11.01.2013 Views

ADIVIÑAS RECOMPILADAS NA ZONA DE AGUALADA.pdf

ADIVIÑAS RECOMPILADAS NA ZONA DE AGUALADA.pdf

ADIVIÑAS RECOMPILADAS NA ZONA DE AGUALADA.pdf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

B.-Adiviñas

1

¡Ai que non sae!

¡que non dá saído!

Raña que raña estou

e non dá fuxido

2

¡Que limpa é a xente

que come do meu cu

e caga do meu dente!

3

¿Cal é a cousa cal é

que canto máis se mira

menos se ve?

4

¿Cal é o bicho curioso

que salta polas montañas

e para non ser cazado

camúflase con moita maña?

5

¿Que animal de bo olfacto,

cazador dentro da casa,

todo recuncho repasa e lambe,

se atopa, un prato?

6

¿Que animaliño,

moi pequeniño

que ten moitas patas

e ningún peíño?

7

¿Que cousa ,

cousiña é

que canto máis se mira,

menos se ve?

8

¿Que cousa cousiña é

que de noite se fai

e de día se le?

9

¿Que cousa cousiña é

que se ve nun minuto,

nunha semana e nun mes

e nun ano non se ve?

10

¿Que cousa cousiña

para adiviñar é

que canto máis se anda

máis grande é?

11

¿Que cousa cousiña será

que cando ten fame medra

e cando está chea engrúñase?

ADIVIÑAS

12

¿Que cousa cousiña será

que canto máis come

máis delgada está?

13

¿Que cousa de adiviñar é

que antes de selo xa é?

14

¿Que cousa de adiviñar é

que canto máis lle sacan

máis grande é?

15

¿Que cousa de adiviñar é

que primeiro anda a catro patas,

despois a dúas e logo a

16

¿Que cousa de adiviñar é

que unha vella con un dente

chame a toda a súa xente?

17

¿Que cousa é cousa

que pousa no monte

e bebe na fonte?

18

¿Que cousa é cousa

que se a tiras de ben alto no chan,

non rompe nin fai ruído?

19

¿Que cousa é cousa

que vai por unha corredoira

e ao chegar ao cabo estoupa?

20

¿Que cousa é cousa

que vén da praza,

chega á casa

e come contigo á mesa?

21

¿Que cousa é cousa

que vén pola porta

e marcha pola ventá?

22

¿Que cousa é cousa,

que asubía sen boca,

corre sen pés,

pégache na cara

e ti non o ves?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

23

¿Que cousa é

que asubía sen boca,

corre sen pés,

pégache na boca

e ti non o ves?

24

¿Que cousa é

que cando vai para o monte

os cornos ollan para a casa

e cando vai para o casa

ollan para o monte?

25

¿Que cousa é

que cando vai para o monte

vai cheo

e cando vén para a casa

vén baleira?

26

¿Que cousa é

que vai para o monte calada

e chega ao monte e peta?

27

¿Que cousa é,

adiviña ti

que nace na terra

e máis ten nariz?

28

¿Que cousa que cousa é

que cun so dente

chama pola xente?

29

¿Que cousa será

que está toda a noite a andar

e cando chega o día

segue andando igual?

30

¿Que cousa tes que gardar

despois que a acabas de dar?

31

¿Que cousa, cousa é

que asubía sen boca

e corre sen pés,

pégache na cara

e ti non o ves?

32

¿Que cousa, cousa é

que canto máis grande é

menos se ve?

33

¿Que cousa, cousa é

que voa sen ter ás

e corre sen ter pés?

ADIVIÑAS

34

¿Que cousa, cousiña é

para adiviñar é

que de verán está cuberta

e de inverno descuberta?

35

¿Que cousa, cousiña é

que come pola cabeza,

caga polos ombreiros

e bebe polos pés?.

36

¿Que cousa, cousiña é

que vai por unha corredoira escura

e chega á porta e brúa?

37

¿Que cousa, cousiña

para adiviñar é

que de día durme

e de noite está de pé?

38

¿Que cousa, cousiña

será que canto máis come,

máis delgada está ?

39

¿Que cousa, cousiña será

que vai no pulso

e non deixa de andar?

40

¿Que cousas cousa é

que cando vai para o monte

vai encartado

e cando vén para a

casa vén estricado?

41

¿Que cousas, cousa é

que coa súa risada,

perdeu unha anada?

42

¿Que cousas, cousiña será

que canto máis seca

máis mollada está?

43

¿Que é un boi bravo

que anda por detrás do valado;

nin home nacido nin por nacer

el só na corte é capaz de meter?

44

¿Que é un cabalo branco

espetado nun campo,

ferrado dun pé

e cabalo non é?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

45

¿Que é un cousa, cousa,

cousa, cousa, cousiña;

se lle tiran polo rabo

corre como unha donosiña?.

46

¿Que é unha cousa

espetada nun campo;

ferrada dun pé,

e cabalo non é?.

47

¿Que é unha cousa

colgada dun pao,

ferrada dun pé

e cabalo non é?

48

¿Que é unha cousa

criada na carballeira

que cando vén para a casa

hai máis choros que alegría?

49

¿Que é unha cousa

espetada nun campo

e ten o cu branco?

50

¿Que é unha cousa

espetada nun campo

ferrada dun pé

que besta non é?

51

¿Que é unha cousa

espetada nun campo,

ferrada dun pé

e cabalo non é?.

52

¿Que é unha cousa

metida nun cubilete,

que non se come con culler

nin o garfo se lle mete?

53

¿Que é unha cousa

que aínda que quente ben o sol

está mollada?

54

¿Que é unha cousa

que anda de burato en burato

coas tripas arrastro?

55

¿Que é unha cousa

que anda e anda

e nunca o río pasa?

ADIVIÑAS

56

¿Que é unha cousa

que anda e anda

e nunca sae do sitio?.

57

¿Que é unha cousa

que anda e que anda

e ao fin dá co dono?

58

¿Que é unha cousa

que bebe polos pés,

come pola cabeza

e caga polos ombreiros?

59

¿Que é unha cousa

que come e come e,

á noite, acóchase coas tripas

60

¿Que é unha cousa

que come no monte,

bebe na fonte,

baila na casa como unha rapaza?

61

¿Que é unha cousa

que come pola cabeza

caga polos ombreiros

e bebe polos pés?.

62

¿Que é unha cousa

que entra por un cristal

e non o rompe nin o mancha?

63

¿Que é unha cousa

que fura e fura

e leva as tripas arrastro?

64

¿Que é unha cousa

que nace na chousa

e baila na casa?

65

¿Que é unha cousa

que nace na chousa,

ferrada un pé

e cabalo non é ?

66

¿Que é unha cousa

que nace na devesa

e baila na artesa?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

67

¿Que é unha cousa

que nace na devesa

e vén bailar,

enriba da artesa?

68

¿Que é unha cousa

que nace na fraga

e vén facer chorar

aos da casa?

69

¿Que é unha cousa

que onte estaba na devesa

e hoxe peneira na artesa?

70

¿Que é unha cousa

que se cría na devesa

e vén bailar á artesa?

71

¿Que é unha cousa

que se cría na devesa

e vén para a casa e baila?

72

¿Que é unha cousa

que se pon a puñetazos

e se arrinca cun desgarro?

73

¿Que é unha cousa

que sempre na auga anda

e nunca o río pasa?:

74

¿Que é unha cousa tesa e dura,

métese nun burato escuro

e del sae pingando

e coa man vaise guiando

75

¿Que é unha cousa,

cousa que anda de burato en burato

coas tripas arrastro?

76

¿Que é unha cousa,

cousa roxa,

que cando mexa unha

mexan todas?

77

¿Que é unha cousa,

cousa, cousiña

que se lle tiran polo rabo corre

como unha donosiña?

ADIVIÑAS

78

¿Que é unha cousa, cousa:

dous dereitiños,

un dálle, dálle,

catro mexafontes

e un regamontes?

79

¿Que é unha cousa, cousiña

que nace no monte;

no monte se cría

e chega a casa e rifa coa tía?

80

¿Que é unha cousa,

cousiña que non se move

e chega a calquera vila ?

81

¿Que é unha cousa, cousiña, cousa,

que aínda que quente o sol

sempre está mollada?

82

¿Que é unha cousa,

¿Que cousa é ,

que canto máis se lle quita

máis grande é?.

83

¿Que é unha cousa, ¿Que cousa é

que todos a saben abrir

e ninguén a sabe pechar?

84

¿Que é unha cousa,

rebiricousa

que o pobre tira

e o rico embolsa?.

85

¿Que é unha cousa,

unha cousa de pensar

que pode cruzar o río

sen se mollar?

86

¿Que é unha cousa?

¿Que cousa é

que todos a saben abrir

e ninguén pechar?

87

¿Que é unha cousiña cousa

que entra na auga e non se molla?

88

¿Que é unha cousiña cousa

que está se hai sol

e se non hai sol non está?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

89

¿Que é unha cousiña cousa

que relampa coma a prata

e fuza como unha toupa?

90

¿Que é unha cousiña cousa

que ten un dente e chama pola xente?

91

¿Que é unha cousiña

que sempre esta pechada

e sempre está mollada?

