Editorial 1 Sumario 13 14-20 21 32-36 37-38 39-42 43 Premios Eso y Bach Departamentos Profesores Pastoral Gente del cole Paraescolares ANPA 2 3-8 9-12 22-29 30 31 44-45 46 47-48 Artículo dirección centro Infantil Primaria Especial Centenario Compañía de Jesús Escuela de Padres Navidad Antiguos Alumnos Noticias Un século educando persoas O Noso Lar, que tamén vai camiño dos 100 anos, dedica unha atención especial neste novo número ao centenario da chegada do Colexio a Vigo. Non é unha efeméride baladí e si unha boa oportunidade para botar a vista atrás, lembrar con agarimo e admiración o vivido, saber de onde vimos e, sobre todo, repensar quen somos e cara a onde imos. E polo camiño, saber das persoas que formaron, e forman, parte da densa historia do Colexio Apóstol Santiago. Neste número publícase unha páxina entrañable sobre a fi gura dunha desas persoas, o pai Rábago, xesuíta de 100 anos que vive na China (evanxeliza alí desde hai 70 anos) e con quen O Noso Lar tivo a oportunidade de falar para elaborar a reportaxe que, en primeira persoa, nárranos o que probablemente sexa o antigo alumno de maior idade do noso Colexio. Aquí estudou, aquí atopou a vocación e de aquí saíu un xesuíta que é toda unha institución no país asiático e que mostra un agarimo extraordinario a este colexio e a esta revista. Tamén lembraremos a fi gura do novo Xeneral da Compañía de Xesús, o pai Arturo Sosa, que foi compañeiro de estudos do noso querido pai Armada, superior dos Xesuítas en Vigo. Todo iso enmarcado na intensa Congregación Xeral 36 celebrada en Roma. Nº <strong>52</strong> - Nueva época · Septiembre - Diciembre 2016 Colegio Apóstol Santiago - Jesuitas - VIGO Medalla de la Ciudad Coordinación: José Luis Barreiro Areses. Diseño portada: Equipo de Comunicación del Colegio. Han colaborado: Los que fi rman en las diversas colaboraciones, los Coordinadores de Ciclo y casi todos un poco. Fotografía portada: Jorge Martínez Villegas. Diseño: Gráfi cas Roel. Impresión: Gráfi cas Roel. www.grafi casroel.com Depósito Legal: VG 816/95 COLEGIO APÓSTOL SANTIAGO Sanjurjo Badía, 79 - 36207 Vigo Apartado 4050 Teléfono: 986 371 011 · Fax: 986 378 029 Correo electrónico: comunicacion@colegioapostol.com Página web: www.colegioapostol.com O Noso Lar refl icte, como é natural, a vida dos nosos escolares e profesores durante estes primeiros meses do curso, confi rmando a actividade frenética do noso Colexio. Saídas culturais, festas, celebracións, actividades de proxectos, o Nadal. E tamén un espazo importante para falar desa educación en paralelo á académica tan importante para nós, a actividade pastoral, con varios momentos claves neste primeiro cuatrimestre (Domund, Asemblea de Mozos Solidarios, confi rmacións,...). E as nosas paraescolares, cada día máis demandadas e variadas que completan a formación dos nosos alumnos/as. A xente do noso Colexio tamén ten un espazo propio neste número, onde coñeceremos a algunhas das novas caras deste curso e faremos recoñecemento das que sempre están aí, como son, por exemplo, as nosas Patris de portería e administración. E moitas noticias máis nestas 48 páxinas de información, onde todos tedes voz. Felicitámonos por estes cen anos na cidade e desexamos a toda a familia do colexio un feliz e próspero 2017! O Noso Lar O NOSO LAR, revista del Colegio Apóstol Santiago (Jesuitas) de Vigo, viene publicándose desde 1920, y quiere ser el espejo de las inquietudes y la vida escolar del Centro, así como los anales de su pequeña historia doméstica.