07.05.2013 Views

INSTITUTO DA LINGUA GALEGA - Apradoga

INSTITUTO DA LINGUA GALEGA - Apradoga

INSTITUTO DA LINGUA GALEGA - Apradoga

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

un paquete amarelo: [[umpa"kete6]w [ama"|Elo6]w]f > [umpa"ketama"|Elo6].

Neste dicionario encontramos esta situación en locucións adverbiais coma

de alí a pouco, para as que xeralmente se ofrecen dúas transcricións:

[da"lia"powko6] [de8a"lia"powko6].

De maneira semellante, en palabras de estrutura prosódica complexa,

que teñen no seu interior unha fronteira de palabra fonolóxica (w), permítese a

elisión, que resulta ser a realización máis frecuente (sobre a estrutura

prosódica destas palabtras, v. Fernández Rei 2002: 161-162; Vigário 2003):

entreabrir [[entre]w[abrir]w]w, > [ent|e8a"B|i|] [ent|a"B|i|]

norteamericano [nO|te8amE|i"kano6] [nO|tamE|i"kano6], etc.

A existencia dun límite de palabra fonolóxica permite tamén explicar a

interacción entre formación da sílaba e prefixación en casos coma os de:

abrogar [ab.ro."Va|] fronte a abrollar [a.B|o."¥a|]

adrenal [ad.re."nal] adrenalina [a.D|e.na."li.na6]

subliminar [sub.li.mi."na|] sublime [su."Bli.me6]

subliñar [sub.li."≠a|]

e fronte a adhesión [a.DE."sjoN]

subacuático [su.Ba."kwa.ti.ko6]

Nestes casos pode verse o resultado da interacción das constricións

(utilizando a terminoloxía da teoría da optimidade, v. Prince & Smolensky

2004), que interveñen na formación da sílaba cunha constrición referida ao

aliñamento entre sílaba e palabra fonolóxica (V. Regueira, no prelo b).

5.5. Os criterios e súa aplicación: problemas e propostas

Á hora de aplicar os criterios anteditos e adoptar solucións, presentáronse

dous tipos de problemas, que requiriron un estudo e unha toma de decisións

diferenciados:

a) Léxico patrimonial: a existencia de variación dialectal e xeracional na

pronuncia dalgunhas palabras.

b) Léxico culto: diverxencias na adaptación de cultismos e palabras novas.

5.5.1. Variación dialectal

Nos casos en que unha palabra presenta dúas (ou máis) pronuncias

alternativas en diferentes zonas do territorio lingüístico galego, tivéronse en

conta sobre todo os criterios de extensión xeográfica e demográfica, así coma

o modelo de lingua que actualmente está a ser utilizado polo grupo social de

referencia. Por eses criterios, por exemplo, non se considerou a inclusión de

variantes galegas coma o pechamento de vogal anterior media ante [e6] (p.e.

neve ["neBe6], v. Costas 1988), ou as pronuncias procedentes da

despalatalización de [S] (p.e. peixe ["pejße6], González González 1991).

Respecto da gheada e o seseo, v. máis arriba 5.2.2. Os datos sobre a variación

dialectal dos diferentes fenómenos e formas están tomados fundamentalmente

do ALGa (ILG 1990-1999 e base de datos inédita).

Por outra parte, sempre que foi posible, procurouse unha solución común

para as palabras da mesma familia léxica ou que participan das mesmas

secuencias.

xii

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!