92

¿Que é unha cousiña, cousa

que cando vai para o monte vai encolleita

e cando vén para a casa vén estricada?

93

¿Que é unha cousiña,

cousiña, cousa

que sempre anda

e sempre apousa?

94

¿Que é unha señora

moi aseñorada,

vestida de seda

sen unha puntada?

95

¿Que é unha señorita

moi señoreada,

chea de remendos,

sen unha puntada?.

96

¿Que é, que é

que che dá na cara

e ti non o ves?

97

¿Que é?,

¿Que é unha cousiña branca

sen porta nin tranca?

98

¿Que é?

¿Que é que che dá na cara

e ti non o ves?

99

¿Que será , que non será

que canto máis se quita

máis grande está?

100

¿Que será que non será

que canto máis grande é

menos se ve?

ADIVIÑAS

101

¿Que será unha cousa cousalla

que todo o salta e non sabe nada?

102

¿Que será unha cousa cousiña

que está chea de noite

e baleira de día?

103

¿Que será unha cousa

que se lle sacas o tapón

en vez de baleirarse, énchese?

104

¿Que será unha cousa, cousiña,

rubia e pequena

que pesa máis

que cun feixe de leña?

105

¿Que será unha cousiña cousa

que come e non ten boca?

106

¿Que será unha cousiña cousa,

tea entre tea e o rabo sobre ela?

107

¿Que será, será

que de noite vese

e de día vaise?

108

¿Que son dúas cousas

que cando van para o monte,

van mirando para a casa

e cando vén para a casa

van mirando para o monte?

109

¿Que son eses aguzados

que andan tan aparexados?

110

¿Quen é aquela

por quen nunca chove

e sempre está mollada?

111

¿Quen é astuta e arteira,

exemplo de mil enganos,

que roubando galiñeiras,

fai a todos moitos danos?

112

¿Quen será,?

¿Quen será

que de noite sae

e de día se vai?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

113

¿Quen será?

¿Quen pode ser

que me quere ver

e da familia non é?

114

¿Queres té?

¡toma té!

¿sabes ti que froito é!

115

A miña nai é tatexa

e meu pai é cantador,

teño branco o meu vestido

e amarelo o corazón

116

Á beira dun camiño están

e roen igual que un can

117

A esta barquiña

que anda no regato,

ningún carpinteiro

lle fixo un burato

118

A miña amiga e máis

eu andamos a un compás:

coas pernas para adiante

e os ollos para a tras

119

A miña comadrona largona

ten os dentes coma unha loba

120

A miña compañeira e máis

eu camiñamos sempre igual:

cos picos para adiante

e os ollos para atrás

121

A miña picada é mala

e o meu corpo insignificante;

pero o néctar que eu dou

comédelo ao instante

122

A nai ardendo no inferno

e o fillo subindo ao ceo

123

A pesar de que teño patas,

non me podo mover;

levo a comida enriba

e non a podo comer

ADIVIÑAS

124

A pesar de ter patas

non me podo mover;

teño ás costas a comida

e non a podo comer

125

A pombiña branca

do ceo baixou

e cubriu a terra

co seu cobertor

126

A señora Xoana estaba deitada

e o señor Pedro enriba

e o rapaz ía e viña

e a señora Xoana, medo non tiña

127

A última son no ceo

e en amor de terceira;

sempre me ves no navío

e nunca estou no mar

128

Abril penduril; maio granado;

en san Xoán curado

e pola Santa Mariña,

metido na arquiña

129

Adán levábaa por diante

e Eva por detrás ( a letra a)

130

Adiviña adivíñalla

¿Quen puxo o ovo na palla?

131

Adiviña adiviñanza

¿Cal é o bicho que pica na panza?

132

Adiviña adiviñanza,

este ave ten dous cus

e so ten unha panza

133

Adiviña adiviñanza:

¿Quen leva unha bolsa e a cría na panza?

134

Adiviña, adiviña,

esta ave ten dous cus

e só unha barriguiña

135

Adiviña, adiviñador

¿Cal é a árbore que nos dá froitos,

pero non dá flor?.

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

136

Adiviña, adiviñanza

¿Que ten o rei na panza?

137

Adiviña, adiviñanza:

¿Que leva o rei no medio da panza?

138

Aínda ben non nace o pai

e xa anda a filla pola cociña. (.....)

139

Aínda ben non nace o pai

e xa está o fillo na cociña

140

Aínda que non ten gorxa,

vai polo camiño cantando

141

Algo teño de nome,

e don por apelido.

¿Quen son?.

142

Alta coma as torres,

branca coma as flores,

todo cobre, todo cobre

agás no que corre

143

Alta coma unha igrexa,

redonda coma unha mesa;

doce coma o mel

e amarga coma unha xesta

144

Alta estou,

barbas de ouro teño,

se boto unha risada,

perdo todo canto teño.

145

Alta me vexo

no meu lugarexo;

que chove, que neve,

de aquí non me apexo

146

Alta me vin,

a baixo me vexo

e aló enriba,

quedoume o pelexo

147

Alta molesta,

mola acariña;

fada dos soños

sobre a camiña

ADIVIÑAS

148

Alta, alta

e delgadiña,

bota fume

pola coroíña (cheminea)

149

Alta, alta

e redonda

como unha prata

150

Altas aradas,

vacas raxadas,

ollo formón

e boi renegón

151

Alto altaneiro,

gran cabaleiro

gorro de grao

e esporas de aceiro

152

Alto alto cabaleiro,

dálle a risa

e cáelle o diñeiro

153

Alto caturiño,

verde coma o liño;

sabe coma o mel

ou amarga coma o fel

154

Alto coma un piñeiro

e redondo coma un pandeiro

155

Alto de perna,

delgado de bóla

e en cada póla, unha pirindola

156

Alto e guapo son

e ando á fortuna;

corto por onde ando

e coso sen

157

Alto está,

barbas ten,

ri e guinda

todo o que ten

158

Alto estou espiñas teño,

por unha risada perdín o que teño

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

159

Alto estou,

barbas teño,

se boto unha risada

perdo todo o que teño

160

Alto estou,

barbas teño;

por unha risada

perdo o que teño.

161

Alto estou,

color de ouro teño

e por unha risada

perdín canto teño

162

Alto estou,

color do ouro teño

e por unha risada

perdo todo canto teño

163

Alto me vexo

no meu cangarexo

teño que rir e

non podo fuxir

164

Alto me vexo

no meu colgarexo,

por unha risada

perdín a miña anada

165

Alto me vexo

no meu lugarexo

cunha risada,

dou unha anada

166

Alto me vexo

no meu lugarexo

e por unha risada,

dou unha anada

167

Alto me vexo

no meu lugarexo

e por unha risada,

perdín a miña anada

168

Alto me vexo,

no meu caparexo;

ladrón vexo vir,

e non podo fuxir.

ADIVIÑAS

169

Alto pepino,

redondo molete;

que chova que neve,

nunca se derrete

170

Alto pimpín,

redondo de bóla

e no alto ten

unha pirindola

171

Alto son,

barbas teño

vén o burro

e non me defendo

172

Alto, alto coma un pino

e pesa menos que un comiño

173

Alto, alto coma un virote

e bota os ovos polo cogote

174

Altos pais

peludas nais

e as fillas tirafoles

175

Altos pais,

peludas nais,

as fillas crían foles,

adivíñao, ti, se podes

176

Altos pazos,

lindas menestras,

ábrense e péchanse

e ninguén vive alí

177

Anda de burato en burato

coas tripas arrastro

178

Anda e anda

e nunca á casa chega

179

Anda e anda

e nunca á súa casa chega

180

Anda e non o ves

e dáche na cara

e non o podes coller

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

181

Anda e non ten pas

come e non ten boca,

canta comida lle dás

toda lle parece pouca

182

Anda e non ten pés

e fala e non ten boca

183

Anda e non ten pés,

come e non ten boca

e toda a comida

lle parece pouca

184

Anda e non ten pés,

come e non ten boca,

toda a comida que lle dás

toda lle parece pouca

185

Anda e non ten pés,

dáche na cara

e non o vés

se non o adiviñas,

ben burro es

186

Anda e non ten pés,

fala e non ten lingua;

187

Andar e andar

e nunca á casa chegar

188

Andar, andar

e nunca chegar,

comer e comer

e nunca fartar

189

Ando a fumar a diario,

nun cigarro de cemento;

afumo aos veciños todos

e ás máquinas dou movemento

190

Ando de aquí para alá,

vou buscando a caloriña,

xa che dixen o meu nome

por se ti non o adiviñas

191

Animal de bo olfacto,

cazador dentro da casa;

recuncho por recuncho repasa

e lambe, se pilla, un prato

ADIVIÑAS

192

Anque me cortes e cortes

nunca me verás sangrar

que me curaron ao frío

e metido en moito sal

193

Anque ten dentes

e a casa garda,

non morde nin ladra

194

Ao principio de rama estou;

e se me buscas na última,

encontrarasme no mar

195

Arca pequena

de bo parecer

que ningún carpinteiro

a puido facer.

196

Arma non teño,

río con ganas

cando as palmelas

están desengraxadas

197

Arquiña de tal feitío

non a fai o carpinteiro;

aliméntase o esquío

do manxar que leva dentro.

