormente, esta será unha sala ampla e

diáfana, pois as grandes fiestras coas que conta permiten que a luz natural entre a

todas horas do día. Conta con diferentes ​recunchos como o da biblioteca​, ​de

relaxación​, ​de xogo simbólico ​e o do ​misterio​. O espazo central da ludoteca é

polivalente e está destinado a acoller calquera das actividades expostas no apartado

6.2. Así mesmo, contamos cunha ​zona de alimentación ​totalmente integrada neste

espazo para a preparación do petisco de media mañá e a merenda. O mobiliario está

totalmente adaptado á altura das crianzas para que eles mesmos participen na

elaboración do menú. Neste espazo tamén se sitúa a ​zona de material (que

empregamos en cada actividade) e a ​zona de préstamo de xoguetes​ (ver ​anexo VIII​).

● Almacén:​ onde gardaremos todos os materiais a empregar nas distintas actividades.

6.5 - DESCRICIÓN DOS MATERIAIS

O equipamento e materiais da ludoteca deberán cumprir uns requisitos de

seguridade como que estean adaptados ás crianzas, que sexan funcionais e que

esteticamente cren un ambiente agradable.

En canto aos xogos e xoguetes, será imprescindible que cumpran coa normativa

referida á seguridade dos xoguetes (​Directiva 2009/48/CEE do Parlamento europeo e

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

36

do Consello do 18 de xuño de 2009 sobre seguridade dos xoguetes ​e Real Decreto

1205/2011, do 26 de agosto, sobre a seguridade dos xoguetes​) e, polo tanto deberán

contar coa marca CE de Conformidade Europea, xa que desta forma queda garantida

que estes materiais cumpren os requisitos de seguridade aos que se lle realizaron

diferentes probas.

Na nosa ludoteca favorecerase a existencia de xoguetes pouco estruturados, coa

finalidade de potenciar a imaxinación dos nenos e nenas e favorecer o xogo simbólico,

propio destas idades. Trataremos ademais, na medida do posible, de empregar

materiais que non sexan de plástico, empregando xoguetes e módulos de madeira,

inspirados na pedagoxía Waldorf e Montessori, feitos de materias primas naturais, polo

que serán xoguetes sostibles e seguros, ou co emprego de elementos naturais que

poderemos recoller na contorna.

Os xoguetes e materiais estarán expostos na ludoteca ao alcance dos nenos e

nenas para que poidan acceder a eles libremente. Terán un lugar fixo para que cada

neno e nena saiba onde os pode atopar e a onde os pode devolver e deste xeito adquirir

a noción de orde e favorecer a autonomía.

6.6 - DESCRICIÓN DAS LIÑAS PEDAGÓXICAS A SEGUIR

A nosa proposta pedagóxica inspírase en diferentes pedagoxías alternativas e

recolle o mellor de cada unha delas coa fin de brindar ás crianzas unha atención

educativa na que eles sexan os protagonistas da súa aprendizaxe a través do xogo e

das experiencias lúdicas pois o que se aprende xogando non se pode ensinar doutro

xeito.

Inspirámonos en ​métodos como ​Montessori​, que busca desenvolver o espírito

crítico nas crianzas facéndose preguntas e buscando solucións; ​Waldorf​, que se basea

en aprender xogando, desenvolvendo a imaxinación, a creatividade, a empatía...; ​Pikler​,

que busca a autonomía do neno/a baseada no movemento libre e espontáneo; ​Reggio

Emilia​, que traballa por proxectos e obradoiros creativos que potencian os talentos

naturais das crianzas; ​Acouturier​, cos espazos de psicomotricidade onde o neno/a sexa

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

37

libre xogando, experimentando e, por conseguinte, aprendendo; na ​pedagoxía do

caracol de ​Gianfranco Zavalloni​, pois cada neno e nena precisa do seu tempo, ir ao

seu ritmo, e tamén na ​pedagoxía verde ​que ​achega o medio natural ás crianzas a

través dos materiais que nos brinda a contorna.

6.7- IMPLICACIÓN E PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS E DOS AXENTES SOCIAIS

DO CONCELLO

Dado que a familia é o primeiro contexto de socialización do neno/a, non

poderíamos levar a cabo a noso labor sen contar con elas. É por iso que a Ludoteca

Axóuxere ofrece un amplo abano de situacións lúdicas e de socialización para familias a

través de actividades moi interesantes.

ACTIVIDADES INFORMATIVAS

● Reunións e charlas: nas cales explicaremos as normas, o funcionamento da

ludoteca, as actividades que imos levar a cabo,... así como para que as familias

aporten propostas e suxestións de mellora.

● Taboleiros informativos: ​con avisos e novas que poidan ser do seu interese, como

saídas e excursións, festas temáticas, escolas de nais e pais, etc. Complementarase

co uso dunha ​app gratuíta​ para que reciban todas as novas no seu teléfono móbil.

● Páxina web e blog​: para que poidan ver as actividades que facemos durante a

xornada. Para o que teremos en conta o protocolo de protección de datos.

ACTIVIDADES FORMATIVAS

● Escola de nais e pais: que versarán sobre diversos ámbitos como: saúde,

alimentación saudable, xoguetes non violentos e non sexistas, rabechas...

