14.05.2013 Views

Ardentia Nº1 PDF - Federación Galega pola Cultura Marítima e ...

Ardentia Nº1 PDF - Federación Galega pola Cultura Marítima e ...

Ardentia Nº1 PDF - Federación Galega pola Cultura Marítima e ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

portugués, desde Caminha a Vila-Real de Santo

António. Non é tan clara a distribución no caso

dos nomes da cuncha de caracol mariño grande,

que furada pola punta, se pode facer soar soprando

e que se denomina corno no Cantábrico e en

portos das Rías Baixas e da Costa da Morte, mentres

que a literaria bughina se ouve entre

Portonovo e Ares, xunto con formas como caracola.

Só os mariñeiros da Guarda lle chaman

apupo 4.

A acción da corrente e da forza do propio

mar, así como o efecto do vento sobre a auga do

mar, orixina unha variada terminoloxía en todo o

litoral, non doada de sistematizar, en parte porque

é moi distinto o mar na costa e no interior das rías.

Nas liñas que seguen voume referirme a como se

ve ese “mar de mar” e “mar de vento” en

Cambados, no costado de leste da ría da Arousa, e

en Fisterra, na Costa da Morte.

En Cambados a andisía designa a forza do

propio mar, sen a acción do vento. A andisía adiviña

mal tempo, pois indica que hai moito mar na

costa, aínda que desde terra se vexa o mar en

calma. No interior da ría nótase cando, mesmo en

días de bonanza, o mar escachoa nas pedras e os

Francisco Fernández Rei

51

ARDENTIA

cabos estrican ou triscan cos estruchóns desa

forza do mar sen vento, que parece que quere romper

a obramorta do barco. Cando baixa o mar, a

andisía deixa debuxadas unha especie de ondas na

area da ribeira; e cando enche o mar, en días de

calma, a andisía fai que ese mar escache nas

pedras, como se ve no “malecó” do Ríos dos

Fornos, no final da ribeira de Fefiñáns, onde antano

atracaban “peilebotes” para descargar tella e

tixolos para o almacén que había na Calzada onde

hoxe está Expo-Salnés.

Despois da andisía chega o mar picado, o

mar de temporal, a marusía, que pasa a ser marusía

real se é moi forte. Cando calma a marusía

–termo que Cabanillas introduciu no galego literario–,

especialmente en zonas de mar e terra, como

é o cabo de Tragove ou zonas da boca da ría da

Arousa, queda un “cheiro a marusía”, un olor a

salitre e a bravío de mar mesturado con olor a

piñeiro que vén da terra; de aí o verso “cheira a

resina, fiúncho e marusía” de No desterro (1913)

do poeta cambadés. Ese cheiro nótase tamén no

peixe cando a caldeirada está mal cocida, o que fai

que se diga que o peixe “sabe a marusía” ou que

“sabe a frescoallo”.

4. Esta voz deriva de apupar, isto é, facer “pu-pú” cun corno ou cunha caracola. Na Guarda apupar era tocar o apupo desde terra para os

mariñeiros se orientaren cando o porto estaba fechado de néboa.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!