19.04.2013 Views

Curso 2010-2011 Curso 2011-2012 - Salesianos A Coruña

Curso 2010-2011 Curso 2011-2012 - Salesianos A Coruña

Curso 2010-2011 Curso 2011-2012 - Salesianos A Coruña

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Colexio Salesiano “San Juan Bosco”

DEPARTAMENTO DE PASTORAL

1.- PRESENTACIÓN

A nosa escola defínese coma escola católica salesiana. Esta calificación

responde a unha realidade: queremos ser escola con todas as súas implicacións

de entidade educativa e transmisora de cultura e queremos ser escola cun estilo

concreto baseado nos valores do Evanxeo e as intuicións educativas de Xoán

Bosco, que el mesmo chamaba Sistema Preventivo. Coma el, tamén nós

queremos camiñar xuntos cara ao obxectivo de formar honrados cidadáns e bos

cristiáns.

As liñas fundamentais nas que baseamos a nosa tarefa educativo-pastoral

están recollidas na Proposta Educativa das Escolas Salesianas e na Carta de

Identidade da Escola Salesiana en Europa. Desde o noso ideario, temos clara a

opción por unha escola global, onde educación e evanxelización camiñan da man.

Porque nós estamos convencidos de que facendo unha educación de calidade

estamos sendo fieis á tarefa de evanxelizar a sociedade, e que o modo mellor de

presentar os valores evanxélicos é a educación.

Cremos nunha educación integral da persoa, onde todas as dimensións son

importantes e deben medrar harmonicamente. Para nós ten tamén importancia a

dimensión de apertura á transcendencia, onde se producen as preguntas polo

senso da vida e a experiencia relixiosa. Coma escola católica tratamos de axudar

ao alumnado a ir facendo unha síntese entre a fe, a cultura e a vida.

Polo tanto, toda a nosa tarefa educativa é evanxelizadora, aínda que

facemos algunhas propostas onde explicitamos máis, se cabe, os valores

evanxélicos. Deste xeito neste plan recóllense as actividades que ofrecemos,

xunto co traballo cotián, para educar nestes valores.

O presente Plan de Pastoral trata de recoller o que queremos que sexa a

nosa escola desde o noso ideario. Aquí defínese o que entendemos que temos

que ser e facer para ser unha escola pastoral. Tamén trata de implicar a toda a

Comunidade Educativa, primeira garante da nosa identidade. Igualmente quedan

Curso 2011-2012 SJB – Programación Colexial de Pastoral Páxina 3 de 16

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!