198

Arquiña pequeniña

de bo parecer;

ningún carpinteiro

te puido facer

senón Deus

co seu gran poder

199

Arriba brilla,

abaixo dora,

chifra que chifra

na chifradora

200

Ás veces branquiña,

ás veces negriña

e sempre unha boliña

201

Ave teño de nome,

de la miña condición

o que non discorre

non me acerta, non

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

202

Barbanzán entrou por portas

con trescentas follas postas.

Pensa ben a ver se o acertas

203

Bardonzán entrou por portas,

con trescentas follas postas;

trescentas follas e un ramo,

non o adiviñas este ano nin o que vén

agás que cho diga alguén

204

Besta de ferro,

albarda de liño,

atiza que atiza

cun carabulliño

205

Besta de ferro,

albarda de liño,

tiza que tiza

cun garabulliño

206

Branca coma a neve

negra coma o pez,

fala e non ten lingua,

anda e non ten pés

207

Branca coma a prata,

vermella coma a escarlata

e negra coma o pote

se non cho digo

non o acertas nun mes

208

Branca por dentro,

verde por fóra;

se queres que cho diga

espera.

209

Branca por dentro,

verde por fora

se queres que cho diga

espera unha hora

210

Branca son,

nacín no mar

e no teu bautizo

tiven que estar.

211

Branco coma a neve,

doce coma o mel

¿Que cousiña é?

ADIVIÑAS

212

Branco coma un ovo,

negro coma a pez

se eu non cho digo

non o acertas nun mes

213

Branco fun,

branco nacín,

pobres e ricos

comen de min

214

Branco por dentro,

verde por fóra

e ti non o adiviñas

nin nunha hora

215

Branco son,

branco nacín;

pobres e ricos

comen de min

216

Cabe na presa

e non cabe na artesa

217

Cabelo con cabelo

e o vivo no medio

218

Cada carballo ten cen pólas,

cada póla ten cen niños,

cada niño ten cen ovos

¿Cantos son os paxariños?

219

Cae dunha pita

e non rompe

e crébase cando

o avó o colle na boca

220

Cae na auga e rompe,

cae no chan e non rompe

221

Cae nunha pedra

e non se rompe,

cae na auga e rompe

222

Caen e caen sen parar

e non deixan de bailar

223

Camiño e non teño pés ¿Que son?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

224

Cando chega o bo tempo

encho todos os campos

coa miña cara a amarela

e o meu babeiro branco

225

Cando fun,

fun con ela,

e cando vin,

vin vendo nela

226

Cando me ergo,

se é que me ergo,

érgome tarde

e déitome cedo

227

Cando quenta o sol,

amolece e cando chove

endurece

228

Cando vai para o monte

vai baleiro

e cando vén para a casa

vén cheo

229

Cando vai para o monte

vai encartado

e cando vén para a casa

vén estirado

230

Cando vai para o monte

vai engruñado

e cando vén para a casa

vén estricado

231

Cando van para o monte,

miran para a casa

e cando vén para a casa

miran para o monte

232

Canta e fala sen ter boca,

ten ondas e mar non é,

anda na casa e no coche,

chega a lonxe e non ten pés

233

Canta más fame ten

máis anda

234

Canto máis enches,

menos pesa

e máis ascende.

ADIVIÑAS

235

Canto máis lonxe máis cerca;

canto mais cerca máis lonxe ( _______)

236

Canto na beira,

vivo na auga,

non son pescado

nin son chicharra

237

Capelo sobre capelo,

capelo do mesmo pano;

se non che digo que é

non o acertas en todo o ano.

238

Capiña sobre capiña,

color de pano francés;

aquel que non o adiviña

bastante tonto é

239

Capote sobre capote,

capote do mesmo pano

anque esteas coa boca aberta

non o acertas en todo o ano

240

Capote sobre capote,

capote do mesmo pano

se non sabes o que é

non cho digo en todo o ano

241

Carne con carne,

pelo con pelo,

imos para a cama

a facer aquelo

242

Catro andantes,

catro mamantes,

un torna moscas

e dous apuntantes

243

Catro cans e catro pans;

pan e medio e medio pan

¿Canto lle toca a cada can?

244

Catro corre montes,

catro picha fontes,

dous tirandolas,

e un dálle, dálle.

245

Catro damas nun corral

e todas mexan a un igual

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

246

Catro danzantes

e dous apuntantes,

catro minguantes

e un dálle dálle

247

Catro fontes

e catro rodamontes,

dous turubelos

e un dálle dálle

248

Catro gatos nun lousado,

cada gato mira a tres;

dime ti meu rapaciño

¿Cantos gatos vén haber?

249

Catro gatos nun tellado

cada gato mira a tres.

Dime ti rapaciño

¿Canta gatería é?

250

Catro gatos nun tellado,

cada gato mira a tres,

adiviña rapaciño,

¿Canta gatería é ?

251

Catro gatos nun tellado,

cada gato mira a tres,

dime agora rapaciño

¿Cantos gatos vén a ser?

252

Catro gatos nun tellado,

cada gato mira a tres.

Adiviña rapaciña

¿Canta gatería é?

253

Catro letras,

catro patas,

comeza por c

e acaba por a

254

Catro monxas nun convento

onde non entra aire nin vento

255

Catro na cama,

catro na lama,

dous parafusos

e un que lle abala

ADIVIÑAS

256

Catro na lama,

catro na cama,

dous que lle adoran

e un que lle abana

257

Catro na lama,

catro na cama,

un vira, vira

e un dálle, dálle.

258

Catro na lama,

catro na cama;

dous parafusos,

e un torna, torna.

259

Catro pans, catro cans

un pan e medio e medio pan

¿A canto toca a cada can?

260

Catro pichafontes,

catro corremontes,

dous tirindiles

e un dálle, dálle

261

Catro redondos por fóra

e outro redondo por dentro;

leva unha casa cadrada

e é máis rápido que o vento

262

Catro roda montes,

catro deitafontes,

dous tusturustus

e un dálle, dálle

263

Catro saltamontes,

catro correfontes,

dous turulurus

e un dálle-dálle

264

Catro trepes

e catro misanetes;

dous viramontes

e un secafones

265

Catro trepes trepes,

catro mexillotes

un sacafontes

e un dálle dálle

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

266

Catro trepes, trepes,

catro cicirretes,

dous viramontes

e un secafontes

267

Catro trepes, trepes;

catro pipiretes;

un dálle, dálle,

dous viramontes

e un secafontes

268

Cen damas nun camiño;

nin erguen po, nin fan ruído.

269

Cen damas nun camiño

non fan po nin ruído

270

Cen e cen fillos ten

e a todos con leite mantén

271

Cen fillos ten

e a todos o leite os mantén

272

Cen groliñas

e un grolón,

un mete e saca

e un quita e pon

273

Certa persoíña

tan boa será,

que nada nos pide

e todo nos dá

274

Chámome Leo

e apelídome pardo,

quen non o adiviñe

é un pouco parvo

275

Chapeo sobre chapeo,

chapeo de mesmo pano;

se non che digo o que é

non o acertas en todo o ano

276

Chisca un e pasan uns;

chisca outro e pasan outros

277

Choco me chaman,

late o meu corazón;

se non me adiviñas

es un gran borricón.

ADIVIÑAS

278

Cinco bois e unha rella,

leira branca semente negra

279

Cinco paíños son

e no medio está o maior

280

Co rabo tralas pernas,

é mala veciña:

vén todas as noites

roubar as galiñas

281

Coa miña cara encarnada,

co meu ollo negro,

o meu vestido verde,

ao campo alegro.

282

Coa neve faise

e co sol desfaise

283

Cocorico non ten ollos

nin cu nin bico;

os fillos de cocorico

teñen ollos cu e bico

284

Colorín colorás,

pasa pola ra

e se non cho digo

non o acertarás

285

Come no monte

e baila na casa

coma unha rapaza

286

Come pola cabeza,

bebe polos pés

e caga polos ombreiros

287

Come pola cabeza,

caga pola cintura

e bebe polos pés

288

Comigo vai unha amiguiña

que imita todos os meus actos;

é tan escura a miña amiga

que no escuro

non a ven nin os gatos

289

Como a sardiña, ben feitiña;

coma a sartén na cociña.

Non lle deixan pensar

e aínda ten que calar

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

290

Con catro folliñas

has de buscar,

se boa sorte

queres atopar

291

Copete sobre copete,

copete do mesmo pano;

anque abras ben a boca

non acertas en todo o ano.

292

Corcovico, corcovico,

nin ollos nin cu nin bico

e os fillos de corcovico

teñen ollos, cu e bico

293

Cornos adiante

e ollos atrás

se es ben listo

o adiviñarás

294

Cornos para adiante

e ollos para atrás

di tes oiras burro

e adiviñarás

295

Corre e non ten pés,

non ten nais e lévana as nais

296

Correndo entre os campos

cantando vou a canción

aos sedentos doulle vida

antes de morrer eu.

