10.05.2013 Views

Nº 29, 2009 - Unións Agrarias

Nº 29, 2009 - Unións Agrarias

Nº 29, 2009 - Unións Agrarias

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

SUMARIO

4-6 UUAA esixe que as industrias cumpran

definitivamente o acordo lácteo.

8-9 Vendima 2009, unha oportunidade para

ordenar o sector vitivinícola.

10-11 O cooperativismo no sector vitivinícola nas

Rías Baixas.

12 Vacún de carne: profunda crise en todo o

sector.

14 No rural, os mesmos servizos públicos

que nos contornos urbanos.

16-17 Vantaxes da enerxía solar fotovoltaica.

18-19 O Club Xovenes Gandeiros entre os mellores

de Europa.

20-21 ¿Débese reorientar en España a produción

de carne de polo?

23 UUAA aposta polos contratos homologados

no sector da pataca.

24 Inconsistente política de lumes da Xunta

de Galicia.

25 Noticias forestais.

28 Entrevista ao secretario xeral comarcal

de Ourense Occidental.

30 UUAA tramitou preto do 50% das solicitudes

do CES de toda Galicia.

31 Modificación da Lei do solo.

32-33 Unións Agrarias e Fademur fomentan o

espírito empresarial ecolóxico.

34-35 Máis de 500 mulleres do rural galego fórmanse

en novas tecnoloxías.

36 Os riscos dos apeiros de preparación do

terreo (II).

38-42 Noticias de empresa do sector agropecuario.

44 Norman Borlaug, artífice da Revolución

Verde.

46 A Estrada conquista mercados na produción

de mazá ecolóxica.

48-49 NORMATIVA.

50 Sedes de Unións Agrarias.

Número 29 • setembro - outubro / 09

Sectores • Territorio • Mobilizacións • Institucional • Reportaxe • Entrevista • Desenvolvemento rural • Medio ambiente • Fiscal • Formación

Contra a ruina no campo,

MOBILIZACIÓN

A organización demanda acordos

homologados para o 100% da

uva amparada en Ourense

UUAA esixirá na Mesa da Pataca

que se regularicen as relacións

entre produtores e industria

Tirada: 13.500 exemplares

COLABORA

Unións Agrarias non se

identifica necesariamente

coas opinións dos

artigos asinados

Ano V

Número 29

Setembro-Outubro

2009

Para calquera

ampliación

e consulta sobre

as informacións

publicadas en

A TERRA poden

dirixirse á redacción

da revista.

A TERRA DO GANDEIRO E O AGRICULTOR

Edita

Unións Agrarias-UPA

Redacción, administración e publicidade

Rúa Doutor Maceira, 13-baixo.

15706 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 530 500

Fax: 981 531 724

E-mail: unionsagrarias_upagalicia@upa.es

www.unionsagrarias.org

Roberto García González

Secretario Xeral de Unións Agrarias

O éxito está baseado no sentido

común, afirmaba Napoléon. Unha

cualidade que trasladada ao sector

agrogandeiro galego, brillou pola súa

ausencia ata o de agora. Os pouco

máis de 1.300 contratos asinados no

sector lácteo constatan a tozudez e

a obsesión dalgunhas empresas por

manter cos produtores modelos contractuais

propios dos señores feudais

da Idade Media baseados no ordeno e

mando e ti obedeces.

Desde Unións Agrarias sempre mantivemos

que a única maneira de que

o sector primario se vertebre económica

e socialmente é a través de

regras de mercado claras e iguais

para todos e así o trasladamos en

todos os foros nos que participamos.

A sinatura do acordo lácteo foi un

fito porque prioriza verdadeiramente

esta fórmula, pero as vontades para

facelo cumprir avanzan a distinta

velocidade. Mentres que a distribución

e unha parte das industrias si

apostan por este acordo, hai outras

que só buscan torpedealo e botalo

abaixo para continuar co dereito de

pernada sobre os produtores. Unións

Agrarias non o vai consentir e iniciaremos

unha campaña de presión

sobre aquelas industrias que están a

sabotear o acordo.

Só mediante a extensión de contratos

homologados a todos os ámbitos

da produción agraria e gandeira se

Dirección

Comisión Executiva Nacional

de Unións Agrarias-UPA

Xestión e administración

Javier López

Coordenación

José Rodríguez

Redacción

Xosé Darriba

Mª Jose Imia

Servizos técnicos, xurídicos

e administrativos de Unións Agrarias-UPA

prensa.unions@upa.es

EDITORIAL

¡Os contratos,

para todos!

poden sentar as bases que garantan

rendas dignas para as explotacións.

Precisamos modelos de conformación

de prezos que se asenten nunha

indexación en base a parámetros

obxectivos que eliminen os privilexios

da patronal para decidir canto e cando

nos pagan pola nosa produción e

tamén de abastecemento para realizar

a nosa programación.

O camiño está marcado e consesuado

por todos os axentes pero non

está exento de atrancos. Asturias

e Galicia son as Comunidades que

máis retraso levan no cumprimento

do acordo lácteo e unha gran parte

desta responsabilidade correspóndelle

á Xunta.

O Goberno galego non pode mirar

cara outro lado e non debe consentir

que algunhas industrias se carguen a

última oportunidade de subsistencia

e dignificación do sector primario. Só

a Administración galega pode actuar

contundentemente contra estas firmas

que incumpren o asinado, mostrando

así un verdadeiro apoio ao

sector gandeiro máis aló das palabras

e as gratuítas declaracións de intencións.

Esa será a principal mensaxe

que lanzaremos na mobilización do

vindeiro 21 de novembro. O campo

debe facerse ver e xa non se convence

con promesas baldías e actuacións

tibias. Porque é de sentido común que

así o fagamos.

Departamento Comercial

Raúl Bacelar

revista.unions@upa.es

Secretaría

Begoña Becerra

secretaria.unions@upa.es

Fotografía

Noelia Rodríguez Vilariño,

Arquivo Unións Agrarias, Betty Acuña,

Fotos AGN.

Impresión

Imprenta La Ibérica (Santiago)

Depósito Legal: C-71-2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!