10.05.2013 Views

Nº 29, 2009 - Unións Agrarias

Nº 29, 2009 - Unións Agrarias

Nº 29, 2009 - Unións Agrarias

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

DESENVOLVEMENTO RURAL

No rural, os mesmos servizos

públicos que nos contornos urbanos

Co inicio de cada curso académico repítese unha mesma

noticia: o peche de escolas rurais por falta de nenos. En

Galicia este ano, a Consellería de Educación clausurou 23

pequenas escolas rurais. Isto alimenta un círculo vicioso: non

hai xente no rural por falta de servizos, e como non hai xente,

péchanse os servizos. A maiores, co gallo da crise, as distintas

administracións, invocando principios de austeridade,

teñen a escusa perfecta para seguir pechando cada vez máis

centros, alegando falta de rendibilidade económica e social.

Desde o sindicato Unións Agrarias vense de reclamar ao

Executivo autonómico unha maior atención educativa co

ámbito rural galego. Tras cualificar de despropósito o feito

de que reagrupen unidades en centros rurais, reducindo o

número de profesorado nos mesmos e baixando ao mesmo

tempo a calidade da educación que perciben os alumnos

no rural, instouse á Xunta que cese nesta intención, xa que

o rural sempre sae prexudicado con este tipo de medidas.

Ademais, lamenta profundamente que o actual Goberno

galego non aposte firmemente pola educación pública, o

que reverte directamente neste ámbito, xa que a maioría dos

centros emprazados alí son públicos.

Así, desde Unións Agrarias pídese que se teñan en conta

as necesidades das familias rurais e que non se reduzan

servizos esenciais para as mesmas como son transporte e

comedores escolares. Ademais, atendendo á igualdade de

oportunidades, esíxelle á Xunta que non afonde nas diferenzas

entre a educación urbana e a rural, convertendo a estes

cidadáns en cidadáns de segunda categoría, e que garante a

mesma calidade nos dous contornos.

O despoboamento que está a sufrir o rural galego non é pro -

pio desta Comunidade senón que acontece noutras Auto no -

mías e incluso noutros países; se ben a solución que se lle

14

A Terra

dá é distinta. Nalgúns países europeos a Administración está

a desenvolver políticas proactivas en defensa do contorno

rural conseguindo incrementar o número de alumnos nos

centros rurais.

O planteamento aproveita a existencia de escolas rurais

para desconxestionar centros escolares nas cabeceiras de

comarcas e mesmo nas cidades. En vez de desprazar os

rapaces do rural 20 km ata o colexio da vila, son rapaces das

vilas os que se desprazan 20 km ata a escola rural, facilitándolles

o transporte escolar. A cambio, estes alumnos reciben

unha formación privilexiada, xa que pasan de aulas saturadas

con 25 alumnos por profesor, a aulas cunha media de 5

ou 6 alumnos, o que mellora a calidade da escolarización e

permite manter a escola aberta para evitar o abandono da

poboación rural, cos problemas que iso induce para a axeitada

xestión territorial e do medio ambiente.

Hai outra vantaxe engadida: estas escolas non dependen

unicamente do presuposto de Educación, xa que se poden

beneficiar dos fondos europeos de desenvolvemento rural.

Non se pode esquecer que un dos principios básicos da UE é

a cohesión económica e social a través do desenvolvemento

rural. Polo tanto os presupostos de Educación son reforzados

con fondos europeos. As posibilidades que tería Galicia –

onde se atopan a metade dos núcleos rurais de toda España-

para reforzar o financiamento do seu sistema educativo no

rural, saltan a vista.

A crise debe de ser unha oportunidade de buscar novas fórmulas

que nos permitan seguir apostando por acadar un

rural viable, e non a escusa para deixar que esmoreza por

falta de apoio, alegando falta de rendibilidade económica, ou

sospeitosos principios de austeridade que non se ven aplicados

noutros campos e sectores.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!