Charlas con profesionais de empresas da comarca (​Tasty by Irene​, ​Dafit​, ​Centro

Impulso​, etc.)

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

38

ACTIVIDADES PARTICIPATIVAS

● Sesións de xogo libre acompañando aos seus fillos e fillas

● Obradoiros

● Participación nas saídas e excursións.

● Festas temáticas.

● Preparación e organización de eventos.

● Escola de nais e pais

Así mesmo contaremos puntualmente coa axuda e asesoramento dos axentes

sociais do Concello como son a ​educadora familiar​, a ​traballadora social e os

animadores socioculturais​, cos que colaboraremos no desenvolvemento de

actividades conxuntas como os campamentos nos períodos estivais e outras como

animación á lectura ou conmemoración de diferentes datas sinaladas (25-N, 8-M, etc.).

6.8 - MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E ACCESIBILIDADE UNIVERSAL

As medidas de atención á diversidade están orientadas a responder ás

necesidades concretas dos usuario/as e á consecución dos obxectivos. O noso espazo

estará aberto ás diferentes características evolutivas, necesidades, intereses, situacións

socio-culturais, ritmos e estilos de aprendizaxe.

Tal e como se reflicte no ​Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se

regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docente da comunidade

Autónoma de Galicia nos que se imparten o ensinos establecidos na Lei organiza

2/2006 de 3 de maio de educación​, ​teremos en conta principios como: a ​inclusión​,

equidade​, ​igualdade de oportunidades​, ​flexibilidade​, ​accesibilidade​…

En todos os xogos e accións que se realicen promoveremos a coeducación do

mesmo xeito que a atención á diversidade e posibles NEAE para o que crearemos un

ambiente de respecto mutuo entre o grupo e prestaremos atención ás seguintes

barreiras que poden dificultar a súa participación:

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

39

Sociais:​ debidas á sobreprotección, medo, rechazo...

Físicas:​ que impiden ou bloquean a mobilidade.

● Sensoriais: coa presentación de información a través de diferentes modalidades

sensoriais (auditiva, táctil, visual...)

Cognitivas:​ co uso de mapas conceptuais, gráficos, rutinas de pensamento...

Estruturais: coa planificación e distribución dos espazos, emprego de rutinas, apoios

visuais...

● Comunicativas: co uso de diferentes canles comunicativas (visuais, táctiles,

pictográficos…)

6.9 - SEGURIDADE E PREVENCIÓN DE RISCOS. MEDIDAS ANTI-COVID

A prevención de riscos laborais realizarase mediante unha modalidade de

prevención asumida polo propio empresario/a. Esta modalidade é ideal cando a

empresa conta con menos de seis traballadores/as e o propio empresario/a desenvolve

a súa actividade profesional no centro de traballo. De igual maneira, esta empresa

realiza actividades que non están consideradas como perigosas. En canto á vixilancia da

saúde dos traballadores/as, esta levarase a cabo por un servizo de prevención alleo.

A continuación expóñense os diferentes riscos aos que estamos expostos/as, así

como as medidas de prevención e protección para o sector en particular.

RISCOS XERAIS

Riscos biolóxicos - Risco de contraer infeccións ou enfermidades

Factores psicosociais relacionados coas

condicións de traballo

Riscos derivados das condicións de

seguridade nos lugares de traballo

- Pouca posibilidade de promoción.

- Aumento do ritmo de traballo e a excesiva presión

do tempo.

- Insatisfacción pola organización dos horarios ou

quendas de traballo.

- Espazos insuficientes.

- Golpes contra o mobiliario e/ou caídas

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

40

RISCOS ERGONÓMICOS

Riscos derivados do traballo - Con deseño de espazos, mobiliarios, equipos e

ferramentas inadecuadas.

- Levantar e/ou transportar cargas.

- Pasar gran parte da xornada de xeonllos.

- Adoitar posturas forzadas de pescozo.

RISCOS FONIÁTRICOS

Riscos derivados de: - Esforzo realizado no desenvolvemento do seu

traballo

- Exposición a altas temperaturas e/ou cambios

bruscos.

As medidas de prevención que se levarán a cabo serán principalmente:

Medidas de seguridade das instalacións: cúmprense os requisitos materiais das

ludotecas, establecidos no ​Decreto 354/2003, do 16 de setembro​, en canto á

situación, a superficie das salas, o deseño de portas e fiestras responde a criterios de

funcionalidade e seguridade, dispón de servizos hixiénicos adaptados ás idades dos

usuarios/as, e favorecese a iluminación e ventilación natural. Cada certo tempo

realizarase unha revisión das instalacións, mobiliario, enchufes, etc. coa finalidade de

garantir a plena seguridade tanto de usuarios/as como dos traballadores/as.

Medidas hixiénicas: ao traballar con nenos/as, debemos extremar as medidas

hixiénicas (sobre todo co lavado de mans antes e despois de realizar determinadas

actividades), estar vacinados/as e manter en perfectas condicións hixiénicas o local e

os materiais empregados.