297

Correndo vou entre campos,

cantando unha canción;

aos sedentos doulle a vida

antes de que eu morto son

298

Correr corre moito,

chegar, chega pronto;

se non o acertas

é que estás xordo

299

Criada no monte

e bebe na fonte,

e baila na casa

coma unha rapaza

ADIVIÑAS

300

Crieime no horteiro,

entre verdes lazos;

o que por min chora

párteme en pedazos.

301

Cunca de ferro

testo de carne

e o que hai dentro

a ninguén lle sabe

302

Curcubico non ten bico

nin bico nin cu nin come;

o fillo de curcubico

ten bico, cu e come

303

Curcubico non ten bico,

nin bico nin cu nin pés;

os fillos de curcubico

teñen bico cu e pes

304

Curcuvico non ten ollos

nin cu nin bico

e os fillos de curcuvico

teñen ollos cu e bico

305

Da chuvia me protexe

este fungo singular,

puño con puño collido

e xa pode diluviar

306

Dá moitas voltas

e nunca se marea

307

Da viña sae,

na adega faise,

ben se saborea

e ás veces...marea

308

Dáse na árbore,

xamón colorado;

tripa de óso

canela de pao

309

De anana nai nacidas somos

refrescamos a calor,

mais despois de ben medradas

damos ben quente

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

310

De bonito hei presumir,

son branco coma ao cal:

todos me saben abrir

e ninguén me pode pechar

311

De debaixo da terra veño,

levo cara ao ceo altura,

fago chorar ao máis forte

aínda sen pena ningunha

312

De día traca que traca,

de noite debaixo da cama

313

De doce irmáns que somos

eu o segundo nacín;

se eu son o máis pequeno

¿Como pode ser así?

314

De inverno dános calor,

na casa fai a comida;

no san Xoán bríncase nel

e no monte, mata a vida.

315

De riba de ti estou,

debaixo de min te teño

¡Ben pouca sorte é a miña,

se non che meto o que teño!

316

De Santiago a Coruña

sen moverse chega,

se chove móllase

e senón enxoita queda

317

De verde volvinme negra

e moéronme con tino;

ata que ao final de todo

fixeron de min ouro fino

318

Debaixo da saia da nai

anda o pirulo do pai

319

Dentro dun caixón

vai un presente;

atrás os practicantes

e maila xente

320

Desde o día en que nacín

corro e corro sen parar,

corro de noite e de día

ata que chego ao mar

ADIVIÑAS

321

Desde Santiago á Coruña,

sen moverse ela chegou;

se choveu ela mollouse

se non, enxoita quedou

322

Detrás de aquel coto

vin un boi xoto

e non hai nacido nin por nacer

que para a corte o poida traer

323

Detrás dun coto

vin un boi xoto

e non hai home nin hai muller

que na corte o poida meter

324

Dez palomiñas

nun palomar,

pasan o río

sen se mollar

325

Dez señoritos

de para en par,

pasan o río

sen se mollar

326

Dez señoritos

moi enseñorados

pasan o río

en dous pés

e sen se mollar

327

Dez soldadiños,

todos en par

pasan o río

sen se mollar

328

Di todo o que sabe el só,

ou formando un verde coro;

engaiolado é un ave que ten o nome de ____

329

Direiche que son a cor

que máis abunda no campo;

as froitas vanme perdendo

cando me vou madurando

330

Do tamaño dunha abella,

enche a casa ata as tellas

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

331

Doce fillos ten o ano

e a todos lle quere ben

pois cando morre o máis vello

o máis novo xa naceu

332

Doce fillos teño

cada fillo trinta fillos

e eu son o rei do

todo o universo

333

Doce señoritas

con medias e cuartos

pero están sempre

sen os seus zapatos

334

Doce señoritas

nun balcón,

todas usan medias

e zapatos non.

335

Doce señoritas

nun mirador,

todas teñen medias

e zapatos non.

336

Doce señoritas

todas nun balcón

todas gastan medias

e zapatos

337

Dous bois brancos fritidos

nunha corte de ferro metidos

338

Dous irmanciños

van ao compás

cosas pernas para diante

e os ollos para atrás

339

Dous peludos,

un pelado;

un fura, fura

e outro calca no rabo

340

Dous pés na cama,

catro na lama,

dous mira mira

e un que lle abana

ADIVIÑAS

341

Dúas irmáns na praza

ambas van á par

cando unha da doce voltas

a outra unha nada máis

342

Dúas irmáns

mentiría;

unha é miña tía

e a outra non é

343

Dúas meniñas van á par

e non se poden mirar.

344

Dúas nais e dúas fillas

cubertas con tres mantiñas

345

Dúas nenas van á par

e non se poden mirar

346

Dúas orellas e tres pes

a ver se acertas que é

347

Dúas rapaciñas,

a cabalo dunha mula:

unha anda doce leguas

e a outro só anda unha

348

Dúas torres altas

con andadores;

un espantallo

e catro andadores

349

Dúas torres altas,

dous miradores,

un espantamoscas

e catro andadores

350

Dúas torres altas,

catro corremontes;

un espantamoscas

e catro cichafontes.

351

Dura por riba,

dura por baixo,

cabeza de cobra

e pés de lagarto (tartaruga)

352

Durme de día, vela de noite;

feita de vidro canto rebrilla,

todo o descobre ( a bombilla)

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

353

É verde coma a esmeralda

e non é xoia de artesán;

fala case coma un home,

e tampouco é un ser humano

354

É a raíña dos mares,

a súa dentamia é boa;

e por non ir nunca baleira,

sempre di que vai chea.

355

E cura e cura e tamén fura. (...)

356

É de ferro e de madeira

e corta moi lixeira

357

É de puro acibeche,

de puro negro

e fai boliñas polos carreiros

358

É pesado coma o chumbo

e nel podes debuxar o mundo

359

É redonda e non é bóla;

é verde e non é prado;

ten auga e non é fonte,

ten dentes e non morde

360

É redondo coma o mundo,

sen el non pode haber ceo;

aos papas e cardeais fáltalle

pero dos bispos son seus

361

É un conxunto de vestir

que bota a noite xunta ti

362

En pequeno cullerete

faise rico comerete:

nin cocido nin asado

nin remexido coa culler

non o adiviñarás este ano

a menos que eu cho dixera

363

Enriba de ti me poño

e ti toda te meneas,

eu márchoche cos teus fillos

e ti perdendo o leite quedas

364

Enriba tea,

tea debaixo

metido nela,

ben que descanso

ADIVIÑAS

365

Enriba, no alto estou

con grande ruído

se boto unha risada

perdín o que levo dentro

366

Entre cancela e cancela

hai unha notiña amarela

367

Entre cancela e cancela,

becerriña amarela

368

Entre dúas paredes brancas

hai unha flor amarela

que se pode presentar

diante do rei de Castela

369

Entre dúas paredes brancas

hai unha flor amarilla

que se pode presentar

diante do rei de Sevilla

370

Entre táboa e táboa

hai unha persoa que non fala

371

Entre valado e valado

hai un boi aserrado

372

Escarpín sobre escarpín;

escarpín de dobre pano,

se non che digo o que é

non o acertas en todo o ano.(...)

373

Espetado nun campo

e ferrado dun pé

¿Que é?

374

Espetado nun campo

e ten o cu branco

375

Espetado nun campo,

ferrado dun pé

e cabalo non é

¿Que é? :

376

Esta banco está ocupado

por un pai e por un fillo;

o pai chámase Xoán

e o fillo xa cho dixen: Esteban

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

377

Esta campaíña

é branca por dentro

e verde por fora;

se queres que cho diga

espera

378

Estaba dous pés cun pé en tres pés,

e chegou catro pés e sácalle un pé;

colleu dous pés a tres pés

e deulle a catro pés

que deixou un pé ¿Que é? (...)

379

Estaba eu mexando

e chegou o meu amo

e meteume o tranco

380

Este banco está ocupado

por un pai e por un fillo;

o pai chamábase Xoán,

o fillo téñocho dito.

381

Estou condenado

a un ano e un día;

se esto é cada catro

o meu nome non saberías

382

Estou matinando, matinando;

de matinar vólvome tola

coa sogra da muller do meu irmán,

¿Que parentesco me toca?

383

Estou na neve,

e tamén no cal;

no rico azucre,

e tamén no sal.

384

Estreito como un camiño

e torto coma un fouciño

385

Estudante de letra miúda

¿Que animal é o que voa sen pluma?

386

Estudantes que estudades

gramática e teoloxía

dime cal é a ave

que non ten pitos e cría;

que aos vivos da sustento

e aos mortos alegría

ADIVIÑAS

387

Eu corro libre

se ninguén me emporca,

vou dando brincos como unha tola,

movo muíños, chousas alago,

ruxo nas fontes, nos ríos ando

388

Eu mesmo me construín

esta bela sepultura

que é mortalla para min

e para vós é ventura

389

Eu no campo me criei

atada con verdes lazos;

e aquel que chora por min,

estame partindo en “pedazos”.

390

Eu son o que manda aquí

e teño unha pucha de cor rubí

e pola mañá cedo espértote a ti

391

Eu teño un tía;

miña tía ten unha irmá

que non é miña tía,

¿Quen pode ser?

