18.04.2013 Views

A Estrada Miscelanea Historica e Cultural Num 8 - Dspace ...

A Estrada Miscelanea Historica e Cultural Num 8 - Dspace ...

A Estrada Miscelanea Historica e Cultural Num 8 - Dspace ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

118

Familias e veciños do «lugar y aldea de La Estrada» a mediados do século XVIII

crítico nos pode garantir, unha vez asumido o inevitable marxe de

falibilidade, uns resultados cientificamente aceptables.

O obxectivo deste traballo céntrase no estudio das familias constituídas

no lugar y aldea de La Estrada no período 1745-1755 e no

establecemento dun vecindario deste lugar no ano 1750, para o que

nos servimos das seguintes fontes:

II.a. Catastro de Ensenada

O principal valor desta fonte monumental radica na súa fiabilidade,

mentres que a eiva máis importante, que hai que lamentar en

moitos casos, reside na súa inexistencia ou desaparición. Así mesmo

evidénciase o distinto rigor que os escribáns aplican na constatación

dos datos, de modo que, aínda partindo dun interrogatorio común,

o acervo informativo varía considerablemente en cantidade e calidade.

A relación de vecinos cabezas de casa, establécese por lugares ou

aldeas e está maioritariamente constituída por homes casados, mais

que tamén poden ser solteiros ou viúvos; ou mulleres solteiras (moi

excepcionalmente), viúvas ou casadas cando o marido se encontre

lonxe por un longo período de tempo. Esta relación permítenos

identificar a meirande parte dos varóns adultos xunto cun discretísimo

número de mulleres. Da relación de oficios, industrias y comercio,

de contido exclusivamente fiscal, podemos extraer algúns valiosos

datos de índole demográfica aplicables á nosa investigación; por

exemplo certos varóns non emancipados que, por traballaren como

aprendices xeran unha utilidade gravable.

A relación de vecinos que confiesan y comulgan, vén complementar

a información ofrecida nos anteriores apartados aportando o

nome das persoas que en cada casa acadaron xa a idade de recibir os

citados sacramentos, ou o que é o mesmo, persoas de oito ou máis

anos que habiten a casa paterna, incluídos outros membros da familia

que convivan baixo o mesmo teito, como poden ser xenros ou

noras. Quedan loxicamente excluídos os fillos menores. É frecuente

que encabece esta relación o nome do cura párroco e persoas que

A ESTRADA

miscelánea histórica e cultural

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!