En canto aos ​riscos foniátricos teranse en conta aspectos ambientais do local como

a temperatura (entre 14 e 25ºC) e o nivel de humidade (entre o 30 e o 70%),

disporemos de auga potable co fin de hidratar a gorxa e trataremos de diminuír o

ruído ambiental naquelas situacións nas que sexa preciso falar ao grupo completo,

como por exemplo baixar a música ou pechar as fiestras para que non se escoite o

ruído da rúa. Ademais, tamén poderemos asistir a cursos para o coidado da voz.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

41

MEDIDAS ANTI-COVID

Partiremos do recollido no ​Protocolo de actuación para as escolas infantís 0-3

fronte ao coronavirus aplicable a casas niño, puntos de atención á infancia,

espazos infantís e ludotecas ​emitido pola Xunta de Galicia e que dedica o apartado 7º

á actuación concreta nas ludotecas galegas. Así mesmo, tomaremos as seguintes

medidas para minimizar ao máximo a carga viral nas nosas instalacións:

● Cuestións organizativas:

- Aforo reducido.

- Propostas e actividades en pequenos subgrupos e alternancia no uso dos distintos

espazos e materiais.

- Instalacións provistas de: alfombra hixienízante na entrada​ ;

dispensadores

automáticos de xel hidroalcólico apto para nenos/as e para todo tipo de peles en

distintos puntos da ludoteca; dispensadores de xabón con sensor; dispensadores

de papel desbotable para o secado de mans; papeleiras con tapa e pedal;

ventilación frecuente; servizo de lavandería no centro.

● Hixiene e limpeza: ​as instalacións e superficies da Ludoteca Axóuxere límpanse e

desinféctanse diariamente e varias veces ao día:

- Aspirado robotizado.

- Desinfección do chan con produtos virucidas indicados polo Ministerio de Saúde.

- Desinfección de superficies e materiais de xogo mediante vapor.

- Os uniformes do persoal lavaranse a diario na ludoteca.

- A superficie do cambiador desinfectarase despois de cada uso.

● Normas para os monitores:

- Non acudirán ao traballo con temperatura superior ​a 37.5ºC ou se tiveron contacto

cun positivo.

- Uso obrigatorio de máscara cirúrxica ou ffp2.

- Manterán 1,5 metros de seguridade entre os demais traballadores.

- Rexistrarán dixitalmente a súa temperatura corporal á entrada e saída do centro.

- Empregarán roupa de traballo e calzado de uso exclusivo do centro. Recoméndase

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

42

o uso de calcetíns antideslizantes.

- Lavado e desinfección frecuente de mans.

● Normas para os nenos e nenas:

- Os nenos e nenas con temperatura superior a 37.5ºC, tose ou síntomas

respiratorios non poderán acudir ás instalacións.

- Á entrada da ludoteca quitarán os seus zapatos e desprazaranse polo espazo en

calcetíns ou zapatillas.

- Será recomendable o uso da máscara a partir dos 3 anos, mais non obrigatorio.

- Favoreceremos o lavado de mans con auga e xabón despois de cada actividade e

antes do petisco e a merenda.

● Medidas relativas ás familias:

- Tomarán a temperatura dos nenos/as na casa antes de traelos á ludoteca.

- A entrega e recollida das crianzas realizarase por unha soa persoa que virá

debidamente protexida e manterá en todo momento a distancia de seguridade co

persoal e outros usuarios/as.

- Permanecerán na entrada e non entrarán na ludoteca, excepto por autorización

expresa das monitoras.

- A comunicación coas familias realizarase a través da App.

- Ao inicio do servizo asinarán unha ​Declaración Responsable na cal se comprometen

a cumprir as normas das cales foron informados previamente.

6.10 - PLAN DE CONTROL DE CALIDADE: AVALIACIÓN E SEGUIMENTO INTERNOS

A Ludoteca Axóuxere entende a avaliación como un instrumento regulador,

orientador e autocorrector, co fin de obter información sobre o proceso, ademais de ser

unha fonte de valoración e toma de decisións encamiñadas á mellora.

A avaliación será ​integral e ​continua​, avaliando o proxecto en conxunto, a organización

e o funcionamento do mesmo dando resposta a tres cuestións

QUE AVALIAR?

O principal obxecto de avaliación será a viabilidade do proxecto, no referido á

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

43

demanda, á prestación de servizos e á satisfacción da clientela.

CANDO AVALIAR?

Na avaliación existen tres momentos fundamentais, que son os seguintes:

Avaliación inicial: realizamos unha análise da realidade e do contexto onde se vai

levar a cabo o proxecto (apartado 3.1) tendo en conta as demandas e as necesidades

existentes (apartado 3.2). Así mesmo realizaremos unha análise DAFO (apartado 3.3)

no que se estudan diferentes aspectos como as debilidades, ameazas, fortalezas e

oportunidades do negocio.

Avaliación continua: no transcurso do proxecto observaranse aspectos como a

demanda de servizos e o desenvolvemento das actividades, así como a satisfacción

dos usuarios/as.

Avaliación final: ao ter en conta o grao de consecución dos obxectivos e a cobertura

da demanda existente, extraeranse unhas conclusións que permitan determinar a

viabilidade do proxecto.

COMO AVALIAR?

Empregaranse diferentes técnicas e instrumentos para avaliar este proxecto:

- Observación directa e sistemática: no referente ás crianzas, esta será a principal

técnica de avaliación, para o que teremos en conta as características propias da

etapa de educación infantil.