392

Faga frío ou calor

sempre vou con cobertor

393

Fai desaparecer

o que está mal

e deixa o escrito

fenomenal

394

Fala e non ten boca,

anda e non ten pés

sabe o seu camiño

se ti llo dis ben

395

Fala e non ten boca,

anda e non ten pés;

sabe o seu camiño

se llo escribes ti ben

396

Fala e non ten boca,

corre e non ten pés;

sabe sempre o seu camiño,

se ti llo escribes ben

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

397

Fala sen boca,

anda sen pés,

dáche na cara

e ti non o ves

398

Fun á eira a plantar unha estaca

e o burato tróuxeno para a casa

399

Fun á horta,

chantei unha estaca

e trouxen un burato

para a casa ( O cu)

400

Fun á romaría de San Benitiño,

a un pai e sete fillas crucei no camiño:

cada filla levaba sete sacas,

en cada saca sete gatas;

cada gata sete gatiños.

¿Cantos gatiños, gatas, sacas,

mulleres e homes

ían ao San Benitiño?

401

Fun vivo e agora son morto

e teño cinco fillos bulindo no corpo

402

Funche flor dunha silveira,

de nena verde vestín,

co tempo en vermella me convertín

e ao rematar o verán

son máis moura que cristiá

403

Fura, fura, anda sempre coas tripas arrastro

(trade)

404

Garda a casa coma un león

e é pequeniña como un saltón

405

Gran de miúdo

terra mimosa,

onde se pousa

deixa unha rosa

406

Hai un fillo

que fai nacer

á nai que lle deu o ser

407

Hoxe cando me levantei

puxen un en cada pé;

como non son os zapatos,

dime ti que poden ser

ADIVIÑAS

408

Igrexiña pequeniña,

sancristán rebulidor

e os santiños que están dentro

son todos da mesma cor

409

Imos meniña

a facer o que Deus mandou:

xuntar pelo contra pelo

e a meniña dentro quedou

410

Imos para a cama

a facer o que Deus manda:

xuntar pelo con pelo

e o durme, durme no medio

411

Imos para o leito

a facer o que Deus manda:

xuntar cabelo con cabelo

e unha meniña no medio .

412

Larga e lisa,

larga e lisa,

leva posta unha camisa;

toda bordada,

sen costura,

sen remendos

nin puntadas

413

Largo de dente,

fondo de ventre,

bo de deitar

e malo de alzar

414

Leira branca

semente negra,

ten arado

e cinco eguas

415

Leme ben,

son un metal

e anque ao revés me leas

en castelán soo igual

416

Leva anos no mar

e aínda non sabe nadar

417

Levo a miña casa ao lombo

e ando sen ter patas;

e vou marcando as pegadas

cun fiíño de prata

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

418

Levo a miña casa ao lombo,

camiño só cunha pata;

vou marcando a miña pegada

cun pequeno fío de prata.

419

Levo altura cara o ceo

e fago chorar ao máis alegre.

420

Linda planta cunha flor,

que xira e xira buscando o sol.

421

Lombos e cabeza teño

e anque vestida non vou,

de longas faldras dispoño

422

Long, longa coma unha corda

e ten uns dentes coma unha loba

423

Longa das pólas

e curta de pé,

¿Que cousiña é?

424

Longa das pólas

e curta do pé

¿Que cousa é?

425

Longa longa

coma unha soga

e ten uns dentes

coma unha loba

426

Longa, longa

coma unha cobra

e ten os dentes

coma unha loba

427

Longa, longarela

anda debaixo da terra

e anda dicindo ás veciñas

que lle tornen as galiñas

428

Longa, longarela,

anda debaixo da terra

e non ten ollos nin costela

429

Longa, longarela,

ten dentes e traba

coma unha cadela

ADIVIÑAS

430

Longo coma un camiño

e torto coma un fouciño

431

Longo téñocho dabondo,

e na punta éche redondo:

e lle dás deses ben ao cu,

acabaríamos pronto

432

Longuiño longarelo,

empedregullado

e todos os días

estou machacado

433

Maricús pariu maricus

sen uñas nin pés

nin mangas nin cus

e despois de maricús

naciu con uñas e pes

e mangas e cus

434

Meniña imos á cama,

facer o que Deus mandou;

xuntar pelo contra pelo;

meniña dentro quedou

435

Mentres os nenos os comen

e o home llos limpa;

aos pavos dálle nome.

436

Métome nel e vólvome atrás

e despois fogo o demais

437

Mil demos nun camiño,

sen po nin remuíño

438

Miña compañeira e eu

andamos a un compás

co pico para adiante

e os ollos para atrás

439

Miña irmá está hoxe

chorando as risas do outro ano

440

Miña nai é tartamuda

e meu pai é un cantor;

teño branco o meu vestido

e amarelo o corazón.

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

441

Miña nai ten sete fillas

e máis vella ten menos días

442

Miña nena imos para a cama,

facer o que Deus mandou:

xuntar pelo contra pelo,

e a meniña dentro quedou.

443

Moitas damas nun curral

e todas pingan por igual.

444

Moitas damas nun corriño,

todas visten dunha cor,

menos o maior

que viste doutra color

445

Moitas damas nun curral

todas visten a un vestir

e todas cantan a un cantar

446

Moitas damas nun curral

todas visten a un vestir

e todas cantan a un igual

447

Moitas donas nun curral

todas visten a un vestir

e todas cantan a un igual

448

Moitas estreliñas

caídas do alto

e a miña casa

vístese de branco

449

Moitas vacas nun curral

e todas mexan por igual

450

Monte branco,

terra negra,

cinco bois

e unha chavella

451

Monte branco,

terra negra,

cinco bois

tirando dunha chavella

452

Movo miúdo,

berro mimosa,

onde ela pousa

deixa unha rosa

ADIVIÑAS

453

Na fraga nacen,

na fraga se cría

e onde ela xace

non hai alegría

454

Na herba do xardín

como serpe se enrosca;

e nos días que non chove auga

dá pola súa boca

455

Na horta fun criada,

na horta fun nacida,

e fago chorar a todos

ao que me ven partida

456

Na lareira queimo a leña,

no regueiro apago a candea,

ando pola casa toda

e non hai ninguén que me vexa

457

Na lareira queimo a leña,

no requisco apago a candea;

ando pola casa toda

e sen ninguén que me vexa

458

Na lareira queimo o lume,

no requeixo apago a vela;

ando pola casa toda

e sen que hai ninguén me vexa

459

Nace na devesa,

pasa pola porta

e na casa que entra

dá moita tristeza

460

Nace na fonte

e tráena para a casa

461

Nace na fraga

e na fraga se cría,

por onde ela vai

sempre hai

462

Nace na horta

e ten o cu branco

463

Nace no campo,

ten longas barbas,

pendón do alto

e verde casaca

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

464

Nace no monte,

bebe na fonte

e vén para a casa

a bailar coa rapaza

465

Nacín branca,

despois fun verde

e cando rubia me vestín

¡Pobre de min!

466

Nacín coma caraveliña,

crieime coma redoma

e dos osos do meu corpo

todo o mundo se namora

467

Naquel alto pimpinete

hai un rico ramallete;

non se come nin se bebe

nin coa culler se remexe

468

Negra por fóra

e negra por dentro

e vén o peludo

e métese dentro

469

Negro no campo,

negro na praza,

coloradiño na casa

470

Nel averiguas en que día estás;

e, con sorte, o mes que vira.

471

Nela métense os restos

e saen cheirumes molestos

472

Nela podes bañarte,

e un chapuzón darte.

473

Nico, Nico e a súa muller

teñen rabo pés e pico;

os fillos de Nico, Nico

rin rabo, nin pés nin pico.

474

Nin come

nin bebe

nin anda

e pasea

por toda España

ADIVIÑAS

475

No alto estou,

no alto me criei

e se boto unha risada

perdín todo canto gañei

476

No alto me miras,

coma ti querías;

de ti sairá

quen me carrexará

477

No alto nacín,

no alto me teño;

por unha risada,

perdín o que teño.

478

No alto vive,

no alto mora,

no alto tece

a tecedora

479

No campo crieime

atada con verdes laciños

e aquel que chora por min,

estame partindo en cachiños

480

No campo crieime

atada con verdes lazos

e aquel que chora por min

estame partindo en anacos

481

No medio do ceo estou,

ando no vento e na terra;

non son lúa nin estrela

nin paxaro voador

482

No medio do ceo estou,

non son sol nin son estrela,

adivíñame quen son

483

No medio do sol estou,

non son sol nin son estrela;

adivíñame quen son.

484

No monte me criei,

e da abella nacín;

o altar iluminei,

a máis eu candeas formei

485

No monte nace, no monte se cría

e vén bailar coas nenas da vila

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

486

No monte nace,

no monte se cría

e vén para a casa

e rifa coa tía

487

No monte nace,

no monte se cría;

e leva aos bois

á cortadoría.

488

Non come, nin bebe,

nin anda e pasea

a toda España

489

Non é frade nin é crego

e sempre viste de negro

490

Non fala e ten boca,

non anda e ten pés

¿Sabes ti que cousa é?

491

Non monte me criei

e da abella nacín

e máis candeas formei

que as que caben aquí.

