16.04.2013 Views

Xanela 21.pmd - Anuario Brigantino - betanzos

Xanela 21.pmd - Anuario Brigantino - betanzos

Xanela 21.pmd - Anuario Brigantino - betanzos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Os vellos e esperimentados mariñeiros anuncian,

enton, que a mareira, a fera e traidora

tempestade, estaba acadando as suas forzas

xigantescas. A mala nova corre pol-a confiada vila,

e na ribeira son varadas as pequenas embarcaciós

que estaban mais á man. As xentes devotas, as

mulleres sobre todo, van â capela do milagreiro

San Roque a lle dirixir pregos e á lle ofrecer

novenas para que amainen as furias do mar, salvando

a vila dos perigros d´outrora, en que algunhas

casas, acaron do areal, foran derrubadas.

Pero... a mareira sigue o seu camiño, bruante,

implacabre, erguendo as outas ardentías n-un

estrondo enxordecedor. Semella que a fin da ridente

vila era certa.

As augas baten e bruan na ribeira. Ao

tornaren levan consigo grandes masas d´area,

traendo despois, en novas acometidas, o lavado e

branco xabre dos fondos da ría.

As xentes, arripiadas por aquel balbordo,

siguen rezando na capela, agardando a proteición

do ceo.

A mareira foise esmorecendo, esvaíndose; mail-a

sua labor foi de rexeneración hixiénica, pois deixou

aquel proveitoso campo de traballo, que á todos

interesaba, limpo e disposto para seguiren nel as

tarefas comunás da vila.

Os mesmos elementos desatados da

natureza, co´as suas inconscencias salvaxes, son

escola onde o home pode adeprender o camiño do

seu melloramento e redención.

ILUSTRACIÓN DE FERNANDO CORTÉS PARA O LIBRO CONTOS

DE ASIEUMEDRE, QUE REPRESENTA A LUGRÍS FALANDO CUN

PAISANO

HOMENAXE EN SADA A LUGRÍS O DÍA 13 DE XUÑO DE 1930. PRESIDEN O BANQUETE UNHA FILLA DE LUGRÍS,

A SÚA DONA PURIFICACIÓN GONZÁLEZ, MANUEL LUGRÍS E O ALCALDE DE SADA ÁNXEL LÓPEZ VIDAL.

A Xanela 21 Primavera 2006

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!