- Reunións de equipo: realizaranse reunións periódicas onde analizaremos a

viabilidade de certas actividades, expresaremos opinións e comentaremos as posibles

necesidades ou melloras que poidan ir xurdindo.

- Cuestionarios e/ou entrevistas: ​ofreceránselle ás familias cuestionarios ou

realizaranse entrevistas onde poidan expresar a súa opinión sobre os servizos

prestados e o seu nivel de satisfacción, acerca das actividades realizadas, e onde

poder dar suxestións acerca da actividade (ver ​anexo VIII​).

Os ​indicadores de avaliación​ do proxecto son os que se presentan de seguido:

Tense en conta a idade dos nenos/as para a proposta de actividades lúdicas.

Propóñense actividades variadas e innovadoras.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

44

As actividades propostas contribúen á consecución dos obxectivos.

En canto aos materiais, son…:

- Motivadores

- Apropiados e seguros

- Non sexistas

- Atractivos

- Suficientes

- Adecuados á idade

O espazo está organizado correctamente.

O espazo é seguro para os usuarios/as.

O espazo é seguro para as persoas traballadoras.

A organización do espazo satisfai as necesidades de movemento e experimentación.

Téñense en conta os ritmos individuais e de grupo.

● A organización do espazo responde ás necesidades de movemento e

experimentación.

A organización do tempo é adecuada ás idades dos nenos/as e ás súas necesidades.

Favorecense as relacións entre iguais e coas persoas adultas.

A organización temporal é flexible.

Outórgaselle grande importancia ao xogo.

Téñense en conta os beneficios que nos achega o xogo.

Fomentanse actitudes e valores sobre o coidado do medio ambiente.

Trátase correctamente a igualdade de xénero e a coeducación.

Valórase o traballo en equipo.

Refórzase a autonomía dos nenos/as.

Favorécense hábitos saudables en canto á alimentación.

Poténcianse as actividades motoras.

Implícase ás familias na realización de actividades e obradoiros, así como na

participación en saídas ou Escolas de pais e nais.

Recíclanse os residuos xerados.

Facemos un consumo mínimo de certos recursos, como por exemplo, o plástico.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

45

Favorécese a luz e ventilación natural.

Cúmprense coas medidas anti-covid.

PROPOSTAS DE MELLORA E PERSPECTIVA DE FUTURO

Con vistas a un futuro, a medio ou longo prazo, hai unha serie de melloras do

proxecto a considerar que, ao comezo, non se contemplaron. Estas son as seguintes:

Dotar a ludoteca de máis materiais.

● Ampliar a oferta de actividades nun rango de idade maior (6-12).

Contratar persoal especializado para ofrecer outro tipo de actividades, por exemplo

noutras linguas: inglés, francés...

Realizar actividades en colaboración con outras empresas do concello de Cee, como

por exemplo: rutas de sendeirismo, xincanas, festivais, etc.

Organizar e desenvolver os campamentos de vacacións de Nadal, Entroido, Semana

Santa e Verán dos concellos da comarca de Fisterra.

Realizar servizos de “ludoteca ambulante” para chegar a pequenas aldeas máis

afastadas ofrecendo cursos, charlas e obradoiros para todas as idades.

7. Plan de marketin: servizos, prezo e promoción

SERVIZOS

Os servizos que ofrece a Ludoteca Axóuxere son os seguintes:

Amplo horario de atención aos usuarios/as.

Servizo de petiscos e merenda saudables.

Amplas instalacións.

Sesións de xogo libre para toda a familia

Préstamo de xoguetes.

Escolas de nais e de pais.

Saídas e excursións.

Actividades en familia

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

46

Visitas escolares....

PREZO

Ademais, se temos en consideración que o proxecto empresarial é de novo

lanzamento, establecerase primeiramente un prezo de atracción. Este consistirá en

ofrecer baixos prezos ao principio da actividade (o primeiro ano) e con fins de

promoción. Compensaremos as posibles perdas coa captación de clientes e coa

posterior suba dos prezos, que non será moi elevada para procurar manter á clientela

interesada.

Por outra banda, estableceranse as seguintes categorías de prezos:

Paquetes de servizos​, que por separado serían máis caros.

- Paquetes temporais (quincenais, mensuais). Estes paquetes son especiais para

usuarios/as que acoden durante quince días ou un mes de xeito ininterrompido, o

cal lles sae máis económico que se fose por horas ou actividades concretas.

- Paquetes de alimentación (inclúen os petiscos e/ou merenda). Favorecerase

unha alimentación saudable cunha dieta variada.

Por horas: ​segundo a necesidade e/ou demanda do usuario/a.

Por actividades concretas: posibilidade de acudir á celebración de actividades

específicas que poidan interesar aos nenos/as e/ou ás familias.

PROMOCIÓN

Co fin de dar a coñecer a nosa ludoteca, creamos un nome e un logotipo que se

relacionase co servizo que imos ofrecer. O nome fai referencia a un dos conceptos

fundamentais deste proxecto: o xogo e o xogo a través dos xoguetes. O ​axóuxere é

considerado como un dos xoguetes máis lonxevos de todos os tempos e ademais é un

dos primeiros xoguetes da infancia.