492

Non o parezo e son peixe

e a miña forma parece

unha peza do xadrez

493

Non ten ósos nin costelas

e anda debaixo da terra

494

Non ten pés

e anda nas mans

e fala sen ter boca.

495

Non ten pés

e anda polas mans

e fala sen ter boca

496

Non teño pés

e ando coas mans

e falo sen ter dentes

497

Números teño,

de cristal non son,

parecida son ¿Que son? (...)

ADIVIÑAS

498

Nun convento moi pechado,

que non ten campás nin torres:

hai moitas monxiñas dentro

facendo pastel de flores

499

Nun cuarto moi escuro,

catro pernas vin estar;

non eran de carne humana

nin tampouco de animal

500

Nunca poño mala cara

anque sempre me dan col

501

Nunha casiña ben encalada

hai un pobriño facendo morada

502

Nunha casiña, moi branqueada,

hai un pobriño facendo morada

503

Nunha cortiña de ferro

hai dous bois amarelos

504

Nunha soa cama dormen catorce

¿Cómo pode así ser?

505

Nunha torre me puxeron

para que o aire me dea;

sirva de guía aos homes

e nun so pe me sosteña

506

O que a compra vea

e o que a usa non a ve

¿Que cousa é?

507

Roer é o meu traballo,

o queixo e o meu amigo,

o moi astuto do gato

é o meu maior inimigo

508

O tomate tena,

o pemento case finaliza,

e a Tarzán eterniza.

509

Onde ninguén sobe, eu trepo;

o que ninguén come, eu trisco;

moi pouco estou no val,

pois o meu son os riscos

510

Onte nacín e onte morrín;

pobres e ricos miran para min.

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

511

Onte oviño, hoxe capulliño,

mañá voarei coma un paxariño

512

Orellas adiante,

ollos atrás,

para que eu traballe

tesme que cegar

513

Orellas longas e rabo curtiño,

escapo e salto moi lixeiriño.

514

Os dedos moi separados,

a roupa de mil colores;

van veloces e ordenados;

búscanos os cazadores.

515

Os sete son irmáns,

e viven un so día

cando un nace, outro morre

e, así pasan a vida

516

Ouro non o é prata non a é

e o que non o saiba ben burro é

517

Ouro parece prata

non é o que non o adiviñe

ben tonto é

518

Ouro parece, prata non é;

o que non o adiviñe,

torpe ou xordo é.

519

Pano sobre pano,

pano do mesmo pano;

se non che digo que é

non o acertas en todo o ano

520

Pao sobre pao,

sobre pao liño,

sobre o liño flores

e ao redor amores

521

Para a vista son boa,

para o coello tamén

e aquel que non o acerte,

ben burro é

522

Para bailar hanme de poñer capa;

para bailar hanma de sacar;

eu bailo sen capa

e sen capa non poio bailar

ADIVIÑAS

523

Parece mar e mar non é;

ten pelos de porco

e porco non é

524

Pasa o río e non se molla,

pisas nela e non a tocas

525

Pasa o río e non se molla,

pisas nela e non a tocas

¿Que é?

526

Paso polo lume

e non me queimo,

paso pola auga

e non me mollo

527

Pelos por fóra,

pelos por dentro,

vai un cacho de carne

e métese dentro

528

Peluda por fóra,

peluda por dentro,

recacha a perna

e métella dentro

529

Peludo por fóra

e peludo por dentro

e vai outro peludo

e méteselle dentro

530

Pequena coma un ratón

e garda a súa casa coma un león

531

Pequena e negra é

e canto máis grande,

menos se ve

532

Pere levo de nome,

xil de apelido;

o que non saiba quen son

vai morrer encollido.

533

Pérez anda,

Xil camiña,

tonto é

o que non o adiviña

534

Pérez anda, Xil, camiña.

Es un tonto se non o adiviñas

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

535

Pesar eu non peso nada,

polo aire sempre subo;

se me meto nos teus ollos

fágote chorar, seguro.

536

Picariño e mansiño,

nin asado nin cocido,

nin revolto con culler,

adivíñeme quen queira ( a noz)

537

Pinguili, pinguili, está pintando

e minguili, minguili está mirando,

se pinguili, pinguili caera,

minguili, minguili o comera

538

Pipotín pipotiño de dúas delas ten oviño

539

Pipotín, pipotón ,

non ten boca nin tapón

540

Pita e pito camiñando

e fume negro vai botando

541

Pode vivir na terra

anque precisa da auga

está cheíño de plumas

e para saudar fai cuá

542

Podémolo ollar no ceo,

podémolo ollar no mar;

na bandeira de Galicia,

tamén o podemos ollar

543

Pódense ollar no ceo,

pódense ollar no mar

e no escudo de Galicia

tamén as podo ollar

544

Pois prefiro que me collan,

non ser eu o colledor;

o nome que a min me dades

é unha equivocación

545

Polo camiño vai camiñando

e o que camiña non é xente;

adiviña o presente

que o acertixo eu xa cho dixen .

ADIVIÑAS

546

Por baixo piñeiro

e por riba liño;

ao redor, señores

e no medio flores

547

Por dentro carbón,

por fóra madeira;

e contigo á escola,

van na túa carteira.

548

Por detrás de aquel coto

vén un boi xoto

e non home nacido,

nin por nacer

que á corte o poida traer

549

Por ela sobes,

por ela baixas;

e ti tela tela,

na túa casa

550

Por tras dunha porta

vincho facer

é de sacar e meter

por entre os pelos andar

e co cu arrempuxar

551

Por unha perna se mete

e por outra tamén

¿Que é?

552

Présa no cárcere estou,

entre cadeas metida,

horas alta, horas baixa

horas morta

e horas viva

553

Preto dela

hai un túnel moi adentro

e cando fala,

ponse contento

554

Primeiro foi branca,

despois verde foi

e cando foi dourada

¡Ai pobre de min!

555

Pucho sobre pucho,

pucho colorado

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

556

Punta por diante

e ancha por atrás,

ti non adiviñas

que cousa será

557

Que é unha cousa

que cando funciona

no cu ten pan

e na boca merda

558

Que é unha cousa,

cousa que anda e anda

e nunca chega á casa

559

Que saiba escribir

e non poida ver

e que co piano

teña algo que ver

560

Redonda coma un prato

e ten un pescozo largo

561

Redonda coma unha taza

e vai comigo á praza

562

Redondiña

coma o pé da muller

e pasa o río

sen se mollar

563

Redondiño, redondón,

sen furado nin tapón

564

Redondo no pé

redondo na bóla

e enriba ten

pirindín pirindola

565

Redondo redondo coma un anillo

e longo, longo coma un camiño

566

Saímos cando anoitece,

ímonos se canta o galo;

hai quen di que nos ve

cando lle pisan un callo

567

Saio cando a chuvia rematou

e o ceo engalanado quedou

ADIVIÑAS

568

Saio do salón,

vou ata a cociña;

meneando no rabo,

como unha galiña.

569

Se corro corre comigo,

tan de présa coma min,

se me paro segue andando

un pouco máis amodiño

570

Se me tiran polo chan,

xa non hai quen me recolla

e quen quere termar de min,

de seguro que se molla

571

Seis soldadiños,

todos en par,

pasan o río

sen se mollar.

572

Sempre estou polas alturas

e son branca como a neve

e cando me poño a chorar

a xente dime que chove.

573

Sempre quedas

e sempre inquedas,

durmindo de día

e de noite espertas

574

Sen a terra eu non vivo,

sen o aire eu morro,

teño xemas sen ser ovos,

teño copa e non son sombreiro

575

Sen boca e sen dentes chama polas xentes

576

Sen lume quento,

alumeo sen larada

e se me tocas,

tamén te panco

577

Sen ser hora teño cuarto,

sen morrer son nova e vella,

sen comer carne nin caldo,

moitas veces estou chea

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

578

Sen ser rica teño cuartos,

sen morrer eu nazo nova;

e, a pesar de non comer,

hai noites nas que estou chea

579

Sete bois brancos

e sete amarelos,

todos pacendo

nun prado de ferro

580

Sírvoche para escribir,

debuxar, sinalar e sentir.

581

Sobre a “baca” o “o”

¿A que non o acertas, non?

582

Sobre a punta dunha barranca

hai cinco nenas con gorras brancas

583

Sol empeza e idade xa teño

¿Cal é a situación?

584

Somos doce irmanciños,

eu de segundo nacín;

se son o máis pequeniño,

¿Como pode ser así?.

585

Somos dous irmáns xemelgos,

da mesma roupa vestimos;

morremos todas as noites

e polo día vivimos.

586

Somos dous irmáns xemelgos,

do mesmo modo vestidos,

morremos todas as noites

e polo día vivimos

587

Somos sete irmáns

e para un nacer outro

ha de morrer

588

Son a parte dunha árbore,

e canto máis medro máis baixo.

