14.05.2013 Views

Ardentia Nº1 PDF - Federación Galega pola Cultura Marítima e ...

Ardentia Nº1 PDF - Federación Galega pola Cultura Marítima e ...

Ardentia Nº1 PDF - Federación Galega pola Cultura Marítima e ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ARDENTIA

Fóra de Sálvora, na costa, a forza do mar

levanta camoucos, grandes ondas que acaban producindo

escachoadas cando vén o vento. No interior

da ría da Arousa son raros, aínda que pode haber

camouquiños no chamado “canal”. Cando na costa

hai temporal dise que hai mar ghrande, con ondas

de varios metros chamadas movellas (ou bobellas)

producidas por “tres ou catro risos de vento” 5. Sen

vento non hai movellas; e de seren grandes, abren e

rompen orixinando as escachoadas.

Igualmente no mar aberto, nunca na ría,

hai trancallada polo contraste de dous ventos

sobre o mar. Cando morre, p. e., un sur duro, a

baldrascada que ese vento orixina queda viva no

axitado mar; o vento novo, que pode vir do norte

ou do noroeste, vai chocar co forte mar picado

producido polo sur orixinando fortes trancalladas,

porque o novo vento non ten aínda forza para abater

o mar picado pola acción do sur duro.

En Fisterra a ardentía (ou mar de ardentía)

é o mar de fondo, que orixina ombros de mar ou

ondas, que ó seren moi grandes dise que hai unha

vaga de mar. O mar de fondo provoca tombos ou

golpes de mar que rompen nos baixos, nas praias

ou no espigón, e que en terra indican a existencia

dunha vaga de mar. O tombo pequeno é un cachón,

mais cando o mar de fondo produce unha onda

xigantesca, que pode ter máis de 15 metros de alto,

fálase dunha vaga de mar campal, o que os vellos

fisterráns denominaban unha murisía de mar.

Na costa de Fisterra, e se cadra en toda

Costa da Morte, existe un tipo de marusía, acompañada

con algo de mar de fondo, que indica un

cambio de tempo ou unha “vagha de mar”. É o

que os mariñeiros chaman o ron, de aí a frase “hai

ron de fóra”, que significa que o mar anda revolto,

que hai trapallada ou trancallada.

O mar de vento na Costa da Morte orixina

as rutías, ondas grandes ou pequenas, mais sempre

producidas polo vento. Cando hai moito vento

e o mar está en calma, dise que o mar “non bule”,

que está “pegado ás pedras” ou que non ten relas-

Francisco Fernández Rei

52

ca, termo que designa os pequenos cachóns que

de cando en vez baten nos cons con forza e que

van deixando o brancor da escuma pola costa.

Neste caso “corre o mar” ou relasquea.

A liña de argazo ou de broza que se forma

na area da ribeira ou da praia, e que indica ata

onde subiu a marea, chámase mallente en

Cambados, forma ben documentada na poesía de

Cabanillas. Unha mostra está na tradución da oda

LV de Anacreonte, de Versos de alleas terras e de

tempos idos (1955):

e a Venus volutuosa,

tida das deusas pol-a máis fermosa,

surdida nas escumas do mallente

bañada en luces de doirado abrente,

“A da carne de rosa”.

Outra mostra está no poema solto sen datar

“Xa é hora”, versión dun texto de Rabindranath

Tagore:

Xa é tempo. As ondas corren

horas e horas, en desmaio

No prácido mallente da ribeira

cos seus beixos de escuma

bican a area docemente

e morren.

A forma segue viva en Cambados, pero

con xénero feminino, a mallente para a liña de

“esterco” e broza na praia. Tamén se fala da

mallente da beirada para designar a parte do

“baixo” onde comeza a “beirada”. En moitas beiradas

da ría hai moito “esterco”, o argazo que o

mar acabará levando para a ribeiras e as praias.

En Rianxo (e tamén en Noia e Muros) dise

a mallante, que me definiron na vila de Castelao

como lugar “onde malla e bate o mar, e nótase na

porquería que deixa na praia”. O rianxeiro Manuel

Antonio úsaa nun poema de Viladomar (1928):

Por eso o meu corazón

coma un paxaro n-a man

latexa o mesmo pulso

baixo a pauta que o retrayo

reitera n-a mallante.

5. En Fefiñáns dise movellas e “un riso, dous risos... de vento”, mentres que en San Tomé, o outro barrio mariñeiro da vila de Cambados,

fálase de bobellas e de “un ris, dous ris... de vento”.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!