A imaxe corporativa da nosa ludoteca é o noso sinal de identidade, pois transmite

a nosa filosofía, cultura, personalidade e identidade a través da calidez do seu deseño

así como das súas cores en tons claros e cálidos. Con isto pretendemos que os nosos

usuarios e usuarias perciban este espazo como un espazo familiar de acollida no cal se

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

47

sintan cómodos e se divirtan aprendendo.

Tendo en conta o ámbito xeográfico no que se atopa a empresa así como as

costumes da clientela, empregaranse canles persoais, outorgándolle grande importancia

ao “boca a boca”. Tamén se realizarán eventos de promoción, reparto de trípticos

informativos, colgaranse folletos en diferentes establecementos e lugares do concello,

anuncios en prensa e radio, abriranse perfís en redes sociais (​Facebook e ​Instagram​) e

crearase un blog, onde se realizarán diferentes publicacións coas promocións e ofertas,

ademais de amosar as diferentes actividades que se levan a cabo (ver​ anexo X​).

Así mesmo, o establecemento de prezos de lanzamento tamén será unha

estratexia de promoción, a cal será de curta duración.

8. Plan económico financeiro

8.1 - FORMA XURÍDICA E PLANIFICACIÓN DA POSTA EN MARCHA

A ​forma xurídica ​da nosa empresa é a de ​Sociedade Limitada Nova Empresa

(SLNE) porque teremos os trámites necesarios máis simplificados, o capital social

mínimo non é moi elevado (a partir de 3.000 euros), gozamos de vantaxes fiscais para

superar os primeiros anos da nosa actividade, ademais de poder deducir un 15% das

cantidades depositadas en contas aforro para a constitución da sociedade, cun límite de

9.000 euros. Ademais imos ter a vantaxe como SLNE de non ter que efectuar pagos

fraccionados no imposto de sociedades. Con este tipo de forma xurídica a

responsabilidade ante as débedas sociais é limitada.

A ​denominación social é o nome dunha das persoas promotoras, acompañado

das siglas SLNE.

En canto á posta en marcha da empresa, no ​anexo XI obsérvase de xeito

esquematizado os trámites que imos levar a cabo: ​trámites de constitución (unha das

vantaxes que nos ofrece esta forma xurídica é a de poder facelos de xeito telemático a

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

48

través da páxina web​:

http://www.ipyme.org/es-ES/CreacionTelematica/Paginas/CIRCE.aspx​) e ​trámites de

posta en marcha​.

Ademais, tomando como referencia o ​Decreto 354/2003, do 16 de setembro​, a

Ludoteca Axóuxere ten que realizar unha serie de trámites, como son:

Seguro de responsabilidade civil: co obxectivo de garantir a cobertura das

indemnizacións aos usuarios/as e sinistros do edificio, que se realizará cunha

compañía aseguradora.

Solicitude de autorización das ludotecas como centros de servizos sociais que

estarán suxeitas ao réxime de autorización previsto no artigo 30º da ​Lei 4/1993, do

14 de abril, de servizos sociais e o ​Decreto 243/1995, do 28 de xullo, polo que se

regula o réxime de autorización e acreditación dos servizos sociais co obxectivo

de obter autorización administrativa previa para a súa creación, construción ou

modificación substancial; permiso de inicio ou cese de actividade; e acreditación.

Realízase ante a Xunta de Galicia de forma telemática.

8.2 - PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS

Considérase ​investimento todo aquel desembolso de capital coa finalidade de

adquirir un ben, que será usado pola empresa e que non será vendido. Polo tanto, para

levar a cabo o proxecto da ludoteca haberá que ​investir​ nos seguintes elementos:

CONCEPTO

TOTAL ​(IVE incluído)

Acondicionamento do local 14.840 €

Mobiliario e decoración 4.200 €

Equipamento 9.280 €

Equipo informático (ordenador e dispositivos necesarios) 1.514 €

TOTAL 29.834 €

Na partida de ​mobiliario recóllese a adquisición de mesas e cadeiras, andeis

armarios... Dentro da partida ​equipamento estaría o importe da compra de libros,

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

49

xoguetes e diversos materiais para a realización de traballos manuais ou outras

actividades culturais, recreativas ou deportivas, que son necesarios para poder iniciar a

actividade. Na inversión de ​acondicionamento do local recóllese o gasto das obras

necesarias para poder prestar o servizo segundo o ​Decreto 354/2003, do 16 de

setembro​, o deseño das portas e das fiestras responderá a criterios de funcionalidade e

seguridade, e os servizos hixiénicos deben ser adecuados á idade das crianzas. Tamén

deberá contar cun cuarto de aseo, dous inodoros e dous lavabos, como mínimo.