589

Son branca e non son papel;

son verde e non son limón;

son vermella e non son sangue;

son negra e non son carbón

ADIVIÑAS

590

Son doce mulleres

sen medias e cuartos

pero sen zapatos

591

Son dúas irmás

e nunca xuntas as verás

592

Son fillo de pai cantor,

anque cantor eu non son;

teño os labios brancos

e amarelo o corazón

593

Son mosqueteiro do mar,

de finísima estocada

e dedícome a pescar

co meu nariz feito espada

594

Son o amo que manda aquí,

teño un pucho de color rubí

e ao neno guapo esperto así:

qui qui ri qui

595

Son pequeniño e redondo

como unha bóla;

saio de mañá moi cedo

e pola noite non me atopas

596

Son redonda, son de goma,

de madeira ou metal;

acostumo a ir camiñando

con outra amiguiña igual

597

Son redondo como una bóla,

saio de mañá cedo

e de noite non me atopas

598

Son redondo, redondo

saio pola mañá

e pola tarde me escondo

599

Son señor adoptado,

ando mellor ca un reloxo,

levántome ben cedo

e déitome coa oración

600

Son soldadiños

moi delgadiños

van nunha caixa

e acenden pitillos

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

601

Son un pauíño

moi dereitiño

e enriba da fronte

teño un mosquitiño

602

Son unha tola amargada,

que só serve para a ensalada.

603

Son verde e moi ancho

e cando me botan zurro,

espanto. (o campo)

604

Son vermello, moi vermello

e cando te pos coma min

dise que estás coma un...

605

Subir e baixar,

sacar e meter;

coa ensarillada,

ganas de comer.

606

Subo chea e baixo baleira

e se non me apuro a sopa enfría

607

Tea digo e non entendes;

tea repito e non me comprendes.

608

Ten barbas e home non é,

ten dentes e non pode comer

609

Ten boca e non come,

ten cu e non caga,

ten pés e non anda

¿Que é?

610

Ten cabeza e non ten pes

ti xa que es tan listo

non acertas o que é

611

Ten catro letras,

catro nada máis se repites P

o seu nome dirás

612

Ten copa e non para tomar

ten alas e non para voar

613

Ten coroa e non é rei,

esporas e non é cabaleiro;

traballa no campo

e non gaña diñeiro

ADIVIÑAS

614

Ten debuxos de países a montón,

e a ti dá dáche información.

615

Ten dentes e non come,

ten cabeza e non é home

616

Ten dentes e non ten boca,

ten cabeza e non ten pés

ti que es tan avispado

non adiviñas o que é

617

Ten dentes e non ten boca,

ten cabeza e non ten pés

ti que es tan espabilado

non adiviñarás o que é

618

Ten dentes e non ten boca;

ten cabeza e non ten pés,

vai á feira nunha restra

e condimenta moi ben

619

Ten lombo e non anda,

ten follas e non é planta;

sabe moito e non fala

620

Ten medias e non ten pés,

ten cuartos e rico non é

621

Ten medias,

ten cuartos

e non ten zapatos

622

Ten moitos dentes

e ningunha moa e rilla o pan

coma en pan de broa

623

Ten ollo e nada ve,

por abrir non é cousa dura;

se embargo por pechar

si que pecha e si que é dura

624

Ten ollos de gato,

orellas ce gato,

patas de gato

rabo de gato

e non é gato

625

Ten patas e non anda,

póñenlle o xantar e non xanta,

¿Que cousa é?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

626

Ten pel e non é animal,

ten follas e non é nogal

627

Ten ríos pero non mollan;

ten montes pero é chairiño;

con catro dedos abonda

para coller do Rín ao Miño

628

Ten tres pés e non anda,

ten gorra e non a pon

629

Ten un dente moi dentón

que deixa o campo en terróns

630

Ten unha capela branca,

trasquilase na primavera

e cando vén o lobo berra

631

Téñennas as vacas,

sábenme a papas,

e cando as destapas,

case me matas

632

Teño a cabeza de ferro

e o meu corpo é de madeira;

ao que no dedo lle pego,

con miúdo berro se queixa

633

Teño agullas,

e non sei coser;

teño números,

e non sei ler.

634

Teño ás e pico

e falo e falo,

sen saber que digo.

635

Teño as patas ben dereitas

e non me podo mover;

teño enriba a comida

e non a podo comer

636

Teño cabeza

e non teño cerebro,

teño dentes

e non mordo

¿Que son?

ADIVIÑAS

637

Teño cabeza redonda,

sen nariz, ollos nin testa;

e o meu corpo componse

tan só de branquiños dentes.

638

Teño calor e frío

e non frixo sen calor

639

Teño capa sobre capa,

capas do mesmo pano;

e se mas queren quitar,

ninguén deixa de chorar.

640

Teño catro pes

e non son animal

bríllanme os ollos

e se non bebo

non me movo

641

Teño catro pés

e non son animal;

bríllanme os ollos de noite

e se non bebo non ando

642

Teño cuberta de ferro,

o meu corpo é de madeira,

ao que lle piso no dedo,

miúdo berro que pega

643

Teño dentes e non moas,

teño cabeza e non pés;

anque dures cen mil anos

non sabes que cousa é

644

Teño doce damas,

para o meu regalo;

todas van en roda,

todas galan cuartos,

todas levan medias

e ningunha zapatos

645

Teño follas e non son árbore,

fáloche e non teño boca;

se me abren non me queixo,

adivíñame que son.

646

Teño follas sen ser árbore,

fáloche e non teño voz,

se me abren non me queixo,

adiviña ti quen son

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

647

Teño medias e teño cuartos

e non teño diñeiro

para comprar zapatos

648

Teño na man

unha cousa con pelos

e con ela se fan

tantas nenas coma nenos

649

Teño sete semanas

e as sete con sete días

e a máis pequeniña

é a máis velliña

650

Teño un amigo

de catro patas

que vén comigo

a gardar as vacas

651

Terra branca,

semente negra,

cinco bois

e unha chavella

652

Tito, capotito;

sobe ao ceo e dá un grito.

653

Todo cobre,

todo cobre

agás o mar

que non pode

654

Todo cuberto

e cun traxe branco,

cando aparezo,

a todos espanto.

655

Todos me buscan

para descansar, s

e xa cho dixen,

non me busques máis.

656

Todos pasan por min,

eu non paso por ninguén

andan preguntando por min

e eu non pregunto por ninguén

657

Tres medias moscas

é mosca e media

¿Cantas medias moscas son?

ADIVIÑAS

658

Tres pispirispís e un pispirispín,

un mete e saca e un saca e pon

659

Tres pombiñas nun tellado,

tres cazadores tirando.

Cada Cal matou unha pomba

¿Cantas pombas andan voando?

660

Tres redondiños e un redondón;

un quita e mete e un saca e pon

661

Un animal con oito pernas

e pasa o río e molla catro

662

Un bichiño moi viaxeiro

anda pola terra preciosa

e en cada asento que fai

deixa plantada unha rosa

663

Un cabalo branco

deitado nun campo,

ferrado dun pé

e cabalo non é

664

Un convento ben pechado

sen campás e sen torres;

moitas monxiñas dentro

preparan doces de flores.

665

Un dama entrou aquí

e un galán entrou con ela:

nin se foi nin está aquí

¿Que diremos que foi dela?

666

Un fato de señoras

que cando mexa unha

mexan todas

667

Un furado grande,

dúas cova pequenas;

dúas nenas cucas

nas ventás abertas

668

Un montón de vacas roxas,

cando mexa unha mexan todas

669

Un parrulo diante de dous parrulos,

outro parrulo no medio de dous parrulos

e un parrulo detrás de dous parrulos

¿Cantos parrulos serán?

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

670

Un redondiño e un redondón

un saca e tira e un tira e pon

671

Un redondón con redondeles,

un mete e saca e outro saca e pon

672

Un señor moi encumbrado,

moi de mañá xa está de pé

e ao atardecer xa está deitado

673

Un señora moi aseñorada,

sempre vai en tren

e nunca paga nada

674

Un señora moi enseñoritada,

sempre vai en coche

e sempre está mollada

675

Un xerriña de fonforronfón

sen cu nin tapón ¿Que é?

676

Un xerriña de san Sarranfón,

sen cu nin tapón

677

Unas regadeiras máis grandes

que o sol co que rega o campo

o Noso Señor

678

Unha árbore con doce pólas,

cada póla catro follas,

cada folla sete fillos

e cada un nome distinto

679

Unha arquiña branca

coma o cal

que todos a saben abrir

e ninguén a sabe pechar

680

Unha arquiña de bo parecer,

non hai carpinteiro

que a saiba facer (noz)

681

Unha caixiña requinquilladiña;

non hai requinquillador

que a requinquille mellor

682

Unha casa branca

sen pao nin panca

ADIVIÑAS

683

Unha casa con cen vigas,

unha viga con cen ollos.

Rapaza que sabes tanto

¿Cantos vigas e cantos ollos?