Cálculo de amortizacións

INVESTIMENTO PREZO ANOS DE

AMORTIZACIÓN

COTA ANUAL DE

AMORTIZACIÓN

Acondicionamento

das instalacións

Mobiliario e

decoración

14.840 € 15 989,33 €

4.200 € 10 420 €

Equipamento 9.280 € 6 1.547,66 €

Equipo informático 1.514 € 5 302,80 €

TOTAL 3.259,79 €

Como ​gastos iniciais​, que só se terán que realizar durante o primeiro ano e que

non se amortizan, teremos:

Gastos de constitución da empresa 526 €

Fianzas 1.000 €

Stock inicial funxible 3.100 €

Adaptación medidas Anti Covid 1.500 €

TOTAL: 6.126 €

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

50

Gastos mensuais

CONCEPTO

TOTAL

Alugamento 500 €

Subministración (auga, luz, teléfono, internet) 204 €

Gastos persoal

Retribucións 1.315,13 €

Seguridade Social 463,62 €

1.778,75 €

Medidas Anti-Covid (máscaras, xel hidroalcólico…) 275 €

Publicidade 20,83 €

Servizo de petiscos e merendas 80,90 €

TOTAL GASTOS / MES 2.859,48 €

Meses que imos cubrir co ​fondo de manobra ​serían 3 polo que resultaría​ 8.578,44 €.

Gastos anuais

CONCEPTO

TOTAL

Alugamento do local 6.000 €

Subministración (auga, luz, teléfono, internet) 2.250 €

Gastos persoal

Retribucións 15.781,56 €

Seguridade Social 5.563,44 €

21.345,00 €

Gasto Medidas Anti-Covid 3.300 €

Publicidade 450 €

Servizo de petiscos e merendas 970,80 €

Material funxible 3.600 €

Seguros 850 €

Amortizacións * 3.259,79 €

TOTAL GASTO ANUAL 42.025,59€

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

51

8.3 - PLAN DE FINANCIAMENTO

As liñas de financiamento desde proxecto serán principalmente de

financiamento propio ou interno (autofinanciamento). Neste proxecto as persoas

promotoras achegarán unha cantidade dun capital de 14.000 € cada unha, para iniciar o

proxecto empresarial. Ademais contaremos con ​financiamento externo​ como:

● Capitalización por desemprego​. Ao ser unha sociedade mercantil podemos obter o

100% do importe da prestación que nos falte por percibir e que dedicaremos á

apartación do capital, gastos de constitución e posta en funcionamento da mesma

(alta da subministración, os tres primeiros meses de alugamento,...) ao pago de taxas

e tributos.

● Tarifa plana autónomos​ coas seguintes reducións:

- Primeiros 12 meses: cota de 60 €

- Meses 13 a 18: cota de 141,65 €

- Meses 19 a 24: cota de 198,31 €

Programa Emega para o apoio do emprendemento feminino da Secretaría Xeral de

Igualdade coas seguintes liñas:

➔ Liña Emprende:​ incentivos desde 8.000 € ata 20.000 €.

➔ Liña Innova: ​incentivos desde 12.000 € ata 20.000 €.

➔ Liña Activa:​ incentivos desde 6.000 € ata 15.000 €.

➔ Liña ITEF:​ incentivos desde 16.000 € ata 40.000 €.

➔ Axuda complementaria Concilia:

- Concilia - promotoras: incentivo de 3.000 €.

- Concilia - persoas traballadoras por conta allea: incentivos de 1.000€ a 5.000€.

8.4 - PREVISIÓN DE INGRESOS

Os prezos establecidos para os servizos prestados pola Ludoteca Axóuxere

poden observarse no seguinte cadro:

1 hora 4 €

Toda a tarde 7 €

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

52

Toda a tarde + merenda 10 €

Merenda 3 €

Se estimamos que asistan 16 nenos/as por día nun mes quedaría:

1 hora:​ 16 x 20 x 4= 1.280€

Toda a tarde:​ 16 x 20 x 7= 2.240 €

Toda a tarde máis merenda: ​16 x 20 x 10= 3.200 €

PAQUETES

SERVIZOS LUDOTECA

Quincenal: 90 €

Mensual: 150 €

Se estimamos que asistan 10 nenos/as por

día:

PQ: 10 x 90 x 2 = 1.800 €

PM: 10 x 150 = 1.500 €

SERVIZOS LUDOTECA + MERENDA

Quincenal: 120 €

Mensual: 260 €

Se estimamos que asistan 15 nenos/as por

día:

PQ: 15 X 150 X 2 = 4.500 €

PM: 15 X 260 = 3.900 €

ATENCIÓN DIURNA 2 - 3 ANOS

TARIFAS

PREZOS

1 hora 4 €

Toda a mañá (máx. 3 horas) 10 €

Toda a mañá + petisco 12 €

BONOS

Bono dunha quincena + petisco 80 €

Bono dun mes + petisco 155 €

Se estimamos que teremos unha asistencia de 10 nenos/as día, durante 1 mes de luns a

venres, cos bonos teríamos os seguintes exemplos:

Bono quincenal: ​10 x 80 x 2= 1.600 €

Bono mensual: ​10 x 155= 1.550 €

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

53

● Obradoiros: ​8 € /neno/a (o prezo inclúe material). Realizaremos dous obradoiros

cada semana cun máximo de 25 nenos/as por obradoiro.

Exemplo: 8 € x 25 nenos x 8 obradoiros/mes = 1.600 €

● Actividades para nais e pais: ​15 €/persoa adulta. A asistencia máxima a estas

actividades será de 20 persoas adultas, e realizarémolas semanalmente os sábados

pola mañá ou pola tarde e en función da demanda.

Exemplo: 15 € x 20 persoas adultas x 2 sábados ao mes = 600 €

8.5 - DETERMINACIÓN DA VIABILIDADE ECONÓMICA

Se temos en conta os datos achegados nos apartados anteriores, pódese

concluír que a empresa será viable tanto económica como financeiramente.

A ​viabilidade financeira é a capacidade para obter fondos necesarios coa

finalidade de satisfacer os seus requisitos a curto, medio e longo prazo. Os gastos

anuais previstos estímanse nun total de 42.025,59 € cifra á que lle hai que engadir 6.126

€ de gastos iniciais do primeiro ano, sumando un total de 48.151,59 €.

A ​viabilidade económica relaciónase cos recursos financeiros existentes para

poñer en marcha un proxecto e coas ganancias que se esperan obter. Unha vez

analizada a inversión, compróbase que os gastos estimados son de 42.025,59 € anuais,

e durante o primeiro ano de actividade os ingresos son 124.176 € e no segundo

ascenderían a 136.239 €. No ​anexo XII presentamos unha táboa coa previsión de

ingresos e gastos para os cinco primeiros anos así como o beneficio previsto. Como se

pode comprobar, a viabilidade do primeiro, segundo, terceiro, cuarto e quinto ano, é

positiva, xa que a cifra final (ingresos menos gastos) non presentan números negativos.

Os ​beneficios distribuiranse entre as socias, porque así o temos acordado, en

función das nosas funcións, ademais pagarase a RETA e deixarase un 10% como

reserva que pasará a formar parte dos fondos propios que gardaremos pola incertidume

do futuro e para poder facer fronte a gastos imprevistos.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

54

RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

A nosa empresa asume as consecuencias da súa actividade cando nos

centramosos no ​respecto polo medio ambiente con medidas de aforro enerxético (luz,

auga...) ao evitar na medida do posible o uso de plásticos, ao reciclar, ao reutilizar,...;

na ​responsabilidade comunitaria​, cando contribuimos ao desenvolvemento positivo da

comarca onde estamos situadas: utilizamos o comercio xusto, facemos recolectas de

alimentos para as familias máis vulnerables, descontos para colectivos desfavorecidos,

contratamos a persoas con dificultades de acceso ao mercado laboral.

Responsabilidade respecto ao mercado​, ao ofrecer servizos de calidade, implicamos

as familias, realizamos enquisas periódicas, etc. así como a ​responsabilidade cara ao

traballo​, con medidas encamiñadas á conciliación familiar, ofrecer cursos de formación,

trato cordial, etc. coas persoas empregadas.

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

55

9. Bibliografía

1. ALFONSO GARCÍA-JOSUÉ LLUL (​2009). El juego infantil y su metodología​. Editorial

Editex. Madrid.

2. DE BORJA Y SOLÉ, M. (2000). ​Las ludotecas. Instituciones de juego. ​Octaedro.

Barcelona.

3. DE BORJA Y SOLÉ, M. (1982). ​Ludotecas, elementos y espacios para el juego en

común​. Autor. Barcelona.

4. FERNÁNDEZ, J. L. (2011) ​Ludotecas: conceptos y claves para su creación y gestión.

Aenor. Madrid.

5. FREIRE, H. (2013) ​Educar en verde: Ideas para acercar a los niños y niñas a la

naturaleza​. Graó Barcelona.

6. GARAIGORDOBIL, M E FAGOAGA,J.M. (2006) ​El juego cooperativo para prevenir la

violencia en los centros escolares: evaluación de programas de intervención para la

educación infantil, primaria y secundaria​. Ministerio de Educación y Ciencia,

Subdirección General de Información y Publicaciones. Madrid

7. LÓPEZ MATALLANA, M EVILLEGAS, J. (1995). ​Organización y animación de

Ludotecas​. Editorial CCS. Madrid.

8. REYES RUÍZ DE PERALTA, N. (2012). ​Las Ludotecas: Orígenes, modelos

educativos y nuevos espacios de socialización infantil​. Tesis doctoral. Universidad de

Granada.

9. TONUCCI, F. (1994). ​La soledad del niño. ​Barcanova. Barcelona.

10. TRILLA, J. Y PUIG, J. M. (2000). ​Pedagogía del Ocio​. Laertes. Barcelona.

11. ZAVALLONI G. (2011) ​La pedagogía del caracol. Por una escuela lenta y no

violenta​. Graó Barcelona.

LEXISLACIÓN

1. Constitución Española​. Boletín Oficial do Estado, 29 de decembro de 1978, núm.

311, pp. 29313 a 29424 [consultado o 20 de outubro 2020]. Dispoñible en:

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

56

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1978-31229

2. Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación​. Boletín Oficial do Estado, 4 de

maio de 2006, núm. 106, pp.17158 a 17207 [consultado o 20 de outubro 2020].

Dispoñible

en:

https://www.boe.es/buscar/pdf/2006/BOE-A-2006-7899-consolidado.pdf

3. Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa​.