684

Unha casiña con dúas ventás

que abren e pechan sen tocar nelas

685

Unha casiña con dúas xanelas:

abren e pechan sen tocar nelas

686

Unha chousa ben cerrada

e unha dona dentro dela

e unha tropa de soldados

facéndolle sentinela

687

Unha corte de vacas marelas

cando mexa unha

mexan todas elas

688

Unha corte de vacas vermellas,

entra un boi louro

e corre a todas elas

689

Unha cousa branca

sen pé nin panca

690

Unha cousa

con tres redondiños

e un redondón,

un sacamete

e un tirapón

691

Unha cousa

espetada no campo,

ferrada dun pé

e cabalo non é

692

Unha cousa longa, longa,

longa coma unha soga;

tíranlle polo rabo

e morde como unha loba

693

Unha cousa pequena pequeneiro

que se pon no dedo

e custa moito diñeiro

694

Unha cousa pola que nunca chove

e sempre está mollada

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

695

Unha cousa

que anda de burato en burato

coas tripas arrastro

696

Unha cousa

que anda e anda

e nunca chega á casa

697

Unha cousa que anda e anda

e nunca o río pasa

698

Unha cousa

que come o millo

e vai deixando un rastriño

699

Unha cousa que se parte,

ponse sobre a mesa,

córtase e non se come

¿Que é? (a baralla)

700

Unha cousa redonda,

sen ventá nin porta

701

Unha cousa redondiña

que lle tiran polo rabo

e corre como unha donosiña

702

Unha cousa, cousiña

que no monte se cría

e cando chega á casa

cachea as esquinas

703

Unha cousas

que sae por unha corredoira,

escura, escura,

abre a porta e brúa

704

Unha cousiña titiritaña

que sobe e baixa pola montaña

705

Unha dama alta e tesa,

chea con mil aparatos,

anda a morte canda ela

e lévase sempre nos brazos

706

Unha dama alta e tesa,

chea con mil aparatos,

anda a morte canda ela

e un home lévaa nos brazos

ADIVIÑAS

707

Unha dama entrou aquí

e un galán entrou con ela;

nin se foi nin está aquí

¿Que me diredes que era?

708

Unha longa longarela,

que pasou por estas terras,

díxolle ás súas veciñas:

Deus nos libre das galiñas

709

Unha manada de cabras roxas

cando vomita unha, vomitan todas

710

Unha manada de vacas roxas

cando mexa unha mexan todas.

711

Unha manada de vacas roxas,

vai o boi louro e bótaas todas fóra.

712

Unha manada de vacas vermellas,

vai o boi louro e bótaas fóra

713

Unha morea de vacas louras

entra o gastallo dentro

e bótaas fóra a todas

714

Unha morea de vacas roxas

e vai o boi louro e bótaas fóra

715

Unha morea de vacas roxas,

mexa unha e mexan todas

716

Unha negriña quente

compón a toda a súa xente

717

Unha persoa ,

tan boa será

que nada che pide

e todo che dá

718

Unha pomba branca e negra

que voa sen ás

e fala sen lingua

719

Unha porta,

dúas ventás,

dúas laceiras

e unha praza

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

720

Unha prato de lentellas,

andan de noite espalladas

e no día recolleitas

721

Unha pregunta moi fácil,

se a sabes preguntar:

¿Que planta se rega xusto

cando a van a cortar?

722

Unha restra de señoras,

cando mexa unha mexan todas

723

Unha saba branca

sen algodón

que cobre os montes

e o río non

724

Unha saba moi grande

que non se pode encargar,

está chea de manchas

que non se poden contar

725

Unha señora

deitada nun prado

de pano labrado,

nin era pano

nin era seda

e o que a ve

pasmado se queda.

726

Unha señora deitada nun prado,

vestida de pana labrada,

nin era pana nin era seda

e o que a ve

pasmado se queda

727

Unha señora

moi aseñorada

con sete remendos

e unha puntada.

728

Unha señora moi aseñorada,

sempre vai en coche

e sempre está mollada

729

Unha señora moi señoritada,

sempre está na casa,

sempre está mollada

ADIVIÑAS

730

Unha señora vestida de negro,

torna dos cochos e aos cans

non lle ten medo

731

Unha señorita moi aseñorada

que monta no tren

e non paga nada

732

Unha señorita

moi aseñorada

que nin tan sequera

ten unha puntada

733

Unha señorita

moi aseñorada,

na súa casiña

sempre está mollada

734

Unha señorita

moi aseñorada;

chea de remendos,

sen unha puntada.

735

Unha señorita

moi enseñorada

con cen remendos

e ningunha puntada

736

Unha señorita

moi señoreada;

sempre vai en coche,

sempre vai mollada.

737

Unha señorita vai polo mercado

coa súa saia verde

e o seu traxe morado

738

Unha señorita,

moi aseñorada,

na súa casiña, s

sempre está mollada: a Lingua

739

Unha vella con un dente,

chama a toda a súa xente.

740

Unha velliña enrugada,

cun tranco no cu

e sen unha puntada

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

741

Unha velliña

moi arrugadiña

que no cuíño

ten unha tranquiña

742

Unha velliña moi arrugadiña,

que no camiño ten unha tranquiña,

para ti pasa é, adiviña o que é

743

Unha velliña moi engurradiña,

ten no cu un tranquiño,

anda burro:

pasa e adiviña

744

Unha velliña toda esfarrapada,

chea de remendos

sen unha puntada

745

Unha xerriña de fonforondon,

sen cu nin tapón

746

Unhas cantas vacas roxas;

cando mexan, mexan todas

747

Unhas segadeiras

máis grandes que o sol

con que sega o campo

Deus, Noso Señor

748

Unhas señoras

moi aseñoradas,

cando mexa unha

andan todas molladas

749

Uns somos verdes,

outros somos negros,

pero de dozura

todos imos cheos

750

Uns téñeno longo,

outros pequeniño;

teno o papa e non o usa

e as mulleres o do marido

751

Vai moi lento pola horta

sempre coa casa as costas

752

Vai para a devesa e chora,

vai para a casa e cala

ADIVIÑAS

753

Vai para o monte

e vai calado,

vén do monte

e vén cantando

754

Vai para o monte encartado

e vén para a casa estricado

755

Vai polo aire,

vai polo mar,

vai pola terra,

para ao xornal chegar

756

Vai por un burato escuro,

chega á porta e brúa

757

Vai por unha corredoira escura

e chega á porta e brúa.

758

Vara, vareta,

no monte criada,

nin é verde nin se seca

sen ser regada

759

Varela, varela,

nin verde nin seca;

nin fraca nin gorda,

non hai quen a colla

760

Varro o cuarto

e maila cociña

e doulle ao rabo

como unha denociña

761

Vaso verde,

digo marrón

por fóra son branco

e non atinas que son

762

Vento non vai,

aire non turra

¿Que é isto que me empurra?

763

Verde coma o pasto

e pasto non é;

fala coma un home

sen parecerse a el

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

764

Verde crieime,

amarelo cortáronme

preto moéronme

e branco amasáronme

765

Verde crieime,

rubio cortáronme,

duro moéronme

e branco amasáronme

766

Verde e alargado,

coma a herba do prado;

nace no monte escolleito

e anda ao sol estarricado

767

Verde me criei,

louro me cortaron

e branco me amasaron

768

Verde nace,

verde se cría

e na casa que entra

non hai alegría

769

Verde no campo,

negra na casa

e coloradiña na brasa

770

Verde no campo,

negro na praza

e coloradiño na casa

771

Verde no monte,

seca na casa

e encarnada na brasa

772

Verde por fóra,

branca por dentro

se non o sabes espera

773

Verde por fóra,

branca por dentro

se queres saber que é,

espera

774

Verde por fóra,

encarnada por dentro

e sonche cousa de alimento

ADIVIÑAS

775

Verde primeiro,

negro despois

e antes de morrer,

negro se ve

776

Vestidiño branco

e tripa amarela

¿Que cousa é ela?

777

Vin un xabaril diante de dous xabarís,

un xabaril no medio de dous xabarís

e un xabaril detrás de dous xabarís

¿Cantos xabarís veñen a ser?

778

Vinte e cinco servilletas

seis reas en cada punta,

moza que estás na véntana,

baixa e bótalle a conta

779

Viste de chaleco branco,

e tamén de negro frac;

é unha ave que non voa

e se somerxe no mar

780

Vive nas montañas,

dúas sílabas ten

e polos dous lados

o mesmo se le

781

Vivo na cidade,

chisco moito os ollos

e para pasar

tesme que mirar

782

Voa que voa,

alá vai e vén;

fai e constrúe

e mans non ten

783

Voa sen ás

asubía sen boca,

zorrega nas mans

e ti non o tocas

784

Voa sen ás,

asubía sen boca

e ti non o vés

nin tampouco o tocas

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

785

Voando no aire

e bicando as flores,

apágase a súa vida d

e luces e cores

786

Voarei a onde me mandes,

sexa a onde sexa irei

aínda que non teño alas,

nin tampouco teño pés

787

Voo sen ás,

asubío sen boca,

azóutoche as mans.

e, non me ves nin me tocas.

788

Vou andando

e piso brando;

mira ao redor

e sinto cheiror

789

Xa non ten ferriños,

ferriños non ten;

xa non ten ferriños

e máis toca ben

790

Xa ves,

xa ves

adiviña o que é

791

Xira e xira,

sen parar;

sobe e baixa

e quieto está

792

Zancalabullo andaba na festa,

no medio inchaba,

no rabo roncaba,

tiña orellas e tangarañaba

793

Zoca e media en cada pé

¿cantas zocas veñen ser?

794

Zuncurundullo andaba na festa,

no medio inchaba,

no rabo roncaba,

tiña orellas e zanconeaba

ADIVIÑAS

Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!