Boletín Oficial do Estado, de 10 de decembro de 2013, núm. 295, pp.97858 a 97921

[consultado o 20 de outubro 2020]. Dispoñible en:

https://www.boe.es/eli/es/lo/2013/12/09/8/con

4. Decreto 354/2003, do 16 de setembro, polo que se regulan as ludotecas como

centros de servizos sociais e se establecen os seus requisitos​. Diario Oficial de

Galicia, 26 de setembro de 2003, núm. 187, pp. 12093 a 12096 [consultado o 20 de

outubro 2020]. Dispoñible en:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2003/20030926/Anuncio19C3E_es.html

5. Directiva 2009/48/CEE do Parlamento europeo e do Consello do 18 de xuño de

2009 sobre seguridade dos xoguetes​. Diario Oficial da Unión Europea, L 170, 30 de

xuño de 2009, ​[consultado o 20 de outubro 2020]. Dispoñible en:

https://eur-lex.europa.eu/legal-content/ES/ALL/?uri=CELEX%3A32009L0048

6. I​nstrumento de Ratificación da Convención sobre os Dereitos do Neno,

adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989.

Boletín Oficial do Estado, 31 de decembro de 1990, núm. 313, pp. 38897 a 38904

[consultado o 20 de outubro 2020]. Dispoñible en:

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-1990-31312

PÁXINAS WEB

1. CONCELLO DE CEE [Consultado o 20 de outubro 2020]. Dispoñible en:

https://cee.gal/es/

2. DEL CAZ, Á. (2020). ​Yoga infantil: la unión del juego y relajación​. ​Guía infantil​.

[Consultado o ​3 de novembro 2020]​. Dispoñible en:

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

57

https://www.guiainfantil.com/1470/yoga-infantil-la-union-de-juego-y-relajacion.html

3. DIPUTACIÓN DE GRANADA (2007). Plan de negocio, LUDOTECA. Sector de

Servicios Comunitarios. [Consultado o ​9 de novembro 2020]​. Dispoñible

en:​https://www.granadaempresas.es/wp-content/uploads/2017/03/ludoteca-0.pdf

4. INSTITUTO GALEGO DE ESTADÍSTICA. [Consultado o 22 de outubro 2020].

Dispoñible en:​ ​https://www.ige.eu/web/index.jsp?paxina=001&idioma=gl

5. IGAPE (2014). Guías de actividade empresarial. Ludoteca. [Consultado o 20 de

outubro 2020]. Dispoñible en:

http://www.igape.es/images/crear-unha-empresa/GuiasActividade/Ludoteca_cas.pdf

6. MARÍN, I. (2009). Jugar, una necesidad y un derecho. Aloma: Revista de Psicologia,

Ciències de l’Educació i de l’Esport , (25), 233-249. ​. ​[Consultado o 23 de outubro

2020]. Dispoñible en:​ ​http://www.raco.cat/index.php/Aloma

7. XOGUETES WARDOLF. ​VeoBio. Lo natural es jugar​. [Consultado o 21 de outubro

2020]. Dispoñible en:​ ​https://www.veobio.es/tienda/176-juguetes-waldorf

8. XOGO DESORDENADO [Consultado o 21 de outubro 2020]. Dispoñible en:

https://messyplaykits.com/

9. XOGUETES ADAPTADOS PARA TODOS OS TIPOS DE DISCAPACIDADE.

[Consultado o 21 de outubro 2020]. Dispoñible en:​ ​https://www.hoptoys.es/

10. VIVET, P. (2010). El juego y la importancia de su relación con la afectividad y el

aprendizaje de los niños. Educ.ar. El portal educativo​. ​[Consultado o 4 de novembro

2020]​. Dispoñible en:

www.portal.educ.ar/debates/eid/docenteshoy/debates/el-juego-y-la-importancia-de-s.p

hp

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

58

10. Anexos

1. Currículum vitae da​s promotoras

2. Enquisa e resultados das necesidades e demandas da comunidade

3. Información sobre o local

4. Préstamo de xoguetes: sistema ESAR. Fichas e sistemas de rexistro

5. Cronograma mensual de actividades

6. Organigrama do persoal

7. Plano da ludoteca

8. Recunchos

9. Enquisa de satisfacción para as familias

10.Promoción e publicidade da empresa

11.Trámites de constitución e posta en marcha

12.Táboa previsión de ingresos e gastos

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

59

ANEXO I.​ CURRÍCULUM VITAE DAS PROMOTORAS

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

60

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

61

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

62

ANEXO II.​ ENQUISA E RESULTADOS DE NECESIDADES/DEMANDAS

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

63

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

64

ANEXO III.​ INFORMACIÓN SOBRE O LOCAL

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

65

ANEXO IV. ​PRÉSTAMO DE XOGUETES: SISTEMA ESAR. REXISTRO

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

66

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

67

ANEXO V.​ CRONOGRAMA DE ACTIVIDADES

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

68

ANEXO VI.​ ORGANIGRAMA

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

69

ANEXO VII. ​PLANO DA LUDOTECA

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

70

ANEXO VIII.​ RECUNCHOS

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

71

ANEXO IX. ​ENQUISA DE SATISFACCIÓN FAMILIAS

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

72

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

73

ANEXO X. ​PROMOCIÓN E PUBLICIDADE DA EMPRESA

Tríptico información da ludoteca

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

74

Anuncios en Redes Sociais

Tarxeta de visita

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

75

ANEXO XI. ​TRÁMITES

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTE ALTO

Decembro 2020

76

ANEXO XII.​ TÁBOA PREVISIÓN DE INGRESOS E GASTOS

[Allo, C., Lago, P., Ramírez, R., 2020​]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!